Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Despois de ver... Sempre Xonxa

153 views

Published on

Descricións de XOnxa. Alumnado LGSA

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Despois de ver... Sempre Xonxa

  1. 1. DESPOIS DE VER... Sempre Xonxa Xonxa, por Silvia Casal Ela vai cando quere. É unha soa. Nin tres, Nin dous. Ela é rapaza rabuda. De verdades coma puños. Non lle gustan os compromisos. Tampouco agardar. Nin espera, nin fai esperar. Ten as ideas claras. Ten os pés na terra. Bota as vacas e logo o carro. Ela, coma ningunha, non morde a lingua e garda as palabras. Fala e pelexa. Ela, coma todas, non está máis guapa caladiña. A beleza está na loita. Ela converteuse en muller. En contadora de contos. Historias de amores imposibles entre a lúa e o sol. Ela non precisa diamantes. Ela mata raposos. Raposos que comen galiñas. Ela é pobre e bruta. Pobre para todos. Bruta para os que veñen das Américas. Ela é nai e pai ao mesmo tempo. Por que os homes sempre estarán marchando? Ela é desconfiada. Non ten medo. Non promete. Non mente. Ela non é de ninguén. Resiste. Levántalle a saia. Resiste. O muíño segue moendo. Volve soa para a casa. Soa para a casa. Soa [non] para. Soa pare. Soa pare na casa. Soa. Axeonllada ós pés da cama. Non se laia. Ela vive marcada. Coa pegada no seu corpo. Ela baixa o lombo. Moe, cociña, vai ós recados, coida (non só dos cativos). Ela mira o medo ós ollos. Resiste. Apunta, pero non dispara. Marcada, pero forte de máis para premer o gatillo. Porque o feito de non matar dálle a vida a ela. Ela pelexa. Pelexa e consola. Ela é firme nos seus valores. A marca que leva non se perdoa nin se cura con diñeiro. É forte, decidida e traballadora. Ela é unha muller calquera da aldea.
  2. 2. Por Laura Nine Xonxa é unha rapaza coñecida por contar os contos máis fermosos, onde os protagonistas son lúas e soles. A súa vida conta unha historia onde non hai lugar para ningún astro do ceo, pero cunha forza máis grande ou canto menos igual que a que produce o movemento destes. Sempre foi unha rapaza diferente, xa de nena destacaba entre o resto: era a encargada de “levar o boi a vaca”, obxecto de mofa de todos os nenos da aldea, mais ela sabía que era algo do que non había por que estrañarse. Ese carácter non a deixaba aledarse ou sorprenderse dos típicos piropos que lle facían perder a cabeza a calquera nena da súa idade, por iso non é de estrañar que a un: “Hoxe estás moi guapa!” a resposta de Xonxa fose sen tremerlle a lingua: “Coma sempre!”. A pesar diso namora de Pancho, casan e teñen unha filla, a orde dos sucesos non fora importante para Xonxa. Por moi distinta que fose, non o demostrou cando tivo a posibilidade de mellorar o seu nivel de vida prescindindo de Pancho, camiño da emigración, para que á súa volta fosen ricos. Esta decisión costoulle a violación de Birutas, un mozo, amigo da infancia, que dicía estar namorado dela; feito que nos mostra unha vez máis a fortaleza da súa personalidade, por non mostrar a dor, e os danos psicolóxicos comúns a outras mulleres en situacións como a súa. Cando era nena levaba o pelo curto, liso e castaño. Logo cando se vai acercando á adolescencia teno máis longo e desenfadado, para volver a telo curto cando se converte en muller. Ao ser unha muller vai vestida con vestidos en todos os momentos da súa vida. Por Paula Maroñas Xonxa é unha muller de estatura media, cuns ollos e un cabelo escuro como a noite. Ten uns rasgos faciais comúns, non sobresaen na súa face. As súas vestimentas son as típicas da época na que se enmarca a historia, saia, blusa…. No aspecto persoal é unha persoa para a cal só hai adxectivos positivos que falan do seu empoderamento. É unha muller loitadora, que a pesar das adversidades e das dificultades que a vida lle pon non se rende e volve unha e outra vez a erguerse máis forte, por exemplo no caso da violación. É fiel ata o extremo, mesmo con persoas que a traizoaron, como Birutas. É poderosa, por varios motivos, pero especialmente porque é ela quen leva a familia adiante e non se deixa manipular nunha sociedade patriarcal. É unha persoa paciente, á hora de aturar a Caladiño. É un piar fundamental para todos os personaxes da película,
  3. 3. na vida de todos ocupa un lugar importante. Algo que vai pegado a ela é a valentía, por isso é quen de ameazar a Birutas coa escopeta. Outro trazo que a caracteriza é a súa fortaleza, xa que nunca se ven abaixo, é capaz de facer todo por ela mesma, o papel de pai e nai, nunha sociedade de posguerra e nunha vida de pobreza. Por Tamára Sóñora Xonxa é a protagonista da película Sempre Xonxa. É unha muller de estatura media e dun tipo de corpo delgado. O seu pelo, case sempre alborotado, é liso e negro coma o carbón, cun corte de media melena. En canto ao seu rostro, dunha forma ovalada, posúe uns ollos grandes dunha cor escura, unhas cellas negras e poboadas, unha nariz de tamaño mediano, labios carnosos e unha fronte ancha. A súa pel é branca e lisa, sen rastros de acné, aínda que, xa na idade adulta, comezará a ter enrrugas. Non utiliza ningún tipo de maquillaxe nin accesorios, só o seu anel de matrimonio. A súa vestimenta caracterízase por ser desaliñada, de cores máis claras durante a súa infancia e adolescencia en contraste coa posterior roupa de cor negra. Gústalle utilizar panos para a cabeza e sempre leva camisas e faldas, aínda que de pequena utiliza máis vestidos curtos, ademais dunhas botas de apariencia cómoda. Con isto, a primeira vista dá a sensación de ser unha afable muller de aldea a cal lle dá pouca importancia ao coidado do seu aspecto. Por outro lado, debe mencionarse a súa personalidade peculiar. Comezando pola súa infancia, era unha rapaza alegre e agradable, de carácter extrovertido, sendo moi faladora na escola. Durante a súa adolescencia revélase un carácter positivo e soñador, deixándose encandilar xunto á maioría dos seus amigos polos contos que inventaba o señor excéntrico do lugar. Conforme vai medrando, vólvese unha moza agradable mentres se vai afianzando o seu carácter forte e decidido, ademais da súa actitude sincera e extremadamente directa ante todos. Xa na súa idade adulta, converterase nunha muller simpática, con menos atracción por aqueles relatos que antes a fascinaban. É unha persoa cariñosa, en especial co seu home e cos seus fillos, e pasa os días traballando nas súas leiras. Ademais, nunca cede ante as propostas que non quere aceptar e afiánzase a súa personalidade forte coa marcha do seu marido á emigración, tendo que coidar ela soa da súa primeira filla durante un tempo, converténdose nunha matriarca. Mostra compaixón incluso con persoas que non o merecen e é capaz de perdoar, mais non olvidar, as peores traizóns. Nunca abandona totalmente ese carácter doce e esperanzado da súa infancia, desexando conseguir máis riqueza para que os seus fillos poidan ter unha boa formación. En definitiva, Xonxa é o exemplo perfecto de muller do rural na Galiza de mediados do século XX. É mostrada como a personificación daquel carácter forte e decidido que tanto caracterizaba a estas mulleres, as cales en moitos casos sufrían as consecuencias directas da emigración dos seus homes e familiares en busca dunha vida mellor, quedando ao cargo dos seus fillos nos seus fogares. É, en definitiva, unha homenaxe ás fortes matriarcas que foron, e seguen sendo, un símbolo nacional galego.
  4. 4. Por Iván Fernández Xonxa é unha muller que vive nun pobo situado nunha zona da montaña galega. De pequena chamábanlle Xonxiña e xogaba con Panchiño e con Birutiñas, dous personaxes que estiveron presentes e marcaron bastante a súa vida. Pancho casou con ela e o Birutas reapareceu, logo de estar moitos anos pola América, coa intención de casar con ela. Xonxa é valente e sabe valerse por si mesma, traballa duro a diario e incluso tivo que facer de pai mentres o seu marido estivo encerrado en América por culpa do Birutas. É intelixente, por iso decide non disparar ao Birutas, ao ver que o home xa está perdido, que non ten nada e está acabado. A súa honra percíbese en actos coma o da rotura do cheque que o Birutas tiña ao seu nome na súa casa. Superficialmente, Xonxa é alta, delgada e de pel clara. Os seus cabelos son escuros e os seus ollos marróns. Posúe unha cara bastante simétrica, na que predominan unha boca e nariz grandes. Adoita estar vestida con roupa de traballo, xa que é ao que lle dedica a maior parte do tempo. Por Claudia González Nunha aldea galega, cando os galegos e galegas emigraban ás Américas en busca dun futuro mellor, transcorreu a historia de Xonxa. Unha muller de cabelos da cor dos carballos, árbore robusta e firme como o seu carácter. Cunhas cellas grosas que cobizan uns grandes ollos castaños e escuros. os cales posúen unha mirada penetrante que, acompañada dos seus grosos beizos, mostran a súa seriedade pese a ensinar moitas veces tras de si un fermoso sorriso, espello da súa actitude sarcástica. A forma da súa face con trazos lisos e redondeados debuxan un rostro doce e amable. Xonxa é unha muller, aínda que ríxida, compasiva. Dende rapaza foi independente, aínda que moi sinxela, o que máis destaca da súa personalidade pode ser a súa lealdade, como o máis valente dos soldados dunha patria, non só cas persoas que a acompañaron durante toda a súa vida como con Pancho, senón tamén cas súas ideas, pois negouse a poñer grillóns cando Birutas lle rogou que o esperase. A súa fortaleza é única e cega coma un brillante metal, duro e resistente, demostrado así, tras ser violada, que continúa ca cabeza alta e ca súa dignidade impoluta, porque ela faise digna de si mesma. Xonxa é, non só a coiraza dunha muller forte, á cal non lle queda outra que selo pola situación e época que na que viviu, senón que ela é valente por aguantar todo o que lle ven enriba e por saber gozar de todo o bo que a rodea na súa vida. Desfruta dos seus fillos e aí é onde se pode apreciar o seu lado máis doce e amable demostrando que posúe totalmente a arte de ser unha marabillosa nai, por outro lado é unha persoa que sabe perfectamente como desfacerse das tensións da vida e gozar con toda a paixón da esmorga.
  5. 5. Xonxa é amor, vitalidade e independencia, é a viva imaxe da figura da muller galega. Ela é nai, pai e traballadora, é o soporte de todo o seu mundo e quen mantén polos seus propios medios todo o que a mantén en pé. Ela é unha muller, como moitas outras, piar fundamental non só da súa familia senón que tamén da sociedade. Por Ana María Figueira Xonxa é unha muller sinxela e non tivo problema en representalo así dende un principio, como tódolos nenos da aldea, non tiña reparo en xogar cos outros nenos e facer bromas con eles como “pato, peto, pito”. Cando acada a adolescencia tampouco abandona esa actitude, sendo unha persoa bastante decidida, tanto como para rexeitar a Birutas, dicíndolle que non lle gusta esperar nin que esperen por ela. Xonxa é unha muller Valente e forte, válida de sobra por si mesma, por iso é quen de matar o raposo sen axuda de ninguén. Xonxa tamén é sincera e cariñosa, co Pancho sempre se portou dunha maneira agarimosa, como cos seus fillos. Xonxa vive feliz sen necesidade de cartos e prefire moito máis o amor que o diñeiro, por iso decide ser feliz con Pancho e non infeliz e rica con Birutiñas. Nunca se rendeu, por iso a palabra máis curta para representala sería forza, pois a pesar de que foi violada non abandonou o neno, nin lle ocultou a verdade ao seu home, seguiu adiante, amando a ese fillo, mesmo tratando de salvar ao Birutas. E con todo, Xonxa segue a ser un personaxe desprestixado, reflectindo o prexuízo de que a muller pertence á cociña mentres que o home traballa fóra. Aínda máis, debido á emigración, ten que exercer o papel de nai e pai ante a súa filla. Por Raúl Rey Vin os seus ollos, vivos, que seguían intactos, coma se non traballaran a mester do tempo. Mesmo a súa cara semellaba non presenciar inxustizas, esas que ocorren nas travesías do silencio. Todo o seu aspecto era frío, coma a súa ollada, por acontecementos. Pero mantiña o seu corazón, salvándolle a vida a ese violador que atentou contra os seus sentimentos. Era leal, mesmo real, dura, a súa personalidade non entendía de xéneros. Soubo calar, manter a orixe da súa filla coma un segredo, pero era humana, e por iso precisou contar o seu lamento, dicir quen era realmente seu pai, sendo cómplice da penuria que durante un ano gardou por dentro.
  6. 6. Libre de pensamentos superficiais, os cartos non lograron mercar os seus bos momentos. Tampouco comprendía porque sempre eran os homes quen tiñan que abandonar os seus apousentos, coma se unha lei natural regulase o futuro polo nacemento. A definición pura de persoa madura, que se mostra dura, e moito máis aínda nos peores momentos. Que resolve con soltura cada atadura da vida, acorde a un bo entendemento. Calada moitas veces, pero non por iso carecía de fala. Pois ás veces un corpo basta para reflexar o que quere dicir a alma. E tanto que dixo, sendo unha portavoz das mulleres, tendo dous fillos e unha familia sa. Por Xiana Collazo Xonxa naceu nun val entre as montañas de Ourense, nunha aldea calquera da parte Oriental de Galicia. Pasa a súa infancia perseguindo papaventos feitos con canas e papel pintado, metendo a cabeza en dianas e xogando cos seus amigos Pancho e o Birutas. Os dous a queren moito, pero ela non pode prometer esperar ó Birutas cando el emigra; porque igual que o papaventos, Xonxa voa libre. Co tempo, á par da aldea, ela medra tamén. Florece xunto cos herbais e madura nas viñas nas que se namora de Pancho. Meses despois, sae da Igrexa de muros grosos da súa benquerida aldea, cunha criatura no colo e un anel no anular, a carón do seu amigo. Xonxa volta a ser parte dun grupo de tres: ela, Pancho e Xonxiña. Xuntos viven na aldea e, cando unha década despois Birutas volta, Xonxa xa non é a mesma. Ela é moitas mulleres: a que apaña a herba coa fouce e a gadaña, a que recolle os ovos do galiñeiro, a que muxe a vaca na corte, a que fai a comida e a que se pon guapa para a festa; pero como dixo Heráclito “non podes bañarte dúas veces no mesmo río” e, polo tanto, Xonxa non é a mesma persoa de hai dez anos: aquela meniña que sentaba no pupitre da escola e que escoitaba as súplicas do emigrado e, como xa lle dixera a el, non o agardou, seguiu adiante coa súa vida e non tiña interese ningún en desfacela por el. O sitio de Xonxa está no galiñeiro, enfrontándose a un raposo ou baixo as mantillas, non sentada nun coche caro nin lucindo os luxos e os diamantes que el lle trouxo de América. Pero aínda así, tanto ela como o seu home, aspiran a unha vida un pouco menos pobre, non menos bruta; senón menos pobre. E ela, vai ter que engadir unha faceta máis á súa lista de mulleres, a de pai. Vai ter que ser nai e pai e suplir a falta de Pancho mentres el está emigrado no continente á outra orela do Atlántico. Desta volta si o vai agardar pacientemente. Soa vai ter que ir ó monte a por leña, vaina ver arder no lar, deitarse soa polas noites e despertar do mesmo xeito pola mañá. Vai cumprir a súa parte do trato mentres o seu home intenta atopar riqueza. O Birutas volta unha vez máis á aldea coas mesmas intencións que
  7. 7. cando marchou da primeira: convencela para que estea ó seu lado; pero desta rolda ela vai manter a súa promesa e vai esperar polo pai da súa filla, o seu home. O emigrado non vai soportar isto e vaina violar no muíño, e ó igual que os grans que se coan entre a peneira, vaise diluír o respecto que ela ten por el. Pancho non volta nun coche caro á aldea, volta máis pobre que antes e enfermo; pero volta a tempo para ver a Xonxa dar a luz ó seu segundo fillo: o Manueliño. Ese fillo de procedencia incerta que ela pariu soa tras unha cama. Trala marcha do Birutas, a aldea vai quedando baleira, pois el non é o único que marcha: a xente vai morrendo ou emigrando e pouco a pouco só van quedando a familia de Xonxa, o mestre e o Caladiño. Todos seguen a medrar, a vida transcurre paseniño na aldea. Xonxiña imita á nai no xeito de ser, independente na súa motocicleta encarna a liberdade da que súa nai gozaba de pequena. A muller non é vingadora, ela non toma a xustiza pola man; deixa ás cousas fluír, que as leve o vento lonxe da súa vista. Pero como un búmerang, Birutas volta ó seu carón; esta vez a derradeira. E como o meco que queimaban de novos, cólgase na praza. Xonxa vai ter que adoptar unha vez máis o papel de amiga e socorrelo. Xonxa é moitas cousas: nai, amiga, amante e galega. Xonxa encarna a cada unha das mulleres que eran duras, brutas, pobres, fortes e independentes. Podería non ter nome nin ela nin a aldea, porque Xonxa non é máis que unha galega que medrou nunha aldea situada nun val entre as montañas de Ourense, na parte Oriental de Galicia.

×