SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
Rosa Aneiros
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Rosa Aneiros naceu en Meirás (Valdoviño) no ano 1976. Licenciada en
Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de
Compostela, desenvolveu unha ampla actividade en diferentes
medios de comunicación como radio e prensa. A súa obra literaria
está inmiscida especialmente en narrativa onde cómpre salientar
obras coma Resistencia (2002), Sol de inverno (Premio Xerais 2009),
Ás de bolboreta (2009)...
miércoles 30 de abril de 2014
Creo que empecei a escribir relatos antes mesmo de aprender a escribir así que a chegada á universidade pouco ou nada tivo que
ver coa miña paixón por contar historias. O que si logrou aquela Compostela chea de actividade cultural foi crearme a
curiosidade e a inquietude por visibilizar as miñas creacións.
Rosa Aneiros
1. Chegou Vostede á Universidade a comezos dos anos 90. Que supuxo para aquela moza universitaria o contacto con aquel mundo
cultural case finisecular? Foi este contacto o que fixo que Vostede se mergullase de cheo na escrita ou esa cualidade xa viña de
atrás?
2. O de se especializar en Ciencias da Comunicación foi por devoción? Que supuxo para Vostede o verse inmiscida no mundo da
comunicación? Nalgún momento sentiu que aqueles pensamentos da liberdade de prensa se viron coartados a pesar de vivirmos
nunha democracia?
Toda escrita é comunicación. Significa atravesar a fronteira do eu para contar algo, sexa ficción ou relato o máis próximo posible
á realidade. Por tanto estudar xornalismo parecíame o máis coherente e acaído á miña devoción polas palabras. Dende a
literatura e o periodismo contamos desde rexistros diferentes pero os dous procuran chegar a quen le e transmitir unha historia.
A mágoa é que os límites –non entre a maneira de contar que eu defendo debe ser híbrida- senón na propia configuración da
realidade e da ficción están cada vez máis esvaídos. Hai moita, moitísima ficción no que se autodenomina xornalismo e moito
xornalismo disfrazado de literatura. E ningunha das cousas é boa: a ficción debese ser explícita no papel periódico e o bo
xornalismo non debese ter que agocharse baixo nomes falsos ou aparente ficción nas novelas para poder ser relatado porque non
atopa outras vías de publicación. Non poder contar verdades nos xornais por temor a censuras ou posibles represalias e facelo nas
novelas coa excusa da invención non é bo síntoma nunha democracia. Por fortuna, quen le é intelixente e sabe diferenciar as máis
das veces, por máis que quen asina intente enganalo…
3. Supoñemos que a súa primeira obra literaria naceu, cando menos no seu maxín, a fins da súa carreira universitaria. Tivo algo
que ver a súa especialización ou a súa literatura foi quen de marchar independente da súa profesión?
Creo que os meus camiños literarios fixeron un percorrido de seu. Efectivamente, Eu de maior quero ser escribina nas aulas de
segundo de carreira pero non tivo demasiado que ver coa miña experiencia universitaria.
miércoles 30 de abril de 2014
Eu escribín o guión que Álex Sampayo transformou nunha fermosa curta. Foi unha experiencia bonita e unha aprendizaxe grande
de como transformar palabras en imaxes. Pero o mérito todo é do director. O audiovisual require outra linguaxe e eu sigo estando
máis cómoda entre letras, signos de admiración e cursivas.
Rosa Aneiros
4. Que supuxo para Vostede verse ao mando do guión dunha curtametraxe (O señor do telexornal)? Nunca pensou en se seguir
achegando ao mundo do audiovisual?
5. Vostede é colaboradora de diferentes xornais. Inflúe para unha xornalista á
hora de escribir pensar no xornal en que vai publicar, a súa liña editorial e de
pensamento?
Inflúe algo na escolla de temas. Se o tema do que vou escribir foi moi tratado
ou apenas se citou na cabeceira condicionará que dedique máis ou menos
tempo a explicalo ou a opinar sobre el… Pero nunca me sentín privada de falar
de nada...
6. Con vinte anos recibe o seu primeiro premio narrativo (“Lueiro Rey”). Que
supuxo para Vostede este premio de novela curta? Dez anos despois acadou
un dos tres principais premios de novela longa (Xerais). Nunca pensou en
intentar acadar os outros dous premios (Blanco Amor e García Barros) da
triloxía de grandes premios galegos de narrativa longa?
Nunca me presentei a eses premios que citades pero porque non me cadrou nos
tempos. En canto ao futuro, antes de pensar en premio ningún cómpre escribir
unha obra e non o estou facendo así que…
Rosa Aneiros por Manuel G.Vicente
miércoles 30 de abril de 2014
As historias veñen e van segundo o seu propio ritmo e no meu caso non responden a decisións premeditadas. Visitaba o Museo da
Resistencia en Peniche cando vin uns contos e souben que alí había unha boa historia. Que esa boa historia rematase en novela
foi froito da pescuda, da teimosía e do entusiasmo por un material sen dúbida de altísimo valor narrativo. Sen máis. Nin
procurei facer a novela da revolución portuguesa nin proxectei un achegamento literario máis alá do Miño. Foi todo máis simple
e, á vez, infinitamente máis complexo porque responde a intuicións persoais e non a opcións calculadas. O motor da paixón e da
devoción pola historia deu de si Resistencia, unha novela que sen eses elementos resultaría imposible.
Rosa Aneiros
7. Poderiamos dicir que Vostede pasou a acadar un lugar senlleiro na nosa literatura con Resistencia. Por que se decidiu por se
mergullar na historia portuguesa e non na galega para a trama desta obra? Até que punto tivo que botar man da súa
especialidade xornalística para a elaboración desta obra?
8. A historia narrada en Resistencia perfectamente podería situarse, tanto
temporalmente coma tematicamente, no noso país. Non serían Dinís e Filipa
personaxes coñecidos por Vostede ou simplemente personaxes inventados?
Son personaxes inventados, claro. Todo nas miñas obras, mesmo o máis
aparentemente real é inventado, tal e como aparece nelas. Cousa ben
diferente é que haxa personaxes que lembran nalgún aspecto a outros, ou
anécdotas que xorden disfrazadas, cambiadas de tempo e lugar pero ningún
personaxe (agás que así se explicite) corresponde na súa totalidade con
alguén. A vida é o que nutre as miñas historias pero iso non significa que sexa
a miña vida o que acaba no papel. É algo do que fuxo coma do lume.
9. Vemos que na obra de Resistencia os sentimentos humanos, nas diferentes
vertentes, están omnipresentes. É este un apartado primordial para Vostede
ao se poñer a escribir ou ten maior importancia a acción en si?
A maneira de contar débese á historia que se narra. Por tanto, se a novela é
de intriga psicolóxica haberá máis presenza de reflexións ou pensamentos pero
se falamos dunha novela de viaxes, o motor da acción é imprescindible.
Segundo o que me pida cada historia empregarei unha ou outras ferramentas.
miércoles 30 de abril de 2014
Rosa Aneiros
10. Cando lle propuxeron participar na obra de Narradoras, xunto con outras vinte e catro escritoras, creu que era unha maneira
de reivindicar a narración feminina (de mulleres) ou ben unha colaboración máis? Por que nos parece que a pluma feminina se
decanta máis pola lírica?
Por fortuna, creo que eses foron tempos. Actualmente hai moitas e moi boas mulleres narradoras polo que aquel reto de
Narradoras de visibilizar a autoría feminina en prosa ficou amplamente superado. Foi unha aposta de Xerais que a literatura
galega debe agradecer polo que supuxo de empurrón para moitas creadoras. A escolla da lírica para moitas autoras respondeu,
durante moitos anos e ademais dunha opción persoal, a cuestións sociolingüísticas de fondo calado. E, a pesar dos avances e do
que poida aparentar, segue a ser complicado para as mulleres atopar vagar para a escrita. A reivindicación dun cuarto de noso
que reclamou Virginia Woolf segue a estar vixente.
11. E aproveitando o anterior, para cando unha obra lírica ou teatral de Rosa Aneiros?
12. Tamén se decantou abondo pola narrativa para os lectores máis novos. É este un espazo que aínda habería que coidar máis?
Pois podemos seguir agardando…
A denominada literatura infantil e xuvenil supón actualmente o 13% da edición. É unha cifra aparentemente cativa pero que
agocha un abano inmenso de creadoras e creadores e posibilidades discursivas. Cada día aparecen na nosa literatura obras
magníficas destinadas a este público tan crítico, tan xeneroso e tan difícil de satisfacer. Pero o importante penso eu non reside na
oferta senón na demanda. Necesitamos que nos leades. Necesitamos escribir porque hai alguén do outro lado das palabras
disposto a construír universos a partir dos nosos parágrafos. Sen lectoras e lectoras o noso é papel morto. Por iso creo que se
necesita potenciar moito máis a comunicación entre obras e público, crear máis canles onde flúa o coñecemento, o intercambio, a
capacidade de encontrármonos. Falo de clubes de lectura, charlas virtuais, entrevistas, chíos nas redes sociais… Cómpre facer dos
libros unha necesidade real nos lectores e facelos cómplices das vosas vidas para que vos acompañen e vos inspiren. E, para iso
precisades saber os libros que saen para poder escoller entre a ampla oferta existente e nós necesitamos saber que estades aí
para que a publicación dos nosos escritos teña verdadeiro sentido. A xente nova é a crítica máis sincera e interesante que temos
das nosas obras!
miércoles 30 de abril de 2014
14. A súa obra Ás de bolboreta está premiada e inserida na famosa “The white Ravens”. Que supuxo para Vostede este feito que
fixo que traspasase as nosas fronteiras?
Rosa Aneiros
É un recoñecemento que estimo moito porque sitúa a Ás de bolboreta, unha obra que transcorre nunha cafetería dunha cidade
pequena, fóra das nosas fronteiras. Para unha autora chegar lonxe, mesmo onde os teus pés nunca chegaron, sempre é unha alegría
e demóstranos o inmenso valor das palabras e das historias que escribimos.
13. Está Vostede inmersa na publicación dunha triloxía (Ámote Leo A. Destino xalundes/ Ámote Leo A. Estación de tránsito/ Ámote
Leo A. Terminal de... chegadas?). Son tan simbólicos estes títulos (busca de destino-tránsito-chegada) no personaxe protagonista
da obra na súa viaxe existencial? Por que cre que na actualidade se están a publicar obras, tanto en galego coma noutros idiomas,
en series?
Os símbolos son moi importantes nesta viaxe iniciática que levará a Leo ao máis fondo de si mesma. Na actualidade hai moitas
series porque tamén no audiovisual está a triunfar un formato que permite que quen le se enganche cun universo literario ao que
quen escribe pode tirar moito máis proveito ca nunha soa historia. Isto resulta gratificante para quen le e para quen escribe
porque permite escaravellar moito máis nos personaxes, nas tramas abertas, nos fíos invisibles de personaxes secundarios que
aparecen e desaparecen como os pequenos regatos. As series ou, no meu caso, esta triloxía permitiume afondar moito máis na
maleta de Leo e crédeme que me resultou ben fascinante a miña propia descuberta da protagonista.
miércoles 30 de abril de 2014
CUESTIONARIO
Retrato de Rosa Aneiros realizado por:
Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB
miércoles 30 de abril de 2014
O silencio.Un monumento
salientábel?
Nós nus de Olga Novo.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Maruxa Mallo e
Virginia Woolf.
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
García Márquez e Cien años
de soledad.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
O Principiño.
Un personaxe literario co que se
identifique?
O padriño.
Unha película de cine?
A vida.
Cal é a súa fonte de
inspiración
O guía do Hermitage
interpretada Federico
Luppi.
Unha obra teatral?
miércoles 30 de abril de 2014
Vivir.
Un anceio por realizar? Praia sempre.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Para visitar, o mundo enteiro. Para
descansar, a miña casa.
Un lugar para visitar? e un lugar para
descansar?
O nacemento da
miña filla
Un feito histórico?
Tamén vivir.Unha utopía?
Calquera me vale.
Un lugar axeitado para a
lectura?
O Alalá das Mariñasna voz de Xabier Díazou de Uxía Senlle
Un tipo de música? Unhacanción?
Anxos Sumai.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Viaxar.
Outro entretemento
ademais da lectura?
miércoles 30 de abril de 2014

More Related Content

What's hot

What's hot (17)

Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 

Viewers also liked

Viewers also liked (11)

Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 

Similar to Rosa aneiros

Similar to Rosa aneiros (14)

Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 

More from Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

More from Asnosasletras (14)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Rosa aneiros

  • 1. Rosa Aneiros Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Rosa Aneiros naceu en Meirás (Valdoviño) no ano 1976. Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu unha ampla actividade en diferentes medios de comunicación como radio e prensa. A súa obra literaria está inmiscida especialmente en narrativa onde cómpre salientar obras coma Resistencia (2002), Sol de inverno (Premio Xerais 2009), Ás de bolboreta (2009)... miércoles 30 de abril de 2014
  • 2. Creo que empecei a escribir relatos antes mesmo de aprender a escribir así que a chegada á universidade pouco ou nada tivo que ver coa miña paixón por contar historias. O que si logrou aquela Compostela chea de actividade cultural foi crearme a curiosidade e a inquietude por visibilizar as miñas creacións. Rosa Aneiros 1. Chegou Vostede á Universidade a comezos dos anos 90. Que supuxo para aquela moza universitaria o contacto con aquel mundo cultural case finisecular? Foi este contacto o que fixo que Vostede se mergullase de cheo na escrita ou esa cualidade xa viña de atrás? 2. O de se especializar en Ciencias da Comunicación foi por devoción? Que supuxo para Vostede o verse inmiscida no mundo da comunicación? Nalgún momento sentiu que aqueles pensamentos da liberdade de prensa se viron coartados a pesar de vivirmos nunha democracia? Toda escrita é comunicación. Significa atravesar a fronteira do eu para contar algo, sexa ficción ou relato o máis próximo posible á realidade. Por tanto estudar xornalismo parecíame o máis coherente e acaído á miña devoción polas palabras. Dende a literatura e o periodismo contamos desde rexistros diferentes pero os dous procuran chegar a quen le e transmitir unha historia. A mágoa é que os límites –non entre a maneira de contar que eu defendo debe ser híbrida- senón na propia configuración da realidade e da ficción están cada vez máis esvaídos. Hai moita, moitísima ficción no que se autodenomina xornalismo e moito xornalismo disfrazado de literatura. E ningunha das cousas é boa: a ficción debese ser explícita no papel periódico e o bo xornalismo non debese ter que agocharse baixo nomes falsos ou aparente ficción nas novelas para poder ser relatado porque non atopa outras vías de publicación. Non poder contar verdades nos xornais por temor a censuras ou posibles represalias e facelo nas novelas coa excusa da invención non é bo síntoma nunha democracia. Por fortuna, quen le é intelixente e sabe diferenciar as máis das veces, por máis que quen asina intente enganalo… 3. Supoñemos que a súa primeira obra literaria naceu, cando menos no seu maxín, a fins da súa carreira universitaria. Tivo algo que ver a súa especialización ou a súa literatura foi quen de marchar independente da súa profesión? Creo que os meus camiños literarios fixeron un percorrido de seu. Efectivamente, Eu de maior quero ser escribina nas aulas de segundo de carreira pero non tivo demasiado que ver coa miña experiencia universitaria. miércoles 30 de abril de 2014
  • 3. Eu escribín o guión que Álex Sampayo transformou nunha fermosa curta. Foi unha experiencia bonita e unha aprendizaxe grande de como transformar palabras en imaxes. Pero o mérito todo é do director. O audiovisual require outra linguaxe e eu sigo estando máis cómoda entre letras, signos de admiración e cursivas. Rosa Aneiros 4. Que supuxo para Vostede verse ao mando do guión dunha curtametraxe (O señor do telexornal)? Nunca pensou en se seguir achegando ao mundo do audiovisual? 5. Vostede é colaboradora de diferentes xornais. Inflúe para unha xornalista á hora de escribir pensar no xornal en que vai publicar, a súa liña editorial e de pensamento? Inflúe algo na escolla de temas. Se o tema do que vou escribir foi moi tratado ou apenas se citou na cabeceira condicionará que dedique máis ou menos tempo a explicalo ou a opinar sobre el… Pero nunca me sentín privada de falar de nada... 6. Con vinte anos recibe o seu primeiro premio narrativo (“Lueiro Rey”). Que supuxo para Vostede este premio de novela curta? Dez anos despois acadou un dos tres principais premios de novela longa (Xerais). Nunca pensou en intentar acadar os outros dous premios (Blanco Amor e García Barros) da triloxía de grandes premios galegos de narrativa longa? Nunca me presentei a eses premios que citades pero porque non me cadrou nos tempos. En canto ao futuro, antes de pensar en premio ningún cómpre escribir unha obra e non o estou facendo así que… Rosa Aneiros por Manuel G.Vicente miércoles 30 de abril de 2014
  • 4. As historias veñen e van segundo o seu propio ritmo e no meu caso non responden a decisións premeditadas. Visitaba o Museo da Resistencia en Peniche cando vin uns contos e souben que alí había unha boa historia. Que esa boa historia rematase en novela foi froito da pescuda, da teimosía e do entusiasmo por un material sen dúbida de altísimo valor narrativo. Sen máis. Nin procurei facer a novela da revolución portuguesa nin proxectei un achegamento literario máis alá do Miño. Foi todo máis simple e, á vez, infinitamente máis complexo porque responde a intuicións persoais e non a opcións calculadas. O motor da paixón e da devoción pola historia deu de si Resistencia, unha novela que sen eses elementos resultaría imposible. Rosa Aneiros 7. Poderiamos dicir que Vostede pasou a acadar un lugar senlleiro na nosa literatura con Resistencia. Por que se decidiu por se mergullar na historia portuguesa e non na galega para a trama desta obra? Até que punto tivo que botar man da súa especialidade xornalística para a elaboración desta obra? 8. A historia narrada en Resistencia perfectamente podería situarse, tanto temporalmente coma tematicamente, no noso país. Non serían Dinís e Filipa personaxes coñecidos por Vostede ou simplemente personaxes inventados? Son personaxes inventados, claro. Todo nas miñas obras, mesmo o máis aparentemente real é inventado, tal e como aparece nelas. Cousa ben diferente é que haxa personaxes que lembran nalgún aspecto a outros, ou anécdotas que xorden disfrazadas, cambiadas de tempo e lugar pero ningún personaxe (agás que así se explicite) corresponde na súa totalidade con alguén. A vida é o que nutre as miñas historias pero iso non significa que sexa a miña vida o que acaba no papel. É algo do que fuxo coma do lume. 9. Vemos que na obra de Resistencia os sentimentos humanos, nas diferentes vertentes, están omnipresentes. É este un apartado primordial para Vostede ao se poñer a escribir ou ten maior importancia a acción en si? A maneira de contar débese á historia que se narra. Por tanto, se a novela é de intriga psicolóxica haberá máis presenza de reflexións ou pensamentos pero se falamos dunha novela de viaxes, o motor da acción é imprescindible. Segundo o que me pida cada historia empregarei unha ou outras ferramentas. miércoles 30 de abril de 2014
  • 5. Rosa Aneiros 10. Cando lle propuxeron participar na obra de Narradoras, xunto con outras vinte e catro escritoras, creu que era unha maneira de reivindicar a narración feminina (de mulleres) ou ben unha colaboración máis? Por que nos parece que a pluma feminina se decanta máis pola lírica? Por fortuna, creo que eses foron tempos. Actualmente hai moitas e moi boas mulleres narradoras polo que aquel reto de Narradoras de visibilizar a autoría feminina en prosa ficou amplamente superado. Foi unha aposta de Xerais que a literatura galega debe agradecer polo que supuxo de empurrón para moitas creadoras. A escolla da lírica para moitas autoras respondeu, durante moitos anos e ademais dunha opción persoal, a cuestións sociolingüísticas de fondo calado. E, a pesar dos avances e do que poida aparentar, segue a ser complicado para as mulleres atopar vagar para a escrita. A reivindicación dun cuarto de noso que reclamou Virginia Woolf segue a estar vixente. 11. E aproveitando o anterior, para cando unha obra lírica ou teatral de Rosa Aneiros? 12. Tamén se decantou abondo pola narrativa para os lectores máis novos. É este un espazo que aínda habería que coidar máis? Pois podemos seguir agardando… A denominada literatura infantil e xuvenil supón actualmente o 13% da edición. É unha cifra aparentemente cativa pero que agocha un abano inmenso de creadoras e creadores e posibilidades discursivas. Cada día aparecen na nosa literatura obras magníficas destinadas a este público tan crítico, tan xeneroso e tan difícil de satisfacer. Pero o importante penso eu non reside na oferta senón na demanda. Necesitamos que nos leades. Necesitamos escribir porque hai alguén do outro lado das palabras disposto a construír universos a partir dos nosos parágrafos. Sen lectoras e lectoras o noso é papel morto. Por iso creo que se necesita potenciar moito máis a comunicación entre obras e público, crear máis canles onde flúa o coñecemento, o intercambio, a capacidade de encontrármonos. Falo de clubes de lectura, charlas virtuais, entrevistas, chíos nas redes sociais… Cómpre facer dos libros unha necesidade real nos lectores e facelos cómplices das vosas vidas para que vos acompañen e vos inspiren. E, para iso precisades saber os libros que saen para poder escoller entre a ampla oferta existente e nós necesitamos saber que estades aí para que a publicación dos nosos escritos teña verdadeiro sentido. A xente nova é a crítica máis sincera e interesante que temos das nosas obras! miércoles 30 de abril de 2014
  • 6. 14. A súa obra Ás de bolboreta está premiada e inserida na famosa “The white Ravens”. Que supuxo para Vostede este feito que fixo que traspasase as nosas fronteiras? Rosa Aneiros É un recoñecemento que estimo moito porque sitúa a Ás de bolboreta, unha obra que transcorre nunha cafetería dunha cidade pequena, fóra das nosas fronteiras. Para unha autora chegar lonxe, mesmo onde os teus pés nunca chegaron, sempre é unha alegría e demóstranos o inmenso valor das palabras e das historias que escribimos. 13. Está Vostede inmersa na publicación dunha triloxía (Ámote Leo A. Destino xalundes/ Ámote Leo A. Estación de tránsito/ Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?). Son tan simbólicos estes títulos (busca de destino-tránsito-chegada) no personaxe protagonista da obra na súa viaxe existencial? Por que cre que na actualidade se están a publicar obras, tanto en galego coma noutros idiomas, en series? Os símbolos son moi importantes nesta viaxe iniciática que levará a Leo ao máis fondo de si mesma. Na actualidade hai moitas series porque tamén no audiovisual está a triunfar un formato que permite que quen le se enganche cun universo literario ao que quen escribe pode tirar moito máis proveito ca nunha soa historia. Isto resulta gratificante para quen le e para quen escribe porque permite escaravellar moito máis nos personaxes, nas tramas abertas, nos fíos invisibles de personaxes secundarios que aparecen e desaparecen como os pequenos regatos. As series ou, no meu caso, esta triloxía permitiume afondar moito máis na maleta de Leo e crédeme que me resultou ben fascinante a miña propia descuberta da protagonista. miércoles 30 de abril de 2014
  • 7. CUESTIONARIO Retrato de Rosa Aneiros realizado por: Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB miércoles 30 de abril de 2014
  • 8. O silencio.Un monumento salientábel? Nós nus de Olga Novo. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Maruxa Mallo e Virginia Woolf. Un personaxe galego e un estranxeiro? García Márquez e Cien años de soledad. Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? O Principiño. Un personaxe literario co que se identifique? O padriño. Unha película de cine? A vida. Cal é a súa fonte de inspiración O guía do Hermitage interpretada Federico Luppi. Unha obra teatral? miércoles 30 de abril de 2014
  • 9. Vivir. Un anceio por realizar? Praia sempre. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Para visitar, o mundo enteiro. Para descansar, a miña casa. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O nacemento da miña filla Un feito histórico? Tamén vivir.Unha utopía? Calquera me vale. Un lugar axeitado para a lectura? O Alalá das Mariñasna voz de Xabier Díazou de Uxía Senlle Un tipo de música? Unhacanción? Anxos Sumai. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Viaxar. Outro entretemento ademais da lectura? miércoles 30 de abril de 2014