SlideShare a Scribd company logo
1 of 25
Download to read offline
CEIP A LAXE                                        LETRAS GALEGAS-2010




               Letras Galegas-2010




                   UXÍO NOVONEYRA
                     Unidades didácticas
                     CEIP A LAXE(MARÍN)
              Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística


                                     1
CEIP A LAXE                                                 LETRAS GALEGAS-2010




FONTES DIXITAIS
www.uxionovoneyra.com                  biografía, poemas, vídeos, recitais

www.realacademiagalega.org             biografía, bibliografía

http://sondepoetas.blogspot.com        tres poemas cantados

http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa

  Aquí atoparemos un LIM(Libro interactivo multimedia), é dicir, unha actividade
completa da vida e obra de Novoneyra que podemos realizar en liña.

http://centros.edu.xunta.es/ceipdeandrade/actividades/webquest/Plantilla%20W
ebquest/index.htm

  Interesante webquest de U. Novoneyra para 3º ciclo de E. Primaria da Biblioteca
do CEIP de Andrade.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/122       Actividades LIM 1º Ciclo Primaria




http://seminariogalan.org/inicio/ver/123      Actividades LIM 2º Ciclo Primaria




http://seminariogalan.org/inicio/ver/124       Actividades LIM 3º Ciclo Primaria




                                        2
CEIP A LAXE                                             LETRAS GALEGAS-2010




http://seminariogalan.org/inicio/ver/141    Caderno de actividades E.Infantil

http://seminariogalan.org/inicio/ver/133    Caderno actividades 1º Ciclo Prim

http://seminariogalan.org/inicio/ver/134    Caderno actividades 2º Ciclo Prim

http://seminariogalan.org/inicio/ver/135    Caderno actividades 3º Ciclo Prim




Bibliografía
Uxío Novoneyra. Os Eidos. Edit. La Voz de Galicia. Biblioteca-120
Galega. A Coruña,2002

Uxío Novoneyra. O cubil do xabarín.Edit. Edelvives. Col. Ala delta.
Zaragoza, 1991

Uxío Novoneyra. Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín. Edit. Edelvives. Col.
Ala delta. Zaragoza, 1998




                                       3
CEIP A LAXE                                   LETRAS GALEGAS-2010




VIDA E OBRA
  Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de
                   Parada de Moreda, en plena serra do
                   Courel, dentro dunha familia labrega
                   acomodada.
                   En 1945 trasládase, durante o período
                   escolar, a Lugo para estudar o
                   bacharelato, que remata en 1948. Neste
                   último ano coñece nesta cidade ó seu
                   compañeiro de xeración, o escritor da
  Terra Cha Manuel María.

  De 1949 a 1951 está en Madrid. Esta xeira madrileña é unha
  etapa de formación cultural, en gran parte autodidacta, na que
  empezará a escribir en castelán.

  En 1952 Novoneyra volve a Galicia para facer o servizo
  militar, con estancias en Santiago de Compostela, A
  Coruña e Lugo, coincidindo outra vez con Manuel María. As
  experiencias composteláns son fundamentais pois espertan no
  escritor unha nova conciencia galega que se vai forxando en
  contacto con figuras como o pintor Carlos Maside, o ensaísta
  e ideólogo Ramón Piñeiro e a figura polifacética e patriarcal
  de Ramón Otero Pedrayo.

   É precisamente este contacto co galeguismo, xunto coa volta
  ao Courel durante unhas vacacións no ano 1952, o que motiva
  o autor para escribir en galego. A continuación, de 1953 a
  1962, permanece no seu lugar de nacemento tendo que gardar
  repouso a causa dunha pleuresía. Nesta situación de soidade
  nace o ciclo poético courelán, que se inicia co libro Os eidos
  (1955),      escrito       entre      1952        e      1954.


  No período que vai de 1962 a 1966 o escritor vive en Madrid.
                               4
CEIP A LAXE                                    LETRAS GALEGAS-2010



  Nesa capital traballa na radio e na televisión sempre en
  programas relacionados coa poesía galega, española ou
  universal. Nesta época nace o libro Elegías del Laurel y
  outros poemas (1966), en edición bilingüe.


  En 1966 retorna de novo ao Courel, debido á enfermidade
  dos seus proxenitores, e xa desde este momento quedará a
  vivir en Galicia. En 1968 coñece en Lugo a Elva Rei coa que
  casará en 1973. A parella terá logo tres fillos, Branca-
  Petra, Uxío e Arturo, e residirá ata 1983 entre Lugo e O
  Courel. Daquela recolle os poemas do ciclo courelán posteriores
  á publicación do primeiro libro, escritos entre 1954 e 1957,que,
  xunto con outros máis recentes de marcado signo político,
  conforma a obra titulada Os eidos 2 (1974), ilustrada con
  debuxos de Laxeiro e dedicada á memoria dos seus pais e de
  María Mariño. Logo, as dimensións políticas e gráfico- visual
  aparecen conxugadas no seu seguinte libro, Poemas
  caligráficos (Brais Pinto, Madrid, 1979).

  En 1983 afíncase definitivamente en Compostela, desde onde
  exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua
  Galega, a partir da súa primeira elección en 1982 ata a súa
  morte en 1999.

  Nos anos noventa publica tres contos , O cubil do xabarín,
  Gorgorín e Cabezón e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín,
  protagonizados por rapazas e rapaces, ambientados na
  xeografía do Courel e cunha rica linguaxe poética.

  Ademais, despois dun longo silencio, (Xerais, Vigo, 1991),
  publica Poemas da doada certeza i este brillo premido
  entre as pálpebras (1994). Esta reaparición poética
  complétase coa publicación do poemario de temática
  compostelá e autoría colectiva Camelio xaponés (1995). E
  neste último período o poeta segue sacando á luz diversas
                                5
CEIP A LAXE                                 LETRAS GALEGAS-2010



  mostras creativas en distintos medios, como as “Lendas de a
  cavalo” (O Correo Galego 13-VII-1997), pertencentes á obra
  inédita a que o propio escritor se ten referido en distintas
  ocasións como Libro de Rotas/ Ameto Mítico ou simplemente
  Ameto Mítico., e que sairía á rúa uns días despois do seu
  pasamento, acaecido o 30 de outubro de 1999, baixo o título
  Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago outras rotas
  (Hércules Ediciones, A Coruña, 1999).




                              6
CEIP A LAXE                                          LETRAS GALEGAS-2010




EDUCACIÓN INFANTIL
Aproximación ao autor, á súa terra e á súa obra

  - Presentación con fotografías da serra do Courel e do propio escritor
       . Colección simple de fotografías(sacadas das páxinas web)
       . Presentación de diapositivas(tipo Power Point)

Lectura/audición dun poema: “Canta o cuco…”

              “ Canta o cuco cala e canta

               Dos castiñeiros do val.

               Pasa o tempo e non di nada

               E volta o cuco a cantar”.

                            (Os Eidos)

1.- Motivación
   Amosar unha lámina cunha imaxe do cuco. Falar de cando chega o
cuco e do seu canto. Imitar o son do
cuco.

2.- Ler o poema
       a) Lectura expresiva do/da
mestre/a

      b) Os/as nenos/as aprenden
o poema repetindo cada verso

3.- Ilustrar o poema
        Nun folio en branco, debuxar
e colorear o poema: o cuco, as
árbores, o monte, as nubes, etc.



                                    7
CEIP A LAXE              LETRAS GALEGAS-2010



4.- Colorea o cuco




                     8
CEIP A LAXE                                          LETRAS GALEGAS-2010




5.- Dramatización
    A clase divídese en dous grupos. Un grupo recita o poema namentres
o outro grupo repite o son do cuco: cu-cú, cu-cú

6.- Outros poemas                       “Pacen as vacas
                                        Na nabarega.




“Cai a neve cai cai
                                        Treme a pequena
Falopiña a falopiña                     Que vai co’elas.
                                        Febreiro chove
Nin o vento o arremuíña
                                        Febreiro xea
Nin a auga a desfai.”                   Febreiro neva
                                        Neve lixeira…”

7.- Poesía e música
   Se tes conexión a internet e premes aquí poderás ter acceso a tres
poemas cantados de Uxío Novoneyra

Os contos para nenos
 Uxío Novoneyra escribe tres contos para nenos: O cubil do xabarín,
Gorgorín e cabezón e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín. Están publicados
por Edelvives na colección Ala delta. Podémosllos ler na hora de
lectura; as ilustracións que os acompañan axudaranlles a comprendelos
mellor.
                                    9
CEIP A LAXE                                   LETRAS GALEGAS-2010



EDUCACIÓN PRIMARIA

1º CICLO
No bicarelo do bico do brelo
Canta o paxariño
No mesmiño
Bicarelo do bico do brelo.
                 (Uxío Novoneyra. Os Eidos)
1.- Lectura do poema

2.- Falamos do poema
    Cal é o protagonista destes versos? Onde te imaxinas que
pode estar ese paxariño? Cales son as palabras que se repiten?
3.- Rodea o significado correcto:
    Un bicarelo é…
       Un xoguete con rodas
       A parte máis alta dunha planta
       Unha lambetada moi rica
    Un brelo é…
       A póla dunha árbore
       Un peixe de cores
       Unha verdura
4.- Copia o poema




                              10
CEIP A LAXE                                  LETRAS GALEGAS-2010



5.- Rodea o son que se repite en todas estas palabras:

Brelo abrir   cobrar   lebre   branco   ombreiro     sombra

6.- Escribe outras palabras parecidas




7.- Nunha árbore pousaron 12 paporrubios, 7 xílgaros e 5
verdeirois. Cantos paxaros había en total?




Se marchan 4 paporrubios e 2 xílgaros, cantos quedan?




8.- Dille aos teus pais ou ao mestre que che lea outro
poema, imaxínao e debúxao aquí.




                               11
CEIP A LAXE                                          LETRAS GALEGAS-2010



     9.- Poesía e música

      Se visitas o seguinte enderezo web podes escoitar o
poema “No bicarelo…” acompañado de imaxes do Courel:

http://centros.edu.xunta.es/ceipdalaxe

E na seguinte ligazón podes atopar outros poemas de Uxío
Novoneyra e de moitos outros poetas galegos na voz de
coñecidos grupos ou cantantes:
http://sondepoetas.blogspot.com



10.- A hora do conto

      “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín”
         Pedímoslles aos mestres que nos lean este fermoso e curto
         contiño. Non esquezades de pedirlles que vos amosen as
         ilustracións

   • Onde vivía Ilda?

   • Que lle prometeron o xabarín e o corzo?

   • Que lle prometeu o lobo?

   • Ceibou os tres animais ao mesmo tempo? Por que?

   • Cumpriron co que lle prometeron á moza?

   • Como termina o conto? Gustouche o conto ou non? Razoa a túa
     resposta.

   Aquí tes un fragmento do conto. Podes lelo e copialo na túa libreta:

     “ Era o xabarín:
                                    12
CEIP A LAXE                         LETRAS GALEGAS-2010




  - Dona Ilda! Se nos
      devolves ó monte,
      prométoche andar
      tódalas
      serras de Galicia e León e pedirlle
      a tódolos xabariños que se
   veñan a morar ao Courel encol do
   castelo de teu pai”.
                   ***


   Despois de ler e comprender o conto,divídese a
   clase en varios grupos. Cada un ocúpase dunha
   parte. Trátase de que ilustredes o conto. Nun
   mural podemos expoñer o resultado.




                         13
CEIP A LAXE                                   LETRAS GALEGAS-2010



Educación Primaria
2º ciclo
UXÍO NOVONEYRA(1930-1999)

   Nace en 1930 en Parada de Moreda,
na serra do Courel, provincia de Lugo.
Na           capital desta provincia
              estuda o bacharelato de
               1945 a 1948.

                  Nos dous anos seguintes trasládase a vivir a
 Madrid, onde se formará intelectualmente e empezará a
escribir.

   No ano 1952 retorna a Galicia e será a partir deste ano
cando, en contacto con escritores galegos como Manuel María e
Otero Pedrayo ou o pintor Carlos Maside, empeza a
comprometerse de verdade coa súa terra e a súa lingua.

En 1968 coñece en Lugo a Elva Rei coa que casará en 1973. A
parella terá logo tres fillos, Branca- Petra, Uxío e Arturo, e
residirá ata 1983 entre Lugo e O Courel.

En 1983 afíncase                      definitivamente en
Compostela, desde                     onde exerceu a
presidencia da                        Asociación de Escritores
en Lingua Galega, a                   partir da súa primeira
elección en 1982 ata a                súa morte en 1999.
  A súa obra poética fundamental leva por título Os Eidos.
Nos seus poemas expresa a emoción que sinte polas terras da
serra do Courel, alí onde el naceu.


                              14
CEIP A LAXE                                           LETRAS GALEGAS-2010



  Outras obras súas son: Poemas caligráficos(1979) ou
Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras(1994)
Nos anos noventa do século pasado escribe e publica tres contos para
nenos: O cubil do xabaril, Gorgorín e Cabezón e Ilda, o lobo, o corzo e
o xabarín.


         Despois de ler a vida e obra de Uxío Novoneyra

1.- Subliña as partes fundamentais do texto

2.- Responde a estas preguntas

   •      Onde naceu o poeta ao que se lle dedica este ano o Día das
       Letras Galegas?


   •  A partir de que ano empeza a comprometerse coa súa terra e a
     súa lingua?
   • Cita os lugares nos que viviu nalgunha época da súa vida.




   •Escribe o título de tres dos seus libros




3.- Busca información nos teus libros ou na biblioteca para situar no
mapa de Galicia os seguintes lugares relacionados con U. Novoneyra:




                                     15
CEIP A LAXE                                         LETRAS GALEGAS-2010



                                                     LUGO

                                                     O COUREL

                                                     SANTIAGO




  Sitúa no mapa as catro provincias galegas: A Coruña, Lugo , Ourense
e Pontevedra.




O CUBIL DO XABARÍN

  Podemos ler este conto ben na biblioteca do centro, na biblioteca
municipal,ou na hora de lectura. Se nos fixamos nas ilustracións
entenderemos ben a historia. As palabras máis estrañas podémolas
buscar no dicionario ou preguntando.

Aquí podes ler un fragmento:




                                   16
CEIP A LAXE                                                LETRAS GALEGAS-2010




                “Aquel domingo, a expedición tiña por meta O Cubil
                   do Xabarín, riba da valiña dos corzos, entre os
                 espiñazos de penas que baixan da lomba da serra.

                Agardaron uns por outros ata xuntarse os seis e, en
                trabado grupo para darse forza, como doce pernas
                dun só corpo, emprenden a subida cara á alta tara
                          onde o xabarín ten cubil e cría.

                Primeiro apeitaron a carroza súpeta, escavada por
                 carros, rabaños, torbóns e séculos, deixando logo
                atrás tamén a pena e a cova do castro que xa tiñan
                                    explorado”.




         COMPRENDO O QUE LEO

         Explica con outras palabras que entendes por Cubil do xabarín.




        A que lle tiña medo Rabilete?




       Que pasou xusto ao chegar ó cubil do xabarín?




                                        17
CEIP A LAXE                                            LETRAS GALEGAS-2010



       Que lle pasou a Portapeza?




       Pasouche algunha vez algo semellante? Cóntao.




              MÚSICA E POESÍA

         Se tes conexión a internet e premes na seguinte ligazón podes
         escoitar un poema de Novoneyra cantado polo cantautor Suso
         Vaamonde:

         http://sondepoetas.blogspot.com/2010/03/fiandeira-namorada-
         uxio-novoneyra.html

              Escoita a canción varias veces e trata de aprendela.

             Copia a canción na túa libreta de lingua. Ilústraa cun
         debuxo.

              O poema utiliza unha estrofa moi popular, a copla. É a
         mesma que utilizamos para cantar os “maios” e moitas outras
         celebracións populares.

             Cada estrofa está composta por         versos que riman o
         segundo co




                                     18
CEIP A LAXE                                  LETRAS GALEGAS-2010



Educación Primaria
3º ciclo
Uxío Novoneyra: O poeta do Courel
1.- Le a biografía que aparece na páx. 4
2.- Elabora unha liña do tempo coa vida deste autor.
              1930   nace no Courel
              1945   ____________________________________
              1949   ____________________________________
              1952   ____________________________________

                     ____________________________________
              1955   _____________________________________
              1962   __________________________________




                                19
CEIP A LAXE                                     LETRAS GALEGAS-2010



3.- Clasifica os libros de Uxío Novoneyra
    Poesía                            Narrativa(Prosa)




_______




4.- Le o seguinte poema

Prados da Veiga do Xal
De Cido e da Reboleira
Onde se avista O Real
I a xente que vén da feira!

Iba eu polos camiños
Ora cantaba ou xubriaba
De cando en cando paraba
A varexar os espiños.

Tódalas tardes traguía
Gargantillas de morodos
I arandos que eu collía
En chegar comíos todos.

              (Os Eidos, 1952)

                                 20
CEIP A LAXE                                   LETRAS GALEGAS-2010



Vocabulario
Varexar.-………………………………………
Morodos.-………………………………………
Arandos.-………………………………………
Comentamos o poema
    Que significan os nomes propios que aparecen ao
    principio?
    Cres que el coñece eses lugares?
__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________
    Que facía polos camiños?

__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________
    Pensas que lle gustaban os amorodos e os arandos? Con
    que frase o expresa?
    _____________________________________________________
    _____________________________________________________
    _____________________________________________________
    _____________________________________________________
    El fala do presente ou do pasado? Os verbos están en
    tempo:
  a) Presente         b) pasado        c) futuro

       Teñen algunha rima estes versos?______________________
       Cantas estrofas ten este poema? _______________________


                               21
CEIP A LAXE                                    LETRAS GALEGAS-2010



       Pescuda se nas proximidades do colexio ou da túa casa
       existen prados ou veigas que teñan nome
       propio.Anótaos.
__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________
       Os nomes que se refiren a lugares chámanse t_ _ _ _ _ _
       __
5.- A poesía está en todos,-as nós.
    Imaxina un lugar que che guste especialmente ou que teña
un significado especial para ti. Dedícalle un poema.
__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________
__________________________________________________________

O noso relevo
     Proxecto
     Debuxa un mapa de Galicia e sitúa nel as serras e
      montañas máis importantes.
   - Onde está a serra do Courel?
   - Cales son os cumes máis importantes desta serra?
     Investiga se os montes de Galicia son “novos” ou “vellos” e
      por que.
     Lendo a biografía de Uxío Novoneyra, vemos que coñeceu
      e compartiu inquedanzas con Manuel María, o poeta da
      Terra Cha. Pois ben, serías capaz de situar no mapa
                               22
CEIP A LAXE                                        LETRAS GALEGAS-2010



        anterior esa área xeográfica? Busca na biblioteca algún
        libro dese autor e le algunha das súas poesías.

    Un pouco de cálculo
    Entre Marín e Folgoso do Courel hai 217 Km de
    distancia.Canto tardará en chegar un coche que circule a
    unha velocidade media de 85 Km/h.

         Marín                                            Folgoso

    b




    Para ir e vir necesito 34 litros de gasóleo. Se 1 litro de
    gasóleo custa 1,05 euros, canto teño que gastar?




                 Na zona do Courel dase moi ben a castaña. Un
                 productor recolleu o pasado outono 650
                 quilogramos. Unha terceira parte eran moi
                 pequenas e non puido vendela. O resto da
                 producción puido vendela a 2,50 euros o quilo.
                 Canto gañou en total?




                                  23
CEIP A LAXE                                                LETRAS GALEGAS-2010




Actividades en liña
   Na seguinte ligazón poderás realizar unha divertida
actividade LIM(Libro Interactivo Multimedia) sobre a
súa vida, obra e O Courel:
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa

Webquest
   Unha nova actividade en liña que precisa de máis
elaboración:
http://centros.edu.xunta.es/ceipdeandrade/actividades/webquest/Plantilla%20W
ebquest/index.htm

Aquí podemos realizar outra actividade LIM(elaborada polo seminario Galán):

http://seminariogalan.org/inicio/ver/124

http://seminariogalan.org/inicio/ver/135       Caderno actividades 3º Ciclo Prim

Algo de música
Na seguinte ligazón atoparás un sinfín de poemas aos que lles
puxeron músico os nosos cantantes(Suso Vaamonde, Emilio
Cao, Miro Casabella, etc.), entre eles tres de Uxío Novoneyra:
http://sondepoetas.blogspot.com       tres poemas cantados




                                            Marín, 12 de abril de 2010

                                            ENDL


                                       24
CEIP A LAXE        LETRAS GALEGAS-2010




              25

More Related Content

What's hot

Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
Felipe
 

What's hot (20)

Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Gonzalo Navaza
Gonzalo NavazaGonzalo Navaza
Gonzalo Navaza
 
Folletos informativos
Folletos informativosFolletos informativos
Folletos informativos
 
As mestras e a literatura
As mestras e  a  literaturaAs mestras e  a  literatura
As mestras e a literatura
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
Uxio Novoneyra
Uxio NovoneyraUxio Novoneyra
Uxio Novoneyra
 
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e XuvenilLetras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Libro manuel maria
Libro manuel mariaLibro manuel maria
Libro manuel maria
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
 
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
 
Daniel ferreiro
Daniel ferreiroDaniel ferreiro
Daniel ferreiro
 
Álvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiroÁlvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiro
 
¿Que é unha fábula?
¿Que é unha fábula?¿Que é unha fábula?
¿Que é unha fábula?
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
 
Uxío Novoneira - DLG 2010
Uxío Novoneira - DLG 2010Uxío Novoneira - DLG 2010
Uxío Novoneira - DLG 2010
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 

Viewers also liked (8)

Campamentos inmersión
Campamentos inmersiónCampamentos inmersión
Campamentos inmersión
 
Public Space Presentation2976
Public Space Presentation2976Public Space Presentation2976
Public Space Presentation2976
 
Declaración de apoio ao ensino en galego
Declaración de apoio ao ensino en galegoDeclaración de apoio ao ensino en galego
Declaración de apoio ao ensino en galego
 
Discurso manolo acto 28 de abril
Discurso manolo acto 28 de abrilDiscurso manolo acto 28 de abril
Discurso manolo acto 28 de abril
 
Ditame consello consultivo basesdecreto
Ditame consello consultivo basesdecretoDitame consello consultivo basesdecreto
Ditame consello consultivo basesdecreto
 
Customer Service Program Genesis
Customer Service Program GenesisCustomer Service Program Genesis
Customer Service Program Genesis
 
Customer Service 2011 revised
Customer Service 2011 revisedCustomer Service 2011 revised
Customer Service 2011 revised
 
Public Space Presentation
Public Space PresentationPublic Space Presentation
Public Space Presentation
 

Similar to Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010

Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
Reme Rbm
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
capranta
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonEscolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Curtisbiblio
 
Presentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixidaPresentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixida
trafegosamilleiros
 
Copia de presentación1
Copia de presentación1Copia de presentación1
Copia de presentación1
xanelacachada
 

Similar to Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010 (20)

Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
Dip diaz castro
Dip diaz castroDip diaz castro
Dip diaz castro
 
Dípticos
DípticosDípticos
Dípticos
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyraGuia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
 
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonEscolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
 
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do SonEscolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
Lois Pereiro
Lois PereiroLois Pereiro
Lois Pereiro
 
Lois Pereiro
Lois PereiroLois Pereiro
Lois Pereiro
 
Presentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixidaPresentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixida
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍA
 
Copia de presentación1
Copia de presentación1Copia de presentación1
Copia de presentación1
 

More from cenlf

More from cenlf (20)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdf
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxe
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtro
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtro
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (10)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010

  • 1. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 Letras Galegas-2010 UXÍO NOVONEYRA Unidades didácticas CEIP A LAXE(MARÍN) Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística 1
  • 2. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 FONTES DIXITAIS www.uxionovoneyra.com biografía, poemas, vídeos, recitais www.realacademiagalega.org biografía, bibliografía http://sondepoetas.blogspot.com tres poemas cantados http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa Aquí atoparemos un LIM(Libro interactivo multimedia), é dicir, unha actividade completa da vida e obra de Novoneyra que podemos realizar en liña. http://centros.edu.xunta.es/ceipdeandrade/actividades/webquest/Plantilla%20W ebquest/index.htm Interesante webquest de U. Novoneyra para 3º ciclo de E. Primaria da Biblioteca do CEIP de Andrade. http://seminariogalan.org/inicio/ver/122 Actividades LIM 1º Ciclo Primaria http://seminariogalan.org/inicio/ver/123 Actividades LIM 2º Ciclo Primaria http://seminariogalan.org/inicio/ver/124 Actividades LIM 3º Ciclo Primaria 2
  • 3. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 http://seminariogalan.org/inicio/ver/141 Caderno de actividades E.Infantil http://seminariogalan.org/inicio/ver/133 Caderno actividades 1º Ciclo Prim http://seminariogalan.org/inicio/ver/134 Caderno actividades 2º Ciclo Prim http://seminariogalan.org/inicio/ver/135 Caderno actividades 3º Ciclo Prim Bibliografía Uxío Novoneyra. Os Eidos. Edit. La Voz de Galicia. Biblioteca-120 Galega. A Coruña,2002 Uxío Novoneyra. O cubil do xabarín.Edit. Edelvives. Col. Ala delta. Zaragoza, 1991 Uxío Novoneyra. Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín. Edit. Edelvives. Col. Ala delta. Zaragoza, 1998 3
  • 4. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 VIDA E OBRA Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. En 1945 trasládase, durante o período escolar, a Lugo para estudar o bacharelato, que remata en 1948. Neste último ano coñece nesta cidade ó seu compañeiro de xeración, o escritor da Terra Cha Manuel María. De 1949 a 1951 está en Madrid. Esta xeira madrileña é unha etapa de formación cultural, en gran parte autodidacta, na que empezará a escribir en castelán. En 1952 Novoneyra volve a Galicia para facer o servizo militar, con estancias en Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, coincidindo outra vez con Manuel María. As experiencias composteláns son fundamentais pois espertan no escritor unha nova conciencia galega que se vai forxando en contacto con figuras como o pintor Carlos Maside, o ensaísta e ideólogo Ramón Piñeiro e a figura polifacética e patriarcal de Ramón Otero Pedrayo. É precisamente este contacto co galeguismo, xunto coa volta ao Courel durante unhas vacacións no ano 1952, o que motiva o autor para escribir en galego. A continuación, de 1953 a 1962, permanece no seu lugar de nacemento tendo que gardar repouso a causa dunha pleuresía. Nesta situación de soidade nace o ciclo poético courelán, que se inicia co libro Os eidos (1955), escrito entre 1952 e 1954. No período que vai de 1962 a 1966 o escritor vive en Madrid. 4
  • 5. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 Nesa capital traballa na radio e na televisión sempre en programas relacionados coa poesía galega, española ou universal. Nesta época nace o libro Elegías del Laurel y outros poemas (1966), en edición bilingüe. En 1966 retorna de novo ao Courel, debido á enfermidade dos seus proxenitores, e xa desde este momento quedará a vivir en Galicia. En 1968 coñece en Lugo a Elva Rei coa que casará en 1973. A parella terá logo tres fillos, Branca- Petra, Uxío e Arturo, e residirá ata 1983 entre Lugo e O Courel. Daquela recolle os poemas do ciclo courelán posteriores á publicación do primeiro libro, escritos entre 1954 e 1957,que, xunto con outros máis recentes de marcado signo político, conforma a obra titulada Os eidos 2 (1974), ilustrada con debuxos de Laxeiro e dedicada á memoria dos seus pais e de María Mariño. Logo, as dimensións políticas e gráfico- visual aparecen conxugadas no seu seguinte libro, Poemas caligráficos (Brais Pinto, Madrid, 1979). En 1983 afíncase definitivamente en Compostela, desde onde exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a partir da súa primeira elección en 1982 ata a súa morte en 1999. Nos anos noventa publica tres contos , O cubil do xabarín, Gorgorín e Cabezón e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, protagonizados por rapazas e rapaces, ambientados na xeografía do Courel e cunha rica linguaxe poética. Ademais, despois dun longo silencio, (Xerais, Vigo, 1991), publica Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994). Esta reaparición poética complétase coa publicación do poemario de temática compostelá e autoría colectiva Camelio xaponés (1995). E neste último período o poeta segue sacando á luz diversas 5
  • 6. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 mostras creativas en distintos medios, como as “Lendas de a cavalo” (O Correo Galego 13-VII-1997), pertencentes á obra inédita a que o propio escritor se ten referido en distintas ocasións como Libro de Rotas/ Ameto Mítico ou simplemente Ameto Mítico., e que sairía á rúa uns días despois do seu pasamento, acaecido o 30 de outubro de 1999, baixo o título Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago outras rotas (Hércules Ediciones, A Coruña, 1999). 6
  • 7. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 EDUCACIÓN INFANTIL Aproximación ao autor, á súa terra e á súa obra - Presentación con fotografías da serra do Courel e do propio escritor . Colección simple de fotografías(sacadas das páxinas web) . Presentación de diapositivas(tipo Power Point) Lectura/audición dun poema: “Canta o cuco…” “ Canta o cuco cala e canta Dos castiñeiros do val. Pasa o tempo e non di nada E volta o cuco a cantar”. (Os Eidos) 1.- Motivación Amosar unha lámina cunha imaxe do cuco. Falar de cando chega o cuco e do seu canto. Imitar o son do cuco. 2.- Ler o poema a) Lectura expresiva do/da mestre/a b) Os/as nenos/as aprenden o poema repetindo cada verso 3.- Ilustrar o poema Nun folio en branco, debuxar e colorear o poema: o cuco, as árbores, o monte, as nubes, etc. 7
  • 8. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 4.- Colorea o cuco 8
  • 9. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 5.- Dramatización A clase divídese en dous grupos. Un grupo recita o poema namentres o outro grupo repite o son do cuco: cu-cú, cu-cú 6.- Outros poemas “Pacen as vacas Na nabarega. “Cai a neve cai cai Treme a pequena Falopiña a falopiña Que vai co’elas. Febreiro chove Nin o vento o arremuíña Febreiro xea Nin a auga a desfai.” Febreiro neva Neve lixeira…” 7.- Poesía e música Se tes conexión a internet e premes aquí poderás ter acceso a tres poemas cantados de Uxío Novoneyra Os contos para nenos Uxío Novoneyra escribe tres contos para nenos: O cubil do xabarín, Gorgorín e cabezón e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín. Están publicados por Edelvives na colección Ala delta. Podémosllos ler na hora de lectura; as ilustracións que os acompañan axudaranlles a comprendelos mellor. 9
  • 10. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 EDUCACIÓN PRIMARIA 1º CICLO No bicarelo do bico do brelo Canta o paxariño No mesmiño Bicarelo do bico do brelo. (Uxío Novoneyra. Os Eidos) 1.- Lectura do poema 2.- Falamos do poema Cal é o protagonista destes versos? Onde te imaxinas que pode estar ese paxariño? Cales son as palabras que se repiten? 3.- Rodea o significado correcto: Un bicarelo é… Un xoguete con rodas A parte máis alta dunha planta Unha lambetada moi rica Un brelo é… A póla dunha árbore Un peixe de cores Unha verdura 4.- Copia o poema 10
  • 11. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 5.- Rodea o son que se repite en todas estas palabras: Brelo abrir cobrar lebre branco ombreiro sombra 6.- Escribe outras palabras parecidas 7.- Nunha árbore pousaron 12 paporrubios, 7 xílgaros e 5 verdeirois. Cantos paxaros había en total? Se marchan 4 paporrubios e 2 xílgaros, cantos quedan? 8.- Dille aos teus pais ou ao mestre que che lea outro poema, imaxínao e debúxao aquí. 11
  • 12. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 9.- Poesía e música Se visitas o seguinte enderezo web podes escoitar o poema “No bicarelo…” acompañado de imaxes do Courel: http://centros.edu.xunta.es/ceipdalaxe E na seguinte ligazón podes atopar outros poemas de Uxío Novoneyra e de moitos outros poetas galegos na voz de coñecidos grupos ou cantantes: http://sondepoetas.blogspot.com 10.- A hora do conto “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín” Pedímoslles aos mestres que nos lean este fermoso e curto contiño. Non esquezades de pedirlles que vos amosen as ilustracións • Onde vivía Ilda? • Que lle prometeron o xabarín e o corzo? • Que lle prometeu o lobo? • Ceibou os tres animais ao mesmo tempo? Por que? • Cumpriron co que lle prometeron á moza? • Como termina o conto? Gustouche o conto ou non? Razoa a túa resposta. Aquí tes un fragmento do conto. Podes lelo e copialo na túa libreta: “ Era o xabarín: 12
  • 13. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 - Dona Ilda! Se nos devolves ó monte, prométoche andar tódalas serras de Galicia e León e pedirlle a tódolos xabariños que se veñan a morar ao Courel encol do castelo de teu pai”. *** Despois de ler e comprender o conto,divídese a clase en varios grupos. Cada un ocúpase dunha parte. Trátase de que ilustredes o conto. Nun mural podemos expoñer o resultado. 13
  • 14. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 Educación Primaria 2º ciclo UXÍO NOVONEYRA(1930-1999) Nace en 1930 en Parada de Moreda, na serra do Courel, provincia de Lugo. Na capital desta provincia estuda o bacharelato de 1945 a 1948. Nos dous anos seguintes trasládase a vivir a Madrid, onde se formará intelectualmente e empezará a escribir. No ano 1952 retorna a Galicia e será a partir deste ano cando, en contacto con escritores galegos como Manuel María e Otero Pedrayo ou o pintor Carlos Maside, empeza a comprometerse de verdade coa súa terra e a súa lingua. En 1968 coñece en Lugo a Elva Rei coa que casará en 1973. A parella terá logo tres fillos, Branca- Petra, Uxío e Arturo, e residirá ata 1983 entre Lugo e O Courel. En 1983 afíncase definitivamente en Compostela, desde onde exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a partir da súa primeira elección en 1982 ata a súa morte en 1999. A súa obra poética fundamental leva por título Os Eidos. Nos seus poemas expresa a emoción que sinte polas terras da serra do Courel, alí onde el naceu. 14
  • 15. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 Outras obras súas son: Poemas caligráficos(1979) ou Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras(1994) Nos anos noventa do século pasado escribe e publica tres contos para nenos: O cubil do xabaril, Gorgorín e Cabezón e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín. Despois de ler a vida e obra de Uxío Novoneyra 1.- Subliña as partes fundamentais do texto 2.- Responde a estas preguntas • Onde naceu o poeta ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas? • A partir de que ano empeza a comprometerse coa súa terra e a súa lingua? • Cita os lugares nos que viviu nalgunha época da súa vida. •Escribe o título de tres dos seus libros 3.- Busca información nos teus libros ou na biblioteca para situar no mapa de Galicia os seguintes lugares relacionados con U. Novoneyra: 15
  • 16. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 LUGO O COUREL SANTIAGO Sitúa no mapa as catro provincias galegas: A Coruña, Lugo , Ourense e Pontevedra. O CUBIL DO XABARÍN Podemos ler este conto ben na biblioteca do centro, na biblioteca municipal,ou na hora de lectura. Se nos fixamos nas ilustracións entenderemos ben a historia. As palabras máis estrañas podémolas buscar no dicionario ou preguntando. Aquí podes ler un fragmento: 16
  • 17. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 “Aquel domingo, a expedición tiña por meta O Cubil do Xabarín, riba da valiña dos corzos, entre os espiñazos de penas que baixan da lomba da serra. Agardaron uns por outros ata xuntarse os seis e, en trabado grupo para darse forza, como doce pernas dun só corpo, emprenden a subida cara á alta tara onde o xabarín ten cubil e cría. Primeiro apeitaron a carroza súpeta, escavada por carros, rabaños, torbóns e séculos, deixando logo atrás tamén a pena e a cova do castro que xa tiñan explorado”. COMPRENDO O QUE LEO Explica con outras palabras que entendes por Cubil do xabarín. A que lle tiña medo Rabilete? Que pasou xusto ao chegar ó cubil do xabarín? 17
  • 18. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 Que lle pasou a Portapeza? Pasouche algunha vez algo semellante? Cóntao. MÚSICA E POESÍA Se tes conexión a internet e premes na seguinte ligazón podes escoitar un poema de Novoneyra cantado polo cantautor Suso Vaamonde: http://sondepoetas.blogspot.com/2010/03/fiandeira-namorada- uxio-novoneyra.html Escoita a canción varias veces e trata de aprendela. Copia a canción na túa libreta de lingua. Ilústraa cun debuxo. O poema utiliza unha estrofa moi popular, a copla. É a mesma que utilizamos para cantar os “maios” e moitas outras celebracións populares. Cada estrofa está composta por versos que riman o segundo co 18
  • 19. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 Educación Primaria 3º ciclo Uxío Novoneyra: O poeta do Courel 1.- Le a biografía que aparece na páx. 4 2.- Elabora unha liña do tempo coa vida deste autor. 1930 nace no Courel 1945 ____________________________________ 1949 ____________________________________ 1952 ____________________________________ ____________________________________ 1955 _____________________________________ 1962 __________________________________ 19
  • 20. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 3.- Clasifica os libros de Uxío Novoneyra Poesía Narrativa(Prosa) _______ 4.- Le o seguinte poema Prados da Veiga do Xal De Cido e da Reboleira Onde se avista O Real I a xente que vén da feira! Iba eu polos camiños Ora cantaba ou xubriaba De cando en cando paraba A varexar os espiños. Tódalas tardes traguía Gargantillas de morodos I arandos que eu collía En chegar comíos todos. (Os Eidos, 1952) 20
  • 21. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 Vocabulario Varexar.-……………………………………… Morodos.-……………………………………… Arandos.-……………………………………… Comentamos o poema Que significan os nomes propios que aparecen ao principio? Cres que el coñece eses lugares? __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ Que facía polos camiños? __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ Pensas que lle gustaban os amorodos e os arandos? Con que frase o expresa? _____________________________________________________ _____________________________________________________ _____________________________________________________ _____________________________________________________ El fala do presente ou do pasado? Os verbos están en tempo: a) Presente b) pasado c) futuro Teñen algunha rima estes versos?______________________ Cantas estrofas ten este poema? _______________________ 21
  • 22. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 Pescuda se nas proximidades do colexio ou da túa casa existen prados ou veigas que teñan nome propio.Anótaos. __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ Os nomes que se refiren a lugares chámanse t_ _ _ _ _ _ __ 5.- A poesía está en todos,-as nós. Imaxina un lugar que che guste especialmente ou que teña un significado especial para ti. Dedícalle un poema. __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ __________________________________________________________ O noso relevo Proxecto Debuxa un mapa de Galicia e sitúa nel as serras e montañas máis importantes. - Onde está a serra do Courel? - Cales son os cumes máis importantes desta serra? Investiga se os montes de Galicia son “novos” ou “vellos” e por que. Lendo a biografía de Uxío Novoneyra, vemos que coñeceu e compartiu inquedanzas con Manuel María, o poeta da Terra Cha. Pois ben, serías capaz de situar no mapa 22
  • 23. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 anterior esa área xeográfica? Busca na biblioteca algún libro dese autor e le algunha das súas poesías. Un pouco de cálculo Entre Marín e Folgoso do Courel hai 217 Km de distancia.Canto tardará en chegar un coche que circule a unha velocidade media de 85 Km/h. Marín Folgoso b Para ir e vir necesito 34 litros de gasóleo. Se 1 litro de gasóleo custa 1,05 euros, canto teño que gastar? Na zona do Courel dase moi ben a castaña. Un productor recolleu o pasado outono 650 quilogramos. Unha terceira parte eran moi pequenas e non puido vendela. O resto da producción puido vendela a 2,50 euros o quilo. Canto gañou en total? 23
  • 24. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 Actividades en liña Na seguinte ligazón poderás realizar unha divertida actividade LIM(Libro Interactivo Multimedia) sobre a súa vida, obra e O Courel: http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa Webquest Unha nova actividade en liña que precisa de máis elaboración: http://centros.edu.xunta.es/ceipdeandrade/actividades/webquest/Plantilla%20W ebquest/index.htm Aquí podemos realizar outra actividade LIM(elaborada polo seminario Galán): http://seminariogalan.org/inicio/ver/124 http://seminariogalan.org/inicio/ver/135 Caderno actividades 3º Ciclo Prim Algo de música Na seguinte ligazón atoparás un sinfín de poemas aos que lles puxeron músico os nosos cantantes(Suso Vaamonde, Emilio Cao, Miro Casabella, etc.), entre eles tres de Uxío Novoneyra: http://sondepoetas.blogspot.com tres poemas cantados Marín, 12 de abril de 2010 ENDL 24
  • 25. CEIP A LAXE LETRAS GALEGAS-2010 25