CARACTERÍSTICAS PECULIARES  DAS VANGARDAS GALEGAS ►   Literatura menos cerebral, non totalmente afastada do  sentimentalismo ►   Non se produce unha ruptura total coa tradición literaria ►   Non hai unha renuncia ao compromiso coa realidade social  e cultural do país ►   Inexistencia dunha verdadeira escola vangardista galega (poucos autores plenamente vangardistas, un único mani- festo, carencia de revistas estritamente vangardistas...)
REVISTAS  Sen seren  plenamente vangardistas, acollen nas  súas páxinas a totalidade  destas ten- dencias reno- vadoras ALFAR RONSEL NÓS A NOSA TERRA YUNQUE CRISTAL
O MANIFESTO:  MÁIS ALÁ Asinado por  Manuel Antonio e  Álvaro Cebreiro, en 1922 Sen pretensións de suficiencia doutoral, nin de ningún outro xeito semellante, a rebeldía duns mozos galegos fai esta chamada á Mocidade intelectual da nosa Terra.  O xesto Non nos erguemos do xeito que o fan a maioría dos que noutras terras publican manifestos máis ou menos literarios. Case todos eles tencionan arrecadar adeptos para algún novo ismo que aparece querendo ser a derradeira verba da moderna Estética cando, en verdade, non son máis que unha nova proba de que un esnobismo operetesco invade a Literatura. Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacable contra os vellos.  Destinatarios Singularidade fronte aos outros movementos e crítica destes Intención principal Nós Despois de ter dito que non traernos pretensións doutorais nin doutro xeito semellante, xa non cómpre dicir que estamos moi lonxe de querer impor ningunha concreta lexislación estética.  Cansos xa de percorrer camiños vellos e fracasados, temos arrenegado de todos eles; pero non queremos sinalar un camino determinado. A nosa ruta, nos primeiros pasos, quere tan só coñecer por onde non debemos ir: tódolos outros caminos poden ser nosos. A Novidade que enxerguemos é tan só un anedamento, un ceibamento do pasado sen a definición da súa resultanza: isto é arbitrariamente persoal. A única estratexia común é o rexeitamento do pasado Non se propón unha nova estética Os vellos Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos -eles son os devanceiros. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos séculos. E a lei de sucesividade que nos fai respetar aos devanceiros, é a mesma que nos ergue e move para enterrar os vellos en vida, baixo a lousa innabil da súa vulgaridade, pola acefalia que supón o desexo de definir co pasado a hora de hoxe   Respecto polos devanceiros Crítica dos “vellos” Os devanceiros Nós non podemos ollar sen carraxe o baixo e noxento ruralismo de Losada. [...] Nin a baldeirez verbalista, importación madrileña de Curros. Non podemos prestar a nosa louvanza á socorrida e ridícula "posse" do falso romantismo, enfermidade de moda naquel tempo, que chegou a deslucir algunha das páxinas verdadeiramente nosas, grandes e persoais de Rosalía. Nin interesarnos polo estreito xeito de Pondal, que tan só puido ser un imperceptible eco da grandiosidade dos rumorosos e da maxestosa paganía bárdica. 0 herdo dos devanceiros redúcese pois a un exemplo de vontade e patriotismo, espido de toda eficacia literaria como non sexa pola reacción que produce o desagrado. Infravalora-ción dos devanceiros A fala Unha fala que non estea pervertida por académicos nin por puristas; que non sufrise os estancamentos de verdugos armados de gramática que a emparedasen nun feixe de regras [...] terá que ser unha fala de inmellorables posibilidades porque o seu estado ceibe permitiralle axeitarse a tódalas navidades[...] E consentirafle o seu indelineamento ser cicelado de xeito que ela sexa un instrumento do artista e non el escravo dela. Pero hai aínda unha razón de orde suprema: a nosa Fala é nosa. Pospola a outra calquera, é unha forma do suicidio.  Reivindica- ción ética do galego Defensa dunha lingua libre das ataduras da Gramática Desbotando Arrenegamos de mestres e dos seus consellos. [...]. Arrenegamos da Lei e do Costume. [...]Arrenegamos dos temas obrigados. É vergoñoso falar da escravitude da Terra, mentres non se teña feito todo o que cómpre por anulala. [...]. A literatura paisaxista ó xeito de fotografía iluminada con notas de turista burgués é a maior caloña da nosa paisaxe[...]. Arrenegamos de toda imitanza. A dos vellos en nome da Vida; a dos nosos en nome da Novidade.  Individualismo Consagramos a individualidade ata o extremo de desexar que a definición de cada un de nós sexa unha verba: o seu propio nome. Exaltación do individualismo Contra os modelos literarios Contra os tópicos da literatura galega
OS AUTORES: MANUEL ANTONIO Móvese dentro da órbita do  CREACIONISMO ►  Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro ►  Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha  síntese de características variadas doutros movementos ►  Procura a expresión poética baseada en imaxes,  liberadas dos seus significados habituais ►   O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da  realidade e reinterpretala desde a súa propia óptica Algunhas características deste movemento “ O Poeta é un pequeno Deus” Vicente Huidobro “ Crear un poema tomando á vida os seus motivos e transformándoos para darlles unha vida nova e in-dependente. Nada anecdótico nin descritivo. A emo-ción ha de nacer da única virtude creadora. Facer un poema como a natureza fai unha árbore”.  V. H. CARACTERÍSTICAS VANGARDISTAS DA OBRA DE MANUEL ANTONIO DO  CREACIONISMO : Uso das imaxes reinterpretativas da realidade na xénese do poema “ O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sen marco”  “ Soy el viejo marinero  que cose los horizontes cortados” V. Huidobro DO  CUBISMO : Disposición tipográfica non convencional dos versos, uso de chaves, división en apartados, uso de brancos... “ Aínda fica só “Ista tarde caviloso tan longa Xuan”  non acaba de pasar” “ a) Hoxe foi o pasamento d´o serán [...] b) Solta en disoantes riolas de barullo  [...] c) Un pensamento inconscente [...] d) Avenida de mayo [...] e) O gaiteiro / calado / acarrexa f) Chove n-a cidade [...] ” DO  FUTURISMO : Uso de terminoloxía de tipo técnico e emprego de palabras estranxeiras INTERTROQUE DE RADIOGRAMAS NEUROPATÍAS CHUBASCOS MECANÓGRAFOS  CALUGA D´ARCOS ELÉITRICOS GRÚAS ORTODRÓMICAS QUÍMICA/LOGARITMO NAVY BAR  LIED OHNE WORTE  GAF-TOPE STOCK COCK-TAIL  LEIT-MOTIV vivente Ollar super   vidente arrandear Aquel  d´o acordión   adormentar
OBRAS DE MANUEL ANTONIO Con anacos do meu interior  (1920-22) Foulas  (1922-25) De catro a catro  (1926-27; ed.: 1928) Sempre e mais dispois Viladomar  (1928) 42 poemas soltos TEMÁTICAS DE  DE CATRO A CATRO C´as suas mans loiras / acenan mil adeuses as estrelas Ese intertroque de radiogramas / que reeditaron os faros e as  estrelas A alba intrusa / bateu as catro horas / Era o sino de proa / que  tornaba do Mar Pero a historia d´o pailebote branco / non-a sabía o piloto Envergada n-un mastro d´a Lúa / agarda-nos a meia noite Fomos ficando sós / o Mar o barco e mais nós As nosas soedades / veñen de tan lonxe / como as horas d´o reloxe Íbamo-nos fechando / cada un dentro d´a súa alta-mar Ibas xuntando soedades O MAR : preferentemente nocturno ou crepuscular e ele- mentos asociados: estrelas, lúa,faros, ronseis, barcos.. A SOIDADE : radical, ontolóxica, eterna O TEMPO : abundantes refencias ao decorrer do tempo  e aos elementos que o miden (reloxos, almanaques...),  A TERRA : como contrapunto do mar;  caracterízase pola desilusión, a mono- tonía e a saudade O minuteiro / (tic-tac) / asumeu o compás d´as travesías Cronometramos o pulso d´as tormentas Atoparemos n-o peirán / as follas evadidas / d´o almanaque d´os  nosos soños As nosas soedades / veñen de tan lonxe / como as horas d´o reloxe ...algúen que chora dentro de min por aquel outro eu que se vai n-o veleiro pra sempre coma un morto c´o peso eterno de todol-os adeuses
OS AUTORES: ÁLVARO CUNQUEIRO Nos seus primeiros libros de poesía presenta unha estética moi vinculada ao  SURREALISMO, con profusión de imaxes irracionais e un mar-cado gusto pola inspiración onírica Mar ao norde  (1932) Poemas do si e non  (1933) SOL: Cinco fiestras colgadas da mesma alba rosa: vivas, intactas, núas, con arela de mans,  coma espellos de mastros. SOMBRA: Cinco fiestras colgadas da mesma alba turba: quedas,   chás,   duras, sin afáns de presencia, sin afáns de fuxida. SEMPRE: Cinco fiestras: soio. Sabían as cerdeiras o segredo dos seus ouvidos cheos do verde puro da acústica das fiestras e os xardíns chamábanse polo nome das pombas que bebían auga nos seus xurdidores. Ela comezaba a andar. En cada ollo nascéralle unha transmigración de avelaíñas, e ao marcharse deixaba vocais fortes no seu sitio. Ela tiña nome de pastor.
MOVEMENTOS PARALELOS ÁS VANGARDAS NEOTROBADORISMO F. BOUZA BREY É moi tradicional na reprodución dos esquemas da lírica medieval e nas composicións de carácter neopopularista Nao senlleira  (1933) Seitura  (1935) Naquel biduído dos bidos louzanos o páxaro Sol non pía seus raios, e morre de amor. Naquel biduído dos lanzales bidos o páxaro Sol non criba seus píos e morre de amor. Non criba seus ritmos, non pousa seus raios e albean de frío os albres delgados e morre de amor. Non criba seus raios, non tece seus fíos e albres e mámoas albean de frío ca poldra que morde no mato cativo. ÁLVARO CUNQUEIRO Máis renovador a respecto das temáticas e formas medievais, presenta nas súas obras neotrobadoris-tas, un tratamento das imaxes moi na liña dos move-mentos vangardistas Cantiga nova que se chama ribeira  (1933) Dona de corpo delgado  (1950) Toda a casa estaba chea de espellos para soñar, ai, amante! Muiñeira de cen augas deprendeunos a beilar, ai amante! Sís e nons de vidros noivos deixáronlle olleiras finas, ai amante! Pandeireta de namoros, cantaba canciós albinas, ai amante! Nos beizos do corvo mouro morréu de beilar soñando, ai amante! HILOZOÍSMO AMADO CARBALLO Destaca na súa poesía a presentación humanizada da natureza, continuando a liña  animista  de Norie-ga Varela (de aí a denominación de  hilozoísmo ). Son de salientar tamén a descrición impresionista da paisaxe, a abundancia de imaxes e o gusto polo cosmopolitismo O galo  (1928) Proel  (1967) Noite mareira No ébano xélido do skating da ría, voltexando ledas esvaraban as luces da vila. No fío da praia as dornas durmidas, debruzadas carón da marea nun soño de illas. Nas ponlas do vento o trebón pousado era un monstro de negro plumaxo que agoira os naufraxios. Unha lúa verde penduraba no mouro silencio un longo sorriso de esquelete vello. É preciso lembrar, con todo, que a inspiración na tradición litera-ria é radicalmente contraria ao espírito das vangardas   Inspirado na  recreación da lírica medieval  galego-  -portuguesa, fundamentalmente nos esquemas for-mais e no inxenuismo da  cantiga de amigo , participa (esencialmente en A. Cunqueiro) dunha certa vonta-de expresiva proxima á linguaxe vangardista. Inspirado na  tradición paisaxista popular , ca-racterízase por un emprego abundante de  ima-xes de natureza irracional . Se ben a temática (rural, mariñeira, paisaxística) e o uso dalgunhas estruturas métricas (como as estrofas de octo-sílabos) entroncan máis coa poesía popular ou costumista, as súas formas expresivas baseadas na concatenación de imaxes encóntranse ás ve-ces moi próximas ao Creacionismo e ao Surrea-lismo Este movemento é denominado tamén  IMAXINISMO

Vangardas Galegas

  • 1.
    CARACTERÍSTICAS PECULIARES DAS VANGARDAS GALEGAS ► Literatura menos cerebral, non totalmente afastada do sentimentalismo ► Non se produce unha ruptura total coa tradición literaria ► Non hai unha renuncia ao compromiso coa realidade social e cultural do país ► Inexistencia dunha verdadeira escola vangardista galega (poucos autores plenamente vangardistas, un único mani- festo, carencia de revistas estritamente vangardistas...)
  • 2.
    REVISTAS Senseren plenamente vangardistas, acollen nas súas páxinas a totalidade destas ten- dencias reno- vadoras ALFAR RONSEL NÓS A NOSA TERRA YUNQUE CRISTAL
  • 3.
    O MANIFESTO: MÁIS ALÁ Asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, en 1922 Sen pretensións de suficiencia doutoral, nin de ningún outro xeito semellante, a rebeldía duns mozos galegos fai esta chamada á Mocidade intelectual da nosa Terra. O xesto Non nos erguemos do xeito que o fan a maioría dos que noutras terras publican manifestos máis ou menos literarios. Case todos eles tencionan arrecadar adeptos para algún novo ismo que aparece querendo ser a derradeira verba da moderna Estética cando, en verdade, non son máis que unha nova proba de que un esnobismo operetesco invade a Literatura. Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacable contra os vellos. Destinatarios Singularidade fronte aos outros movementos e crítica destes Intención principal Nós Despois de ter dito que non traernos pretensións doutorais nin doutro xeito semellante, xa non cómpre dicir que estamos moi lonxe de querer impor ningunha concreta lexislación estética. Cansos xa de percorrer camiños vellos e fracasados, temos arrenegado de todos eles; pero non queremos sinalar un camino determinado. A nosa ruta, nos primeiros pasos, quere tan só coñecer por onde non debemos ir: tódolos outros caminos poden ser nosos. A Novidade que enxerguemos é tan só un anedamento, un ceibamento do pasado sen a definición da súa resultanza: isto é arbitrariamente persoal. A única estratexia común é o rexeitamento do pasado Non se propón unha nova estética Os vellos Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos -eles son os devanceiros. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos séculos. E a lei de sucesividade que nos fai respetar aos devanceiros, é a mesma que nos ergue e move para enterrar os vellos en vida, baixo a lousa innabil da súa vulgaridade, pola acefalia que supón o desexo de definir co pasado a hora de hoxe Respecto polos devanceiros Crítica dos “vellos” Os devanceiros Nós non podemos ollar sen carraxe o baixo e noxento ruralismo de Losada. [...] Nin a baldeirez verbalista, importación madrileña de Curros. Non podemos prestar a nosa louvanza á socorrida e ridícula "posse" do falso romantismo, enfermidade de moda naquel tempo, que chegou a deslucir algunha das páxinas verdadeiramente nosas, grandes e persoais de Rosalía. Nin interesarnos polo estreito xeito de Pondal, que tan só puido ser un imperceptible eco da grandiosidade dos rumorosos e da maxestosa paganía bárdica. 0 herdo dos devanceiros redúcese pois a un exemplo de vontade e patriotismo, espido de toda eficacia literaria como non sexa pola reacción que produce o desagrado. Infravalora-ción dos devanceiros A fala Unha fala que non estea pervertida por académicos nin por puristas; que non sufrise os estancamentos de verdugos armados de gramática que a emparedasen nun feixe de regras [...] terá que ser unha fala de inmellorables posibilidades porque o seu estado ceibe permitiralle axeitarse a tódalas navidades[...] E consentirafle o seu indelineamento ser cicelado de xeito que ela sexa un instrumento do artista e non el escravo dela. Pero hai aínda unha razón de orde suprema: a nosa Fala é nosa. Pospola a outra calquera, é unha forma do suicidio. Reivindica- ción ética do galego Defensa dunha lingua libre das ataduras da Gramática Desbotando Arrenegamos de mestres e dos seus consellos. [...]. Arrenegamos da Lei e do Costume. [...]Arrenegamos dos temas obrigados. É vergoñoso falar da escravitude da Terra, mentres non se teña feito todo o que cómpre por anulala. [...]. A literatura paisaxista ó xeito de fotografía iluminada con notas de turista burgués é a maior caloña da nosa paisaxe[...]. Arrenegamos de toda imitanza. A dos vellos en nome da Vida; a dos nosos en nome da Novidade. Individualismo Consagramos a individualidade ata o extremo de desexar que a definición de cada un de nós sexa unha verba: o seu propio nome. Exaltación do individualismo Contra os modelos literarios Contra os tópicos da literatura galega
  • 4.
    OS AUTORES: MANUELANTONIO Móvese dentro da órbita do CREACIONISMO ► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro ► Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características variadas doutros movementos ► Procura a expresión poética baseada en imaxes, liberadas dos seus significados habituais ► O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a súa propia óptica Algunhas características deste movemento “ O Poeta é un pequeno Deus” Vicente Huidobro “ Crear un poema tomando á vida os seus motivos e transformándoos para darlles unha vida nova e in-dependente. Nada anecdótico nin descritivo. A emo-ción ha de nacer da única virtude creadora. Facer un poema como a natureza fai unha árbore”. V. H. CARACTERÍSTICAS VANGARDISTAS DA OBRA DE MANUEL ANTONIO DO CREACIONISMO : Uso das imaxes reinterpretativas da realidade na xénese do poema “ O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sen marco” “ Soy el viejo marinero que cose los horizontes cortados” V. Huidobro DO CUBISMO : Disposición tipográfica non convencional dos versos, uso de chaves, división en apartados, uso de brancos... “ Aínda fica só “Ista tarde caviloso tan longa Xuan” non acaba de pasar” “ a) Hoxe foi o pasamento d´o serán [...] b) Solta en disoantes riolas de barullo [...] c) Un pensamento inconscente [...] d) Avenida de mayo [...] e) O gaiteiro / calado / acarrexa f) Chove n-a cidade [...] ” DO FUTURISMO : Uso de terminoloxía de tipo técnico e emprego de palabras estranxeiras INTERTROQUE DE RADIOGRAMAS NEUROPATÍAS CHUBASCOS MECANÓGRAFOS CALUGA D´ARCOS ELÉITRICOS GRÚAS ORTODRÓMICAS QUÍMICA/LOGARITMO NAVY BAR LIED OHNE WORTE GAF-TOPE STOCK COCK-TAIL LEIT-MOTIV vivente Ollar super vidente arrandear Aquel d´o acordión adormentar
  • 5.
    OBRAS DE MANUELANTONIO Con anacos do meu interior (1920-22) Foulas (1922-25) De catro a catro (1926-27; ed.: 1928) Sempre e mais dispois Viladomar (1928) 42 poemas soltos TEMÁTICAS DE DE CATRO A CATRO C´as suas mans loiras / acenan mil adeuses as estrelas Ese intertroque de radiogramas / que reeditaron os faros e as estrelas A alba intrusa / bateu as catro horas / Era o sino de proa / que tornaba do Mar Pero a historia d´o pailebote branco / non-a sabía o piloto Envergada n-un mastro d´a Lúa / agarda-nos a meia noite Fomos ficando sós / o Mar o barco e mais nós As nosas soedades / veñen de tan lonxe / como as horas d´o reloxe Íbamo-nos fechando / cada un dentro d´a súa alta-mar Ibas xuntando soedades O MAR : preferentemente nocturno ou crepuscular e ele- mentos asociados: estrelas, lúa,faros, ronseis, barcos.. A SOIDADE : radical, ontolóxica, eterna O TEMPO : abundantes refencias ao decorrer do tempo e aos elementos que o miden (reloxos, almanaques...), A TERRA : como contrapunto do mar; caracterízase pola desilusión, a mono- tonía e a saudade O minuteiro / (tic-tac) / asumeu o compás d´as travesías Cronometramos o pulso d´as tormentas Atoparemos n-o peirán / as follas evadidas / d´o almanaque d´os nosos soños As nosas soedades / veñen de tan lonxe / como as horas d´o reloxe ...algúen que chora dentro de min por aquel outro eu que se vai n-o veleiro pra sempre coma un morto c´o peso eterno de todol-os adeuses
  • 6.
    OS AUTORES: ÁLVAROCUNQUEIRO Nos seus primeiros libros de poesía presenta unha estética moi vinculada ao SURREALISMO, con profusión de imaxes irracionais e un mar-cado gusto pola inspiración onírica Mar ao norde (1932) Poemas do si e non (1933) SOL: Cinco fiestras colgadas da mesma alba rosa: vivas, intactas, núas, con arela de mans, coma espellos de mastros. SOMBRA: Cinco fiestras colgadas da mesma alba turba: quedas, chás, duras, sin afáns de presencia, sin afáns de fuxida. SEMPRE: Cinco fiestras: soio. Sabían as cerdeiras o segredo dos seus ouvidos cheos do verde puro da acústica das fiestras e os xardíns chamábanse polo nome das pombas que bebían auga nos seus xurdidores. Ela comezaba a andar. En cada ollo nascéralle unha transmigración de avelaíñas, e ao marcharse deixaba vocais fortes no seu sitio. Ela tiña nome de pastor.
  • 7.
    MOVEMENTOS PARALELOS ÁSVANGARDAS NEOTROBADORISMO F. BOUZA BREY É moi tradicional na reprodución dos esquemas da lírica medieval e nas composicións de carácter neopopularista Nao senlleira (1933) Seitura (1935) Naquel biduído dos bidos louzanos o páxaro Sol non pía seus raios, e morre de amor. Naquel biduído dos lanzales bidos o páxaro Sol non criba seus píos e morre de amor. Non criba seus ritmos, non pousa seus raios e albean de frío os albres delgados e morre de amor. Non criba seus raios, non tece seus fíos e albres e mámoas albean de frío ca poldra que morde no mato cativo. ÁLVARO CUNQUEIRO Máis renovador a respecto das temáticas e formas medievais, presenta nas súas obras neotrobadoris-tas, un tratamento das imaxes moi na liña dos move-mentos vangardistas Cantiga nova que se chama ribeira (1933) Dona de corpo delgado (1950) Toda a casa estaba chea de espellos para soñar, ai, amante! Muiñeira de cen augas deprendeunos a beilar, ai amante! Sís e nons de vidros noivos deixáronlle olleiras finas, ai amante! Pandeireta de namoros, cantaba canciós albinas, ai amante! Nos beizos do corvo mouro morréu de beilar soñando, ai amante! HILOZOÍSMO AMADO CARBALLO Destaca na súa poesía a presentación humanizada da natureza, continuando a liña animista de Norie-ga Varela (de aí a denominación de hilozoísmo ). Son de salientar tamén a descrición impresionista da paisaxe, a abundancia de imaxes e o gusto polo cosmopolitismo O galo (1928) Proel (1967) Noite mareira No ébano xélido do skating da ría, voltexando ledas esvaraban as luces da vila. No fío da praia as dornas durmidas, debruzadas carón da marea nun soño de illas. Nas ponlas do vento o trebón pousado era un monstro de negro plumaxo que agoira os naufraxios. Unha lúa verde penduraba no mouro silencio un longo sorriso de esquelete vello. É preciso lembrar, con todo, que a inspiración na tradición litera-ria é radicalmente contraria ao espírito das vangardas Inspirado na recreación da lírica medieval galego- -portuguesa, fundamentalmente nos esquemas for-mais e no inxenuismo da cantiga de amigo , participa (esencialmente en A. Cunqueiro) dunha certa vonta-de expresiva proxima á linguaxe vangardista. Inspirado na tradición paisaxista popular , ca-racterízase por un emprego abundante de ima-xes de natureza irracional . Se ben a temática (rural, mariñeira, paisaxística) e o uso dalgunhas estruturas métricas (como as estrofas de octo-sílabos) entroncan máis coa poesía popular ou costumista, as súas formas expresivas baseadas na concatenación de imaxes encóntranse ás ve-ces moi próximas ao Creacionismo e ao Surrea-lismo Este movemento é denominado tamén IMAXINISMO