Pepe Carballude
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Like this? Share it with your network

Share

Pepe Carballude

  • 303 views
Uploaded on

Entrevista feita polos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade a Pepe Carballude.

Entrevista feita polos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade a Pepe Carballude.

More in: Education
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
303
On Slideshare
289
From Embeds
14
Number of Embeds
2

Actions

Shares
Downloads
0
Comments
0
Likes
0

Embeds 14

https://mj89sp3sau2k7lj1eg3k40hkeppguj6j-a-sites-opensocial.googleusercontent.com 11
http://www.slideee.com 3

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Pepe Carballude Pepe Carballude naceu en Rubín (A Estrada-Pontevedra) no ano 1956. Licenciouse en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1980. Na actualidade é catedrático de Latín no IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros). A súa obra literaria é eminentemente narrativa infanto-xuvenil, destacando obras como a súa primeira novela O xílgaro pintor (1987), ou O deus desaparecido (1991) e De como o santo dos croques se fai peregrino (2002) ambas premio “Barco de Vapor”. Tamén é autor de traducións ao galego de obras de literatura clásica. Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 26 de febrero de 2014
  • 2. Pepe Carballude 1. Como lembra aquela aldea, aquela escola, aqueles labores... daqueles fins dos cincuenta e comezos do sesenta? Que pegadas puideron deixar en Vostede e na súa obra literaria futura? Eran tempos de traballo arreo, no campo, duro certamente, pero que me permitiron apalpar en carne propia a dignidade de noso, da lingua, da cultura e de todo o que eramos. Aprendín de onde viña para non esquecelo nunca máis. Non me arrepinto daquela escola por dura que fose. 2. Con doce anos colleu as maletas para se ir interno nin máis nin menos que a Ourense (supoñemos que só sabía desta provincia polos seus estudos de xeografía...) Que supuxo aquel afastamento de familia, amizades... para Vostede e un mundo novo, independente...? Foi durísimo porque daquela para o caso nunca saíra da aldea e supuxo unha caste de emigración, de desterro, de saudade dos amigos, dos xogos, do coñecido… Tiven que aprender case todo. 3. Os seus primeiros contactos coa nosa literatura foi precisamente no seu “exilio” estudantil a Ourense. Que supuxeron para Vostede aqueles mestres literarios e até que punto influíron no seu compromiso futuro coa nosa literatura? Ourense para min no literario foi un descubrimento, primeiro porque alí comecei a ler en galego e a valoralo (cousa impensable na aldea porque estaba vetado); e despois porque coñecín escritores vivos. Eu pensaba que todos os escritores estaban mortos (Cervantes, Quevedo, García Lorca…) e de súpeto un día coñecín a Blanco Amor, Méndez Ferrín, Carlos Casares… e iso abriume unha xanela nova. 4. No ano 1975 produciuse o seu desembarco en Compostela. Novo mundo, sociedade convulsa, últimos anos da ditadura... Que supuxo este contacto con aquel mundo novo para Vostede? Si. Eran anos certamente difíciles, de trincheiras, de protestas, de aprender a facer vida só. Teño que dicir que procurei non meterme en moitos compromisos. miércoles 26 de febrero de 2014
  • 3. Pepe Carballude 5. Decidiuse polos estudos da Filoloxía Clásica. A que se debeu esta escolla? Volvería a escoller esta especialidade? Por que na súa futura literatura apenas se amosa este mundo de heroes clásicos, algo sen embargo moi presente na literatura para os máis cativos? Na universidade aprendín moito. Lin, na súa lingua orixinal, unha chea de autores gregos e latinos, que conformaron a miña formación. Homero, Virxilio, Horacio, Ovidio, Séneca, Catulo… foron e seguen a ser compañeiros de viaxe ós que acudo a miúdo seguro de atopar conforto. Na miña literatura aparecen poucos heroes ó estilo clásico, pero en todos os meus libros nótase o pouso das lecturas. Son dos que pensa que o escritor crea a partir de vivencias, de lecturas e de imaxinación. 6. A súa extensísima obra practicamente só abrangue o espazo da literatura infanto-xuvenil. Como se podería xustificar esta escolla? Quedan nos seus baúis algúns intentos de se mergullar na lírica ou no teatro así coma nunha narrativa para os máis adultos? Estou a gusto escribindo para nenos e mozos, aínda que cada día teño menos clara esa distinción. Escribo libros que pode ler calquera, tamén os nenos e mozos. 7. Tamén observamos un feito excepcional: o de compartir autoría dunha obra narrativa. Como se pode xustificar este feito máxime se pensamos que o feito de imaxinar, de escribir, de crear... se restrinxe ao autor da obra? Quería saber como era iso de escribir a dúas mans con outra persoa. Coñecía casos de escritores que o fixeran e eu quixen experimentar. Foi algo moi bonito que me fixo ver que escribir a medias é algo coma casar: perdemos parte do noso para adquirir un complemento do outro. Unha experiencia interesante, pero acabou. miércoles 26 de febrero de 2014
  • 4. Pepe Carballude 8. En que se inspira para a creación dos seus personaxes? Sabemos que algúns dos personaxes pertencen á vida real ou á súa vida familiar... até que punto as súas obras se inspiran na súa propia vida e até que punto bota man á imaxinación? En certa ocasión díxome Torrente Ballester que a literatura por moi fantástica que sexa parte sempre de algo real, concreto, porque un non pode escribir do que descoñece. Os meus personaxes, por moi fantasiosos que parezan, son sempre reais. Tan reais que ás veces están sacados do entorno familiar ou de amigos, transformados iso si pola miña imaxinación, pero recoñecibles tan axiña como se esgaravelle un chisco. Lembro que un día lle preguntaron a García Márquez quen era o mellor lector da súa obra. El contestou que era súa nai porque ela coñecía as claves primeiras, a intrahistoria das historias. “Ela sabe que no fondo eu sei que ela sabe”, expuxo maxistralmente Gabo. 9. Que pretende cando revive nas súas obras crenzas, mitos... da nosa Galiza como serían os propios gazafellos, Pedro Chosco...? Era Vostede consciente que estes mitos eran locais pero que gardaban fondas concomitancias con outros doutras terras galegas? Pretendo que non se perdan. Son personaxes da miña infancia que coma tantas outras cousas desaparecerían. Un xeito de que perduren é darlles vida literaria. 10. Tamén tocou Vostede o apartado das traducións, no seu caso de obras clásicas. Bota de menos máis tradución de clásicos estranxeiros ou tamén que a nosa literatura se traduza en maior proporción a outros idiomas? Traducín as Fábulas de Fedro e algunha obra de Cicerón. Poder ler no noso idioma as obras da literatura latina paréceme un xeito de normalizar. Por iso o fixen. Cada día vai habendo máis traducións ó galego, non así autores galegos traducidos a outros idiomas. Se non estamos traducidos non nos coñecerán fóra e iso tamén é importante. miércoles 26 de febrero de 2014
  • 5. Pepe Carballude 11. Como pode xustificar que até o 2001 case tirase unha obra por ano, ou máis, e a partir de aí a sua produción se espaciase máis? Imponlle cada vez máis o intentar superarse ou cre que a súa aportación á nosa produción xa está case consolidada? Era máis novo e tiña máis fogaxe. Hoxe son máis esixente, interésame menos publicar por publicar. Non quero arrepentirme dun libro feito á presa, para publicalo canto antes. 12. Acábase de entregar a 25ª edición do Premio de Novela García Barros. Non lle gustaría a Vostede ser o primeiro estradense en acadar semellante galardón? Poderíanos confesar se algunha vez presentou unha novela súa a este certame? Gustaríame, claro que si. De feito presenteime unha vez ( hai dous ou tres anos) e cheguei á final. O libro titulábase Xograres dun tempo novo. Retrato de Pepe Carballude realizado por: André Díaz, alumno do MGB miércoles 26 de febrero de 2014
  • 6. IO R A N IO T ES U C miércoles 26 de febrero de 2014
  • 7. Un personaxe galego e un estranxeiro? ra a ob h e un ? -a tor/ alegos u e ha a aria g n/ ter quí U de a . li rre . To les A cu ér H Cal é a súa fonte de inspiración axe l i iden terario c o qu tifiq e se ue? Segu ram ente de N con eira Balb Vila ino seU lises Hom Unha película de cine? de ero. “Viaje a ninguna parte” de Fernando Fernán Gómez. “O bosque animado” de Cuerda. Unha obra teatral? “Edipo rei” de Sófocles. O traballo de todos os días. miércoles 26 de febrero de 2014 erson Urbano Lugrís. Estranxeiro, Tiziano. ente nqueiro ? “X Cu n só á” de U acol de nto e um l? on be n m ientá U sal de Un p a obr a nh s? u a e xeiro or/ ran de t u a a ia est ad” n/h erar oled z. U it e s ue l sd ño Márq a en rcía “Ci Ga
  • 8. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Un feito histórico? O suicidio colectivo no Monte Medulio. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Rural con praia preto. zar? eali por r eio anc n Estambul. Calquera cidade con mar de fondo. s mái r ra te . U e pa min rm bila o para Xu p tem Un/ha autor/-a con quen se identifique? Plenamente con ningún. T ento ser eu mesmo. Outro entretemento ademais da lectura? A arte e os artistas nosos. miércoles 26 de febrero de 2014 Un tipo de músi ca? Unh a canción ? A de can tautor. “ Al alba” de Luís Ed uardo Aute. Un l ugar a xeita lectu do para ra? a O sa lón d con l a mi ña c ume asa e chu via f óra. nha U ? opía ut que ntes dos erna ben Gob polo iren mais. m de