SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
Glosario de termos artísticos.
1
TERMOS ARTÍSTICOS DE HISTORIA DA ARTE
( segundo indicacións da CIUG para a ABAU de Historia da Arte, curso 2022-23. Amplíanse
outros termos necesarios para a comprensión do temario, sinalados en cor verde)
ÁBSIDA: termo arquitectónico referido a unha capela ou conxunto de capelas, na cabeceira
dun templo tralo altar maior. Xeralmente é de planta semicircular ou poligonal e soe ir cuberta
con bóveda. Pode sobresaír en planta ou non. Un edificio pode ter unha ou varias, sempre
número impar e cunha ábsida central ( normalmente mais desenvolvida) e outras ábsidas
laterais. A estas ábsidas secundarias chámanselle absidiolas e poden abrirse dende a ábsida
principal ou dende o transepto.
ALTORELEVO: termo escultórico referido ós relevos que sobresaen máis da metade do vulto da
escultura.
APARELLO ALMOFADADO: muro ou aparello de perpiaños coas xuntas afundidas polo que da
a sensación de relevo.
APARELLO DE PERPIAÑO: paramento construído con bloques de pedra labrada de forma
regular chamados perpiaños. Ten xuntas finas.
APARELLO DE CACHOTERÍA: paramento construído a partir de pedras irregulares e de cascallo
chamados cachotes. Para que estas pedras irregulares asenten ben pódense empregar outras
pedras máis pequenas chamadas entullos que sirvan de recheo.
ARCOBOTANTE: Elemento arquitectónico construtivo. É un arco rampante que transmite os
empuxes laterais dunha bóveda a un contraforte ou botarel exterior do edificio.
ARCO: elemento arquitectónico curvo, construtivo ou ornamental, que na arquitectura
abovedada substitúe ó lintel ou arquitrabe cubrindo un espazo entre dous piares ou columnas
transmitindo o peso ou empuxe ós apoios (xambas) . As partes dun arco son: a luz, o espazo
entre os apoios; a frecha, a altura dende a liña de imposta ou arranque ata a doela clave. A
parte interna chámase intradorso e a externa extradorso. Cada unha das pezas en forma de
cuña chámase doela, sendo a central a doela clave. Existen moitos tipos de arco: de ferradura,
de medio punto, rebaixado…
Glosario de termos artísticos.
2
ARCO APUNTADO: tamén chamado oxival, é un tipo de arco composto por dous tramos de
arco que forman un ángulo central na clave, creando un intradorso cóncavo. Se o ángulo é moi
agudo o ángulo apuntado chamarase lanceolado (forma de lanza)
ARCO DE FERRADURA: tipo de arco tamén chamado túmido. É ultrasemicircular xa que a súa
curva é máis ampla que un semicírculo e que por tanto, ten forma de ferradura. Pode ter mais
ou menos frecha ou peralte. O arco de ferradura visigodo ten menos frecha ou peralte que o
califal. O visigótico ten un peralte dun terzo do radio e o califal da metade do radio.
ARCO DE MEDIO PUNTO: tipo de arco que ten o intradorso en forma semicircular: a frecha
mide igual á semiluz.
ARCO DE FAIXA: tipo de arco denominado así pola súa función de soster ou cinguir o interior
da bóveda, a modo de reforzo ó eixo transversal da nave. Soe corresponder cos contrafortes
ou arcobotantes exteriores, ós que lle transmite o empuxe. Pode ser de diferentes formas: de
medio punto, de ferradura, apuntado…
ARCO FORMEIRO: tipo de arco definido pola súa situación paralelo ó eixo do edificio ou da
nave. Funciona como arcada que fragmenta o espazo en tramos ou naves lonxitudinais. Os
arcos poden ser de diferentes tipos.
ARCO PERALTADO: dise do arco de calquera tipo (medio punto, apuntado, ferradura,…) que
ten peralte, é dicir, que a súa frecha supera verticalmente á lonxitude da luz quedando o
centro desprazado cara arriba, e incluíndo máis doelas sobre as impostas. O peralte tamén
pode ser unha calidade das bóvedas.
ARCO REBAIXADO: arco que ten o centro máis baixo da liña de imposta. A súa frecha e inferior
a luz. Afecta a calquera tipo de arco e tamén pódese aplicar ás bóvedas. Existen distintos tipos:
rebaixado, escarzano ou carpanel.
ARQUITRABE: elemento arquitectónico na parte inferior do entaboamento sobre o que
descansa o frixo e que apoia directamente sobre a columna. Propio do sistema arquitrabado e
polo tanto é un elemento horizontal paralelo ó chan. Tamén chamado lintel.
ARQUIVOLTA: na cara frontal dun arco son cada unha das roscas concéntricas e en derrame
que crean un van abucinado. Poden estar decoradas e non teñen unha finalidade construtiva.
Empréganse nas fiestras ou nas portadas, etc.
Glosario de termos artísticos.
3
BAIXORRELEVO: termo escultórico referido ós relevos que sobresaen menos da metade do
vulto da escultura resaltando pouco do plano.
BASE: Parte inferior da columna que descansa sobre o piso e na que se apoia o fuste.
Xeralmente composta de elementos cuadrangulares –plinto-, cóncavos- toro-, convexos -
escocia- . Segundo a combinación desas molduras da lugar a diferentes tipos de base.
BÓVEDA: cuberta arqueada entre muros e crea un espazo abovedado, contrario ós espazos
arquitrabados ou alintelados.
BÓVEDA DE CANÓN: tamén chamada de medio canón; é un tipo de bóveda que posúe unha
sección semicircular xerada pola prolongación dun arco de medio punto ó longo dun eixo lon-
xitudinal. Os seus paramentos teñen a forma de medio cilindro e polo tanto asemella o interior
dun canón. Segundo sexa o arco proxectado así será a bóveda de canón, é dicir, pode ser un
arco de medio punto rebaixado ou peraltado, ou apuntado, etc…
BÓVEDA DE ARESTA: elemento arquitectónico abovedado, que se emprega para cubrir
espazos cuadrangulares; e resulta da intersección de dúas bóvedas de canón (de igual frecha e
altura) que se cruzan perpendicularmente. Constrúense en tramos e polo tanto son máis
lixeiras e poden ter máis altura.
BÓVEDA DE CRUZARÍA: tamén chamada bóveda de nervios ou nervada. É un tipo de bóveda
de aresta que ten reforzadas as arestas con nervaduras ou molduras sobresaíntes. As bóvedas
de cruzaría mais simples teñen nervadas as arestas diagonais soamente pero despois poden
irse complicando e engadindo nervios (terceletes) e converténdose en bóvedas sexpartitas,
reticuladas, estreladas, de abano, etc…
CADRO DE HISTORIA: xénero pictórico que narra unha historia. Esta acción narrada pode ser
verídica ou histórica, ou unha lenda, ou mitolóxica, ou relixiosa, literaria, etc … Pode ter un
carácter conmemorativo, propagandístico ou moralizante.
CADRO DE XÉNERO: xénero pictórico que representa escenas cotiás coetáneas ó pintor fóra
das grandes narracións heroicas nas que os protagonistas son xentes do común. Poden ser da
vida privada (dentro dos fogares), do mundo do traballo ou do lecer (oficios, festas, xogos
populares, celebracións relixiosas…) , do campo ou das cidades (feiras, mercados, estacións…)
CANON: Regra das proporcións entre as parte dun todo conforme ó ideal. É o conxunto
daquelas características que unha sociedade considera convencionalmente como fermoso ou
atractivo, sexa nunha persoa ou nun obxecto. Foi estudado e teorizado ó longo das distintas
Glosario de termos artísticos.
4
épocas variando no tempo. Os máis empregados na arte son o canon da columna
(arquitectura) e o canon aplicado á figura humana (escultura).
CAPITEL: Elemento arquitectónico colocado sobre o fuste da columna que sostén
directamente o arquitrabe, ou a rosca do arco cando se sitúa na imposta. Soe estar decorado e
adoitar diversas formas dando lugar a distintos tipos de capitel.
CAPITEL DÓRICO: tipo de capitel propio da columna de orde dórica. Componse de tres pezas:
ábaco (peza prismática de planta cadrada baixo o arquitrabe), equino (figura convexa cónica
que une fuste e ábaco) e colarino (moldura do fuste cunha acanaladura en forma de colar).
CAPITEL XÓNICO: tipo de capitel dunha columna de orde xónica. O capitel é o elemento máis
característico de esta orde xa que se recoñece por dúas volutas ou espirais que adornan os
ángulos do equino, xunto con outros elementos ornamentais como ovas e dardos. Remátase
cun ábaco rectangular baixo o arquitrabe.
CAPITEL CORINTIO: capitel propio da columna de orde corintia. O capitel é o elemento máis
representativo desta orde pola súa forma de campá invertida ou canastro, do que rebordan
follas de acanto. Nas catro esquinas, os talos desta planta enrólanse formando volutas
(caulículos).
CAPITEL COMPOSTO: capitel propio da columna de orde composta, creación dos romanos. O
capitel é un dos elementos que definen esta orde xa que é mestura o xónico e o corintio. Toma
as volutas do xónico na súa parte superior, e as follas de acanto do corintio na parte inferior.
CIBORIO: construción elevada sobre o cruceiro que habitualmente ten forma de torre de
planta cadrada, octogonal ou poligonal. Xeralmente cuberta de cúpula, sobre trompas ou
pendentes, e rematada nun chapitel exteriormente. Soe ter vans para alixeirar o peso e para
dar luz ó interior.
CLARESCURO: técnica pictórica con forte contraste de luces e sombras. Aplícase para destacar
as partes iluminadas sobre un fondo escuro. Esta técnica permite crear meirandes efectos de
relevo e modelado das formas, mediante a gradación de tons.
CLAVE: doela central da curva dun arco ou da bóveda (clave de bóveda). Soe resaltar por ser
mais grande cas outras doelas ou por estar decorada.
COR PLANA: Masa de cor homoxénea sen matizar, sen gradación tonal nin lumínica
(clarescuro) , de modo que non da sensación de volume na pintura.
Glosario de termos artísticos.
5
COR PRIMARIA: Cor que non se pode obter pola mestura de outras cores. É a resposta do ollo
humano á luz. As cores primarias son: verde, azul (ciano) e vermello (maxenta).
COR SECUNDARIA OU BINARIA: Cores que se obteñen pola mestura de cores primarias de
dúas en dúas ( verde, laranxa e viola).
COR COMPLEMENTARIA: Son aquelas cores do espectro visible dispostas diametralmente
equidistantes no círculo cromático. Obtéñense mediante a contraposición dunha primaria
cunha cor secundaria formada polas outras dúas primarias . Na teoría da cor dise que dúas
cores son denominadas complementarias si, cando se mesturan nunha proporción dada o
resultado é unha cor neutral (gris, branco, ou negro).
COLUMNA SALOMÓNICA: Columna de fuste helicoidal típica do barroco europeo. Crese que
así eran as columnas do templo do Rei Salomón. Soen decorar o fuste con follas , acios e
pampos de vide.
CONTRAFORTE: tamén chamado estribo, é o engrosamento no muro, normalmente cara o
exterior, usado para transmitilas cargas transversais á cimentación e reforzar o paramento. Os
contrafortes permiten ó muro resistilos empuxes das bóvedas. Coñécense dende tempos
antigos sendo elementos característicos da arte románica e gótica.
CONTRAPOSTO: é un termo italiano que designa ó recurso escultórico consistente na
oposición harmónica entre as distintas partes do corpo humano coa finalidade de proporcionar
sensación de movemento e contribuír a romper a lei da frontalidade. Unha das pernas está
fixa no chan e a outra adiántase flexionada mentres que os cadrís e os ombreiros se atrasan e
adiantan alternativamente. A cabeza mira cara un lado. O conxunto simula un paso.
Estruturalmente a figura describe unha curva e unha contracurva no seu percorrido vertical en
forma de letra S. Foi o escultor grego Policleto o seu primeiro e máximo expoñente.
CORNIXA: é a parte superior e máis saínte dun entaboamento. Componse de varias molduras.
Ten como función principal evitar ca auga da choiva incida directamente sobre o muro ou se
deslice polo mesmo, ademais de rematar a cuberta do edificio.
CÚPULA: é un elemento arquitectónico que se utiliza para cubrir un espazo de planta circular,
cadrada, poligonal ou elíptica. Esta cuberta semiesférica obtense mediante a rotación de arcos
respecto dun punto central de simetría. Estes arcos poden ser de perfil semicircular,
parabólico ou oval. Se a cúpula cubre un espazo non esférico ten que empregar trompas ou
pendentes para acadar a sección circular de onde parta a cúpula (imposta).
Glosario de termos artísticos.
6
CURVA PRAXITELIANA: contraposto moi marcado utilizado por Praxíteles no século IV. Os
cadrís elévanse esaxeradamente dun lado creando un amplo arco coas pernas e co torso que
se dirixen cara sentidos contrarios en forma de S, polo que tamén recibe o nome de “S
Praxiteliano”. Deste xeito o eixo vertical da escultura, pártese polos cadrís; dándolle maior
sinuosidade ata o punto de que ten que apoiar a escultura sobre un elemento externo: panos,
árbores, troncos…Créase máis sensación de movemento e flexibilidade; amais de maior
expresividade e sensualidade.
DEAMBULATORIO: corredor que arrodea a parte posterior do presbiterio. É a prolongación
das naves laterais e só excepcionalmente se da sen elas.
DOELA: é un elemento construtivo con forma de cuña que se dispón radialmente para formar
un arco. Pode ser de diferentes materiais, como ladrillo ou pedra. A doela do centro, que
pecha o arco, chámase doela clave. As doelas dos extremos do arco e que reciben todo o seu
peso, chámanse salmer (a primeira doela do arranque dende a liña de imposta). A parte
interior dunha doela chámase intradorso e o lombo, que non se ve por estar dentro da
construción, extradorso .
ENTABOAMENTO: conxunto de pezas horizontais sostidas sobre as columnas ou piares na
arquitectura alintelada. Nas ordes clásicas divídese en arquitrabe, friso e cornixa. A orixe
destes elementos parece proceder de que os antigos construtores imitaran en pedra as formas
coas que construían en madeira.
ÉNTASE: engrosamento convexo do centro do fuste dunha columna para corrixir a nosa
percepción óptica de adelgazamento cóncavo. Deste xeito a sensación e de rectitude.
ESCULTURA DE VULTO REDONDO: tamén denominada escultura exenta. É aquela que se pode
contemplar dende calquera punto de vista ó seu redor porque non está pegada ó muro. Non
sería un relevo.
ESCULTURA EXENTA: escultura de vulto redondo.
ESFUMADO/SFUMATO: Técnica pictórica definida por Leonardo da Vinci como “ sen liñas, nin
bordes, coma o fume” (de aí o nome) ou máis alá do plano de enfoque. Ten efecto vaporoso
que se obtén pola superposición de veladuras de verniz. Da sensación de profundidade e acusa
a perspectiva espacial e aérea.
ESTATUA ECUESTRE: Xénero escultórico no que se representa ó personaxe montando a
cabalo. Procede da Antigüidade Clásica e se recupera no Renacemento.
Glosario de termos artísticos.
7
ESTATUA-COLUMNA: estatua de canon xeralmente esvelto pegada ó fuste dunha columna e
da súa mesma altura aproximada. Característica das xambas dalgunhas portadas de igrexas
porque estas columnas poden ser as xambas dun arco.
ESTILO: conxunto de características orixinais e persistentes no/na artista, nunha época, escola
ou zona xeográfica, que permite identificar as obras como feitas por esa persoa, nese tempo,
nesa escola ou nese lugar.
FRISO: elemento arquitectónico sostido consistente nunha franxa decorativa de
desenvolvemento horizontal. Nas ordes clásicas é a parte do entaboamento comprendida
entre o arquitrabe e a cornixa. Esta faixa pode ser continua ou fragmentada e pode conter
decoración escultórica ou pictórica.
FUSTE: corpo da columna (sección circular) ou do piar (sección poligonal) entre o capitel e a
base. Pode ser liso ou con acanaladuras, estrías, salomónico, etc. Pode tamén ornamentarse
con relevos ou pinturas.
ICONOGRAFÍA: é a descrición do tema ou asunto representado nas imaxes artísticas, así como
da súa simboloxía e os atributos que identifican ós personaxes representados. As dúas grandes
series iconográficas da arte occidental son a mitoloxía clásicas e a cristiá.
Os matices que a diferencian da iconoloxía son pouco precisos; e en realidade os dous
conceptos compleméntanse. A iconografía ocupase da orixe e desenrolo dos temas figurados
que se representan nas obras de arte, mentres que a iconoloxía descifra o seu significado en
relación co contexto.
ICONOLOXÍA: trátase da ciencia que estudia as imaxes, emblemas, alegorías e monumentos
con que os artistas representan ós personaxes mitolóxicos, relixiosos ou históricos, e se
diferencia da iconografía en que esta ten por fin a simple descrición de imaxes, mentres que a
iconoloxía as estudia en tódolos seus aspectos, comparándoas e clasificándoas, chegando
incluso a formular leis ou regras para coñecer a antigüidade e os diversos significados e
interpretacións.
IMPOSTA: en arquitectura é o saínte que marca o arranque dun arco ou unha bóveda, tamén
pode indicar a separación entre os andares dun edificio. É decorativa e sobre ela colócanse as
doelas –salmer- do arco.
Glosario de termos artísticos.
8
LIÑA SERPENTINATA: é un concepto tradicional na arte que designa á liña, esquema ou figura
que ten forma sinuosa ou serpentina en "S", ou rotada sobre si mesma. Está relacionada e é
unha esaxeración do contraposto con máis tensión do corpo.
MÉNSULA: é calquera elemento estrutural voado en beiril ou adorno saínte da vertical do
edificio como o arranque dun arco, balcón ou cuberta.
METOPA: espazo que media entre dous triglifos no friso clásico da orde dórica. Xeralmente é
cadrado e se adorna con rosas, bucranios, relevos historiados ou simplemente cor. Pode ser de
pedra, mármore ou terracota.
NÁRTICE: parte da basílica paleocristiá contigua á mesma, ábrese ó pórtico e estaba reservado
ós catecúmenos, aínda non bautizados. É o atrio de entrada e separado do resto do edificio.
Pode estar incluído na planta ou ser un pórtico aberto na fachada cara fóra.
NATUREZA MORTA: Xénero pictórico que representa unha composición a base de seres
inanimados : animais mortos de caza, vexetais e froitas, louza e teas...Tamén se lle chama
bodegón.
PARTELUZ: tamén chamado mainel. E un elemento arquitectónico disposto no centro do van
dun arco, “partindo” a luz dese van. Pode atoparse en portadas ou fiestras. Poden estar
decorados con esculturas ou pinturas.
PERSPECTIVA XERÁRQUICA: Aquela na que as figuras representadas dispóñense por tamaños
segundo sexa a súa relevancia e importancia. Como toda perspectiva é unha forma de
representalo espazo nunha superficie bidimensional, sen embargo, este tipo de perspectiva
non pretende representala realidade natural senón a orde e xerarquía, por iso tamén se lle
chama perspectiva teolóxica.
PERSPECTIVA AÉREA: é aquela perspectiva que intenta representar a realidade da atmosfera
que envolve ós obxectos, debuxando ós do fondo máis esvaídos para dala impresión de
distancia e profundidade.
PERSPECTIVA LINEAL: tipo de perspectiva na que as liñas converxen cara o fondo nun punto de
fuga. As figuras colócanse nestas liñas de fuga de modo que cada vez son máis pequenas a
medida que se afastan do espectador.
PIAR: elemento arquitectónico construtivo exento de sección poligonal. Soe ser máis robusto
que a columna. Ten capitel, fuste e base como as columnas.
Glosario de termos artísticos.
9
PILASTRA: piar non exento pegado ó muro. Pode ter unha función decorativa ou
arquitectónica.
PLANTA: é a representación dun corpo sobre un plano horizontal. Obtense mediante unha
proxección paralela, perpendicular ó plano proxectante horizontal, polo tanto, sen
perspectiva. É unha das principais representacións do sistema diédrico.
PLAN CENTRAL: referido a unha edificación de planta centralizada. Caracterizada pola
existencia de varios eixos de simetría, xa que se basea na forma dun polígono regular ou nun
círculo, que orienta a atención dos asistentes ó centro do edificio. O espazo interior constrúese
a partires dun centro.
PLANTA BASILICAL: planta arquitectónica baseada na basílica romana, característica dos
templos paleocristiáns e que despois foi asumida na arquitectura dos templos cristiáns
posteriores. Consta dunha nave central mais elevada e naves laterais separadas da central por
arcadas de arcos formeiros. O espazo dirixe a visión cara a cabeceira rematada nunha ábsida
onde está, nos templos cristiáns, o presbiterio co altar maior. Por isto é un tipo de planta
lonxitudinal. O acceso sitúase ós pés, habitualmente con atrio e pórtico ou nártice.
PLANTA DE CRUZ GREGA: tipo de planta dun edificio con forma de cruz grega, é dicir, de cruz
con catro brazos de igual medida que se cruzan nun ángulo recto. Nave e transepto teñen a
mesma lonxitude e crúzanse perpendicularmente. É un tipo de planta centralizada.
PLANTA DE CRUZ LATINA: tipo de planta dun edificio con forma de cruz latina, é dicir, a que
ten os brazos de diferente tamaño. O transepto é menor en lonxitude que o brazo lonxitudinal.
A planta de cruz latina é moi común nas igrexas de tradición latina e popularizouse a partir das
igrexas románicas dos monxes bieitos de Cluny que exportarán este modelo por toda Europa.
Tanto o brazo lonxitudinal como o transversal ou transepto pode ter varias naves separadas
por arcos formeiros. Estas naves morren na cabeceira, formada por unha ou varias ábsidas. É
un tipo de planta lonxitudinal.
PRESBITERIO: espazo na cabeceira das igrexas que circunda ó altar maior e que está separado
da nave por gradas, chanzos ou unha cancela. Estaba reservado para o clero máis vello, de aí a
súa significación grega :”presbítero”.
Glosario de termos artísticos.
10
RETRATO: É un xénero artístico que consiste na reprodución dunha ou varias persoas
principalmente en escultura, pintura ou fotografía. E un tema artístico. Poden ser retratos
individuais ou grupais; de corpo enteiro ou bustos; e poden ser autorretratos.
ROSETÓN: van circular calado, formado por trazarías e , ás veces, con vidreiras. É típico da
arte medieval. A partires do século XIII é elemento definitorio das fachadas das igrexas góticas.
TÉCNICA DE PANOS MOLLADOS: técnica escultórica que consiste en representalas
transparencias ,do corpo humano e os seus volumes, producidas pola roupa mollada. É un
recurso para producir sensación de tridimensionalidade, claroscuro nas pregaduras,
movemento, e expresividade. Fidias foi quen empezou a utilizala nos relevos do Partenón.
TÍMPANO: tamén chamado frontón. Espazo semicircular delimitado polo lintel e as arquivoltas
nas portadas das igrexas. Os tímpanos dos templos clásicos son triangulares determinados
pola cuberta a dúas augas. Soe estar decorado con relevos.
TRIBUNA: galería ou corredor sobre as naves laterais dun templo onde poden aloxarse os fieis.
Popularízase nas igrexas de peregrinación do medievo para acoller a un grande número de
fieis.
TRIFORIO: serie de fiestras abertas no muro da nave central dun edificio, sobre as arcadas que
separan as naves laterais, xeralmente cunha corredoira angosta para a circulación de persoas.
E un segundo piso por riba das naves laterais pero predomina a súa función ornamental.
TRIGLIFO: é un ornamento arquitectónico característico do friso dórico con forma rectangular,
máis alto que ancho, con tres bandas verticais separadas por dúas acanaladuras ou glifos
completos e dous semiglifos, un en cada extremo. Este motivo ornamental do friso dórico
alternase coa metopa, de superficie cadrada, que se decora con relevos ou pinturas.
É probable que os triglifos representaran as cabezas rectangulares das trabes utilizadas na
construción dos primitivos templos de madeira que precederon á arquitectura grega en pedra.
Estas cabeceiras cortábanse de forma similar ós triglifos e pintábanse con cera azul.
TROMPA: elemento arquitectónico construtivo en forma de pequena bóveda semicónica co
vértice no ángulo de dous muros e a parte máis ancha cara fóra. Serve para transformar unha
planta cadrada e por tanto poder asentar unha cúpula semiesférica sobre un corpo poligonal.

More Related Content

Similar to glosariodetermosartisticos.pdf

Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arteagreloroberto
 
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxia
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxiaArte paleocristiá, bizantina e carolinxia
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxiaIolanda
 
Tema IV. A arte prerrománica vocabulario
Tema IV.  A arte  prerrománica  vocabularioTema IV.  A arte  prerrománica  vocabulario
Tema IV. A arte prerrománica vocabulariomaikarequejoalvarez
 
Tema gótico caracteristicas xerais
Tema gótico caracteristicas xeraisTema gótico caracteristicas xerais
Tema gótico caracteristicas xeraisJosé Ramón
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacementomasinisa
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románicapapoularosa
 

Similar to glosariodetermosartisticos.pdf (11)

Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arte
 
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxia
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxiaArte paleocristiá, bizantina e carolinxia
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxia
 
Vocabulario arte paleocristiá
Vocabulario arte paleocristiáVocabulario arte paleocristiá
Vocabulario arte paleocristiá
 
Tema IV. A arte prerrománica vocabulario
Tema IV.  A arte  prerrománica  vocabularioTema IV.  A arte  prerrománica  vocabulario
Tema IV. A arte prerrománica vocabulario
 
Arquitectura Gótica
Arquitectura GóticaArquitectura Gótica
Arquitectura Gótica
 
Tema gótico caracteristicas xerais
Tema gótico caracteristicas xeraisTema gótico caracteristicas xerais
Tema gótico caracteristicas xerais
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacemento
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románica
 
Figuras xeométricas
Figuras xeométricasFiguras xeométricas
Figuras xeométricas
 
A catedral gótica
A catedral góticaA catedral gótica
A catedral gótica
 
Arquitectura Gótica
Arquitectura GóticaArquitectura Gótica
Arquitectura Gótica
 

More from Educación Plástica y Visual (20)

2.composición
2.composición2.composición
2.composición
 
Publicidade.odp
Publicidade.odpPublicidade.odp
Publicidade.odp
 
Abstracción
AbstracciónAbstracción
Abstracción
 
Redes modulares
Redes modularesRedes modulares
Redes modulares
 
libro artista
libro artistalibro artista
libro artista
 
Redes Tridimensionales 4 ESO
Redes Tridimensionales 4 ESORedes Tridimensionales 4 ESO
Redes Tridimensionales 4 ESO
 
Color2eso
Color2esoColor2eso
Color2eso
 
Redesmodulares 2eso
Redesmodulares 2esoRedesmodulares 2eso
Redesmodulares 2eso
 
Linea 1eso
Linea 1esoLinea 1eso
Linea 1eso
 
Paralelas 1 eso
Paralelas 1 esoParalelas 1 eso
Paralelas 1 eso
 
Paralelas 1 eso
Paralelas 1 esoParalelas 1 eso
Paralelas 1 eso
 
Paralelas 1 eso
Paralelas 1 esoParalelas 1 eso
Paralelas 1 eso
 
Inkscape2eso
Inkscape2esoInkscape2eso
Inkscape2eso
 
diseño ordenador 2 eso
diseño ordenador 2 esodiseño ordenador 2 eso
diseño ordenador 2 eso
 
Linea 1eso
Linea 1esoLinea 1eso
Linea 1eso
 
Inkscape 4 eso
Inkscape 4 esoInkscape 4 eso
Inkscape 4 eso
 
Inkscape 4 eso
Inkscape 4 esoInkscape 4 eso
Inkscape 4 eso
 
Inkscape 4 eso
Inkscape 4 esoInkscape 4 eso
Inkscape 4 eso
 
Bisectrices 2 eso
Bisectrices 2 esoBisectrices 2 eso
Bisectrices 2 eso
 
Tutorial de INKSCAPE: Logo a logo
Tutorial de INKSCAPE: Logo a logoTutorial de INKSCAPE: Logo a logo
Tutorial de INKSCAPE: Logo a logo
 

glosariodetermosartisticos.pdf

  • 1. Glosario de termos artísticos. 1 TERMOS ARTÍSTICOS DE HISTORIA DA ARTE ( segundo indicacións da CIUG para a ABAU de Historia da Arte, curso 2022-23. Amplíanse outros termos necesarios para a comprensión do temario, sinalados en cor verde) ÁBSIDA: termo arquitectónico referido a unha capela ou conxunto de capelas, na cabeceira dun templo tralo altar maior. Xeralmente é de planta semicircular ou poligonal e soe ir cuberta con bóveda. Pode sobresaír en planta ou non. Un edificio pode ter unha ou varias, sempre número impar e cunha ábsida central ( normalmente mais desenvolvida) e outras ábsidas laterais. A estas ábsidas secundarias chámanselle absidiolas e poden abrirse dende a ábsida principal ou dende o transepto. ALTORELEVO: termo escultórico referido ós relevos que sobresaen máis da metade do vulto da escultura. APARELLO ALMOFADADO: muro ou aparello de perpiaños coas xuntas afundidas polo que da a sensación de relevo. APARELLO DE PERPIAÑO: paramento construído con bloques de pedra labrada de forma regular chamados perpiaños. Ten xuntas finas. APARELLO DE CACHOTERÍA: paramento construído a partir de pedras irregulares e de cascallo chamados cachotes. Para que estas pedras irregulares asenten ben pódense empregar outras pedras máis pequenas chamadas entullos que sirvan de recheo. ARCOBOTANTE: Elemento arquitectónico construtivo. É un arco rampante que transmite os empuxes laterais dunha bóveda a un contraforte ou botarel exterior do edificio. ARCO: elemento arquitectónico curvo, construtivo ou ornamental, que na arquitectura abovedada substitúe ó lintel ou arquitrabe cubrindo un espazo entre dous piares ou columnas transmitindo o peso ou empuxe ós apoios (xambas) . As partes dun arco son: a luz, o espazo entre os apoios; a frecha, a altura dende a liña de imposta ou arranque ata a doela clave. A parte interna chámase intradorso e a externa extradorso. Cada unha das pezas en forma de cuña chámase doela, sendo a central a doela clave. Existen moitos tipos de arco: de ferradura, de medio punto, rebaixado…
  • 2. Glosario de termos artísticos. 2 ARCO APUNTADO: tamén chamado oxival, é un tipo de arco composto por dous tramos de arco que forman un ángulo central na clave, creando un intradorso cóncavo. Se o ángulo é moi agudo o ángulo apuntado chamarase lanceolado (forma de lanza) ARCO DE FERRADURA: tipo de arco tamén chamado túmido. É ultrasemicircular xa que a súa curva é máis ampla que un semicírculo e que por tanto, ten forma de ferradura. Pode ter mais ou menos frecha ou peralte. O arco de ferradura visigodo ten menos frecha ou peralte que o califal. O visigótico ten un peralte dun terzo do radio e o califal da metade do radio. ARCO DE MEDIO PUNTO: tipo de arco que ten o intradorso en forma semicircular: a frecha mide igual á semiluz. ARCO DE FAIXA: tipo de arco denominado así pola súa función de soster ou cinguir o interior da bóveda, a modo de reforzo ó eixo transversal da nave. Soe corresponder cos contrafortes ou arcobotantes exteriores, ós que lle transmite o empuxe. Pode ser de diferentes formas: de medio punto, de ferradura, apuntado… ARCO FORMEIRO: tipo de arco definido pola súa situación paralelo ó eixo do edificio ou da nave. Funciona como arcada que fragmenta o espazo en tramos ou naves lonxitudinais. Os arcos poden ser de diferentes tipos. ARCO PERALTADO: dise do arco de calquera tipo (medio punto, apuntado, ferradura,…) que ten peralte, é dicir, que a súa frecha supera verticalmente á lonxitude da luz quedando o centro desprazado cara arriba, e incluíndo máis doelas sobre as impostas. O peralte tamén pode ser unha calidade das bóvedas. ARCO REBAIXADO: arco que ten o centro máis baixo da liña de imposta. A súa frecha e inferior a luz. Afecta a calquera tipo de arco e tamén pódese aplicar ás bóvedas. Existen distintos tipos: rebaixado, escarzano ou carpanel. ARQUITRABE: elemento arquitectónico na parte inferior do entaboamento sobre o que descansa o frixo e que apoia directamente sobre a columna. Propio do sistema arquitrabado e polo tanto é un elemento horizontal paralelo ó chan. Tamén chamado lintel. ARQUIVOLTA: na cara frontal dun arco son cada unha das roscas concéntricas e en derrame que crean un van abucinado. Poden estar decoradas e non teñen unha finalidade construtiva. Empréganse nas fiestras ou nas portadas, etc.
  • 3. Glosario de termos artísticos. 3 BAIXORRELEVO: termo escultórico referido ós relevos que sobresaen menos da metade do vulto da escultura resaltando pouco do plano. BASE: Parte inferior da columna que descansa sobre o piso e na que se apoia o fuste. Xeralmente composta de elementos cuadrangulares –plinto-, cóncavos- toro-, convexos - escocia- . Segundo a combinación desas molduras da lugar a diferentes tipos de base. BÓVEDA: cuberta arqueada entre muros e crea un espazo abovedado, contrario ós espazos arquitrabados ou alintelados. BÓVEDA DE CANÓN: tamén chamada de medio canón; é un tipo de bóveda que posúe unha sección semicircular xerada pola prolongación dun arco de medio punto ó longo dun eixo lon- xitudinal. Os seus paramentos teñen a forma de medio cilindro e polo tanto asemella o interior dun canón. Segundo sexa o arco proxectado así será a bóveda de canón, é dicir, pode ser un arco de medio punto rebaixado ou peraltado, ou apuntado, etc… BÓVEDA DE ARESTA: elemento arquitectónico abovedado, que se emprega para cubrir espazos cuadrangulares; e resulta da intersección de dúas bóvedas de canón (de igual frecha e altura) que se cruzan perpendicularmente. Constrúense en tramos e polo tanto son máis lixeiras e poden ter máis altura. BÓVEDA DE CRUZARÍA: tamén chamada bóveda de nervios ou nervada. É un tipo de bóveda de aresta que ten reforzadas as arestas con nervaduras ou molduras sobresaíntes. As bóvedas de cruzaría mais simples teñen nervadas as arestas diagonais soamente pero despois poden irse complicando e engadindo nervios (terceletes) e converténdose en bóvedas sexpartitas, reticuladas, estreladas, de abano, etc… CADRO DE HISTORIA: xénero pictórico que narra unha historia. Esta acción narrada pode ser verídica ou histórica, ou unha lenda, ou mitolóxica, ou relixiosa, literaria, etc … Pode ter un carácter conmemorativo, propagandístico ou moralizante. CADRO DE XÉNERO: xénero pictórico que representa escenas cotiás coetáneas ó pintor fóra das grandes narracións heroicas nas que os protagonistas son xentes do común. Poden ser da vida privada (dentro dos fogares), do mundo do traballo ou do lecer (oficios, festas, xogos populares, celebracións relixiosas…) , do campo ou das cidades (feiras, mercados, estacións…) CANON: Regra das proporcións entre as parte dun todo conforme ó ideal. É o conxunto daquelas características que unha sociedade considera convencionalmente como fermoso ou atractivo, sexa nunha persoa ou nun obxecto. Foi estudado e teorizado ó longo das distintas
  • 4. Glosario de termos artísticos. 4 épocas variando no tempo. Os máis empregados na arte son o canon da columna (arquitectura) e o canon aplicado á figura humana (escultura). CAPITEL: Elemento arquitectónico colocado sobre o fuste da columna que sostén directamente o arquitrabe, ou a rosca do arco cando se sitúa na imposta. Soe estar decorado e adoitar diversas formas dando lugar a distintos tipos de capitel. CAPITEL DÓRICO: tipo de capitel propio da columna de orde dórica. Componse de tres pezas: ábaco (peza prismática de planta cadrada baixo o arquitrabe), equino (figura convexa cónica que une fuste e ábaco) e colarino (moldura do fuste cunha acanaladura en forma de colar). CAPITEL XÓNICO: tipo de capitel dunha columna de orde xónica. O capitel é o elemento máis característico de esta orde xa que se recoñece por dúas volutas ou espirais que adornan os ángulos do equino, xunto con outros elementos ornamentais como ovas e dardos. Remátase cun ábaco rectangular baixo o arquitrabe. CAPITEL CORINTIO: capitel propio da columna de orde corintia. O capitel é o elemento máis representativo desta orde pola súa forma de campá invertida ou canastro, do que rebordan follas de acanto. Nas catro esquinas, os talos desta planta enrólanse formando volutas (caulículos). CAPITEL COMPOSTO: capitel propio da columna de orde composta, creación dos romanos. O capitel é un dos elementos que definen esta orde xa que é mestura o xónico e o corintio. Toma as volutas do xónico na súa parte superior, e as follas de acanto do corintio na parte inferior. CIBORIO: construción elevada sobre o cruceiro que habitualmente ten forma de torre de planta cadrada, octogonal ou poligonal. Xeralmente cuberta de cúpula, sobre trompas ou pendentes, e rematada nun chapitel exteriormente. Soe ter vans para alixeirar o peso e para dar luz ó interior. CLARESCURO: técnica pictórica con forte contraste de luces e sombras. Aplícase para destacar as partes iluminadas sobre un fondo escuro. Esta técnica permite crear meirandes efectos de relevo e modelado das formas, mediante a gradación de tons. CLAVE: doela central da curva dun arco ou da bóveda (clave de bóveda). Soe resaltar por ser mais grande cas outras doelas ou por estar decorada. COR PLANA: Masa de cor homoxénea sen matizar, sen gradación tonal nin lumínica (clarescuro) , de modo que non da sensación de volume na pintura.
  • 5. Glosario de termos artísticos. 5 COR PRIMARIA: Cor que non se pode obter pola mestura de outras cores. É a resposta do ollo humano á luz. As cores primarias son: verde, azul (ciano) e vermello (maxenta). COR SECUNDARIA OU BINARIA: Cores que se obteñen pola mestura de cores primarias de dúas en dúas ( verde, laranxa e viola). COR COMPLEMENTARIA: Son aquelas cores do espectro visible dispostas diametralmente equidistantes no círculo cromático. Obtéñense mediante a contraposición dunha primaria cunha cor secundaria formada polas outras dúas primarias . Na teoría da cor dise que dúas cores son denominadas complementarias si, cando se mesturan nunha proporción dada o resultado é unha cor neutral (gris, branco, ou negro). COLUMNA SALOMÓNICA: Columna de fuste helicoidal típica do barroco europeo. Crese que así eran as columnas do templo do Rei Salomón. Soen decorar o fuste con follas , acios e pampos de vide. CONTRAFORTE: tamén chamado estribo, é o engrosamento no muro, normalmente cara o exterior, usado para transmitilas cargas transversais á cimentación e reforzar o paramento. Os contrafortes permiten ó muro resistilos empuxes das bóvedas. Coñécense dende tempos antigos sendo elementos característicos da arte románica e gótica. CONTRAPOSTO: é un termo italiano que designa ó recurso escultórico consistente na oposición harmónica entre as distintas partes do corpo humano coa finalidade de proporcionar sensación de movemento e contribuír a romper a lei da frontalidade. Unha das pernas está fixa no chan e a outra adiántase flexionada mentres que os cadrís e os ombreiros se atrasan e adiantan alternativamente. A cabeza mira cara un lado. O conxunto simula un paso. Estruturalmente a figura describe unha curva e unha contracurva no seu percorrido vertical en forma de letra S. Foi o escultor grego Policleto o seu primeiro e máximo expoñente. CORNIXA: é a parte superior e máis saínte dun entaboamento. Componse de varias molduras. Ten como función principal evitar ca auga da choiva incida directamente sobre o muro ou se deslice polo mesmo, ademais de rematar a cuberta do edificio. CÚPULA: é un elemento arquitectónico que se utiliza para cubrir un espazo de planta circular, cadrada, poligonal ou elíptica. Esta cuberta semiesférica obtense mediante a rotación de arcos respecto dun punto central de simetría. Estes arcos poden ser de perfil semicircular, parabólico ou oval. Se a cúpula cubre un espazo non esférico ten que empregar trompas ou pendentes para acadar a sección circular de onde parta a cúpula (imposta).
  • 6. Glosario de termos artísticos. 6 CURVA PRAXITELIANA: contraposto moi marcado utilizado por Praxíteles no século IV. Os cadrís elévanse esaxeradamente dun lado creando un amplo arco coas pernas e co torso que se dirixen cara sentidos contrarios en forma de S, polo que tamén recibe o nome de “S Praxiteliano”. Deste xeito o eixo vertical da escultura, pártese polos cadrís; dándolle maior sinuosidade ata o punto de que ten que apoiar a escultura sobre un elemento externo: panos, árbores, troncos…Créase máis sensación de movemento e flexibilidade; amais de maior expresividade e sensualidade. DEAMBULATORIO: corredor que arrodea a parte posterior do presbiterio. É a prolongación das naves laterais e só excepcionalmente se da sen elas. DOELA: é un elemento construtivo con forma de cuña que se dispón radialmente para formar un arco. Pode ser de diferentes materiais, como ladrillo ou pedra. A doela do centro, que pecha o arco, chámase doela clave. As doelas dos extremos do arco e que reciben todo o seu peso, chámanse salmer (a primeira doela do arranque dende a liña de imposta). A parte interior dunha doela chámase intradorso e o lombo, que non se ve por estar dentro da construción, extradorso . ENTABOAMENTO: conxunto de pezas horizontais sostidas sobre as columnas ou piares na arquitectura alintelada. Nas ordes clásicas divídese en arquitrabe, friso e cornixa. A orixe destes elementos parece proceder de que os antigos construtores imitaran en pedra as formas coas que construían en madeira. ÉNTASE: engrosamento convexo do centro do fuste dunha columna para corrixir a nosa percepción óptica de adelgazamento cóncavo. Deste xeito a sensación e de rectitude. ESCULTURA DE VULTO REDONDO: tamén denominada escultura exenta. É aquela que se pode contemplar dende calquera punto de vista ó seu redor porque non está pegada ó muro. Non sería un relevo. ESCULTURA EXENTA: escultura de vulto redondo. ESFUMADO/SFUMATO: Técnica pictórica definida por Leonardo da Vinci como “ sen liñas, nin bordes, coma o fume” (de aí o nome) ou máis alá do plano de enfoque. Ten efecto vaporoso que se obtén pola superposición de veladuras de verniz. Da sensación de profundidade e acusa a perspectiva espacial e aérea. ESTATUA ECUESTRE: Xénero escultórico no que se representa ó personaxe montando a cabalo. Procede da Antigüidade Clásica e se recupera no Renacemento.
  • 7. Glosario de termos artísticos. 7 ESTATUA-COLUMNA: estatua de canon xeralmente esvelto pegada ó fuste dunha columna e da súa mesma altura aproximada. Característica das xambas dalgunhas portadas de igrexas porque estas columnas poden ser as xambas dun arco. ESTILO: conxunto de características orixinais e persistentes no/na artista, nunha época, escola ou zona xeográfica, que permite identificar as obras como feitas por esa persoa, nese tempo, nesa escola ou nese lugar. FRISO: elemento arquitectónico sostido consistente nunha franxa decorativa de desenvolvemento horizontal. Nas ordes clásicas é a parte do entaboamento comprendida entre o arquitrabe e a cornixa. Esta faixa pode ser continua ou fragmentada e pode conter decoración escultórica ou pictórica. FUSTE: corpo da columna (sección circular) ou do piar (sección poligonal) entre o capitel e a base. Pode ser liso ou con acanaladuras, estrías, salomónico, etc. Pode tamén ornamentarse con relevos ou pinturas. ICONOGRAFÍA: é a descrición do tema ou asunto representado nas imaxes artísticas, así como da súa simboloxía e os atributos que identifican ós personaxes representados. As dúas grandes series iconográficas da arte occidental son a mitoloxía clásicas e a cristiá. Os matices que a diferencian da iconoloxía son pouco precisos; e en realidade os dous conceptos compleméntanse. A iconografía ocupase da orixe e desenrolo dos temas figurados que se representan nas obras de arte, mentres que a iconoloxía descifra o seu significado en relación co contexto. ICONOLOXÍA: trátase da ciencia que estudia as imaxes, emblemas, alegorías e monumentos con que os artistas representan ós personaxes mitolóxicos, relixiosos ou históricos, e se diferencia da iconografía en que esta ten por fin a simple descrición de imaxes, mentres que a iconoloxía as estudia en tódolos seus aspectos, comparándoas e clasificándoas, chegando incluso a formular leis ou regras para coñecer a antigüidade e os diversos significados e interpretacións. IMPOSTA: en arquitectura é o saínte que marca o arranque dun arco ou unha bóveda, tamén pode indicar a separación entre os andares dun edificio. É decorativa e sobre ela colócanse as doelas –salmer- do arco.
  • 8. Glosario de termos artísticos. 8 LIÑA SERPENTINATA: é un concepto tradicional na arte que designa á liña, esquema ou figura que ten forma sinuosa ou serpentina en "S", ou rotada sobre si mesma. Está relacionada e é unha esaxeración do contraposto con máis tensión do corpo. MÉNSULA: é calquera elemento estrutural voado en beiril ou adorno saínte da vertical do edificio como o arranque dun arco, balcón ou cuberta. METOPA: espazo que media entre dous triglifos no friso clásico da orde dórica. Xeralmente é cadrado e se adorna con rosas, bucranios, relevos historiados ou simplemente cor. Pode ser de pedra, mármore ou terracota. NÁRTICE: parte da basílica paleocristiá contigua á mesma, ábrese ó pórtico e estaba reservado ós catecúmenos, aínda non bautizados. É o atrio de entrada e separado do resto do edificio. Pode estar incluído na planta ou ser un pórtico aberto na fachada cara fóra. NATUREZA MORTA: Xénero pictórico que representa unha composición a base de seres inanimados : animais mortos de caza, vexetais e froitas, louza e teas...Tamén se lle chama bodegón. PARTELUZ: tamén chamado mainel. E un elemento arquitectónico disposto no centro do van dun arco, “partindo” a luz dese van. Pode atoparse en portadas ou fiestras. Poden estar decorados con esculturas ou pinturas. PERSPECTIVA XERÁRQUICA: Aquela na que as figuras representadas dispóñense por tamaños segundo sexa a súa relevancia e importancia. Como toda perspectiva é unha forma de representalo espazo nunha superficie bidimensional, sen embargo, este tipo de perspectiva non pretende representala realidade natural senón a orde e xerarquía, por iso tamén se lle chama perspectiva teolóxica. PERSPECTIVA AÉREA: é aquela perspectiva que intenta representar a realidade da atmosfera que envolve ós obxectos, debuxando ós do fondo máis esvaídos para dala impresión de distancia e profundidade. PERSPECTIVA LINEAL: tipo de perspectiva na que as liñas converxen cara o fondo nun punto de fuga. As figuras colócanse nestas liñas de fuga de modo que cada vez son máis pequenas a medida que se afastan do espectador. PIAR: elemento arquitectónico construtivo exento de sección poligonal. Soe ser máis robusto que a columna. Ten capitel, fuste e base como as columnas.
  • 9. Glosario de termos artísticos. 9 PILASTRA: piar non exento pegado ó muro. Pode ter unha función decorativa ou arquitectónica. PLANTA: é a representación dun corpo sobre un plano horizontal. Obtense mediante unha proxección paralela, perpendicular ó plano proxectante horizontal, polo tanto, sen perspectiva. É unha das principais representacións do sistema diédrico. PLAN CENTRAL: referido a unha edificación de planta centralizada. Caracterizada pola existencia de varios eixos de simetría, xa que se basea na forma dun polígono regular ou nun círculo, que orienta a atención dos asistentes ó centro do edificio. O espazo interior constrúese a partires dun centro. PLANTA BASILICAL: planta arquitectónica baseada na basílica romana, característica dos templos paleocristiáns e que despois foi asumida na arquitectura dos templos cristiáns posteriores. Consta dunha nave central mais elevada e naves laterais separadas da central por arcadas de arcos formeiros. O espazo dirixe a visión cara a cabeceira rematada nunha ábsida onde está, nos templos cristiáns, o presbiterio co altar maior. Por isto é un tipo de planta lonxitudinal. O acceso sitúase ós pés, habitualmente con atrio e pórtico ou nártice. PLANTA DE CRUZ GREGA: tipo de planta dun edificio con forma de cruz grega, é dicir, de cruz con catro brazos de igual medida que se cruzan nun ángulo recto. Nave e transepto teñen a mesma lonxitude e crúzanse perpendicularmente. É un tipo de planta centralizada. PLANTA DE CRUZ LATINA: tipo de planta dun edificio con forma de cruz latina, é dicir, a que ten os brazos de diferente tamaño. O transepto é menor en lonxitude que o brazo lonxitudinal. A planta de cruz latina é moi común nas igrexas de tradición latina e popularizouse a partir das igrexas románicas dos monxes bieitos de Cluny que exportarán este modelo por toda Europa. Tanto o brazo lonxitudinal como o transversal ou transepto pode ter varias naves separadas por arcos formeiros. Estas naves morren na cabeceira, formada por unha ou varias ábsidas. É un tipo de planta lonxitudinal. PRESBITERIO: espazo na cabeceira das igrexas que circunda ó altar maior e que está separado da nave por gradas, chanzos ou unha cancela. Estaba reservado para o clero máis vello, de aí a súa significación grega :”presbítero”.
  • 10. Glosario de termos artísticos. 10 RETRATO: É un xénero artístico que consiste na reprodución dunha ou varias persoas principalmente en escultura, pintura ou fotografía. E un tema artístico. Poden ser retratos individuais ou grupais; de corpo enteiro ou bustos; e poden ser autorretratos. ROSETÓN: van circular calado, formado por trazarías e , ás veces, con vidreiras. É típico da arte medieval. A partires do século XIII é elemento definitorio das fachadas das igrexas góticas. TÉCNICA DE PANOS MOLLADOS: técnica escultórica que consiste en representalas transparencias ,do corpo humano e os seus volumes, producidas pola roupa mollada. É un recurso para producir sensación de tridimensionalidade, claroscuro nas pregaduras, movemento, e expresividade. Fidias foi quen empezou a utilizala nos relevos do Partenón. TÍMPANO: tamén chamado frontón. Espazo semicircular delimitado polo lintel e as arquivoltas nas portadas das igrexas. Os tímpanos dos templos clásicos son triangulares determinados pola cuberta a dúas augas. Soe estar decorado con relevos. TRIBUNA: galería ou corredor sobre as naves laterais dun templo onde poden aloxarse os fieis. Popularízase nas igrexas de peregrinación do medievo para acoller a un grande número de fieis. TRIFORIO: serie de fiestras abertas no muro da nave central dun edificio, sobre as arcadas que separan as naves laterais, xeralmente cunha corredoira angosta para a circulación de persoas. E un segundo piso por riba das naves laterais pero predomina a súa función ornamental. TRIGLIFO: é un ornamento arquitectónico característico do friso dórico con forma rectangular, máis alto que ancho, con tres bandas verticais separadas por dúas acanaladuras ou glifos completos e dous semiglifos, un en cada extremo. Este motivo ornamental do friso dórico alternase coa metopa, de superficie cadrada, que se decora con relevos ou pinturas. É probable que os triglifos representaran as cabezas rectangulares das trabes utilizadas na construción dos primitivos templos de madeira que precederon á arquitectura grega en pedra. Estas cabeceiras cortábanse de forma similar ós triglifos e pintábanse con cera azul. TROMPA: elemento arquitectónico construtivo en forma de pequena bóveda semicónica co vértice no ángulo de dous muros e a parte máis ancha cara fóra. Serve para transformar unha planta cadrada e por tanto poder asentar unha cúpula semiesférica sobre un corpo poligonal.