SlideShare a Scribd company logo
1 of 26
Download to read offline
PROXECTO RÍOS : A TOPONIMIA DA CONCA DO
RÍO MERA
Planificación - Metodoloxía :
A comezos do curso 2012-2013 o Profesor Coordinador do
proxecto ríos do I.E.S. “Muralla romana”,D. José Luis Meijide
del Río, presentou o Proxecto Ríos, iniciativa con carácter
interdisciplinar , da que formarían parte os alumnos de 4º da
ESO baixo a coordinación do Departamento de Xeografía e
Historia, de Educación Plástica e Visual, do Equipo de
Dinamización Lingüística e loxicamente do Departamento de
Bioloxía e Xeoloxía.
Como Coordinadora do Equipo do Equipo de Dinamización
Língüística e profesora de Lingua e Literatura galega,
entendín, perfectamente, a importancia de poder concienciar
os alumnos da transcendencia que ten, para as persoas e
adolescentes en xeral e para os galegos en particular, a
natureza, o coidado das nosas augas pero tamén os aspectos
vencellados co noso patrimonio inmaterial, o máis esquecido,
entre o que está a conservación da nosa toponimia e o estudo
da súa orixe, este factor motivou a miña aceptación de
participar no Proxecto.
1
O proxecto presentábase como ambicioso porque era
consciente das nosas limitacións e do complexo que resultaría
este estudo a un grupo de estudantes, na súa gran maioría de
ciencias, considerando que o latín é un instrumento
valiosísimo e imprescindible para o estudo toponímico; con
todo, asumimos o reto.
O primeiro paso foi comentar na aula que iamos facer un
estudo toponímico das parroquias e aldeas pertencentes á
conca do río Mera. En segundo lugar foron distribuídas as
diferentes parroquias , localizándoas previamente nos planos
correspondentes ó Instituto Xeográfico Nacional. A
continuación, unha vez delimitadas as parroquias,
consultouse o Nomenclator de Galicia para elaborar unha
relación das aldeas de cada parroquia, pero seleccionando
aquelas que, estrictamente, pertencen á conca do Mera, coa
axuda , novamente, de mapas topográficos e ordenando,
tanto as parroquias, coma as aldeas, tendo en conta a súa
ubicación dende o nacemento ata a desembocadura a través
do visorgis.cmati.xunta.es e do visor SixPac.
Unha vez rematado todo este traballo xeográfico, realizado
todos os luns na aula de informática do Instituto
adentrámonos na cerna do traballo propiamente dito. Os
alumnos elaboraron o estudo dos topónimos que lles
correspondían coa axuda da Internet, ferramenta
indispensable, e de bibliografía proposta , que figura ó final do
traballo, pero non era suficiente e deste xeito contamos coa
inestimable axuda da profesora de Latín e Grego , Dona Belén
Mosquera Camba, completando entre todos o estudo daqueles
topónimos máis complexos.
Tamén queremos agradecer a D. Nicandro Ares Vázquez,
recoñecido estudoso toponímico e membro correspondente da
RAG a súa disposición desinteresada para participar connosco
neste proxecto, permitíndonos entrevistalo (ver entrevista no
blog), aproveitando que ademais reside nunha das aldeas da
conca (Cabanas-Santa Eulalia de Bóveda) e tamén
2
contribuíndo a aclararnos algún aspecto dubidoso da
toponimia.
Finalmente cada grupo de alumnos foi enviando ó correo do
EDL o seu pequeno estudo e como Coordinadora fun
revisando e engadindo ó blog o traballo.
Mª Xesús Adán López
Coordinadora EDL, IES “Muralla Romana”
Maio 2013.
4º ESO.-IES “MURALLA ROMANA”.- LUGO .-MAIO 2013
3
TOPONIMIA DA CONCA DO RÍO MERA
Toponimia é o conxunto dos nomes de lugares ( do grego
“topos” e “onoma”> “onimia”).
Os topónimos son a parte máis conservadora do idioma. A
toponimia galega é a máis abondosa da Península pola
dispersión da poboación e polo minifundio ( arredor de tres
millóns de topónimos). Supón moita información sobre o noso
pasado xa que moitos dos pobos que tiveron que ver con
esta terra deixaron a súa pegada na nosa toponimia,
prerromanos (entre eles os celtas), romanos, xermanos
(destacar suevos e visigodos). Ademais os topónimos
pódennos dar indicios de antigos detalles xa desaparecidos ou
modificados pola man do home nos aspectos xeográficos
dunha comarca, da flora ou da fauna.
Na orixe dos topónimos podemos distinguir tres etapas:
1.-Etapa prerromana(substrato): é a etapa máis difícil de
investigar, corresponden a esta etapa moitos dos topónimos
relacionados coa flora e a fauna.
2.-Etapa romana( estrato latino): Moitos dos topónimos
evolucionaron dende unha forma latina converténdose en
topónimos cultos e patrimoniais, outros topónimos
formáronse de xeito híbrido, é dicir coa raíz prerromana e a
desinencia latina.
3.-Etapa Xermánica( superestrato xermano): son topónimos
de transición entre o estrato latino e o romance. A maior parte
son topónimos híbridos, é dicir asimilan elementos latinos.
Relacionamos coa procedencia xermana desinencias como:
-mil, -monde, -rei,-riz,…
Topónimos arábigos hai moi poucos, máis ben son voces
mozárabes, vocablos que pasaron ó romance galego e
posteriormente foron utilizados como topónimos.
Unha posible clasificación dos topónimos da conca do Río
Mera sería aquela que atende ás características ou calidades
do topónimo:
-Hidronimia: (topónimos relacionados coa auga): Mera,
Fondemera, Portafontao , Riobó.
4
-Oronimia: (constitución do terreo): Lameiro, Pena,
Outeiro,Cova, Vilachá, Penarrubia, Alta.
-Fitotoponimia: (árbores e plantas): Abelaira, Carballo,
Carballido, Uceira, Folgueira, Carrigueira, Matelo, Canedo.
-Zootoponimia (animais): Cabreira, Leboreira.
-Litotopónimos: Laxes
-Antropónimos: Remesil
-Haxiotopónimos (veneración de Santos): Santa María Alta,
Santa Eulalia de Bóveda, San Vicente de O Burgo, San Miguel
de Bacurín, San Pedro de Mera, Santa María de Vilafiz, San
Xoán do Alto, Santo Matías.
-Núcleos de poboación: Locai, Vigo, Burgo, Vilar,
Vilariño,Vilanova,
-Alcumes: O Tendeiro.
-Toponimia lendaria: Mourentaos.
-Construcións: Torre, Cabana, Airexe,Hospital, Chousa.
A continuación trataremos de elaborar un modesto estudo
sobre o significado dos topónimos da conca, centrándonos en
cada unha das parroquias e aldeas que ocupan o leito do río
Mera dende o seu nacemento ata a desembocadura:
5
VILAFIZ (SANTA MARÍA DE )
Topónimo de orixe latina, villafelici, de significado “vila feliz”.
A orixe latina de villa(m) relaciónase con “casa de campo”,
“granxa”. A villa era un establecemento agrícola romano que
pasou a referenciar, por metonimia, as terras e as
construcións.
Remesil: Antropónimo. A terminación –il parece proceder do
xenitivo latino –ili (-ilius –ili). orixe xermánica, concretamente
do xinecónimo( toponimia referida a nomes femininos)
Remesildi
Outeiro: orixe latina de altariu(m)<altus que significa
“elevación de terreo, parte alta que se levanta sobre o nivel
do terreo inmediato. Vocábulo moi común no medio físico e
que ademais de estenderse por Galicia tamén aparece en
Asturias,León, Zamora, salamanca, parte de castela e todo
Portugal( segundo Menéndez Pidal).
Fondemera: do latín fonte(m) “nacemento de auga”. O nome
común convértese en propio e compleméntase cunha frase
preposicional que fai referencia ó seu carácter hidronímico:
mera, hidrónimo de orixe preindoeuropea: mira, moi presente
na base doutros ríos galegos e orixinando neste caso un
topónimo híbrido: Fondemera.
Leboreiro: termo de orixe latina derivado de leporino<lépore
“lebre”. O topónimo, neste caso, referido a abundancia destes
animais.
Laxes: topónimo procedente da palabra “laja” <”lagena”,
prerromana celta. É un dos moitos topónimos galegos cuxa
etimoloxía está relacionada coas pedras: pedra de grandes
dimensións que presenta forma aplanada e aflora na
superficie.
Folgueira: en latín existía o individual filix,-icis “fieito” e o
derivado colectivo filictum “fieiteira”, do que parece derivar
este topónimo. Na lexicografía aparece habitualmente como
un termo abundancial, colectivo , lugar abundante en felgos
( tamén fentos, fientos…)
Manuel Lence Rois
David Vázquez Enríquez
6
BÓVEDA (SANTA EULALIA DE) >SANTALLA DE
BÓVEDA
Nome grego que significa “a que ben fala”. A santa que deu
lugar a este topónimo foi Eulalia de Mérida, que morreu ós 12
anos durante a persecución dos cristiáns por Maximiano (286-
309). A relación co templo non está aínda clara, pero o máis
probable é que fose unha superposición en tempos cristiáns
para rexeitar as crenzas pagás anteriores asociadas ó culto de
Cibeles.
Bóveda: probable orixe xermánica, visigótica , en castelán
evoluciona a formas como Bovadilla. O Pai Sarmiento
relaciona o topónimo con bove(m)>boi. O topónimo co
significado de “terra de bois ou traballada con bois”.
Valín: Topónimo que procede da palabra latina *vallis, “val”,
e que presenta diversas variantes en canto á terminación
( Vales, Valiña...) . A terminación –in como sufixo de formación
de diminutivo aparece frecuentemente en topónimos da zona
nororiental.
Vilar: de villare(m), derivado do latín villa(m). A lexicografía
confirma o uso de vilar con outras acepcións: “ casa de campo
para recreo, con horta e eidos arredor” “ campos de barbeito
despois de recoller o froito” “ nalgunhas comarcas chámanlle
vilar ós campos de centeo que, despois de sementado, se
cerran cun valado que non se desfai ata que se sega,
quedando o terreo en restreva.
7
Vilanova: termo composto de villa(m) do latín e mais
novu(m) facendo referencia a un asentamento novo, máis
recenté.
Vila: latina, procedente da abreviatura de vicula> vilum,
“orixe aglomeración populacional, de tamaño intermedio
entre aldea e cidade”. Outras fontes sinalan tamán a súa
orixe latina pero da palabra villa(m) “casa de campo”
“granxa”. O topónimo, neste caso responde ó significado de
“centro rural”.
Cabanas: dun latín tardío capanna, posiblemente de orixe
céltica. Este termo evoluciona á voz galega cabana despois
dunha sonorización do p- intervocálico debido á influencia
latina( pensemos en capra(m)>cabra.
A acepción máis común para este termo é “construcción
rústica” pero tamén outras máis específicas e menos
frecuentes propias do medio rural “pilas de canas de millo de
forma cónica” (Seco Fernández) “vaca cos cornos longos e
abertos cara ós lados”(Sigüeiro) e da topografía:”sitio
profundo case subterráneo”
Bóveda: Probable orixe xermánica, visigótica buwitha<buan
“edificar”, probablemente garde relación co templo pagán
deste mesmo lugar, en castelán evoluciona a formas como
Bovadilla. O Pai Sarmiento relaciona o topónimo con
bove(m)>boi. O topónimo co significado de “terra de bois ou
traballada con bois”.
Raquel Carballo Ferrero
Antía Díaz Gayoso
8
MERA( SAN PEDRO DE)
Crecente: Procede do latín crescere “tomar aumento”
San Pedro: os dous topónimos seguintes están encabezados
polo haxionómico San Pedro: San < San(cti). Pedro vén do
arameo kefas “pedra”, traducido ó grego petros e ó latín
petra. Petra foi o nome do primeiro Papa nos grafitos de san
Sebastián en Roma. Posteriormente xurdiu Petrus por una
necesidade de masculinizar o primitivo antropónimo.
Consérvanse en galego os haxiotopónimos Sampedro e
Sampil, e tamén os ibéricos San Pere, sant Pere, Sempere…
San Pedro aparece como santo titular de trescentas vinte e
dúas parroquias galegas.
San Pedro de Arriba: o haxionómico vai acompañado do
complemento “de arriba” que orixe latina en ripa(m). A
locución “ de arriba” marca a localización espacial de
superioridade con respecto a un límite.
San pedro de Abaixo: neste caso o topónimo acompáñase
do adxectivo vulgar latino bassus, -a,-um “ gordo, no alto” a
partires deste adxectivo créase a locución “ de abaixo” que
denota posición inferior con respecto a un límite.
Hospital: do latín hospitalis “hospedaxe “ ou “ casa para
recoller pobres ou peregrinos por un tempo limitado”.
Chousa: do latín clausa(m), feminino tirado dun n. pl.
clausa,-orum,-clausa, participio de perfecto de claudo
“pechar” , termo rústico que pasa a significar “ leira, prado ou
monte valados.”
Remesar: orixe xermánica, procedencia sueva , terminación
–ar “exército. Por outro lado as formas sar, ser, sor e sarr son
variantes sobre a base céltica *s´r que parece comprobado
polos moitos topónimos nos que aparece, fai alusión a
correntes de auga.
David Cancela Rodríguez
Omar Sánchez Logilde
9
BACURÍN (SAN MIGUEL DE )
Vigo: Vicu(m) do latín, “grupo de casas, aldea,
lugar…”.Común no NO peninsular debido á conquista e
expansión romana que difundiron “vicos” polo imperio.
Aparece tamén este topónimo en Asturias, Zamora e Burgos
(Moralejo) . Na documentación medieval aparece co
significado de “entidade de poboación menor”.
Mourentaos: topónimo étnico relacionado cos celtas
(mourentán) ou cos mouros; Segundo Nicandro Ares procede
de Maurentanos <Maurus, caracterizador. Tamén pode
proceder da abundancia no lugar de “breixo negro” chamado
en Galicia carpazas mouras.
Bacurín: do xermánico bakko- “porco”, temos que engadir
tamén a posibilidade da procedencia do árabe bakuri “
pequeno cordeiro” . Tamén hai teorías que sosteñen a súa
procedencia prerromana bakoro, co significado de cría de
porco. Outro significado apunta ó froito que se produce ou
madura cedo.
Carricova: aglutinación da evolución etimolóxica de currilis
relativo a carro e cova, variante de cavus, -a,-um que con
carácter toponímico traduce una depresión ou vagoada do
terreo.
Portafontao: novamente un topónimo formado por
composición. Do latín Porta(m) “porta grande” , porticus, e
de fontanus, -a,-um que en orixe era un adxectivo derivado
de fons convertido nunha posterior substantivación en nome ,
a terminación –ao é propia da variante dialectal. A través da
unión de fontao probablemente signifique “ entrada a una
fonte”.
Corredoiras: herdeira dunha (via) curretoria, creada sobre o
participio de currere “correr”. Apelativo usual , a corredoira
é “ un camiño de carro” ou “paso polo que se serve unha
leira”.
Paso: topónimo deverbal co significado de pasar, do latín
passare, “paso, sitio por onde se pasa”.
Noelia Fernández Sánchez, Raquel Coucheiro Sepúlveda
10
POUTOMILLOS( SAN MARTIÑO DE) post+milius
Formilleiro: corrupción da palabra Formigueiro? Habería que
investigar nos rexistros do lugar.
Nos dicionarios galegos de Cuveiro e Porto recóllese
“Formilla” como o nome co que se denomina o botón feito
soamente de fío que levaba a xente do rural na súa roupa.
Tamén a base ríxida que se recubría despois para facer un
botón. Habería que indagar máis na posible relación co lugar.
Por outro lado a terminación -eiro ademais da orixe latina
–arius que atopamos en moitos nomes co significado de
“abondante en”, tamén pode ser do gótico harjis> –arius
“exército”.
O Carballo: procede da raíz prerromana carr- >carravos
“pedra” carb-, “planta nacida entre as pedras”. Denominación
privativa do NO peninsular. Outras hipóteses sinalan a orixe
ibérica carbaculu, diminutivo de carba, querquacula, derivada
de quercus ,”mato”.
A Uceira: do latín ulice “uz” ó que se lle suma o sufixo –eira
cun significado abundancial, dando como resultado
semántico “ terreo poboado de uces”.
Vilar: da mesma orixe ca Vila e Vilariño procedentes do latín
villa(m) ó que se lle engade o sufixo –ar con significado
locativo.
Recimil: nome composto de orixe xermánica *rek,” rey” e
mer,”grande”, “admirable”,” famoso” mais a Terminación
xermánica –mil.
Katia Álvarez Mosquera
Manuel Francisco Rubio Rodríguez
11
PRÓGALO (SANTIAGO DE )
O nome da parroquia procede do antropónimo Procul, do latín
co significado de afastado, referido a alguén que non
pertencía ó lugar, por exemplo alguén que nacía en Roma e
se asentaba no lugar( segundo D. Nicandro Ares).
Tras do Castro: Trans(latín)> Tras co significado de “máis
alá de…). Castro do latín Castru(m) “ campamento fortificado”
“elevacións nas que se conservan ruínas destas antigas
defensas”.
Airexe: orixe latina, derivación semiculta de Ecclesia(m) que
á súa vez provén da voz grega Ekklesia. Significa “reunión do
pobo, asemblea dos primeiros cristiáns para celebrar o
culto”posteriormente “lugar onde se celebraba”. Segundo
Moralejo Laso este apelativo perdurou en máis de setenta
nomes de lugar baixo diferentes formas e grafías: Eireje,
Eirexe, Eirija, Irixe, Grija, Grixalba,….
Cabreira: provén da palabra caparia(m), de orixe latina,
derivada de capra mais o sufixo –ariam (-ariam>-aria>-eira).
Aínda así hai quen di que pode vir da base preindoeuropea
Kar, “pedra”, ao dar nome a lugares con características
pedregosas.
Lameiro: orixe híbrida con base non latina pero incorporada
ó latín. Procede de lama e significa “prado natural de terra
chá en regadío”. Corominas admite a orixe latina co
significado de “lodo”. O topónimo é abundante en todo o NO
peninisular ampliándose esta área na toponimia ata a liña de
Viscaia-Lisboa.En canto á difusión desta voz Hubschmid cre
que foron os galos os encargados de traelo ó Noroeste
peninsular. Piel que serían os colonos rurais romanos como
vocábulo relacionado coa “cría de gando”. Este topónimo
existe como Lama(s), Lameiros, -as, lamegos…”terreos
húmidos, chans e barrentos). O sufixo –eiro fai relación ó seu
significado abundancial. Na lexicografía galega aparece
frecuentemente co significado de “prado, terreo húmido onde
medra a herba para alimentar o gando”.
Vila: latina, procedente da abreviatura de vicula> vilum,
“orixe aglomeración populacional, de tamaño intermedio
entre aldea e cidade”. Outras fontes sinalan tamán a súa
orixe latina pero da palabra villa(m) “casa de campo”
12
“granxa”. O topónimo, neste caso responde ó significado de
“centro rural”.
Golmar: derivado de colmo, que significa “palla de centeo xa
mazada”. A súa orixe etimolóxica pode ser do latín culmus,
aínda que algúns autores a consideran de orixe celta derivada
de colmos. Porén hai quen di que debido ao sufixo que
presenta –ar, a procedencia deste topónimo é xermánica. Dito
sufixo indica “posesión de” . A terminación –mar < gótico
marhs, “cabalo”, encóntrase en moitos topónimos. Se se trata
dun composto, a primeira parte non ten unha solución clara.
Manuel Lence Rois
David Vázquez Enríquez
13
O BURGO (SAN VICENTE DE)
O Burgo: termo xermánico burg- “colina fortificada”
entendido coma costrución inferior a un Castelo.
Garaloces:? Orixe descoñecida.
Carrigueiros: Fitónimo vencellado coa raíz preindoeuropea
kar- “pedra” ó que se lle engade o sufixo –eiro ,
abundancial.Tamén Podería proceder do latín “carex –icis”,
“cana silvestre” que servía para as cubertas das construcións
e que tamén designa a “carriza”.
O Canedo de abaixo: Canedo de canna(m), dentro do
ámbito fitonímico “cana” referiríase a calquera das “plantas
de talo recto “ mais tamén se podería tratar dun termo
relacionado coa condución da auga. O sufixo –edo ten valor
locativo-abundancial “lugar no que abundan as canas”.
Loxicamente a referencia adverbial “de abaixo” é puramente
locativa.
Penas: a orixe etimolóxica é discutible:
1. Tese latina pinna “ rocha ben asentada e que
destaca”.
2. Raíz procedente do prerromano (céltico): penno-
“cabeza, cume”. En ambos casos coinciden na
indicación dun punto elevado.
Javier Cancela Rodríguez, Lucía Reboredo Maseda
14
VILACHÁ DE MERA
Topónimo formado pola composición do substantivo vila
procedente de villa(m) e do adxectivo chá de planu(m).
Vila: Orixe latina, procedente da abreviatura de vicula>
vilum, “aglomeración populacional, de tamaño intermedio
entre aldea e cidade”. Outras fontes sinalan tamán a súa
orixe latina pero da palabra villa(m) “casa de campo”
“granxa”. O topónimo, neste caso responde ó significado de
“centro rural”.
Cha: Prodúcese a palatalización do grupo consonántico pl-
>ch- coa perda do –n- intervocálico:
planu(m)>chan>chao(cha)
A Gramela: -ela (diminutivo)
1. do latín gramina co significado de “herba” referida ó
liño ou outras herbas medicinais.
2. de calamellu(m) , diminutivo de calamus, “cana” coa
acepción de “trampa para cazar animais”.
Albazoi: estrato suevo -zoi. A terminación –oi procede dunha
terminación de Xenitivo que perdeu a consoante intervocálica.
Este Xenitivo sinalaba o nome do posuidor do lugar ou
dalgunha construción que houbese nese lugar.
Facoi: estrato xermánico –coi ,ten a forma típica dos
xenitivos latinos con pérda de consoante intervocálica na
sílaba final, que facía referencia ó dono dalgunha propiedade
ou do lugar.
15
Vigo: da palabra latina vicu(m) “grupo de casas, aldea,
lugar,propiedade rural) . Coa conquista e colonización romana
veu a expansión e difusión dos vicos polo imperio. Algúns
prenderon como topónimos no NO. Peninsular e máis
concretamente na metade N. de Galicia. Vico é o termo
presente na documentación medieval co significado de
“entidade de poboación menor”. Leite de Vasconcellos
definirá o vicus ou vigo como “ un grupo de cuartos dalgunha
vila nos que vivían cultivadores ou servos dela.”
A Pena: De pena podemos dicir que se barallan dúas teses
etimolóxicas:
1. do latín pinna “amea”, “pluma”
2. do céltico penno- “cabeza” “cume”
Ambas teses coinciden no significado elevado e así pena , na
nosa lingua , pasa a significar:”rocha” ou “monte con penas”.
Asemonde: Ase- hai un Asé en Láncara e un Asén no concello
de Santiago de Compostela. Apúntase a posibilidade de que
sexa un antropónimo por referencias documentais referidas a
estes lugares. *mund raiz xermana , concretamente
onomástica sueva que significa “protección”.
Toande: < Todenandi. Xenitivo de Todenandus (como
Requiande< Requiandi). Latinización do segundo elemento da
palabra, procedente do gótico *nanths, “audaz”.
Liñar: do latín linu(m)>liño, “terreo sementado de liño”. En
latín terra linaria “ terreos nos que se cultivaba o afamado liño
manso. O topónimo indica o lugar no que se cultivaba e
traballaba o liño, como actividade textil, moi común , nesta
zona.
David Cancela Rodríguez
Omar Sánchez Logilde
16
ALTA (SANTA MARÍA DE )
Locai: de locale(m) derivado de locus “lugar”, co significado
de poboación rural menor cá aldea”.
Vilariño: de villare(m), derivado latino de villa(m) , “ casa de
campo” orixinariamente e agora “pequena entidade de
poboación”. Engadindo o sufixo –inu(m) que evoluciona
patrimonialmente a –iño, sendo a forma xeral do diminutivo.
Marcoi: de procedencia xermánica markan,
“signo,sinal,marca” , “marco que sinala as derregas entre as
leiras”. Piel explica a xénese do 2º elemento –oi a partir do
xermánico weihs “santo”.
17
Riobó: do substantivo latino rivu(m),”río” “rego, canle”.
Termo complementado por un adxectivo cualificativo,
bonu(m)> “bono”> “boo” > “bo” encargado de destacar
unha propiedade individual.
Alta: etimoloxía procedente do latín altus, termo topográfico
común relacionado cun lugar alto, elevado, grande mais
tamén profundo.
Matelo: de procedencia incerta, matelo tería que ver con
mata, do latín tardío matta. Algúns etimólogos como Dauzat e
E. Rivas relaciónano co preindoeuropeo matt- co significado
de “extensión grande de monte baixo” . Voces semellantes
aparecen no francés : “matha, Les Mathes, Matelle”. O sufixo
–elo engádelle valor diminutivo.
Anggy Arango Ardila
Ángela Piñeiro Lourés
18
SAN XOÁN DO ALTO. Haxiográfico con referencias locativas.
Seoane: É a evolución de Sancti Iohannis con perda de –s
final e apertura do –i en posición final.
Abelairas: do latín avellana que evoluciona a abelaira,
abeleira, abelaneira, abelairo, abelaneiro, abelao, abelán,
avraeira (que mantén o hiato resultante da perda do –n-
etimolóxico . Este topónimo designa lugar abundante en
abeleiras.
Fornelo: en latín furnum , o forno era un elemento
imprescindible nunha industria doméstica dedicada a
fabricación do pan, tella…
Outros estudosos da toponimia opinan que forno tamén se
pode aplicar metaforicamente a una edificación dolménica.
Á base toponímica engádeselle o sufixo-elo, con valor
diminutivo ou quizais pexorativo.
Raquel Coucheiro Sepúlveda
Noelia Fernández Sánchez
19
O VERAL
Veral De viria (prerromano latinizado) Veiral, La Vera, Barea,
poderían proceder dunha raiz prerromana *(i)bar-ka/ga,
“veiga” .
Carballido: derivado a partires da raíz carb- co significado
de de “ramaxe, arbusto” . E. Rivas relaciona car-b “planta de
terreo esgrevio, planta dura” coa base oronímica Kar “rocha”.
Fernándes-Silva recordan que a semántica do étimo e do
apelativo están próximas porque “a planta prolifera en terreos
pedregosos”. Segundo Hubschmid , o tema repítese no vasco
karbaza “talo, toro” e no sardo karva “póla” . a partires de
carb- e engadindo un sufixo aumentativo ou colectivo
atopamos na nosa lingua Carballo e Carballido.
Astariz: a súa primeira parte alude ós antigos posuidores das
terras, a súa segunda parte é o elemento –ricus, que vén
sendo unha versión latinizada do xermánico –reiks, co
significado de rico ou poderoso. A desinencia –riz da nosa
lingua xorde a partires do xenitivo –rici. Aparece tamén como
Esteriz. Ast-/Est(r)-.Outras teorías indican que se trata dunha
raiz de orixe visigótica que significa brillante; pero tamén
podería ser unha raiz gótica *austra, que significa Leste, ou
vento do Leste.
20
Rebordaos: fai referencia a árbores silvestres, relacionado co
termo rebordán procedente de < Rebordanos. Crese que
tamén pode ser un latinismo roburetellu que evolucionaría á
nosa lingua como Rebordelo, alusivo a pequenos reboredos ou
conxunto de carballos. A terminación –ao correspóndese coa
variante dialectal da zona , esta desinenca perdería nunha
etapa anterior o “n” intervocálico.
En galego atopamos “rebordán” co significado de “silvestre”,
“bravo”, “árbore sen inxertar”. (No Dicionario de Leandro
Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª
ed., Lar, A Cruña, 1926-1931)
Penairada: vocablo formado pola composición de pena
+air(a)+ada.
De pena podemos dicir que se barallan dúas teses
etimolóxicas:
1. do latín pinna “amea”, “pluma”
2. do céltico penno- “cabeza” “cume”
Ambas teses coinciden no significado elevado e así “pena” ,
na nosa lingua , pasa asignificar:”rocha” ou “monte con
penas”.
A etimoloxía de Aira atopámola no latín area(m) co significado
de “granxa” ou “calquera espazo desprovisto de vexetación”.
A aira ou eira é de creación romana , inherente ó sistema da
21
“villae” implantado na colonización do agro e finalidade
cerealeira. O seu significado actual é o de “lugar próximo á
casa con chan de terra ou lastrado onde se mallaba”.
O Real: crese que vén do latín e pode conter dous
significados:
1. regalis <regis, “real”, “rei”
2. realis “real, verdadeiro”
Raquel Carballo Ferrero
Antía Díaz Gayoso
22
SANTO MATÍAS
Haxionómico .Nome do discípulo e posteriomente apóstol de
Xesús. Polo tanto topónimo de creación posterior á época
romana.
ORBAZAI
A terminación é a típica dos antropónimos en caso Xenitivo,
con pérda de consoante intervocálica na última sílaba, que
expresaban o nome do dono de algún elemento do lugar, ou
dese territorio.
Penarrubia: termo composto de Pena + rubia. Para o
primeiro termo pena podemos dicir que se barallan dúas
teses etimolóxicas:
1. do latín pinna “amea”, “pluma”
2. do céltico penno- “cabeza” “cume”
Ambas teses coinciden no significado elevado e así pena , na
nosa lingua , pasa asignificar:”rocha” ou “monte con penas”.
O segundo termo rubia provén de rubeu(m) “ vermello”,
referido probablemente á cor avermellada do lugar.
Cabalo: procedente do latín caballus. En latín é termo de
orixe estranxeira posiblemente celta . O Equus caballus é na
nomenclatura científica o común cabalo.
Malladoira: relacionads coa voz malleus “martelo” .Crese
que o verbo mallar puido existir en latín, cun escaso
23
desenvolvemento nas linguas romances. Denomínase
malladoira “ ó lugar onde se malla”.
Torre: do latín turris , é unha palabra frecuente ós romances
occidentais e frecuente na toponimia. Ben fai referencia a
unha fortaleza, a unha torre ou ó lugar no que noutros tempos
estivo situada unha torre.
Taboelle: Parece a evolucion do Xenitivo Taboelli dos nomes
en –ellus, de formación latina tardía. Esta terminación aparece
nalgúns topónimos (Mourelle) e sinalan “o posuidor do lugar
ou de algo dese lugar”.
Xuxaos: Poderiamos pensar que ten a mesma orixe que
Neira de Xusá, nome xa en desuso do concello de Baralla,
formado a partir dun adv. de lugar do latín tardío
“yuso”<”deorsum”, “cara abaixo” por oposición a
“suso”<”sursum”, “cara arriba”.
O Tendeiro: derivado profesional do latín tenda . o tendeiro
pode ser tanto “ o dono do establecemento” coma “ a persoa
que traballa nel”.
Mera: hidrónimo de orixe preindoeuropea mira, moi presente
na base doutros ríos galegos e orixinando neste caso un
topónimo, na desembocadura do río Mera co Miño.
Sandra Gordedo Osorio
Cinthya Veiga López
24
Documentación
Bibliografía:
Mapas do Instituto Xeográfico Nacional. Ministerio de fomento,
2006:
72-III(Friol)
72-IV(Lugo)
97-I(Condes)
MORALEJO LASSO,A.: Toponimia gallega y leonesa, Ed Pico
Sacro, Satiago de compostela, 1977
DÍAZ FUENTES, Antonio: Toponimia de la comarca de sarria,
Servicio de publicacións da Diputación de Lugo,
MARQUÉS VALEA, Xulia: A toponimia de Ttrabada. Xunta de
Galicia.
CABEZA QUILES, Fernando:
Os nomes de lugar: topónimos de Galicia, a súa orixe e o seu
significado. Vigo. Xerais. 1992, 561 páxs ISBN 84-7507-688-2.
Os nomes da terra: topónimos galegos. Noia. Toxosoutos.
2000, 480 páxs ISBN 84-89129-97-5.
Toponimia de Galicia. Vigo. Galaxia. 2008, 703 páxs ISBN 978-
84-9865-892-1.
Gran diccionario xerais da lingua. Edit. Xerais
Entrevista a D. Nicandro Ares.
Páxinas dixitais:
www.xunta.es/nomenclator
www.visorgis.cmati.xunta.es
www.mediorural.xunta.es/visorsixpac
http://www.doade.net/parroq.htm#17
25
http://webs.uvigo.es/cultura.tradicion.innovacion/Ana%20Cabana
%20comunicacion.doc
http://cvc.cervantes.es/lengua/thesaurus/pdf/40/TH_40_003_024_0.pdf
http://es.wiktionary.org/wiki/p%C3%B3rtico
www.apelidosgalicia.org
www.chironweb.org/wiki/images/Toponimiagal09.pdf
www.etimologias.dechile.net
gl.wikipedia.org//sites.google.com/site/toponimiagalega/
cvc.cervantes.es/lengua/thesaurus/pdf/40/TH_40_003_024_0.p
df
http://www.canedo.eu/toponimia/lugaresca.html
http://etimologias.dechile.net/?pen.a
http://sites.google.com/site/toponimiagalega/
http://www.turivia.com/Lugo/Lugo/Informaci%C3%B3n/Divisi%C3%B3n
%20administrativa/Pueblos
Proxecto coordinado por Mª Xesús Adán López (Departamento
Dinamización Língüística) en colaboración con Belén
Mosquera Camba (Departamento de Latín e Grego), Vicente
Martínez de Cestafe Ochoa de Eribe (Departamento de
Informática) e os alumnos de 4º ESO do IES MURALLA
ROMANA-LUGO.
26

More Related Content

Similar to Toponimia da conca do mera

Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Agrela Elvixeo
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibalequipobiblio
 
Galiza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do SolGaliza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do Solmonadela
 
A palabra
A palabraA palabra
A palabraMarlou
 
Orientación 2º eso
Orientación 2º esoOrientación 2º eso
Orientación 2º esoLoudes Otero
 
Cultura clasica
Cultura clasicaCultura clasica
Cultura clasicanereha
 
44 2 natureza
44 2 natureza44 2 natureza
44 2 naturezaAia Prego
 
A Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaA Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaRomán Landín
 
Trobadores de Occitania
Trobadores de OccitaniaTrobadores de Occitania
Trobadores de OccitaniaEdicionsCuruxa
 
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano  CuevasPor que hackear os museos ? Jose Urbano  Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano CuevasEncarna Lago
 
Dicionarionavalgalego
DicionarionavalgalegoDicionarionavalgalego
DicionarionavalgalegoEncarna Lago
 
Toponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosToponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosAs Ferreiras Silleda
 
A escrita no tempo
A escrita no tempoA escrita no tempo
A escrita no tempoMarlou
 
Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.aitorhveiga
 

Similar to Toponimia da conca do mera (20)

Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
 
Traballo leccion 2
Traballo leccion 2Traballo leccion 2
Traballo leccion 2
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibal
 
Boletín Turonia 2015
Boletín Turonia 2015Boletín Turonia 2015
Boletín Turonia 2015
 
Galiza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do SolGaliza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do Sol
 
A palabra
A palabraA palabra
A palabra
 
Orientación 2º eso
Orientación 2º esoOrientación 2º eso
Orientación 2º eso
 
Cultura clasica
Cultura clasicaCultura clasica
Cultura clasica
 
Xornadas de lingua e diversidade
Xornadas de lingua e diversidadeXornadas de lingua e diversidade
Xornadas de lingua e diversidade
 
44 2 natureza
44 2 natureza44 2 natureza
44 2 natureza
 
A Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaA Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade Media
 
Trobadores de Occitania
Trobadores de OccitaniaTrobadores de Occitania
Trobadores de Occitania
 
O Latín e o Grego
O Latín e o GregoO Latín e o Grego
O Latín e o Grego
 
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano  CuevasPor que hackear os museos ? Jose Urbano  Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
 
Dicionarionavalgalego
DicionarionavalgalegoDicionarionavalgalego
Dicionarionavalgalego
 
Toponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosToponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplos
 
A escrita no tempo
A escrita no tempoA escrita no tempo
A escrita no tempo
 
Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.
 
O ciclo de maio
O ciclo de maioO ciclo de maio
O ciclo de maio
 
O ciclo de maio2
O ciclo de maio2O ciclo de maio2
O ciclo de maio2
 

Toponimia da conca do mera

  • 1. PROXECTO RÍOS : A TOPONIMIA DA CONCA DO RÍO MERA Planificación - Metodoloxía : A comezos do curso 2012-2013 o Profesor Coordinador do proxecto ríos do I.E.S. “Muralla romana”,D. José Luis Meijide del Río, presentou o Proxecto Ríos, iniciativa con carácter interdisciplinar , da que formarían parte os alumnos de 4º da ESO baixo a coordinación do Departamento de Xeografía e Historia, de Educación Plástica e Visual, do Equipo de Dinamización Lingüística e loxicamente do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Como Coordinadora do Equipo do Equipo de Dinamización Língüística e profesora de Lingua e Literatura galega, entendín, perfectamente, a importancia de poder concienciar os alumnos da transcendencia que ten, para as persoas e adolescentes en xeral e para os galegos en particular, a natureza, o coidado das nosas augas pero tamén os aspectos vencellados co noso patrimonio inmaterial, o máis esquecido, entre o que está a conservación da nosa toponimia e o estudo da súa orixe, este factor motivou a miña aceptación de participar no Proxecto. 1
  • 2. O proxecto presentábase como ambicioso porque era consciente das nosas limitacións e do complexo que resultaría este estudo a un grupo de estudantes, na súa gran maioría de ciencias, considerando que o latín é un instrumento valiosísimo e imprescindible para o estudo toponímico; con todo, asumimos o reto. O primeiro paso foi comentar na aula que iamos facer un estudo toponímico das parroquias e aldeas pertencentes á conca do río Mera. En segundo lugar foron distribuídas as diferentes parroquias , localizándoas previamente nos planos correspondentes ó Instituto Xeográfico Nacional. A continuación, unha vez delimitadas as parroquias, consultouse o Nomenclator de Galicia para elaborar unha relación das aldeas de cada parroquia, pero seleccionando aquelas que, estrictamente, pertencen á conca do Mera, coa axuda , novamente, de mapas topográficos e ordenando, tanto as parroquias, coma as aldeas, tendo en conta a súa ubicación dende o nacemento ata a desembocadura a través do visorgis.cmati.xunta.es e do visor SixPac. Unha vez rematado todo este traballo xeográfico, realizado todos os luns na aula de informática do Instituto adentrámonos na cerna do traballo propiamente dito. Os alumnos elaboraron o estudo dos topónimos que lles correspondían coa axuda da Internet, ferramenta indispensable, e de bibliografía proposta , que figura ó final do traballo, pero non era suficiente e deste xeito contamos coa inestimable axuda da profesora de Latín e Grego , Dona Belén Mosquera Camba, completando entre todos o estudo daqueles topónimos máis complexos. Tamén queremos agradecer a D. Nicandro Ares Vázquez, recoñecido estudoso toponímico e membro correspondente da RAG a súa disposición desinteresada para participar connosco neste proxecto, permitíndonos entrevistalo (ver entrevista no blog), aproveitando que ademais reside nunha das aldeas da conca (Cabanas-Santa Eulalia de Bóveda) e tamén 2
  • 3. contribuíndo a aclararnos algún aspecto dubidoso da toponimia. Finalmente cada grupo de alumnos foi enviando ó correo do EDL o seu pequeno estudo e como Coordinadora fun revisando e engadindo ó blog o traballo. Mª Xesús Adán López Coordinadora EDL, IES “Muralla Romana” Maio 2013. 4º ESO.-IES “MURALLA ROMANA”.- LUGO .-MAIO 2013 3
  • 4. TOPONIMIA DA CONCA DO RÍO MERA Toponimia é o conxunto dos nomes de lugares ( do grego “topos” e “onoma”> “onimia”). Os topónimos son a parte máis conservadora do idioma. A toponimia galega é a máis abondosa da Península pola dispersión da poboación e polo minifundio ( arredor de tres millóns de topónimos). Supón moita información sobre o noso pasado xa que moitos dos pobos que tiveron que ver con esta terra deixaron a súa pegada na nosa toponimia, prerromanos (entre eles os celtas), romanos, xermanos (destacar suevos e visigodos). Ademais os topónimos pódennos dar indicios de antigos detalles xa desaparecidos ou modificados pola man do home nos aspectos xeográficos dunha comarca, da flora ou da fauna. Na orixe dos topónimos podemos distinguir tres etapas: 1.-Etapa prerromana(substrato): é a etapa máis difícil de investigar, corresponden a esta etapa moitos dos topónimos relacionados coa flora e a fauna. 2.-Etapa romana( estrato latino): Moitos dos topónimos evolucionaron dende unha forma latina converténdose en topónimos cultos e patrimoniais, outros topónimos formáronse de xeito híbrido, é dicir coa raíz prerromana e a desinencia latina. 3.-Etapa Xermánica( superestrato xermano): son topónimos de transición entre o estrato latino e o romance. A maior parte son topónimos híbridos, é dicir asimilan elementos latinos. Relacionamos coa procedencia xermana desinencias como: -mil, -monde, -rei,-riz,… Topónimos arábigos hai moi poucos, máis ben son voces mozárabes, vocablos que pasaron ó romance galego e posteriormente foron utilizados como topónimos. Unha posible clasificación dos topónimos da conca do Río Mera sería aquela que atende ás características ou calidades do topónimo: -Hidronimia: (topónimos relacionados coa auga): Mera, Fondemera, Portafontao , Riobó. 4
  • 5. -Oronimia: (constitución do terreo): Lameiro, Pena, Outeiro,Cova, Vilachá, Penarrubia, Alta. -Fitotoponimia: (árbores e plantas): Abelaira, Carballo, Carballido, Uceira, Folgueira, Carrigueira, Matelo, Canedo. -Zootoponimia (animais): Cabreira, Leboreira. -Litotopónimos: Laxes -Antropónimos: Remesil -Haxiotopónimos (veneración de Santos): Santa María Alta, Santa Eulalia de Bóveda, San Vicente de O Burgo, San Miguel de Bacurín, San Pedro de Mera, Santa María de Vilafiz, San Xoán do Alto, Santo Matías. -Núcleos de poboación: Locai, Vigo, Burgo, Vilar, Vilariño,Vilanova, -Alcumes: O Tendeiro. -Toponimia lendaria: Mourentaos. -Construcións: Torre, Cabana, Airexe,Hospital, Chousa. A continuación trataremos de elaborar un modesto estudo sobre o significado dos topónimos da conca, centrándonos en cada unha das parroquias e aldeas que ocupan o leito do río Mera dende o seu nacemento ata a desembocadura: 5
  • 6. VILAFIZ (SANTA MARÍA DE ) Topónimo de orixe latina, villafelici, de significado “vila feliz”. A orixe latina de villa(m) relaciónase con “casa de campo”, “granxa”. A villa era un establecemento agrícola romano que pasou a referenciar, por metonimia, as terras e as construcións. Remesil: Antropónimo. A terminación –il parece proceder do xenitivo latino –ili (-ilius –ili). orixe xermánica, concretamente do xinecónimo( toponimia referida a nomes femininos) Remesildi Outeiro: orixe latina de altariu(m)<altus que significa “elevación de terreo, parte alta que se levanta sobre o nivel do terreo inmediato. Vocábulo moi común no medio físico e que ademais de estenderse por Galicia tamén aparece en Asturias,León, Zamora, salamanca, parte de castela e todo Portugal( segundo Menéndez Pidal). Fondemera: do latín fonte(m) “nacemento de auga”. O nome común convértese en propio e compleméntase cunha frase preposicional que fai referencia ó seu carácter hidronímico: mera, hidrónimo de orixe preindoeuropea: mira, moi presente na base doutros ríos galegos e orixinando neste caso un topónimo híbrido: Fondemera. Leboreiro: termo de orixe latina derivado de leporino<lépore “lebre”. O topónimo, neste caso, referido a abundancia destes animais. Laxes: topónimo procedente da palabra “laja” <”lagena”, prerromana celta. É un dos moitos topónimos galegos cuxa etimoloxía está relacionada coas pedras: pedra de grandes dimensións que presenta forma aplanada e aflora na superficie. Folgueira: en latín existía o individual filix,-icis “fieito” e o derivado colectivo filictum “fieiteira”, do que parece derivar este topónimo. Na lexicografía aparece habitualmente como un termo abundancial, colectivo , lugar abundante en felgos ( tamén fentos, fientos…) Manuel Lence Rois David Vázquez Enríquez 6
  • 7. BÓVEDA (SANTA EULALIA DE) >SANTALLA DE BÓVEDA Nome grego que significa “a que ben fala”. A santa que deu lugar a este topónimo foi Eulalia de Mérida, que morreu ós 12 anos durante a persecución dos cristiáns por Maximiano (286- 309). A relación co templo non está aínda clara, pero o máis probable é que fose unha superposición en tempos cristiáns para rexeitar as crenzas pagás anteriores asociadas ó culto de Cibeles. Bóveda: probable orixe xermánica, visigótica , en castelán evoluciona a formas como Bovadilla. O Pai Sarmiento relaciona o topónimo con bove(m)>boi. O topónimo co significado de “terra de bois ou traballada con bois”. Valín: Topónimo que procede da palabra latina *vallis, “val”, e que presenta diversas variantes en canto á terminación ( Vales, Valiña...) . A terminación –in como sufixo de formación de diminutivo aparece frecuentemente en topónimos da zona nororiental. Vilar: de villare(m), derivado do latín villa(m). A lexicografía confirma o uso de vilar con outras acepcións: “ casa de campo para recreo, con horta e eidos arredor” “ campos de barbeito despois de recoller o froito” “ nalgunhas comarcas chámanlle vilar ós campos de centeo que, despois de sementado, se cerran cun valado que non se desfai ata que se sega, quedando o terreo en restreva. 7
  • 8. Vilanova: termo composto de villa(m) do latín e mais novu(m) facendo referencia a un asentamento novo, máis recenté. Vila: latina, procedente da abreviatura de vicula> vilum, “orixe aglomeración populacional, de tamaño intermedio entre aldea e cidade”. Outras fontes sinalan tamán a súa orixe latina pero da palabra villa(m) “casa de campo” “granxa”. O topónimo, neste caso responde ó significado de “centro rural”. Cabanas: dun latín tardío capanna, posiblemente de orixe céltica. Este termo evoluciona á voz galega cabana despois dunha sonorización do p- intervocálico debido á influencia latina( pensemos en capra(m)>cabra. A acepción máis común para este termo é “construcción rústica” pero tamén outras máis específicas e menos frecuentes propias do medio rural “pilas de canas de millo de forma cónica” (Seco Fernández) “vaca cos cornos longos e abertos cara ós lados”(Sigüeiro) e da topografía:”sitio profundo case subterráneo” Bóveda: Probable orixe xermánica, visigótica buwitha<buan “edificar”, probablemente garde relación co templo pagán deste mesmo lugar, en castelán evoluciona a formas como Bovadilla. O Pai Sarmiento relaciona o topónimo con bove(m)>boi. O topónimo co significado de “terra de bois ou traballada con bois”. Raquel Carballo Ferrero Antía Díaz Gayoso 8
  • 9. MERA( SAN PEDRO DE) Crecente: Procede do latín crescere “tomar aumento” San Pedro: os dous topónimos seguintes están encabezados polo haxionómico San Pedro: San < San(cti). Pedro vén do arameo kefas “pedra”, traducido ó grego petros e ó latín petra. Petra foi o nome do primeiro Papa nos grafitos de san Sebastián en Roma. Posteriormente xurdiu Petrus por una necesidade de masculinizar o primitivo antropónimo. Consérvanse en galego os haxiotopónimos Sampedro e Sampil, e tamén os ibéricos San Pere, sant Pere, Sempere… San Pedro aparece como santo titular de trescentas vinte e dúas parroquias galegas. San Pedro de Arriba: o haxionómico vai acompañado do complemento “de arriba” que orixe latina en ripa(m). A locución “ de arriba” marca a localización espacial de superioridade con respecto a un límite. San pedro de Abaixo: neste caso o topónimo acompáñase do adxectivo vulgar latino bassus, -a,-um “ gordo, no alto” a partires deste adxectivo créase a locución “ de abaixo” que denota posición inferior con respecto a un límite. Hospital: do latín hospitalis “hospedaxe “ ou “ casa para recoller pobres ou peregrinos por un tempo limitado”. Chousa: do latín clausa(m), feminino tirado dun n. pl. clausa,-orum,-clausa, participio de perfecto de claudo “pechar” , termo rústico que pasa a significar “ leira, prado ou monte valados.” Remesar: orixe xermánica, procedencia sueva , terminación –ar “exército. Por outro lado as formas sar, ser, sor e sarr son variantes sobre a base céltica *s´r que parece comprobado polos moitos topónimos nos que aparece, fai alusión a correntes de auga. David Cancela Rodríguez Omar Sánchez Logilde 9
  • 10. BACURÍN (SAN MIGUEL DE ) Vigo: Vicu(m) do latín, “grupo de casas, aldea, lugar…”.Común no NO peninsular debido á conquista e expansión romana que difundiron “vicos” polo imperio. Aparece tamén este topónimo en Asturias, Zamora e Burgos (Moralejo) . Na documentación medieval aparece co significado de “entidade de poboación menor”. Mourentaos: topónimo étnico relacionado cos celtas (mourentán) ou cos mouros; Segundo Nicandro Ares procede de Maurentanos <Maurus, caracterizador. Tamén pode proceder da abundancia no lugar de “breixo negro” chamado en Galicia carpazas mouras. Bacurín: do xermánico bakko- “porco”, temos que engadir tamén a posibilidade da procedencia do árabe bakuri “ pequeno cordeiro” . Tamén hai teorías que sosteñen a súa procedencia prerromana bakoro, co significado de cría de porco. Outro significado apunta ó froito que se produce ou madura cedo. Carricova: aglutinación da evolución etimolóxica de currilis relativo a carro e cova, variante de cavus, -a,-um que con carácter toponímico traduce una depresión ou vagoada do terreo. Portafontao: novamente un topónimo formado por composición. Do latín Porta(m) “porta grande” , porticus, e de fontanus, -a,-um que en orixe era un adxectivo derivado de fons convertido nunha posterior substantivación en nome , a terminación –ao é propia da variante dialectal. A través da unión de fontao probablemente signifique “ entrada a una fonte”. Corredoiras: herdeira dunha (via) curretoria, creada sobre o participio de currere “correr”. Apelativo usual , a corredoira é “ un camiño de carro” ou “paso polo que se serve unha leira”. Paso: topónimo deverbal co significado de pasar, do latín passare, “paso, sitio por onde se pasa”. Noelia Fernández Sánchez, Raquel Coucheiro Sepúlveda 10
  • 11. POUTOMILLOS( SAN MARTIÑO DE) post+milius Formilleiro: corrupción da palabra Formigueiro? Habería que investigar nos rexistros do lugar. Nos dicionarios galegos de Cuveiro e Porto recóllese “Formilla” como o nome co que se denomina o botón feito soamente de fío que levaba a xente do rural na súa roupa. Tamén a base ríxida que se recubría despois para facer un botón. Habería que indagar máis na posible relación co lugar. Por outro lado a terminación -eiro ademais da orixe latina –arius que atopamos en moitos nomes co significado de “abondante en”, tamén pode ser do gótico harjis> –arius “exército”. O Carballo: procede da raíz prerromana carr- >carravos “pedra” carb-, “planta nacida entre as pedras”. Denominación privativa do NO peninsular. Outras hipóteses sinalan a orixe ibérica carbaculu, diminutivo de carba, querquacula, derivada de quercus ,”mato”. A Uceira: do latín ulice “uz” ó que se lle suma o sufixo –eira cun significado abundancial, dando como resultado semántico “ terreo poboado de uces”. Vilar: da mesma orixe ca Vila e Vilariño procedentes do latín villa(m) ó que se lle engade o sufixo –ar con significado locativo. Recimil: nome composto de orixe xermánica *rek,” rey” e mer,”grande”, “admirable”,” famoso” mais a Terminación xermánica –mil. Katia Álvarez Mosquera Manuel Francisco Rubio Rodríguez 11
  • 12. PRÓGALO (SANTIAGO DE ) O nome da parroquia procede do antropónimo Procul, do latín co significado de afastado, referido a alguén que non pertencía ó lugar, por exemplo alguén que nacía en Roma e se asentaba no lugar( segundo D. Nicandro Ares). Tras do Castro: Trans(latín)> Tras co significado de “máis alá de…). Castro do latín Castru(m) “ campamento fortificado” “elevacións nas que se conservan ruínas destas antigas defensas”. Airexe: orixe latina, derivación semiculta de Ecclesia(m) que á súa vez provén da voz grega Ekklesia. Significa “reunión do pobo, asemblea dos primeiros cristiáns para celebrar o culto”posteriormente “lugar onde se celebraba”. Segundo Moralejo Laso este apelativo perdurou en máis de setenta nomes de lugar baixo diferentes formas e grafías: Eireje, Eirexe, Eirija, Irixe, Grija, Grixalba,…. Cabreira: provén da palabra caparia(m), de orixe latina, derivada de capra mais o sufixo –ariam (-ariam>-aria>-eira). Aínda así hai quen di que pode vir da base preindoeuropea Kar, “pedra”, ao dar nome a lugares con características pedregosas. Lameiro: orixe híbrida con base non latina pero incorporada ó latín. Procede de lama e significa “prado natural de terra chá en regadío”. Corominas admite a orixe latina co significado de “lodo”. O topónimo é abundante en todo o NO peninisular ampliándose esta área na toponimia ata a liña de Viscaia-Lisboa.En canto á difusión desta voz Hubschmid cre que foron os galos os encargados de traelo ó Noroeste peninsular. Piel que serían os colonos rurais romanos como vocábulo relacionado coa “cría de gando”. Este topónimo existe como Lama(s), Lameiros, -as, lamegos…”terreos húmidos, chans e barrentos). O sufixo –eiro fai relación ó seu significado abundancial. Na lexicografía galega aparece frecuentemente co significado de “prado, terreo húmido onde medra a herba para alimentar o gando”. Vila: latina, procedente da abreviatura de vicula> vilum, “orixe aglomeración populacional, de tamaño intermedio entre aldea e cidade”. Outras fontes sinalan tamán a súa orixe latina pero da palabra villa(m) “casa de campo” 12
  • 13. “granxa”. O topónimo, neste caso responde ó significado de “centro rural”. Golmar: derivado de colmo, que significa “palla de centeo xa mazada”. A súa orixe etimolóxica pode ser do latín culmus, aínda que algúns autores a consideran de orixe celta derivada de colmos. Porén hai quen di que debido ao sufixo que presenta –ar, a procedencia deste topónimo é xermánica. Dito sufixo indica “posesión de” . A terminación –mar < gótico marhs, “cabalo”, encóntrase en moitos topónimos. Se se trata dun composto, a primeira parte non ten unha solución clara. Manuel Lence Rois David Vázquez Enríquez 13
  • 14. O BURGO (SAN VICENTE DE) O Burgo: termo xermánico burg- “colina fortificada” entendido coma costrución inferior a un Castelo. Garaloces:? Orixe descoñecida. Carrigueiros: Fitónimo vencellado coa raíz preindoeuropea kar- “pedra” ó que se lle engade o sufixo –eiro , abundancial.Tamén Podería proceder do latín “carex –icis”, “cana silvestre” que servía para as cubertas das construcións e que tamén designa a “carriza”. O Canedo de abaixo: Canedo de canna(m), dentro do ámbito fitonímico “cana” referiríase a calquera das “plantas de talo recto “ mais tamén se podería tratar dun termo relacionado coa condución da auga. O sufixo –edo ten valor locativo-abundancial “lugar no que abundan as canas”. Loxicamente a referencia adverbial “de abaixo” é puramente locativa. Penas: a orixe etimolóxica é discutible: 1. Tese latina pinna “ rocha ben asentada e que destaca”. 2. Raíz procedente do prerromano (céltico): penno- “cabeza, cume”. En ambos casos coinciden na indicación dun punto elevado. Javier Cancela Rodríguez, Lucía Reboredo Maseda 14
  • 15. VILACHÁ DE MERA Topónimo formado pola composición do substantivo vila procedente de villa(m) e do adxectivo chá de planu(m). Vila: Orixe latina, procedente da abreviatura de vicula> vilum, “aglomeración populacional, de tamaño intermedio entre aldea e cidade”. Outras fontes sinalan tamán a súa orixe latina pero da palabra villa(m) “casa de campo” “granxa”. O topónimo, neste caso responde ó significado de “centro rural”. Cha: Prodúcese a palatalización do grupo consonántico pl- >ch- coa perda do –n- intervocálico: planu(m)>chan>chao(cha) A Gramela: -ela (diminutivo) 1. do latín gramina co significado de “herba” referida ó liño ou outras herbas medicinais. 2. de calamellu(m) , diminutivo de calamus, “cana” coa acepción de “trampa para cazar animais”. Albazoi: estrato suevo -zoi. A terminación –oi procede dunha terminación de Xenitivo que perdeu a consoante intervocálica. Este Xenitivo sinalaba o nome do posuidor do lugar ou dalgunha construción que houbese nese lugar. Facoi: estrato xermánico –coi ,ten a forma típica dos xenitivos latinos con pérda de consoante intervocálica na sílaba final, que facía referencia ó dono dalgunha propiedade ou do lugar. 15
  • 16. Vigo: da palabra latina vicu(m) “grupo de casas, aldea, lugar,propiedade rural) . Coa conquista e colonización romana veu a expansión e difusión dos vicos polo imperio. Algúns prenderon como topónimos no NO. Peninsular e máis concretamente na metade N. de Galicia. Vico é o termo presente na documentación medieval co significado de “entidade de poboación menor”. Leite de Vasconcellos definirá o vicus ou vigo como “ un grupo de cuartos dalgunha vila nos que vivían cultivadores ou servos dela.” A Pena: De pena podemos dicir que se barallan dúas teses etimolóxicas: 1. do latín pinna “amea”, “pluma” 2. do céltico penno- “cabeza” “cume” Ambas teses coinciden no significado elevado e así pena , na nosa lingua , pasa a significar:”rocha” ou “monte con penas”. Asemonde: Ase- hai un Asé en Láncara e un Asén no concello de Santiago de Compostela. Apúntase a posibilidade de que sexa un antropónimo por referencias documentais referidas a estes lugares. *mund raiz xermana , concretamente onomástica sueva que significa “protección”. Toande: < Todenandi. Xenitivo de Todenandus (como Requiande< Requiandi). Latinización do segundo elemento da palabra, procedente do gótico *nanths, “audaz”. Liñar: do latín linu(m)>liño, “terreo sementado de liño”. En latín terra linaria “ terreos nos que se cultivaba o afamado liño manso. O topónimo indica o lugar no que se cultivaba e traballaba o liño, como actividade textil, moi común , nesta zona. David Cancela Rodríguez Omar Sánchez Logilde 16
  • 17. ALTA (SANTA MARÍA DE ) Locai: de locale(m) derivado de locus “lugar”, co significado de poboación rural menor cá aldea”. Vilariño: de villare(m), derivado latino de villa(m) , “ casa de campo” orixinariamente e agora “pequena entidade de poboación”. Engadindo o sufixo –inu(m) que evoluciona patrimonialmente a –iño, sendo a forma xeral do diminutivo. Marcoi: de procedencia xermánica markan, “signo,sinal,marca” , “marco que sinala as derregas entre as leiras”. Piel explica a xénese do 2º elemento –oi a partir do xermánico weihs “santo”. 17
  • 18. Riobó: do substantivo latino rivu(m),”río” “rego, canle”. Termo complementado por un adxectivo cualificativo, bonu(m)> “bono”> “boo” > “bo” encargado de destacar unha propiedade individual. Alta: etimoloxía procedente do latín altus, termo topográfico común relacionado cun lugar alto, elevado, grande mais tamén profundo. Matelo: de procedencia incerta, matelo tería que ver con mata, do latín tardío matta. Algúns etimólogos como Dauzat e E. Rivas relaciónano co preindoeuropeo matt- co significado de “extensión grande de monte baixo” . Voces semellantes aparecen no francés : “matha, Les Mathes, Matelle”. O sufixo –elo engádelle valor diminutivo. Anggy Arango Ardila Ángela Piñeiro Lourés 18
  • 19. SAN XOÁN DO ALTO. Haxiográfico con referencias locativas. Seoane: É a evolución de Sancti Iohannis con perda de –s final e apertura do –i en posición final. Abelairas: do latín avellana que evoluciona a abelaira, abeleira, abelaneira, abelairo, abelaneiro, abelao, abelán, avraeira (que mantén o hiato resultante da perda do –n- etimolóxico . Este topónimo designa lugar abundante en abeleiras. Fornelo: en latín furnum , o forno era un elemento imprescindible nunha industria doméstica dedicada a fabricación do pan, tella… Outros estudosos da toponimia opinan que forno tamén se pode aplicar metaforicamente a una edificación dolménica. Á base toponímica engádeselle o sufixo-elo, con valor diminutivo ou quizais pexorativo. Raquel Coucheiro Sepúlveda Noelia Fernández Sánchez 19
  • 20. O VERAL Veral De viria (prerromano latinizado) Veiral, La Vera, Barea, poderían proceder dunha raiz prerromana *(i)bar-ka/ga, “veiga” . Carballido: derivado a partires da raíz carb- co significado de de “ramaxe, arbusto” . E. Rivas relaciona car-b “planta de terreo esgrevio, planta dura” coa base oronímica Kar “rocha”. Fernándes-Silva recordan que a semántica do étimo e do apelativo están próximas porque “a planta prolifera en terreos pedregosos”. Segundo Hubschmid , o tema repítese no vasco karbaza “talo, toro” e no sardo karva “póla” . a partires de carb- e engadindo un sufixo aumentativo ou colectivo atopamos na nosa lingua Carballo e Carballido. Astariz: a súa primeira parte alude ós antigos posuidores das terras, a súa segunda parte é o elemento –ricus, que vén sendo unha versión latinizada do xermánico –reiks, co significado de rico ou poderoso. A desinencia –riz da nosa lingua xorde a partires do xenitivo –rici. Aparece tamén como Esteriz. Ast-/Est(r)-.Outras teorías indican que se trata dunha raiz de orixe visigótica que significa brillante; pero tamén podería ser unha raiz gótica *austra, que significa Leste, ou vento do Leste. 20
  • 21. Rebordaos: fai referencia a árbores silvestres, relacionado co termo rebordán procedente de < Rebordanos. Crese que tamén pode ser un latinismo roburetellu que evolucionaría á nosa lingua como Rebordelo, alusivo a pequenos reboredos ou conxunto de carballos. A terminación –ao correspóndese coa variante dialectal da zona , esta desinenca perdería nunha etapa anterior o “n” intervocálico. En galego atopamos “rebordán” co significado de “silvestre”, “bravo”, “árbore sen inxertar”. (No Dicionario de Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931) Penairada: vocablo formado pola composición de pena +air(a)+ada. De pena podemos dicir que se barallan dúas teses etimolóxicas: 1. do latín pinna “amea”, “pluma” 2. do céltico penno- “cabeza” “cume” Ambas teses coinciden no significado elevado e así “pena” , na nosa lingua , pasa asignificar:”rocha” ou “monte con penas”. A etimoloxía de Aira atopámola no latín area(m) co significado de “granxa” ou “calquera espazo desprovisto de vexetación”. A aira ou eira é de creación romana , inherente ó sistema da 21
  • 22. “villae” implantado na colonización do agro e finalidade cerealeira. O seu significado actual é o de “lugar próximo á casa con chan de terra ou lastrado onde se mallaba”. O Real: crese que vén do latín e pode conter dous significados: 1. regalis <regis, “real”, “rei” 2. realis “real, verdadeiro” Raquel Carballo Ferrero Antía Díaz Gayoso 22
  • 23. SANTO MATÍAS Haxionómico .Nome do discípulo e posteriomente apóstol de Xesús. Polo tanto topónimo de creación posterior á época romana. ORBAZAI A terminación é a típica dos antropónimos en caso Xenitivo, con pérda de consoante intervocálica na última sílaba, que expresaban o nome do dono de algún elemento do lugar, ou dese territorio. Penarrubia: termo composto de Pena + rubia. Para o primeiro termo pena podemos dicir que se barallan dúas teses etimolóxicas: 1. do latín pinna “amea”, “pluma” 2. do céltico penno- “cabeza” “cume” Ambas teses coinciden no significado elevado e así pena , na nosa lingua , pasa asignificar:”rocha” ou “monte con penas”. O segundo termo rubia provén de rubeu(m) “ vermello”, referido probablemente á cor avermellada do lugar. Cabalo: procedente do latín caballus. En latín é termo de orixe estranxeira posiblemente celta . O Equus caballus é na nomenclatura científica o común cabalo. Malladoira: relacionads coa voz malleus “martelo” .Crese que o verbo mallar puido existir en latín, cun escaso 23
  • 24. desenvolvemento nas linguas romances. Denomínase malladoira “ ó lugar onde se malla”. Torre: do latín turris , é unha palabra frecuente ós romances occidentais e frecuente na toponimia. Ben fai referencia a unha fortaleza, a unha torre ou ó lugar no que noutros tempos estivo situada unha torre. Taboelle: Parece a evolucion do Xenitivo Taboelli dos nomes en –ellus, de formación latina tardía. Esta terminación aparece nalgúns topónimos (Mourelle) e sinalan “o posuidor do lugar ou de algo dese lugar”. Xuxaos: Poderiamos pensar que ten a mesma orixe que Neira de Xusá, nome xa en desuso do concello de Baralla, formado a partir dun adv. de lugar do latín tardío “yuso”<”deorsum”, “cara abaixo” por oposición a “suso”<”sursum”, “cara arriba”. O Tendeiro: derivado profesional do latín tenda . o tendeiro pode ser tanto “ o dono do establecemento” coma “ a persoa que traballa nel”. Mera: hidrónimo de orixe preindoeuropea mira, moi presente na base doutros ríos galegos e orixinando neste caso un topónimo, na desembocadura do río Mera co Miño. Sandra Gordedo Osorio Cinthya Veiga López 24
  • 25. Documentación Bibliografía: Mapas do Instituto Xeográfico Nacional. Ministerio de fomento, 2006: 72-III(Friol) 72-IV(Lugo) 97-I(Condes) MORALEJO LASSO,A.: Toponimia gallega y leonesa, Ed Pico Sacro, Satiago de compostela, 1977 DÍAZ FUENTES, Antonio: Toponimia de la comarca de sarria, Servicio de publicacións da Diputación de Lugo, MARQUÉS VALEA, Xulia: A toponimia de Ttrabada. Xunta de Galicia. CABEZA QUILES, Fernando: Os nomes de lugar: topónimos de Galicia, a súa orixe e o seu significado. Vigo. Xerais. 1992, 561 páxs ISBN 84-7507-688-2. Os nomes da terra: topónimos galegos. Noia. Toxosoutos. 2000, 480 páxs ISBN 84-89129-97-5. Toponimia de Galicia. Vigo. Galaxia. 2008, 703 páxs ISBN 978- 84-9865-892-1. Gran diccionario xerais da lingua. Edit. Xerais Entrevista a D. Nicandro Ares. Páxinas dixitais: www.xunta.es/nomenclator www.visorgis.cmati.xunta.es www.mediorural.xunta.es/visorsixpac http://www.doade.net/parroq.htm#17 25
  • 26. http://webs.uvigo.es/cultura.tradicion.innovacion/Ana%20Cabana %20comunicacion.doc http://cvc.cervantes.es/lengua/thesaurus/pdf/40/TH_40_003_024_0.pdf http://es.wiktionary.org/wiki/p%C3%B3rtico www.apelidosgalicia.org www.chironweb.org/wiki/images/Toponimiagal09.pdf www.etimologias.dechile.net gl.wikipedia.org//sites.google.com/site/toponimiagalega/ cvc.cervantes.es/lengua/thesaurus/pdf/40/TH_40_003_024_0.p df http://www.canedo.eu/toponimia/lugaresca.html http://etimologias.dechile.net/?pen.a http://sites.google.com/site/toponimiagalega/ http://www.turivia.com/Lugo/Lugo/Informaci%C3%B3n/Divisi%C3%B3n %20administrativa/Pueblos Proxecto coordinado por Mª Xesús Adán López (Departamento Dinamización Língüística) en colaboración con Belén Mosquera Camba (Departamento de Latín e Grego), Vicente Martínez de Cestafe Ochoa de Eribe (Departamento de Informática) e os alumnos de 4º ESO do IES MURALLA ROMANA-LUGO. 26