Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
PROXECTO DIDÁCTICO 
ANTONIO FRAGUAS 
Proxecto gañador da 9ª EDICIÓN 
A PAISAXE LENDARIA 
E TOPONÍMICA DO 
CONCELLO DE 
SIL...
Natureza do proxecto 
 Centramos o noso proxecto sobre dous dos aspectos 
máis significativos do patrimonio inmaterial qu...
Natureza do proxecto 
 Por outro lado, un aspecto no que poucas veces 
reparamos pero que se acrecenta nas 
comunidades r...
Ámbito do proxecto 
 Cómpre ter en conta que o mundo rural do Concello de 
Silleda é o ámbito propicio para realizar a re...
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Toponimia das aldeas das 
parroquias de Silleda: realizarase 
unha investigac...
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Augas: recolleranse os nomes de fontes, 
regatos, pozos, fervenzas,..., e bus...
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Castros, mámoas e castelos: No Concello 
de Silleda abundan os castros e as m...
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Rede viaria: Os nomes dos camiños, 
das congostras, dos carreiros,... 
servir...
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Terreos: Os prados, leiras, montes, agros,... 
aportan unha grande riqueza to...
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Emprazamentos singulares: 
Penedos, rochas, árbores,... soen ser 
elementos c...
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Outros: A relixiosidade popular, os 
acontecementos puntuais da historia, 
al...
Cada un dos que se vaian 
recollendo non só o iremos 
clasificando nun arquivo de Word, 
senón que xa o irémolos situando...
Aldeas e lugares
Castros, mámoas,…
Prados, leiras, muíños…
Camiños, vías e congostras
Fontes, fervenzas, fontes, 
regatos,…
Lugares emblemáticos 
(penedos,…)
FICHA DO INFORMANTE 
 Enquisador:.................................................................................. 
 In...
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Proxecto antón fraguas

6,607 views

Published on

Durante o curso 14/15 o alumnado do IES Pintor Colmeiro realizará un traballo sobre a paisaxe lendaria e toponímica. Nesta presentación explícanse os pasos a seguir neste traballo

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Proxecto antón fraguas

  1. 1. PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS Proxecto gañador da 9ª EDICIÓN A PAISAXE LENDARIA E TOPONÍMICA DO CONCELLO DE SILLEDA
  2. 2. Natureza do proxecto  Centramos o noso proxecto sobre dous dos aspectos máis significativos do patrimonio inmaterial que unha comunidade, para definirse como tal, nunca debería perder: as lendas e a toponimia (maior e menor). Dúas son as razóns que nos levan a prantexar este estudo. Por un lado, a paulatina desaparición dos nosos maiores, auténticos arquivos de relatos lendarios e herdeiros do porqué dun topónimo. Conforme avanzan os anos, a cultura tende a homoxeneizarse; e isto atenta contra un dos valores fundamentais en toda convivencia comunitaria: o diálogo cos maiores. A perda desta interacción trae consigo que lendas e topónimos, antes transmitidos con celo de xeración a xeración, se vaian perdendo.
  3. 3. Natureza do proxecto  Por outro lado, un aspecto no que poucas veces reparamos pero que se acrecenta nas comunidades rurais como a de Silleda: o aumento constante das concentracións parcelarias. Antigos microtopónimos, fixadores dunha experiencia vital e compartida ao longo de décadas, estanse perdendo en aras da cuantificación que trae consigo a fusión de parcelas. O minifundismo do antigo réxime, rico en microtoponimia, deixa paso ao latifundismo do novo réxime, onde os antigos microtopónimos son cuantificados asignándolle un número a cada polígono e parcela e, polo tanto, perdéndose en parte a rica tradición que cada topónimo traía consigo.
  4. 4. Ámbito do proxecto  Cómpre ter en conta que o mundo rural do Concello de Silleda é o ámbito propicio para realizar a recompilación de topónimos e lendas. Por iso, valerémonos :  Preferentemente daqueles alumnos e alumnas que viven no rural, xa que eles teñen unha relación directa non só cos informantes (pais, avós, veciños), senón tamén co espazo ao cal se refira cada topónimo e lenda.  De seguido, tamén nos aproveitaremos daqueles rapaces que teñen os seus ascendentes vivindo no rural, aproveitando as visitas puntuais que lle realizan a estes para que lles consulten sobre a paisaxe toponímica e lendaria da súa zona máis inmediata.  Como terceiro recurso, aproveitarémonos das asociacións culturais de Silleda e de persoas que, a título individual, teñen realizada algunha recompilación da toponimia e lendas do seu entorno.
  5. 5. Clasificación das lendas e dos topónimos  Toponimia das aldeas das parroquias de Silleda: realizarase unha investigación e darase unha explicación da etimoloxía de cada unha das aldeas para así dar razón do seu nome.
  6. 6. Clasificación das lendas e dos topónimos  Augas: recolleranse os nomes de fontes, regatos, pozos, fervenzas,..., e buscarase o porqué dese nome a través do diálogo cos veciños dese espazo. Normalmente, en torno a estes microtopónimos soe estar asociada unha lenda ou unha tradición que explica o porqué destes nomes. Recolleranse e fixaranse no Google Maps xunto cunha foto, se é posible, do lugar.
  7. 7. Clasificación das lendas e dos topónimos  Castros, mámoas e castelos: No Concello de Silleda abundan os castros e as mámoas, así como restos de antigas torres (castelos). Estes elementos arqueolóxicos do pasado están cargados non só de simboloxía senón tamén dunha gran riqueza toponímica e lendaria. Topónimos como “Castriño” ou lendas de mouros son moi abundantes. Nestes emprazamentos patrimoniais atoparémonos con outra liña de investigación e recompilación.
  8. 8. Clasificación das lendas e dos topónimos  Rede viaria: Os nomes dos camiños, das congostras, dos carreiros,... servirannos para ampliar os topónimos relacionados coas aldeas. Algún deles tamén terá lendas e tradicións asociadas que nos servirán para entender o seu significado.
  9. 9. Clasificación das lendas e dos topónimos  Terreos: Os prados, leiras, montes, agros,... aportan unha grande riqueza toponímica e lendaria. Aquí é onde maior protagonismo terán os alumnos e alumnas das aldeas, xa que o provir dunha familia agro-gandeira ou ter relación directa con elas facilitará a recompilación desde microtopónimos. Sobre eles haberá que facer especial fincapé, xa que, como xa referimos anteriormente, as parcelarias están levando ao esquecemento os nomes destes espazos.
  10. 10. Clasificación das lendas e dos topónimos  Emprazamentos singulares: Penedos, rochas, árbores,... soen ser elementos cargados de simboloxía e, polo tanto, dun nome referente a unha tradición ou a unha lenda explicativa e valorativa dese topónimo.
  11. 11. Clasificación das lendas e dos topónimos  Outros: A relixiosidade popular, os acontecementos puntuais da historia, algunha que outra matanza, unha morte tráxica,... soen ser fonte de relatos orais significativos no devir social e identitario dunha determinada comunidade. Por iso tamén atenderemos á recompilación de todo eles situándoos nun espazo determinado.
  12. 12. Cada un dos que se vaian recollendo non só o iremos clasificando nun arquivo de Word, senón que xa o irémolos situando na aplicación Maps de Google do seguinte xeito:
  13. 13. Aldeas e lugares
  14. 14. Castros, mámoas,…
  15. 15. Prados, leiras, muíños…
  16. 16. Camiños, vías e congostras
  17. 17. Fontes, fervenzas, fontes, regatos,…
  18. 18. Lugares emblemáticos (penedos,…)
  19. 19. FICHA DO INFORMANTE  Enquisador:..................................................................................  Individual

×