ofrece á comunidade escolar un programa de actividades educativas que, sen
as complicacións que implica saír da aula, proporciona aos escolares unha experiencia diferente
de aprendizaxe en conexión curricular coas Artes Plásticas, a Lingua e a Literatura, as Ciencias
Sociais, a Música ao tempo que procura fomentar a extensión do uso do galego.
Estas son as actividades que vos ofrecemos:


                                           COÑECE A…

           Briteiro o Castrexo
           Unha divertida dramatización onde Briteiro explica como é o seu castro, a vida cos
           romanos e moitas outras cousas do seu tempo que nos permitirán aprender un pouco
           máis sobre a nosa historia.

           Rosalía de Castro
           Unha actriz encarna a unha Rosalía que ri, que xoga e que canta a Galicia,
           levándonos a un mundo cheo de palabras a través de xogos de creación literaria.

Dirixido a rapaces de Primaria e Primeiro Ciclo de Secundaria
Duración aproximada: 1 h.
Necesidades: aula onde se desenvolve a actividade
Facilítase material didáctico.

                                ENCONTROS CON ARTISTAS

Unha divertida e participativa actividade na que os rapaces interpretan as imaxes artísticas,
estimulan a creatividade, e establecen conexións entre as artes visuais e outras materias
curriculares como as matemáticas, a lingua e a historia. A actividade remata cun obradoiro
plástico.

            Un día con Leonardo da Vinci
            Unha viaxe ao Renacemento na que descubriremos o útiles que son as matemáticas
            para facer arte. Afondaremos nas facetas de inventor, científico e artista de
            Leonardo para rematar descubrindo o misterio do retrato máis famoso do mundo, o
            da Mona Lisa.

            Un día con Velázquez
            Deuses e reis contan as súas historias. Todos queren ser pintados polo pintor do rei.
            Pero, como facer para organizalos dentro do cadro?. Mesturaremos arte, historia e
            literatura para rematar pintando como Velázquez.

           Un día con Van Gogh
           Se hai un pintor tolo pola cor, ese é Van Gogh. Pasearemos polas paisaxes que tanto
           lle gustaban, uliremos xirasoles, lirios… e crearemos unha obra chea de cor e de
           vida.

            Un día con Picasso
            Mirando a través dos ollos de Picasso, coñeceremos a vida rosa do circo,
            viaxaremos de Coruña a Barcelona e chegaremos a París!. Falaremos de cando
            Picasso comezou a xogar coa xeometría e faremos o noso autorretrato cubista.

                E no 2010 , celebramos o centenario de Luís Seoane, coa actividade
                                   UN DÍA CON LUÍS SEOANE!!!!

Dirixido e adaptado a rapaces de Educación Infantil (5º e 6º), Primaria e 1º ciclo de ESO
Duración aproximada: 75 min. por cada sesión dedicada a un artista
Necesidades: aula onde se desenvolve a actividade e materiais habituais de traballo plástico na aula
CONCERTO DIDÁCTICO

                 O CAMIÑO nos meus oídos
                 Un concerto didáctico no que instrumentos de vento, percusión, corda e a voz,
                 poñen son a unha viaxe musical polas diversas culturas presentes no Camiño
                 de Santiago amosando unha linguaxe universal que transmite valores de
                 solidariedade e respecto.
                 Un concerto participativo e vivencial, especialmente axeitado para pequenos
escenarios.

Dirixido a rapaces de 3º ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato
Duración aproximada: 1h
Necesidades: Salón de actos ou aula de música do centro



                                            TARIFAS
                                          2009 – 2010


     Programa Coñece a
                                           250 € por sesión        Máximo 2 grupos /aula por
     - Rosalía de Castro               Inclúe material didáctico   sesión
     - Briteiro o Castrexo



     Encontros con artistas

     -   Leonardo da Vinci                100 € por sesión         Máximo 1 grupo/aula por
     -   Velázquez                                                 sesión.
     -   Van Gogh
     -   Picasso


     Concerto didáctico
                                               1100 €              Ata completar aforo
     - O Camiño nos meus
       oídos




Desexamos que estas propostas sexan do voso interese.

Agradecemos a difusión desta información entre o equipo docente do centro.



                                  Información e reservas:

                                  info@creartesc.es
                                  www.creartesc.es
                    Tel.: 881 913 055 - 615 202 024 - 696 682 231

                   especialízase en programas educativos dende o ano 2002. A nosa
metodoloxía participativa, baseada na observación o diálogo e a experimentación xa foi probada
por miles de escolares tanto no ámbito escolar como a través dos nosos talleres didácticos
desenvolvidos nas sedes de Fundación Pedro Barrié de la Maza, Fundación Caixa Galicia,
Museo de Belas Artes, Fundación Luís Seoane, Museo das Peregrinacións, etc.
tamén deseña actividades educativas e formativas a medida, dirixidas a escolares e docentes.

As actividades educativas de                 forman parte do catálogo de Letras Vivas
Animación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Actividades Crearte Ce Nl

  • 1.
    ofrece á comunidadeescolar un programa de actividades educativas que, sen as complicacións que implica saír da aula, proporciona aos escolares unha experiencia diferente de aprendizaxe en conexión curricular coas Artes Plásticas, a Lingua e a Literatura, as Ciencias Sociais, a Música ao tempo que procura fomentar a extensión do uso do galego. Estas son as actividades que vos ofrecemos: COÑECE A… Briteiro o Castrexo Unha divertida dramatización onde Briteiro explica como é o seu castro, a vida cos romanos e moitas outras cousas do seu tempo que nos permitirán aprender un pouco máis sobre a nosa historia. Rosalía de Castro Unha actriz encarna a unha Rosalía que ri, que xoga e que canta a Galicia, levándonos a un mundo cheo de palabras a través de xogos de creación literaria. Dirixido a rapaces de Primaria e Primeiro Ciclo de Secundaria Duración aproximada: 1 h. Necesidades: aula onde se desenvolve a actividade Facilítase material didáctico. ENCONTROS CON ARTISTAS Unha divertida e participativa actividade na que os rapaces interpretan as imaxes artísticas, estimulan a creatividade, e establecen conexións entre as artes visuais e outras materias curriculares como as matemáticas, a lingua e a historia. A actividade remata cun obradoiro plástico. Un día con Leonardo da Vinci Unha viaxe ao Renacemento na que descubriremos o útiles que son as matemáticas para facer arte. Afondaremos nas facetas de inventor, científico e artista de Leonardo para rematar descubrindo o misterio do retrato máis famoso do mundo, o da Mona Lisa. Un día con Velázquez Deuses e reis contan as súas historias. Todos queren ser pintados polo pintor do rei. Pero, como facer para organizalos dentro do cadro?. Mesturaremos arte, historia e literatura para rematar pintando como Velázquez. Un día con Van Gogh Se hai un pintor tolo pola cor, ese é Van Gogh. Pasearemos polas paisaxes que tanto lle gustaban, uliremos xirasoles, lirios… e crearemos unha obra chea de cor e de vida. Un día con Picasso Mirando a través dos ollos de Picasso, coñeceremos a vida rosa do circo, viaxaremos de Coruña a Barcelona e chegaremos a París!. Falaremos de cando Picasso comezou a xogar coa xeometría e faremos o noso autorretrato cubista. E no 2010 , celebramos o centenario de Luís Seoane, coa actividade UN DÍA CON LUÍS SEOANE!!!! Dirixido e adaptado a rapaces de Educación Infantil (5º e 6º), Primaria e 1º ciclo de ESO Duración aproximada: 75 min. por cada sesión dedicada a un artista Necesidades: aula onde se desenvolve a actividade e materiais habituais de traballo plástico na aula
  • 2.
    CONCERTO DIDÁCTICO O CAMIÑO nos meus oídos Un concerto didáctico no que instrumentos de vento, percusión, corda e a voz, poñen son a unha viaxe musical polas diversas culturas presentes no Camiño de Santiago amosando unha linguaxe universal que transmite valores de solidariedade e respecto. Un concerto participativo e vivencial, especialmente axeitado para pequenos escenarios. Dirixido a rapaces de 3º ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato Duración aproximada: 1h Necesidades: Salón de actos ou aula de música do centro TARIFAS 2009 – 2010 Programa Coñece a 250 € por sesión Máximo 2 grupos /aula por - Rosalía de Castro Inclúe material didáctico sesión - Briteiro o Castrexo Encontros con artistas - Leonardo da Vinci 100 € por sesión Máximo 1 grupo/aula por - Velázquez sesión. - Van Gogh - Picasso Concerto didáctico 1100 € Ata completar aforo - O Camiño nos meus oídos Desexamos que estas propostas sexan do voso interese. Agradecemos a difusión desta información entre o equipo docente do centro. Información e reservas: info@creartesc.es www.creartesc.es Tel.: 881 913 055 - 615 202 024 - 696 682 231 especialízase en programas educativos dende o ano 2002. A nosa metodoloxía participativa, baseada na observación o diálogo e a experimentación xa foi probada por miles de escolares tanto no ámbito escolar como a través dos nosos talleres didácticos desenvolvidos nas sedes de Fundación Pedro Barrié de la Maza, Fundación Caixa Galicia, Museo de Belas Artes, Fundación Luís Seoane, Museo das Peregrinacións, etc. tamén deseña actividades educativas e formativas a medida, dirixidas a escolares e docentes. As actividades educativas de forman parte do catálogo de Letras Vivas Animación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.