SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 1
Carlos Casares
LETRAS GALEGAS 2017
“Pero unha noite estrelecida do verán fúcheste para Santander. Teus pais volvían á súa terra de
orixe. Aquela noite choramos todos. Pero iso máis vale non o lembrar. Cando subiches ó coche, eu
díxenlle a túa nai: Que non se esqueza nunca de que é galega” Fragmento de A galiña azul
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 2
ÍNDICE
 Presentación..................................................................................................................................3
 Biografía.........................................................................................................................................4
 Actividades para Educación Infantil....................................................................................5
 Actividades para 1º Educación Primaria..............................................................................8
 Actividades para 2º Educación Primaria ...........................................................................10
 Actividades para 3º Educación Primaria ...........................................................................12
 Actividades para 4º Educación Primaria ...........................................................................14
 Actividades para 5º Educación Primaria ...........................................................................16
 Actividades para 6º Educación Primaria ...........................................................................18
 Referencias bibliográficas....................................................................................................20
 Bibliografía
 Webgrafía
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 3
on esta guía didáctica pretendemos facer
chegar aos escolares de Galicia unha
serie de actividades para traballar sobre
a vida e obra do autor homenaxeado nas Letras
Galegas deste ano, Carlos Casares. Todas as
actividades farán referencia a estes aspectos,
ademais traballaranse os diferentes ámbitos
académicos (matemáticas, naturais, sociais...) dado o carácter globalizador da ensinanza.
oñecedes a vida e obra de Casares? Con estas actividades pretendemos que
empreguedes os carteis que fixemos con moito agarimo para coñecer a este
autor e facilitar que todos os nosos compañeiros e compañeiras que estades
espallados polos centros de Galicia tamén o coñezades e gocedes del.
ergulládevos nesta exposición que presentamos baixo o lema Casares XL,
o Xornalista da Limia, moi grande como persoa e como escritor.
Empregamos fundamentalmente a cor azul pola presenza que ten na súa
obra, simbolizamos o número de cada cartel con laranxas facendo
referencia á súa peza teatral e utilizamos páxinas de xornais en galego
nos títulos dos carteis para destacar a súa faceta xornalística. Na elaboración deste
traballo participamos a totalidade das aulas do noso cole e hai que subliñar a implicación
de toda a comunidade educativa. Compartimos convosco tamén un marcapáxinas que
elaboramos no centro. Agardamos que vos guste e, sobre todo, que aprendades moito,
igual que o iamos facer nós se tivésemos a oportunidade de gozar dos vosos traballos.
Benvidos ao mundo de Casares, compañeiros e compañeiras. Cando rematedes a lectura
dos carteis e destas actividades comprenderedes porqué Carlos Casares é homenaxeado
este ano no Día das Letras Galegas.
C
C
M
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 4
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941. Cando tiña catro anos, a súa
familia trasladouse a Xinzo de Limia, onde o seu pai, Francisco, era mestre e a súa nai, Manolita, vivía o
catolicismo con intensidade. Tiña moitos familiares espallados pola comarca con casas en Lamas, Beiro e
Sabucedo, ademais de no propio Xinzo, nas que el pasou longas tempadas. As vivencias nesta comarca
deixaron unha fonda pegada nas súas futuras obras como escritor e xornalista. Estudou Filosofía e Letras
en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969 en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e
Vigo.
Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na
revista Grial. É xa tradición entre a crítica falar de dúas etapas na produción narrativa de Carlos Casares:
unha primeira caracterizada no plano temático pola ambientación das obras no período franquista e a
utilización de elementos autobiográficos e no plano formal polo emprego de técnicas narrativas
innovadoras (monólogo interior, ruptura temporal...). Debido a isto último, algúns estudosos encadran a súa
obra dentro da denominada Nova Narrativa, aínda que Casares non parecía gustar desta adscrición. As
obras máis representativas deste período son Vento ferido (1967) que é un conxunto de doce relatos e a
novela Cambio en tres (1969).
En 1975 publicou Xoguetes pra un tempo prohibido, novela onde fai un retrato da súa xeración e
pola que recibiu o premio Galaxia e o Premio da Crítica española. Esta obra que reflicte a infancia e a
adolescencia dos protagonistas na España franquista da posguerra, cerra a primeira etapa da súa produción
e marca a transición á seguinte. Na segunda etapa, Casares abandona o experimentalismo formal e recupera
formas tradicionais de contar, ao tempo que elimina as pegadas autobiográficas. Nas primeiras obras desta
etapa recrea tinxidos de humor e ironía, períodos históricos máis recuados no tempo: Os escuros sonos
de Clío (1979, Premio da Crítica galega) e a deliciosa noveliña Ilustrísima (1980). Porén, nas súas últimas
novelas, Casares volveu sobre a nosa historia recente, sobre o ambiente das vilas galegas na guerra e na
posguerra: Os mortos daquel verán (1987) e Deus sentado nun sillón azul (1996). Como narrador ocupa
un lugar indiscutible na historia da literatura galega.
Ademais da súa condición de novelista, Casares cultivou a literatura para nenos con obras como A
galiña azul (1968) ou a peciña dramática As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973, Premio
“O Facho”). Tamén hai que salientar o seu papel como biógrafo de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros
Enríquez, Ramón Piñeiro, Vicente Risco, Ánxel Fole... e como derradeira biografía doutro literato, a do
Padre Sarmiento. Do seu labor como ensaísta podemos citar Hemingway en Galicia (1969) ou Un país de
palabras (1998). A Xunta de Galicia recoñeceu o seu enorme labor concedéndolle, no ano 1989, o premio á
creación cultural.
Colaborador habitual, durante catorce anos de La Voz de Galicia coa columna “Á marxe”, Casares
recibiu tamén os premios de xornalismo “Fernández-Latorre”, en 1983 e o “Julio Camba” en 1995. Algúns
destes artigos foron recompilados no volume Na marxe de cada día (1994). Ingresou na Real Academia
Galega en 1978, foi deputado polo PSdeG-PSOE en 1981, foi director da Editorial Galaxia e da revista
Grial e presidiu o Consello da Cultura Galega desde 1996.
Faleceu o 9 de marzo de 2002 no Hospital Xeral de Vigo a causa dun infarto. Un día antes de
morrer, entregara na editorial Galaxia a versión definitiva da súa última obra titulada O sol do verán.
BIOGRAFÍA
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 5
 O HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO 2017 É CARLOS
CASARES. ATOPA O SEU NOME ENTRE OS QUE APARECEN A
CONTINUACIÓN E ÚNEO COA SÚA FOTO.
AGORA, ESCRÍBEO TI:
 COLOREA A PROVINCIA GALEGA ONDE NACEU CARLOS CASARES E UNE
CO NOME QUE CORRESPONDA
CARLOS CASARES
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
MANUEL MARÍA
ROSALÍA DE CASTRO
A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
EDUCACIÓN INFANTIL
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 6
 COMO FOI A SÚA VIDA? ORDENA AS VIÑETAS
 ORDENA ESTAS TARXETAS PARA FORMAR O NOME DO AUTOR
HOMENAXEADO ESTE ANO.
CARLOS MOURIÑO CASARES
ESCRIBE O SEU NOME COMPLETO:
 RODEA AS VOGAIS QUE HAI NO NOME E APELIDOS DO AUTOR.
CARLOS CASARES MOURIÑO
AGORA COLOREA CADA VOGAL DUNHA COR DIFERENTE. POR EXEMPLO: A
DE AZUL, E DE VERDE, I DE MARRÓN, O DE AMARELO, U DE VERMELLO.
CANTAS VOGAIS HAI? _____
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 7
 UN LIBRO DE CARLOS CASARES TITÚLASE “A GALIÑA AZUL”. PINTA
UNHA GALIÑA DE COR AZUL E AS OUTRAS COMO A TI CHE GUSTEN MÁIS.
CONTA AS GALIÑAS E ESCRIBE CANTAS HAI: ________
 CARLOS CASARES ESCRIBIU UNHA OBRA DE TEATRO TITULADA “AS
LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS”. FÍXATE BEN E
COLOREA A LARANXA MÁIS GRANDE.
 EMPARELLA CADA PICTOGRAMA CO SEU SIGNIFICADO:
VENTO
CADEIRA DE BRAZOS
GALIÑA
LARANXA
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 8
 Este é o calendario escolar deste curso. Busca o mes de maio e arrodea de
azul o Día das Letras Galegas. Este ano cae en______________ (día da semana).
Agora escribe ti os outros días da semana:
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
 Estes son escritores homenaxeados nas Letras Galegas. Relaciona cada
fotografía co nome correspondente.
Castelao Rosalía de Castro Carlos Casares
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 9
 Axuda a Carlos Casares a chegar ata a portada do seu libro “A galiña azul”.
 Estas son algunhas das obras de Carlos
Casares. Convértete en ilustrador e crea
unha portada diferente para unha delas.
Nas portadas anteriores hai unha obra teatral que leva no seu título o nome
dunha froita. Que outras froitas coñeces ti? Xoga cos teus compañeiros a
inventar outros títulos cambiando a palabra “laranxas” por outras froitas. Por
exemplo: “As mazás máis mazás de todas as mazás”.
 Reescribe os títulos tendo en conta as palabras que representan os
pictogramas:
A galiña _____________________________________________
ferido _____________________________________________
Deus sentado nun azul___________________________________
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 10
 FAGAMOS MEMORIA: Relaciona cada autor co seu nome e co ano no que foi
homenaxeado no Día das Letras Galegas.
 Paxaros, árbores e xoguetes son palabras representativas das afeccións e
vivencias de Casares. Inventa con elas unha historia.
NOME DO AUTOR
ANO NO QUE FOI HOMENAXEADO
CARLOS CASARES FILGUEIRA VALVERDE MANUEL MARÍA
LETRAS GALEGAS 2015 LETRAS GALEGAS 2016 LETRAS GALEGAS 2017
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 11
 Rodea as galiñas que teñan a mesma orientación espacial que o modelo:
 Constrúe oracións empregando como suxeito o título do libro “A galiña azul”.
Por exemplo: A galiña azul come millo.
 Relaciona cada oración con pictogramas coa obra correspondente:
Deus sentado nun sillón azul
A galiña azul
Vento ferido
A
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 12
 En que mes do ano se celebra o Día das Letras Galegas?_______________
Localiza nesta sopa de letras todos os meses do ano e escríbeos:
1. ________________________
2. ________________________
3. ________________________
4. ________________________
5. ________________________
6. ________________________
7. ________________________
8. ________________________
9. ________________________
10. _______________________
11. _______________________
12. _______________________
 Casares escribiu un conto titulado “A bomba da felicidade”. Inventa un
obxecto co que evites que se enfade a xente. Debúxao:
D E C E M B R O
X A S S A X P U
F G E T I A E T
E O T U O N B U
B S E N T E S B
R T M A R I R R
E O B M A R Z O
I B R O B O X M
R N O I R C U A
O Ñ P C I S Ñ B
T C X U L L O S
N O V E M B R O
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 13
Agora describe o obxecto anterior e ponlle nome:
Nome: ___________________________________________________________
Descrición:________________________________________________________
________________________________________________________________
________________________________________________________________
________________________________________________________________
________________________________________________________________
 Partindo do título “A galiña azul” fagamos un xogo de memoria entre todos os
compañeiros/as da clase. Por exemplo: A galiña azul pon ovos  A galiña azul
pon ovos grandes  A galiña azul pon ovos grandes e moi amarelos  ...
 No título “A galiña azul”. Que clase de palabra é a que aparece subliñada?
Cámbiaa por outras da mesma clase, por exemplo, “A galiña coxa”, “A galiña
grande”...
 Inventa outros títulos variando o xénero e o número da palabra “galiña”.
 Investiga e escribe os títulos das obras de Carlos Casares.
As as
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 14
 Axuda a Carlos Casares a razoar ou dar coa solución a estes problemas:
Carlos Casares foi á froitaría mercar laranxas. Se cada quilo custaba 1,10€:
- Canto pagou polos 5kg que mercou?
- Tiña un billete de 10€, chegoulle?
As laranxas que mercou Carlos Casares proceden de Valencia. Que medios de
transporte puideron empregar para chegar ata a froitería na que el merca na
Ramallosa?
 Non tés interese por saber onde pasou Carlos Casares os últimos 20 anos da
súa vida? Investiga e planificade unha excursión, aínda que sexa virtual, polo
concello de Nigrán. Pretendemos que te axudes das novas tecnoloxías e que coa
axuda do encerado dixital poidas gozar deste fermoso lugar de Galicia.
 Inventa frases relacionadas coa súa vida e obra tendo en conta que deben
comezar polas seguintes iniciais:
C(arlos)
C(asares)
M(ouriño)
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 15
 Logo de ler un anaco de “A galiña azul” ocórresenos unha idea! Investiga sobre
as galiñas, os tipos de galiñas coñecidas en Galicia, que comen, utilidades das
galiñas... E lembra que a túa familia sabe moito do mundo destes animais! Anímate
e pregúntalle.
 Carlos Casares foi un escritor ligado desde o nacemento á provincia de
Ourense. Serías quen de colocar as seguintes comarcas no mapa?
 Busca nun mapa ou na internet o nome das outras comarcas da provincia de
Ourense. Podedes facer un mural.
 Completa no teu caderno o texto da biografía fixándote en que debes
completar a palabra que representa o pictograma.
As vivencias na comarca da Limia deixaron unha forte en Casares
como e . Xa de tiña moito interese
polas e as do seu contorno, a , o e os
en miniatura especialmente os trens que el mesmo construía, polo
que foron plasmados en moitas das súas obras.
Ourense
Xinzo de Limia
Viana do Bolo
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 16
 Le con moita atención os carteis da vida e obra de Casares. Se o necesitas
podes axudarte da internet.
Despois de mirar os carteis da exposición, resolve o seguinte encrucillado:
6 8 9
3 5
2 4
1
10
7
1 2
3
4 5
6
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 17
HORIZONTAIS:
1. Primeiro apelido do autor homenaxeado.
2. Ave que forma parte do título dunha
das súas obras.
3. Mes no que faleceu o escritor.
4. Apelido dun dos escritores cos que se
reunía no Café Parque.
5. Cidade onde faleceu o autor.
6. Cor que aparece en dúas obras deste
autor.
VERTICAIS:
1. Mes no que se celebran as Letras Galegas.
2. Nome do autor.
3. Editorial da que foi director.
4. Lugar onde estudou Filosofía e Letras.
5. Nome da súa nai.
6. Lugar onde naceu.
7. Comarca na que se criou.
8. Medio de transporte no que se namorou da
súa dona.
9. Profesión do seu pai.
10. Revista da que foi director.
 Velaquí un fragmento da obra “A galiña azul” de Casares. Identifica o que
quería transmitir nel. Fálao cos compañeiros:
... á cal quere matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de
dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas escamadas na á dereita, “non é unha
galiña como é debido”.
 Emprega o teu caderno e cámbialle o final ao conto “A galiña azul”.
 Relaciona as seguintes frases cos pictogramas:
Traballou de escritor e xornalista
Era afeccionado ao cine e á lectura
Tiña moitos amigos
Casou cunha rapaza sueca
e
o e
o
a
unha
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 18
 En grupo cos teus compañeiros/as, dramatiza un fragmento dunha das súas
obras máis coñecidas: “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”. Podes
facelo con total liberdade, Casares agradeceríavos que inventásedes unha nova
versión das súas historias.
 Sabiades que Carlos Casares facía biografías destinadas a ser lidas polos
adultos? A continuación pedímosvos que fagades unha biografía sobre un
personaxe da vosa zona que escollades entre todos por votación. Aahh!! E
lembrade compartila con todos nós, por exemplo, nun blog ou a través dunha
videoconferencia.
 Logo de ler un anaco de “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”
ocórresenos unha idea! Investiga sobre as laranxas, a súa procedencia,
propiedades, usos... Con isto podes facer un mural para compartir cos teus
compañeiros e compañeiras.
 Foi director e redactor no periódico “El Averno” ademais de publicar
diariamente en “La Voz de Galicia” una columna chamada “A marxe”. Convértete
en periodista, redacta unha noticia e ilústraa na túa libreta. Non te esquezas
de asinala!
 Dito autor publicou numerosas obras. Entre elas as seguintes:
Busca nos carteis e na internet e ordénaas por orde cronolóxica.
6º EDUCACIÓN PRIMARIA
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 19
 Resolve o seguinte encrucillado e saberás canto coñeces de Carlos Casares.
 No ano 1971, Casares coñeceu a Kristina Berg nunha viaxe en tren de Ourense
a Santiago. Imaxinade unha viaxe por Galicia na cal Carlos Casares lle ensinase
á súa dona os monumentos máis representativos da nosa comunidade. Despois,
facede o mesmo referido ao país de orixe da súa dona, Suecia. Planificade unha
exposición para mostrarlles os vosos traballos aos compañeiros, axudándovos do
encerado dixital. Podedes tomar como referencia as seguintes pautas:
QUE TEÑADES UNHA BOA VIAXE!!
Reserva de billetes
Reserva de aloxamento
Guía turística
Idioma que se fala en Suecia
Planificación da maleta en
función do clima
Diñeiro necesario
Carlos Casares
Letras Galegas 2017 20
 BIBLIOGRAFÍA
Casares, C. (2002). A galiña azul. Vigo: Editorial Galaxia.
Casares, C. (2016). Vento ferido. Vigo: Editorial Galaxia.
Casares, C. (2004). As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Xunta de Galicia
en colaboración co Centro Dramático Galego.
 WEBGRAFÍA
 Fragmento sonoro de “Xoguetes para un tempo prohibido” lido polo propio autor:
http://www.culturagalega.org/especiais/poetasenarradores/descargas/ccasares-
xoguetesparaun.mp3
 Fragmento sonoro sobre “Os escuros soños de Clío” lido por Tati Mancebo:
http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/carlos-casares/obra/3679/os-escuros-
sonos-de-clio/video/1
 Fragmento sonoro de “A galiña azul” lido por Xabier Senín:
http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/carlos-casares/obra/3654/a-galina-
azul/video/1
 Entrada que a Editorial Galaxia fai a Carlos Casares pola súa homenaxe nestas
Letras Galegas 2017: http://editorialgalaxia.gal/comeza-o-ano-carlos-casares-na-editorial-
galaxia/
 Ligazón a unha páxina web onde aparecen referenciadas as obras de Carlos
Casares:
http://www.culturagalega.org/lg3/lg3_autor_detalle.php?Cod_prsa=20&titulo=carlos%20casares
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

More Related Content

What's hot (20)

Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Eduardo pondal
Eduardo pondalEduardo pondal
Eduardo pondal
 
Tania González
Tania GonzálezTania González
Tania González
 
Rosalía de castro.pptx [reparado]
Rosalía de castro.pptx [reparado]Rosalía de castro.pptx [reparado]
Rosalía de castro.pptx [reparado]
 
Dip diaz castro
Dip diaz castroDip diaz castro
Dip diaz castro
 
Ines Eiroa
Ines EiroaInes Eiroa
Ines Eiroa
 
Antía
AntíaAntía
Antía
 
Maria xosé-queizán
Maria xosé-queizán Maria xosé-queizán
Maria xosé-queizán
 
Laura antelo
Laura anteloLaura antelo
Laura antelo
 
Adrian garcia
Adrian garciaAdrian garcia
Adrian garcia
 
Helena Stümpel
Helena StümpelHelena Stümpel
Helena Stümpel
 
25 A outra obra de Casares
25 A outra obra de Casares25 A outra obra de Casares
25 A outra obra de Casares
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
26 Un país de palabras
26 Un país de palabras26 Un país de palabras
26 Un país de palabras
 
Guía de verán 2013
Guía de verán 2013Guía de verán 2013
Guía de verán 2013
 
Antía Suárez
Antía SuárezAntía Suárez
Antía Suárez
 
21 A obra xornalística
21 A obra xornalística21 A obra xornalística
21 A obra xornalística
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Letras Galegas
Letras GalegasLetras Galegas
Letras Galegas
 

Similar to Carlos Casares

Diptico vi quedada literaria 2017
Diptico vi quedada literaria 2017Diptico vi quedada literaria 2017
Diptico vi quedada literaria 2017crocaio
 
BIBLIOXOGO DÍA DA POESÍA E ROSALÍA 3º ciclo
BIBLIOXOGO DÍA DA POESÍA E ROSALÍA 3º cicloBIBLIOXOGO DÍA DA POESÍA E ROSALÍA 3º ciclo
BIBLIOXOGO DÍA DA POESÍA E ROSALÍA 3º ciclobibliotecadeaguinho
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013capranta
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroVinseiro
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
02 A xuventude os anos estudiantís
02 A xuventude os anos estudiantís02 A xuventude os anos estudiantís
02 A xuventude os anos estudiantísiescc
 

Similar to Carlos Casares (20)

Diptico vi quedada literaria 2017
Diptico vi quedada literaria 2017Diptico vi quedada literaria 2017
Diptico vi quedada literaria 2017
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
 
BIBLIOXOGO DÍA DA POESÍA E ROSALÍA 3º ciclo
BIBLIOXOGO DÍA DA POESÍA E ROSALÍA 3º cicloBIBLIOXOGO DÍA DA POESÍA E ROSALÍA 3º ciclo
BIBLIOXOGO DÍA DA POESÍA E ROSALÍA 3º ciclo
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 
Rabuñando novos Cantares
Rabuñando novos CantaresRabuñando novos Cantares
Rabuñando novos Cantares
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
 
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyraGuia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
 
Martín, juan
Martín, juanMartín, juan
Martín, juan
 
02 A xuventude os anos estudiantís
02 A xuventude os anos estudiantís02 A xuventude os anos estudiantís
02 A xuventude os anos estudiantís
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
DíA Das Letras Galegas
DíA Das Letras GalegasDíA Das Letras Galegas
DíA Das Letras Galegas
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 

More from Chelo Alvarez Veira (20)

Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
O traxe novo do emperador
O traxe novo do emperadorO traxe novo do emperador
O traxe novo do emperador
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Debuxos da paz
Debuxos da pazDebuxos da paz
Debuxos da paz
 
Contos da paz
Contos da pazContos da paz
Contos da paz
 
Concurso relatos de terror
Concurso relatos de terrorConcurso relatos de terror
Concurso relatos de terror
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
Rosalind Franklin
Rosalind FranklinRosalind Franklin
Rosalind Franklin
 
MARUXA MALLO
MARUXA MALLOMARUXA MALLO
MARUXA MALLO
 
Maruxa Mallo
Maruxa MalloMaruxa Mallo
Maruxa Mallo
 
Programación plambe
Programación plambeProgramación plambe
Programación plambe
 
Triptico nadal
Triptico nadalTriptico nadal
Triptico nadal
 
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdadeGuia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
 
Relatos terror samaín
Relatos terror samaínRelatos terror samaín
Relatos terror samaín
 
Lectores autónomos
Lectores autónomosLectores autónomos
Lectores autónomos
 
Primeiros lectores
Primeiros lectoresPrimeiros lectores
Primeiros lectores
 

Carlos Casares

  • 1. Carlos Casares Letras Galegas 2017 1 Carlos Casares LETRAS GALEGAS 2017 “Pero unha noite estrelecida do verán fúcheste para Santander. Teus pais volvían á súa terra de orixe. Aquela noite choramos todos. Pero iso máis vale non o lembrar. Cando subiches ó coche, eu díxenlle a túa nai: Que non se esqueza nunca de que é galega” Fragmento de A galiña azul
  • 2. Carlos Casares Letras Galegas 2017 2 ÍNDICE  Presentación..................................................................................................................................3  Biografía.........................................................................................................................................4  Actividades para Educación Infantil....................................................................................5  Actividades para 1º Educación Primaria..............................................................................8  Actividades para 2º Educación Primaria ...........................................................................10  Actividades para 3º Educación Primaria ...........................................................................12  Actividades para 4º Educación Primaria ...........................................................................14  Actividades para 5º Educación Primaria ...........................................................................16  Actividades para 6º Educación Primaria ...........................................................................18  Referencias bibliográficas....................................................................................................20  Bibliografía  Webgrafía
  • 3. Carlos Casares Letras Galegas 2017 3 on esta guía didáctica pretendemos facer chegar aos escolares de Galicia unha serie de actividades para traballar sobre a vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Carlos Casares. Todas as actividades farán referencia a estes aspectos, ademais traballaranse os diferentes ámbitos académicos (matemáticas, naturais, sociais...) dado o carácter globalizador da ensinanza. oñecedes a vida e obra de Casares? Con estas actividades pretendemos que empreguedes os carteis que fixemos con moito agarimo para coñecer a este autor e facilitar que todos os nosos compañeiros e compañeiras que estades espallados polos centros de Galicia tamén o coñezades e gocedes del. ergulládevos nesta exposición que presentamos baixo o lema Casares XL, o Xornalista da Limia, moi grande como persoa e como escritor. Empregamos fundamentalmente a cor azul pola presenza que ten na súa obra, simbolizamos o número de cada cartel con laranxas facendo referencia á súa peza teatral e utilizamos páxinas de xornais en galego nos títulos dos carteis para destacar a súa faceta xornalística. Na elaboración deste traballo participamos a totalidade das aulas do noso cole e hai que subliñar a implicación de toda a comunidade educativa. Compartimos convosco tamén un marcapáxinas que elaboramos no centro. Agardamos que vos guste e, sobre todo, que aprendades moito, igual que o iamos facer nós se tivésemos a oportunidade de gozar dos vosos traballos. Benvidos ao mundo de Casares, compañeiros e compañeiras. Cando rematedes a lectura dos carteis e destas actividades comprenderedes porqué Carlos Casares é homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. C C M
  • 4. Carlos Casares Letras Galegas 2017 4 Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941. Cando tiña catro anos, a súa familia trasladouse a Xinzo de Limia, onde o seu pai, Francisco, era mestre e a súa nai, Manolita, vivía o catolicismo con intensidade. Tiña moitos familiares espallados pola comarca con casas en Lamas, Beiro e Sabucedo, ademais de no propio Xinzo, nas que el pasou longas tempadas. As vivencias nesta comarca deixaron unha fonda pegada nas súas futuras obras como escritor e xornalista. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969 en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial. É xa tradición entre a crítica falar de dúas etapas na produción narrativa de Carlos Casares: unha primeira caracterizada no plano temático pola ambientación das obras no período franquista e a utilización de elementos autobiográficos e no plano formal polo emprego de técnicas narrativas innovadoras (monólogo interior, ruptura temporal...). Debido a isto último, algúns estudosos encadran a súa obra dentro da denominada Nova Narrativa, aínda que Casares non parecía gustar desta adscrición. As obras máis representativas deste período son Vento ferido (1967) que é un conxunto de doce relatos e a novela Cambio en tres (1969). En 1975 publicou Xoguetes pra un tempo prohibido, novela onde fai un retrato da súa xeración e pola que recibiu o premio Galaxia e o Premio da Crítica española. Esta obra que reflicte a infancia e a adolescencia dos protagonistas na España franquista da posguerra, cerra a primeira etapa da súa produción e marca a transición á seguinte. Na segunda etapa, Casares abandona o experimentalismo formal e recupera formas tradicionais de contar, ao tempo que elimina as pegadas autobiográficas. Nas primeiras obras desta etapa recrea tinxidos de humor e ironía, períodos históricos máis recuados no tempo: Os escuros sonos de Clío (1979, Premio da Crítica galega) e a deliciosa noveliña Ilustrísima (1980). Porén, nas súas últimas novelas, Casares volveu sobre a nosa historia recente, sobre o ambiente das vilas galegas na guerra e na posguerra: Os mortos daquel verán (1987) e Deus sentado nun sillón azul (1996). Como narrador ocupa un lugar indiscutible na historia da literatura galega. Ademais da súa condición de novelista, Casares cultivou a literatura para nenos con obras como A galiña azul (1968) ou a peciña dramática As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973, Premio “O Facho”). Tamén hai que salientar o seu papel como biógrafo de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enríquez, Ramón Piñeiro, Vicente Risco, Ánxel Fole... e como derradeira biografía doutro literato, a do Padre Sarmiento. Do seu labor como ensaísta podemos citar Hemingway en Galicia (1969) ou Un país de palabras (1998). A Xunta de Galicia recoñeceu o seu enorme labor concedéndolle, no ano 1989, o premio á creación cultural. Colaborador habitual, durante catorce anos de La Voz de Galicia coa columna “Á marxe”, Casares recibiu tamén os premios de xornalismo “Fernández-Latorre”, en 1983 e o “Julio Camba” en 1995. Algúns destes artigos foron recompilados no volume Na marxe de cada día (1994). Ingresou na Real Academia Galega en 1978, foi deputado polo PSdeG-PSOE en 1981, foi director da Editorial Galaxia e da revista Grial e presidiu o Consello da Cultura Galega desde 1996. Faleceu o 9 de marzo de 2002 no Hospital Xeral de Vigo a causa dun infarto. Un día antes de morrer, entregara na editorial Galaxia a versión definitiva da súa última obra titulada O sol do verán. BIOGRAFÍA
  • 5. Carlos Casares Letras Galegas 2017 5  O HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO 2017 É CARLOS CASARES. ATOPA O SEU NOME ENTRE OS QUE APARECEN A CONTINUACIÓN E ÚNEO COA SÚA FOTO. AGORA, ESCRÍBEO TI:  COLOREA A PROVINCIA GALEGA ONDE NACEU CARLOS CASARES E UNE CO NOME QUE CORRESPONDA CARLOS CASARES ROBERTO VIDAL BOLAÑO MANUEL MARÍA ROSALÍA DE CASTRO A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA EDUCACIÓN INFANTIL
  • 6. Carlos Casares Letras Galegas 2017 6  COMO FOI A SÚA VIDA? ORDENA AS VIÑETAS  ORDENA ESTAS TARXETAS PARA FORMAR O NOME DO AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO. CARLOS MOURIÑO CASARES ESCRIBE O SEU NOME COMPLETO:  RODEA AS VOGAIS QUE HAI NO NOME E APELIDOS DO AUTOR. CARLOS CASARES MOURIÑO AGORA COLOREA CADA VOGAL DUNHA COR DIFERENTE. POR EXEMPLO: A DE AZUL, E DE VERDE, I DE MARRÓN, O DE AMARELO, U DE VERMELLO. CANTAS VOGAIS HAI? _____
  • 7. Carlos Casares Letras Galegas 2017 7  UN LIBRO DE CARLOS CASARES TITÚLASE “A GALIÑA AZUL”. PINTA UNHA GALIÑA DE COR AZUL E AS OUTRAS COMO A TI CHE GUSTEN MÁIS. CONTA AS GALIÑAS E ESCRIBE CANTAS HAI: ________  CARLOS CASARES ESCRIBIU UNHA OBRA DE TEATRO TITULADA “AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS”. FÍXATE BEN E COLOREA A LARANXA MÁIS GRANDE.  EMPARELLA CADA PICTOGRAMA CO SEU SIGNIFICADO: VENTO CADEIRA DE BRAZOS GALIÑA LARANXA
  • 8. Carlos Casares Letras Galegas 2017 8  Este é o calendario escolar deste curso. Busca o mes de maio e arrodea de azul o Día das Letras Galegas. Este ano cae en______________ (día da semana). Agora escribe ti os outros días da semana: _____________________________________________________________ _____________________________________________________________  Estes son escritores homenaxeados nas Letras Galegas. Relaciona cada fotografía co nome correspondente. Castelao Rosalía de Castro Carlos Casares 1º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 9. Carlos Casares Letras Galegas 2017 9  Axuda a Carlos Casares a chegar ata a portada do seu libro “A galiña azul”.  Estas son algunhas das obras de Carlos Casares. Convértete en ilustrador e crea unha portada diferente para unha delas. Nas portadas anteriores hai unha obra teatral que leva no seu título o nome dunha froita. Que outras froitas coñeces ti? Xoga cos teus compañeiros a inventar outros títulos cambiando a palabra “laranxas” por outras froitas. Por exemplo: “As mazás máis mazás de todas as mazás”.  Reescribe os títulos tendo en conta as palabras que representan os pictogramas: A galiña _____________________________________________ ferido _____________________________________________ Deus sentado nun azul___________________________________
  • 10. Carlos Casares Letras Galegas 2017 10  FAGAMOS MEMORIA: Relaciona cada autor co seu nome e co ano no que foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.  Paxaros, árbores e xoguetes son palabras representativas das afeccións e vivencias de Casares. Inventa con elas unha historia. NOME DO AUTOR ANO NO QUE FOI HOMENAXEADO CARLOS CASARES FILGUEIRA VALVERDE MANUEL MARÍA LETRAS GALEGAS 2015 LETRAS GALEGAS 2016 LETRAS GALEGAS 2017 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 11. Carlos Casares Letras Galegas 2017 11  Rodea as galiñas que teñan a mesma orientación espacial que o modelo:  Constrúe oracións empregando como suxeito o título do libro “A galiña azul”. Por exemplo: A galiña azul come millo.  Relaciona cada oración con pictogramas coa obra correspondente: Deus sentado nun sillón azul A galiña azul Vento ferido A
  • 12. Carlos Casares Letras Galegas 2017 12  En que mes do ano se celebra o Día das Letras Galegas?_______________ Localiza nesta sopa de letras todos os meses do ano e escríbeos: 1. ________________________ 2. ________________________ 3. ________________________ 4. ________________________ 5. ________________________ 6. ________________________ 7. ________________________ 8. ________________________ 9. ________________________ 10. _______________________ 11. _______________________ 12. _______________________  Casares escribiu un conto titulado “A bomba da felicidade”. Inventa un obxecto co que evites que se enfade a xente. Debúxao: D E C E M B R O X A S S A X P U F G E T I A E T E O T U O N B U B S E N T E S B R T M A R I R R E O B M A R Z O I B R O B O X M R N O I R C U A O Ñ P C I S Ñ B T C X U L L O S N O V E M B R O 3º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 13. Carlos Casares Letras Galegas 2017 13 Agora describe o obxecto anterior e ponlle nome: Nome: ___________________________________________________________ Descrición:________________________________________________________ ________________________________________________________________ ________________________________________________________________ ________________________________________________________________ ________________________________________________________________  Partindo do título “A galiña azul” fagamos un xogo de memoria entre todos os compañeiros/as da clase. Por exemplo: A galiña azul pon ovos  A galiña azul pon ovos grandes  A galiña azul pon ovos grandes e moi amarelos  ...  No título “A galiña azul”. Que clase de palabra é a que aparece subliñada? Cámbiaa por outras da mesma clase, por exemplo, “A galiña coxa”, “A galiña grande”...  Inventa outros títulos variando o xénero e o número da palabra “galiña”.  Investiga e escribe os títulos das obras de Carlos Casares. As as
  • 14. Carlos Casares Letras Galegas 2017 14  Axuda a Carlos Casares a razoar ou dar coa solución a estes problemas: Carlos Casares foi á froitaría mercar laranxas. Se cada quilo custaba 1,10€: - Canto pagou polos 5kg que mercou? - Tiña un billete de 10€, chegoulle? As laranxas que mercou Carlos Casares proceden de Valencia. Que medios de transporte puideron empregar para chegar ata a froitería na que el merca na Ramallosa?  Non tés interese por saber onde pasou Carlos Casares os últimos 20 anos da súa vida? Investiga e planificade unha excursión, aínda que sexa virtual, polo concello de Nigrán. Pretendemos que te axudes das novas tecnoloxías e que coa axuda do encerado dixital poidas gozar deste fermoso lugar de Galicia.  Inventa frases relacionadas coa súa vida e obra tendo en conta que deben comezar polas seguintes iniciais: C(arlos) C(asares) M(ouriño) 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 15. Carlos Casares Letras Galegas 2017 15  Logo de ler un anaco de “A galiña azul” ocórresenos unha idea! Investiga sobre as galiñas, os tipos de galiñas coñecidas en Galicia, que comen, utilidades das galiñas... E lembra que a túa familia sabe moito do mundo destes animais! Anímate e pregúntalle.  Carlos Casares foi un escritor ligado desde o nacemento á provincia de Ourense. Serías quen de colocar as seguintes comarcas no mapa?  Busca nun mapa ou na internet o nome das outras comarcas da provincia de Ourense. Podedes facer un mural.  Completa no teu caderno o texto da biografía fixándote en que debes completar a palabra que representa o pictograma. As vivencias na comarca da Limia deixaron unha forte en Casares como e . Xa de tiña moito interese polas e as do seu contorno, a , o e os en miniatura especialmente os trens que el mesmo construía, polo que foron plasmados en moitas das súas obras. Ourense Xinzo de Limia Viana do Bolo
  • 16. Carlos Casares Letras Galegas 2017 16  Le con moita atención os carteis da vida e obra de Casares. Se o necesitas podes axudarte da internet. Despois de mirar os carteis da exposición, resolve o seguinte encrucillado: 6 8 9 3 5 2 4 1 10 7 1 2 3 4 5 6 5º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 17. Carlos Casares Letras Galegas 2017 17 HORIZONTAIS: 1. Primeiro apelido do autor homenaxeado. 2. Ave que forma parte do título dunha das súas obras. 3. Mes no que faleceu o escritor. 4. Apelido dun dos escritores cos que se reunía no Café Parque. 5. Cidade onde faleceu o autor. 6. Cor que aparece en dúas obras deste autor. VERTICAIS: 1. Mes no que se celebran as Letras Galegas. 2. Nome do autor. 3. Editorial da que foi director. 4. Lugar onde estudou Filosofía e Letras. 5. Nome da súa nai. 6. Lugar onde naceu. 7. Comarca na que se criou. 8. Medio de transporte no que se namorou da súa dona. 9. Profesión do seu pai. 10. Revista da que foi director.  Velaquí un fragmento da obra “A galiña azul” de Casares. Identifica o que quería transmitir nel. Fálao cos compañeiros: ... á cal quere matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas escamadas na á dereita, “non é unha galiña como é debido”.  Emprega o teu caderno e cámbialle o final ao conto “A galiña azul”.  Relaciona as seguintes frases cos pictogramas: Traballou de escritor e xornalista Era afeccionado ao cine e á lectura Tiña moitos amigos Casou cunha rapaza sueca e o e o a unha
  • 18. Carlos Casares Letras Galegas 2017 18  En grupo cos teus compañeiros/as, dramatiza un fragmento dunha das súas obras máis coñecidas: “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”. Podes facelo con total liberdade, Casares agradeceríavos que inventásedes unha nova versión das súas historias.  Sabiades que Carlos Casares facía biografías destinadas a ser lidas polos adultos? A continuación pedímosvos que fagades unha biografía sobre un personaxe da vosa zona que escollades entre todos por votación. Aahh!! E lembrade compartila con todos nós, por exemplo, nun blog ou a través dunha videoconferencia.  Logo de ler un anaco de “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” ocórresenos unha idea! Investiga sobre as laranxas, a súa procedencia, propiedades, usos... Con isto podes facer un mural para compartir cos teus compañeiros e compañeiras.  Foi director e redactor no periódico “El Averno” ademais de publicar diariamente en “La Voz de Galicia” una columna chamada “A marxe”. Convértete en periodista, redacta unha noticia e ilústraa na túa libreta. Non te esquezas de asinala!  Dito autor publicou numerosas obras. Entre elas as seguintes: Busca nos carteis e na internet e ordénaas por orde cronolóxica. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 19. Carlos Casares Letras Galegas 2017 19  Resolve o seguinte encrucillado e saberás canto coñeces de Carlos Casares.  No ano 1971, Casares coñeceu a Kristina Berg nunha viaxe en tren de Ourense a Santiago. Imaxinade unha viaxe por Galicia na cal Carlos Casares lle ensinase á súa dona os monumentos máis representativos da nosa comunidade. Despois, facede o mesmo referido ao país de orixe da súa dona, Suecia. Planificade unha exposición para mostrarlles os vosos traballos aos compañeiros, axudándovos do encerado dixital. Podedes tomar como referencia as seguintes pautas: QUE TEÑADES UNHA BOA VIAXE!! Reserva de billetes Reserva de aloxamento Guía turística Idioma que se fala en Suecia Planificación da maleta en función do clima Diñeiro necesario
  • 20. Carlos Casares Letras Galegas 2017 20  BIBLIOGRAFÍA Casares, C. (2002). A galiña azul. Vigo: Editorial Galaxia. Casares, C. (2016). Vento ferido. Vigo: Editorial Galaxia. Casares, C. (2004). As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Xunta de Galicia en colaboración co Centro Dramático Galego.  WEBGRAFÍA  Fragmento sonoro de “Xoguetes para un tempo prohibido” lido polo propio autor: http://www.culturagalega.org/especiais/poetasenarradores/descargas/ccasares- xoguetesparaun.mp3  Fragmento sonoro sobre “Os escuros soños de Clío” lido por Tati Mancebo: http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/carlos-casares/obra/3679/os-escuros- sonos-de-clio/video/1  Fragmento sonoro de “A galiña azul” lido por Xabier Senín: http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/carlos-casares/obra/3654/a-galina- azul/video/1  Entrada que a Editorial Galaxia fai a Carlos Casares pola súa homenaxe nestas Letras Galegas 2017: http://editorialgalaxia.gal/comeza-o-ano-carlos-casares-na-editorial- galaxia/  Ligazón a unha páxina web onde aparecen referenciadas as obras de Carlos Casares: http://www.culturagalega.org/lg3/lg3_autor_detalle.php?Cod_prsa=20&titulo=carlos%20casares REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS