Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013

1,510 views

Published on

REVISTA ESCOLAR DO CPI DE PONTECESURES, CURSO 2012/2013

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013

  1. 1. O VOCEIRODOPIÑEIRO MANSOCPI Pontecesures05/2013
  2. 2. Páxina 12012/2013, na memoriaANDRÉS DOBARRO, PROTAGONISTA DO NOSOLIPDUBQuen é ese Andrés Dobarro do que tanto falamos este curso?Que fixo para que merecese que seleccionásemos unha canciónsúa para o lipdub? Cristian e Ricardo de 3º de ESOinvestigaron sobre a súa biografia e resumírona así:Andrés Lapique do Barro naceu en Pontedeume o 1 de outubro do ano 1947 efaleceu en Madrid o 22 de decembro de 1989. Foi un músico galego nosúltimos anos da ditadura franquista. Por se querer adicar ao mundo musical, Andrés pasou a ser aovella negra da familia xa que rompeu a tradición familiar de ser membro da Armada.Aínda que por aqueles tempos na ditadura franquista estiveran prohibidas todas as cancións engalego, o público non dubidou un instante en mostrarlle o seu apoio ao compositor.Pese a todos os éxitos musicais que logrou ter ao longo da súa carreira toda a súa vida foi marcadapola penuria económica pola que pasou cara ao final dos seus días.Os seus maiores éxitos musicais foron:"O Tren","Corpiño xeitoso" e, por último, "San Antón"(estestres éxitos chegaron a ser moi rápido número un nos medios radiofónicos).Tamén actuou en filmes como "En la red de mi canción" acompañado por Concha Velasco.Un dos mellores amigos de Andrés foi Juan Pardo, tamén músico, pero un día por unha pelexa entreambos, romperon a súa boa amizade e seguiron por separado.Como Andrés xa rompera coa compañía discografica RCA, decidiu marchar para México durante tresanos onde sobreviviu traballando de cociñeiro nun local. Aos tres anos da súa ida regresou xarepatriado en 1979.As súas últimas aparicións foron en programas da TVG en 1989. O día 23 de decembro de 1989coñeceuse a noticia da morte de Andrés Dobarro debido a un cancro hepático aos 42 anos de idade.Atrás deixaba unha estela de grandes éxitos e grandes cancións aínda moi coñecidas hoxe en día.Cristian e Ricardo 3ºESOSUMARIO2012/2013 NA MEMORIA, actividades complementarias e extraescolaresdeste curso. PÁXINAS 1-13ARREDOR DE NÓS, artigos nos que o alumnado do CPI é o protagonista.PÁXINAS 14-25ONDE O MUNDO SE CHAMA PONTECESURES, investigamos sobre onoso medio. PÁXINAS 26-35AS MUSAS TAMÉN SENTAN EN PUPITRES, poesías. PÁXINAS 36-40OS ANDEIS DO MAXÍN, relatos. PÁXINAS 41-49VIDAL BOLAÑO: COMEZA A FUNCIÓN, autor do Día das Letras Gale-gas 2013. PÁXINAS 50, 51RISOS E SORRISOS, viñetas humorísticas. PÁXINAS 52-54REVISTA EDITADA POLOENDL DO CPI DE PONTE-CESURES, QUE CONTA COAPOIO ECONÓMICO DADXPL E O CPI DE PONTE-CESURESMAQUETACIÓN: PatriciaAntas Ramos e Suso Ambo-axe GarcíaDENDE O EQUIPO AGRA-DECEMOS A COLABORA-CIÓN DO PROFESORADO ,SEN A CAL ESTE TRABA-LLO NON SE PODERÍA LE-VAR A CABO.
  3. 3. Páxina 22012/2013, na memoriaCorría o mes de outubro e dende o equipo de normalización lingüística do centro marcamos, coma to-dos os anos, a primeira reunión co alumnado que formaba parte del, coa intención de que as actividadespropostas no centro para fomentar o galego non partan sempre do profesorado, senón que todos nos sin-tamos protagonistas deste proceso. Xa o ano anterior algún alumnos/as propuxeran a idea de facer unlipdub no centro, mais non obtivera a aprobación da maioría. Este curso parecía que o interese por levaradiante este proxecto era maior, así que se decidiu consultarlle ao profesorado de todos os niveis educa-tivos que lle parecía a proposta e se estaban tamén decididos a implicarse nela, xunto aos rapaces/as dassúas titorías. A adhesión foi total e o entusiasmo dalgúns/as determinou que o proxecto se puxese enmarcha.Aló polo mes de xaneiro comezamos a barallar varias posibles cancións que servisen de base para a gra-vación e, despois de debatelo, optamos polo célebre tema de Andrés Dobarro, “O tren”. Era coñecido egustaba entre o alumnado de todos os niveis, ademais de que no seu momento supuxera un valente pulonormalizador para o galego, cando as autoridades franquistas entorpecían o seu uso no ámbito cultural een tantos outros. Estaba claro que Dobarro podía adaptarse aos nosos tempos como un exemplo de re-sistencia ante a adversidade, a referencia ao tren vinculaba o proxecto con Pontecesures, unha vila quemedrou arredor das vías férreas, e o ritmo vital da música axudaría a que durante a gravación os partici-pantes se desinhibisen e, cando menos, o pasasen ben.SUBE AO TREN DA LINGUA!, COMO SE FIXOO LIPDUB DO CPI DE PONTECESURES
  4. 4. Páxina 32012/2013, na memoriaTocaba logo trazar o percorrido, idear un guión para vencellar a letra da canción, que non fai referen-cia á lingua, coa intención que tiñamos de promocionar o noso idioma. Surxiu a idea de xogar coa fra-se feita “non debemos perder este tren”, que empregamos cando nos referimos á oportunidade históri-ca que temos en momentos decisivos para sumarnos a un avance social. Así, cada aula do centro podíarepresentar un ámbito de uso lingüístico ao que o galego (polo tanto os seus falantes tamén) debe“subirse”: o medio urbano, as novas tecnoloxías, a música, os xogos, a ciencia, o cine, os medios decomunicación… Seguindo esta proposta distribuímos papeis e posicións e, no mes de marzo, candoremataba a 2ª avaliación, todo estaba disposto para a gravación.Con dous días de ensaios foi suficiente para a gravación final, que se fixo o 22 de marzo. Tras os tra-ballos de edición, adaptación de luz e inclusión do son, que deron o seu traballo, demos a coñecer oresultado na rede na semana da Pascua. A experiencia serviu para amosar que, cando o esforzo colec-tivo se aúna con afán construtivo, as lembranzas sempre son positivas. E neste caso esa sensación deproxecto colectivo é a que fai que lle teñamos agarimo ao resultado final, que o podedes ver en:www.youtube.com/watch?v=dQJowxpVb-4
  5. 5. Páxina 42012/2013, na memoriaAPRENDEMOS DIVERTÍNDONOS ENEDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIADeixámosvos aquí unhas poucas fotos dalgunhas actividadesextraescolares e complementarias que se fixeron ao longo destecurso:Comezamos o curso celebrando o magosto e o samaín:Logo viñeron os Reis e marcharoncargados de cartas...En Valga os de 1º ciclo vimos un Belén cu-rioso:
  6. 6. Páxina 52012/2013, na memoriaA Biblioteca do centro tamén organizouactividades polo Día do Libro:Os de infantil tivemos unhas sesións decontacontos:Os de 6º fomos a piragüismo:Un ano máis continuamos co proxecto“Xogo limpo”No 2º e 3º ciclo tamén nos divertimos coacienciaOs de 2º ciclo descubrimos o Museode Pontevedra
  7. 7. Páxina 62012/2013, na memoriaEste ano todo o centro decidimos disfrazarnos no entroido de pobos e civilizacións, e osresultados foron incribles. Que vos parecen?
  8. 8. Páxina 72012/2013, na memoria
  9. 9. Páxina 82012/2013, na memoria
  10. 10. Páxina 92012/2013, na memoria
  11. 11. Páxina 102012/2013 , na memoriaIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGOUn ano máis sumámonos dende o noso centro a esta efeméride que promove a Coor-dinadora de Equipos de Normalización Lingüística xunto a outros colectivos pe-dagóxicos da área científica. Neste curso a celebración foi o martes 6 de novembro,baixo o lema: “A tecnoloxía fala galego”, centrándose ademais na divulgación dolegado dos científicos Leonardo da Vinci e Ramón Verea. Ademais, dende a Coor-dinadora organizouse unha videoconferencia na que destacados investigadores gale-gos da Universida-de de Santiago deCompostela desti-nados en distintasUniversidades domundo divulgarontemas de interesecurricular para onoso alumnado efalaron sobre osproxectos científi-cos que desenvol-ven na actualidade.En particular, Car-los Salgado (Departamento de Física de Partículas Instituto Galego de Física e AltasEnerxías) e Abraham Gallás (Investigador Ramón y Cajal do Departamento de Físi-ca de Partículas da USC) falaron sobre os experimentos do LHC no CERN, ondelevan máis de dous anos de toma de datos. Neste proxecto internacional traballanfísicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilin-güe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto nocontexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballoscientíficos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científi-ca.Nesta videoconferencia estes investigadores espallados polo mundo que participannos experimentos do LHC contáronnos a súa experiencia científica.
  12. 12. Páxina 112012/2013 , na memoriaNADAL 2012Aínda que non co-memos as uvasaquí, si celebra-mos outra volta achegada do Nadal.Dende o Equipode Normalizacióneste ano mantive-mos a actividadedos Cantos de Reispolas aulas. Oalumnado da ESOvolveu coller osinstrumentos, afi-nou as cordas vo-cais e ensaioudous cantos ben diferentes entre si pero igual de divertidos para festexar polas aulasdo centro o final do primeiro trimestre. Esteano escollemos unha canción do XabarínClub, “Animal Nadal”, e outra do grupo Mal-vela, “Os reises do Quiquiriquí”, para a actua-ción. Disfrazámonos de distintos animais: ga-liñas, galos, vacas, cans e incluso alieníxenas,e puxemos as gorxas á obra. Na foto de arri-ba podedes vernos en plena acción.Pero non quedou aí a cousa… A profe Patri-cia tivo a idea de facer este ano unha árborepara decorar o centro na que se reutilizasenCD en desuso, así que puxémonos en todas asaulas ao traballo de decoralos e incluír frasesou palabras que expresasen unha idea relacio-nada coa chegada do novo ano. Na foto vedescomo quedou finalmente
  13. 13. Páxina 122012/2013 , na memoriaEXCURSIÓN ACANTABRIA, 2º ESOO martes 2 de abril un grupo de 16 rapaces/as do CPI de Pontecesures xunto a outros 12do IES de Valga saímos de excursión aCantabria. A vila pesqueira de Cudillero foi anosa primeira parada. Alí puidemos admirara beleza da disposición das casasencaramadas na ladeira dunha montaña queremataba no mar. O porto pesqueiro, as coresdas fachadas, as tendas turísticas das rúas...fan de Cudillero un enclave que merece apena visitar. Logo dirixímonos ao Santuariode Covadonga, onde fixemos unha foto degrupo a carón dunha fermosa fervenza.Rematamos o día instalándonos no albergueMax de Entrambasaguas, ás portas dos Picosde Europa. As instalacións eran aceptablespero o que nos chamou a atención era a horada cea: ás 20 hs!, o que nos facía levantarnospola noite a comer lambetadas.Ao día seguinte tocaba visitar o lugar máisesperado da excursión: o Parque Natural deCabárceno, onde vimos moitas especies deanimais salvaxes, algún deles en posturas unpouco comprometedoras, quizais demasiadoíntimas... Chamounos a atención a extensiónde terreo que tiña cada grupo de animais conrespecto a un zoo clásico. Sirva comoexemplo que os elefantes dispuñan de 25hectáreas. Pola tarde visitamos Santander,onde tivemos un tempo libre para percorrer acidade e tamén a Isla de la Magdalena, naque había leóns mariños, focas e pingüíns.Pola noite, viñeron uns rapaces canarios aosque lles chamaba a atención que nósfalásemos en galego: como se fósemosdoutro planeta!O xoves foi un día dedicado a visitar amontaña cántabra: o teleférico de Fuente De,o santuario de Santo Toribio de Liébana e avila turística de Potes. Nunca viramos tantaneve, polo que a experiencia foi incrible.O último día suspendeuse a visita as covas deEl Soplao, debido a que nevaba demasiado eera perigoso. Finalmente regresamos contristeza e coa sensación de que a excursión sefixera demasiado curta. Quen nos dera repetire, a ser posible, cos mesmos compañeiros/asde Valga cos que fixemos moita amizade.Alumnado de 2º ESOCurso 2012/2013
  14. 14. Páxina 132012/2013 , na memoriaANDORRA 2013O día 2 de febreiro ás 23.00 comezou a nosaintrépida aventura. Reunímonos todos naentrada do colexio para esperar o autobúsque nos levaría a Andorra. Esperamosansiosos a súa chegada para coñecer por finaos nosos compañeiros de viaxe. Connoscoviñan os colexios de Barrantes e Meaño. Nóseramos o grupo menos numeroso, tan só dez,pero iso non trouxo ningún problema.Durante o traxecto de ida fómonoscoñecendo mellor. Unha vez aláasignáronnos as nosas habitacións e os nososequipos de esquí.Ás 7:00 soaba o espertador que nosanunciaba o comezo doutro marabilloso día.Logo de almorzar, o autobús levábanos áspistas, onde máis dun caía aparatosamente.Despois de recibir as clases de esquí,comiamos no restaurante de alí. Candorematabamos tiñamos unhas horas de esquílibre, e ás 18:00 regresabamos ao hotel, onde,logo dunha ducha, nos adicabamos apercorrer as habitacións dos nososcompañeiros/as para coñecernos mellor...O xoves foi o único día que non puidemossubir ás pistas porque estaba caendo unha dasmaiores nevaradas que se recordaban enAndorra nos últimos trinta anos. Estepequeno contratempo non nos impediudivertirnos, xa que estivemos pelexando coaneve e facendo concursos de bonecos deneve entre os tres colexios que participamosna actividade.Este mesmo día, á tardiña, fomos a Caldea.Alí relaxámonos nas piscinas exteriores á luzdas estrelas e máis dun saíu enrugado dasauna. Sen dúbida este foi un dos melloreslugares nos que estivemos.O venres á noite tivemos que devolver osnosos equipos de esquí e despedirnos dosnosos apartamentos (aos que lles collemosmoito cariño, sobre todo ao microondas...)Collemos o autobús e emprendemos ocamiño de regreso facendo paradas puntuais.Cando estabamos chegando, comezaron abrotar as primeiras bágoas e, unha vez enPontecesures, todos rompemos a chorar nadespedida. Fixemos unha foto no colexiocomo último recordo e dixémoslles adeus aosnosos compañeiros/as con bágoas nos ollos.Sen dúbida foi a mellor excursión quetivemos dende que estamos no CPI e que nosserá imposible esquecer, xa que foi unhasemana incrible con persoas impresionantesás que non poderemos esquecer e coas queseguimos en contacto a día de hoxe.Finalmente, queremos dedicarlle esta crónicaaos nosos amigos de Meaño e Barrantes aosque non esqueceremos xamais. Tamén lleagradecemos a Felipe o esforzo realizadopara levar a cabo esta actividade.Podes consultar a memoria da actividade asícomo moitas fotos se premes no enlace:www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/index.php?cod=121805Alumnado de 3º ESO
  15. 15. Páxina 14arredor de nósOS NENOS/AS DE TRES ANOS TRABALLAMOS O TEMA DOS ALIMENTOS E UN DÍAPREPARAMOS UNHA MACEDONIA DE FROITAS NA CLASE
  16. 16. Páxina 15arredor de nósELABORACIÓN:TODOS AXUDAMOS A PARTIR A FROITA EN CACHIÑOS. FIXEMOS ZUME DELARANXA E BOTÁMOSLLO ÁS FROITAS CO AZUCRE. TODOS PROBAMOSUN POUQUIÑO, MESMO OS QUE SOMOS MÁIS REMISOS A PROBAR SABO-RES NOVOS.FOI UNHA EXPERIENCIA MOI POSITIVA QUE VOLVEREMOS RE-PETIR
  17. 17. Páxina 16arredor de nósOS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS“VIAXAMOS” POR DIFERENTES CIDADES DE ES-PAÑA. CANDO CHEGAMOS A BARCELONAQUIXEMOS PROBAR O SEU PRATO TÍPICO: O PANTUMACA. ASÍ QUE NOS PUXEMOS MANS A OBRA.
  18. 18. Páxina 17arredor de nós
  19. 19. Páxina 18arredor de nósOS ALUMNOS DE 5 ANOS ANDAMOS VIAXANDO POLO MUNDO ADIANTE; COÑE-CENDO DIFERENTES PAÍSES, OS DIFERENTES COSTUMES, OS SEUS MONUMENTOS, ASÚA ARTE, A SÚA MÚSICA… E TAMÉN A SÚA COMIDA.PERCORREMOS OS CINCO CONTINENTES, E EN AMÉRICA DO NORTE, VIAXAMOSA EE.UU. NA MESMA CIDADE DE NOVA IORK DECIDIMOS PROBAR UNHA SOBREMESAMOI GALDRUMEIRA: OS BROWNIES.MANS Á MASA!RECEITA:1 FUNDIMOS O CHOCOLATE2 ESCACHAMOS OS OVOS3 PESAMOS O AZUCRE
  20. 20. Páxina 19arredor de nós4 BOTÁMOSLLE O LEITE: 5 E REMEXEMOS TODO...6 ENGADIMOS O CHOCOLATE FUNDIDO“BATE QUE BATE O CHOCOLATEEEEEE…”7 PESAMOS A FA-RIÑA8 BOTÁMOSLLE A LEVADURA9 E DE NOVO A REMEXER 10 VERTEMOS TODO NO MOLDEE 5 MINUTIÑOS AO MICROONDASE A COMEEERRRRRR
  21. 21. Páxina 20arredor de nósOs nenos e nenas de 4º B de E.P aproveitamos a celebración das Letras Galegas deste anopara amosarvos na revista escolar una experiencia de aula relacionada coa ciencia. Decoma unha semente se tranforma nunha planta que dá un froito que contén sementes….Fixemos unha animación fotográfica do proceso. Se queres vela, preme no enlace:http://animoto.com/play/y61LTGbEuGCbs2usW08DBw
  22. 22. Páxina 21arredor de nósQUERES SABER ALGO MÁIS SOBRE 5º B?.Que o colexio é algo máis que ler, escribir, multiplicar ou dividir non é nada novo.No colexio ante todo hai persoas; persoas con desexos, con inquedanzas, con vidas efamilias moi diversas, con personalidades e caracteres diferentes.No colexio os nenos aprenden a convivir, a relacionarse, fan amizades, teñen conflitos quedeben aprender a resolver. Aprenden a negociar, a respectar as distintas opinións, a loitarpara acadar as súas metas, a xogar. Tamén a expresar emocións, a saber escoitar, a opinar, aamosar os seus puntos de vista. O colexio tamén é un bo lugar para aprender a asimilar ospequenos “golpes”, a recompoñerse e seguir adiante.O que pretendo con estas verbas non é máis que humanizar a figura do alumno e mesmo dosdemais membros da comunidade educatica.A través destas imaxes e deste vídeo (poderédelover na edición dixital) gustaríame poñerlle cara aese alumnado, que ás veces semella ser tan só unconxunto de cifras e cualificacións nun papel,pero que é, sen dúbida, moito máis.Para intentar achegar aos lectores o que pode ser a“vida” dentro dunha aula de primaria,ocorréuseme coller o teléfono móbil, acender acámara e que cada un dos alumnos de 5ºB sepresentasen e me contasen un chisquiño deles, senmáis pretensións.Non quixen que fose algo guionizado, ninpreparado de antemán. Aviseinos un pouco antes,
  23. 23. Páxina 22arredor de nóssen tempo para artificios de máis. Eles mesmos sedistribuíron en grupos, segundo afinidade ou gustos.Simplemente lles organicei minimamente o espazo eanimeinos a falar. Só se fixo unha vez, porque a idea eraprecisamente esa; que fose espontáneo, sen cortes, senrepeticións, incluso con fallos ou risos, coa cámara domóbil cambiando de man, como podería telo visto calquerapersoa “in situ”.Loxicamente, estaban un tanto “cortados” ante tal proposta,sen saber moi ben o que sairía e coa intimidación de terunha “cámara” diante.Desta vez nonquixemos participarna revista con traballos de clase, nin con actividadesextraescolares, nin recordando algunha efeméride.Quixen amosar aos nenos de “carne e óso”, tal ecomo son e tal ecomo se ven elesmesmos.Espero que estapequenagravación senpretensións,consiga achegarao lector ao día a día dos alumnos de primaria.Disfrutade deles!Fran, titor de 5º BPREME NA LIGAZÓN E NÓSMESMOS CHO CONTAMOS:www.youtube.com/watch?v=HzYnjkCOlRA&feature=youtu.be
  24. 24. Páxina 23arredor de nós2ºA OS MELLORES DO MUNDOMUNDIALGÚSTANOS:A UXÍO ir a natación e nadar cara atrás, rímonos moito con el.CARMEN quere ser mestra de matemáticas e no seu tempo libre xoga ao baloncesto.ADRIANA bailando ballet é como mellor o pasa e xogando coas súas bonecas.
  25. 25. Páxina 24arredor de nósMARI CARMEN ten moitas amigas e con elas é moi boa.MATEO ten unha irmá moi guapiña “Martina” pero prefire estar no parque.BRAIS F. é feliz comendo salchichas e hamburguesas mentres ve a tele.AINHOA métese coas súas irmás (Pati e Ligia) porque elas fana rabear.XOANA quere moito á súa prima Matilda e encántalle estar con ela.A ELIANA gustaríalle ir patinar tódolos días e xogar máis co seu irmán Saúl.HUGO tamén está contento xogando coa súa irmá Alba e vendo a tele.BRAIS C. quere ser veterinario para coidar do seu can Soni.RAÚL gústalle xogar ao fútbol, ás veces é porteiro, métenlle goles.
  26. 26. Páxina 25arredor de nósÁNXELA vai ser pintora, gústalle xogar ao “pillapilla” con Uxía.IAGO é moi boiño, ten moitos amigos e todos o pasan moi ben con el.MARTÍN morre polo fútbol e quere moitísimo ás súas vaquiñas.SOMOS OS SUPERNENOS E SUPERNENASDE 2º A PONTECESURES
  27. 27. Páxina 26onde o mundo se chama PontecesuresUN OFICIO CON MOITA TRADICIÓNChámome Verena Vieites Fernandes. A miña familia dedícase á venda de churros na churrer-ía "LA CESUREÑA", dende hai catro xeracións, cando comezou a miña tataravoa Luísa.Ela, á parte de ser a pioneira na miña familia, tamén o foi en Pontecesures e arredores.Houbo épocas mellores, pero agora coa crise e co explotado que está o negocio xa non segaña tanto coma antes.Na actualidade nós vendemos por mercados e romarías en: Vilagarcía, A Estrada, Melide,Padrón, Caldas, Forcarei, Lalín, etc. Traballamos os luns, martes, mércores, sábados e do-mingos. Tamén, algún xoves e venres que nos cadre. Acostumamos traballar dez horasaproximadamente.Tárdase sobre vinte minutos en montar un posto de churros.Para preparar a masa, o primeiro que hai que facer é quentar a fariña (se vai frío) senón nonfai falla. Mentres peneiras a fariña, pos a ferver a auga e bótaslle un cacharriño de sal. Des-pois, cando a auga fer-va, bótaslle a fariña ecoa pa, amasas. Logo amasa métela no moldee vas cortando os chu-rros (o aceite ten queestar ben quente,senón saen aceitados)e, cando estean bentorradiños, bótanse nabandexa. Así xa estánlistos para a venda.Ademais dos churrosnormais, tamén se ven-den churros de choco-late, porras de crema eroscas.Á miña avoa, actualxefa, gústalle moito ooficio porque lle en-canta tratar coa xente, coñecer novos sitios e ata lle gustan os madrugóns que se ten que pe-gar. A min en cambio non me agrada nada porque hai que levantarse moi cedo, e é un traba-llo moi duro para calquera rapaz.Verena Vieites Fernandes2º de ESO Curso 2012/2013
  28. 28. Páxina 27onde o mundo se chama PontecesuresA FEIRA DOAUTOMÓBILNo ano 1925, un grupo de amigos eveciños de Pontecesures comezaron apensar na idea de levar a cabo unhafeira do automóbil.Esta idea naceu porque nas feiras decabalos que daquela se celebrabanpola zona, no medio dos animais,expoñíase algún vehículo para a súavenda. Daquela, se había feiras decabalos, que eran o medio detransporte da época, por que nonpodía haber feiras de automóbiles,que xa comezaban a verse nasestradas?Con este pensamento os señoresEugenioEscuredo eSalvador Sierraviaxaron a Alemaña, ondese celebraba unha feira doautomóbil. Cando regresaron,informaron aos seus compañeiros doque viran e puxéronse a traballar.Durante 3 días a feira recibiu máis de10.000 visitas. Había expostos 598vehículos e o valor do materialsuperaba os 5 millóns de pesetas daépoca.Como tivo tanto éxito, a feiracelebrouse de novo en 1926.O responsable de celebrar a Feira DoAutomóbil na actualidade é AntonioFerro, o presidente da Asociación.Alba, Ángela, Aharón, Borja, Jacoboe Iria.1º ESO CURSO 2012/2013O Coche de PedraO Coche de PedraO coche de Pedra é un monumento situado na rúaSan Lois, en Pontecesures. Inaugurouse no 1985 enconmemoración da I Feira do Automóbil celebradaen España, que tivo lugar neste pequeno concello odía 27 de Xuño de 1925. O monumento é unha répli-ca do primeiro coche que circulou por Galicia coamatrícula PO-2. Nel aparecen reflectidos os nomesde todas as persoas que contribuíron á celebracióndaquela feira. Dous deles foron Carlos Maside, ofamoso pintor, e o escritor Castelao. O actual cocheé de pedra, pero o monumento orixinal era diferente.Fíxose unha reconstrución en pedra para poder con-servalo mellor e para que non se deteriorase.Ligia, José Jaime, Claudia e Micaela, 1º ESO
  29. 29. Páxina 28onde o mundo se chama PontecesuresENTREVISTAA D. ANTONIO FERRO,RESPONSABLE DA ORGANIZACIÓN DA FEIRA DOAUTOMÓBILANTIGO E DE OCASIÓN DE PONTECESURESO día 11 de abril contamos coaoportunidade de conversar no nosocentro con D. Antonio Ferro, a per-soa que se responsabiliza da organi-zación desta feira nos últimos anos,un labor que require tempo e esforzopero que tamén esperta o entusiasmode quen, a pesar das dificultadesdestes tempos de austeridade, aíndanon perdeu a motivación necesariapara que esta celebración xa clásicaen Pontecesures siga adiante.1. Dende cando é vostede o organizador da Feira do automóbil e cales fo-ron as motivacións que o levaron a poñerse á fronte deste evento?Pois levo xa nisto sete anos. Todo partiu da miña afección por coleccionar motos antigas. Através dese interese meu, entrei en contacto con outras persoas da vila e de fóra dela coasmesmas inquietudes. Por iso, un ano xurdiu a idea, falando entre nós, de rescatar aquelas an-tigas feiras do automóbil tan nomeadas que se fixeran en Pontecesures.2. Cal das feiras garda con mellor recordo?Pois quizais a primeira, porque ten un valor sentimental e simbólico, polo esforzo que su-puxo e a motivación que tiñamos todos en levala adiante. Non me refiro a que tivese máiséxito comercial ou actividades máis destacadas, senón polo entusiasmo que espertou en nós.Tamén foi cando se fixo a réplica do monumento do automóbilDe todas formas convén lembrar que nós quixemos homenaxear aquela serie das catro feirasiniciais (1925,1926,1950 e 1954), que tiveran tanto éxito de público. Daquela tede en contaque Renfe poñía trens especiais dende Vigo e A Coruña para a Feira do Automóbil de Ponte-cesures. Nalgún xornal da época chégase a falar de 100.000 visitantes nalgunha delas, qui-zais esaxeradamente, pero en todo caso si que conseguiran converter isto nun evento moi im-portante para un concello que acababa de crearse, porque antes de 1925 Pontecesures aíndapertencía a Valga.
  30. 30. Páxina 29onde o mundo se chama Pontecesures3. Por que tivo tanta repercusión esta feira, logo?Porque decatádevos de que daquela, en 1925, circulaban moi poucos coches aínda. Quizaispodía pasar pola estrada xeral un pola mañá e outro pola noite. Imaxinade o que foi para axente da época ver aparcados 400 ou 500 coches no peirao de Pontecesures4.Canto custa organizar a feira e conta co apoio económico dalgún organismooficial ou privado?A deste ano ten un custo moi baixo. A nosa previsión inicial era levala a cabo en maio,coma sempre, e que se situase na zona do porto de Pontecesures, como era tradicional. Peroeste ano había que reducir moito o orzamento e montala alí supoñía contratar unha carpa,que encarece moito, ademais de pagarlle á Autoridade Portuaria unha taxa similar á que noscobrou o ano pasado simplemente por utilizar uns terreos que son da súa xurisdición (1907euros), cantidade que nos pareceu desorbitada. Por iso decidimos celebrala nos terreos dorecinto escolar e no pavillón de deportes, para evitar estes gastos. O que máis vai custar esteano son os anuncios da feira en revistas especializadas.En canto a apoios económicos, contamos de momento só co Concello de Pontecesures.Tamén lle solicitamos a La Caixa a súa colaboración, pero aínda non está confirmada. Logohai a colaboración persoal de moitos particulares que axudan na organización do evento.5. Que ten que facer para conseguir que traian tantos vehículos antigos?Simplemente contactar coas persoas que teñen eses vehículos, con asociacións vinculadascon este mundo e convencelos para que participen, ben para expoñelos ou ben paravendelos.6. Que actividades vai haber este ano?Vai haber vehículos aparcados no recinto escolar e no pavillón estarán os recambios,accesorios e produtos á venda. Tamén uns paneis que explican a historia da feira.Pois moitas grazas por concedernos esta entrevista e desexámoslle que estafeira sexa un éxito.Grazas a vós por interesarvos por esta celebración.Iván, Álvaro, Jennifer, David García1º ESO, Curso 2012/2013
  31. 31. Páxina 30onde o mundo se chama PontecesuresO RÍO ULLAO río Ulla nace en Olveda (Antas de Ulla).Ten unha extensión de cunca de 2764 quiló-metros cadradros. É a segunda máis impor-tante de Galicia despois da do Miño. Desem-boca na ría de Arousa e percorre as provin-cias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Esterío só ten un encoro: o de Portodemouros,construído no ano 1967. Atópase entre osconce-llos de Arzúa e Vila de Cruces, ade-mais de asolagar terras dos concellos de San-tiso e Agolada.Entre os espazos naturais de maior interesepaisaxístico, están as chamadas Torrentes deMácara (no concello lugués de Palas de Rei),un tramo do río formado por moitas ferven-zas, pozas e rápidos nos que se celebra anual-mente un campionato ibérico de kaiak extre-mo e que forman un conxunto de grande be-leza.Ademais, ao longo do seu curso podemos go-zar de moitas praias fluviais como a de A-gronovo (situada no concello de Vedra), ou ade Vilarello (situada en Catoira).A parte destas praias, tamén é necesario des-tacar algún outro tramo do río, como as pes-queiras de Herbón, que están situadas no con-cello de Padrón. Estas pesqueiras, foron unsistema de pesca ideado polos romanos paraatrapar aqueles peixes que quedaban nas re-des .Actualmente aínda se seguen utilizando paraa pesca da lamprea.
  32. 32. Páxina 31onde o mundo se chama PontecesuresNo río Ulla pódense practicar algúnsdeportes de especial interese. O máisdestacado é o piragüismo. Hai un clubsituado en Pontecesures e outro no concellode Catoira.En canto ás especies de flora que nosatopamos nas beiras do río, debemosmencionar en primeiro lugar as árbores queforman o bosque de ribeira: ameneiros,salgueiros, freixos e carballos. No tramo finaldo río, preto da desembocadura, destacamoso carrizal, como o que hai no concello deDodro. A vexetación do carrizal é variada: aespadana amarela, o fento real...Polo que respecta á fauna, as aves máiscomúns destas zonas son: os corvos mariños,gaivotas, rascóns, ánades reais, galiñas derío, garzas reais, garzotas comúns... Entre asaves de rapina, os máis abundantes son osmiñatos, xunto aos azores e os gabiáns.Tamén hai pegas, carrizos, lavandeiras,merlos acuáticos, martiños peixeiros,papuxas das amoras, etc... Estas variedadesde aves, fan do río un paraíso para os seusobservadores.Por suposto tamén hai anfibios como: oslimpafontes, as salamántigas, as ras, os sapose as serpes de auga.Tamén hai especies en perigo de extinciónpor culpa da contaminación, como a náiadeou mexillón de río, un molusco cunha formasemellante ao dun mexillón ou a unha grandeameixa de mar. Ademais, a toupa de río, unpequeno mamífero semiacuático que habitanas ribeiras e regatos do curso alto, taménestá en perigo.O río Ulla actualmente está contaminadopola acción de moitas empresas e antigasexplotacións mineiras a ceu aberto que vertenresiduos nos seus afluentes. Pero non só secontaminan as augas polos residuos dasindustrias, senón tamén polas augas “sucias”que proveñen das nosas casas.No río hai varias especies invasoras quealteran o ecosistema, por exemplo: oseucaliptos, especies de árbores típicas deAustralia que se adaptaron moi ben ao nosoecosistema húmido, o que fai que crezan moirápido e as robinias, árbore coas follas de corverde amarelentas .Hai un proxecto que se chama Margal Ulla,que consiste en mellorar o contorno sen seralteado polo home, para que así as especiesque habitan nel poidan levar unha mellorvida. Podedes consultar máis sobre esteproxecto no enderezo:http://margalulla.xunta.es/esSofía , Lorena, Raquel, Manuel, DavidBernal, Fernando, Xenxo1º ESO, Curso 2012/2013
  33. 33. Páxina 32onde o mundo se chama PontecesuresCOÑECEMOS O CAMIÑODurante o primeiro trimestre deste curso os nenos e nenas de 4ºA estivemos traballando eaprendendo máis cousas sobre o Camiño de Santiago e, sobre todo, do Camiño Portuguésque é o que pasa polo noso concello.O primeiro que fixemos foi ler información sobre distintos aspectos do Camiño de Santiago:orixes históricas, os distintos camiños a Santiago, a vestimenta do peregrino medieval e ac-tual e os símbolos e sinais do camiño. Logo afondamos na información máis concreta do Ca-miño Portugués: as etapas deste camiño, lendas relacionadas co apóstolo Santiago, outraslendas do camiño e rematamos coa gastronomía do camiño portugués.Nas clase de plástica fixemos dous murais, un dun peregrino medieval e outro dun actual.Fomos de visita ao albergue de peregrinos de Pontecesures, onde nos puxeron o primeiro se-lo na nosa credencial:
  34. 34. Páxina 33onde o mundo se chama PontecesuresTamén fixemos un tramo do camiño andando: Dende Pontecesures a Padrón. Alí vimos oPedrón na Igrexa de Santiago. Incluso tivemos forzas para volver ata Pontecesures taménandando.Na biblioteca, un técnico do Xacobeo deunos máis información e proxectáronnos un vídeosobre o camiño.Finalmente fixemos o camiño portugués de forma virtual, é dicir, fixemos as 6 etapas que haidende Tui ata Santiago. Para conseguir selar a credencial tiñamos que ir superando unha fi-cha por cada unha das etapas (algunhas eran fáciles, pero outras non o foron tanto). Ao con-seguir selar a credencial en todas as etapas conseguimos a nosa Compostela, que é o diplomaque lle dan aos peregrinos que fan o camiño.Agora, se queres, podes entreterte un pouco facendo a seguinte proba:Busca na sopa de letras 8 partes da vestimenta do peregrino medieval.................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................Consulta o noso traballo no seguinte enderezo:www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/index.php?cod=121804Tamén podes ver o seguinte vídeo no enlace:www.youtube.com/watch?v=l9KNKBeCxuQAlumnado de 4º A de PrimariaE S P O R T A S C IN S O B D Q R Z A UM O C I L G B R B MR M A L F O R X A ST B N M A L E S Z UU R I C A V B N A OO E T O T H I D Ñ FV I E I R A P N V LD R Ñ T U N I C A DB O R D O N H S U C Solucións:Alforxa,bordón,cabaza,esclavina,esporta,sombreiro,túnicaevieira.
  35. 35. Páxina 34onde o mundo se chama PontecesuresOS CLUBS DEPORTIVOS DE PONTECESURESC.B. RÍO ULLAFoi creado por uns Mestres do colexio CPI Pontecesures: Manuel Amoe-do e Xosé Ramón Martínez, na tempada 1985-1986. Neses principios oclub trasladouse durante catro anos a Padrón. Tras quince anos de vida,no 2001, o C.B. Cesures e o C.B. Valga uníronse para facer un equipomáis sólido e con máis medios.Actualmente, o club conta con máis de 100 xogadores federados, 9 equi-pos e 7 adestradores.Ten arredor dos 150 socios, entre eles Andrés Quintá, presidente do Extrugasa, que colaboraco club C.B. Río Ulla. Entre estes socios taménse encontran moitos dos pais e nais dos xogado-res/as, entre eles a súa presidenta Mónica Espa-das, que colaboran en gran medida para queeste proxecto se faga realidade ano tras ano.Por último, facemos unha mención especial aunha destas persoas que comezou co traballodesde o principio e fai posible que este club si-ga cara a adiante, “Fruqui”, que comezou comoxogador, logo como adestrador e finalmentecomo peza clave da directiva.ULLA C.F.Este club de fútbol comeza unha nova etapa no ano 2012 grazas ao esforzodun grupo de pais e nais de Pontecesures que na súa maioría tamén forman adirectiva deste club e que fixeron posible que os nenos/as e veteranos da vilateñan a posibilidade de practicar o seu deporte preferido, o fútbol. Entre elesestá o seu presidente Ricardo Somoza “Richard”.Este club ten a súa sede na cima do histórico barrio do Porto, en Pontecesures,e alí mesmo está situado o campo de herba sintética chamado “ Ramón Dié-guez”, onde se celebran durante a semana os numerosos adestramentos e a fin de semana asdiferentes competicións.O club conta con numerosas categoríasinferiores que compiten nas categorías dePre-Benxamín, Benxamín A e B , Alevín,Infantil e Cadete, que fan posible que de-cenas de rapaces de Pontecesures practi-quen deporte. O club tamén conta cunequipo federado de veteranos que compitena máxima categoría.
  36. 36. Páxina 35onde o mundo se chama PontecesuresCLUB NÁUTICO PONTECESURESEste club é tamén un histórico desta vila que ten moitas historias e conseguiuos logros deportivos máis importantes desta vila no deporte do piragüismo.O presidente deste club que fai posible todo isto é Ángel Barreiro que fai ungran labor neste mítico club náutico xunto a diversos adestradores como po-de ser Javier Bouzas.Este presidente e os diversos adestradores levan moitos rapaces da vila dePontecesures e de vilas e ciudades dos arredores. Incluso moitos destes rapa-ces deste club náuticopasan a formarse máisprofesionalmente no piragüismo no Cen-tro de Alta Tecnificación de Pontevedra.Os rapaces que forman parte do club sonde moitas categorías (infantil,cadete, xu-venil …) teñen diversas actividades eparticipan en moitos campionatos impor-tantes como: probas do calendario galegoe español como regatas copa de España,Campionato de España de pista, Mara-tóns,Travesías, Ascensos e Descensos daCopa de España.OS CLUBS NO CPI DE PONTECESURESO labor destes tres clubs a nivel educativo e formati-vo é moi importante dentro do concello de Pontece-sures e arredores xa que lles facilita aos nenos/as aposibilidade de practicar diferentes actividades físi-cas que axudan á súa formación física e tamén á súaformación como persoas.Dende o colexio téntase dirixir aos rapaces cara a es-tas propostas deportivas e colaborar o máximo posi-ble con estes clubs, realizando diferentes actividadesdentro e fóra do colexio como poden ser: xornadas deiniciación ao piragüismo no club náutico de Pontece-sures, campionatos e torneos de baloncesto e fútbol sala a nivel centro para promocionar apráctica destes principais deportes locais.Traballo realizado polos mestres e alumnos/as de 5ºA
  37. 37. Páxina 36as musas tamén sentan en pupitresOs alumnos de terceiro Ade primaria ao longo docurso elaboraron unha se-rie de poesías.
  38. 38. Páxina 37as musas tamén sentan en pupitres
  39. 39. Páxina 38as musas tamén sentan en pupitresO AMORO amor é belo,o amor é triste,e ao ser belo e tristeo amor existe.A min gústame o amor,pode que a ti taméne fará moito calorse os dous temos ilusión.(Estela)O AMIGO XOÁNDebuxo un gato na areaá beiriña do mar.a onda xigante alcánzao,o gato ri e rasca a panza.No patio xogo, xogoe pásoo moi bencos meus amigos divírto-mee eles tamén.(Luismi)NO PATIONo patio do colexioxogo coa miña amiga,xogo todo o tempoe fágolle cosquillas.Animo ao meu primocando xoga un partidosempre acaba gañandoé o mellor do equipo.(Noelani)O COLEXIONo patio xogo, xogo,encántame o balónata que me cansoe vou para a casa.En Informática xogodivírtome un montón,co meu ordenadorson un campeón.(Borja)O FÚTBOLNo fútbol se gañae se perdenós gañamoscontra o Conxo.Perdemos na casae non temos copas,hai que xogar limpoe non enfadarse.(Ángel)A ESCOLAEu vou á escolae sempre o paso divertidoxogo cos meus amigoseso está sabido.Pola tarde como,fago os deberes,vexo a telee vou para os xoguetes.(María)O COLEO cole é o meulugar favorito,nel podo aprendere é divertido.Fago contase escribo moitocos meus amigos xogoe ríome sempre.(Amélie)A BOLBORETAA bolboretavoa e voasen deixar rastrocoas súas ás voaA bolboretasobe e sobeata chegará primeira nube.(Icíar)DONA XOANIÑADona xoaniñafoi ao pradoentretívose moitoe esqueceu o recado.A pobre xoaniñamarchou a voarcontenta quedoue volveu ao seu fogar.(Rubén)UN BICHIÑOAquí hai un bichiñoalongadiño e grandón,vive nunha colco seu amigo caracol.Os dous xoganmoi ben xuntosaxúdanse como insectosmoi amiguiños.(Samuel)XOANIÑAXoaniña, xoaniñaven aquíteño unha sorpresapara ti.Teño un vermiñoque che vou ensinarun vermiño para tique che vai gustar.( Nerea)O MEU ORDENADORNo meu ordenadorxogo ao tren.xogo, xogo e xogoe o fago moi ben.Eu xa sei xogarporque aprendínen informáticaxunto a un xardín.(Cristina)A ESCOLAEu veño ao colexiotodos os días,traio a merendaque marabilla!Somos quince na clasenove nenas e seis nenos,pero cando soa o timbrexogamos todos xuntos.(Carla)XOANIÑAHabía unha vezunha xoaniñaque se chamabaMaruxiña.Era moi bonitaaquela xoaniñaera tan pequeniñaesa xoaniña.(Julián)VERÁNUn día de veráncasan dous tabáns.María e Xoáncasan en Tatabán.Teñen seis padriñospara cinco fillosmoi espabiladose tamén moi listos.(Paula)
  40. 40. Páxina 39as musas tamén sentan en pupitres
  41. 41. Páxina 40as musas tamén sentan en pupitres
  42. 42. páxina 41os andeis do maxínXOCAS E OPENDENTE DEFREDDY KRUEGERFreddy Krueger estaba en paro e necesitabatraballo. Dende que as súas películas nontiñan éxito, non tiña nin para comer.Camiñando pola rúa caviloso, fixouse nunpequeno anuncio que había no taboleiro darúa Deputación, nunha pequena vila chamadaPontecesures. Entre as ofertas fixouse nunhaque pedía un xardineiro con experiencia parao concello. Esa mesma mañá acudiu ásoficinas de emprego municipais. Cando afuncionaria o viu, sorriu con satisfacción.- Por fin me van agradecer algo os do grupode goberno. Ti es a persoa que estabamosbuscando. Non temos nin un peso paracomprar as tesoiras de podar e ti xa as traesincorporadas. Quedas contratado!Freddy sorprendeuse do fácil que foraconseguir o traballo. Non estaba mal, peroaos tres días xa lle parecía aburrido. Decidiuno tempo libre ir xogar ao 3×3 cos rapaces.Eles aceptárono porque non tiñan porteiro.Na primeira parada xa pinchou o balón, asíque decidiu facer o seguinte saque cunhapedra que había alí, coa mala sorte que lledeu a un rapaz na cabeza. Freddy foi a todaprésa, colleuno e levouno aínda inconscienteao centro de saúde. Alí puxéronlle unhavenda, e, despois dun anaco, recobrou ocoñecemento. Freddy desculpouse epreguntoulle se quería ir a Padrón. Alí habíafesta, pois era Pascua e había atraccións. Orapaz aceptou, así que colleron o primeiroautobús que levaba a Padrón. Candochegaron, Freddy non se decatara de que nonsabía o nome do rapaz. Preguntoullo e oneno, sorrindo, contestoulle que Xocas. AXocas gustáballe moito xogar na tómbola, asíque decidiron probar fortuna. O que gañase,tocáballe unha minimoto, pero eles nontiveron sorte e non lles tocou. Como Xocasempezou a poñer cara triste, Freddy saltoupor riba do mostrador e montou na minimoto.Pero non tiña gasolina. Entón, alporizado,cortou coas coitelas varios premios eempezaron a correr. Xocas tropezou cunhapedra e caeu. Freddy ía atrás e, comocamiñaba mirando a ver se os perseguían,tropezou co rapaz e caeu enriba delfurándolle a orella. Xocas empezou a chorar.Freddy colleu un pendente que levaba e,como o rapaz sangraba, púxollo a ver se asíse detiña o fluxo de sangue. Xocas caloumais, ao ver o sangue, esvaeuse de novo.Cando espertou e se viu na cama, recapituloutodo o que pasara e pensou que fora un soño.De súpeto, lembrouse da película que vira odía anterior: ade FreddyKrueger, edecatouse quenela, todo oque se soñaba,se facíarealidade.Asustadosaltou da camae foi ao baño.Acendeu asluces emirouse aoespello. Tiñaun pendentena orelladereita conforma de luvas con coitelas, e estabanasinadas cun F!Alumnado 2º ESO A- Candela LafuenteLópez
  43. 43. Páxina 42os andeis do maxínO CAMBIO DEFRANKENSTEIN-Canastra do "lume prometeo"- Di o locutorde radio.Frankenstein está vendo un partido debaloncesto no que xoga o seu ídoloPrometeo. Frankenstein adórao moitísimo egustaríalle ser coma el; pero Prometeo, apesar de ser moi boa persoa, era moi feo, altoe descompensado.A pesar diso, Frankenstein someteuse acirurxía estética para ser tan alto coma o seuídolo; pero era moita altura a que lle tiñanque aumentar, así que tiveron que coserllepartes doutras persoas xa mortas. Tamén sesometeu a unha operación para facer a súacabeza máis grande e pálida, xa quePrometeo a tiña así porque non tomaba o sol.Unha vez rematada a recuperación, foi darunha volta para ver como reaccionaba a xenteao velo e se de verdade a xente pensaba quese parecía a Prometeo. Algo así pasou: áxente non era que non se lle parecera aoxogador, senón que o confundiron con el!Querían autógrafos seus, os nenos e nenasdesexaban facer fotos con el, pitábanlle oscoches cando paseaba pola rúa...Pero pasaron os días e a xente decatouse deque Frankenstein era un impostor polo quetodo o mundo o rexeitaba.Frankenstein non podía soportar o baleironin o dano que lle fixeran as palabras deresentimento de Prometeo nun programatelevisivo, así que decidiu mudarse aUganda. Alí, polo menos, ninguén o coñecíaaínda que dende o primeiro día andou triste:non podía ver xogar ao seu admiradoPrometeo.María Navarro Jamardo2º ESO Curso 2012/2013
  44. 44. Páxina 43os andeis do maxínMICROCÁMARASEstaba eu tan tranquila na miña habitaciónescoitando música cando, de súpeto, soou oteléfono móbil da miña nai. De alí a unpouco, veu ela moi ilusionada dicíndome queo meu tío Xoán viña á vila a pasar unhaspequenas vacacións. Eu non me alegreimoito, pois non o coñecía. A miña naidicíame que era unha boa persoa, aínda queestivera no cárcere. Ela dicía que cambiaramoitísimo.Esa mesma tarde fomos ao aeroporto, queestaba a tres quilómetros, a recollelo. Candoo vin por primeira vez, deime conta de que elaparecía nunha foto na casa da miña amigaRaquel. A súa nai e o meu tío saían nela.Decidín que llo preguntaría máis tarde.De entrada, pareceume moi simpático. Candose achegou, deume unha bolsa de caramelos.Fixémonos amigos e non me separaba enningún momento del.Un día decidín xogar aos espías, e perseguínao meu tío por toda a vila. De repente, vincomo se metía na casa da miña amiga Raquelforzando a porta. Decidín ir e ver o quepasaba. Entrei moi silenciosamente polaporta e atravesei o salón. O meu tío estabacolocando algo no marco que anteriormentedixera, na que saía el e a nai de Raquel, coamala sorte que me viu. Veu correndo ata mine pregoume que non dixera nada.Pregunteille que facía e respondeume queestaba poñendo unha microcámara paravixiar á nai de Raquel. Explicoume queanteriormente, antes de que eu nacera,estaban namorados, pero cando entrou nocárcere deixoulle de falar e púxolle unha ordede afastamento. Díxome que seguíanamorado dela, e que por iso poñía unhamicrocámara, para poder vela. Por iso non llopodía dicir a ninguén. Eu saín correndo dacasa, e nun descampado preto de alí vin aRaquel e á súa nai paseando. Preguntáronmese estaba ben, que parecía preocupada. Eusaín correndo, sen dar ningunha resposta.Cheguei á miña casa e pecheime na miñahabitación. Case non saía da casa, non queríavolver ver ao meu tío.Xa pasaran algúns días e o meu tío Xoán xamarchaba da vila.Tiven que ir e despedirme del, non dixeranada aínda da microcámara, pero non podíamáis. Conteillo todo á miña nai e chamamosá policía para que o detesen por entrar nacasa de Raquel e poñer cámaras. Viñeron apor el e levárono. A miña nai díxome quefixera moi ben en dicilo, que algúns segredosse poden gardar pero outros non.Candela Lafuente López, 2º ESO
  45. 45. Páxina 44os andeis do maxínOS PALLASETES DA CLASENunha clase de 2º había tres nenos que soamente sabían facer o pallaso. A mestra e osdemais nenos/ás, xa estaban máis que fartos.Entretiñan aos compañeiros, cando o que tiñan que facer era traballar (botaban peidos,colgábanse do canón, berraban, rompían cristais e facían o calzón chinés....).Toda a clase sabía as táboas menos eles, non sabían coñecemento, lengua, lingua,matemáticas..... non sabían nada, o único que sabían era facer “pallasadas”.As súas nais e os seus pais, decatáronse, enfadáronse e castigaron os nenos.... sen fútbol,sen consola, sen excursións, sen festa de cumpre e con moitos deberes…Daquela déronse conta de que facer pallasadas estaba mal porque non aprendían equedaban atrás dos seus compañeiros así que empezaron a portarse ben.Polos pelos, non repetiron curso pero aprenderon unha boa lección: as pallasadas fansenos circos.Nós fomos os autores deste conto. (2º A PRIMARIA)
  46. 46. Páxina 45os andeis do maxínFANTASÍA OUREALIDADE?Xoana ía xogando polo xardín cando derepente tropezou cunha pedra e caeu. Debidoa isto, quedou profundamente durmida.Cando espertou, viu que estaba nun mundodistinto ao seu e pensou que tiña que voltar oantes posible.Preto dela apareceu un grilo que lle dixo:-Ola neniña! Ti non es de aquí, de Xúpiter,verdade?-Non, eu son da Terra-contestoulle Xoanamoi timidamente.-Da Terra? Que nome máis estraño. E ondeestá iso?- preguntoulle o grilo.-A Terra, o planeta azul. Ten moita auga epersoas coma min- díxolle ela.-Perdoa polos meus modais, non mepresentei. Eu son Antonio , o grilo-informoulle el.-Ola, Antonio. Eu son Xoana. Pódesmeaxudar a voltar ao meu planeta?-preguntoulle a rapaza.-Claro que si, pero temos que solucionaloantes das 12, senón isto non tería sucedido-aseguroulle Antonio-. Pero, non tepreocupes. Imos ver o que atopamosXoana e Antonio estiveron andando un boanaco. Antes de renderse, atoparon un reloxoque podía facer retroceder o tempo. Á nenaocorréuselle retrasalo ata a hora de antes detropezar coa pedra.Entón, apareceu outra vez brincando poloxardín e, cando se atopou coa rocha, saltoupor enriba dela. Despois, deuse a volta efixouse que nela estaba un grilo. Parecíasemoito a Antonio. A neniña parecéralle que llechiscara un ollo.Sofía Rarís Frois1ºESO CURSO 2012/ 2013UNS PATÍNS CONPODERESÉ un amor inexpicable. De que estoufalando? Da miña paixón pola patinaxe.Vénme de familia: miña nai foi profesional ecrecín vendo o ben que o facía. Ela faleceu oano pasado. O seu soño era que eu taménfose profesional. Levo un ano adestrandopero ata o de agora non consideraron que erao suficientemente boa coma para competir.Onte todo cambiou. Coma sempre, funadestrar pero, cando ía xa de camiño,decateime de que me quedaran os patíns nacasa. Cando cheguei ao pavillón, xa temendounha rifa da miña adestradora, non sei como,apareceron os patíns da miña nai dentro damochila . Tiven que adestrar con eles. Desúpeto, mirei para os patíns e volvéranse decor vermella! O pavillón enchérase de xente.Estaba nunha competición e facíao moi ben.Non durou moito o optimismo, xa que me deiconta de que todo era produto da miñaimaxinación. Decateime nunha dasreviravoltas, cando acabei no chan.Pasaron uns días e celebrábase unhaimportante competición na miña localidade.Ese día, desexando que sucedese o quesoñara días atrás, puxen os patíns da miñanai. Collín forzas e saín á pista. Imaxineimeque estaba no pavillón e esta vez si:sucedeume o mesmo que soñara. Grazas aospatíns conseguín o ouro. Aquel día sentín apresenza da miña nai e conseguín facerrealidade o meu soño: ser unha profesional.Micaela Amarelle García1º ESO Curso 2012/2013
  47. 47. Páxina 46os andeis do maxínA FIN DO MUNDOUn día, eu estaba na miña casa facendo osdeberes mentres meu pai estaba na salamirando a televisión, porque chegara detraballar e, como era costume nel, ao vir,sentara no sofá para descansar un anaco e veras noticias. Acórdome ben que eu estabaestudando sociais cando meu pai chamou amiña nai dicíndolle que nas noticias saíra quea fin do mundo ía chegar. Eu, toda asustada,fun xunto a eles e pregunteilles se iso eraverdade. Eles dixéronme que si, que en todasas canles estabandando esanoticia. Eu tiñadez anos eapenas entendíapor que o mundotiña que acabar,pero despois doque me explicarameu pai, máis oumenos xa tiñaunha idea decomo podía ser.Propuxérameque, antes de queiso pasase, tiña que facer unha listaxe dedesexos que quería realizar xa había tempo.Pois ben, fun ao meu cuarto, collín unhalibreta e un bolígrafo e marchei para o campopara alí anotar eses desexos. Empecei poloque podía facer coa miña familia.Ocorréronseme un par de ideas. A primeiraera que podiamos organizar unha cea contoda a familia e a segunda era que lle íaregalar algo a cada un deles parademostrarlles o cariño que lles tiña.Continuei polos meus amigos. Ocorréusemeque podiamos ir todos ao cine unha tarde etamén que, como estabamos en pleno verán,podía celebrar unha festa na miña casa, napiscina. Por último, seguín por un rapaz quecoñecera cando estabamos en párvulos e doque me namorara dende o primeiro día que ovin, sentimento que ía medrando co tempo.Chamábase David. El non sabía que megustaba, simplemente pensaba que eu só oconsideraba un amigo. Nunca me atrevera adicirlle que me gustaba pero, como ía acabaro mundo, pensei que sería necesariosincerarme con el. Había moitas máis rapazasnamoradas del, así que, aínda que eu lledixese a verdade, todo ía quedar comoestaba. Estiven buscando o momento para llodicir a el, pero nuncaestaba só, así que nonme quedaba máisremedio quecomentarllo diante detodos. Un día naescola puxémonos axogar na clase. Oxogo consistía enque, se alguén teelixía, tiñas quedesvelar un desexo.Eu aproveitei ese díae díxenlle diante detodos que megustaba. Marchei a correr e, durante uns díasnon tiña pensado volver ao colexio.Uns días máis tarde púxenme a ver asnoticias con meus pais e dicían que o do findo mundo fora unha falsa alarma. Eu, coavergoña, cambieime de escola, non quixenvolver á que estaba, porque sabía que, sevolvía, todos se ían rir de min e que ía ser arapaza máis patética da escola. Dende esa,ninguén volveu saber nada mais de min.Verena Vieites Fernandes2º ESO B Curso 2012/2013
  48. 48. Páxina 47os andeis do maxínA BICICLETAFANTASMALA señora María del Mar (por todoscoñecida como "señora María") nacera enSantiago de Compostela había xa noventa eseis anos. Levaba desde os dez anos vivindoen Bos Aires (Arxentina). A señora Maríaera unha señora de pelo branco e liso, ollosazuis e pel morena. Era baixiña, moitranquila, e sempre cun sorriso na súa cara.Ela sempreaxudaba a todos edaba os melloresconsellos domundo, esesconsellos que só ocorazón sabe dar.Era unha persoamoi tolerante ecomprensiva. Nonviaxara moito cocorpo, pero si coasúa mente. O quemáis lle gustabafacer á señoraMaría era ler.Ela e o seumarido Marcostiñan catro fillas, dous fillos, seis netos, catronetas, tres bisnetos e unha bisneta.A señora María facía unha comidafamiliar todos os anos, o 25 de xullo, paracelebrar a festa de Santiago Apóstolo. Aquelano tiña preparada unha sorpresa para esedía. A señora María pediulle un favor moiespecial á súa familia.Chegou o día 25 de xullo e na casa daseñora María estaba toda a súa familia. Nonfaltaba ninguén. Ela estaba feliz de velos atodos xuntos un ano máis. Despois da súasobremesa favorita, a tarta de améndoa, aseñora María pediu un minuto de atención:-Quero darvos as grazas a todos porvir e aproveito que estades todos xuntos parapedirvos un favor moi especial: Gustaríameque alguén da miña familia, cando eu morra,peregrine a Santiago de Compostela e pouseunha orquídea no centro da praza doObradoiro e outra orquídea nese anaco deterra que hai entre o río Sar e o río Ulla antesde que se unan un co outro.A orquídea era a flor preferida daseñora María. Apraza do Obradoiroe as beiras dos ríosUlla e Sar eranlugares máxicospara ela; Oprimeiro, porque alípasara moitas horasxogando cos seusamigos e amigascando era pequena;e o segundo, porquefora alí onde o seupai coñecera á súanai.Iago, un dosnetos da señoraMaría, levou a caboo desexo da súa avóa dous anos despois deque ela morrera. Iago decidira facer oCamiño Portugués en bicicleta. Empezou apedalear en Lisboa e pouco a pouco íacamiño de Compostela. Todo para el eranovo. Coñeceu a moita xente, fixo unpuñado de amigos e amigas que pedalearonxuntos durante varios días. Mentres as súaspernas se enchían de quilómetros, Iagoenchíase de experiencias e aventurasinesquecibles.
  49. 49. Páxina 48os andeis do maxínCando faltaba só unha etapa para chegar aCompostela, aconteceu algo moi estrano einesperado. Despois de almorzar todosxuntos no albergue de Pontecesures, baixaronpara coller as bicicletas e chegar ese mesmodía a Compostela. Iago estaba moiemocionado pero... faltaba unha bicicleta. Si,faltaba a bicicleta de Iago. Buscaron ebuscaron pero non a atoparon. Iago tomou adecisión de seguir o camiño a pé. Quedaraen verse cos seus compañeiros e compañeirasde camiño á noitiña na praza do Obradoiro.Iago chegou a Compostela á tardiña.Despois de deixar as cousas no albergue edarse unha boa ducha, pasou por unhafloraría para mercar unha orquídea antes dechegar ao Obradoiro. Unha vez alí, Iagopousou a orquídea no centro da praza, comolle prometera á súa avoa. Quedou pasmadopola beleza e encanto do Obradoiro.Unha vez xuntos outra vez oscompañeiros e compañeiras de camiño,decidiron ir cear. Cando saían da praza, aIago pareceulle ver a súa bicicleta apoiadanunha parede. Camiñou todo o rápido quepuido entre toda a xente que había, perocando chegou á que el cría que era a súabicicleta, xa non estaba. Iago estabaconvencido de que aquela era a súa bicicleta.Ao día seguinte colleu o tren para ir aPadrón e cumprir a segunda das súaspromesas. Baixou do tren, mercou unhaorquídea, preguntou polo paseo a carón dorío e alá foi. Cando chegou á confluencia dosdous ríos, pousou a orquídea e sentouse acontemplar a fermosura da paisaxe. Tiña asensación de que alguén o estiveraacompañando eses dous últimos días desdeque perdera a bicicleta en Pontecesures.Cando se levantou para empezar a camiñarde novo cara á estación de tren... alí estaba,era a súa bicicleta apoiada nun banco. Nonhabía ninguén! Iago colleuna e empezou apedalear mentras non deixaba de pensar encomo chegara a súa bicicleta ata alí e quen atrouxera.Este conto foi realizado polos alumnos/as de2ºB coa axuda do seu titor.
  50. 50. Páxina 49os andeis do maxínMICRORRELATOSCando me ían matar, soou o espertador.Rubén Martínez Barreiro. 2º ESO ADurante a guerra quedei durmido. Candoespertei, non había ninguén alí.José Luís Jamardo Buceta. 2º ESO ACando ela chegou, el xa tiña comido aopresidente Obama dos Estados Unidos deAmérica.Samuel Castro Dios. 2º ESO AAbrín a neveira e estaba o ratiño Oliveira.José Luís Miguéns. 2ºESO BCando rematei de estudar, non tiña pasadonin un minuto.Daniel Olivera García. 2º ESO BOnte Xoán pediulle que prendera ocachivache; el negouse.María Navarro Jamardo. 2º ESO BViviu a mosca. Morreu a mosca.Pablo Oliveira Chenlo. 2º ESO BBebía e bebía, mais a botella non sebaleiraba.Francisco Refojo Lavandeira. 2º ESO BDaquela o león espertou.Laura Helena Von Hertwig Bernhardt. 2ºESO BAbrín a neveira. Alí estaba a Nutella.Ethan Potel Gómez. 2º ESO B
  51. 51. Páxina 50Vidal Bolaño: comeza a funciónAUTOR, ACTOR,DIRECTOR-1950, nace en Compostela no seo dunhafamilia proletaria.-Servizo militar en Ceuta.-Preocupación polo cine desde a infancia.-Estudos nas clases nocturnas do institutoXelmírez.-Participa nas Xuventudes ObreirasCristiás, onde se inicia no teatro.-1971, entra en contacto co equipo Lupa(Euloxio R. Ruibal e Félix Casado) aos 20anos, con quen coñece a realidade doteatro popular galego.-1974, funda o grupo de teatro profesionalAntroido, con Xaquín García Marcos.-1976, casa coa actriz Laura Ponte.-1977, logo do seu despido na entidadebancaria na que traballaba, tiña como únicafonte de ingresos as obras nas queparticipaba como actor.-1984, colabora na creación do CentroDramático Galego e participa nas súasmontaxes como director, actor ouencargado da iluminación.-Apártase deste teatro institucional a causado seu profundo espírito crítico co poderpolítico.-91-2002 Anos de maior produtividadeteatral, recibe numerosos premios.-1992, casa coa actriz Belén Quintáns. Creao grupo Teatro do Aquí-Morre de cancro de pulmón o 11 setembrodo 2002, aos 52 anos.CONCEPCIÓN PROPIA DOTEATRO-O seu teatro conta cunha profundainfluencia do cine, de formacióncinematográfica autodidacta.-Interésase polo cine máis vangardista.-Rompe co concepto tradicional dodecorado e os elementos escénicos.-Crítica social e política.LUCES, CÁMARA, ACCIÓN!-Actor, director de sala e director artísticoda produtora CTV- Galaxia-Dobraxe de películas ao galego para aTVG.-Participa en diversos proxectosaudiovisuais pioneiros do cine en galego.-Adapta textos dos grandes escritoresgalegos (Cunqueiro, Fole, etc.) ao cine.1987, Novo de Parmuíde.1989, Os outros feirantes; Sempre Xonxa.1990, Morosos.1991, O resplandor da morte; Memoriasdun parado.1992, Un café de ollos verdes.1997, A noiva de medianoite.1999, A lingua das bolboretas; AmorSerrano2000, Un mundo de historias.Episodio piloto da serie Morosos VariosLETRAS GALEGAS 2013Este ano a Academia decidiu homenaxear ao dramaturgo santiaguéspola súa longa traxectoria no eido teatral. En 4º de ESO fixemoseste traballo de síntese da súa carreira profesional que resume osdatos máis destacados da biografía, a obra e conta tamén con enla-ces onde podedes visionar algunha das súas colaboracións cinema-tográficas.
  52. 52. Páxina 51ROBERTO VIDAL BOLAÑO NA REDEwww.culturagalega.org/noticia.php?id=21110 – BIOGRAFÍAhttp://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=Abudoga+1&alias=Roberto+Vidal+Bola%F1o&id_edicion=Abudoga+1002&formato=video&pagina=1&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DAbudoga+1%26alias%3DRoberto+Vidal+Bola%F1o%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EA+burla+do+galo%3C%2Fa%3E&maxpagina=2&minpagina=1 – FRAGMENTO DA REPRESENTACIÓN DE “A burlado galo”www.youtube.com/watch?v=ob7opMV-xks – FRAGMENTO “Lingua das bolboretas”.Sergio Martínez Gómez, 4º ESOUN TRABALLO BEN RECOÑECIDOPremio Abrente (1976, 1978, 1980). Premios Max de Teatro (2001).O Facho (1977, 1979). Premios Rafael Dieste (1992,1997).Medalla de ouro (1983, 1984). Premio Eixo Atlántico.Premio Álvaro Cunqueiro 1991 con Saxo Tenor. Premio Maruxa Villanueva, 2001Premio Xacobeo (1992). María Casares da AAAG (1998,1999, 2001, 2003).VIDA CURTA PEROPRODUCIÓN INTENSA1965, publicación da súa primeira obra.Teatral.1978, Laudamuco, Señor de ningures, Le-daíñas pola morte do Meco.1992, Bailadela da morte ditosa; Escribe edirixe Agasallo de sombras, en colabora-ción co CDG, cuxa representación lle cau-sa represalias; Cochos; Días sen gloria.1993, Saxo Tenor.1996, Touporroutou da lúa e do sol.1998, Doentes; A ópera de patacón; Ras-tros.2001, Mar revolto.2003, Animaliños; Integral.2004, A burla do galo.2005, As actas escuras, obra polémica eperseguida.Vidal Bolaño: comeza a función
  53. 53. Páxina 52risos e sorrisosTIRAS CÓMICAS DO ALUMNADO DE 6º
  54. 54. Páxina 53risos e sorrisos
  55. 55. Páxina 54risos e sorrisos

×