Francisco CastroEntrevistaIES Manuel García BarrosA EstradaLiteratura Galegado Século XX e da ActualidadeTexto: © Cc-by-sa...
Pois que ten Vigo a verdade é que moi ben non o sei. Sei que ten moita forza, que ten vida propia, e que os vigueses e vig...
Sen dúbida. Eu sempre digo que a miña literatura é política, no senso máis claro da palabra “polis”. Creo que o escritor t...
Esa frase é miña e coido que si. Hai que crer nas posibilidades da fantasía, da imaxinación. Iso dános liberdade porque vi...
Francisco Castro10. Lemos nun artigo que Vostede escribe “a escuras e descalzo”. Pódense considerar manías como escritor? ...
Francisco Castro13. E para rematarmos, actualmente traballa na comunicación pero, a pesar diso, vostede critica no seu blo...
CUESTIONARIOmartes 14 de mayo de 2013
A praia da Punta, enTeis. monumentonatural.Un monumentosalientábel?Celso Emilio Ferreiro e asúa obra completa.Un/ha autor/...
Mellorar como guitarrista.Un anceio por realizar?Urbanita. PraiaMundo rural/urbano?Praia/montaña?Londres. Tamén Londres.Un...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Francisco castro

506 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Francisco castro

  1. 1. Francisco CastroEntrevistaIES Manuel García BarrosA EstradaLiteratura Galegado Século XX e da ActualidadeTexto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservadosmartes 14 de mayo de 2013
  2. 2. Pois que ten Vigo a verdade é que moi ben non o sei. Sei que ten moita forza, que ten vida propia, e que os vigueses e viguesassomos un tanto particulares na medida en que máis que ser da cidade somos dos barrios. Cando eu era cativo, sorprendíame moitocando saía do cole, da clase da tarde, e ao chegar á casa, se a miña nai non estaba porque fora a unha tenda, a miña madriña, ou amiña tía dicíanme “é que foi a Vigo”. Nós viviamos en Teis, e a xente dicía así para ir ao centro, cando Teis é Vigo. Co tempodescubrín que aos de Bouzas ou Lavadores tamén lles pasa o mesmo. Aínda queda xente maior que fala así.A min, obviamente, marcoume moito, e a miña novela “Xeración Perdida” está ambientada absolutamente en Vigo. E o resto dasmiñas novelas, case que ningunha transcurre en ningunha cidade en particular, pero en canto les un pouco decátaste que é de Vigo,sempre, da cidade que estou a falar.Francisco Castro1. Que nos podería comentar daquel Vigo no que vostede naceu do último cuarto do século pasado? Até que punto esta próspera emariñeira cidade, con outras realidades sociais, marcaron a súa futura obra literaria? Que ten realmente Vigo para xa dende apropia Idade Media ser berce de grandes autoras e autores para a nosa literatura?2. Sabemos que non escribiu ningún poemario, pero en cambio si ten poemas no seu blog e en obras compartidas. Pode significariso que poidamos gozar algún día da súa poesía?Hai moito tempo que teño rematado un poemario. Pero, a día de hoxe, aínda non me decidín a publicalo. Mentres, en efecto, voufacendo de “poeta de contrabando”, e case que sempre que me piden un texto para un libro colectivo, ou me convidan a falarnalgún sitio, meto un poema meu.3. Traballar na Editorial Galaxia debe colmar a ilusión de calquera que ame á nosa literatura. Que supón para Vostede este feito?Axúdao no seu labor de creación literaria? Como recibiu Vostede, un amante da ferramenta da internet como animación álectura, a chegada do libro electrónico?Traballar en Galaxia é un luxo e un estímulo diario. É moito máis ca unha editorial. É un referente do noso país. Así que,evidentemente, estou feliz por poder adicarme a este traballo de editor e nunha casa como Galaxia. E si, claro que axuda no meulabor literario. A fin de contas, estou todo o día en contacto coa literatura, lendo historias doutros autores e autoras, facendolibros… vivo todo o tempo na literatura, tamén dende un punto de vista profesional.Sobre o libro electrónico direi que, sendo tamén un amante do papel, creo que é a nosa responsabilidade tentar facer bos produtoselectrónicos en galego. Non podemos ir contra dos tempos. Temos que estar neles.martes 14 de mayo de 2013
  3. 3. Sen dúbida. Eu sempre digo que a miña literatura é política, no senso máis claro da palabra “polis”. Creo que o escritor ten queser fillo da súa época, e a min interésame a miña época, intervir nela, na medida do posible, mellorala se é que podo. O blognaceu tamén para iso, para falar do mundo, para opinar, para xerar debate.Francisco Castro4. A variedade de temas (erotismo, mundo das drogas, historia, antiviolencia...) que trata na súa obra pódese dicir que tratanos aspectos máis salientables da sociedade? Se isto é así, pódese considerar que unha das razóns polas que ten un blog éestar máis en contacto coa sociedade e a actualidade?5. A pesar de que escribe en galego, ten libros traducidos a outros idiomas erecoñecementos a nivel nacional e internacional (lista de honra no IBBY). Supóniso para Vostede un orgullo tendo en conta que escribe nunha linguaminorizada, non minoritaria como vostede mesmo dixo?Unha satisfacción evidente. Eu sempre digo que escribo na lingua do meu país peropara que me lean en todo o mundo. E cada tradución que chega, ou cando recibes unrecoñecemento a nivel internacional, a felicidade é grande porque os que escribimosqueremos ter lectores. Eu sempre digo que non ten mérito escribir en galego. Ositalianos fano en italiano, e os ingleses en inglés. Un escritor galego debe facelo engalego. Pero aspirando a chegar, dende a lingua na que se escribe, a lectores que tepoidan ler noutra.6. Chámanos a atención que, a pesar de que Vostede preside GALIX, sexa moi pouca a súa produción para os máis xoves. Comose podería xustificar este feito? Que pensa Vostede desas subdivisións en anos ás que moitas das coleccións de literaturainfantil e xuvenil están sometidas?Non é tan pouca. Publiquei “Un bosque cheo de faias”, “Chamádeme Simbad”, “O segredo de Marco Polo” e, con Fina Casalderrey,“O neno can”. Aínda son libros… mais o certo é que eu comecei publicando só para adultos. E síntome un autor que traballa paratodos os chanzos de idade. Esas subdivisións son necesarias, e son reais. Unha historia como Chamádeme Simbad que eu escribínpara que a mocidade de arredor de 10-12 anos entendese que é o Alzheimer, se chego a escribilo para un público adulto, sáemedoutra maneira.martes 14 de mayo de 2013
  4. 4. Esa frase é miña e coido que si. Hai que crer nas posibilidades da fantasía, da imaxinación. Iso dános liberdade porque vivimosnegando a frialdade absurda deste mundo gobernado polos mercados e as cifras económicas. Para crear beleza hai que vivir nafantasía. Radicalmente si.Francisco Castro7. Para escribir boa narrativa hai que “vivir no disparate da fantasía”?8. No seu blog afirma que, en realidade, non existe conflito lingüístico, que iso é tan só unha forma de despistarnos da verdadeirarealidade sempre e cando non se deixe de lado a lingua. É o seu traballo en Galaxia unha ferramenta para non se despistar? Queoutras ferramentas e actividades bota en falta para que a nosa lingua teña perante súa “mil primaveras máis”?O conflito lingüístico foi inventado artificialmente por certos sectores antigalegos con finalidades claramente políticas. En Galaxia,como dende Gálix ou dende a nosa actitude de galegofalantes naturais e sen complexos, centrámonos no importante, que é ocoidado e espallamento do tesouro máis grande deste país que é a súa lingua.9. Vostede debe presentar a súa obra a bastantes premios, dos que ten gañado abondos. Sonestes premios necesarios para que a nosa literatura acade un lugar propio na culturauniversal?Hai moito que xa non me presento a nada… sen dúbida son importantes. A pesar de que haicolegas escritores que refugan deles, eu son un gran defensor. A min, persoalmente, os premiosabríronme camiños, á publicación en primeiro lugar, pero tamén fronte de min mesmo e domeu traballo, que vin recompensado. A literatura é un exercicio moi solitario, no que botasmeses, ou anos, traballando no silenzo da túa casa. Cando recibes un premio, dalgunhamaneira, veslle sentido a ese esforzo, non polo premio en si ou os cartos (o premio que máisme gustou recibir foi, e por tres veces, o “Frei Martín Sarmiento”, que non ten dotacióneconómica e que che dan os escolares galegos sen que ti te presentes para premiar a obra quemáis lles gustou do ano pasado), senón porque ves que hai un mínimo de calidade que outraxente, o xurado neste caso, valora.martes 14 de mayo de 2013
  5. 5. Francisco Castro10. Lemos nun artigo que Vostede escribe “a escuras e descalzo”. Pódense considerar manías como escritor? Ten algunha máis?Sen dúbida é unha manía. E teño outras, claro. Pero vou quedar como un tipo raro se as conto…11. Aquí na Estrada xa acadou Vostede dous dos principais premios (de novela ede xornalismo) que neste pobo se convocan. Cando neste pobo poderemosver de novo a súa obra premiada ou ben é que os/as escritores/-as non soenrepetir unha vez gañado un certame?12. Nunha entrevista vostede fala da cultura galega e das industrias culturais. Vostede afirma que a cultura galega non sofreningún perigo pero si as industrias culturais. A que se refire con iso? Como cre que poderiamos evitalo?Cando me deron o “García Barros” despois do “Reimóndez Portela”, dixen, nodiscurso de agradecemento, que tiña que ir vivir á Estrada do ben que metrataban alí, e que algún día tiña que gañar o Avelina Valladares de poesía. Asíque aínda vou ter que presentar o poemario…A cultura galega, sobre todo a literatura, goza de moi boa saúde. Os nosos libros están á altura de calquera outro dos que sepublican en calquera lingua do mundo. Outra cousa son as empresas que creamos, producimos e difundimos a cultura, queestamos a pasalo mal. Pola crise, sen dúbida. Pero tamén por unha administración que non axuda, que non apoia, que nonpromove a pesar de que, por lei, están absolutamente obrigados a facelo.Para saír desa situación sería importante que os galegos e galegas apoiasen a nosa industria cultural mercando libros en galego,acudindo aos teatros, aos concertos… a situación é moi grave, están pechando librarías e o sector editorial perdendo postos detraballo todos os días. Estamos pasándoo mal, certamente.martes 14 de mayo de 2013
  6. 6. Francisco Castro13. E para rematarmos, actualmente traballa na comunicación pero, a pesar diso, vostede critica no seu blog o silencio demoitos acontecementos polos medios de comunicación. Pode ser unha das razóns polas que a súa literatura trate temasactuais e problemáticos da sociedade?Si, xa o dixen antes. Escribo, tamén, para cambiar o mundo. Para alzar a voz das que non a teñen. Para defender a miña idea darealidade.martes 14 de mayo de 2013
  7. 7. CUESTIONARIOmartes 14 de mayo de 2013
  8. 8. A praia da Punta, enTeis. monumentonatural.Un monumentosalientábel?Celso Emilio Ferreiro e asúa obra completa.Un/ha autor/-a e unha obraliteraria galegos?Balbino. “Oestranxeiro” de Camus.Un personaxe galego eun estranxeiro?Borges. “O Principiño”.Un/ha autor/-a e unha obraliteraria estranxeiros?Literario, ningún.Un personaxe literario co que seidentifique?“Forrest Gump”.Unha película de cine?“Un tranvíachamado desexo”.Unha obra teatral?Tocar a guitarra eléctricacos amigos.Outro entretementoademais da lectura?martes 14 de mayo de 2013
  9. 9. Mellorar como guitarrista.Un anceio por realizar?Urbanita. PraiaMundo rural/urbano?Praia/montaña?Londres. Tamén Londres.Un lugar para visitar? e un lugar paradescansar?Os anos sesenta doséculo pasado.Un feito histórico?Non hai utopías.Todo é posible se sequere.Unha utopía?Calquera. Leo no salón coatele posta, en aeroportos,nos parques, pola rúa…Un lugar axeitado para alectura?Rock and roll.“Something”, dosBeatles.Un tipo de música? Unhacanción?Creo que ningún.Un/ha autor/-a con quen seidentifique? A vida.Cal é a súa fonte deinspiraciónmartes 14 de mayo de 2013

×