SlideShare a Scribd company logo
C
A
R
L
O
S
C
A
S
A
R
E
S
M
O
U
R
I
Ñ
O
SEGUNDA ÉPOCA: Nº 23
LLLEEETTTRRRAAASSS GGGAAALLLEEEGGGAAASSS 222000111777
CCC...EEE...III...PPP... MMMOOONNNTTTEEEMMMOOOGGGOOOSSS
BBBEEELLLUUUSSSOOO
OS NOSOS
PEQUES DE CINE
Este ano na clase de 5º Infantil decidimos inventar un conto. Deste conto saíu un guión para elaborar un pequeno
teatriño no que todos nos sentimos actores e actrices por primeira vez. Este é o título do noso conto:
Pensastes algunha vez en toda a xente que aporta o seu traballo para realizar unha película?
Son moitas persoas con funcións diferentes. Sen elas non sería posible que puidésemos
desfrutar de fermosas historias levadas ao cine.
Actrices e actores. Interpretan as
personaxes da película
Os técnicos
Ocúpanse das
cámaras e da
fotografía.
Graban as
esceas da
película.
Hai tamén
técnicos de luz
e son .
Guionistas. Escriben ou adaptan as historias e
os diálogos.
Vestiario e
maquillaxe. Hai tamén
un grupo de xente que
traballa para que o
vestiario e a
caracterización dos
actores de actrices
sexa perfecta. Co seu
traballo conseguen
que nos
transportemos a
outros tempos e a
outros lugares.
Director ou directora. O seu traballo é dirixir a
todas as persoas que traballan para conseguir
que a película se remate.
Alumnos e alumnas de 5º Infantil
3
Adiviñas de cine
1
2
4
PERSONAXES E TÍTULOS DE PELÍCULAS
5
6
8
7
9
Solucións
3
4
1 2
4
5
6
7
8
9
6º EDUCACIÓN
INFANTIL
QUE É O ENTROIDO
É unha festa típica do ano. É una festa popular que ten a súa orixe como
indicación da fin do inverno e comezo da primavera.
Celébrase nos meses de febreiro ou marzo. Tradicionalmente duraba
varias semanas, había:
• Domingo Fareleiro.
• Domingo Oleiro.
• Domingo Corredoiro.
• Domingo, Luns e Martes de Entroido.
Na actualidade dura menos acostuma haber Pregón de Inicio, Desfile de
Comparsas, Xuizo do Meco (durante o cal se len coplas: de xuizo, do
testamento e as Ladaiñas) ou personaxe típico e queima do mesmo ao
final das festas.
Os Entroidos Galegos máis coñecidos son:
O BOTEIRO de Viana do Bolo
En Viana os Boteiros acompañan ao Folión, uns van dando chimpos,
outros van marcando o son.
AS PANTALLAS de Xinzo de Limia
As Pantallas coas vexigas a todos queren asustar, corre, corre que te
pillo, non te deixes atrapar.
OS PELIQUEIROS de Laza
Xa resoan por Laza centos e centos de Chocas velaí van os Peliqueiros
ata a praza da Picota.
OS VOLANTES de Chantada
Os camiños da ribeira percorren os Volantes, lucindo os seus puchos
coloridos e elegantes.
0S XENERAIS do Val do Ulla
Os xenerais do Ulla montados nos seus cabalos con sombreiros de
pluma van moi engalanados.
Comidas típicas do Entroido
A gastronomía é un elemento esencial da festa, destacan: o lacón con
grelos, a cacheira, como pratos fortes, acompañados de doces como
as orellas, as flores, a bica ou as filloas.
1º de Educación Primaria
A PRENSA NA CLASE
Na semana do 6 ao 10 de marzo, os rapaces e rapazas de 2º de primaria
traballamos cos xornais na clase, xa que se celebrou a “Semana da Prensa”.
Esta foi unha boa oportunidade para deixar voar a nosa imaxinación e
transformarnos en pequenos xornalistas, analizando e comentando as
diferentes noticias dunha maneira especial.
Como o proxecto do cole está relacionado co cine, ademais da selección
de diferentes noticias de repercusión local, nacional, sociedade, deportes... non
quixemos esquecernos dalgunha relacionada coa cultura e, máis
concretamente, de cine!
Despois, escribimos un titular novidoso, impactante... e comentamos cada
noticia dende o noso punto de vista... como se foramos xornalistas de verdade!
Ademais diso, tamén quixemos traballar o xornal dende outras áreas,
deste xeito, nas clases de plástica e, coa axuda dos xornais, fixemos diferentes
debuxos de máquinas, paisaxes...
Unha vez finalizada a tarefa, soamente quedaba expoñela na clase para
que todos os compañeiros e compañeiras visen como contan cada un deles o
que acontece no mundo (dende a súa visión persoal).
Vendo o resultado, estamos
convencidos de que calquera
axencia de noticias nos podería
contratar!!!!
Carlos casares mouriño(1941-2002).
“Hai xente que fala da vida a través dos conceptos; outros tenden a facelo con imaxes e
algún máis con metáforas. Sempre tiven a tendencia, mesmo nas discusións máis abstractas
e volátiles, a entender o mundo baixo a especie do narrado”.
Naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941. Cando tiña tres anos seu pai
Francisco, que era mestre, foi destinado a Xinzo de Limia e alí pasou a súa infancia
xunto coa súa nai, Manuela, e os seus irmáns: Mercedes e Xavier.
Non ben feitos os once anos ingresou no Seminario de Ourense, onde viviu nun
ambiente fortemente represivo(incluíndo a prohibición estrita de falar galego). Alí
emprende a súa primeira experiencia literaria, o xornal manuscrito “El averno”, que
difundía clandestinamente.
Posteriormente, ao abandonar o Seminario, remata o bacharelato por libre no
Instituto de Ensino Medio de Ourense. Comeza a manifestar as súas inquedanzas
literarias, e coñece a Vicente Risco, líder galeguista, centro dun faladoiro artístico-
literario, que Casares frecuentaría, tomando contacto co estreito círculo intelectual do
Ourense daquel tempo.
Máis tarde continuou os estudos de Filoloxía na Universidade de Santiago de
Compostela. Alí coñece a Ramón Piñeiro, mestre co que co paso do tempo, establece
unha gran amizade. Lígase así ao núcleo da cultura galeguista e antifranquista.
Entrementres dedícase con intensidade crecente á creación literaria. Durante este
tempo publicou relatos na revista “Grial” e, en 1967, publicou na Editorial Galaxia a
súa primeira obra, “Vento ferido”, no que aparecen algúns temas que serán
recorrentes na súa narrativa: a violencia, o amor imposible e a sensibilidade fronte ao
sufrimento humano.
Casares foi un gran novelista con moitas obras editadas. Converteuse nun precursor
da literatura infantil en galego e publicou obras para nenos e nenas: “A galiña azul”,
“As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, “Lolo anda en bicicleta”, “O can Rin
e o lobo Crispín”, “Toribio ten unha idea”…En 1972 , publicouse a tradución do relato
“O principiño”, de Antoine de Saint-Exupéry, unha obra pola que mantendrá unha
especial predilección ata o final dos seus días. Ademais se inicia no xornalismo
literario. Outras obras destacadas son: ”Xoguetes para un tempo prohibido”, ”O galo
de antioquía”, “O polbo xigante”, “Os escuros soños de Clío”, “Ilustrísima”, “Os mortos
daquel verán”, “Deus sentado nun sillón azul”, e a súa derradeira obra publicada
póstumamente, “O sol do verán”.
Polo seu traballo a prol da nosa lingua ingresou na Real Academia Galega en
1978, sendo daquela o membro máis novo de todos eles.
Participou en política chegando a ser membro do primeiro Parlamento Galego, no
que traballou pola cultura e a lingua de Galicia.
Dirixiu a Editorial Galaxia (1986) e a revista “Grial”(1988), e chega a presidir o
Consello da Cultura Galega (1996).
En 1971 casa con Kristina Berg coa que tivo dous fillos: Hakan e Christian.
Coñecéronse nunha viaxe en tren destino a Coruña, convenceuna para visitar
Santiago, e xa non se separaron. Foi importante na vida de Casares por moitas
razóns, unha delas foi o contacto con Suecia, país orixinario de Kristina, que cambiará
para sempre as ideas políticas de Casares sobre o que debía ser unha sociedade
boa, xusta e libre.
Carlos Casares faleceu o 9 de marzo de 2002 en Vigo.
Este ano 2017 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas.
No presente curso o tema do proxecto do noso centro é “O
CINE” e formando parte deste proxecto, o pasado 29 de
outubro, os rapaces e rapazas de 4º de Educación Primaria,
fixemos una saída ao cine de Seixo para ver a película
“Maléfica” nunha gran pantalla. Ademais tamén puidemos
ver “unha sala de cine por dentro” vimos como é o proxector
desta sala, un proxector antiquísimo. Foi unha saída moi
divertida, entretida e instrutiva.
Maléfica é unha película de xénero fantástico e de aventura
que se estreou no ano 2014 e que narra a historia dunha belísima fada cun corazón puro e
unhas asombrosas ás negras,que vive nun reino situado nun bosque idílico limítrofe co mundo
dos humanos, e que decide protexelo cando estes ameazan a súa harmonía.
Sabedes o que é un XÉNERO CINEMATOGRÁFICO E COMO SE CLASIFICAN?
O xénero cinematográfico é o tema xeral dunha película que serve para a súa clasificación.
Clasifícanse ,sobre todo, polo sentimento que buscan provocar no espectador, polo tipo de
personaxes, escenarios e ambientes que nelas aparecen, e por como tratan as accións e
situacións que se dan na película. Actualmente non existe un acordo no que se refire a xéneros
cinematográficos, pero nós imos tentar presentarvos unha clasificación xeral dos mesmos.
DRAMA:son películas nas que o home non é o dono do seu destino e presenta
situacións nas que se mestura o cómico e o tráxico.
Un exemplo de película que pertence a este xénero é “Titanic”
UN ANO DE CINE
COMEDIA : é o xénero dramático
contrario á traxedia con elementos que
divirten e fan rir, e cun desenlace feliz. Hai
distintos tipos de comedias: comedia
romántica, animada, de situación,
musical, etc.
Exemplos de películas deste xénero son:
“Los Simpson”, “El príncipe de Bel Air”,
“Ocho apellidos vascos”, “Mortadelo y
Filemón”
ACCIÓN: as principais características
das películas de acción son os riscos e a emoción.Os seus elementos máis frecuentes
son: as persecucións, tanto a pe como con vehículos, os tiroteos, as feroces batallas
entre humanos e animais, as explosións, os roubos e calquera outro elemento que
xere a espectacularidade das imaxes por medio dos efectos especiais.
Exemplos de películas deste xénero son: “La jungla de cristal”, “Kong, la isla Calavera”,
“Guardianes de la Galaxia”
CIENCIA FICCIÓN:unha das principais características deste xénero é que narra
feitos que non son realistas no momento no que se imaxina esta historia inventada,
senón que se basea nun futuro lonxano ou cercano, con moitos efectos especiais e
personaxes imaxinarios.
Exemplos de películas deste xénero son: “Monster truk”, “E. T.”, “Terminator”, “Star
Wars”.
FANTASÍA: presenta elementos imaxinarios, sobrenaturais, maxia e criaturas
absolutamente irreais no seu argumento. Transforma o mundo real en mundos
imaxinarios, por exemplo: cabalos que falan, persoas inmortais, etc.
Exemplos de películas deste xénero son: “El señor de los anillos”, “Harry Potter”, “La
Bella Durmiente”
TERROR: provocan un sentimento de medo e nelas aparecen monstros,
pantasmas e seres malignos. Hai escenas de medo, de susto e ás veces hai mortes.
Producen berros e choros á xente que ve este tipo de películas. Tamén poden
dar noxo e ás veces hai sangue.
Exemplos de películas deste xénero son: “Saw”, “Nunca apagues la
luz”, “Anabel”
ROMANCE: a historia xira en torno ao amor e ao desamor, o
romance entre os protagonistas que poden ser noivos, amantes, etc.
Xeralmente estas películas acostumaban ter finais felices onde a parella acababa
unida, aínda que non sempre era así, por exemplo en “Romeo e Julieta” morren
os dous protagonistas.
Exemplos de películas deste xénero son: “Lo que el viento se llevó”, “ Romeo y Julieta”,
“Love story”, “La bella y la bestia”
MUSICAL: presenta interrupcións no seu desenrolo, introducindo un breve receso
por medio dun fragmento musical cantado ou acompañado dunha coreografía.
Exemplos de películas deste xénero son: “Grease”, “La la land”
SUSPENSE: o principal obxectivo das películas de suspense é manter aos
espectadores nun estado permanente de tensión polo que pode ocorrer no desenrolo
do relato e que atraen a súa curiosidade. Ten personaxes enxeñosos arrastrados ao
perigo por accidente. Polo xeral son historias de misterio ou de terror.
Exemplos de películas deste xénero son: “El sexto sentido”, “Los otros”.
Alumnado de 4º de Educación Primaria
SARA E BRUNO: UNHA
EXPERIENCIA DE CINE
Texto: 5º EDUCACIÓN PRIMARIA
Fotos: Andamiaxe
Todos os centros educativos de Bueu, participamos este curso nun proxecto
denominado EXPRESSARTE promovido polo CIM (Centro de Información á Muller) do
noso Concello e coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
Do cole de Beluso participamos 5º e 6º de Primaria. Cada aula fixo o seu guión.
Para axudarnos, guiarnos e orientarnos contamos coa dirección e asesoramento de
RAMÓN TORRENTE GARCÍA.
OOBXECTIVO do proxecto era promover a igualdade de xénero e traballar na
prevención da violencia. A idea consistía en elaborar un guión para realizar unha
curtametraxe na que se reflectise esta problemática.
O GUIÓN
Durante varias sesións Ramón Torrente formounos e reflexionou con nós sobre
cuestións de xénero, de igualdade, de tipos de violencia…. Amosounos tamén algúns
vídeos realizados en centros doutras comarcas.
A continuación tiñamos que atopar unha idea orixinal para facermos o noso guión.
Xurdiron distintas ideas: unha elección de delegada de clase, unhas animadoras de
fútbol americano…. Pero ningunha acababa de convencernos totalmente.
Finalmente optamos por dous estereotipos de xénero: as nenas fan ballet e os nenos
tocan a batería. Con esta idea elaboramos unha pequena historia.
AS ESCENAS. Tivemos que describir en que lugar ocorrían os feitos, que personaxes
interviñan, que sucedía; facendo fincapé nos sentimentos e nas expresións .
En canto estiveron ben definidas as escenas, pensamos os DIÁLOGOS.
Cando xa concordamos con Ramón que a cousa estaba clara, demos outro paso:
O CASTING: Aínda que todo o alumnado de quinto ía participar na curta, quen faría de
Sara e de Bruno? Foron elixidos Víctor e Lucía, despois dun casting no que participou
case toda a clase. Acordamos tamén pedirlle ao profe de Inglés e á profe de Música se
querían facer de pai de Bruno e nai de Sara.
O ATREZZO: Tivemos que buscar o vestiario, os
espazos, obxectos que precisabamos. Non
necesitamos saír do cole, pero si había que facer
algunhas adaptacións: unha parte da biblioteca
converteuse na aula dunha escola de ballet.
Buscamos tamén roupa, zapatillas de ballet e
baquetas para a batería
ENSAIOS. Aprendemos a coller as baquetas e catro
pasos básicos de ballet . Representamos as escenas,
buscamos as expresións adecuadas.
A RODAXE. Por fin chegou o gran día. Alí estaba
Ramón co seu equipo (ANDAMIAXE): as
maquilladoras, a claqueta, o micrófono. Deunos
dúas instrucións ben claras: non podíamos mirar á
cámara e tiña que haber silencio absoluto. Ao
principio estábamos moi nerviosos-as, pero pronto
vimos que non pasaba nada se te equivocabas;
incluso botamos algunha que outra risa. Foi unha
experiencia interesantísima, para repetir.
A ESTREA . O día 8 de marzo fomos ao Centro Social
do Mar xunto cos outros coles de Bueu e puidemos
ver a nosa curta e as dos demais centros.
Quedamos moi satisfeitos-as e moi agradecidos-as
por poder participar neste proxecto.
POLA IGUALDADE
GUIONISTAS, ACTRICES E ACTORES
O NOSO GUIÓN DA CURTAMETRAXE
TEMA :
EN TODA OCASIÓN E SITUACIÓN: IGUALDADE SEN FIN, IGUALDADE INTERMINABLE
Lugar: Aula, sentados arredor nas cadeiras: os narradores na cabeceira e o resto de lado. Os que
dan a solución en fronte ou cerca.
No encerado da aula: estarán as palabras negativas, en cor escura, que irán desaparecendo e
pegaremos as palabras positivas escritas nas cartolinas.
Material: Cartolinas de cores para as palabras positivas e negativas que colocaremos a carón
dun camiño de tea. Ese camiño remata nun lazo.
Vestiario: Vestidos coma un día normal de clase.
Escenas
Na clase, sentados, comezamos a falar.
Narrador 1-José : Hoxe todos os desta clase podemos aportar ideas para convencer ao mundo
de que a igualdade entre homes e mulleres é posible.
Narrador 2-Raquel: Todos podemos contar casos reais que pasan no día a día ou pensar en
situacións que nos contaron ou observamos algunha vez e logo temos que buscar unha solución
para todos estes problemas.
1 Raquel:
Podo empezar eu cunha breve anécdota real:
Un home que maltrata á súa muller, cando ela o deixa, este empeza a valorala, pero xa é tarde!
Raúl: Ese home, Raquel, dana á súa muller pero todos temos que valorar ás nenas e ás
mulleres
Palabras: Danar e Valorar
2 Breixo:
Eu, na rúa escoitei que unha nena lle preguntaba a un neno se podía xogar con el aos coches
teledirixidos. El contestoulle que non podía porque era unha nena. Ao día seguinte ninguén
quería xogar con el.
Lucía: Neste caso eu opino que as nenas poden facer o mesmo que os nenos, non podemos
impedirlles que xoguen ao que elas queiran. Deámoslles liberdade.
Palabras: Impedir e liberdade
3 Eva:
A miña amiga tiña medo de subir á montaña rusa e uns nenos ríronse dela. Ela propúxolles que
subiran e admitiron que tiveran moito medo.
Fernando: Porque hai que rirse dos demais se nos pode pasar a nós. Temos que
comprender aos outros sexan nenas ou nenos.
Palabras: Burlarse e comprender
4 Ramón:
Andrea, eu plantéxoche esta situación:
Se unha rapaza que tiña un robot e uns nenos o utilizaron para gravala no seu cuarto xogando ao
fútbol e aos coches, sen decatarse ela, e pasados quince días un deses nenos que a gravaba levou
os vídeos ao parque e ensinoullos aos seus amigos co fin de rirse dela. Ti que es unha nena, que
opinas?
Andrea: Que parvada! non existen xogos para nenos e xogos para nenas. Todos podemos
xogar ao que nos pete.
Palabras: Ofender e respecto
5 Sara:
José! Acórdaste daquel día que Alba e Sonia escoitaban rap no recreo, e díxolles Xurxo que
non podían escoitar rap e a profesora de música contestoulles que a música era para todo o
mundo e que ao día seguinte lles pediu perdón.
José: Si que me acordo! Estou coa profe! A música é para nenos e nenas, homes e mulleres,
cada un elixe a que máis lle gusta.
Palabras: Imposibilitar ou prohibir e arrepentimento.
6 Raúl:
Raquel, se a ti che pasara isto, que farías? Na pista de skate uns nenos non deixaban patinar as
nenas . As nenas patinaron cos monopatíns e gañaron. Ao día seguinte estaban todos e todas
patinando.
Raquel: Pois eu penso que no tempo libre nenos e nenas podemos pasalo ben xogando todos
xuntos.
Palabras: Discriminación e amizade
7. Lucía
Contáronme que un neno lle dixo a unha nena que as películas de coches son para nenos, dúas
persoas o escoitaron e dixéronlle que non tiña razón e entón el pediulle perdón á nena.
Breixo: Haberá que aprender a respectar os gustos dos demais.
Palabras: Intransixencia e Tolerancia
8 Fernando
A ver que vos parece o que vou contar? Se un adestrador de fútbol non lle deixa xogar a unha
nena ao fútbol e a nai monta un equipo de nenas. Xogan contra o equipo do adestrador que era de
nenos e ganaron as nenas.
Eva: Pois os deportes son para todos igual, senón é unha inxustiza.
Palabras: Asoballamento ou atropelo e equidade
9 Andrea
O outro día unha nena collera uns libros e uns nenos lle dicían que non podía collelos porque
eran para nenos pero cando veu un escritor ao cole e sinalou que todos e todas temos liberdade
para ler o que queiramos, os nenos déronse conta do erro.
Ramón: Todos e todas podemos facer e ler o que queiramos. Tanto impoñer, tanto
impoñer,...
Palabras: Impoñer ou impor e permitir ou admitir
10 José
Sabedes que? Un neno díxome que un mestre puxo un recorrido moi difícil para nenos e outro
fácil para nenas. Por iso,expulsárono unha semana e ao volver decatárase de que o que fixo
estaba mal.
Sara: As nenas e os nenos podemos facer o mesmo porque a igualdade é para todos.
Palabras: diferenza e igualdade
DA LITERATURA AO CINE
Presentámosvos unha selección de películas non animadas, baseadas en clásicos.
“Peter Pan”, “El Mago de Oz” ou “Cenicienta” son algunhas das historias de
fadas, bruxas, príncipes ou princesas, que teñen unha versión, con personaxes de
carne e óso na gran pantalla.
Grandes estrelas de Hollywood como Robin Williams, Michelle Pfeiffer, Tom
Cruise, Julia Roberts ou Robert DeNiro protagonizaron algunhas das mellores
adaptacións cinematográficas de obras literarias, dirixidas por prestixiosas figuras
como Steven Spielberg, Tim Burton ou Ridley Scott.
LA HISTORIA INTERMINABLE (1984)
POR SIEMPRE JAMÁS (1998)
Adaptación cinematográfica da novela xuvenil
“La historia Interminable”, escrita por Michael
Ende, publicada en 1979.
Dirixida por Wolfgang Petersen e interpretada
por Barret Oliver, Noah Hathaway, Tami
Stronach...
Recomendada a partir de 10 anos.
Adaptación do conto de “Cenicienta”.
Película romántica. Dirixida por Andy
Tennant e protagonizada por Drew
Barrymore.
Adaptación cinematográfica do conto clásico
de fadas “La Bella Durmiente”.
Película dirixida por Robert Stromberg.
Angelina Jolie foi a encargada de dar vida á
mítica bruxa. Non recomendada para menores
de 7 anos
MALÉFICA (2014)
ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS (2010)
LA BELLA Y LA BESTIA (2017)
Película dirixida por Bill Condon
baseada no conto de fadas escrito por
Marie Leprince de Beaumont.
Está protagonizada por Emma Watson,
Dan Stevens…
Con esta adaptación de “Alicia en el País de
las Maravillas”, escrito por Lewis Carroll en
1865, Disney iniciou a reciclaxe dos seus
clásicos.
Dirixida por Tim Burton, protagonizada por
Johnny Depp, Mia Wasikowska, Anne
Hathaway... Non recomendada para menores
de 7 anos.
EL MAGO DE OZ (1939)
CHARLIE Y LA FÁBRICA DE CHOCOLATE (2005)
EL LIBRO DE LA SELVA (2016)
.
Película de animación combinada con algún
elemento de imaxe real, dirixida por Jon
Favreau e producida por Walt Disney
Pictures. Protagonizada por Neel Sethi, Bill
Murray, Scarlett Johansson
Baseada na novela de Rudyard Kipling, “El
libro de la selva” escrita en 1894
Película baseada na novela de
L. Frank Baum: “El maravilloso
mago de Oz”.
Judy Garland interpretou a
Dorothy neste gran clásico dos
contos de fadas.
Adaptación cinematográfica da novela escrita
por Roald Dahl en 1964.
Dirixida por Tim Burton. Está protagonizada
por Johnny Depp como Willy Wonka y Freddie
Highmore como Charlie Bucket.
EQUIPO DE BIBLIOTECA
A MÚSICA NO CINE!!!
A música sempre estivo unida ao cine. Desde a súa aparición, un 28 de
decembro de 1895, data na que os Irmáns Lumière presentaron o
cinematógrafo no Gran Café Boulevard de Paris, ata os nosos días.
No seu inicio, cando o cine era “mudo”, as salas dispoñían dunha agrupación
instrumental ou un pianista para acompañar musicalmente as películas. Hoxe
en día non se concibe unha película sen apoio da música.
Á parte sonora dunha película denominámoslle “banda sonora”. Debe este
nome a que nun principio, cando se inventou o cine sonoro, nunha parte da
cinta gravábanse as imaxes e noutra os sons. Sendo unha banda magnética
que se unía aos fotogramas e que sonaba á vez que se vía a película.
Na actualidade, as películas en formato cinta, que xa non son todas,
incorporan tres bandas sonoras: Unha coa música, outra cos efectos especiais
e unha última cos diálogos, esta é a que se substitúe para cambiar o idioma
orixinal. Aínda que a filmación dixital está desbancando á cinta de celuloide,
ao conxunto de sons seguéselle chamando “banda sonora”.
A música xoga un papel importante e fundamental, xa que debe estar
supeditada á imaxe para que a película funcione. Unha partitura ben feita e
ben empregada pode contribuír a que a película se converta nunha obra de
arte.
Existen moitas funcións, destacamos as seguintes:
1. Ambientar
Desde o inicio do film, o compositor marca o carácter do que se vai a
desenvolver. Dependendo do xénero, así será a súa música: comedia, drama,
aventuras, misterio, terror, etc.
2. Definir ás personaxes
O compositor fai uso da técnica de leitmotiv (motivo condutor). Consiste en
asignar determinada melodía a unha personaxe, paisaxe ou ambiente, o que
axuda a definilo. Se en cada ocasión na que a personaxe aparece e se escoita
o leitmotiv, este ofrece información sobre o seu mundo interior, o seu modo
de sentir…
3. Destacar situación
Un susto, un bico, unha loita, etc. A música envolve a acción transmitindo
todas as sensacións.
4. Modificar o ritmo da acción dunha escena
Por exemplo, unha persecución pode resultarnos máis o menos frenética
dependendo da velocidade e intensidade da música que a acompaña.
5.Presentir situacións
Para este efecto úsase a técnica denominada fóra de campo. A música pode
facer que o espectador presinta algo que vai suceder, ou facer presente algo
que non se ve en pantalla. Este é un dos recursos máis empregados no cine de
intriga ou terror.
6. Ornar unha escena
En moitos momentos o único que fai a música é crear un fondo neutro que
non ten máis función que embelecer a escena, sen ningún sentido dramático
especial. Para elo, válense de melodías reiterativas ou cancións recoñecibles.
En moitas escenas, a mellor música é a que non existe. Debe intervir só nos
momentos xustos, sen recargar. Así terá efecto a súa aparición e integrarase
no conxunto.
7. Estruturar a película encadeando escenas.
Música Integrada ou Diexética. É aquela que pertence a unha fonte de
son (orquestra, cantante, radio…) que aparece na imaxe e polo tanto a
súa presenza está xustificada.
Música no diexética ou incidental. É a música cuia procedencia non se
reflicte na imaxe, así a súa aparición na película non se xustifica como
no caso anterior. Denomínase incidental porque “incide” na ficción
coma un recurso narrativo e emocional. Aplícase no cine por imitación
da ópera e o teatro musical do século XIX.
Ao longo deste curso na clase de música traballamos cancións e melodías
Dcine.
Comezamos desde o inicio do curso, no apartado de “MINUTOS MUSICAIS”,
coa escoita de “Bandas sonoras” destacadas ao longo da Historia do cine.
Todos os días ao entrar no colexio escoitamos música de película: “Carros de
fuego”, “E.T .El extraterrestre”, “El mago de Oz”, “Cinema Paradiso”,
“Desayuno con diamantes”, “Lo que el viento se llevó”, “La vida es bella”,
“Cantando bajo la lluvia”, “Titanic”… á vez que proxectamos na entrada do
colexio o tráiler da película.
Ademais destas bandas sonoras que xa son un clásico na historia do cine,
escoitamos tamén cancións de películas infantís máis recentes, como son:
“ToyStory”, “Zootrópolis”, “Ballerina”, “La bella y la bestia”, “Vaiana”…
Cancións que despois traballamos na aula de música, como foi o caso de “Hay
un amigo en mí” para o Día da Paz. “Try everything” para o día da muller.
“Hakuna matata” y “Voy a ser el Rey” traballando as emocións, “Sonrisas y
lágrimas” e “Os aristogatos” para traballar a escala musical…
Instrumentalmente, co alumnado de 5º e 6º
de primaria traballamos melodías das
películas “Carros de fuego”, “Los picapiedra”,
“Los chicos del coro”, “Mary Poppins”…
Preparamos unha coreografía, para o festival de Nadal, cun “Mix” da película
“Grease” cos nenos e nenas de 4º curso.
Con nenos e nenas “Voluntarios lectores” buscamos temas de bandas
sonoras para plasmar as emocións na dramatización do conto “O monstro de
cores”, estas foron as escollidas:
-Para a Alegría: “CANTINA BAND” DA PELÍCULA STAR WARS.
-Para a Tristeza: Tema da película “A LISTA DE SLINDER”.
-Para a Ira: “Eyes de tiger” da película ROCKY.
-Para o Medo: Tema da película “TIBURÓN”.
-Para a Calma: Tema da película “FORREST GUMP”.
-E para o Amor: “Unchained melody" da película GHOST.
DRAMATIZACIÓN DO CONTO “O monstro de cores”
na BIBLIOTECA polo alumnado de 6º de Primaria.
CLUB DE LECTURA: UN ESPAZO PARA O ENCONTRO.
Un club de lectura é un grupo de persoas que acordan ler un mesmo libro e reúnense
para comentar as súas impresións. As opinións dos membros do grupo enriquecen
moito a valoración que cada un saca lendo en solitario.
BELULECTORES é o club que, a Biblioteca do centro, propón ao alumnado de 6º de
Primaria para que expresen e compartan os seus comentarios das lecturas escollidas.
Neste curso, os libros elixidos foron “OLIVER TWIST” e “LA ISLA DE NIM” que nos
permitiron xuntar cine e literatura e reflexionar sobre a estreita relación que se pode
dar entre obras literarias e películas.
Esta primavera Iniciou unha nova andaina o club de lectura para
adultos.
Un grupo de nais e profes compartimos a lectura da obra de
Ledicia Costas “UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA”, un libro de
relatos curtos e intensos, ambientados na Segunda Guerra
Mundial.
Rematamos cunha charla-coloquio coa autora.
A experiencia foi moi gratificante. Esperamos repetila en anos
vindeiros e que cada ano se anime máis xente a compartir as
lecturas.
EQUIPO DE BIBLIOTECA
The world of English is a fun place to be. We learn by singing, dancing, drawing and playing.
Here you can see some of the crafts and activities we’ve done this year. We hope you enjoy them!
We celebrated St. Valentine’s, St. Patrick’s Day and other festivals too. Check them out in our blog!
Cinema was our central topic
this year, so some of our
activities were about films.
Here’s a poster about Charlie
and the Chocolate Factory. All
pupils from Primary Ed.
participated on it.
“Freaky”
Blue Mango Theatre
We went to Pontevedra
to watch "Freaky".
It was a musical comedy
in English about bullying
and friendship. We
laughed, sang songs and
played with the actors
and actresses.
On Carnival
we dressed
up as trolls,
from the
movie
“Trolls”
Friendship is a
very valuable
thing, but what’s
a friend for you?
This is something
that we have
very clear.
In the Christmas
Festival we danced
Can’t stop the feeling,
the soundtrack from
the movie Trolls. As
you can see in the
picture everybody
ended up dancing!
The pupils in 6º
recited the poem
Black Shadow, a
translation from
Negra Sombra by
Rosalía de Castro.
These are just some examples of how hard we worked this year. If you want to see more please
visit our blog, The world of English in www.woebeluso.blogspot.com
TITORÍA ENTRE IGUAIS
Este curso iniciamos o programa Titoría Entre Iguais (TEI), do
que é autor Andrés González Bellido (coordinador do Grupo TEI do
ICE da Universidade de Barcelona). Este programa oriéntase
a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva
e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan
máis satisfactorias.
Está dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do
centro respecto á convivencia, conflito e violencia (física, emocional
ou psicolóxica).
O alumnado de 5º de primaria é titor emocional do alumnado
de 3º de primaria.
EQUIPO DE MEDIACIÓN
Somos as mediadoras e os mediadores deste curso: Andrea, Breixo,
Eva, Fernando, José, Lucía, Ramón, Raquel, Raúl e Sara.
Encargámonos de axudar a resolver os conflitos que ocorren
durante o recreo. Por exemplo, se un neno ou unha nena se pelexa con
alguén ou non deixa xogar a outros, podemos axudarvos.
Podedes atoparnos coa pañoleta verde no patio, na biblioteca… Nós
trataremos de resolver escoitando a cada nena ou neno a versión do que
pasou e despois os nenos ou nenas que tiveron o conflito deben tratar de
atopar unha solución.
Ás veces empregaremos o “recuncho de mediación” para tratar de
resolver os conflitos e aquí, se se chega a unha solución, nos faremos un
selfie coa tablet.
“Agardamos non ter moitos casos porque hai que ser bos amigos e
amigas”.
Fiadeiro 2017

More Related Content

What's hot

Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Actividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverdeActividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverde
EDLGVILAVERDE
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
Xenza
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
Asnosasletras
 
Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)
afervenzadeouzande
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
tudense
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 

What's hot (12)

Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Actividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverdeActividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverde
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 

Similar to Fiadeiro 2017

Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
angelciencia
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Asnosasletras
 
Miguelanxo prado
Miguelanxo pradoMiguelanxo prado
Miguelanxo prado
nataliasaancheez
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Marlou
 
O cómic(1)
O cómic(1)O cómic(1)
O cómic(1)
Celia Díaz
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
tudense
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
Lourenço Alvarez Ruiz
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
rcms9
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
MaraFont
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
Asnosasletras
 
Teatro a partir de 1975
Teatro a partir de 1975Teatro a partir de 1975
Teatro a partir de 1975
laurafernanlopez
 
Cartas de amor
Cartas de amorCartas de amor
Cartas de amor
bibliotecaiespoetaanon
 
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do SonEscolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Román Landín
 
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonEscolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonCurtisbiblio
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
xenevra
 

Similar to Fiadeiro 2017 (20)

Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Miguelanxo prado
Miguelanxo pradoMiguelanxo prado
Miguelanxo prado
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
O cómic(1)
O cómic(1)O cómic(1)
O cómic(1)
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Pepe carreiro
Pepe carreiroPepe carreiro
Pepe carreiro
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Teatro a partir de 1975
Teatro a partir de 1975Teatro a partir de 1975
Teatro a partir de 1975
 
Cartas de amor
Cartas de amorCartas de amor
Cartas de amor
 
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do SonEscolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
 
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonEscolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreira
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreiraPresentación valentín lamas carvajal marta ferreira
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreira
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 

More from edinfantil

fiadeiro .pdf
fiadeiro .pdffiadeiro .pdf
fiadeiro .pdf
edinfantil
 
Aindanada
AindanadaAindanada
Aindanada
edinfantil
 
Paisajes de primavera
Paisajes de primaveraPaisajes de primavera
Paisajes de primavera
edinfantil
 
Prensa, nomes e autorretratos
Prensa, nomes e autorretratosPrensa, nomes e autorretratos
Prensa, nomes e autorretratos
edinfantil
 
Experimentamos con lacasitos
Experimentamos con lacasitosExperimentamos con lacasitos
Experimentamos con lacasitos
edinfantil
 
Creamos as nosas siluetas
Creamos as nosas siluetasCreamos as nosas siluetas
Creamos as nosas siluetas
edinfantil
 
Calendarios 2021-montemogos baja
Calendarios 2021-montemogos bajaCalendarios 2021-montemogos baja
Calendarios 2021-montemogos baja
edinfantil
 
Que lle pasa as cenorias
Que lle pasa as cenoriasQue lle pasa as cenorias
Que lle pasa as cenorias
edinfantil
 
Auga e aceite
Auga e aceiteAuga e aceite
Auga e aceite
edinfantil
 
Manualidades verano
Manualidades veranoManualidades verano
Manualidades verano
edinfantil
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
edinfantil
 
Letras galegas 2020
Letras galegas 2020Letras galegas 2020
Letras galegas 2020
edinfantil
 
Muffin. maria
Muffin. mariaMuffin. maria
Muffin. maria
edinfantil
 
Cooking in family checked
Cooking in family checkedCooking in family checked
Cooking in family checked
edinfantil
 
Sara e alex.kalandraka
Sara e alex.kalandrakaSara e alex.kalandraka
Sara e alex.kalandraka
edinfantil
 
8 m
8 m8 m
Os animais do noso planeta
Os animais do noso planetaOs animais do noso planeta
Os animais do noso planeta
edinfantil
 
Pedro opeka
Pedro opekaPedro opeka
Pedro opeka
edinfantil
 
Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019
edinfantil
 
Calendarios 2020
Calendarios 2020Calendarios 2020
Calendarios 2020
edinfantil
 

More from edinfantil (20)

fiadeiro .pdf
fiadeiro .pdffiadeiro .pdf
fiadeiro .pdf
 
Aindanada
AindanadaAindanada
Aindanada
 
Paisajes de primavera
Paisajes de primaveraPaisajes de primavera
Paisajes de primavera
 
Prensa, nomes e autorretratos
Prensa, nomes e autorretratosPrensa, nomes e autorretratos
Prensa, nomes e autorretratos
 
Experimentamos con lacasitos
Experimentamos con lacasitosExperimentamos con lacasitos
Experimentamos con lacasitos
 
Creamos as nosas siluetas
Creamos as nosas siluetasCreamos as nosas siluetas
Creamos as nosas siluetas
 
Calendarios 2021-montemogos baja
Calendarios 2021-montemogos bajaCalendarios 2021-montemogos baja
Calendarios 2021-montemogos baja
 
Que lle pasa as cenorias
Que lle pasa as cenoriasQue lle pasa as cenorias
Que lle pasa as cenorias
 
Auga e aceite
Auga e aceiteAuga e aceite
Auga e aceite
 
Manualidades verano
Manualidades veranoManualidades verano
Manualidades verano
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
Letras galegas 2020
Letras galegas 2020Letras galegas 2020
Letras galegas 2020
 
Muffin. maria
Muffin. mariaMuffin. maria
Muffin. maria
 
Cooking in family checked
Cooking in family checkedCooking in family checked
Cooking in family checked
 
Sara e alex.kalandraka
Sara e alex.kalandrakaSara e alex.kalandraka
Sara e alex.kalandraka
 
8 m
8 m8 m
8 m
 
Os animais do noso planeta
Os animais do noso planetaOs animais do noso planeta
Os animais do noso planeta
 
Pedro opeka
Pedro opekaPedro opeka
Pedro opeka
 
Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019
 
Calendarios 2020
Calendarios 2020Calendarios 2020
Calendarios 2020
 

Recently uploaded

Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Red Académica Internacional Historia a Debate
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
David Casado Bravo
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
Rosa Fernandez Carrera
 
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
iesasorey
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
iesasorey
 

Recently uploaded (6)

Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
 
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
 

Fiadeiro 2017

  • 1. C A R L O S C A S A R E S M O U R I Ñ O SEGUNDA ÉPOCA: Nº 23 LLLEEETTTRRRAAASSS GGGAAALLLEEEGGGAAASSS 222000111777 CCC...EEE...III...PPP... MMMOOONNNTTTEEEMMMOOOGGGOOOSSS BBBEEELLLUUUSSSOOO
  • 3. Este ano na clase de 5º Infantil decidimos inventar un conto. Deste conto saíu un guión para elaborar un pequeno teatriño no que todos nos sentimos actores e actrices por primeira vez. Este é o título do noso conto:
  • 4.
  • 5. Pensastes algunha vez en toda a xente que aporta o seu traballo para realizar unha película? Son moitas persoas con funcións diferentes. Sen elas non sería posible que puidésemos desfrutar de fermosas historias levadas ao cine. Actrices e actores. Interpretan as personaxes da película Os técnicos Ocúpanse das cámaras e da fotografía. Graban as esceas da película. Hai tamén técnicos de luz e son . Guionistas. Escriben ou adaptan as historias e os diálogos.
  • 6. Vestiario e maquillaxe. Hai tamén un grupo de xente que traballa para que o vestiario e a caracterización dos actores de actrices sexa perfecta. Co seu traballo conseguen que nos transportemos a outros tempos e a outros lugares. Director ou directora. O seu traballo é dirixir a todas as persoas que traballan para conseguir que a película se remate. Alumnos e alumnas de 5º Infantil
  • 7. 3 Adiviñas de cine 1 2 4 PERSONAXES E TÍTULOS DE PELÍCULAS
  • 10. QUE É O ENTROIDO É unha festa típica do ano. É una festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e comezo da primavera. Celébrase nos meses de febreiro ou marzo. Tradicionalmente duraba varias semanas, había: • Domingo Fareleiro. • Domingo Oleiro. • Domingo Corredoiro. • Domingo, Luns e Martes de Entroido. Na actualidade dura menos acostuma haber Pregón de Inicio, Desfile de Comparsas, Xuizo do Meco (durante o cal se len coplas: de xuizo, do testamento e as Ladaiñas) ou personaxe típico e queima do mesmo ao final das festas. Os Entroidos Galegos máis coñecidos son: O BOTEIRO de Viana do Bolo En Viana os Boteiros acompañan ao Folión, uns van dando chimpos, outros van marcando o son.
  • 11. AS PANTALLAS de Xinzo de Limia As Pantallas coas vexigas a todos queren asustar, corre, corre que te pillo, non te deixes atrapar. OS PELIQUEIROS de Laza Xa resoan por Laza centos e centos de Chocas velaí van os Peliqueiros ata a praza da Picota.
  • 12. OS VOLANTES de Chantada Os camiños da ribeira percorren os Volantes, lucindo os seus puchos coloridos e elegantes. 0S XENERAIS do Val do Ulla Os xenerais do Ulla montados nos seus cabalos con sombreiros de pluma van moi engalanados.
  • 13. Comidas típicas do Entroido A gastronomía é un elemento esencial da festa, destacan: o lacón con grelos, a cacheira, como pratos fortes, acompañados de doces como as orellas, as flores, a bica ou as filloas. 1º de Educación Primaria
  • 14. A PRENSA NA CLASE Na semana do 6 ao 10 de marzo, os rapaces e rapazas de 2º de primaria traballamos cos xornais na clase, xa que se celebrou a “Semana da Prensa”. Esta foi unha boa oportunidade para deixar voar a nosa imaxinación e transformarnos en pequenos xornalistas, analizando e comentando as diferentes noticias dunha maneira especial. Como o proxecto do cole está relacionado co cine, ademais da selección de diferentes noticias de repercusión local, nacional, sociedade, deportes... non quixemos esquecernos dalgunha relacionada coa cultura e, máis concretamente, de cine! Despois, escribimos un titular novidoso, impactante... e comentamos cada noticia dende o noso punto de vista... como se foramos xornalistas de verdade!
  • 15. Ademais diso, tamén quixemos traballar o xornal dende outras áreas, deste xeito, nas clases de plástica e, coa axuda dos xornais, fixemos diferentes debuxos de máquinas, paisaxes... Unha vez finalizada a tarefa, soamente quedaba expoñela na clase para que todos os compañeiros e compañeiras visen como contan cada un deles o que acontece no mundo (dende a súa visión persoal). Vendo o resultado, estamos convencidos de que calquera axencia de noticias nos podería contratar!!!!
  • 16. Carlos casares mouriño(1941-2002). “Hai xente que fala da vida a través dos conceptos; outros tenden a facelo con imaxes e algún máis con metáforas. Sempre tiven a tendencia, mesmo nas discusións máis abstractas e volátiles, a entender o mundo baixo a especie do narrado”. Naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941. Cando tiña tres anos seu pai Francisco, que era mestre, foi destinado a Xinzo de Limia e alí pasou a súa infancia xunto coa súa nai, Manuela, e os seus irmáns: Mercedes e Xavier. Non ben feitos os once anos ingresou no Seminario de Ourense, onde viviu nun ambiente fortemente represivo(incluíndo a prohibición estrita de falar galego). Alí emprende a súa primeira experiencia literaria, o xornal manuscrito “El averno”, que difundía clandestinamente. Posteriormente, ao abandonar o Seminario, remata o bacharelato por libre no Instituto de Ensino Medio de Ourense. Comeza a manifestar as súas inquedanzas literarias, e coñece a Vicente Risco, líder galeguista, centro dun faladoiro artístico- literario, que Casares frecuentaría, tomando contacto co estreito círculo intelectual do Ourense daquel tempo. Máis tarde continuou os estudos de Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Alí coñece a Ramón Piñeiro, mestre co que co paso do tempo, establece unha gran amizade. Lígase así ao núcleo da cultura galeguista e antifranquista. Entrementres dedícase con intensidade crecente á creación literaria. Durante este tempo publicou relatos na revista “Grial” e, en 1967, publicou na Editorial Galaxia a súa primeira obra, “Vento ferido”, no que aparecen algúns temas que serán recorrentes na súa narrativa: a violencia, o amor imposible e a sensibilidade fronte ao sufrimento humano.
  • 17. Casares foi un gran novelista con moitas obras editadas. Converteuse nun precursor da literatura infantil en galego e publicou obras para nenos e nenas: “A galiña azul”, “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, “Lolo anda en bicicleta”, “O can Rin e o lobo Crispín”, “Toribio ten unha idea”…En 1972 , publicouse a tradución do relato “O principiño”, de Antoine de Saint-Exupéry, unha obra pola que mantendrá unha especial predilección ata o final dos seus días. Ademais se inicia no xornalismo literario. Outras obras destacadas son: ”Xoguetes para un tempo prohibido”, ”O galo de antioquía”, “O polbo xigante”, “Os escuros soños de Clío”, “Ilustrísima”, “Os mortos daquel verán”, “Deus sentado nun sillón azul”, e a súa derradeira obra publicada póstumamente, “O sol do verán”.
  • 18. Polo seu traballo a prol da nosa lingua ingresou na Real Academia Galega en 1978, sendo daquela o membro máis novo de todos eles. Participou en política chegando a ser membro do primeiro Parlamento Galego, no que traballou pola cultura e a lingua de Galicia. Dirixiu a Editorial Galaxia (1986) e a revista “Grial”(1988), e chega a presidir o Consello da Cultura Galega (1996). En 1971 casa con Kristina Berg coa que tivo dous fillos: Hakan e Christian. Coñecéronse nunha viaxe en tren destino a Coruña, convenceuna para visitar Santiago, e xa non se separaron. Foi importante na vida de Casares por moitas razóns, unha delas foi o contacto con Suecia, país orixinario de Kristina, que cambiará para sempre as ideas políticas de Casares sobre o que debía ser unha sociedade boa, xusta e libre. Carlos Casares faleceu o 9 de marzo de 2002 en Vigo. Este ano 2017 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas.
  • 19. No presente curso o tema do proxecto do noso centro é “O CINE” e formando parte deste proxecto, o pasado 29 de outubro, os rapaces e rapazas de 4º de Educación Primaria, fixemos una saída ao cine de Seixo para ver a película “Maléfica” nunha gran pantalla. Ademais tamén puidemos ver “unha sala de cine por dentro” vimos como é o proxector desta sala, un proxector antiquísimo. Foi unha saída moi divertida, entretida e instrutiva. Maléfica é unha película de xénero fantástico e de aventura que se estreou no ano 2014 e que narra a historia dunha belísima fada cun corazón puro e unhas asombrosas ás negras,que vive nun reino situado nun bosque idílico limítrofe co mundo dos humanos, e que decide protexelo cando estes ameazan a súa harmonía. Sabedes o que é un XÉNERO CINEMATOGRÁFICO E COMO SE CLASIFICAN? O xénero cinematográfico é o tema xeral dunha película que serve para a súa clasificación. Clasifícanse ,sobre todo, polo sentimento que buscan provocar no espectador, polo tipo de personaxes, escenarios e ambientes que nelas aparecen, e por como tratan as accións e situacións que se dan na película. Actualmente non existe un acordo no que se refire a xéneros cinematográficos, pero nós imos tentar presentarvos unha clasificación xeral dos mesmos. DRAMA:son películas nas que o home non é o dono do seu destino e presenta situacións nas que se mestura o cómico e o tráxico. Un exemplo de película que pertence a este xénero é “Titanic” UN ANO DE CINE
  • 20. COMEDIA : é o xénero dramático contrario á traxedia con elementos que divirten e fan rir, e cun desenlace feliz. Hai distintos tipos de comedias: comedia romántica, animada, de situación, musical, etc. Exemplos de películas deste xénero son: “Los Simpson”, “El príncipe de Bel Air”, “Ocho apellidos vascos”, “Mortadelo y Filemón” ACCIÓN: as principais características das películas de acción son os riscos e a emoción.Os seus elementos máis frecuentes son: as persecucións, tanto a pe como con vehículos, os tiroteos, as feroces batallas entre humanos e animais, as explosións, os roubos e calquera outro elemento que xere a espectacularidade das imaxes por medio dos efectos especiais. Exemplos de películas deste xénero son: “La jungla de cristal”, “Kong, la isla Calavera”, “Guardianes de la Galaxia” CIENCIA FICCIÓN:unha das principais características deste xénero é que narra feitos que non son realistas no momento no que se imaxina esta historia inventada, senón que se basea nun futuro lonxano ou cercano, con moitos efectos especiais e personaxes imaxinarios. Exemplos de películas deste xénero son: “Monster truk”, “E. T.”, “Terminator”, “Star Wars”. FANTASÍA: presenta elementos imaxinarios, sobrenaturais, maxia e criaturas absolutamente irreais no seu argumento. Transforma o mundo real en mundos imaxinarios, por exemplo: cabalos que falan, persoas inmortais, etc. Exemplos de películas deste xénero son: “El señor de los anillos”, “Harry Potter”, “La Bella Durmiente” TERROR: provocan un sentimento de medo e nelas aparecen monstros, pantasmas e seres malignos. Hai escenas de medo, de susto e ás veces hai mortes. Producen berros e choros á xente que ve este tipo de películas. Tamén poden dar noxo e ás veces hai sangue. Exemplos de películas deste xénero son: “Saw”, “Nunca apagues la luz”, “Anabel”
  • 21. ROMANCE: a historia xira en torno ao amor e ao desamor, o romance entre os protagonistas que poden ser noivos, amantes, etc. Xeralmente estas películas acostumaban ter finais felices onde a parella acababa unida, aínda que non sempre era así, por exemplo en “Romeo e Julieta” morren os dous protagonistas. Exemplos de películas deste xénero son: “Lo que el viento se llevó”, “ Romeo y Julieta”, “Love story”, “La bella y la bestia” MUSICAL: presenta interrupcións no seu desenrolo, introducindo un breve receso por medio dun fragmento musical cantado ou acompañado dunha coreografía. Exemplos de películas deste xénero son: “Grease”, “La la land” SUSPENSE: o principal obxectivo das películas de suspense é manter aos espectadores nun estado permanente de tensión polo que pode ocorrer no desenrolo do relato e que atraen a súa curiosidade. Ten personaxes enxeñosos arrastrados ao perigo por accidente. Polo xeral son historias de misterio ou de terror. Exemplos de películas deste xénero son: “El sexto sentido”, “Los otros”. Alumnado de 4º de Educación Primaria
  • 22. SARA E BRUNO: UNHA EXPERIENCIA DE CINE Texto: 5º EDUCACIÓN PRIMARIA Fotos: Andamiaxe Todos os centros educativos de Bueu, participamos este curso nun proxecto denominado EXPRESSARTE promovido polo CIM (Centro de Información á Muller) do noso Concello e coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Do cole de Beluso participamos 5º e 6º de Primaria. Cada aula fixo o seu guión. Para axudarnos, guiarnos e orientarnos contamos coa dirección e asesoramento de RAMÓN TORRENTE GARCÍA. OOBXECTIVO do proxecto era promover a igualdade de xénero e traballar na prevención da violencia. A idea consistía en elaborar un guión para realizar unha curtametraxe na que se reflectise esta problemática. O GUIÓN Durante varias sesións Ramón Torrente formounos e reflexionou con nós sobre cuestións de xénero, de igualdade, de tipos de violencia…. Amosounos tamén algúns vídeos realizados en centros doutras comarcas. A continuación tiñamos que atopar unha idea orixinal para facermos o noso guión. Xurdiron distintas ideas: unha elección de delegada de clase, unhas animadoras de fútbol americano…. Pero ningunha acababa de convencernos totalmente. Finalmente optamos por dous estereotipos de xénero: as nenas fan ballet e os nenos tocan a batería. Con esta idea elaboramos unha pequena historia.
  • 23. AS ESCENAS. Tivemos que describir en que lugar ocorrían os feitos, que personaxes interviñan, que sucedía; facendo fincapé nos sentimentos e nas expresións . En canto estiveron ben definidas as escenas, pensamos os DIÁLOGOS. Cando xa concordamos con Ramón que a cousa estaba clara, demos outro paso: O CASTING: Aínda que todo o alumnado de quinto ía participar na curta, quen faría de Sara e de Bruno? Foron elixidos Víctor e Lucía, despois dun casting no que participou case toda a clase. Acordamos tamén pedirlle ao profe de Inglés e á profe de Música se querían facer de pai de Bruno e nai de Sara. O ATREZZO: Tivemos que buscar o vestiario, os espazos, obxectos que precisabamos. Non necesitamos saír do cole, pero si había que facer algunhas adaptacións: unha parte da biblioteca converteuse na aula dunha escola de ballet. Buscamos tamén roupa, zapatillas de ballet e baquetas para a batería ENSAIOS. Aprendemos a coller as baquetas e catro pasos básicos de ballet . Representamos as escenas, buscamos as expresións adecuadas. A RODAXE. Por fin chegou o gran día. Alí estaba Ramón co seu equipo (ANDAMIAXE): as maquilladoras, a claqueta, o micrófono. Deunos dúas instrucións ben claras: non podíamos mirar á cámara e tiña que haber silencio absoluto. Ao principio estábamos moi nerviosos-as, pero pronto vimos que non pasaba nada se te equivocabas; incluso botamos algunha que outra risa. Foi unha experiencia interesantísima, para repetir. A ESTREA . O día 8 de marzo fomos ao Centro Social do Mar xunto cos outros coles de Bueu e puidemos ver a nosa curta e as dos demais centros. Quedamos moi satisfeitos-as e moi agradecidos-as por poder participar neste proxecto.
  • 24. POLA IGUALDADE GUIONISTAS, ACTRICES E ACTORES O NOSO GUIÓN DA CURTAMETRAXE TEMA : EN TODA OCASIÓN E SITUACIÓN: IGUALDADE SEN FIN, IGUALDADE INTERMINABLE Lugar: Aula, sentados arredor nas cadeiras: os narradores na cabeceira e o resto de lado. Os que dan a solución en fronte ou cerca. No encerado da aula: estarán as palabras negativas, en cor escura, que irán desaparecendo e pegaremos as palabras positivas escritas nas cartolinas. Material: Cartolinas de cores para as palabras positivas e negativas que colocaremos a carón dun camiño de tea. Ese camiño remata nun lazo. Vestiario: Vestidos coma un día normal de clase. Escenas Na clase, sentados, comezamos a falar. Narrador 1-José : Hoxe todos os desta clase podemos aportar ideas para convencer ao mundo de que a igualdade entre homes e mulleres é posible. Narrador 2-Raquel: Todos podemos contar casos reais que pasan no día a día ou pensar en situacións que nos contaron ou observamos algunha vez e logo temos que buscar unha solución para todos estes problemas. 1 Raquel: Podo empezar eu cunha breve anécdota real: Un home que maltrata á súa muller, cando ela o deixa, este empeza a valorala, pero xa é tarde! Raúl: Ese home, Raquel, dana á súa muller pero todos temos que valorar ás nenas e ás mulleres Palabras: Danar e Valorar 2 Breixo: Eu, na rúa escoitei que unha nena lle preguntaba a un neno se podía xogar con el aos coches teledirixidos. El contestoulle que non podía porque era unha nena. Ao día seguinte ninguén quería xogar con el.
  • 25. Lucía: Neste caso eu opino que as nenas poden facer o mesmo que os nenos, non podemos impedirlles que xoguen ao que elas queiran. Deámoslles liberdade. Palabras: Impedir e liberdade 3 Eva: A miña amiga tiña medo de subir á montaña rusa e uns nenos ríronse dela. Ela propúxolles que subiran e admitiron que tiveran moito medo. Fernando: Porque hai que rirse dos demais se nos pode pasar a nós. Temos que comprender aos outros sexan nenas ou nenos. Palabras: Burlarse e comprender 4 Ramón: Andrea, eu plantéxoche esta situación: Se unha rapaza que tiña un robot e uns nenos o utilizaron para gravala no seu cuarto xogando ao fútbol e aos coches, sen decatarse ela, e pasados quince días un deses nenos que a gravaba levou os vídeos ao parque e ensinoullos aos seus amigos co fin de rirse dela. Ti que es unha nena, que opinas? Andrea: Que parvada! non existen xogos para nenos e xogos para nenas. Todos podemos xogar ao que nos pete. Palabras: Ofender e respecto 5 Sara: José! Acórdaste daquel día que Alba e Sonia escoitaban rap no recreo, e díxolles Xurxo que non podían escoitar rap e a profesora de música contestoulles que a música era para todo o mundo e que ao día seguinte lles pediu perdón. José: Si que me acordo! Estou coa profe! A música é para nenos e nenas, homes e mulleres, cada un elixe a que máis lle gusta. Palabras: Imposibilitar ou prohibir e arrepentimento. 6 Raúl: Raquel, se a ti che pasara isto, que farías? Na pista de skate uns nenos non deixaban patinar as nenas . As nenas patinaron cos monopatíns e gañaron. Ao día seguinte estaban todos e todas patinando. Raquel: Pois eu penso que no tempo libre nenos e nenas podemos pasalo ben xogando todos xuntos. Palabras: Discriminación e amizade 7. Lucía Contáronme que un neno lle dixo a unha nena que as películas de coches son para nenos, dúas persoas o escoitaron e dixéronlle que non tiña razón e entón el pediulle perdón á nena. Breixo: Haberá que aprender a respectar os gustos dos demais. Palabras: Intransixencia e Tolerancia 8 Fernando A ver que vos parece o que vou contar? Se un adestrador de fútbol non lle deixa xogar a unha nena ao fútbol e a nai monta un equipo de nenas. Xogan contra o equipo do adestrador que era de nenos e ganaron as nenas.
  • 26. Eva: Pois os deportes son para todos igual, senón é unha inxustiza. Palabras: Asoballamento ou atropelo e equidade 9 Andrea O outro día unha nena collera uns libros e uns nenos lle dicían que non podía collelos porque eran para nenos pero cando veu un escritor ao cole e sinalou que todos e todas temos liberdade para ler o que queiramos, os nenos déronse conta do erro. Ramón: Todos e todas podemos facer e ler o que queiramos. Tanto impoñer, tanto impoñer,... Palabras: Impoñer ou impor e permitir ou admitir 10 José Sabedes que? Un neno díxome que un mestre puxo un recorrido moi difícil para nenos e outro fácil para nenas. Por iso,expulsárono unha semana e ao volver decatárase de que o que fixo estaba mal. Sara: As nenas e os nenos podemos facer o mesmo porque a igualdade é para todos. Palabras: diferenza e igualdade
  • 27. DA LITERATURA AO CINE Presentámosvos unha selección de películas non animadas, baseadas en clásicos. “Peter Pan”, “El Mago de Oz” ou “Cenicienta” son algunhas das historias de fadas, bruxas, príncipes ou princesas, que teñen unha versión, con personaxes de carne e óso na gran pantalla. Grandes estrelas de Hollywood como Robin Williams, Michelle Pfeiffer, Tom Cruise, Julia Roberts ou Robert DeNiro protagonizaron algunhas das mellores adaptacións cinematográficas de obras literarias, dirixidas por prestixiosas figuras como Steven Spielberg, Tim Burton ou Ridley Scott. LA HISTORIA INTERMINABLE (1984) POR SIEMPRE JAMÁS (1998) Adaptación cinematográfica da novela xuvenil “La historia Interminable”, escrita por Michael Ende, publicada en 1979. Dirixida por Wolfgang Petersen e interpretada por Barret Oliver, Noah Hathaway, Tami Stronach... Recomendada a partir de 10 anos. Adaptación do conto de “Cenicienta”. Película romántica. Dirixida por Andy Tennant e protagonizada por Drew Barrymore.
  • 28. Adaptación cinematográfica do conto clásico de fadas “La Bella Durmiente”. Película dirixida por Robert Stromberg. Angelina Jolie foi a encargada de dar vida á mítica bruxa. Non recomendada para menores de 7 anos MALÉFICA (2014) ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS (2010) LA BELLA Y LA BESTIA (2017) Película dirixida por Bill Condon baseada no conto de fadas escrito por Marie Leprince de Beaumont. Está protagonizada por Emma Watson, Dan Stevens… Con esta adaptación de “Alicia en el País de las Maravillas”, escrito por Lewis Carroll en 1865, Disney iniciou a reciclaxe dos seus clásicos. Dirixida por Tim Burton, protagonizada por Johnny Depp, Mia Wasikowska, Anne Hathaway... Non recomendada para menores de 7 anos.
  • 29. EL MAGO DE OZ (1939) CHARLIE Y LA FÁBRICA DE CHOCOLATE (2005) EL LIBRO DE LA SELVA (2016) . Película de animación combinada con algún elemento de imaxe real, dirixida por Jon Favreau e producida por Walt Disney Pictures. Protagonizada por Neel Sethi, Bill Murray, Scarlett Johansson Baseada na novela de Rudyard Kipling, “El libro de la selva” escrita en 1894 Película baseada na novela de L. Frank Baum: “El maravilloso mago de Oz”. Judy Garland interpretou a Dorothy neste gran clásico dos contos de fadas. Adaptación cinematográfica da novela escrita por Roald Dahl en 1964. Dirixida por Tim Burton. Está protagonizada por Johnny Depp como Willy Wonka y Freddie Highmore como Charlie Bucket. EQUIPO DE BIBLIOTECA
  • 30. A MÚSICA NO CINE!!! A música sempre estivo unida ao cine. Desde a súa aparición, un 28 de decembro de 1895, data na que os Irmáns Lumière presentaron o cinematógrafo no Gran Café Boulevard de Paris, ata os nosos días. No seu inicio, cando o cine era “mudo”, as salas dispoñían dunha agrupación instrumental ou un pianista para acompañar musicalmente as películas. Hoxe en día non se concibe unha película sen apoio da música. Á parte sonora dunha película denominámoslle “banda sonora”. Debe este nome a que nun principio, cando se inventou o cine sonoro, nunha parte da cinta gravábanse as imaxes e noutra os sons. Sendo unha banda magnética que se unía aos fotogramas e que sonaba á vez que se vía a película. Na actualidade, as películas en formato cinta, que xa non son todas, incorporan tres bandas sonoras: Unha coa música, outra cos efectos especiais e unha última cos diálogos, esta é a que se substitúe para cambiar o idioma orixinal. Aínda que a filmación dixital está desbancando á cinta de celuloide, ao conxunto de sons seguéselle chamando “banda sonora”. A música xoga un papel importante e fundamental, xa que debe estar supeditada á imaxe para que a película funcione. Unha partitura ben feita e ben empregada pode contribuír a que a película se converta nunha obra de arte. Existen moitas funcións, destacamos as seguintes: 1. Ambientar Desde o inicio do film, o compositor marca o carácter do que se vai a desenvolver. Dependendo do xénero, así será a súa música: comedia, drama, aventuras, misterio, terror, etc. 2. Definir ás personaxes O compositor fai uso da técnica de leitmotiv (motivo condutor). Consiste en asignar determinada melodía a unha personaxe, paisaxe ou ambiente, o que axuda a definilo. Se en cada ocasión na que a personaxe aparece e se escoita o leitmotiv, este ofrece información sobre o seu mundo interior, o seu modo de sentir…
  • 31. 3. Destacar situación Un susto, un bico, unha loita, etc. A música envolve a acción transmitindo todas as sensacións. 4. Modificar o ritmo da acción dunha escena Por exemplo, unha persecución pode resultarnos máis o menos frenética dependendo da velocidade e intensidade da música que a acompaña. 5.Presentir situacións Para este efecto úsase a técnica denominada fóra de campo. A música pode facer que o espectador presinta algo que vai suceder, ou facer presente algo que non se ve en pantalla. Este é un dos recursos máis empregados no cine de intriga ou terror. 6. Ornar unha escena En moitos momentos o único que fai a música é crear un fondo neutro que non ten máis función que embelecer a escena, sen ningún sentido dramático especial. Para elo, válense de melodías reiterativas ou cancións recoñecibles. En moitas escenas, a mellor música é a que non existe. Debe intervir só nos momentos xustos, sen recargar. Así terá efecto a súa aparición e integrarase no conxunto. 7. Estruturar a película encadeando escenas. Música Integrada ou Diexética. É aquela que pertence a unha fonte de son (orquestra, cantante, radio…) que aparece na imaxe e polo tanto a súa presenza está xustificada. Música no diexética ou incidental. É a música cuia procedencia non se reflicte na imaxe, así a súa aparición na película non se xustifica como no caso anterior. Denomínase incidental porque “incide” na ficción coma un recurso narrativo e emocional. Aplícase no cine por imitación da ópera e o teatro musical do século XIX. Ao longo deste curso na clase de música traballamos cancións e melodías Dcine. Comezamos desde o inicio do curso, no apartado de “MINUTOS MUSICAIS”, coa escoita de “Bandas sonoras” destacadas ao longo da Historia do cine. Todos os días ao entrar no colexio escoitamos música de película: “Carros de fuego”, “E.T .El extraterrestre”, “El mago de Oz”, “Cinema Paradiso”, “Desayuno con diamantes”, “Lo que el viento se llevó”, “La vida es bella”, “Cantando bajo la lluvia”, “Titanic”… á vez que proxectamos na entrada do colexio o tráiler da película.
  • 32. Ademais destas bandas sonoras que xa son un clásico na historia do cine, escoitamos tamén cancións de películas infantís máis recentes, como son: “ToyStory”, “Zootrópolis”, “Ballerina”, “La bella y la bestia”, “Vaiana”… Cancións que despois traballamos na aula de música, como foi o caso de “Hay un amigo en mí” para o Día da Paz. “Try everything” para o día da muller. “Hakuna matata” y “Voy a ser el Rey” traballando as emocións, “Sonrisas y lágrimas” e “Os aristogatos” para traballar a escala musical… Instrumentalmente, co alumnado de 5º e 6º de primaria traballamos melodías das películas “Carros de fuego”, “Los picapiedra”, “Los chicos del coro”, “Mary Poppins”…
  • 33. Preparamos unha coreografía, para o festival de Nadal, cun “Mix” da película “Grease” cos nenos e nenas de 4º curso. Con nenos e nenas “Voluntarios lectores” buscamos temas de bandas sonoras para plasmar as emocións na dramatización do conto “O monstro de cores”, estas foron as escollidas: -Para a Alegría: “CANTINA BAND” DA PELÍCULA STAR WARS. -Para a Tristeza: Tema da película “A LISTA DE SLINDER”. -Para a Ira: “Eyes de tiger” da película ROCKY. -Para o Medo: Tema da película “TIBURÓN”. -Para a Calma: Tema da película “FORREST GUMP”. -E para o Amor: “Unchained melody" da película GHOST. DRAMATIZACIÓN DO CONTO “O monstro de cores” na BIBLIOTECA polo alumnado de 6º de Primaria.
  • 34. CLUB DE LECTURA: UN ESPAZO PARA O ENCONTRO. Un club de lectura é un grupo de persoas que acordan ler un mesmo libro e reúnense para comentar as súas impresións. As opinións dos membros do grupo enriquecen moito a valoración que cada un saca lendo en solitario. BELULECTORES é o club que, a Biblioteca do centro, propón ao alumnado de 6º de Primaria para que expresen e compartan os seus comentarios das lecturas escollidas. Neste curso, os libros elixidos foron “OLIVER TWIST” e “LA ISLA DE NIM” que nos permitiron xuntar cine e literatura e reflexionar sobre a estreita relación que se pode dar entre obras literarias e películas. Esta primavera Iniciou unha nova andaina o club de lectura para adultos. Un grupo de nais e profes compartimos a lectura da obra de Ledicia Costas “UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA”, un libro de relatos curtos e intensos, ambientados na Segunda Guerra Mundial. Rematamos cunha charla-coloquio coa autora. A experiencia foi moi gratificante. Esperamos repetila en anos vindeiros e que cada ano se anime máis xente a compartir as lecturas. EQUIPO DE BIBLIOTECA
  • 35. The world of English is a fun place to be. We learn by singing, dancing, drawing and playing. Here you can see some of the crafts and activities we’ve done this year. We hope you enjoy them! We celebrated St. Valentine’s, St. Patrick’s Day and other festivals too. Check them out in our blog!
  • 36. Cinema was our central topic this year, so some of our activities were about films. Here’s a poster about Charlie and the Chocolate Factory. All pupils from Primary Ed. participated on it. “Freaky” Blue Mango Theatre We went to Pontevedra to watch "Freaky". It was a musical comedy in English about bullying and friendship. We laughed, sang songs and played with the actors and actresses. On Carnival we dressed up as trolls, from the movie “Trolls”
  • 37. Friendship is a very valuable thing, but what’s a friend for you? This is something that we have very clear. In the Christmas Festival we danced Can’t stop the feeling, the soundtrack from the movie Trolls. As you can see in the picture everybody ended up dancing! The pupils in 6º recited the poem Black Shadow, a translation from Negra Sombra by Rosalía de Castro. These are just some examples of how hard we worked this year. If you want to see more please visit our blog, The world of English in www.woebeluso.blogspot.com
  • 38. TITORÍA ENTRE IGUAIS Este curso iniciamos o programa Titoría Entre Iguais (TEI), do que é autor Andrés González Bellido (coordinador do Grupo TEI do ICE da Universidade de Barcelona). Este programa oriéntase a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias. Está dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do centro respecto á convivencia, conflito e violencia (física, emocional ou psicolóxica). O alumnado de 5º de primaria é titor emocional do alumnado de 3º de primaria.
  • 39. EQUIPO DE MEDIACIÓN Somos as mediadoras e os mediadores deste curso: Andrea, Breixo, Eva, Fernando, José, Lucía, Ramón, Raquel, Raúl e Sara. Encargámonos de axudar a resolver os conflitos que ocorren durante o recreo. Por exemplo, se un neno ou unha nena se pelexa con alguén ou non deixa xogar a outros, podemos axudarvos. Podedes atoparnos coa pañoleta verde no patio, na biblioteca… Nós trataremos de resolver escoitando a cada nena ou neno a versión do que pasou e despois os nenos ou nenas que tiveron o conflito deben tratar de atopar unha solución. Ás veces empregaremos o “recuncho de mediación” para tratar de resolver os conflitos e aquí, se se chega a unha solución, nos faremos un selfie coa tablet. “Agardamos non ter moitos casos porque hai que ser bos amigos e amigas”.