SlideShare a Scribd company logo
1 of 145
Download to read offline
Un libro, unha razón
CPI AS REVOLTAS
A forma verbal LEO é
presente con futuro.
Concha Blanco
María Canosa
Escritora, enxeñeira de Camiños, Canles e Portos
Bolboretas é para todos,
coma o amor, do que din
que tampouco ten idade.
María Canosa
Bolboretas, de Xabier Docampo, ilustrado por Xosé Cobas.
Elixino por moitas razóns. Unha é polo texto en si, unha marabilla, coma todas esas
historias que nos agasalla Xabier Docampo.  Sempre semella estármolo  escoitándoo, en
lugar de pasar os ollos por letras impresas. Neste caso, o texto é ben especial, pois Bolboretas
pode ser outro nome co que referirse ao Amor, dun xeito sutil e tremendamente elegante.
Por outra banda, as ilustracións. Por moito que as editoras clasifiquen os libros segundo as
idades ás que dirixirse, este non debera levar referencia algunha. Bolboretas é para todos,
coma o amor, do que din que tampouco ten idade. Xosé Cobas crea unhas imaxes tenras
pero afiadas, coma as arestas e as curvas do verdadeiro amor. Tons tenues que convidan á
reflexión.
Hai máis motivos. O traballo en equipo de autor e ilustrador, que crean un corpo común
indivisible, é outro deles. Como tamén o é potenciar un xénero ao que ás veces non se lles
presta a atención merecida: o álbum ilustrado. Poucas liñas condensando universos,
ilustracións indispensables na creación do ambiente.
Por todo isto, lede Bolboretas. E se ao chegar a un punto do relato sentides unha facéndovos
cóxegas no estómago, serei feliz.
Lucía Aldao
Escritora
A poesía non morde, máis
ben acariña e seduce…
Lucía Aldao
"A poesía non morde, máis ben acariña e seduce,
apréixanos docemente e é quen de atraparnos na
súa gaiola do tamaño do mundo. Xusto o que
debería ser un bo amante ou unha boa amante.
Por iso recomendo este libro de poemas de María
Lado, Amantes, porque nel están todas esas cousas
que se agradecen atopar no corpo alleo (e na
poesía)."
Miro Villar
Poeta, narrador, tradutor, profesor e crítico literario
Poucos libros falan así de
ben da relación entre unha
nai e a súa crianza.
Miro Villar
Recoméndovos o libro de poesía  oso, mamá, si?  de  María Lado, porque
poucos libros falan así de ben da relación entre unha nai e a súa crianza e por
ter versos fermosos coma estes:
para o oceáno
ti eras
só un neno de fanequeiras
vermellas que a area enterraba,
un brazo fortemente prendido da miña saia morada.
teño medo dos bichos, mami, dos bichilos do mar
e con forza collíaste da tea.
Suso Lista Neira
Actor e escritor
Despois de ler este libro
xa non vos aguanteredes sen
volver ler a Cunqueiro.
Suso Lista Neira
No universo Literario ó igual que nos outros é raro
atopar tesouros entre tanto como hai escrito, pero
cando isto acontece non hai maior pracer para un
lector. Foi o que me pasou a min con Cunqueiro.
Penso que é un xenio da Literatura mundial.
Recoméndovos Os outros feirantes, un libro de pequenos
relatos onde se retrata o mundo real e imaxinario
desta Galiza nosa. Uns relatos que de seguro vos
gustarán e farán gozar da lectura, algo que non todos
os autores poden ofrecer. Estou seguro que despois de
ler este libro xa non vos aguanteredes sen volver ler a
Cunqueiro.
Monti Castiñeiras
Actor
H is t o ri a s m á x i c a s d o
último dragón galego.
Monti Castiñeiras
"Unha tetraloxía que che fará vivir historias máxicas
do último dragón galego. Da man dos seus
protagonistas vivirás aventuras fantásticas. Moi
doada de ler e especialmente recomendable para
xente nova."
Antonio Reigosa
Escritor
Vivimos nun lugar do mundo
que reborda fantasía.
Antonio Reigosa
Escollín este libro por un triple motivo. O primeiro
porque é unha proposta pioneira na literatura galega.
Un segundo porque é un libro que mestura a partes
iguais a literatura de tradición oral (20 lendas), a
literatura, neste caso de creación poética (20 poemas)
e a ilustración (20 imaxes), que é outra maneira de
"escribir" unha historia. E o terceiro dos motivos
porque descubrín, xunto  Antonio García Teijeiro e
Xosé Cobas, no proceso de creación e ilustración
deste libro, que vivimos nun lugar do mundo que
reborda fantasía. 
José Muiños Dominguez
Veterinario e alcalde de Cabana de Bergantiños
E n o c a s i ó n s s e n t i n m e
identificado con Balbino.
José Muiños Dominguez
Chámome José Muiño. Son Veterinario de Profesión, e neste
momento fun elixido polos veciños de Cabana de Bergantiños
para exercer de Alcalde. O meu libro preferido, pola súa
importancia na miña infancia, é Memorias dun neno labrego. Eu
fun alumno do Colexio A Salle en Santiago, en réxime de
interno, e eu era un neno dunha aldea moi pequena nunha
cidade moi grande para o que eu coñecía. Por iso, en ocasións
sentinme identificado con Balbino, inda que eu non era pobre,
pero sentíame fóra do meu fogar e tamén "un ninguén".
David Cora Abeleiras
Profesor de Bioloxía e Xeoloxía CPI As Revoltas
Reinvindico a novela gráfica
coma un xeito lícito de ler
David Cora Abeleiras
Aínda que pode que debera ter elixido un libro de
temática biolóxica, non podo olvidarme da miña
parte friki e reinvindicar a novela gráfica coma un
xeito lícito de ler (para que aquelas persoas que
poñan como excusa a ausencia de debuxos teñan que
olvidala). Neste caso os dous tomos que vos ensino
pertencen a unha das épocas máis brillantes de
Batman, aquela na que Sale e Loeb se encargaron do
guión, debuxo e tintado do heroe de Gotham. Os
seus títulos: O longo Halloween e a súa continuación
Victoria escura, ambos da Editorial ECC, responsable
de DC comics en España.
Tito Asorey,
Actor e dramaturgo
Os pasos em volta
Herberto Helder
Elena Seijo
Actriz
É importante saber que hai
detrás do muro prohibido.
Elena Seijo
Lolo recoméndoo porque é un libro entrañable que
un amigo lle regalou á miña filla cando era
pequecha. Trata dun home aburrido que esquecera
o xeito de se divertir.
As bolboretas douradas recoméndoo porque é
importante saber que hai detrás do muro prohibido. 
Paco Nogueiras
Músico e actor
Onde se ve reflectido un
ambiente moi propio do noso
país.
Paco Nogueiras
A miña recomendación é a reedición feita por Kalandraka Editora do libro de
poemas Cantarolas de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. A poesía é un xénero
probablemente non moi próximo á xente máis nova, mais neste caso non é así.
Poemas curtos e moi variados onde se ve reflectido un ambiente moi propio do
noso país (a aldea, o campo, os animais, a terra, os nenos ...). Poemas que foron
musicados ao longo dos últimos 25 anos por diferentes artistas como poden ser
A Quenlla, Suso Vaamonde, Na Virada ou eu mesmo. Isto demostra a
musicalidade escondida nas composicións que tanto Anisia como Xosé teñen
integrado neste libro, facendo unha lectura rápida e variada moi aproveitada
para o traballo nas aulas. A presenza de animais e da natureza fai moito máis
agradable a lectura para o rapaz.Todo isto axudado polas marabillosas
ilustracións de Leandro Lamas, que logrou reflectir o espírito das composicións
perfectamente.Tiven a sorte de usar este libro na campaña de animación á
lectura polos centros escolares que fai Kalandraka tódolos anos, e podo dicir
que funciona moi ben entre a xente máis miúda. Recomendado para nen@s de
6-10 anos, mais todos poden gozar deste libro.
Lino Braxe
Actor, escritor e director de teatro
Encontrarse con William é
como atopar unha illa do
tesouro da que un nunca
quere marchar.
Lino Braxe
O TESOURO DE WILLIAM
Shakespeare sempre está aí. Agardando por nós. Esperando un
pequeno aceno de interese pola nosa parte, para penetrar nas
nosas vidas e non abandonarnos endexamais. O amor, a morte,
a traizón, a calumnia, os celos, a honra, o sexo, a dor, a loita
polo poder, a ambición, o racismo, a fidelidade, a amizade.
Todo está en Shakespeare. E todo dotado dunha acción e
dunha linguaxe únicas. Encontrarse con William é como
atopar unha illa do tesouro da que un nunca quere marchar.
Andrea Maceiras
Escritora
É unha obra luminosa, de
cor azul e sabor salgado.
Andrea Maceiras
"Escollín Nena e o mar porque é unha obra luminosa,
de cor azul e sabor salgado, que fala de mares
infinitos como a alma dos homes, salvaxes sereas,
unha vila con forma de balea e unha Nena capaz de
sucar as augas máis procelosas"
Fran Pérez, Narf
Músico
Unha pequena xoia da
literatura experimental.
Fran Pérez, Narf
O libro das pontes invisíbles/ The Book of invisible Bridges Xelís de
Toro é unha pequena xoia da literatura experimental editada
no Reino Unido na que o escritor,  performer e activista cultural
Xelís de Toro, convidou a artistas das máis variadas disciplinas
a realizar obras inspiradas nos poemas, textos e contos que
compoñen o libro. Editado en galego e en inglés na edición
orixinal  vai acompañado dun dvd que recolle os traballos de 
performance, pintura, danza, música, teatro, video arte, etc,
realizadas por un amplo elenco de artistas británicos e galegos
que conforman unha especie de versión audiovisual do propio
libro.
Pedro Feijoo
Escritor e músico
Por fin existía un novo xeito
de facer as cousas.
Pedro Feijoo
"Se eu tivese que quedar con nada máis un dos libros que lin naquel tempo “de entre
guerras” (xa sabedes, no paso do instituto á facultade), sería este, 
A sombra cazadora, de Suso de Toro. E seríao por moitas razóns…
Como xa teño dito en moitas ocasións, un dos grandísimos valores de Suso de Toro
foi o de aprendernos a toda unha xeración de rapazada galega que por fin existía un
novo xeito de facer as cousas. Suso demostrounos que a Literatura galega podía ser
outra historia, outra película. Unha ben máis moderna, por fin afastada do tópico
(do “topicazo”, diría eu...), onde os nenos xa non quedaban en labregos, e os homes
dicían “Corre, hostia, corre!” mentres corrían, hostia, corrían polas rúas da cidade.
Xa algo nos cheiráramos a finais dos 80, logo de ler outras obras súas, como Caixón
desastre, Ambulancia, ou a xenial Polaroid. Pero cando os anos 80 se converteron nos 90,
Suso tamén mudou. Para cando nos quixemos dar conta, el xa se convertera noutra
cousa...
Pedro Feijoo
Cando chegou A sombra cazadora, o noso libro, Suso xa se transformara nese
outro personaxe estraño, misterioso, que cada vez máis e máis iamos vendo
na tele ou no xornal: aquel escritor que, amais de dicir cousas tan interesantes
e falar tan clariño, chamándolles ás cousas polo seu nome, xamais tiraba as
gafas de sol. Hostia, neno, un escritor que sae na telegaita con gafas de sol! Pero isto que
é, como se fose unha puta estrela do rock?! Mooolaaa...
Por se isto fose pouco, o libro non quedaba atrás. A historia dos dous irmáns
pelexando contra aquela especie de Gran Hermano que xa todo o controlaba
desde o televisor moito antes de que o coñazo da Mercedes Milá aparecese
dando a tabarra en Tele 5. E outra vez aquelas fodidas gafas de sol... Que
carallo pasaba de repente con tanta gafa de sol?
De propina, resulta que este libro que vos propoño foi o que inaugurou a
colección “Fóra de xogo”, a grande serie que, desde o ano 1994, vén sendo
bandeira e galería da mellor literatura xuvenil en Galiza. Aí é nada... Lume!"
Concha Blanco
Mestra e escritora
Non deixará impasibles aos
lectores e lectoras.
Concha Blanco
Recomendo o título Rubicundo da autora María Canosa
publicado por Edicións Xerais, por ser un libro no que a
historia que nel se conta é moi orixinal, pracenteira e ben
tratada. Non deixará impasibles aos lectores e lectoras.Toda a
obra está envolta nun halo de tenrura emanada polos seus
personaxes e axudado tamén polas logradas ilustracións de
Dani Padrón. A nena Erea cada noite escoitaba o son da
bicicleta do seu veciño, un señor un tanto especial non só coa
vestimenta senón tamén coas actitudes, que a tiñan
desconcertada, ata que decidiu seguilo e así conseguir saber o
que realmente pasaba.
Xurxo Mariño
Doutor en Ciencias Biolóxicas, divulgador científico
Unha fiestra marabillosa
para penetrar na mente
sempre inqueda de Lupe.
Xurxo Mariño
NOVONEYRA:Ola Heidi. Tes as fazulas moi encarnadas. Estás namorada?
HEIDI:Estou embarazada de catro meses. Teño tantos poemas na barriga! Necesito
outra barriga para poder gardar tanta poesía.
ROSALÍA: Querido Tom Waits. Que fas dentro desta maza? Estás perdido no bosque?
Cantas tan ben como o gume desapaixonado dun coitelo con taquicardias e febre. Eu
estaba paseando tranquilamente polo bosque das palabras e caín dentro desta mazá.
TOM WAITS:Querida Rosalía, deberías dedicarte ao mundo dos programas
radiofónicos. A túa voz soa tan desconsolada, tan aritmética, tan fotográfica.


O de arriba son dous fragmentos dos Diálogos imposíbeis de Lupe Gómez, unha das
miñas poetas galegas favoritas. Lupe é desvergonzada, orixinal, intensa e, por veces,
moi divertida. Este libro, que é unha mestura de poesía e teatro, garda no seu interior
un feixe de diálogos surrealistas entre todo tipo de personaxes; galegos e internacionais,
vivos e mortos, reais e ficticios. Unha fiestra marabillosa para penetrar na mente
sempre inqueda de Lupe.
Avelino González
Actor
Inigualable en emoción e
calidade
Avelino González
Porca Terra de John Berger na tradución de Xoán
Abeleira editada en Rinoceronte. Un libro
inigualable en emoción e calidade á hora de falar da
xente de aldea, unha tradución marabillosa feita en
galego da montaña de Ourense. Un librazo!
Xabier Docampo
Mestre, actor e director de teatro
Obra de brillante beleza,
cheo de humor e de graza e
dunha intelixencia suprema.
Xabier Docampo
Leo Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro porque é unha obra mestra da nosa literatura. Como
podedes ver pola foto é unha edición antiga, de 1968, que sempre me acompañou (a primeira
era de 1955 e eu era moi pequeno para mercala). É un libro que me gusta moito e que releo de
cando en vez, e sempre me parece novo e sempre me descobre cousas que en lecturas anteriores
se me escaparan. É unha obra de brillante beleza, cheo de humor e de graza e dunha
intelixencia suprema. Certo que é o meu libro favorito do autor, pero podería dicir o mesmo de
calquera outro, tanto dos escritos en galego coma dos feitos en castelán, porque Cunqueiro é un
escritor que todo fixo ben: as novelas, os relatos, a poesía, o teatro, os artigos de prensa…
Recoméndovos moito que leades con frecuencia este autor porque é un gozo que moi poucos
outros vos poderá dar. Lédeo sen medo, porque canto máis o fagades máis vos ha gustar e mellor
o comprenderedes, Ah, e sempre teredes garantido un sorriso de satisfacción durante a lectura,
porque as súas obras son sempre moi divertidas.
Unha cousa máis. Por expreso desexo del, na tumba de Álvaro Cunqueiro lese este epitafio:
«Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis».
Apertas e que o voso corazón se vaia enchendo de fermosas historias.
David Bruzos
Deputado mas Cortes Xerais, profesor de Física e Química
Unha fantástica creación
literaria feita na nosa
terra.
David Bruzos
Gústame recomendar o Made in Galiza de Séchu Sende
tanto pola obra como polo seu autor. Unha fantástica
creación literaria feita na nosa terra, por un autor
comprometido e compañeiro de profesión, pois é profesor
de Lingua e Literatura en secundaria. Unha obra que
amosa a calidade artística que temos no noso país, e que
precisa poñerse en valor se ser recoñecida como tal. E, por
se fose pouco, unha obra coa que desfrutar da lectura con
42 relatos cos que nos sentiremos plenamente
identificadas. Agardo que a desfrutedes tanto coma min.
Pilar Neira
Mestra, presidenta Mudegá ex-selecionadora Galega fútbol.
…o soño de deixar soñar ás
nenas, mailos nenos
Pilar Neira
Quizais Manuel María, cos  Soños na gaiola, acade o
soño de deixar soñar ás nenas, mailos nenos, coa
liberdade precisa, imprescindíbel, para que sexan
capaces de seren eles mesmos, facendo que nós
sexamos con eles, neles, facendo realidade os nosos
soños, ata o agora engaiolados.
Caxade
Músico e mestre
Leitura crítica, metafórica
e atual
Caxade
O livro escolhido é Sopa Verde. Aínda que a autora, Ângela
Madeira, semelha ter a intençom neste livro infantil defazer-
lhes ver às crianças que devem comer detodo, seja ou nom
um alimento conhecido ou do seu agrando, gosto também
depensar numha leitura crítica, metafórica e atual, que é a
oposta à mais amável que lhe dá inicialmente a autora do
livro, e que vai da mão da poética do meu vídeo "Gente
Pota". Ás vezes pensamos que comemos sopa verde, mas
nom sabemos o que realmente nela nos botarom os que
governan a nossa alimentaçom ou a nossa vida em geral.
Federico Pérez Rey
Actor
Manancial
Xavier Manteiga
Pa ra m i n s u p u xo u n h a
entrada de aire fresco na
literatura galega.
Ramón Vilar Landeira
Escritor e periodista
Laura no deserto
Antón Riveiro Coello
Nalgunhas novelas aprendemos
que a vida hai que loitala e que
a única derrota é que outros a
vivan por ti.
Bocixa
Músico
Un clásico, un cómic,un
poemario e un libro-disco.
Bocixa
Recomendo catro traballos. Estou rodeado, he,he!:un o
clásico xa Made in Galiza de Séchu Sende, Castelao O Pobre
Tolo, cómic con guión de Inacio Vilariño e Iván Suárez no
debuxo (relata o desterro de Castelao a Badaxoz), Átonos
da carballesa Rosalía Fernández Rial e un recente libro
disco que se presentou en abril en directo en Compostela
nun concerto. Poemas de Manuel María coa Banda Fran Amile a
tribo incomprensíbel no que cantan Paula Romero (A
Gramola Gominola, De Vacas...), Belén Tajes, O Leo, MJ
Perez, Jasper e un tal Bocixa.
Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira
Actores
Os dous de sempre
Alfonso R. Castelao
Hai libros que unen moito.
Pódense ler entre dous…
De sempre!
Quico Cadaval
Actor e director de teatro
O tío Miseria
Enrique Labarta Pose
Cóntase en todas as culturas
do mundo, pero a no sa
versión é a mellor.
Diego Ameixeiras
Escritor e guionista
Imposible lela sen un sorriso
na boca.
Diego Ameixeiras
Triste, solitario y final, do arxentino Osvaldo Soriano
(1943-1977). Unha das miñas novelas preferidas.
Está chea de humor e melancolía. Imposible lela sen
un sorriso na boca. Imaxinades a Stan Laurel, o
mítico humorista do Gordo e o Fraco, querendo
contratar a un detective como Philip Marlowe? Xa
me contaredes!
Mª Carmen Méndez
Mestra infantil CPI As Revoltas
O principiño
Antoine de Saint-Exupéry
P o r q u e n o s r e c o r d a q u e
independentemente da idade que
t e ñ a m o s n u n c a d e b e m o s
esquecernos do neno que un día
fomos.
Rocio Alvarellos
Mestra infantil CPI As Revoltas
Ofrece unha forma distinta
de ver e entender a vida.
Rocío Alvarellos
El mundo amarillo é o meu libro favorito porque
chegou no momento ídóneo, ofrecéndome unha
forma distinta de ver e entender a vida. Se cres nos
soños eles crearanse, se algo queres hai que loitar por
iso. 
Chus Couto Cotelo
Mestra primaria CPI As Revoltas
Queixumes dos pinos
Eduardo Pondal
Escollín este libro porque “eu
nacín cabo do pinal espeso”
m o i p r e t o d a p e q u e n a
Ponteceso.
Silvana Castro García
Profesora de Lingua e Literatura Galega secundaria CPI As Revoltas
O esencial é invisible
aos ollos.
Silvana Castro García
Hai anos, Bárbara, unha querida amiga miña e unha das persoas máis
intelixentes que coñecín, díxome que lía O principiño, de Antoine de Saint-
Exupéry, cando menos unha vez ao ano. Decidida a (re)descubrir aquel
libro que coñecía desde a miña infancia e que mantiña semiesquecido nos
andeis da casa, tornei a lelo e marabilloume a lectura diferente que tirei del.
Desde esa, agora que á miña amiga e a min nos separa un océano de
distancia, O principiño converteuse nun dos meus libros imprescindibles, e
cada vez que o leo (cando menos unha vez ao ano, para non faltar ao ritual)
tiro algo novo del.
Velaí a grandeza desta obra, que baixo a aparencia dun libro infantil é todo
un relato onde narrativa, poesía, ilustracións, crítica e filosofía se mesturan
para nos deixar un baleiro na alma cada vez que temos que separarnos do
pequeno príncipe que non entende o noso mundo e que sente morriña do
seu reino de roseiras, baobabs e tres volcáns.
Mónica Parente Morales
Profesora Física e Química CPI As Revoltas
Pe q u e n a s c u ri o s i d a d es
científicas.
Mónica Parente Morales
Recomendo este libro xa que se trata dunha obra
con pequenas curiosidades científicas que espertan o
interese dos rapaces e rapazas pola ciencia.
Paula Figueira Domínguez
Mestra Educación Física de Primaria CPI As Revoltas
Unha nena espertou un día
e non sabía como se chamada
Paula Figueira Domínguez
Este é o meu libro favorito porque é un libro
personalizado que lle fixemos á miña filla, no que
unha nena espertou un día e non sabía como se
chamada. Viviu varias aventuras ata que descubriu
que o seu nome era ICÍA. Léollo á miña filla polas
noites antes de durmir.
Xohán Xabier Baldomir Cabanas
Profesor de Lingua e Literatura Galega CPI As Revoltas
Un príncipe que non quere
s e r r e i . . . p o r q u e é
republicano!
Xohán Xabier Baldomir Cabanas
As Viaxes do Príncipe Azul, de Darío Xohán Cabana, é
unha divertida historia sobre un príncipe que non
quere ser rei... porque é republicano! Trátase dun libro
interesante que mostra de forma irónica as presións
que, ás veces, os pais e as nais exercen sobre os seus
fillos e fillas para que sigan un camiño que, quizais,
sexa "o mellor", mais non é o que os fai felices. Ao
final, o príncipe Celurio encontrará a súa verdadeira
vocación. Todas e todos nós debemos encontrar a nosa.
Mila Diéguez Taboada
Profesora Matemáticas CPI As Revoltas
A literatura é unha ciencia
e as matemáticas tamén son
cultura.
Mila Diéguez Taboada
Poderiavos recomendar feixes de libros, poderiavos transmitir a miña
fonda admiración por eses xénios que fían palabras para tecer os soños
que confeccionan as historias,historias que saben a mel cando son na nosa
lingua.
Pero decidín que hoxe vos vou presentar un título, A estatística en caricaturas,
que non destaca pola súa prosa,nin tan sequera ten ilustracións
marabillosas, pero evitará que digades ou creades barbaridades tales como:
Pasei duns beneficios dun 30% a un 20%, e dicir disminuiron un 10%
Lede moito,lede sempre,lede de todo,porque a literatura é unha ciencia e
as matemáticas tamén son cultura.
ISABEL RISCO
Actriz
A Esmorga
Eduardo Blanco Amor
Con esta obra vivín unha
b o r r a c h e i r a m e n t a l d e
emocións.
ISABEL RISCO
Con esta obra vivín unha borracheira mental de
emocións. Para min é única, pasoume algo similar
cando lin tempo despois Trainsppoting, do escritor
escocés Irvine Welsh, e as dúas teñen moi boas
versións cinematográficas, mais mergullarse na
lectura da Esmorga é unha terapia e unha actividade
altamente recomendábel, vivirás experiencias novas
e ficarás bébeda sen ter que recorrer a ningunha
substancia!
SILVIA MUÍÑO
Traballadora da administración local e blogueira de moda
Made in Galiza
Sechu Sende
Sempre está de moda.
SILVIA MUÍÑO
Made in Galiza sempre está de moda. É un libro con
historias orixinais e únicas que nos transporta ao
mundo das palabras. O humor acompaña a
orixinalidade e a ironía coa que se fala da situación
da lingua galega a través de diferentes relatos.
Recoméndovos esta lectura porque é transformadora
e rebelde e achega unha perspectiva crítica sobre
situacións surrealistas que vivimos decotío moitas
galegas e galegos. Que teñades feliz lectura!
MARÍA LADO
Poeta
Aí foi cando decidín que eu
quería ser poeta, pero poeta
así, botando unhas risas.
MARÍA LADO
Eu sempre recomendo ler o libro de Ronseltz porque creo que
é unha maneira intelixente e divertida de achegarse á poesía.
Eu lino de adolescente, pouco despois de velos recitar no meu
instituto e encantoume. Recordo que o recital me parecera
unha pasada, con moita retranca e un montón de referencias
literarias e non literarias das que daquela pillei só algunhas. E
creo que me marcou moito. Aí foi cando decidín que eu quería
ser poeta, pero poeta así, botando unhas risas. Ao final
conseguín ser poeta mesturando as risas e os poemas serios.
Pero todo comezou con Ronseltz, por iso o recomendo sempre.
LIDIA SENRA
Eurodeputada
Ler ou reler a Manuel
María vai contribuír de
forma moi importante a
ganar a austoestima.
LIDIA SENRA
Neste momento, no que a nosa língua, a nosa
cultura, a nosa terra, o noso mar e, mesmo a
profesión labrega non deixan de recibir ataques por
parte dos nosos gobernos, creo que ler ou reler a
Manuel María vai contribuír de forma moi
importante a ganar a austoestima que precisamos
para valorar o que somos e para defendernos como
pobo.
INMA LÓPEZ SILVA
Profesora na ESAD, escritora e crítica literaria
A peza é interesante porque
retrata un espazo urbano e
marxinal .
INMA LÓPEZ SILVA
Recomendo Limpeza de sangue, de Ruben Ruibal. É un
dos nosos premios nacionais, e a peza é interesante
porque retrata un espazo urbano e marxinal que,
malia existir na Galiza dos últimos trinta anos, poucas
veces aparece tan ben retratado na nosa literatura. A
ese retrato fiel contribúe moito o traballo coa variante
urbana da lingua galega, pero tamén a sensibilidade
coa que se trata os personaxes e mais unha historia
que mantén de principio a fin intriga e sentido critico
ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL
Profesora e escritora
Un libro para xente moza e
inconformista.
ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL
“Poesía e rebelión!”, así, con exclamación! Berrando,
cuspindo e con espírito irreverente prologan Alonso e
Carlos Negro unha antoloxía de textos subversivos,
atrevidos, rebuldeiros, eróticos, festivos, de denuncia, mal
falados, sorprendentes…. Unhas composicións, que a
pesar de todo, “non morden”, tal e como advirten ambos
autores. Un libro, en definitiva, para xente moza e
inconformista, para recitarlle á orella aos ligues do verán e
soltar versos mentres nos tiramos na bici polas pistas de
Bergantiños e as praias Costa da Morte… Atréveste?
SECHU SENDE
Profesor e escritor
É poesia mui potente!
SECHU SENDE
Este livro é um dos meus favoritos porque tem umha
propriedade especial: é revolucionário! E está
cheinho de humor, amor, sexo, emoçons fortes e
ideias para mudar o mundo. É poesia mui potente!
Jorge Mira
Profesor da USC
O meirande símbolo da
capacidade humana é o
reflexionar sobre a súa
propia existencia
Jorge Mira
O meirande símbolo da capacidade humana é o reflexionar
sobre a súa propia existencia: a materia, artellada en forma
de vida, consegue facerse preguntas sobre si mesma.

Esa reflexión inclúe descubrir cal é o tamaño do Universo
no que vivimos ou, o que é o mesmo, saber a que altura
está o ceo. Esa pregunta tardou milenios en poderse
respostar. Só agora, no século XXI, puidemos gozar do
privilexio de darlle resposta definitiva.

Creo que todo o mundo desta época debería coñecer a
resposta a unha pregunta que tardou tanto en resolverse.
GORETTI SANMARTÍN
Vicepresidenta da Deputación da Coruña e profesora da UDC
Sempre hai algún momento
especial en que os segredos
non aturan máis e teñen que
se manifestar.
GORETTI SANMARTÍN
Cabalos e lobos é unha novela que indaga nas historias familiares, nesas que se
gardan nas gabetas e das que nunca se fala. Ou case nunca. Porque sempre hai
algún momento especial en que os segredos non aturan máis e teñen que se
manifestar, que romper os candeados que os encerran e deixar voar os
sentimentos apreixados. Cabalos e lobos é unha novela sobre a dureza da
verdade. E ese enfrontar a verdade remata por ser a única maneira de achar a
felicidade.

A sabedoría, o camiño e a aprendizaxe únense ás diferenzas xeracionais, ás
diversas maneiras de vivir. O silencio e a represión fronte á naturalidade de
Thomas,  o fillo de Paula Beckmann, dos Beckmann da Gran Vía viguesa,
Paula a alemá ou a "nazi", a representante dunha familia acomodada con vidas
cheas de misterio.
A novela, para alén de arrecender a libros, de nos pór diante dos ollos a
importancia da escrita, a forza da palabra, está redactada nun estilo fluído,
posúe un magnífico galego e é obra dun autor que manexa moitos rexistros e
ten o don da comunicación.
GORETTI SANMARTÍN
O seu autor, Fran P. Lorenzo, é un xornalista ben coñecido na cidade de
Compostela, unha persoa que leva o oficio de escritor nos ollos, nos
ouvidos e nas mans. Esta é a súa primeira novela publicada, unha obra
que recibiu o Premio Blanco Amor de Novela Longa no ano 2014. Fran
pertence a ese grupo de escritores poderosos, con anos de saber e de
lecturas acumuladas e moitas ganas de achegar o seu relato a ese que,
colectivamente, o pobo galego ten que cantar.
Porque só o diálógo con autoras e autores contemporáneas/ os fan
posible soñarmos cun mundo mellor e porque as lecturas partilladas
crean comunidade, quero parabenizar esta iniciativa e desexar con
intensidade que esta lectura tire por outra, e a outra por máis unha e así
sucesivamente.
CÁNDIDO PAZÓ
Actor e dramaturgo
S o n h is t o ri a s p ro p o st a ,
historias fermento, historias
porta, historias semente…
CÁNDIDO PAZÓ
Romaría de historias, o último que escribiu Neira Vilas.
A contraportada aínda fala del en presente, pero xa
non puido estar para a súa presentación en público.
Son historias proposta, historias fermento, historias
porta, historias semente… como se Neira nos
convidase a terminarmos un camiño de evocación e
imaxinación que nos quixo deixar en herdanza. Un
libro para ler pasiño a pasiño, como quen vai de
romaría.
MANUEL LOURENZO
Actor e dramaturgo
Toda a vangarda teatral
europea está aquí.
MANUEL LOURENZO
"Toda a vangarda teatral europea está aquí, nesta
hucha dos tesouros, imprescindíbel para poder
avanzar mesmo sobre o pedroallo".O libro
recomendado é o  Teatro de Máscaras  de Otero
Pedrayo.
XABIER DÍAZ
Músico
Viva a lírica popular e a
lectura.
XABIER DÍAZ
Podería valer calquera dos cancioneiros de lírica popular
do país (Dorothe, Casto Sampedro, Cabanillas etc) pero
vai este porque a compilación atinxe ao período da
segunda metade do XIX e tanto o vocabulario coma as
construcións empregadas son especialmente requintadas e
exquisitas dende o meu punto de vista, viva a lírica
popular e a lectura en calquera das súas manifestacións ou
xéneros.
Apertas e alalás!
Carlos Callón
Profesor e activista da lingua
Permite coñecermos mellor a
nosa nación
Carlos Callón
Custoume moito traballo escoller un libro para
recomendar. Mesmo me custou traballo decidirme
por un en concreto dentro da obra de Miguel-Anxo
Murado, un dos mellores autores actuais. Gusto da
súa obra dramática, da súa narrativa e son
apaixonado polos seus ensaios. Entre eles,
recomendo desta volta  Outra idea de Galicia, porque
permite coñecermos mellor a nosa nación, a través
de perspectivas e anécdotas que nos van sorprender.
Anxos Sumai
Escritora e documentalista
Son relatos crueis e tenros,
fermosos e tristes así como
somos nós.
Anxos Sumai
O primeiro poemario que lin de Olalla Cociña foi Aquí
(intemperies): descubrímonos como dous peixes que se observan
con curiosidade, cada unha no seu acuario. Despois foi o Libro
de Alicia:  mirei pola ventá da cociña e vinme a min dentro
porque, alí dentro, tamén estaba o meu mundo, co perfume
vivo das desaparicións, as presenzas e as lembranzas. En
Ningún precipicio a poeta e mais eu atopámonos cara a cara.
Asumín os versos, afectoume a infancia, o amor, os xogos, a
lingua, o desexo. Os poemas por veces son relatos crueis e
tenros, fermosos e tristes así como somos nós: ceo e inferno
abrindo precipicios que superamos   celebrando as
contradiccións, a alegría , a casa que habitamos, o medo
infantil que nos fascina, o confort ou o desconcerto do
cotián...
Anxos Sumai
Na éxtase da lectura, o libro turra de min e enraízo. Fun cada
verso, sempre alerta porque nunca sabía cando me iluminaría a
luz nin cando me asombraría a sombra.Sempre atenta ás
palabras imprevistas porque “cómo te marean, voces previsoras
están dicindo xa que o mellor que lles pode pasar a ese fato de
palabras globo é que se solte. Perderse”. Olalla Cociña
escribiume unha dedicatoria neste poemario: “... porque nas
flores, para que as nosas escritas nos sigan contendo”.  Sobre
ningún precipicio, despois da contención, son as palabras quen
nos converten en paxaros, en papaventos e en globos. E si,
queremos ceibarnos.
Manuel Vicente
Doutor en Ciencias Químicas e divulgador científico
Conta as vidas paralelas e
Gauss e Humboldt
Manuel Vicente
Son Manuel Vicente do programa de divulgación
científica Efervesciencia que se emite na Radio
Galega. A miña recomendación literaria é o libro "A
medición do mundo" de Daniel Kejlmann. É unha
novela que conta as vidas paralelas e Gauss e
Humboldt. Que por certo este último pasou por
Galicia antes de emprender a súa viaxe de
descubrimentos por América. Agardo que vos guste"
Elena Gallego Abad
Escritora e periodista
Sete caveiras
Elena Gallego Abad
Xosé Luis Rivas, Mini
Mestre, músico, concelleiro en Boimorto e candidato ao Senado polo BNG.
Tonecho de Rebordechao
Breogán Riveiro
Celso Fernández Sanmartín
Filósofo, poeta, labrego e contador de historias
Va l o r i n c a l c u l a b l e d e
resumir a vida completa do
carro.
Celso Fernández Sanmartín
O libro documental O carro e o home, de Xoaquín
Lorenzo ten para min o valor incalculable de resumir
a vida completa dun apeiro de uso na Galicia rural:
o carro. Sei que para o alumnado lles pode parecer
antigo de máis … pero a estrutura do documental é
o que me interesa, e é aplicable a calquera
ferramenta ou obxecto de uso actual. E tamén
porque etnograficamente é interesante e poético.
JAVIER MANJARÍN
Ex-xogador do Deportivo
D o n Q u i j o t e d e l a
Mancha
Miguel de Cervantes Saavedra
Porque cada capítulo era
una aventura.
Rosalia Fariña Cotelo
Cociñeira no CPI As Revoltas
Receitas como as que fan as
nosas avoas.
Rosalia Fariña Cotelo,
Elixín este libro de cociña e recomendo porque ten
receitas de cociña tradicional galega con receitas
como as que fan as nosas avoas. Álvaro Cunqueiro e
AraceliFilgueira Iglesias.
Pilar Orgeira Rey
Cociñeira no CPI As Revoltas
Experiencias persoais dos
nenos na infancia e na
adolescencia
Pilar Orgeira Rey
Elixín este libro porque narra as experiencias
persoais dos nenos na infancia e na adolescencia.
Ana María Amado Pastoriza
Cociñeira no CPI As Revoltas
Aínda non acabaches de ler
unha páxina cando xa queres
saber o que pasa na seguinte.
Ana María Amado Pastoriza
"Este é o meu libro favorito porque ten moita intriga,
aínda non acabaches de ler unha páxina cando xa
queres saber o que pasa na seguinte, tamén me
gustou porque fala de lugares galegos "
José María Bregua
Profesor de Educación Plástica e visual do CPI AS Revoltas
Dunha forma novelada e
moi amena, narrando as
vicisitudes de cinco familias
de distintas nacionalidades
José María Bregua
O libro La Caída de los Gigantes do escritor Kent Follet é un
dos meus libros favoritos dos últimos anos, xa que con el
iniciou a triloxía The Century, e con ela dunha forma
novelada e moi amena, narrando as vicisitudes de cinco
familias de distintas nacionalidades, das que interveñen
nos conflitos bélicos, fai un repaso sobre a sociedade, os
costumes e os acontecementos ocorridos, neste primeiro
na primeira guerra mundial; no segundo titulado El
Invierno del Mundo na segunda guerra mundial; e no
terceiro titulado El Umbral de la Tierra na guerra fría.
Celia Bello Lorenzo
Profesora Tecnoloxía CPI As Revoltas
La ridícula idea
de no volver a verte.
Rosa Montero
"Si uno no hace suficientes
concesiones, lo aplastan; si hace
d e m a s i a d a s, es i n n o b l e y s e
desprecia a sí mismo"
Celia Bello Lorenzo
A historia dunha muller fascinante como Marie
Curie mesturada co recordo persoal da autora, que
espertou en min emoción e complicidade...
Ana Fuentes García
Directora do CPI As Revoltas, profesora de Francés
Les Profs
Ler é rir, viaxar, pensar,
namorarse, compartir, e sobre
todo vivir.
Francisco Luís Abella Cruz
Profesor de Lingua castelá CPI As Revoltas
Non teño un libro preferido,
todos me gustan...
Francisco Luís Abella Cruz
Non teño un libro preferido, todos me gustan...
Escollín este porque foi o primeiro libro que merquei
con cartos de meu. É unha edición probiña, e as follas
parece que se queren soltar, pero aínda o conservo.
Xoán Gabeiras Vérez
Profesor de Xeografía e Historia CPI As Revoltas
Sempre en Galiza
Alfonso R. Castelao
A Biblia dunha Nación
morta antes de nacer.
José Ramón Varela Rey
Profesor Bioloxía CPI As Revoltas
S o ñ o q u e a l g ú n d í a a
lectura esperte a mesma
paixón que o fútbol no noso
país.
José Ramón Varela Rey
Recomendo esta novela histórica e social, escrita
polo amigo Pepe Neira Vilas, a tod@s @s alumn@s
do CPI As Revoltas.Todos, nalgún momento da vida,
fomos Balbino.
Ana Isabel Martínez
Profesora de Lingua e Literatura Galega CPI As Revoltas
Escribir un best seller
non é incompatíbel con
crear unha obra de grande
calidade literaria.
Ana Isabel Martínez
A memoria da choiva é un thriller literario ambientado
en Compostela mergullando na nosa tradición
literaria, coa figura de Rosalía de Castro como pano
de fondo. Demostra que escribir un best seller non é
incompatíbel con crear unha obra de grande
calidade literaria con altas doses de lirismo na súa
prosa e cheo de sentido do humor, que atrae os
lectores desde a primeira liña.
Pablo Díaz
Músico
Po d e m o s v e r di f e re n t es
maneiras de interpretar o
m u n d o e d e f a c e r n o s
reflexionar.
Pablo Díaz
Usha é un libro que fala da historia dunha nena galega, Uxía, que marcha coa
súa nai a Devastana, situada na India, no estado de Karnataka, para traballar
nunha ONG. Ao marchar para alí, descobre unha vida ata o momento
descoñecida e aprende a sobrevivir doutra forma máis humilde, pero máis
feliz.
Ademais de aprender alí moitas cousas, nunca estivo soa grazas a Lakshmi e
Deepak, os seus mellores amigos que a acompañaron durante todas as súas
aventuras e que sen dúbida nunca olvidará.
Desde unha óptica adolescente, podemos ver diferentes maneiras de
interpretar o mundo e de facernos reflexionar sobre aspectos como o benestar,
o compañeirismo, a lingua ou a cultura, que moitas veces minusvaloramos.
SERGIO ÁLVAREZ
Porteiro do Celta de Vigo
Novela negra que turrará
pola vosa curiosidade páxina
a páxina.
SERGIO ÁLVAREZ
Recoméndovos o libro de Rosa Aneiros por ser unha
historia de amor e liberdade nos tempos duros da
ditadura salazarista de Portugal; Os fillos do mar é unha
magnífica novela negra que turrará pola vosa
curiosidade páxina a páxina; e María Reimóndez
ofrécenos unha novela na que reflexiona sobre a
importancia do xornalismo para cuestionar os conflitos
bélicos, como nestes tempos de guerra nos que sufren
moitos pobos. Aproveitade coa lectura destas páxinas.
David Casado Bravo
Profesor Bioloxía e Xeoloxía CPI As Revoltas
El arte de la cetrería
Felix Rodrígez de la Fuente
Le, comprende e apaixónate
da natureza.
Mercedes Queixas
Escritora e profesora de Lingua e Literatura Galega
Irrenunciábel lección de vida
dun onte e un antonte en que
foi preciso mover os marcos e
tronzar todos os valados.
Mercedes Queixas
Gusto de botar a ollada atrás polo retrovisor da familia.
Gusto de confirmar a evolución da mulleres da miña estirpe, sempre inquedas, nunca
estáticas nin indiferentes. Irrenunciábel lección de vida dun onte e un antonte en que foi
preciso mover os marcos e tronzar todos os valados.
Desde o momento en que confirmei a emoción daquela miña primeira gravidez, souben que
eu era unha man e un pé máis no que Ela debía achar o resorte preciso para marcar un novo
chanzo.
Eu, lectora, faláballe a Ela, o soño que estaba por chegar desde o meu ventre cada vez máis
rebuldeiro. Ela, narradora, faláballe a Xoana, a navegar nas augas amnióticas do seu ventre.
Ela falaba da tataravoa Pepa, da bisavoa Rosa, da avoa Carolina, da nai Carme.
Eu contaba o percorrido da evolución dos fotogramas de branco e negro e sepia, despois a
toda cor, que o álbum familiar atesouraba. Relataba os días partillados con elas, coas
mulleres de meu que me construíron, mesmo sen o saber. Eu reconstruía as pezas dun
quebracabezas de superación que comezaba coas bisavoas Daniela, Carmela e Amparo,
continuaba coas avoas Preciosa e Mercedes e chegaba á nai, Carmiña. As nosas mulleres, o
noso presente, o futuro con Ela!
Galicia Gutiérrez Gantes
PT CPI As Revoltas
O b r a d e t e a t r o
infantil moi divertida
e un libro cheo de
maxia.
Galicia Gutiérrez Gantes
Pingueiras e tarteiras é unha obra de teatro infantil de
Teresa Costa que é moi divertida. Trata dunha raíña
que deixa no castelo para vivir nun circo. Unha das
obras máis divertidas que teño feito.
Si o vello Sinbad volvese as illas é un libro cheo de maxia. É
o libro que máis lembro dos que lin no instituto e moito
me gustou.
Estas son as miñas recomendacións, moitas apertas.
Angeles Pita
Profesora Lingua e Literatura Castelá CPI As Revoltas
Siempre hay lugar para la
es p e ra n z a , a u n q u e es t é
“rota”.
Angeles Pita
Primavera con una esquina rota, Mario Benedetti.
Una dictadura rompe un país y crea dos modos de
vivir: bajo el autoritarismo o en el exilio. A pesar de
la represión y del dolor las personas siguen luchando
y son ellas las que nos dan a conocer sus miedos, sus
preocupaciones, sus sueños… Siempre hay lugar
para la esperanza, aunque esté “rota”.
Ricardo de Barreiro
Actor
Un fiel intelixente e real
r e t r a t o d a s r e l a c i ó n s
humanas.
Ricardo de Barreiro
Recomendo A piragua,texto teatral de Cándido
Pazó,pola súa realidade social,e por ser un fiel
intelixente e real retrato das relación humanas.Un
libro para ler e para enmarcar.
GUILLERME FERNÁNDEZ
Músico
A u t o r a e a c t i v is t a
i m p res c i n di b l e d a n o s a
literatura actual.
GUILLERME FERNÁNDEZ
Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño.
Apaixonante relectura do mundo homérico desde
unha perspectiva feminina e feminista, dunha autora
e activista imprescindible da nosa literatura actual.
INÉS SALVADO
Música
Coa virtude de ser das boas
novelas, que por ela non
pasan os anos.
INÉS SALVADO
O capote/O abrigo unha pequena historia publicada no
1842, coa virtude de ser das boas novelas, que por
ela non pasan os anos. Chea de realismo crítico,
sentido do humor, sátira e un toque de elementos
fantásticos. A narrativa é moi sinxela e dalgunha
maneira máxica, atrapa e seduce. Poucos escritores
conseguen con poucas palabras describir un
personaxe e mergullarnosna súa peculiar visión do
mundo.
FAIA DÍAZ
Música
Poetas cercanas coas que
compartir moitas cousas.
FAIA DÍAZ
Poetas galegas que escriben sobre o amor... sobre a
vida. Poetas cercanas coas que compartir moitas
cousas.
Ana Romaní, agardo que a disfrutedes!
PAULA ROMERO
Música
Como poderiamos facer do
mundo un lugar máis xusto e
máis honrado. Polo menos
hai que intentalo, non?
PAULA ROMERO
A miña recomendación é Todos deberíamos ser feministas
de Chimamanda Ngozi Adichie. Este libro fala de
como poderiamos facer do mundo un lugar máis
xusto e máis honrado. Polo menos hai que intentalo,
non?
– Equipo da biblioteca do CPI As Revoltas
“Grazas a todos e a todas, coa vosa colaboración
desinteresada axudástesnos a transmitir a paixón pola
lectura ”

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelato
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 

Viewers also liked

Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As RevoltasRecursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Díptico Letras Galegas 2016. Manuel María
Díptico Letras Galegas 2016. Manuel MaríaDíptico Letras Galegas 2016. Manuel María
Díptico Letras Galegas 2016. Manuel MaríaBibliotecaRevoltas
 
Lecturas para a paz e a non violencia
Lecturas para a paz e a non violenciaLecturas para a paz e a non violencia
Lecturas para a paz e a non violenciaBibliotecaRevoltas
 
Recomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o NadalRecomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o NadalBibliotecaRevoltas
 
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As Revoltas
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As RevoltasRecomendacións no Samaín 2016 CPI As Revoltas
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As Revoltas
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As RevoltasLecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As Revoltas
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
GE8 class 1 Jan 10th
GE8 class 1 Jan 10thGE8 class 1 Jan 10th
GE8 class 1 Jan 10thmissjaqui
 
GSA 4G Raporu-Mayıs 2013
GSA 4G Raporu-Mayıs 2013GSA 4G Raporu-Mayıs 2013
GSA 4G Raporu-Mayıs 2013Erol Dizdar
 
“A Barra e os Portos da Ria de Aveiro – 1808-1932 – Arquivo da Administração ...
“A Barra e os Portos da Ria de Aveiro – 1808-1932 – Arquivo da Administração ...“A Barra e os Portos da Ria de Aveiro – 1808-1932 – Arquivo da Administração ...
“A Barra e os Portos da Ria de Aveiro – 1808-1932 – Arquivo da Administração ...portodeaveiro
 
Won technology company introduction
Won technology company introductionWon technology company introduction
Won technology company introductionwontechnologykorea
 
Informe tz on
Informe tz onInforme tz on
Informe tz onTZON2010
 
Guia silent hill homecoming
Guia silent hill homecomingGuia silent hill homecoming
Guia silent hill homecomingbrunichigua
 
Top 10 Events of 2014 that drove the highest buzz on Twitter
Top 10 Events of 2014 that drove the highest buzz on TwitterTop 10 Events of 2014 that drove the highest buzz on Twitter
Top 10 Events of 2014 that drove the highest buzz on TwitterSimplify360
 
Celebramos las vacaciones en el invierno 3
Celebramos las vacaciones en el invierno 3Celebramos las vacaciones en el invierno 3
Celebramos las vacaciones en el invierno 3ea10052
 
Tema 5 el ser humano en los ecosistemas
Tema 5 el ser humano en los ecosistemasTema 5 el ser humano en los ecosistemas
Tema 5 el ser humano en los ecosistemasdani-galle01
 

Viewers also liked (20)

Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As RevoltasRecursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
 
Díptico Letras Galegas 2016. Manuel María
Díptico Letras Galegas 2016. Manuel MaríaDíptico Letras Galegas 2016. Manuel María
Díptico Letras Galegas 2016. Manuel María
 
Lecturas para a paz e a non violencia
Lecturas para a paz e a non violenciaLecturas para a paz e a non violencia
Lecturas para a paz e a non violencia
 
Recomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o NadalRecomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o Nadal
 
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As Revoltas
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As RevoltasRecomendacións no Samaín 2016 CPI As Revoltas
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As Revoltas
 
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As Revoltas
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As RevoltasLecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As Revoltas
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As Revoltas
 
Lecturas polo feminismo
Lecturas polo feminismoLecturas polo feminismo
Lecturas polo feminismo
 
GE8 class 1 Jan 10th
GE8 class 1 Jan 10thGE8 class 1 Jan 10th
GE8 class 1 Jan 10th
 
GSA 4G Raporu-Mayıs 2013
GSA 4G Raporu-Mayıs 2013GSA 4G Raporu-Mayıs 2013
GSA 4G Raporu-Mayıs 2013
 
Level 1 Slides Lessons 6 10 V4 Wb7 Oml
Level 1 Slides   Lessons 6 10 V4 Wb7 OmlLevel 1 Slides   Lessons 6 10 V4 Wb7 Oml
Level 1 Slides Lessons 6 10 V4 Wb7 Oml
 
“A Barra e os Portos da Ria de Aveiro – 1808-1932 – Arquivo da Administração ...
“A Barra e os Portos da Ria de Aveiro – 1808-1932 – Arquivo da Administração ...“A Barra e os Portos da Ria de Aveiro – 1808-1932 – Arquivo da Administração ...
“A Barra e os Portos da Ria de Aveiro – 1808-1932 – Arquivo da Administração ...
 
Won technology company introduction
Won technology company introductionWon technology company introduction
Won technology company introduction
 
Informe tz on
Informe tz onInforme tz on
Informe tz on
 
Kilos de papa en 4 pasos
Kilos de papa en 4 pasosKilos de papa en 4 pasos
Kilos de papa en 4 pasos
 
2010 2 búsqueda de empleo
2010 2 búsqueda de empleo2010 2 búsqueda de empleo
2010 2 búsqueda de empleo
 
Articulo GTH
Articulo GTHArticulo GTH
Articulo GTH
 
Guia silent hill homecoming
Guia silent hill homecomingGuia silent hill homecoming
Guia silent hill homecoming
 
Top 10 Events of 2014 that drove the highest buzz on Twitter
Top 10 Events of 2014 that drove the highest buzz on TwitterTop 10 Events of 2014 that drove the highest buzz on Twitter
Top 10 Events of 2014 that drove the highest buzz on Twitter
 
Celebramos las vacaciones en el invierno 3
Celebramos las vacaciones en el invierno 3Celebramos las vacaciones en el invierno 3
Celebramos las vacaciones en el invierno 3
 
Tema 5 el ser humano en los ecosistemas
Tema 5 el ser humano en los ecosistemasTema 5 el ser humano en los ecosistemas
Tema 5 el ser humano en los ecosistemas
 

Similar to Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns

Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Carmen165
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Angeles Saco López
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román Landín
 

Similar to Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns (20)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego   Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 

More from BibliotecaRevoltas

Entrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As RevoltasEntrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As RevoltasConcurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Bases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radioBases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radioBibliotecaRevoltas
 
As cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim CodaxAs cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim CodaxBibliotecaRevoltas
 
Bases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As RevoltasBases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Vida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversosVida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversosBibliotecaRevoltas
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasPintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos SeoaneCómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos SeoaneBibliotecaRevoltas
 

More from BibliotecaRevoltas (20)

Entrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As RevoltasEntrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As Revoltas
 
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As RevoltasConcurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
 
Bases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radioBases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radio
 
As cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim CodaxAs cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim Codax
 
Bases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As RevoltasBases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As Revoltas
 
Lecturas de Nadal 2018
Lecturas de Nadal 2018Lecturas de Nadal 2018
Lecturas de Nadal 2018
 
Vida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversosVida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversos
 
Bases samain
Bases samainBases samain
Bases samain
 
Turismo sostible 4º 1
Turismo sostible 4º 1Turismo sostible 4º 1
Turismo sostible 4º 1
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
 
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasPintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
 
Samaín 2017
Samaín 2017Samaín 2017
Samaín 2017
 
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos SeoaneCómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
No al acoso
No al acosoNo al acoso
No al acoso
 
No al acoso escolar
No al acoso escolarNo al acoso escolar
No al acoso escolar
 
El acoso
El acosoEl acoso
El acoso
 
Acoso escolar
Acoso escolarAcoso escolar
Acoso escolar
 
Irmandades da Fala
Irmandades da FalaIrmandades da Fala
Irmandades da Fala
 

Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns

  • 1. Un libro, unha razón CPI AS REVOLTAS
  • 2. A forma verbal LEO é presente con futuro. Concha Blanco
  • 3. María Canosa Escritora, enxeñeira de Camiños, Canles e Portos Bolboretas é para todos, coma o amor, do que din que tampouco ten idade.
  • 4. María Canosa Bolboretas, de Xabier Docampo, ilustrado por Xosé Cobas. Elixino por moitas razóns. Unha é polo texto en si, unha marabilla, coma todas esas historias que nos agasalla Xabier Docampo.  Sempre semella estármolo  escoitándoo, en lugar de pasar os ollos por letras impresas. Neste caso, o texto é ben especial, pois Bolboretas pode ser outro nome co que referirse ao Amor, dun xeito sutil e tremendamente elegante. Por outra banda, as ilustracións. Por moito que as editoras clasifiquen os libros segundo as idades ás que dirixirse, este non debera levar referencia algunha. Bolboretas é para todos, coma o amor, do que din que tampouco ten idade. Xosé Cobas crea unhas imaxes tenras pero afiadas, coma as arestas e as curvas do verdadeiro amor. Tons tenues que convidan á reflexión. Hai máis motivos. O traballo en equipo de autor e ilustrador, que crean un corpo común indivisible, é outro deles. Como tamén o é potenciar un xénero ao que ás veces non se lles presta a atención merecida: o álbum ilustrado. Poucas liñas condensando universos, ilustracións indispensables na creación do ambiente. Por todo isto, lede Bolboretas. E se ao chegar a un punto do relato sentides unha facéndovos cóxegas no estómago, serei feliz.
  • 5. Lucía Aldao Escritora A poesía non morde, máis ben acariña e seduce…
  • 6. Lucía Aldao "A poesía non morde, máis ben acariña e seduce, apréixanos docemente e é quen de atraparnos na súa gaiola do tamaño do mundo. Xusto o que debería ser un bo amante ou unha boa amante. Por iso recomendo este libro de poemas de María Lado, Amantes, porque nel están todas esas cousas que se agradecen atopar no corpo alleo (e na poesía)."
  • 7. Miro Villar Poeta, narrador, tradutor, profesor e crítico literario Poucos libros falan así de ben da relación entre unha nai e a súa crianza.
  • 8. Miro Villar Recoméndovos o libro de poesía  oso, mamá, si?  de  María Lado, porque poucos libros falan así de ben da relación entre unha nai e a súa crianza e por ter versos fermosos coma estes: para o oceáno ti eras só un neno de fanequeiras vermellas que a area enterraba, un brazo fortemente prendido da miña saia morada. teño medo dos bichos, mami, dos bichilos do mar e con forza collíaste da tea.
  • 9. Suso Lista Neira Actor e escritor Despois de ler este libro xa non vos aguanteredes sen volver ler a Cunqueiro.
  • 10. Suso Lista Neira No universo Literario ó igual que nos outros é raro atopar tesouros entre tanto como hai escrito, pero cando isto acontece non hai maior pracer para un lector. Foi o que me pasou a min con Cunqueiro. Penso que é un xenio da Literatura mundial. Recoméndovos Os outros feirantes, un libro de pequenos relatos onde se retrata o mundo real e imaxinario desta Galiza nosa. Uns relatos que de seguro vos gustarán e farán gozar da lectura, algo que non todos os autores poden ofrecer. Estou seguro que despois de ler este libro xa non vos aguanteredes sen volver ler a Cunqueiro.
  • 11. Monti Castiñeiras Actor H is t o ri a s m á x i c a s d o último dragón galego.
  • 12. Monti Castiñeiras "Unha tetraloxía que che fará vivir historias máxicas do último dragón galego. Da man dos seus protagonistas vivirás aventuras fantásticas. Moi doada de ler e especialmente recomendable para xente nova."
  • 13. Antonio Reigosa Escritor Vivimos nun lugar do mundo que reborda fantasía.
  • 14. Antonio Reigosa Escollín este libro por un triple motivo. O primeiro porque é unha proposta pioneira na literatura galega. Un segundo porque é un libro que mestura a partes iguais a literatura de tradición oral (20 lendas), a literatura, neste caso de creación poética (20 poemas) e a ilustración (20 imaxes), que é outra maneira de "escribir" unha historia. E o terceiro dos motivos porque descubrín, xunto  Antonio García Teijeiro e Xosé Cobas, no proceso de creación e ilustración deste libro, que vivimos nun lugar do mundo que reborda fantasía. 
  • 15. José Muiños Dominguez Veterinario e alcalde de Cabana de Bergantiños E n o c a s i ó n s s e n t i n m e identificado con Balbino.
  • 16. José Muiños Dominguez Chámome José Muiño. Son Veterinario de Profesión, e neste momento fun elixido polos veciños de Cabana de Bergantiños para exercer de Alcalde. O meu libro preferido, pola súa importancia na miña infancia, é Memorias dun neno labrego. Eu fun alumno do Colexio A Salle en Santiago, en réxime de interno, e eu era un neno dunha aldea moi pequena nunha cidade moi grande para o que eu coñecía. Por iso, en ocasións sentinme identificado con Balbino, inda que eu non era pobre, pero sentíame fóra do meu fogar e tamén "un ninguén".
  • 17. David Cora Abeleiras Profesor de Bioloxía e Xeoloxía CPI As Revoltas Reinvindico a novela gráfica coma un xeito lícito de ler
  • 18. David Cora Abeleiras Aínda que pode que debera ter elixido un libro de temática biolóxica, non podo olvidarme da miña parte friki e reinvindicar a novela gráfica coma un xeito lícito de ler (para que aquelas persoas que poñan como excusa a ausencia de debuxos teñan que olvidala). Neste caso os dous tomos que vos ensino pertencen a unha das épocas máis brillantes de Batman, aquela na que Sale e Loeb se encargaron do guión, debuxo e tintado do heroe de Gotham. Os seus títulos: O longo Halloween e a súa continuación Victoria escura, ambos da Editorial ECC, responsable de DC comics en España.
  • 19. Tito Asorey, Actor e dramaturgo Os pasos em volta Herberto Helder
  • 20. Elena Seijo Actriz É importante saber que hai detrás do muro prohibido.
  • 21. Elena Seijo Lolo recoméndoo porque é un libro entrañable que un amigo lle regalou á miña filla cando era pequecha. Trata dun home aburrido que esquecera o xeito de se divertir. As bolboretas douradas recoméndoo porque é importante saber que hai detrás do muro prohibido. 
  • 22. Paco Nogueiras Músico e actor Onde se ve reflectido un ambiente moi propio do noso país.
  • 23. Paco Nogueiras A miña recomendación é a reedición feita por Kalandraka Editora do libro de poemas Cantarolas de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. A poesía é un xénero probablemente non moi próximo á xente máis nova, mais neste caso non é así. Poemas curtos e moi variados onde se ve reflectido un ambiente moi propio do noso país (a aldea, o campo, os animais, a terra, os nenos ...). Poemas que foron musicados ao longo dos últimos 25 anos por diferentes artistas como poden ser A Quenlla, Suso Vaamonde, Na Virada ou eu mesmo. Isto demostra a musicalidade escondida nas composicións que tanto Anisia como Xosé teñen integrado neste libro, facendo unha lectura rápida e variada moi aproveitada para o traballo nas aulas. A presenza de animais e da natureza fai moito máis agradable a lectura para o rapaz.Todo isto axudado polas marabillosas ilustracións de Leandro Lamas, que logrou reflectir o espírito das composicións perfectamente.Tiven a sorte de usar este libro na campaña de animación á lectura polos centros escolares que fai Kalandraka tódolos anos, e podo dicir que funciona moi ben entre a xente máis miúda. Recomendado para nen@s de 6-10 anos, mais todos poden gozar deste libro.
  • 24. Lino Braxe Actor, escritor e director de teatro Encontrarse con William é como atopar unha illa do tesouro da que un nunca quere marchar.
  • 25. Lino Braxe O TESOURO DE WILLIAM Shakespeare sempre está aí. Agardando por nós. Esperando un pequeno aceno de interese pola nosa parte, para penetrar nas nosas vidas e non abandonarnos endexamais. O amor, a morte, a traizón, a calumnia, os celos, a honra, o sexo, a dor, a loita polo poder, a ambición, o racismo, a fidelidade, a amizade. Todo está en Shakespeare. E todo dotado dunha acción e dunha linguaxe únicas. Encontrarse con William é como atopar unha illa do tesouro da que un nunca quere marchar.
  • 26. Andrea Maceiras Escritora É unha obra luminosa, de cor azul e sabor salgado.
  • 27. Andrea Maceiras "Escollín Nena e o mar porque é unha obra luminosa, de cor azul e sabor salgado, que fala de mares infinitos como a alma dos homes, salvaxes sereas, unha vila con forma de balea e unha Nena capaz de sucar as augas máis procelosas"
  • 28. Fran Pérez, Narf Músico Unha pequena xoia da literatura experimental.
  • 29. Fran Pérez, Narf O libro das pontes invisíbles/ The Book of invisible Bridges Xelís de Toro é unha pequena xoia da literatura experimental editada no Reino Unido na que o escritor,  performer e activista cultural Xelís de Toro, convidou a artistas das máis variadas disciplinas a realizar obras inspiradas nos poemas, textos e contos que compoñen o libro. Editado en galego e en inglés na edición orixinal  vai acompañado dun dvd que recolle os traballos de  performance, pintura, danza, música, teatro, video arte, etc, realizadas por un amplo elenco de artistas británicos e galegos que conforman unha especie de versión audiovisual do propio libro.
  • 30. Pedro Feijoo Escritor e músico Por fin existía un novo xeito de facer as cousas.
  • 31. Pedro Feijoo "Se eu tivese que quedar con nada máis un dos libros que lin naquel tempo “de entre guerras” (xa sabedes, no paso do instituto á facultade), sería este,  A sombra cazadora, de Suso de Toro. E seríao por moitas razóns… Como xa teño dito en moitas ocasións, un dos grandísimos valores de Suso de Toro foi o de aprendernos a toda unha xeración de rapazada galega que por fin existía un novo xeito de facer as cousas. Suso demostrounos que a Literatura galega podía ser outra historia, outra película. Unha ben máis moderna, por fin afastada do tópico (do “topicazo”, diría eu...), onde os nenos xa non quedaban en labregos, e os homes dicían “Corre, hostia, corre!” mentres corrían, hostia, corrían polas rúas da cidade. Xa algo nos cheiráramos a finais dos 80, logo de ler outras obras súas, como Caixón desastre, Ambulancia, ou a xenial Polaroid. Pero cando os anos 80 se converteron nos 90, Suso tamén mudou. Para cando nos quixemos dar conta, el xa se convertera noutra cousa...
  • 32. Pedro Feijoo Cando chegou A sombra cazadora, o noso libro, Suso xa se transformara nese outro personaxe estraño, misterioso, que cada vez máis e máis iamos vendo na tele ou no xornal: aquel escritor que, amais de dicir cousas tan interesantes e falar tan clariño, chamándolles ás cousas polo seu nome, xamais tiraba as gafas de sol. Hostia, neno, un escritor que sae na telegaita con gafas de sol! Pero isto que é, como se fose unha puta estrela do rock?! Mooolaaa... Por se isto fose pouco, o libro non quedaba atrás. A historia dos dous irmáns pelexando contra aquela especie de Gran Hermano que xa todo o controlaba desde o televisor moito antes de que o coñazo da Mercedes Milá aparecese dando a tabarra en Tele 5. E outra vez aquelas fodidas gafas de sol... Que carallo pasaba de repente con tanta gafa de sol? De propina, resulta que este libro que vos propoño foi o que inaugurou a colección “Fóra de xogo”, a grande serie que, desde o ano 1994, vén sendo bandeira e galería da mellor literatura xuvenil en Galiza. Aí é nada... Lume!"
  • 33. Concha Blanco Mestra e escritora Non deixará impasibles aos lectores e lectoras.
  • 34. Concha Blanco Recomendo o título Rubicundo da autora María Canosa publicado por Edicións Xerais, por ser un libro no que a historia que nel se conta é moi orixinal, pracenteira e ben tratada. Non deixará impasibles aos lectores e lectoras.Toda a obra está envolta nun halo de tenrura emanada polos seus personaxes e axudado tamén polas logradas ilustracións de Dani Padrón. A nena Erea cada noite escoitaba o son da bicicleta do seu veciño, un señor un tanto especial non só coa vestimenta senón tamén coas actitudes, que a tiñan desconcertada, ata que decidiu seguilo e así conseguir saber o que realmente pasaba.
  • 35. Xurxo Mariño Doutor en Ciencias Biolóxicas, divulgador científico Unha fiestra marabillosa para penetrar na mente sempre inqueda de Lupe.
  • 36. Xurxo Mariño NOVONEYRA:Ola Heidi. Tes as fazulas moi encarnadas. Estás namorada? HEIDI:Estou embarazada de catro meses. Teño tantos poemas na barriga! Necesito outra barriga para poder gardar tanta poesía. ROSALÍA: Querido Tom Waits. Que fas dentro desta maza? Estás perdido no bosque? Cantas tan ben como o gume desapaixonado dun coitelo con taquicardias e febre. Eu estaba paseando tranquilamente polo bosque das palabras e caín dentro desta mazá. TOM WAITS:Querida Rosalía, deberías dedicarte ao mundo dos programas radiofónicos. A túa voz soa tan desconsolada, tan aritmética, tan fotográfica. 
 O de arriba son dous fragmentos dos Diálogos imposíbeis de Lupe Gómez, unha das miñas poetas galegas favoritas. Lupe é desvergonzada, orixinal, intensa e, por veces, moi divertida. Este libro, que é unha mestura de poesía e teatro, garda no seu interior un feixe de diálogos surrealistas entre todo tipo de personaxes; galegos e internacionais, vivos e mortos, reais e ficticios. Unha fiestra marabillosa para penetrar na mente sempre inqueda de Lupe.
  • 38. Avelino González Porca Terra de John Berger na tradución de Xoán Abeleira editada en Rinoceronte. Un libro inigualable en emoción e calidade á hora de falar da xente de aldea, unha tradución marabillosa feita en galego da montaña de Ourense. Un librazo!
  • 39. Xabier Docampo Mestre, actor e director de teatro Obra de brillante beleza, cheo de humor e de graza e dunha intelixencia suprema.
  • 40. Xabier Docampo Leo Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro porque é unha obra mestra da nosa literatura. Como podedes ver pola foto é unha edición antiga, de 1968, que sempre me acompañou (a primeira era de 1955 e eu era moi pequeno para mercala). É un libro que me gusta moito e que releo de cando en vez, e sempre me parece novo e sempre me descobre cousas que en lecturas anteriores se me escaparan. É unha obra de brillante beleza, cheo de humor e de graza e dunha intelixencia suprema. Certo que é o meu libro favorito do autor, pero podería dicir o mesmo de calquera outro, tanto dos escritos en galego coma dos feitos en castelán, porque Cunqueiro é un escritor que todo fixo ben: as novelas, os relatos, a poesía, o teatro, os artigos de prensa… Recoméndovos moito que leades con frecuencia este autor porque é un gozo que moi poucos outros vos poderá dar. Lédeo sen medo, porque canto máis o fagades máis vos ha gustar e mellor o comprenderedes, Ah, e sempre teredes garantido un sorriso de satisfacción durante a lectura, porque as súas obras son sempre moi divertidas. Unha cousa máis. Por expreso desexo del, na tumba de Álvaro Cunqueiro lese este epitafio: «Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis». Apertas e que o voso corazón se vaia enchendo de fermosas historias.
  • 41. David Bruzos Deputado mas Cortes Xerais, profesor de Física e Química Unha fantástica creación literaria feita na nosa terra.
  • 42. David Bruzos Gústame recomendar o Made in Galiza de Séchu Sende tanto pola obra como polo seu autor. Unha fantástica creación literaria feita na nosa terra, por un autor comprometido e compañeiro de profesión, pois é profesor de Lingua e Literatura en secundaria. Unha obra que amosa a calidade artística que temos no noso país, e que precisa poñerse en valor se ser recoñecida como tal. E, por se fose pouco, unha obra coa que desfrutar da lectura con 42 relatos cos que nos sentiremos plenamente identificadas. Agardo que a desfrutedes tanto coma min.
  • 43. Pilar Neira Mestra, presidenta Mudegá ex-selecionadora Galega fútbol. …o soño de deixar soñar ás nenas, mailos nenos
  • 44. Pilar Neira Quizais Manuel María, cos  Soños na gaiola, acade o soño de deixar soñar ás nenas, mailos nenos, coa liberdade precisa, imprescindíbel, para que sexan capaces de seren eles mesmos, facendo que nós sexamos con eles, neles, facendo realidade os nosos soños, ata o agora engaiolados.
  • 45. Caxade Músico e mestre Leitura crítica, metafórica e atual
  • 46. Caxade O livro escolhido é Sopa Verde. Aínda que a autora, Ângela Madeira, semelha ter a intençom neste livro infantil defazer- lhes ver às crianças que devem comer detodo, seja ou nom um alimento conhecido ou do seu agrando, gosto também depensar numha leitura crítica, metafórica e atual, que é a oposta à mais amável que lhe dá inicialmente a autora do livro, e que vai da mão da poética do meu vídeo "Gente Pota". Ás vezes pensamos que comemos sopa verde, mas nom sabemos o que realmente nela nos botarom os que governan a nossa alimentaçom ou a nossa vida em geral.
  • 47. Federico Pérez Rey Actor Manancial Xavier Manteiga Pa ra m i n s u p u xo u n h a entrada de aire fresco na literatura galega.
  • 48. Ramón Vilar Landeira Escritor e periodista Laura no deserto Antón Riveiro Coello Nalgunhas novelas aprendemos que a vida hai que loitala e que a única derrota é que outros a vivan por ti.
  • 49. Bocixa Músico Un clásico, un cómic,un poemario e un libro-disco.
  • 50. Bocixa Recomendo catro traballos. Estou rodeado, he,he!:un o clásico xa Made in Galiza de Séchu Sende, Castelao O Pobre Tolo, cómic con guión de Inacio Vilariño e Iván Suárez no debuxo (relata o desterro de Castelao a Badaxoz), Átonos da carballesa Rosalía Fernández Rial e un recente libro disco que se presentou en abril en directo en Compostela nun concerto. Poemas de Manuel María coa Banda Fran Amile a tribo incomprensíbel no que cantan Paula Romero (A Gramola Gominola, De Vacas...), Belén Tajes, O Leo, MJ Perez, Jasper e un tal Bocixa.
  • 51. Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira Actores Os dous de sempre Alfonso R. Castelao Hai libros que unen moito. Pódense ler entre dous… De sempre!
  • 52. Quico Cadaval Actor e director de teatro O tío Miseria Enrique Labarta Pose Cóntase en todas as culturas do mundo, pero a no sa versión é a mellor.
  • 53. Diego Ameixeiras Escritor e guionista Imposible lela sen un sorriso na boca.
  • 54. Diego Ameixeiras Triste, solitario y final, do arxentino Osvaldo Soriano (1943-1977). Unha das miñas novelas preferidas. Está chea de humor e melancolía. Imposible lela sen un sorriso na boca. Imaxinades a Stan Laurel, o mítico humorista do Gordo e o Fraco, querendo contratar a un detective como Philip Marlowe? Xa me contaredes!
  • 55. Mª Carmen Méndez Mestra infantil CPI As Revoltas O principiño Antoine de Saint-Exupéry P o r q u e n o s r e c o r d a q u e independentemente da idade que t e ñ a m o s n u n c a d e b e m o s esquecernos do neno que un día fomos.
  • 56. Rocio Alvarellos Mestra infantil CPI As Revoltas Ofrece unha forma distinta de ver e entender a vida.
  • 57. Rocío Alvarellos El mundo amarillo é o meu libro favorito porque chegou no momento ídóneo, ofrecéndome unha forma distinta de ver e entender a vida. Se cres nos soños eles crearanse, se algo queres hai que loitar por iso. 
  • 58. Chus Couto Cotelo Mestra primaria CPI As Revoltas Queixumes dos pinos Eduardo Pondal Escollín este libro porque “eu nacín cabo do pinal espeso” m o i p r e t o d a p e q u e n a Ponteceso.
  • 59. Silvana Castro García Profesora de Lingua e Literatura Galega secundaria CPI As Revoltas O esencial é invisible aos ollos.
  • 60. Silvana Castro García Hai anos, Bárbara, unha querida amiga miña e unha das persoas máis intelixentes que coñecín, díxome que lía O principiño, de Antoine de Saint- Exupéry, cando menos unha vez ao ano. Decidida a (re)descubrir aquel libro que coñecía desde a miña infancia e que mantiña semiesquecido nos andeis da casa, tornei a lelo e marabilloume a lectura diferente que tirei del. Desde esa, agora que á miña amiga e a min nos separa un océano de distancia, O principiño converteuse nun dos meus libros imprescindibles, e cada vez que o leo (cando menos unha vez ao ano, para non faltar ao ritual) tiro algo novo del. Velaí a grandeza desta obra, que baixo a aparencia dun libro infantil é todo un relato onde narrativa, poesía, ilustracións, crítica e filosofía se mesturan para nos deixar un baleiro na alma cada vez que temos que separarnos do pequeno príncipe que non entende o noso mundo e que sente morriña do seu reino de roseiras, baobabs e tres volcáns.
  • 61. Mónica Parente Morales Profesora Física e Química CPI As Revoltas Pe q u e n a s c u ri o s i d a d es científicas.
  • 62. Mónica Parente Morales Recomendo este libro xa que se trata dunha obra con pequenas curiosidades científicas que espertan o interese dos rapaces e rapazas pola ciencia.
  • 63. Paula Figueira Domínguez Mestra Educación Física de Primaria CPI As Revoltas Unha nena espertou un día e non sabía como se chamada
  • 64. Paula Figueira Domínguez Este é o meu libro favorito porque é un libro personalizado que lle fixemos á miña filla, no que unha nena espertou un día e non sabía como se chamada. Viviu varias aventuras ata que descubriu que o seu nome era ICÍA. Léollo á miña filla polas noites antes de durmir.
  • 65. Xohán Xabier Baldomir Cabanas Profesor de Lingua e Literatura Galega CPI As Revoltas Un príncipe que non quere s e r r e i . . . p o r q u e é republicano!
  • 66. Xohán Xabier Baldomir Cabanas As Viaxes do Príncipe Azul, de Darío Xohán Cabana, é unha divertida historia sobre un príncipe que non quere ser rei... porque é republicano! Trátase dun libro interesante que mostra de forma irónica as presións que, ás veces, os pais e as nais exercen sobre os seus fillos e fillas para que sigan un camiño que, quizais, sexa "o mellor", mais non é o que os fai felices. Ao final, o príncipe Celurio encontrará a súa verdadeira vocación. Todas e todos nós debemos encontrar a nosa.
  • 67. Mila Diéguez Taboada Profesora Matemáticas CPI As Revoltas A literatura é unha ciencia e as matemáticas tamén son cultura.
  • 68. Mila Diéguez Taboada Poderiavos recomendar feixes de libros, poderiavos transmitir a miña fonda admiración por eses xénios que fían palabras para tecer os soños que confeccionan as historias,historias que saben a mel cando son na nosa lingua. Pero decidín que hoxe vos vou presentar un título, A estatística en caricaturas, que non destaca pola súa prosa,nin tan sequera ten ilustracións marabillosas, pero evitará que digades ou creades barbaridades tales como: Pasei duns beneficios dun 30% a un 20%, e dicir disminuiron un 10% Lede moito,lede sempre,lede de todo,porque a literatura é unha ciencia e as matemáticas tamén son cultura.
  • 69. ISABEL RISCO Actriz A Esmorga Eduardo Blanco Amor Con esta obra vivín unha b o r r a c h e i r a m e n t a l d e emocións.
  • 70. ISABEL RISCO Con esta obra vivín unha borracheira mental de emocións. Para min é única, pasoume algo similar cando lin tempo despois Trainsppoting, do escritor escocés Irvine Welsh, e as dúas teñen moi boas versións cinematográficas, mais mergullarse na lectura da Esmorga é unha terapia e unha actividade altamente recomendábel, vivirás experiencias novas e ficarás bébeda sen ter que recorrer a ningunha substancia!
  • 71. SILVIA MUÍÑO Traballadora da administración local e blogueira de moda Made in Galiza Sechu Sende Sempre está de moda.
  • 72. SILVIA MUÍÑO Made in Galiza sempre está de moda. É un libro con historias orixinais e únicas que nos transporta ao mundo das palabras. O humor acompaña a orixinalidade e a ironía coa que se fala da situación da lingua galega a través de diferentes relatos. Recoméndovos esta lectura porque é transformadora e rebelde e achega unha perspectiva crítica sobre situacións surrealistas que vivimos decotío moitas galegas e galegos. Que teñades feliz lectura!
  • 73. MARÍA LADO Poeta Aí foi cando decidín que eu quería ser poeta, pero poeta así, botando unhas risas.
  • 74. MARÍA LADO Eu sempre recomendo ler o libro de Ronseltz porque creo que é unha maneira intelixente e divertida de achegarse á poesía. Eu lino de adolescente, pouco despois de velos recitar no meu instituto e encantoume. Recordo que o recital me parecera unha pasada, con moita retranca e un montón de referencias literarias e non literarias das que daquela pillei só algunhas. E creo que me marcou moito. Aí foi cando decidín que eu quería ser poeta, pero poeta así, botando unhas risas. Ao final conseguín ser poeta mesturando as risas e os poemas serios. Pero todo comezou con Ronseltz, por iso o recomendo sempre.
  • 75. LIDIA SENRA Eurodeputada Ler ou reler a Manuel María vai contribuír de forma moi importante a ganar a austoestima.
  • 76. LIDIA SENRA Neste momento, no que a nosa língua, a nosa cultura, a nosa terra, o noso mar e, mesmo a profesión labrega non deixan de recibir ataques por parte dos nosos gobernos, creo que ler ou reler a Manuel María vai contribuír de forma moi importante a ganar a austoestima que precisamos para valorar o que somos e para defendernos como pobo.
  • 77. INMA LÓPEZ SILVA Profesora na ESAD, escritora e crítica literaria A peza é interesante porque retrata un espazo urbano e marxinal .
  • 78. INMA LÓPEZ SILVA Recomendo Limpeza de sangue, de Ruben Ruibal. É un dos nosos premios nacionais, e a peza é interesante porque retrata un espazo urbano e marxinal que, malia existir na Galiza dos últimos trinta anos, poucas veces aparece tan ben retratado na nosa literatura. A ese retrato fiel contribúe moito o traballo coa variante urbana da lingua galega, pero tamén a sensibilidade coa que se trata os personaxes e mais unha historia que mantén de principio a fin intriga e sentido critico
  • 79. ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL Profesora e escritora Un libro para xente moza e inconformista.
  • 80. ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL “Poesía e rebelión!”, así, con exclamación! Berrando, cuspindo e con espírito irreverente prologan Alonso e Carlos Negro unha antoloxía de textos subversivos, atrevidos, rebuldeiros, eróticos, festivos, de denuncia, mal falados, sorprendentes…. Unhas composicións, que a pesar de todo, “non morden”, tal e como advirten ambos autores. Un libro, en definitiva, para xente moza e inconformista, para recitarlle á orella aos ligues do verán e soltar versos mentres nos tiramos na bici polas pistas de Bergantiños e as praias Costa da Morte… Atréveste?
  • 81. SECHU SENDE Profesor e escritor É poesia mui potente!
  • 82. SECHU SENDE Este livro é um dos meus favoritos porque tem umha propriedade especial: é revolucionário! E está cheinho de humor, amor, sexo, emoçons fortes e ideias para mudar o mundo. É poesia mui potente!
  • 83. Jorge Mira Profesor da USC O meirande símbolo da capacidade humana é o reflexionar sobre a súa propia existencia
  • 84. Jorge Mira O meirande símbolo da capacidade humana é o reflexionar sobre a súa propia existencia: a materia, artellada en forma de vida, consegue facerse preguntas sobre si mesma.
 Esa reflexión inclúe descubrir cal é o tamaño do Universo no que vivimos ou, o que é o mesmo, saber a que altura está o ceo. Esa pregunta tardou milenios en poderse respostar. Só agora, no século XXI, puidemos gozar do privilexio de darlle resposta definitiva.
 Creo que todo o mundo desta época debería coñecer a resposta a unha pregunta que tardou tanto en resolverse.
  • 85. GORETTI SANMARTÍN Vicepresidenta da Deputación da Coruña e profesora da UDC Sempre hai algún momento especial en que os segredos non aturan máis e teñen que se manifestar.
  • 86. GORETTI SANMARTÍN Cabalos e lobos é unha novela que indaga nas historias familiares, nesas que se gardan nas gabetas e das que nunca se fala. Ou case nunca. Porque sempre hai algún momento especial en que os segredos non aturan máis e teñen que se manifestar, que romper os candeados que os encerran e deixar voar os sentimentos apreixados. Cabalos e lobos é unha novela sobre a dureza da verdade. E ese enfrontar a verdade remata por ser a única maneira de achar a felicidade.
 A sabedoría, o camiño e a aprendizaxe únense ás diferenzas xeracionais, ás diversas maneiras de vivir. O silencio e a represión fronte á naturalidade de Thomas,  o fillo de Paula Beckmann, dos Beckmann da Gran Vía viguesa, Paula a alemá ou a "nazi", a representante dunha familia acomodada con vidas cheas de misterio. A novela, para alén de arrecender a libros, de nos pór diante dos ollos a importancia da escrita, a forza da palabra, está redactada nun estilo fluído, posúe un magnífico galego e é obra dun autor que manexa moitos rexistros e ten o don da comunicación.
  • 87. GORETTI SANMARTÍN O seu autor, Fran P. Lorenzo, é un xornalista ben coñecido na cidade de Compostela, unha persoa que leva o oficio de escritor nos ollos, nos ouvidos e nas mans. Esta é a súa primeira novela publicada, unha obra que recibiu o Premio Blanco Amor de Novela Longa no ano 2014. Fran pertence a ese grupo de escritores poderosos, con anos de saber e de lecturas acumuladas e moitas ganas de achegar o seu relato a ese que, colectivamente, o pobo galego ten que cantar. Porque só o diálógo con autoras e autores contemporáneas/ os fan posible soñarmos cun mundo mellor e porque as lecturas partilladas crean comunidade, quero parabenizar esta iniciativa e desexar con intensidade que esta lectura tire por outra, e a outra por máis unha e así sucesivamente.
  • 88. CÁNDIDO PAZÓ Actor e dramaturgo S o n h is t o ri a s p ro p o st a , historias fermento, historias porta, historias semente…
  • 89. CÁNDIDO PAZÓ Romaría de historias, o último que escribiu Neira Vilas. A contraportada aínda fala del en presente, pero xa non puido estar para a súa presentación en público. Son historias proposta, historias fermento, historias porta, historias semente… como se Neira nos convidase a terminarmos un camiño de evocación e imaxinación que nos quixo deixar en herdanza. Un libro para ler pasiño a pasiño, como quen vai de romaría.
  • 90. MANUEL LOURENZO Actor e dramaturgo Toda a vangarda teatral europea está aquí.
  • 91. MANUEL LOURENZO "Toda a vangarda teatral europea está aquí, nesta hucha dos tesouros, imprescindíbel para poder avanzar mesmo sobre o pedroallo".O libro recomendado é o  Teatro de Máscaras  de Otero Pedrayo.
  • 92. XABIER DÍAZ Músico Viva a lírica popular e a lectura.
  • 93. XABIER DÍAZ Podería valer calquera dos cancioneiros de lírica popular do país (Dorothe, Casto Sampedro, Cabanillas etc) pero vai este porque a compilación atinxe ao período da segunda metade do XIX e tanto o vocabulario coma as construcións empregadas son especialmente requintadas e exquisitas dende o meu punto de vista, viva a lírica popular e a lectura en calquera das súas manifestacións ou xéneros. Apertas e alalás!
  • 94. Carlos Callón Profesor e activista da lingua Permite coñecermos mellor a nosa nación
  • 95. Carlos Callón Custoume moito traballo escoller un libro para recomendar. Mesmo me custou traballo decidirme por un en concreto dentro da obra de Miguel-Anxo Murado, un dos mellores autores actuais. Gusto da súa obra dramática, da súa narrativa e son apaixonado polos seus ensaios. Entre eles, recomendo desta volta  Outra idea de Galicia, porque permite coñecermos mellor a nosa nación, a través de perspectivas e anécdotas que nos van sorprender.
  • 96. Anxos Sumai Escritora e documentalista Son relatos crueis e tenros, fermosos e tristes así como somos nós.
  • 97. Anxos Sumai O primeiro poemario que lin de Olalla Cociña foi Aquí (intemperies): descubrímonos como dous peixes que se observan con curiosidade, cada unha no seu acuario. Despois foi o Libro de Alicia:  mirei pola ventá da cociña e vinme a min dentro porque, alí dentro, tamén estaba o meu mundo, co perfume vivo das desaparicións, as presenzas e as lembranzas. En Ningún precipicio a poeta e mais eu atopámonos cara a cara. Asumín os versos, afectoume a infancia, o amor, os xogos, a lingua, o desexo. Os poemas por veces son relatos crueis e tenros, fermosos e tristes así como somos nós: ceo e inferno abrindo precipicios que superamos   celebrando as contradiccións, a alegría , a casa que habitamos, o medo infantil que nos fascina, o confort ou o desconcerto do cotián...
  • 98. Anxos Sumai Na éxtase da lectura, o libro turra de min e enraízo. Fun cada verso, sempre alerta porque nunca sabía cando me iluminaría a luz nin cando me asombraría a sombra.Sempre atenta ás palabras imprevistas porque “cómo te marean, voces previsoras están dicindo xa que o mellor que lles pode pasar a ese fato de palabras globo é que se solte. Perderse”. Olalla Cociña escribiume unha dedicatoria neste poemario: “... porque nas flores, para que as nosas escritas nos sigan contendo”.  Sobre ningún precipicio, despois da contención, son as palabras quen nos converten en paxaros, en papaventos e en globos. E si, queremos ceibarnos.
  • 99. Manuel Vicente Doutor en Ciencias Químicas e divulgador científico Conta as vidas paralelas e Gauss e Humboldt
  • 100. Manuel Vicente Son Manuel Vicente do programa de divulgación científica Efervesciencia que se emite na Radio Galega. A miña recomendación literaria é o libro "A medición do mundo" de Daniel Kejlmann. É unha novela que conta as vidas paralelas e Gauss e Humboldt. Que por certo este último pasou por Galicia antes de emprender a súa viaxe de descubrimentos por América. Agardo que vos guste"
  • 101. Elena Gallego Abad Escritora e periodista Sete caveiras Elena Gallego Abad
  • 102. Xosé Luis Rivas, Mini Mestre, músico, concelleiro en Boimorto e candidato ao Senado polo BNG. Tonecho de Rebordechao Breogán Riveiro
  • 103. Celso Fernández Sanmartín Filósofo, poeta, labrego e contador de historias Va l o r i n c a l c u l a b l e d e resumir a vida completa do carro.
  • 104. Celso Fernández Sanmartín O libro documental O carro e o home, de Xoaquín Lorenzo ten para min o valor incalculable de resumir a vida completa dun apeiro de uso na Galicia rural: o carro. Sei que para o alumnado lles pode parecer antigo de máis … pero a estrutura do documental é o que me interesa, e é aplicable a calquera ferramenta ou obxecto de uso actual. E tamén porque etnograficamente é interesante e poético.
  • 105. JAVIER MANJARÍN Ex-xogador do Deportivo D o n Q u i j o t e d e l a Mancha Miguel de Cervantes Saavedra Porque cada capítulo era una aventura.
  • 106. Rosalia Fariña Cotelo Cociñeira no CPI As Revoltas Receitas como as que fan as nosas avoas.
  • 107. Rosalia Fariña Cotelo, Elixín este libro de cociña e recomendo porque ten receitas de cociña tradicional galega con receitas como as que fan as nosas avoas. Álvaro Cunqueiro e AraceliFilgueira Iglesias.
  • 108. Pilar Orgeira Rey Cociñeira no CPI As Revoltas Experiencias persoais dos nenos na infancia e na adolescencia
  • 109. Pilar Orgeira Rey Elixín este libro porque narra as experiencias persoais dos nenos na infancia e na adolescencia.
  • 110. Ana María Amado Pastoriza Cociñeira no CPI As Revoltas Aínda non acabaches de ler unha páxina cando xa queres saber o que pasa na seguinte.
  • 111. Ana María Amado Pastoriza "Este é o meu libro favorito porque ten moita intriga, aínda non acabaches de ler unha páxina cando xa queres saber o que pasa na seguinte, tamén me gustou porque fala de lugares galegos "
  • 112. José María Bregua Profesor de Educación Plástica e visual do CPI AS Revoltas Dunha forma novelada e moi amena, narrando as vicisitudes de cinco familias de distintas nacionalidades
  • 113. José María Bregua O libro La Caída de los Gigantes do escritor Kent Follet é un dos meus libros favoritos dos últimos anos, xa que con el iniciou a triloxía The Century, e con ela dunha forma novelada e moi amena, narrando as vicisitudes de cinco familias de distintas nacionalidades, das que interveñen nos conflitos bélicos, fai un repaso sobre a sociedade, os costumes e os acontecementos ocorridos, neste primeiro na primeira guerra mundial; no segundo titulado El Invierno del Mundo na segunda guerra mundial; e no terceiro titulado El Umbral de la Tierra na guerra fría.
  • 114. Celia Bello Lorenzo Profesora Tecnoloxía CPI As Revoltas La ridícula idea de no volver a verte. Rosa Montero "Si uno no hace suficientes concesiones, lo aplastan; si hace d e m a s i a d a s, es i n n o b l e y s e desprecia a sí mismo"
  • 115. Celia Bello Lorenzo A historia dunha muller fascinante como Marie Curie mesturada co recordo persoal da autora, que espertou en min emoción e complicidade...
  • 116. Ana Fuentes García Directora do CPI As Revoltas, profesora de Francés Les Profs Ler é rir, viaxar, pensar, namorarse, compartir, e sobre todo vivir.
  • 117. Francisco Luís Abella Cruz Profesor de Lingua castelá CPI As Revoltas Non teño un libro preferido, todos me gustan...
  • 118. Francisco Luís Abella Cruz Non teño un libro preferido, todos me gustan... Escollín este porque foi o primeiro libro que merquei con cartos de meu. É unha edición probiña, e as follas parece que se queren soltar, pero aínda o conservo.
  • 119. Xoán Gabeiras Vérez Profesor de Xeografía e Historia CPI As Revoltas Sempre en Galiza Alfonso R. Castelao A Biblia dunha Nación morta antes de nacer.
  • 120. José Ramón Varela Rey Profesor Bioloxía CPI As Revoltas S o ñ o q u e a l g ú n d í a a lectura esperte a mesma paixón que o fútbol no noso país.
  • 121. José Ramón Varela Rey Recomendo esta novela histórica e social, escrita polo amigo Pepe Neira Vilas, a tod@s @s alumn@s do CPI As Revoltas.Todos, nalgún momento da vida, fomos Balbino.
  • 122. Ana Isabel Martínez Profesora de Lingua e Literatura Galega CPI As Revoltas Escribir un best seller non é incompatíbel con crear unha obra de grande calidade literaria.
  • 123. Ana Isabel Martínez A memoria da choiva é un thriller literario ambientado en Compostela mergullando na nosa tradición literaria, coa figura de Rosalía de Castro como pano de fondo. Demostra que escribir un best seller non é incompatíbel con crear unha obra de grande calidade literaria con altas doses de lirismo na súa prosa e cheo de sentido do humor, que atrae os lectores desde a primeira liña.
  • 124. Pablo Díaz Músico Po d e m o s v e r di f e re n t es maneiras de interpretar o m u n d o e d e f a c e r n o s reflexionar.
  • 125. Pablo Díaz Usha é un libro que fala da historia dunha nena galega, Uxía, que marcha coa súa nai a Devastana, situada na India, no estado de Karnataka, para traballar nunha ONG. Ao marchar para alí, descobre unha vida ata o momento descoñecida e aprende a sobrevivir doutra forma máis humilde, pero máis feliz. Ademais de aprender alí moitas cousas, nunca estivo soa grazas a Lakshmi e Deepak, os seus mellores amigos que a acompañaron durante todas as súas aventuras e que sen dúbida nunca olvidará. Desde unha óptica adolescente, podemos ver diferentes maneiras de interpretar o mundo e de facernos reflexionar sobre aspectos como o benestar, o compañeirismo, a lingua ou a cultura, que moitas veces minusvaloramos.
  • 126. SERGIO ÁLVAREZ Porteiro do Celta de Vigo Novela negra que turrará pola vosa curiosidade páxina a páxina.
  • 127. SERGIO ÁLVAREZ Recoméndovos o libro de Rosa Aneiros por ser unha historia de amor e liberdade nos tempos duros da ditadura salazarista de Portugal; Os fillos do mar é unha magnífica novela negra que turrará pola vosa curiosidade páxina a páxina; e María Reimóndez ofrécenos unha novela na que reflexiona sobre a importancia do xornalismo para cuestionar os conflitos bélicos, como nestes tempos de guerra nos que sufren moitos pobos. Aproveitade coa lectura destas páxinas.
  • 128. David Casado Bravo Profesor Bioloxía e Xeoloxía CPI As Revoltas El arte de la cetrería Felix Rodrígez de la Fuente Le, comprende e apaixónate da natureza.
  • 129. Mercedes Queixas Escritora e profesora de Lingua e Literatura Galega Irrenunciábel lección de vida dun onte e un antonte en que foi preciso mover os marcos e tronzar todos os valados.
  • 130. Mercedes Queixas Gusto de botar a ollada atrás polo retrovisor da familia. Gusto de confirmar a evolución da mulleres da miña estirpe, sempre inquedas, nunca estáticas nin indiferentes. Irrenunciábel lección de vida dun onte e un antonte en que foi preciso mover os marcos e tronzar todos os valados. Desde o momento en que confirmei a emoción daquela miña primeira gravidez, souben que eu era unha man e un pé máis no que Ela debía achar o resorte preciso para marcar un novo chanzo. Eu, lectora, faláballe a Ela, o soño que estaba por chegar desde o meu ventre cada vez máis rebuldeiro. Ela, narradora, faláballe a Xoana, a navegar nas augas amnióticas do seu ventre. Ela falaba da tataravoa Pepa, da bisavoa Rosa, da avoa Carolina, da nai Carme. Eu contaba o percorrido da evolución dos fotogramas de branco e negro e sepia, despois a toda cor, que o álbum familiar atesouraba. Relataba os días partillados con elas, coas mulleres de meu que me construíron, mesmo sen o saber. Eu reconstruía as pezas dun quebracabezas de superación que comezaba coas bisavoas Daniela, Carmela e Amparo, continuaba coas avoas Preciosa e Mercedes e chegaba á nai, Carmiña. As nosas mulleres, o noso presente, o futuro con Ela!
  • 131. Galicia Gutiérrez Gantes PT CPI As Revoltas O b r a d e t e a t r o infantil moi divertida e un libro cheo de maxia.
  • 132. Galicia Gutiérrez Gantes Pingueiras e tarteiras é unha obra de teatro infantil de Teresa Costa que é moi divertida. Trata dunha raíña que deixa no castelo para vivir nun circo. Unha das obras máis divertidas que teño feito. Si o vello Sinbad volvese as illas é un libro cheo de maxia. É o libro que máis lembro dos que lin no instituto e moito me gustou. Estas son as miñas recomendacións, moitas apertas.
  • 133. Angeles Pita Profesora Lingua e Literatura Castelá CPI As Revoltas Siempre hay lugar para la es p e ra n z a , a u n q u e es t é “rota”.
  • 134. Angeles Pita Primavera con una esquina rota, Mario Benedetti. Una dictadura rompe un país y crea dos modos de vivir: bajo el autoritarismo o en el exilio. A pesar de la represión y del dolor las personas siguen luchando y son ellas las que nos dan a conocer sus miedos, sus preocupaciones, sus sueños… Siempre hay lugar para la esperanza, aunque esté “rota”.
  • 135. Ricardo de Barreiro Actor Un fiel intelixente e real r e t r a t o d a s r e l a c i ó n s humanas.
  • 136. Ricardo de Barreiro Recomendo A piragua,texto teatral de Cándido Pazó,pola súa realidade social,e por ser un fiel intelixente e real retrato das relación humanas.Un libro para ler e para enmarcar.
  • 137. GUILLERME FERNÁNDEZ Músico A u t o r a e a c t i v is t a i m p res c i n di b l e d a n o s a literatura actual.
  • 138. GUILLERME FERNÁNDEZ Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño. Apaixonante relectura do mundo homérico desde unha perspectiva feminina e feminista, dunha autora e activista imprescindible da nosa literatura actual.
  • 139. INÉS SALVADO Música Coa virtude de ser das boas novelas, que por ela non pasan os anos.
  • 140. INÉS SALVADO O capote/O abrigo unha pequena historia publicada no 1842, coa virtude de ser das boas novelas, que por ela non pasan os anos. Chea de realismo crítico, sentido do humor, sátira e un toque de elementos fantásticos. A narrativa é moi sinxela e dalgunha maneira máxica, atrapa e seduce. Poucos escritores conseguen con poucas palabras describir un personaxe e mergullarnosna súa peculiar visión do mundo.
  • 141. FAIA DÍAZ Música Poetas cercanas coas que compartir moitas cousas.
  • 142. FAIA DÍAZ Poetas galegas que escriben sobre o amor... sobre a vida. Poetas cercanas coas que compartir moitas cousas. Ana Romaní, agardo que a disfrutedes!
  • 143. PAULA ROMERO Música Como poderiamos facer do mundo un lugar máis xusto e máis honrado. Polo menos hai que intentalo, non?
  • 144. PAULA ROMERO A miña recomendación é Todos deberíamos ser feministas de Chimamanda Ngozi Adichie. Este libro fala de como poderiamos facer do mundo un lugar máis xusto e máis honrado. Polo menos hai que intentalo, non?
  • 145. – Equipo da biblioteca do CPI As Revoltas “Grazas a todos e a todas, coa vosa colaboración desinteresada axudástesnos a transmitir a paixón pola lectura ”