3. - SINAIS PERSOAIS -
Profesión
Estado civil
Lugar e data de nacemento
Domicilio
- Cónxuxe-
Profesión
Lugar e data de nacemento
- FILLOS MENORES DE 15 ANOS-
Nome Idade Sexo
E hoxe...
Porqué?
Como?
Cando?
Onde?
Eres de aquí?
Eres de acolá?...
Firma do titular
4. DESCRICIÓN DO PROXECTO
—
Museoloxía social, diálogo intercultural:
Culturas en diálogo: Lugo – A Arxentina é un proxecto
de colaboración entre a Rede Museística da Deputación
de Lugo e as asociacións de Inmigrantes e Retornados
Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, mais un
equipo multidisciplinar. Concíbese como programa de
museoloxía social que formula un traballo de arqueoloxía
emocional entre Lugo e A Arxentina, coa posta en valor e
humanización dos seus testemuños, en clave intercultural,
entre diferentes xeracións e institucións museísticas,
fomentando a creación multidisciplinar e onde se destaca a
participación social de todos os colectivos da comunidade.
O Museo, como institución permanente con responsabilidade,
social utiliza as coleccións que estuda, expón e difunde, como
nexo de unión entre os pobos e ofrécese como canle de
comunicación e mediador activo no lugar onde se instala.
Para responder a estes obxectivos, Culturas en diálogo
constrúese a partir das seguintes liñas de actuación:
> Investigación, documentación
e conservación
Didáctica
Difusión e Creación
OBXECTIVOS
—
Obxectivo xeral
Investigar, documentar, conservar, reinterpretar e difundir a
cultura de Lugo e A Arxentina a través do diálogo intercultural
e inclusivo, fomentando a participación activa de todos os
colectivos e resaltando as súas propias manifestacións culturais.
Obxectivos específicos
Construír, a través do museo, unha plataforma
multicultural de diálogo entre os pobos.
Darlles visibilidade ás comunidades e colectivos
que conviven no noso territorio, outorgándolles a
capacidade de producir os seus propios contidos.
Utilizar a arte en códigos lingüísticos que tratan
temas sociais de forma transversal.
Fomentar a participación en cultura e patrimonio cultural,
compartindo unha identificación cun pasado común.
Poñer en valor as manifestacións culturais de todas
as comunidades que conviven na nosa sociedade.
Achegar a todas as persoas, independentemente
da súa idade, xénero e capacidades a todas
as actividades que se leven a cabo.
Promover conciencia histórica e sentido
de pertenza local e nacional.
Homenaxear a muller emigrante, destacando a súa
experiencia vital e fomentando a reflexión artística.
Erixir a Lugo como área de referencia dentro
do circuíto europeo e mundial do Tango.
5. ETAPAS
—
O programa Museoloxía social, diálogo intercultural:
Culturas en diálogo: Lugo-A Arxentina desenvólvese
dende marzo a decembro de 2014. Comeza en marzo,
coincidindo coa celebración do festival Miradas de
Mulleres e remata o 18 de decembro coa presentación do
audiovisual do programa no Día Internacional do Migrante.
Durante estes nove meses desenvólvense diversas
actividades dentro dos seguintes bloques de actuación,
anteriormente comentados: investigación, documentación
e conservación, didáctica, creación e difusión.
1. Investigación, documentación e conservación
a. Mulleres de aquí e de acolá
Bloque documental onde se recompilan as experiencias de
mulleres lucenses e mulleres arxentinas que emigraron ou
retornaron. Son relatos contados por elas mesmas ou por un
familiar que van tomando visibilidade a través da gravación
en vídeo e xeolocalizando no mapa do proxecto. Os e as
participantes inclúen imaxes e obxectos que viñan a falar
desta realidade que, á súa vez, serán parte dunha exposición
que se celebra en xullo e onde dous artistas, dun e o outro
lado, ofrecerán a súa propia interpretación.
2. Didáctica
a. Convocatoria para Centros Escolares.
CONCURSO: MULLERES A 2
BANDAS: LUGO – A ARXENTINA.
Quíxose facer partícipes deste proxecto os centros
educativos que manteñen cos nosos museos unha
relación directa e cotiá. Dirixido aos cursos de 5.º e 6.º
de primaria e para os catro cursos da ESO, tratouse
de realizar un cómic no que se ilustre algún momento
relacionado cos procesos migratorios, dende unha
perspectiva de xénero, fomentando actitudes de respecto
e promovendo o diálogo intercultural. Narrar unhas
historias de mulleres que tiveron que emigrar dende dúas
bandas: de Lugo á Arxentina ou ben da Arxentina a Lugo.
Para o proxecto elaborouse unha unidade didáctica, que
se lles facilitou aos centros educativos, co fin de traballar
na aula os contidos deste proxecto ao que pon fin unha
exposición dos traballos presentados a concurso.
b. Obradoiros
No Museo Provincial de Lugo, no Museo Provincial do Mar
de San Cibrao (Cervo), no Museo Fortaleza de San Paio
de Narla (Friol) e no Museo Pazo de Tor (Monforte de
Lemos) teñen lugar unha serie de obradoiros que teñen
como obxecto a consciencia cultural, a sensibilización
sobre o fenómeno Muller/Emigración/A Arxentina
e a posta en valor das e dos artistas e as artes.
6. Dirixido a todos e todas, de calquera idade e capacidade,
ofrécense talleres abertos que crean, propician o diálogo,
adoptan as novas tecnoloxías como forma de integración
cultural e resaltan os acervos culturais dun lado e o
outro do océano. Os temas sobre os que versan son:
- Mural en Rede
- Vídeo Rede
- Fotografía entre dous mundos
- Realidade Aumentada
- Faladoiros radiofónicos
- Baile colectivo
- A Muralla e o Tango como Patrimonios
culturais da Humanidade
c. Mateadas e café de pucheiro
Durante todo o programa en Museo Provincial de Lugo,
Museo do Mar en San Cibrao, Museo Fortaleza de San
Paio de Narla en Friol, Museo-Pazo de Tor en Monforte
de Lemos realízanse sesións de degustación sobre os
sabores que invitan ao encontro e á charla sosegada.
Estes dous elementos tan representativos das dúas
culturas comparten xestos de hospitalidade e amizade.
No marco das sesións Sabores na cociña do Club
Sénior da Rede Museística Provincial e tamén en
sesións abertas ao público en xeral, a Asociación
Rioplatenses en Lugo achéganos os olores e historias
que se desenvolven arredor do mate, herba saudable
e arquetípica da cultura arxentina, aprendendo como
se prepara, que útiles son necesarios e o seu ritual.
3. Creación e difusión
a. Teatro
Coa compañía lucense Domingo Miolo Cía, ponse en
escena o espectáculo “Non son d’acó nin d’acolá” (Non son
de acó nin de acolá) onde se trata dunha forma traxi-cómica
o efecto que a emigración ten nunha familia e as dificultades
que se encontran ao retornar.
b. Literatura: Borges e Blanco Amor
Jorge Luís Borges
Coa conferencia “Borges, arxentino, universal e amigo de
Galicia”, do profesor Claudio Rodríguez Fer, obtivemos unha
visión tridimensional deste autor como arxentino interesado
polas peculiaridades do seu país (gauchismo, tango,
milonga), aberto á universalidade cósmica (multiculturalismo,
multilingüismo, federalismo) e interesado pola cultura galega
(Cancioneiros medievais, Rosalía, amigos galegos).
Eduardo Blanco Amor
Emigrante a Bos Aires con 21 anos, en 1919. O autor de Os
biosbardos, entre outras recoñecidas obras, representa dun
xeito fiel a relación entre a identidade galega e A Arxentina.
En Bos Aires fundou o Teatro Popular Galego e foi director
7. da revista Galicia, editada polo Centro Galego de Bos Aires.
Unha das súas novelas, A Esmorga (1959), representa a
renovación literaria da narrativa galega. Este ano, o Museo
Pazo de Tor foi escollido como escenario para a versión
cinematográfica desta obra literaria, dirixida por Ignacio Vilar
e producida por Vía Láctea Filmes, con célebres actores
como Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris”.
c. Danza
“V Encontro Tango Líber”
No mes de xullo de 2014, no Museo Fortaleza de San Paio
de Narla en Friol, Museo-Pazo de Tor en Monforte de Lemos
desenvolveuse a quinta edición deste encontro, organizado
pola Asociación Tango Líber Galicia.
Acolle este evento actividades de todo tipo e para todo o
tipo de público: obradoiros de iniciación ao baile, milongas,
concurso exposición, audiovisuais, etc., que ofrece un
panorama multidisciplinar da cultura do Tango no que se
dan cita bailaríns profesionais de diferentes partes do
mundo, situando, así, a cidade de Lugo no epicentro dun
evento único en Galicia e de proxección internacional.
Os obxectivos do “V Encontro Tango Líber” están na vía de unir
un pasado compartido de emigración, dun xeito bidireccional,
a través da cultura deste xénero musical, así como achegar
e propiciar a participación cidadá no patrimonio cultural.
d. Belas Artes
Concurso ABERTO Patrimonios. A Muralla e o Tango
En colaboración coa asociación Tango Club Galicia,
preséntase este concurso aberto a todas as disciplinas
artísticas e creativas, dentro do programa Culturas en
diálogo: Lugo-A Arxentina, baixo as liñas de museoloxía
social e de diálogo intercultural.
Trátase dun diálogo intercultural que versa sobre o
patrimonio, poñendo o acento sobre o Tango, declarado
Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco,
en 2009, e sobre a Muralla, declarada Patrimonio da
Humanidade, no ano 2000.
Exposición fotográfica: PATRIMONIOS: Muralla e Tango
Esta mostra, que percorre os catros museos da Rede,
resalta a forza simbólica e a inherente identidade cultural da
Muralla e do Tango. Patrimonio cultural tanxible e intanxible
únense para redefinir o presente cunha mirada retrospectiva
para representar simbolicamente unha identidade.
Guía Postal de Lugo
Exposición que reinterpreta unha das obras da
artista lucense Maruja Mallo, residente na Arxentina,
durante o seu exilio, a raíz da Guerra Civil. Preténdese
8. representar a cidade de Lugo cunha visión de presente,
pasado e futuro, reivindicando así a visibilidade dunha
das artistas máis importantes do surrealismo ao
tempo que se quere potenciar a cidade de Lugo.
Guía Postal da Arxentina
Recuperación de diversos artistas de nacionalidade
arxentina e uruguaia que conforman os fondos que o
Centro lucense de Bos Aires lle doa ao Museo Provincial
de Lugo, con obras de Mercedes Amigo, Leopoldo Presas,
Horacio Butler e Carlos A. Torrallardona, entre outros.
Da mesma forma, como unha viaxe de ida e volta,
destácase a obra das e dos artistas que no exilio na
Arxentina atoparon un espazo para seguir crecendo,
como Castelao, Seoane, Laxeiro e Baldomero Pestana.
Reinterpretando Mulleres de aquí e de acolá
Iago Eireos, artista lucense, e Julia Romano, artista
arxentina, retoman a documentación e as testemuñas do
proxecto da muller e emigración para ofrecer unha visión
actual e nova sobre esta situación social que marcou de
forma determinante as nosas culturas. O seu traballo, en
colaboración dende un lado ao outro do océano, representa
a esencia deste proxecto, capaz de unir e xerar creatividade.
e. Plataformas multimedia de difusión
Os obxectivos marcados neste proxecto terían un impacto
máis reducido sen o emprego das novas tecnoloxías
da información como medio de difusión; tecnoloxías
que, por un lado, son altofalantes destas actividades,
permitindo así compartilas en rede para aumentar o debate
e invitar á participación. E, por outra parte, permiten
que a nosa liña de traballo na conservación e na posta
en valor sexa accesible e visible por todos e todas.
Para iso desenvolvéronse os seguintes recursos:
Web: http://www.didacticaredemuseistica.org/?page_id=949
Facebook: https://www.facebook.com/culturasendialogo
G+: https://plus.google.com/117558698027941286735
Blog: http://culturasendialogolugoarxentina.blogspot.com.es/
Neles está toda a documentación, recompilada e producida
a partir do programa Culturas en Diálogo: documentación,
mapa de localización de mulleres emigrantes, memoria
fotográfica das actividades, vídeos, catálogo de obras, etc.
9. 1 Leonor Albarellos
Composición en grises
1965
Óleo sobre lenzo
100 x 70 cm
1
3
4
2
2 MERCEDES AMIGO
Composición
1967
Técnica mixta sobre lenzo
65 x 86 cm
3 HÉCTOR BALDASÚA
Natureza morta
1962
Óleo sobre lenzo
65 x 93 cm
4 HORACIO BUTLER
Natureza morta
Óleo sobre lenzo
78 x 40 cm
ARTE ARXENTINA E URUGUAIA
NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
—
No Museo Provincial de Lugo están representados máis de 35 artis-
tas uruguaios e arxentinos nunha interesante e importante colección
artística na que figuran, fundamentalmente, pinturas, debuxos e
gravados. Trátase de obras realizadas en torno aos anos 50 e 60 do
pasado século que, entre outras influencias, acusan a das vangar-
das europeas, de comezos do XX, e do muralismo mexicano, dos
anos 20, sen esquecer as diversas achegas do gravado nas súas
diferentes técnicas. Algúns dos seus autores, como no caso de
Raquel Forner, Horacio Butler, Kasuya Sakay, Sarah Grilo, Antonio
Fernández–Muro ou Leopoldo Presas acadaron unha gran sona e
recoñecemento no panorama artístico internacional.
A presenza desta colección, no Museo Provincial de Lugo, ten a súa
orixe nas obras doadas polo Centro Lucense de Bos Aires, ás que
hai que sumarlles as conseguidas pola escritora uruguaia Delia A.
Díaz que, en 1973, despois de visitar o Museo Provincial de Lugo e
comprobar a existencia dunha sala dedicada a artistas arxentinos,
xuntou unha colección de obras de artistas do seu país para crear
unha sala representativa da arte uruguaia contemporánea.
Entre os artistas representados hai algúns descendentes de galegos
e outros, como no caso de Manuel Bujados, que marcharon da nosa
terra con destino á Arxentina, o que pon esta colección en relación
co mundo da emigración galega cara ao continente americano, tan
característica da primeira metade do século XX.
Un dato para ter en conta é o da notable presenza de mulleres
artistas nesta colección, feito que pon de manifesto a importancia
feminina no panorama artístico de mediados do século pasado
nestes dous países iberoamericanos.
10. 5 6
7
5 ALBERTO CASTRO COUSO
Sen título
1973
Tinta sobre papel
26 x 20,5 cm
6
Sen título
1973
Tinta sobre papel
68 x 49 cm
7
Sen título
1967
Tinta sobre papel
59,5 x 79,5 cm
8
Sen título
1994
Óleo sobre lenzo
99,5 x 79,5 cm
8
9 RAQUEL FORNER
O Profeta (Serie de lúas)
1958
Óleo sobre lenzo
160 x 75 cm
10 SARAH GRILO
En ocres
1958
Óleo sobre lenzo
65 x 81 cm
11 DAVID LAPIDO PORTELA
Tellados do Museo
1957
Óleo sobre lenzo
38 x 47 cm
12FERNÁNDEZLOURIDO
El chaladero / Sorpresas
1912
Acuarela e tinta sobre papel
35 x 18 cm
9
10
12
11
11. 1314 ANA MATILDE MARTÍNEZ PASARÍN
Sen título (2 und)
1973
Tinta de cores sobre papel
37 x 27,5 cm
15 LEOPOLDO PRESAS
A familia
1954
Óleo sobre lenzo
105 x 125 cm
16 enrique roda
Homenaxe a Casals
Óleo sobre táboa
92 x 73 cm
13 14
15
16
17 raúl russo
Bodegón
1957
Óleo sobre táboa
70 x 100 cm
18 KAZUYA SAKAI
Sen título
1960
Óleo sobre lenzo
130 x 90 cm
19 carlosa.torrallardona
No café
1960
Óleo sobre lenzo
60 x 75 cm
20 sara acevedo de capurro
Sen título
1970
Óleo sobre lenzo
44 x 58 cm
17
18
19
20
12. 21 carmen teresita bono
Rancheiro
1972
Óleo sobre lenzo
45 x 53 cm
22 tina borche
Ángela Davis
1971
Xilografía sobre papel
39 x 28 cm
23 gloria carrerou
Dama do trévol
1968
Xilografía sobre papel
28,5 x 21 cm
24 RICARDO CASTELLANOS
Terras baixa
1971
Óleo sobre lenzo
50 x 61 cm
21
22
23
24
25 RAÚL CATTELANI
Desenrolo dunha forma
no espacio. 1969
Xilografía sobre papel
118 x 40 cm
26 Formas en movemento
1967
Xilografía sobre papel
116 x 40 cm
28 m.ª carmen coppetti
de bono
Aduana
1971
Óleo sobre lenzo
50 x 60,5 cm
29 ISABEL EASTON
Barcazas
1973
Témpera sobre papel
49 x 69 cm
25
26 27
28
29
27 Construcción de un plano
1968
Xilografía sobre papel
81,5 x 32 cm
13. 30 JOSÉ ERMAN
Retrato
1972
Acuarela e tinta sobre papel
60,5 x 40,5 cm
31
Relación afectiva II
1973
Acuarela e tinta sobre papel
55 x 42 cm
32 hilda ferreira
Xardiñeiro
1970
Xilografía sobre papel
40 x 29 cm
33
Sen título
1970
Xilografía sobre papel
40 x 29 cm
30
31
32 33
35 lila gonzález
Vistaatravésdunarco
1971
Xilografía sobre papel
39 x 28 cm
36 RAÚL ALFREDO LEGUISMO
O sono do pescador
1973
Lapis sobre papel
65 x 51 cm
34GENTIEU
1970
Composición
Serigrafía sobre papel
23 x 22,5 cm
38
Sen título
Técnica mixta
36 x 46 cm
37NEDERCOSTA
Sen título
Óleo sobre lenzo
70 x 60 cm
34
35
36
37
38
14. 41
42
39 raquel orzuj de grostein
Don Quijote da Mancha
Témpera e tinta sobre papel
70 x 52 cm
40 JOSÉ MARÍA PAGANI
Sen título
Lapis sobre lenzo
29 x 21 cm
41
Sen título
Lapis sobre lenzo
29 x 21 cm
42 RAFAEL PÉREZ BARRADAS
Sen título
Impreso
49 x 36 cm
39
40
43 F.C.
Sen título
1970
Xilografía sobre papel
31 x 29 cm
44 SEVERINO POSE
Sen título
Lapis sobre papel
21 x 26 cm
46
Sen título
Ceras sobre papel
57,5 x 44,5 cm
45
Sen título
Ceras sobre papel
57,5 x 44,5 cm
43
44
45 46
15. 47 esther raszap
Café Bar
1973
Óleo sobre papel
78 x 98 cm
48 ALCEU RIBEIRO
Bodegón
1973
Óleo sobre papel
66 x 90 cm
49 EDGARDO RIBEIRO
Porto de Palamós
1972
Óleo sobre lenzo
55 x 46 cm
50 HEBER SCELZA ROLANDO
Imáxenes por dous
1968
Xilografía en cores
118 x 73 cm
47
48
49
50
51 RUISDAEL SUÁREZ
Pescadores
1961
Xilografía sobre papel
48 x 64 cm
52 sara traversa
Sen título
1971
Témpera sobre papel
65 x 50 cm
53 MIGUEL ÁNGEL ZELAYETA
Cidade vella de Montevideo
1970
Acuarela sobre papel
49 x 64 cm
54 juan batle planas
Euclides
1954
Témpera sobre papel
19 x 11 cm
51
52
53
54
16. Antecedentes
Proxecto
“Follas novas,
novas follas”
(2010)
Espectáculo
“Arte, muller e tango”
(13-12-2013)
Mulleres de aquí e de acolá
Relatos de mulleres galegas
que emigraron á Arxentina
Relatos de mulleres
da Arxentina que
emigraron a Lugo
Bloque documental onde se
recompilan as experiencias
de mulleres lucenses e
mulleres arxentinas que
emigraron ou retornaron. Son
relatos contados por elas
mesmas ou por un familiar
que van tomando visibilidade
a través da gravación en
vídeo e xeolocalizando no
mapa do proxecto. Os e as
participantes inclúen imaxes
e obxectos que viñan a
falar desta realidade que, á
súa vez, serán parte dunha
exposición que se celebra en
xullo e onde dous artistas,
dun e o outro lado, ofrecerán
a súa propia interpretación.
Jorge Luís Borges
Coa conferencia “Borges,
arxentino, universal e amigo
de Galicia”, do profesor
Claudio Rodríguez Fer,
obtivemos unha visión
tridimensional deste autor
como arxentino interesado
polas peculiaridades do
seu país (gauchismo,
tango, milonga), aberto
á universalidade cósmica
(multiculturalismo,
multilingüismo, federalismo)
e interesado pola cultura
galega (Cancioneiros
medievais, Rosalía,
amigos galegos).
Guía postal da Arxentina
Recuperación de diversos
artistas de nacionalidade
arxentina e uruguaia que
conforman os fondos
que o Centro lucense
de Bos Aires lle doa ao
Museo Provincial de Lugo,
con obras de Mercedes
Amigo, Leopoldo Presas,
Horacio Butler e Carlos A.
Torrallardona, entre outros.
Da mesma forma, como
unha viaxe de ida e volta,
destácase a obra das e
dos artistas que no exilio
na Arxentina atoparon
un espazo para seguir
crecendo, como Castelao,
Seoane, Laxeiro
e Baldomero Pestana.
Mate
Esta infusión tamén
destaca polo seu
carácter estimulante
e sociabilizadora,
diferenciándose do café,
entre outros aspectos, en
que se sorbe, mentres que
o primeiro se bebe.
Café
Bebida que se consegue a
partir de sementes
torradas e moidas, trátase
dunha bebida estimulante
e sociabilizadora que se
toma a calquera do día.
O Tango
Declarado Patrimonio
Cultural Inmaterial da
Humanidade pola Unesco
en 2009, constitúe
un dos símbolos por
excelencia da Arxentina.
Eduardo Blanco Amor
Emigrante a Bos Aires
con 21 anos, en 1919.
O autor de Os biosbardos,
entre outras recoñecidas
obras, representa dun
xeito fiel a relación entre
a identidade galega e A
Arxentina. En Bos Aires
fundou o Teatro Popular
Galego e foi director da
revista Galicia, editada polo
Centro Galego de Bos Aires.
Unha das súas novelas, A
Esmorga (1959), representa
a renovación literaria da
narrativa galega. Este ano,
o Museo Pazo de Tor foi es-
collido como escenario para
a versión cinematográfica
desta obra literaria, dirixida
por Ignacio Vilar e producida
por Vía Láctea Filmes, con
célebres actores como
Miguel de Lira, Karra Elejalde
e Antonio Durán “Morris”.
A Muralla Romana de Lugo
Declarada Patrimonio
Cultural da Humanidade
no ano 2000, trátase
do monumento máis
representativo e antigo
da cidade de Lugo, xa
que conta con 1.700
anos de antigüidade.
Guía postal de Lugo
Trátase dunha das obras
da artista lucense Maruja
Mallo, residente na
Arxentina, durante o seu
exilio, a raíz da Guerra
Civil, na que se representa
á cidade de Lugo cunha
visión de presente,
pasado e futuro, coa que
se pretende reivindicar
a visibilidade dunha das
artistas máis importantes
do surrealismo ao tempo
que se quere potenciar a
cidade de Lugo.
Inicio
3 de marzo de 2014
Presentación
do proxecto
“Culturas en
diálogo:
Lugo-Arxentina”
17. Artista arxentina:
Julia Romano
Reinterpretando xuntos Mulleres de aquí e de acolá
Iago Eireos, artista lucense, e Julia Romano,
artista arxentina, retoman a documentación e as
testemuñas do proxecto da muller e emigración
para ofrecer unha visión actual e nova sobre esta
situación social que marcou de forma determinante
as nosas culturas.
O seu traballo, en colaboración dende un lado
ao outro do océano, representa a esencia deste
proxecto, capaz de unir e xerar creatividade.
Final:
Xornadas Museoloxía
social. Culturas
en diálogo:
LUGO - ARXENTINA
18 de decembro de 2014
Día Internacional
do Migrante
Museo Provincial do Mar
Rede Museística
Provincial de Lugo
Eres de aquí? Eres de acolá?...
“Rescatados 60 inmigrantes
que viajaban en una patera
cerca de la isla de Alborán”
E hoxe... Porqué? Como? Cando? Onde?
“Los sindicatos lamentan la
salida de jóvenes e inmigrantes
y la temporalidad”
Artista lucense:
Iago Eireos
18. Museoloxía social.
Culturas en diálogo
Organiza: Rede Museística da Deputación de Lugo /
Tango Club Galicia / Asociación Rioplatense
Colaboran: Museo Nacional de la Inmigración / Museo de
la Emigración Gallega (MEGA), da Arxentina
Comisariado e coordinación: Encarna Lago, xerente
da Rede Museística Provincial de Lugo
Documentación: Pilar Sánchez Monje / José Reigosa / Ana Mª Bereciartúa
Material web: Mónica Castro / Juan Ignacio Márquez Barros
Didáctica: Departamentos de Didáctica dos museos
da Rede Museística / Tamara Bermúdez
Creación artística: Iago Eireos / Julia Romano / Miguel Ángel Curiel /
Noa Persán / Sesé Vila / Juan Pablo Mastroianni / Marcela Mastroianni
/ Juan Carlos Cambas / Karina Lucca / Leonardo Mosqueda
Difusión e supervisión: Fernando Arribas, responsable de Difusión da Rede Museística
Documentación da colección de pintura arxentina e uruguaia do Museo Provincial
de Lugo: Departamento de Belas Artes do MPL (M. Quiroga e L. Yáñez)
Corrección lingüística: Montserrat González Álvarez
(Servizo de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo)
Música: Paco Nieto (selección de pezas baixo o título “Música de aquí e de acolá”)
Lugo - Arxentina