O teatro galegoentre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.
2.
A escasa produciónteatral galega do século XIX e comezos do XX dirixíase a un público formado principalmente polas clases populares. O teatro que se escribía e representaba era fundamentalmente costumista, de asunto rural, de intención cómica ou sentimental e con algunhas incursións illadas nas temáticas social e histórico-lendaria.
3.
Teatro das Irmandadessilencio polos sucesos de 1936 Teatro no exilio 1950 e 1970 , o teatro galego tende a dirixirse a unha minoría intelectual de opción galeguista A partir de 1973 o teatro galego inicia unha nova xeira coas Mostras de Teatro de Ribadavia
4.
O teatro galegode posguerra A Guerra Civil e a posterior ditadura militar supuxeron o traslado da produción teatral galega á emigración
5.
Eduardo Blanco Amordesenvolve un importante traballo coa fundación do “Teatro Popular Galego”. O teatro do autor ourensán publicouse en dous tomos: Farsas para títeres (1973) e Teatro para a xente (1974).
6.
Editorial Galaxia Revista Grial Colección Illa Nova O incerto señor don Hamlet, Cunqueiro Vieiro Choído, Xosé L. Franco Grande
7.
Cunqueiro recrea omito do príncipe Hamlet desde unha nova perspectiva: que Hamlet non fose fillo do rei, senón fillo oculto de Halmar, o usurpador. Deste xeito ao matar ao usurpador, Hamlet asasina ao seu pai converténdose nun Edipo. A linguaxe fortemente poética, a estraña ironía dalgunhas frases, a matización de paixóns dos personaxes, fan desta unha peza sen parangón na nosa literatura.
8.
A noite vaicoma un río , segunda produción, do ano 1965, desenvólvese nun espazo case irreal. Dona Inés, a protagonista, vaga polo escenario cunha rosa na man á busca do amor.
9.
O teatro daxeración dos 50 costumista existencialista Tendencias modernizadoras
10.
Manuel María foi tamén un dos impulsores do teatro na transición, con obras que foron verdadeiros éxitos de público e representacións como Barriga verde, de 1970, e diversos autos.
11.
Xohana Torres, Como dramaturga é autora das obras Á outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre río (1968), esta última Premio Castelao de Teatro. Nelas que as figuras femininas asumen un papel decisivo na defensa da Terra, e encarnan a vivencia da dor que supón o seu abandono e destrución. No ano 1971 publica a novela Adiós María , gañadora do Premio de Galicia do Centro Galego de Bos Aires.
12.
María Xosé Queizán. Durante os anos 50 participa en organización teatrais. Esta actividade culmina coa publicación en 1989 de Antígona ou a forza do sangue , finalista do Premio Álvaro Cunqueiro. Mostra a través da súa protagonista un modelo feminino, metáfora da muller galega. Recolle a tradición clásica grega para adaptala á Idade Media galega. Elvira-Antígona: muller defensora da nación e do seu. Queizán foi codiretora do grupo teatral Feministas Independentes Galegas (FIGA)
13.
O TEATRO GALEGODOS SETENTA: AS MOSTRAS DE TEATRO DE RIBADAVIA Nos último anos da década dos 60 e primeiros 70 Cambio no panorama cultural galego: grupos de teatro independentes. Rescatar o teatro das salas convencionais Rachar co concepto burgués de compañía Novos métodos e formas de traballo Crebar a diglosia escénica
14.
En 1965 ManuelLourenzo funda na Coruña o Teatro O Facho, o primeiro grupo de teatro galego independente.
15.
No ano 1973e baixo o patrocinio da Organización Cultural Abrente realízase en Ribadavia a 1ª mostra de teatro en galego e o Concurso Teatral Abrente que se prolongarán ata o ano 1980, auténtica caixa de resonancia das inquedanzas sociopolíticas de toda unha xeración nacida despois da Guerra Civil e que consegue agrupar nas súas sucesivas convocatorias a meirande parte do mundo teatral galego .
16.
Autores que foronrepresentados nun momento ou noutro na Mostra "Abrente" de Ribadavia. Grupo Abrente
17.
presentan varios trazoscomúns: loita pola profesionalización do sector, creación dun teatro comprometido coa realidade sociopolítica de Galicia busca de novas vías temáticas e formais inician o camiño cara á normalización lingüística do teatro galego son referencia para os máis novos.
18.
A partir dos80, eles mesmos anovan as súas propostas teatrais; ensaian un teatro de ambientación urbana e tendencia cosmopolita en que se formulan os conflitos éticos e sociais do mundo actual.
19.
20.
21.
O seu teatrovolta aos temas da traxedia grega para denunciar situacións históricas (como o franquismo, a transición,...). Manuel Lourenzo Destaca o seu interese polas figuras femininas que cumpren o rol da femme fatale e polas pezas de mulleres apaixonadas, no medio dunha mestura entre nostalxia, humor e fantasía.
22.
Destaca polo seu simbolismo e por recorrer unha e outra vez a mitos clásicos ( Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca , de 1978, que gañou o premio Abrente, Fedra , de 1982 ou Electra , de 1994), que reactualiza, modifica e adapta ao conflito político e individual de finais do século XX. A súa produción teatral é moi extensa , prolífica e variada.
23.
As súas traxediasson frecuentemente irreais , enmarcadas nun espazo abstracto e pouco definido, e onde a escenografía ou os xogos teatrais cédenlle o papel primordial á contundencia do diálogo ou á transmisión de ideas filosóficas ou políticas. Tamén abundan na súa produción as reflexións metateatrais.
24.
Roberto Vidal Bolaño destacou como polifacético personaxe da escena galega. Foi dramaturgo, actor, director e escenógrafo. A súa figura é crucial para comprender a xestación e desenvolvemento do teatro independente galego.
25.
iníciase no mundoteatral da man fundando o grupo Antroido en 1974. Neste grupo, que representará durante anos moitas das súas pezas, intervén nas súas primeiras obras como actor, acudindo ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980). Nestas mostras darase a coñecer como dramaturgo e escenógrafo baixo o pseudónimo de Julia Brens.
26.
A obra deVidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Caracterizadas polo seu forte simbolismo , as súas obras mesturan elementos da tradición popular galega con outros tirados da realidade socio-cultural do momento.
27.
Cultivou o teatrohistórico en Agasallo de sombras (representada polo CDG en 1984 e publicada en 1992). Foi esta unha obra polémica cunha visión desmitificadora da relación entre Rosalía de Castro e Aurelio Aguirre e mais da dimensión humana dunha Rosalía suxeita á vontade e ás conviccións políticas e culturais de Manuel Murguía.
28.
A obra deVidal Bolaño viaxa desde o antifranquismo inicial até o realismo feísta de Cochos (estreada en 1988) e Saxo tenor (Premio Álvaro Cunqueiro 1991). A primeira é unha revisión do conflito entre tradición e modernidade baixo unha óptica menos maniquea que a de obras anteriores; a segunda reúne arredor do jazz e da droga a personaxes da máis diversa procedencia social e mestura os máis sublimes sentimentos maternais coa sordidez do incesto.
29.
Euloxio Ruibal renova a escena dramática,. A súa obra abundante está marcada pola combinación de influencias que proveñen das vangardas europeas e da tradición galega. Nalgún momento Ruibal foi considerado forxador da liñaxe da traxedia galega.
30.
O autor comezoucolaborando co grupo Ditea , aló polo 61, e fundando o Obradoiro, nos que se adica fundamentalmente á dirección. Arredor de 1972 foi animador do equipo de cinema Lupa, co que realiza curtametraxes e documentais ( Cuatro por Cuatro , Mesturanza , Holocausto ,...).
31.
Porén, como autorteatral deuse a coñecer en 1973 con O roubo do aparello , que recibe a mención de honra no I concurso de Teatro Infantil da Agrupación Cultural O Facho e se publica co nome O aparello troca tempos .
32.
Gaña o PremioAbrente coa obra Zardigot , publicada e levada a escena polo Teatro Circo no 74. Esta obra supón o nacemento do Novo Teatro Galego. Nela revísase o drama da Guerra Civil.
33.
no 89 publica Azos de esguello , asinado en Compostela en 1985. Con esta obra gaña o Premio Álvaro Cunqueiro e nela os abusos de poder están menos presentes e a trama expándese, o que supón un fito na súa evolución. Os diálogos son áxiles de ritmo pero alterados gramaticalmente , co que magnifica a distancia co espectador. Por outra banda, a ironía cobra relevancia e con ela mitígase a visión pesimista do mundo.