Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Como escribir un microrrelato

54 views

Published on

creación literaria para o proxecto Xoves Xornalistas (LCL e LGL)

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Como escribir un microrrelato

  1. 1. Como escribir un microrrelato... 1. Debes ser breve, contar a historia co menor número de palabras. O microrrelato é unha historia de ficción moi breve, posúe entre 5 e 200 palabras. 2. Debes suxerir, insinuar moito con pouco. O microrrelato é un texto condensado, con todo o contido concentrado en poucas palabras, como un bo perfume nun frasquiño ben pequeno. Non se trata de resumir para reducir o número de palabras, senón de buscar as palabras exactas e concentrar nelas toda a historia. En realidade o microrrelato é a punta do iceberg dunha historia maior, polo que hai que lograr que a persoa lectora encha os ocos, que imaxine o que non se conta, a través do que o relato suxire, do que insinúa pero non di. 3. Debes experimentar buscando ser orixinal. O microrrelato non é un xénero narrativo tradicional. Preséntase coma unha mestura, con aspectos poéticos (palabras sonoras, suxerentes) e mesmo con expresións semellantes a refráns ou sentenzas filosóficas. 4. Debes escoller que contar, o momento de maior clímax da historia. O microrrelato é tan breve que só permite abordar un aspecto da historia que se quere contar, polo tanto é preciso escoller moi ben ese aspecto ou momento da historia que permita suxerir o resto. 5. Debes comezar polo medio (in media res). O microrrelato, pola súa brevidade, non respecta a estrutura tradicional dos relatos (presentación-nó-desenlace). Hai que empezar directamente no nó, hai que ir directamente á acción. Polo que a mellor estrutura para un microrrelato sería esta:  Empezar intrigando á persoa lectora  Atrapar á persoa lectora a través dunha imaxe evocadora  Sorprender á persoa lectura cun final que a obriga a reflexionar 6. Debes reducir personaxes, espazos e tempo. O microrrelato, pola súa brevidade, prescinde de longas descricións de personaxes, concentrándose nunha ou dúas; de espazos, cinxíndose a un lugar ou dous; e de tempo, concretándose nun único momento ou en dous. Se estes elementos son referentes coñecidos, colaboran en reducir espazo e non precisar descricións nin explicacións. 7. Debes mostrar, non contar ao estilo tradiconal. O microrrelato non conta unha historia detalladamente, senón que mostra unha escena que serve para condensar toda a historia. 8. Debes acabar cun final sorprendente. O microrrelato debe acabar impactando á persoa lectora, provocando que a historia contada non remate coa lectura, senón que sexa evocada por
  2. 2. quen a leu, provocando que a súa imaxinación se poña en marcha. É dicir, a persoa lectura debe precisar pensar no que acaba de ler. Isto tamén se pode lograr cun final aberto. 9. Debes escoller un título que aporte luz ao texto. O título debe axudar a comprender o texto. 10. Debes escribir, recortar e recortar antes de editar. O microrrelato require escribir primeiro unha historia, para despois recortala ata concentrala nas palabras exactas, as xustas e necesarias (como na poesía). Exemplos de microrrelatos...  Véndense zapatiños de bebé, nunca usados.(atribuído a Ernest Hemingway.  Escritas no seu calendario no día da morte do meu pai, dúas palabras: chamar fillo. (Título: Por que eu nunca uso axenda. Autor: Stace Budzko).  Non quixen continuar coa miña investigación sobre o cancro, porque deime conta de que, mesmo aínda que puidera perfeccionar a cura, nunca chegarían a poñerlle o meu nome, Eddie Spaghetti. (Autor: B. Mistoda).  Antes de ponerse el pendiente frotó el metal que rodeaba el zafiro con un bastoncito impregnado en líquido para limpiar plata. Cientos de estratos de tiempo levantaron el vuelo dejando la superficie luminosa y desnuda. Se acercó, curiosa, y la joya le devolvió el rostro adolescente de su abuela probándose el pendiente ante un espejo.(Título: Herencia. Autora: Paz Monserrat Revillo).  Watson contempló desolado la escena del crimen. Sin pistas, sin sospechosos, el único detective capaz de resolver aquel misterio, yacía muerto a sus pies.(Autora: Iria López Teijeiro) Fontes para atopar modelos de microrrelatos...  Espazo Ben Común  Real Academia Galega  Inteligencia narrativa  Escuela de escritores. Relatos en cadena. Cadena SER FONTE DE INFORMACIÓN: Blog Literaturas de Iria López Teijeiro

×