Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Entrevista a Ramón Caride

507 views

Published on

Entrevista a Ramón Caride dos alumnos de Literatura galega do século XX e da actualidade do IES Manuel García Barros.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Entrevista a Ramón Caride

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Ramón Caride Ramón Caride Ogando (Cea-Ourense, 1957), é un autor moi prolífico especialmente nos campos da lírica (Criptografías -2010-, A chuvia humana -2012-...) e da narrativa (Soños eléctricos -1992-, Sarou -1997-, O sangue dos camiños 2014-...) sen esquecer a literatura infanto-xuvenil (Perigo vexetal -1995-, As viaxes de Ruki -2014-...). Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 2 de diciembre de 2014
  2. 2. Ramón Caride 2. 1. Cea, Ourense... que queda en Vostede -e na súa obra- deste espazo nativo? Ten algo que ver coa visión que aparece nun seu poema titulado “Ourense néboa” onde se nos falta dun Ourense misterioso, silencioso, escuro... morto? Sempre queda algo, ou moito. Se cadra adicarse a algo tan disparatado coma soñar mundos provén dunha inadaptación inicial a este. Ese poema pedíronmo para conmemorar un aniversario do colexio de curas onde pasei sete anos. Decidín que ou facía unha cousa sinceira, aínda que me doese lembrar, ou non gustase aos demandantes, ou non faría nada. A esta altura, xa non teño porque andar con mixiricadas. Tentei ser fiel, trinta anos máis tarde, ás sensacións que tiña naquel momento, e como se di nese mesmo poema, a nivel social, “as cousas tampouco mudaron tanto”. 2. Estuda Bioloxía... e despois a maior parte da súa obra literaria camiña polo vieiro da ciencia e da ficción... ou as dúas unidas: ciencia-ficción... Como nos podería xustificar esta escolla temática? Non foi unha escolla temática premeditada. As historias escolléronme a min, e non ao revés. Nas máis de cincuenta obras que levo publicado hai moito que non é ciencia ficción, pero xa me cansa combatir este tópico, así que quedarei para os restos como autor de ciencia-ficción. En canto a que traballo como profesor de ciencias naturais, a relación non é necesariamente causa-efecto, aínda que o traballo nas aulas si me permite coñecer á xente nova, e tentar non aburrila de máis nas obras adicadas a eles. 3. A nosa literatura tivo que ir descubrindo a súa validez para todo tipo de xéneros especialmente na última parte do século pasado. Era Vostede consciente que a esta nosa literatura lle faltaba o espazo da ciencia-ficción? Era consciente, ciencia-ficción nas novelas galegas non había, e a pouca que había era moi deficiente por falta de formación científica dos autores, que viñan do mundo das letras. Pero a miña intención ante todo foi divertirme facendo Soños eléctricos, antes que a de cubrir baleiro ningún. martes 2 de diciembre de 2014
  3. 3. Ramón Caride 4. A obra Soños eléctricos vai ser a súa primeira novela longa, vai ser premiada (“Premio Blanco Amor”) e vai marcar un antes e un despois na nosa narrativa de ciencia-ficción... Que supuxo para Vostede esta obra? Ao comezo unha gran alegría, tiña trinta e cinco anos, e fun un dos gañadores máis novos do premio. Subín a unha nube. Á larga, todo se volveu mais complicado, como sempre pasa na vida. Houbo altos e baixos, mesmo teño outras obras, menos valoradas, nas que investín máis tempo e esforzo. Como bo galego, non me queixo. Aínda hoxe, atopo xente de trinta e máis anos, que di: “nunca lera nada en galego semellante a esa novela”, e alédame. Pero véxome moi lonxe de moitas cousas desa obra, hoxe non as faría así. Isto tamén é inevitábel. 5. A súa primeira novela de literatura infanto-xuvenil foi Perigo vexetal... Que foi o que o animou a continuar co ciclo marcado polos personaxes principais até se encontrar precisamente nestes intres a voltas coa quinta obra da serie (O camiño da Estadea)? A visión persoal súa non sufriría cambios abondo nestes vinte anos que separan a primeira da quinta, máxime ao falarmos destas novelas para un público máis concreto? Chegaremos a ver a sexta tal e como estaba previsto nun principio? Un día falando con Manolo Bragado, o director de Xerais, botamos contas e vimos que ía facer vinte anos da publicación de Perigo vexetal, en 1995, e unha boa forma de conmemoralo era rematar a serie, redactando por fin a última novela que tiña bocexada hai unha chea de anos. Niso ando. Vai ser a séptima aventura, tras Perigo, Ameaza na Antártida, A negrura do mar, O futuro roubado, O misterio do prión e A primeira aventura, estas dúas últimas sairon en volume conxunto con A negrura do mar, certo que as hai máis longas e máis curtas. Polo de agora, vai ser a última, sempre pensei en sete. Pero nunca se sabe, se cadra as miñas fillas anímanse a seguir a saga. Evidentemente, máis de dez anos tras A negrura, eu mudei abondo, e Said e Sheila tamén. Esta entrega é moi “jevi”, témome, dura e desencantada, pero volvo á resposta da pregunta 1, un autor non ter porque ser complacente nin andar rebaixando a súa crítica para agradar, debe ser fiel á obra ante todo. martes 2 de diciembre de 2014
  4. 4. Realmente, os relatos desta recompilación xa estaban feitos, aínda que espallados ou inencontrábeis, o único que fixen foi ordenalos, corrixilos, e darlles un enfoque unitario. Iso si, o relato máis longo do volume, O reinado dos ceos, é totalmente novo. Fixen esta antoloxía porque son un gran lector de literatura fantástica, en todas as súas vertentes, a tamén porque me apetecía ter un libro cos meus amigos da editora Urco, especializada neste tipo de literatura. Ramón Caride 6. E agora vémolo mergullado nunha nova temática: a literatura fantástica de terror (Flash Back 13) Por que se inmisciu nesta nova vertente da literatura fantástica? 7. Vemos que é Vostede un escritor moi prolífico, son moitas as obras que saen da súa pluma... Este feito é indicativo de que a nosa literatura está nun momento especial ou ben pode ser algo circunstancial? Eu só podo falar por min mesmo, non sei como está a literatura galega en xeral. Hai problemas abondo, como para empezar a detallalos e non parar. Pero escribir só require tres cousas: imaxinación, tempo, e un soporte físico para poñer as letras. En canto haxa estas tres cousas seguirá habendo escritores. Pola miña banda, non teño planos de futuro. Só dúas obras abertas agora e varias inéditas. O que pasará despois non o sei. Retrato de Uxía Zamar Barcala martes 2 de diciembre de 2014
  5. 5. Ramón Caride 8. A ecoloxía está moi presente na súa obra literaria -especialmente na infanto-xuvenil- por moito de ficción que sexa... Que procura coa presenza deste compromiso? Busca unha fin didáctica ou máis ben un complemento á trama da obra? Falar de ecoloxía no futuro será un exemplo para tomarmos conciencia do mal que estamos a facer na actualidade? Mirade o mundo como está e vós diredes… Hai unha crise económico-ambiental global. Preocúpame como pai, como cidadán, como educador, e tamén como autor, á forza. Todo acaba por saír na ficción, mesmo que un non queira. Evidentemente, non sei con certeza como será o futuro, o situar as cousas daquela é un xeito de falar de hoxe mesmo, é claro. Foto de Uxía Caride martes 2 de diciembre de 2014
  6. 6. Ramón Caride 9. A chamada “triloxía do lume” (Soños eléctricos / Sarou / O sangue dos camiños) terá continuidade? Foron os recoñecementos que recibiu a primeira os que o levaron a continuar até a triloxía actual? Entendo que co de triloxía actual vos referides a Exogamia 0.3, Endogamia 0.2 e Singamia 0.1, esta última aínda sen rematar. Pois non, esta nova triloxía concebina como tal desde o principio, en cambio De sombras e de lume, é unha triloxía involuntaria de novelas independentes e moi distintas entre si en canto a ambientación, extensión, etcétera, que non obstante, teñen fortes semellanzas entre elas que me fixeron reunilas nunha triloxía cando me decatei, ao publicar a terceira, O sangue. martes 2 de diciembre de 2014
  7. 7. Ramón Caride 10. A serie da que se falou antes chamada “As aventuras de Said e Sheila” que vai completarse coa quinta obra está ilustrada nada menos que por Miguelanxo Prado. Que supuxo para Vostede ver as súas obras con semellante complemento ilustrativo? Habería que se parar máis neste apartado complementario? Por suposto, Miguel é un gran artista e vello amigo. Contar con el foi esencial para a serie. Sería comezar a falar del, e da súa obra, e non parar… 11. Tamén se achegou Vostede a crear guións para cómics... Podería falarnos aquí de que cómics estamos a falar? Cales eran as temáticas destes cómics? O guión que fixen parte do relato “Unha dorna vella”, incluído en Sarou/Louzós, pero é outra cousa. É outro medio e outra linguaxe, a visual. Teño a sorte de traballar nel cun gran artista e vello amigo, Jaime Asensi, pero é un traballo moi lento, pois el tampouco lle pode adicar todas as horas en exclusiva a isto. Tardaremos anos en rematalo aínda. Foto de J. L. Oubiña 12. Sabemos que tamén escribiu teatro infantil. Quedou este teatro en simples representacións ou teremos que agardar para velo publicado? Historia dunha sobreira fíxeno para representar na escola e andivo décadas circulando en fotocopias. Hai uns anos publicouno Everest Galicia nunha edición fermosísima e doada de atopar, ilustrada por Suso Cubeiro e con prólogo de Vázquez Pintor. Recoméndovola. martes 2 de diciembre de 2014
  8. 8. Ramón Caride 13. Os medios de comunicación tamén tiveron unha fonda presenza súa (series xornalísticas, colaboracións en suplementos especialmente literarios, opinión... programas radiofónicos...) Bota de menos a presenza da literatura de noso precisamente nos actuais medios de comunicación? E tanto! A visibilidade da creación literaria en galego é moi escasa nestes días, moitos espazos desapareceron, internet cubriu algo este oco. Eu persoalmente, ando algo afastado porque estes meses me absorve a creación. 14. Acadou varios premios literarios... Que supuxeron estes recoñecementos para Vostede? Que peso teñen os premios literarios na nosa literatura? Os cartos nunca veñen mal, e a visibilidade mediática que dan tampouco, representan que máis xente sabe o que fas, e algunha pode lerte. Pero hai que relativizar: un premio non engade nada ao texto real da obra, se a novela é infumable sen premio, segue séndoo con premio. E a inversa: fracasar nun premio tampouco lle quita nada á novela. O peso económico que teñen os premios é excesivo, pero non é culpa dos premios en si mesmos, senón porque case todo o demais fallou, ultimamente. No do canon, depende do canonizador, cando llo dan a un amigo o premio volvese máis importante, e viceversa. Moitísimas grazas, don Ramón Caride, por permitir mergullármonos na súa narrativa, unha narrativa diferente para nós que simplemente fixo enriquecernos literariamente martes 2 de diciembre de 2014
  9. 9. CUESTIONARIO martes 2 de diciembre de 2014
  10. 10. Un personaxe identifique? literario co que se Un monumento salientábel? Calquera petroglifo, tan actual coma futurista Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Unha película de cine? Un personaxe galego e un estranxeiro? Teresa Romero e Pablo Iglesias, xa que están de moda os dous estes días Cal é a súa fonte de inspiración literaria obra autor/-estranxeiros? a e unha Un/ha Agora estou relendo todos os relatos de Julio Cortázar, BESTIARIO, TODOS LOS FUEGOS EL FUEGO, etce´tera e tamén os CUENTOS COMPLETOS de J.G. Ballard, parécenme dous autores prodixiosos. Darío Gancedo, é o meu alter-ego na novela O SANGUE DOS CAMIÑOS e nalgúns relatos de DEDRE Teño dous grandes autores e amigos non moi recoñecidos cunha obra inxente: Xoán Fuentes Castro, por exemplo coa novela A TORRE NO DESERTO, e Xosé Váquez Pintor, con SEARA, entre moitos outros Marcos, Sierra, Quintiá… Xesús Manuel Xurxo Xerardo máis novos: A vida, cal senón? Acabo de ver RELATOS SALVAJES, unha peli arxentina, redonda e dura. Unha obra teatral? A ENGRANAXE de J.P. Sartre, cada vez máis actual martes 2 de diciembre de 2014
  11. 11. Un feito histórico? Un anceio por realizar? Ver un texto meu levado ao cine Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Marrackech ou México. O Caribe Mundo rural/urbano? Praia/ montaña? Son rural e de montaña, por iso vivo á beira do mar A publicación de A ORIXE DAS ESPECIES de Charles Darwin Unha utopía? Ver unha democracia democrática, e non o remedo que padecemos. Un tipo de música? Unha canción? Calquera dos Rolling Stones, os Who, David Bowie… Un lugar axeitado para a lectura? A miña casa Un/ha autor/-a con quen se identifique? Calquera ao que lea e disfrute, pode ser Alice Munro ou Frank Miller Outro entretemento ademais da lectura? Pasear, falar, estar coa familia e os amigos. Vivir, coma calquera martes 2 de diciembre de 2014

×