2. INDICE
A vida ...en Xinzo.............................................................................Diapositivas 3-4
A vida ...en Ourense.......................................................................Diapositivas 5-7
A vida ...en Compostela................................................................Diapositivas 8-16
A vida ...en Viana do Bolo.............................................................Diapositivas 17
A vida ...en Bilbao...........................................................................Diapositivas 18
A vida ...entre Ourense e Suecia..................................................Diapositivas 19-20
A vida ...en Cangas........................................................................Diapositivas 21-35
A vida ...en Vigo..............................................................................Diapositivas 36-44
A morte ...en Vigo...........................................................................Diapositiva 45
3. A vida ...en Xinzo
Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias.
Carlos Casares
Mouriño naceu un 24
de agosto de 1941 en
Ourense. A súa infancia
transcorreu entre a
parroquia de Beiro e
Xinzo de Limia, onde
trasladaran ao seu pai,
mestre de profesión.
4. A vida ...en Xinzo
Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias.
A súa personalidade ergueuse sobre un substrato
familiar de raíz rural (un pai máis ben republicano,
apenas relixioso e desafecto ao réxime franquista e
unha nai devota crente, católica practicante e cunha
saga familiar de figuras eclesiásticas entre tíos,
irmáns e curmáns) e un substrato social tamén de
raíz rural (noites arredor da lareira, historias
fantásticas contadas polo tío Lamas, o pracer de
observar o mundo e de contalo) propio das xentes
da Limia e Ourense, propio da cultura campesiña cun
único idioma: o galego.
5. A vida ...en Ourense
Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo.
O rapaz Carlos, o Kubalita,
adoraba o futbol, o cine e reparar
pequenas máquinas no obradoiro
que o seu pai montara na escola.
Pero a súa nai apártao do mundo
libre da aldea galega para
ingresalo no Seminario de
Ourense, onde o emprego do
galego estaba estritamente
prohibido e severamente penado.
6. A vida ...en Ourense
Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo.
A súa adolescencia viviuna internado no
Seminario (52-58), onde padeceu
represalias idiomáticas: Cada vez que dicías
unha palabra en galego tiñas que escribir
mil, cinco mil, dez mil veces “no hablaré
gallego”. Neste réxime carcerario naceu o
seu espírito inconformista e a súa primeira
experiencia literaria: El averno, periódico
humorístico que lle valeu tantos castigos
como para saír do Seminario e acabar o
Bacharelato por libre no Instituto.
7. A vida ...en Ourense
O sistema era claramente represivo (por perseguir até perseguía as
festas do Entroido). A imposición era violenta (con enfrontamentos
a tiros entre maquis e gardas civís).
No último curso de Bacharelato (1959),
gaña un concurso de contos presidido por
Vicente Risco, que lle permitirá asistir aos
seus faladoiros e coñecer da súa man a
obra de Castelao.
O país vivía na “longa noite de pedra”
(apoxeo do nacional-catolicismo) e o
Galeguismo comezara a artellarse arredor
da editorial Galaxia (de 1950).
8. A vida ...en Compostela
Vento ferido. 1967.
Na década dos 60, en Compostela, Casares
vai estudar Filoloxía Románica e o mesmo
ano no que obtén o título, 1967, publicará a
súa primeira obra: os doce relatos de Vento
ferido. Pero Compostela vai supor moito
máis para el, pois vai entrar no activismo
galeguista e na resistencia clandestina,
tentando mediar entre os círculos
galeguistas e a esquerda universitaria que se
atopaba moi afastada da cuestión galega.
9. A vida ...en Compostela
Vento ferido. 1967.
Son relatos que supoñen o inicio da súa
narrativa e que abordan a temática da
frustración e da violencia a través de
distintas voces narrativas, con reiterada
presenza do monólogo interior e servíndose
da ruptura temporal, como era habitual nas
obras d@s escritor@s vencellados á Nova
Narrativa Galega, c@s que comparte
Casares a ansia de renovación técnica, se
ben se distancia deles pola presenza das
realidades galegas nos seus textos.
10. A vida ...en Compostela
Vento ferido. 1967.
Este libro nace como resposta ao mito
Mourullo. Eu lin “Memorias de Tains” e non
me convenceu. Dificultaba o contacto cos
lectores. Lela era máis un esforzo de
vontade ca un pracer.
11. A vida ...en Compostela
Piñeiro foi o máis importante que atopei en Santiago. Moito máis
importante que a Universidade.
En Compostela entrou en contacto
cos poetas Arcadio López-Casanova
e Salvador García-Bodaño, a través
deste último comezou a tomar
contacto co galeguismo cultural da
Asociación O Galo. Pero, grazas ao
primeiro coñeceu a alguén que sería
fundamental na súa vida: Ramón
Piñeiro.
12. A vida ...en Compostela
Os galeguistas eramos uns bichos raros, que non tiñamos atractivo nin
interese político para a esquerda estudantil.
Formando parte da resistencia
democrática contra o
franquismo, primeiro desde
unha posición de cristián
progresista e despois como
socialista galeguista, participou
na primeira homenaxe floral a
Rosalía, no primeiro ano que o
réxime permitiu a celebración
do Día das Letras Galegas
(1963).
Curiosamente o primeiro acto da RAG no Primeiro
Día das Letras Galegas de 1963 foi a ofrenda floral a
Murguía.
13. A vida ...en Compostela
A lingua dos galegos é o galego e eu, desde o meu oficio, estou a
defender esa lingua con todas as miñas forzas.
No ano en que publicou Vento
ferido, 1967, participou na
organización do recital do cantautor
Raimon, que sería o desencadeante
do movemento Voces Ceibes,
expresión galega da canción
protesta; de grande importancia para
a galeguización universitaria, pois
Casares e García-Bodaño traduciron
as cancións do catalán ao galego.
14. A vida ...en Compostela
A galiña azul. 1968
Obra pioneira da literatura infantil en
galego, que o autor confesa que escribiu
non por afección persoal, senón polo seu
compromiso co idioma.
A literatura para nenos é literatura coas mesmas
exixencias que a literatura para adultos. Eu
escribín algunhas cousas para nenos pero por
razóns circunstanciais.
15. A vida ...en Compostela
Cambio en tres. 1969
É a primeira novela de Casares, na que dá
prioridade ao experimentalismo técnico sobre
a historia para expresar unha visión crítica e
intelectualizada da sociedade, a través dun
narrador-testemuña de perfil sociocultural
baixo, un emigrante retornado, que lle permite
integrar a temática social.
16. A vida ...en Compostela
Cambio en tres. 1969
Por un lado non me gustaba o que se
chamaba o ruralismo temático e o
tradicionalismo formal da narrativa galega,
pero tampouco me gustaba a deserción que
da realidade galega facían os narradores
novos. Por iso quixen combinar unha
temática tópica, como a emigración, cunha
forma vangardista.
17. A vida ...en Viana do Bolo
Cuns curas novos de Ribadavia e outros mozos da vila, organicei a
proxección da película “Nove cartas a Berta”, de Patino, con coloquios
sobre a liberdade de expresión ou a sexualidade. Entrou a garda civil, pois
coas nosas ideas “perturbabamos a paz do pobo”.
Acabada a carreira e co título recén
estreado, Casares é destinado ao
Colexio Público de Viana do Bolo, pero,
acusado de comunista, será expulsado
do centro e prohibiraselle o exercicio
da docencia en Galicia.
18. A vida ...en Bilbao
Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no
país máis liberal e tolerante do mundo.
A procura de traballo fóra do país
levouno ao Colexio Vizcaya, en
Bilbao, onde pasou o curso 70-71.
Nese ano traduciu O principiño.
No tren de regreso a casa, dun
xeito casual, coñecerá á sueca
Kristina Berg, quen, mes e medio
despois, converterase na súa
muller.
19. A vida ...entre Ourense e Suecia
Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no
país máis liberal e tolerante do mundo.
...logo de vivir o resto do ano no
meu país en tensión, con
expedientes, con listas negras, con
todo o mundo dono da verdade e
querendo matar, esmagar a verdade
do veciño, logo de vivir así, pasar
tres ou catro meses naquel país é
para min un descanso impagable.
20. As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 1973
Entre o 72 e o 74 mantén por primeira vez unha
sección propia no xornal La Región, con
ilustracións de Siro López.
Traballa na Escola de Secretariado da Caixa de
Aforros Provincial e agarda polas oposicións. Son
os anos de implicación na vida cultural ourensá: le
en galego o pregón do magosto no 72, participa
na organización das segundas Xornadas de Cine,
colabora coa Mostra Internacional de Teatro
Abrente de Ribadavia, na que O Facho estrea a súa
obra As laranxas máis laranxas de todas as
laranxas.
A vida ...entre Ourense e Suecia
21. Aprobadas as oposicións de 1974,
entra no Instituto María Soliño de
Cangas, como profesor agregado de
Lingua e Literatura Española. A dou
meses de iniciar o curso ábreselle un
expediente por solidarizarse coa folga
do profesorado non numerario, ao
mesmo tempo que outros profesores
que salientaban na loita antifranquista.
A vida ...en Cangas
22. A literatura non ten por que
interesarlle a todo o mundo. A miúdo,
quen ensina literatura dá por sentado,
na clase, que os trinta rapaces que o
escoitan teñen todos os mesmos
intereses. E iso é falso. A literatura é
algo que en principio só lle interesa a
unha minoría.
O profesor ten que facer que os rapaces gocen lendo
A vida ...en Cangas
23. É a novela que pecha a súa primeira etapa de
formación e experimentación como escritor. Tamén é
a máis lograda desta etapa, pola que obtivo o premio
XXV anos de Editorial Galaxia e o Premio da Crítica
Española.
Permite contemplar o proceso da xeración de
posguerra, a través da evocación psicolóxica do seu
protagonista, lembrando a súa infancia na aldea, a súa
adolescencia no colexio e a súa mocidade na
Universidade. Recolle a traumática experiencia de
Casares como seminarista.
Xoguetes pra un tempo prohibido. 1975
A vida ...en Cangas
24. Quería facer a novela moderna dos
universitarios do meu tempo. Hai nese libro
elementos biográficos. Coincide co ambiente
de posguerra, o ambiente político e relixioso
opresivo. A obra pretendía poñer en cuestión
toda unha vida, que non era só a miña, senón a
de moita xente, por iso teño dito que pode
considerarse unha novela autobiográfica dunha
xeración enteira.
Éme moi difícil escribir sen partir dunha vivencia concreta.
A vida ...en Cangas
25. Antes d escribir esta novela matinei moito sobre
a linguaxe que debía empregar. Quería chegar á
xente, porque hai que conquistar lectores para a
literatura galega. Unha novela non se pode ler
cun dicionario na man.
Xa hai dificultades de abondo para ler en galego.
Temos que loitar por un galego literario o máis
popular posible sen que isto signifique un
castrapo abafante.
A base do meu galego é a lingua que escoitei nas aldeas onde vivín
rodeado dun ambiente galego e onde ninguén falaba castelán.
A vida ...en Cangas
26. En 1975 inaugura en La voz
de Galicia esta sección que
manterá até 1992 e que
servirá de escaparate para
levar os libros galegos ao
gran público.
A ledicia de ler. 1975
A vida ...en Cangas
27. En 1977 convértese no
membro máis novo da
RAG, co seu ensaio O
desastre de 1898 e os
escritores galegos.
O desastre de 1898 e os escritores galegos. 1977
A vida ...en Cangas
28. Obra composta por doce relatos cuxo fío condutor son
episodios históricos ocorridos entre o s. X e o s. XX. Neles
mestúrase a historia coa fantasía, xogando con textos
apócrifos, como querendo construír unha Historia
Alternativa de Galicia.
Casares mostra unha visión desacralizada da Historia,
botando man do humor e inspirándose en Cunqueiro ou
en Borges.
Nesta obra o autor abandona a artificiosidade técnica na
procura da sinxeleza formal, interesado agora en
suxestionar a través da anécdota.
Os escuros soños de Clío. 1979
A vida ...en Cangas
29. Cando publiquei este libro quería facer unha
literatura que non tivese que ver coa
experiencia, senón coa imaxinación. Foi entón
cando empecei a interesarme menos polos
aspectos formais da narrativa.
O meu lector identifícase cunha maneira de ver o mundo irónica, con humor.
A vida ...en Cangas
Nesta viraxe cara ao fantástico, empeza o
interese de Casares por Cunqueiro; mais
seguen presentes os temas de sempre: a
intolerancia, o dogmatismo e as diversas
formas de violencia que poden oprimir ao ser
humano.
30. Esta é a terceira novela de Casares (a máis
coñecida), que o autor dedicou ao seu
padriño, o cura de Beiro.
Tras a figura do protagonista (un bispo, que
debe enfrontarse á curia escandalizada pola
chegada do primeiro cinematógrafo a unha
pequena vila galega a principios do s. XX)
atópase o seu parente Enrique Pérez
Serantes, quen salvara a vida a Fidel Castro e
chegara a arcebispo en Cuba.
Ilustrísima. 1980
A vida ...en Cangas
31. Comecei a estar farto de literatura que falase
sempre da infancia e de lembranzas persoais
e pensei que debía basearse na imaxinación,
aínda aproveitándose de vivencias.
Empecei pensando en escribir un conto para
confrontar dúas posturas ante un mesmo
feito: a chegada do cine a unha vila galega.
Unha tolerante e bondadosa e outra
intransixente e dogmática. Todo lubricado
por un humor dulcificador.
O humor é un elemento ironizante e antidogmático.
A vida ...en Cangas
32. Casares vese totalmente involucrado na
axitada vida política española tras a morte
do ditador. Inicialmente afín ao Partido
Socialista Galego, acaba defendendo a
integración no PSOE, para imprimirlle unha
liña galeguista a ese partido
Acabará como deputado no Parlamento de
Galicia de 1981 polo PSOE.
O compromiso político debe manifestarse no plano cidadán. O escritor
debe coidar que a súa pluma non estea ao servizo de intereses
opresores.
A vida ...en Cangas
33. Eu definiríame como un ser tolerante con
aqueles que o son tamén. Nunca a
sociedade foi tan intolerante coma hoxe.
Todo o mundo coida ter a verdade no peto.
Eu non teño ningunha verdade. Eu teño o
confusionismo que temos todos e, quen
non sexa confuso, posiblemente sexa un
dogmático.
Prodúcenme graza as actitudes dogmáticas. Ante elas non sinto
indignación. Cando vexo a alguén moi seguro, dáme a risa.
A vida ...en Cangas
34. Na RAG, Casares apoiou a súa conversión en
institución encargada de elaborar a norma da
lingua galega, o que propiciou o ingreso dun
bo número de lingüistas na Academia.
Foi o impulsor das Normas..., elaboradas
conxuntamente co ILG e aprobadas en 1982.
Tamén sería el quen abriría o debate público
que en 1999 deu paso ao proceso de reforma
consensuada das mesmas.
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 1982
A vida ...en Cangas
35. No Parlamento Galego, o seu papel foi clave na
redacción e aprobación de dúas leis:
A Lei de Normalización Lingüística, aprobada
en 1983 por unanimidade.
A creación do Consello da Cultura Galega,
organismo autónomo dos poderes públicos
que recordaba que Galicia posuía unha cultura
e unha lingua propias e ambas constituían os
fundamentos da personalidade nacional
galega.
Lei de Normalización Lingüística. 1983
A vida ...en Cangas
36. En 1983, Casares trasládase como
catedrático ao Instituto de S. Tomé en
Vigo e pasa a vivir a Vilariño (Nigrán).
Nese ano viaxa á URSS para impartir
conferencias.
A súa columna A ledicia de ler deixa paso
a Á marxe, columna diaria que foi
tomando forma de dietario.
En 1986 convértese no director de
Galaxia.
Galaxia, unha institución non lucrativa, cultural. Fiel ao que quixeron os
fundadores: loitar pola cultura do país.
A vida ...en Vigo
37. En 1987, Casares participa con Ramón Piñeiro, desde o
Consello da Cultura Galega, no Encontro de culturas
minoritarias.
Síntome escritor dunha lingua
minorizada e responsable por
isto. Doutra maneira escribiría
en castelán. Podería ir a Madrid
e dedicarme á literatura
exclusivamente.
Para min é clarísimo que
pertenzo a unha lingua non
normalizada e esa conciencia é
a que me inclina a limitarme e
perder oportunidades.
A vida ...en Vigo
38. Esta obra é unha novela construída a partir de
dez informes procesais a cargo dun funcionairo,
que procura dar conta das circuntancias que
rodearonn a morte dun boticario.
Con ela Casares volve sobre a intransixencia e o
fanatismo, agora no mundo da política. O pano
de fondo é unha materia recorrente na
anrrativa galega: a guerra civil.
Os mortos daquel verán. 1987
A vida ...en Vigo
39. Con esta obra quería seguir o ciclo que
comezara con “Ilustrísima”, de reflexión sobre
o dogmatismo, de feito é dar voltas sobre o
mesmo tema, pero utilizando como marco
ambiental os días anteriores e iniciais da
guerra.
Os mortos daquel verán. 1987
A vida ...en Vigo
40. En 1996 concédeselle a excedencia da
docencia para dedicarse á presidencia do
Consello da Cultura Galega.
A actividade editorial, a política, a
literatura, a Academia, a presidencia do
CCG, todo formaba parte para el dun
único compromiso co proceso de
normalización cultural de Galicia e de
afortalamento do seu idioma e das súas
institucións propias.
A imaxinación ten moito que aportar á sociedade. Hai pouca
imaxinación na política e iso asústame.
A vida ...en Vigo
41. Esta novela presenta a figura dun intelectual
galeguista, visto por unha muller, antiga
namorada súa e que reside fronte á súa casa. A
vida do intelectual na posguerra está centrada
na relixión e na exaltación do réxime.
Moitas das características dese intelectual
coinciden coa figura de Vicente Risco.
Deus sentado nun sillón azul. 1996
A vida ...en Vigo
42. Eu quería escribir unha novela sobre a
responsabilidade dos intelectuais. O
protagonista é un símbola da intelixencia sen
moral.
É unha novela de interiores, sen acción, que
transcorre na cabeza dunha muller.
Tende á descrición dos sentimentos e ao
detallismo.
Hai que garantir a liberdade da creación, o seu dereito de creador, que
tamén é un dereito humano.
A vida ...en Vigo
43. Esta é a súa derradeira novela. Centrada en
Ourense, manipulando elementos autobiográficos,
volve sobre os temas que desde o inicio estiveron
presentes na narrativa de Casares: a violencia e o
dogmatismo. Pretende con ela mostrar a soberbia
do intelectual, intelixente pero desalmado.
Trátase dunha novela que inclúe tres novelas: unha
de amor, unha histórica e unha de ideas;
amalgamadas coma nun cubo de Rubrik.
O sol do verán. 2002
A vida ...en Vigo
44. Para moitos críticos esta é a mellor novela de Casares,
que se abre coa cita de Albert Camus directa ao asunto
da obra: o coñecemento da verdade fai imposible o
amor e acaba coa felicidade dos protagonistas, como
se só quen ignoran (ou os parvos) puideran ser felices.
A obra parece pechar o círculo da traxectoria de
Casares, que se iniciara escoitando as narracións da
tradición oral nos veráns de Beiro, agora evocados,
volvendo outra vez a infancia.
A verdade do ser e do sentir.
A vida ...en Vigo
45. Carlos foise daquela maneira inesperada, como se partise de viaxe para
sempre sen avisar, amparado pola escuridade e sen dicirme adeus.
Aquí xace alguén que nunca quixo morrer e que tivo a sorte de nacer
home, non deus.
A morte ...en Vigo
O 9 de marzo de 2002, inesperadamente
(como el premonitoriamente deixara escrito
no inicio da súa derradeira novela), morre na
súa casa de Nigrán, dun ataque ao corazón.
A escritora portuguesa, Inês Pedrosa, que
compartira con el o Expreso da Literatura
por Europa, recollera o epitafio...
46. Na vida hai que saber se
un quere ser médico ou
se o que quere é ter
unha bata branca. Isto
pásalle á xente que
pensa na literatura para
ser famosa. Eu a
literatura enténdoa
como escribir o que me
peta.
Reflexión
47. Eu non teño na cabeza
iso que se chama a
carreira literaria, que
obriga a publicar un libro
cada ano. Escribo cando
me apetece e non me
apetece sempre.
Gústanme moitas
cousas: papar a mosca,
falar cos amigos, xogar
cos trens eléctricos,
andar en moto, ler.
Reflexión
48. Eu teño unha visión
puramente narrativa da
vida. En realidade,
gústame contar o
mundo máis que pensar
nel. Se me piden que
fale de algo, que dea
unha opinión ou exprese
unha idea, dunha
maneira espontánea
póñome a contar.
Reflexión
50. FONTES DE INFORMACIÓN
Carlos Casares , un contador de historias. Henrique Monteagudo. Editorial Galaxia, 2017
Páxina web da Fundación Carlos Casares: http://fundacioncarloscasares.org/biografia/
Páxina da As-pg arredor da Literatura Galega: http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-
es/casares-mourino-carlos.html
Blogue. Historia de Xinzo.
Carlos Casares e o futbol en Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/11/carlos-
casares-e-o-futbol-en-xinzo/
Carlos Casares no Entroido de Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/07/carlos-
casares-no-entroido-de-xinzo/