SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
Aníbal C. Malvar
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
ANÍBAL C. MALVAR, (A Coruña, 1964), escritor e
xornalista, destaca especialmente pola súa novela
negra en obras como Un home que xaceu aquí ou A
man dereita (Premio de Novela Manuel García
Barros, 1994) ou Unha noite con Carla (Premio
Xerais, 1995). Tamén participou na creación de
guións de cómics (A irmandade dos lectores
tristes / Flores desde Hiroshima...).
martes 3 de febrero de 2015
Non son diatribas, pero sí polémicas. Vexo na Rae que diatriba é “discurso o escrito violento e injurioso contra alguien o algo”. A inxuria e
a violencia non van comigo. Aínda que de cando en vez goste de ser un pouco insultante. Se a realidade insulta, cómpre insultar á
realidade. Estamos nun tempo no que a palabra ten que ser violenta, porque se non acabaremos nun mundo de violencia sen palabras. Vou
transcibirvos un poema de Juan Gelman, para que saibades que a palabra non só está imposibilitada para a violencia, senón que ademais
non val para nada (o que non deixa de ser fermoso)
Aníbal C. Malvar
1. Que sente cando falan de Vostede empregando a palabra “polémico”? Será que cando unha persoa polemiza fai que as persoas, os
pensamentos, a sociedade... cobren vida ao se mergullar nesa diatriba?
mientras el dictador o burócrata de turno hablaba
en defensa del desorden constituido del régimen
él tomó un endecasílabo o verso nacido del encuentro
entre una piedra y un fulgor de otoño
afuera seguía la lucha de clases/el
capitalismo brutal/el duro trabajo/la estupidez/
la represión/la muerte/las sirenas policiales cortando
la noche/él tomó el endecasílabo y
con mano hábil lo abrió en dos cargando
de un lado más belleza y más
belleza del otro/cerró el endecasílabo/puso
el dedo en la palabra inicial/apretó
la palabra inicial apuntando al dictador o burócrata
salió el endecasílabo/siguió el discurso/siguió
la lucha de clases/el
capitalismo brutal/el duro trabajo/la estupidez/la represión/
[la muerte/las sirenas policiales cortando la noche
este hecho explica que ningún endecasílabo derribó hasta
[ahora
a ningún dictador o burócrata aunque
sea un pequeño dictador o un pequeño burócrata/y también
[explica que
un verso puede nacer del encuentro entre una piedra y un fulgor
[de otoño o
del encuentro entre la lluvia y un barco y de
otros encuentros que nadie sabría predecir/o sea
los nacimientos/ casamientos/ los
disparos de la belleza incesante
Recibindo un recordo polo XXV aniversario do premio de novela Manuel García Barros. Cidade da cultura, decembro 2013.
martes 3 de febrero de 2015
Aníbal C. Malvar
2. Os seus comezos literarios foron en galego, os seus éxitos (premios, edicións...) neste mesmo idioma... Por que non vemos obras
publicadas por Vostede dende hai máis dunha década?
Escribín La balada de los miserables despois de 14 anos desde Á de mosca. Levo 15 anos en Madrid. Apetecíame escribir en castelán.
Parece mentira, pero a distancia inflúe nestas chorradas. Non hai unha razón. Supoño que podería enumerar miles de sinrazóns.
3. Que sente un escritor cando en dous anos seguidos acada dous dos premios máis relevantes da nosa narrativa (“García Barros” e
“Xerais”)?
Un pouco de peso máis na conta corrente. Nada. Os premios son unha axuda inxusta e magnífica. Sabes que é inxusta, porque sería
estúpido pensar que non se presentou unha novela mellor ca túa. E é magnífica, porque permite a un escritor fuxir uns cantos meses
para escribir unha nova novela. Sentín vergoña lírica e tranquilidade monetaria.
Co alumnado de literatura galega do século XX e da actualidade e demais galardoados na Cidade da Cultura
martes 3 de febrero de 2015
Non é unha cuestión de xénero. Para min, Os Miserables de Victor Hugo é xa unha novela negra. Todo é novela negra. A corrupción,
o delito e a infamia son o cerne da nosa civilización. Tal e como están os contratos agora, se escrebes unha novela de amor só
podes contar a vida das personaxes no polvo que botan de 00.05 a 00.10. O resto do tempo están traballando ou durmindo. Non
existe a novela negra. O que existe é a realidade negra.
Aníbal C. Malvar
4. Vostede deuse a coñecer na nosa literatura coa obra Un home que xaceu aquí, unha novela negra que vai marcar o seu percorrer
por este xénero en case toda a súa novelística. Por que este xénero?
5. Aquela andaina comezada con Crime en Compostela da novela negra en galego desde logo que tivo un forte enraizamento
(Vostede, Domingo Villar, Miguel Anxo Fernández...) na nosa narrativa...
Insisto no mesmo que dixen na resposta anterior, compañeiros. Quizais poderiamos matizar agora que a novela negra pode ser
unha “forma”. É dicir: un xeito de escribir, unha fórmula para contar determinadas historias. Pero non. A esmorga é unha novela
negra. O Falcón Maltés indaga máis ca ningunha outra novela o behaviorismo (desculpade pola pedantería, pero así vos enteirades
do que é o behaviorismo: son un prepotente e un cabrón). Non hai novelistas negros, hai paletos que lle poñen etiquetas aos
novelistas.
6. Con todo, neste tipo de novela encontramos dúas opcións: aquela onde o protagonista é un profesional e aquelas (como ocorre
abondo con Vostede) nas que o/a protagonista é outra personaxe distinta, non detectivesca…
Sí hai policías en A man dereita, en Unha noite con Carla, en Á de mosca e en La balada de los miserables. Pero detectives, apenas.
Pois a de detective é unha profesión bastante vulgar. Vázquez Montalbán dignificouna --tanto a profesión como a literatura
detectivesca--. . P
En todo caso, non me importa demasiado a investigación. Prefiro tramas simples e previsibles, e que a sorpresa consista en
mostrar con cordialidade os crimes que vemos con indiferencia todos os días. Son un criminal moi ben educado.
martes 3 de febrero de 2015
Hai una novela de Horace McCoy que se titula Os sudarios non teñen petos. Lédea. O xornalista é tan literario porque a de
xornalista é a profesión máis arrisacada do mundo: en canto escrebes a túa primeira frase, pos en perigo unha vida: a da túa
dignidade.
Aníbal C. Malvar
7. E claro, o mundo do xornalismo -protagonistas xornalistas- non podía estar alleo ás diferentes tramas tanto de novelas
anteriores (Crime en Compostela) como nas súas...
8. Tamén soemos encontrar abondo nas súas novelas o drama dos barrios, incluso como espazos novelescos (chabolismo...),
alcoholismo... A que se debe o emprego deste submundo? Pretende concienciar con esta crúa realidade ao/á lector/-a?
No é cuestión de concienciar. É o mundo no que vivo. A rúa. Se algunha vez me vedes no despacho dun político, será só porque
invita a bo whisky. Non por información do que realmente pasa. A información, a verdade, a realidade, o que cómpre contar, está
na rúa. No submundo viven a meirande parte dos homes e mulleres. Cando vos fagades maiores aprenderedes que mundo e
submundo son sinónimos. Non o tomedes como unha afirmación pesimista. ¿Permitídesme volver a ser pedante convosco e citarme
a min mesmo? Vale. Graciñas, banda de capullos e capullas. "As flores máis fermosas nacen nos vertedeiros". O submundo é o
mundo. O que nunca será o mundo "es la calle Serrano".
9. No ano 1994 resultou gañador do “Premio de novela Manuel García Barros” con A man dereita. Aquí xa encontramos outros
mundos tamén moi presentes para calquera xornalista como pode ser o mundo da política...
A política non é un mundo aparte. A política é o pobo. A rúa. O que pasa é que a xente que camiña pola rúa se nega a admitir esa
responsabilidade, e delega o seu exercicio nuns ineptos.
martes 3 de febrero de 2015
Aníbal C. Malvar
10. E un ano despois outro gran premio (“Xerais”) coa obra Unha noite con Carla e volta a recrear, o mundo da política... Será que
nesta temática un xornalista se sente a gusto fabricando novelas de intriga, negras...?
Non, pero Hemingway dicía sempre que só se debe escribir do que se coñece ben. Se
escrebes sobre un pescador, tes que saber naufragar. Eu escribín nos meus libros cousas
que non caben nun artigo. O que intúes detrás do que comprobas. Escribín o que o
xornalista Aníbal Malvar intuía na sombra. Isto quedoume de premio Nobel ex aequo. O
que tento dicir, é non é doado, é que cando es xornalista hai cousas que sabes que son
certas pero que xamais conseguirás demostrar con probas. E non é unha mala premisa
para poñerse a facer, literaria e non literariamente, o gamberro. E contalas.
11. E vistas estas obras, as súas temáticas, intrigas, suspense... nunca houbo intentos de
levar algunha delas ao cinema?
12. E vemos que ultimamente a súa pluma se inclinou cara á escrita tamén en castelán coa obra La balada de los miserables, pero
sen abandonar temática, estrutura, tipo de novela das súas orixes na novelística galega. Por que este novo camiño noutro
idioma? Pensa volver a escribir e publicar no noso idioma?
Sí, algunha houbo. De feito, a primerira película da productora de Celda 211 está
baseada nun guión meu: "As loiras prefírenos cabaleiros". Preguntade ao profesor sobre
Billy Wilder, caterva de analfabetos.
Como nos bicos, é a lingua a que te elixe a ti. Non ti á lingua.
martes 3 de febrero de 2015
14. E xa rematando no xornalismo, vemos que moitos dos protagonistas das súas críticas son personaxes inseridos no poder político,
económico... Non ten medo que lle poidan aparecer pedras no seu camiño tiradas por estas personaxes?
Aníbal C. Malvar
Non. Aínda que non o atopo nos diccionarios das reais academias, creo que xornalismo e medo son antónimos.
13. E tamén se mergullou no mundo do cómic (Flores desde Hiroshima / A maldición dos Velasco...) Por que mergullarse neste
xénero? Que ten este xénero que non teña a narrativa?
Nada. Non elixes onde te metes. Eu necesitaba pasta, e saiu un proxecto de Caixa Galicia e presentei un guión. Despois me puxeron
en contacto co debuxante Fausto G. Isorna, e máis tarde engadimos ao guionista Rober G. Méndez. O único que sabía algo de cómic
era Fausto. Eu non lera un cómic na miña puta vida. Pero é como deben ser as cousas. Embarcáste nun barco de tres e non hai
capitán. Só hai tres mariñeiros. Foi algo precioso. O cómic é unha forma de narrativa especial. Como o cine. Traballos en equipo. Se
eu tivera a autoridade para dar algún consello, que non a teño, daríavos un consello: traballade algunha vez en equipo con xente
que pelexe, discuta e saiba rir. E non por esta orde.
15. E finalmente, non soña cun mundo normalizado en Galiza onde Vostede se vexa escribindo, polemizando... en xornais galegos sen
ter que escribir en xornais de fóra?
Non. Para min fóra é dentro. Son un vagabundo. Nunca vin debuxada unha fronteira na terra. Cando as vexa, crerei nelas. Ou non.
Seguro que non.
Con diferentes gañadores e autoridades na Cidade da Cultura
martes 3 de febrero de 2015
CUESTIONARIO
martes 3 de febrero de 2015
Calquera amigo ou amiga ou
amada, camiñando. Eses son os meus
monumentos. Nos museos só atopo
falsificacións.
Un monumento
salientábel?
O Ulises, de Xoyce.Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Nunca coñecín
suficientemente ás
persoas para admirar a
personaxes.
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Lelia Doura.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Sherlock Holmes, pero
en promiscuo.
Un personaxe literario co que
se identifique?
Calquera persoa. Non é unha
cuestión de inspiración, senón de
respiración. Se respiras profundo a
carón da xente, tes nos pulmóns toda
a vida. E quizais poidas contala.
Cal é a súa fonte de
inspiración
O home que matou a
Liberty Vallance.
Unha película de cine?
Unha obra teatral?
The Importance of
Being Earnest, sen
dúbida algunha. Non
hai nada máis
trascendente que a
frivolidade.
martes 3 de febrero de 2015
Estar convosco en troque
de mandar esta merda de
texto por mail.
Un anceio por realizar?
Para contestar esta pregunta
tería que mirar un mapa, e
xamais levamos mapas os
vagabundos.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Non me gusta visitar, góstame viaxar.
Non me gusta descansar, góstame non
facer (casi) nada.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Mañá.
Un feito histórico?
Unha non. Todas.Unha utopía?
Debaixo dun libro.
Un lugar axeitado para a
lectura?
O tarará da miña taberneira
pelirroxa cando me esperta. Nunca
sei qué canción nin qué tipo de
música é. Terei que preguntarlle aosexpertos.
Un tipo de música? Unhacanción?
Con Aníbal Malvar.
Pobre.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Teño certa afección a suicidarme, a
non eludir con elegancia todo tipo de
sustancias estupefacientes, e a saltar
desnudo sobre damas despistadas. Polo
demais, prefiro a literatura.
Outro entretemento
ademais da literatura?
martes 3 de febrero de 2015

More Related Content

What's hot

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Dossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosquesDossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosquesA_RR
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivastudense
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela
 

What's hot (20)

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Dossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosquesDossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosques
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Anton Riveiro Coello
Anton Riveiro CoelloAnton Riveiro Coello
Anton Riveiro Coello
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Xabier p docampo
Xabier p docampoXabier p docampo
Xabier p docampo
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 

Similar to Entrevista Anibal C. Malvar

Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaAsnosasletras
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Guía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAGuía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAMarlou
 
Carlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevistaCarlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevistaAsnosasletras
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010xenevra
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 

Similar to Entrevista Anibal C. Malvar (20)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdfLibro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
 
O meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatosO meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatos
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Guía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAGuía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGA
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Carlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevistaCarlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevista
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 

More from Asnosasletras

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

More from Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Entrevista Anibal C. Malvar

  • 1. Aníbal C. Malvar Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados ANÍBAL C. MALVAR, (A Coruña, 1964), escritor e xornalista, destaca especialmente pola súa novela negra en obras como Un home que xaceu aquí ou A man dereita (Premio de Novela Manuel García Barros, 1994) ou Unha noite con Carla (Premio Xerais, 1995). Tamén participou na creación de guións de cómics (A irmandade dos lectores tristes / Flores desde Hiroshima...). martes 3 de febrero de 2015
  • 2. Non son diatribas, pero sí polémicas. Vexo na Rae que diatriba é “discurso o escrito violento e injurioso contra alguien o algo”. A inxuria e a violencia non van comigo. Aínda que de cando en vez goste de ser un pouco insultante. Se a realidade insulta, cómpre insultar á realidade. Estamos nun tempo no que a palabra ten que ser violenta, porque se non acabaremos nun mundo de violencia sen palabras. Vou transcibirvos un poema de Juan Gelman, para que saibades que a palabra non só está imposibilitada para a violencia, senón que ademais non val para nada (o que non deixa de ser fermoso) Aníbal C. Malvar 1. Que sente cando falan de Vostede empregando a palabra “polémico”? Será que cando unha persoa polemiza fai que as persoas, os pensamentos, a sociedade... cobren vida ao se mergullar nesa diatriba? mientras el dictador o burócrata de turno hablaba en defensa del desorden constituido del régimen él tomó un endecasílabo o verso nacido del encuentro entre una piedra y un fulgor de otoño afuera seguía la lucha de clases/el capitalismo brutal/el duro trabajo/la estupidez/ la represión/la muerte/las sirenas policiales cortando la noche/él tomó el endecasílabo y con mano hábil lo abrió en dos cargando de un lado más belleza y más belleza del otro/cerró el endecasílabo/puso el dedo en la palabra inicial/apretó la palabra inicial apuntando al dictador o burócrata salió el endecasílabo/siguió el discurso/siguió la lucha de clases/el capitalismo brutal/el duro trabajo/la estupidez/la represión/ [la muerte/las sirenas policiales cortando la noche este hecho explica que ningún endecasílabo derribó hasta [ahora a ningún dictador o burócrata aunque sea un pequeño dictador o un pequeño burócrata/y también [explica que un verso puede nacer del encuentro entre una piedra y un fulgor [de otoño o del encuentro entre la lluvia y un barco y de otros encuentros que nadie sabría predecir/o sea los nacimientos/ casamientos/ los disparos de la belleza incesante Recibindo un recordo polo XXV aniversario do premio de novela Manuel García Barros. Cidade da cultura, decembro 2013. martes 3 de febrero de 2015
  • 3. Aníbal C. Malvar 2. Os seus comezos literarios foron en galego, os seus éxitos (premios, edicións...) neste mesmo idioma... Por que non vemos obras publicadas por Vostede dende hai máis dunha década? Escribín La balada de los miserables despois de 14 anos desde Á de mosca. Levo 15 anos en Madrid. Apetecíame escribir en castelán. Parece mentira, pero a distancia inflúe nestas chorradas. Non hai unha razón. Supoño que podería enumerar miles de sinrazóns. 3. Que sente un escritor cando en dous anos seguidos acada dous dos premios máis relevantes da nosa narrativa (“García Barros” e “Xerais”)? Un pouco de peso máis na conta corrente. Nada. Os premios son unha axuda inxusta e magnífica. Sabes que é inxusta, porque sería estúpido pensar que non se presentou unha novela mellor ca túa. E é magnífica, porque permite a un escritor fuxir uns cantos meses para escribir unha nova novela. Sentín vergoña lírica e tranquilidade monetaria. Co alumnado de literatura galega do século XX e da actualidade e demais galardoados na Cidade da Cultura martes 3 de febrero de 2015
  • 4. Non é unha cuestión de xénero. Para min, Os Miserables de Victor Hugo é xa unha novela negra. Todo é novela negra. A corrupción, o delito e a infamia son o cerne da nosa civilización. Tal e como están os contratos agora, se escrebes unha novela de amor só podes contar a vida das personaxes no polvo que botan de 00.05 a 00.10. O resto do tempo están traballando ou durmindo. Non existe a novela negra. O que existe é a realidade negra. Aníbal C. Malvar 4. Vostede deuse a coñecer na nosa literatura coa obra Un home que xaceu aquí, unha novela negra que vai marcar o seu percorrer por este xénero en case toda a súa novelística. Por que este xénero? 5. Aquela andaina comezada con Crime en Compostela da novela negra en galego desde logo que tivo un forte enraizamento (Vostede, Domingo Villar, Miguel Anxo Fernández...) na nosa narrativa... Insisto no mesmo que dixen na resposta anterior, compañeiros. Quizais poderiamos matizar agora que a novela negra pode ser unha “forma”. É dicir: un xeito de escribir, unha fórmula para contar determinadas historias. Pero non. A esmorga é unha novela negra. O Falcón Maltés indaga máis ca ningunha outra novela o behaviorismo (desculpade pola pedantería, pero así vos enteirades do que é o behaviorismo: son un prepotente e un cabrón). Non hai novelistas negros, hai paletos que lle poñen etiquetas aos novelistas. 6. Con todo, neste tipo de novela encontramos dúas opcións: aquela onde o protagonista é un profesional e aquelas (como ocorre abondo con Vostede) nas que o/a protagonista é outra personaxe distinta, non detectivesca… Sí hai policías en A man dereita, en Unha noite con Carla, en Á de mosca e en La balada de los miserables. Pero detectives, apenas. Pois a de detective é unha profesión bastante vulgar. Vázquez Montalbán dignificouna --tanto a profesión como a literatura detectivesca--. . P En todo caso, non me importa demasiado a investigación. Prefiro tramas simples e previsibles, e que a sorpresa consista en mostrar con cordialidade os crimes que vemos con indiferencia todos os días. Son un criminal moi ben educado. martes 3 de febrero de 2015
  • 5. Hai una novela de Horace McCoy que se titula Os sudarios non teñen petos. Lédea. O xornalista é tan literario porque a de xornalista é a profesión máis arrisacada do mundo: en canto escrebes a túa primeira frase, pos en perigo unha vida: a da túa dignidade. Aníbal C. Malvar 7. E claro, o mundo do xornalismo -protagonistas xornalistas- non podía estar alleo ás diferentes tramas tanto de novelas anteriores (Crime en Compostela) como nas súas... 8. Tamén soemos encontrar abondo nas súas novelas o drama dos barrios, incluso como espazos novelescos (chabolismo...), alcoholismo... A que se debe o emprego deste submundo? Pretende concienciar con esta crúa realidade ao/á lector/-a? No é cuestión de concienciar. É o mundo no que vivo. A rúa. Se algunha vez me vedes no despacho dun político, será só porque invita a bo whisky. Non por información do que realmente pasa. A información, a verdade, a realidade, o que cómpre contar, está na rúa. No submundo viven a meirande parte dos homes e mulleres. Cando vos fagades maiores aprenderedes que mundo e submundo son sinónimos. Non o tomedes como unha afirmación pesimista. ¿Permitídesme volver a ser pedante convosco e citarme a min mesmo? Vale. Graciñas, banda de capullos e capullas. "As flores máis fermosas nacen nos vertedeiros". O submundo é o mundo. O que nunca será o mundo "es la calle Serrano". 9. No ano 1994 resultou gañador do “Premio de novela Manuel García Barros” con A man dereita. Aquí xa encontramos outros mundos tamén moi presentes para calquera xornalista como pode ser o mundo da política... A política non é un mundo aparte. A política é o pobo. A rúa. O que pasa é que a xente que camiña pola rúa se nega a admitir esa responsabilidade, e delega o seu exercicio nuns ineptos. martes 3 de febrero de 2015
  • 6. Aníbal C. Malvar 10. E un ano despois outro gran premio (“Xerais”) coa obra Unha noite con Carla e volta a recrear, o mundo da política... Será que nesta temática un xornalista se sente a gusto fabricando novelas de intriga, negras...? Non, pero Hemingway dicía sempre que só se debe escribir do que se coñece ben. Se escrebes sobre un pescador, tes que saber naufragar. Eu escribín nos meus libros cousas que non caben nun artigo. O que intúes detrás do que comprobas. Escribín o que o xornalista Aníbal Malvar intuía na sombra. Isto quedoume de premio Nobel ex aequo. O que tento dicir, é non é doado, é que cando es xornalista hai cousas que sabes que son certas pero que xamais conseguirás demostrar con probas. E non é unha mala premisa para poñerse a facer, literaria e non literariamente, o gamberro. E contalas. 11. E vistas estas obras, as súas temáticas, intrigas, suspense... nunca houbo intentos de levar algunha delas ao cinema? 12. E vemos que ultimamente a súa pluma se inclinou cara á escrita tamén en castelán coa obra La balada de los miserables, pero sen abandonar temática, estrutura, tipo de novela das súas orixes na novelística galega. Por que este novo camiño noutro idioma? Pensa volver a escribir e publicar no noso idioma? Sí, algunha houbo. De feito, a primerira película da productora de Celda 211 está baseada nun guión meu: "As loiras prefírenos cabaleiros". Preguntade ao profesor sobre Billy Wilder, caterva de analfabetos. Como nos bicos, é a lingua a que te elixe a ti. Non ti á lingua. martes 3 de febrero de 2015
  • 7. 14. E xa rematando no xornalismo, vemos que moitos dos protagonistas das súas críticas son personaxes inseridos no poder político, económico... Non ten medo que lle poidan aparecer pedras no seu camiño tiradas por estas personaxes? Aníbal C. Malvar Non. Aínda que non o atopo nos diccionarios das reais academias, creo que xornalismo e medo son antónimos. 13. E tamén se mergullou no mundo do cómic (Flores desde Hiroshima / A maldición dos Velasco...) Por que mergullarse neste xénero? Que ten este xénero que non teña a narrativa? Nada. Non elixes onde te metes. Eu necesitaba pasta, e saiu un proxecto de Caixa Galicia e presentei un guión. Despois me puxeron en contacto co debuxante Fausto G. Isorna, e máis tarde engadimos ao guionista Rober G. Méndez. O único que sabía algo de cómic era Fausto. Eu non lera un cómic na miña puta vida. Pero é como deben ser as cousas. Embarcáste nun barco de tres e non hai capitán. Só hai tres mariñeiros. Foi algo precioso. O cómic é unha forma de narrativa especial. Como o cine. Traballos en equipo. Se eu tivera a autoridade para dar algún consello, que non a teño, daríavos un consello: traballade algunha vez en equipo con xente que pelexe, discuta e saiba rir. E non por esta orde. 15. E finalmente, non soña cun mundo normalizado en Galiza onde Vostede se vexa escribindo, polemizando... en xornais galegos sen ter que escribir en xornais de fóra? Non. Para min fóra é dentro. Son un vagabundo. Nunca vin debuxada unha fronteira na terra. Cando as vexa, crerei nelas. Ou non. Seguro que non. Con diferentes gañadores e autoridades na Cidade da Cultura martes 3 de febrero de 2015
  • 8. CUESTIONARIO martes 3 de febrero de 2015
  • 9. Calquera amigo ou amiga ou amada, camiñando. Eses son os meus monumentos. Nos museos só atopo falsificacións. Un monumento salientábel? O Ulises, de Xoyce.Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Nunca coñecín suficientemente ás persoas para admirar a personaxes. Un personaxe galego e un estranxeiro? Lelia Doura. Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Sherlock Holmes, pero en promiscuo. Un personaxe literario co que se identifique? Calquera persoa. Non é unha cuestión de inspiración, senón de respiración. Se respiras profundo a carón da xente, tes nos pulmóns toda a vida. E quizais poidas contala. Cal é a súa fonte de inspiración O home que matou a Liberty Vallance. Unha película de cine? Unha obra teatral? The Importance of Being Earnest, sen dúbida algunha. Non hai nada máis trascendente que a frivolidade. martes 3 de febrero de 2015
  • 10. Estar convosco en troque de mandar esta merda de texto por mail. Un anceio por realizar? Para contestar esta pregunta tería que mirar un mapa, e xamais levamos mapas os vagabundos. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Non me gusta visitar, góstame viaxar. Non me gusta descansar, góstame non facer (casi) nada. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Mañá. Un feito histórico? Unha non. Todas.Unha utopía? Debaixo dun libro. Un lugar axeitado para a lectura? O tarará da miña taberneira pelirroxa cando me esperta. Nunca sei qué canción nin qué tipo de música é. Terei que preguntarlle aosexpertos. Un tipo de música? Unhacanción? Con Aníbal Malvar. Pobre. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Teño certa afección a suicidarme, a non eludir con elegancia todo tipo de sustancias estupefacientes, e a saltar desnudo sobre damas despistadas. Polo demais, prefiro a literatura. Outro entretemento ademais da literatura? martes 3 de febrero de 2015