2. A anexión de Santa María de Oza
«A todos os que a presente veren e entenderen,
sabede: que as Cortes decretaron e Nós
sancionado o seguinte:
Artigo 1º. Agrégase ao termo municipal da
Coruña (sic) o de Santa María de Oza».
Isto dicía o 13 de xullo de 1912 a Gaceta de
Madrid (agora Boletín Oficial do Estado) nun
texto datado dous días antes e encabezado por
«Don Alfonso XIII pola graza de Deus e a
Constitución, Rei de España».
3. Era a anexión doutra Oza, a de
Santa María , engulida hai agora cen
anos pola Coruña que entón tiña 8
quilómetros cadrados, tres veces
menos que os 24 de Santa María de
Oza.
A porcentaxe era notablemente
inverso na poboación, con case
50.000 veciños coruñeses fronte a
uns 9.000 residentes de Oza.
4. Censo oficial do ano 1910 Habitantes
de dereito
Parroquia de Sta. María de Oza
Parroquia de S. Vicente de Elviña
Parroquia de S. Cristovo das Viñas
Parroquia de S. Pedro de Visma
Total do concello de Sta. María de Oza
1.969
2.955
2.831
1.639
9.434
Total do concello de A Coruña 49.290
A Coruña pasou o día 1-10-1912 a ter
segundo o censo de poboación
58.724
Fte. INE
5. Ata 1912 o barrio de Elviña non
pertencía ao concello de A
Coruña. Este espazo e a gran
maioría do territorio que
actualmente ocupa pertenecían ao
concello de Oza que comprendía
as actuais parroquias de San
Pedro de Visma, San Cristovo das
Viñas, San Vicente de Elviña e
Santa María de Oza.
6. Croquis onde
se pode observar
a extensión e límites
dos dous concellos.
No de Oza sinálanse
A súa división en parroquiasFte. Wikipedia
7. Plano da Coruña 1912
momento en que se
producíu a anexión de Oza
8. A maioría do territorio
do concello de A
Coruña pertencía a
Sta. María de Oza
Fte. IGN
9. Con aquela decisión das
Cortes concluía un longo e
polémico proceso de fusión
de máis de dúas décadas
entre un municipio urbano,
como o coruñés, e outro rural
onde a poboación dedicábase
á agricultura e a gandería, é a
horta do Concello da Coruña.
11. Os límites entre Santa María de
Oza e A Coruña
A división administrativa do Estado en
concellos e provincias nace no século XIX.
Desde mediados dese século apenas
houbo variación no número de concellos
(97 concellos na provincia coruñesa en
1849 a 94 na actualidade) (ver cadro
adxunto)
Aínda que non estaban claros os límites
administrativos.
12. Nº Concellos galegos desde a súa creación ata a actualidade
Provincia Partido xudicial 1821 1834 1849 1994
A Coruña
Melide/Arzúa 17 10 10 10
Betanzos 14 10 10 10
Sísamo/Carballo 9 7 7 7
Vimianzo/Corcubión 14 8 8 8
A Coruña 6 7 7 6
Ferrol 19 8 8 7
Outes/Muros 14 4 4 4
Sar/Negreira 8 5 5 5
Noia 21 7 6 6
Poulo/Ordes 9 8 8 8
Ortigueira 19 8 5 6
Padrón 12 5 5 5
Pontedeume 11 9 9 9
Santiago 7 5 5 3
TOTAL 180 101 97 94
Lugo TOTAL 134 90 64 67
Ourense TOTAL 175 95 95 92
Pontevedra TOTAL 147 63 68 62
Galiza TOTAL 636 349 324 315
Elaboración propia sobre datos de X.R. Barreiro (1992) e B. López Morán (1994)
13. Os límites entre Santa María de
Oza e A Coruña
Houbo que esperar ata o ano 1889 para
darlle unha solución.
Ese ano a Rexente, María Cristina (viúva
de Afonso XII) na compaña do ministro de
gobernación, Venancio González firman,
en San Sebastián un Real Decreto por
medio do cal establécese a
obrigatoriedade de que tódolos concellos
españois sinalaran os seus lindeiros.
15. Os límites entre Santa María de
Oza e A Coruña
Os marcos tiñan que ser de pedra labrada
e ben chantados na terra. Desde cada un
deberá ollarse o seguinte e, todos eles,
terán fácil acceso para ás comprobacións
en caso de dúbidas.
Os lindeiros do concello de Santa María de
Oza foron establecidos de acordo co
disposto no anterior Decreto, estaban
situados da seguinte maneira:
17. Os límites entre Santa María de
Oza e A Coruña
Pola banda de afora son case os mesmos que
hoxe delimitan o actual concello de A Coruña cos
seus veciños de Oleiros, Culleredo e Arteixo.
Pola banda de dentro, ou sexa entre Santa María
de Oza e A Coruña (véxase plano anterior) foron
fixados mediante cuarenta e seis marcos de
pedra labrados e chantados na superficie.
A descripción que vén a partir de agora sirve
para establecer cales eran os límites entre estes
dous concellos veciños.
18. Exemplo de marco que
establece os límites
administrativos ou de propiedade
19. Os límites entre Santa María de
Oza e A Coruña
Para facer esta delimitación o día 21 de
xullo de 1890, constituíse enriba da ponte
de Monelos unha Comisión formada por
membros de ámbalas dúas corporacións
municipais e mailos peritos. A Comisión da
Coruña estaba encabezada polo Alcalde
Marchesi Dalmau e a de Santa María de
Oza polo seu que era José Sánchez
Seoane. Acordaron escomenzar a partilla
por San Roque de Afora e fixeron o
itinerario seguinte:
21. Os límites entre Santa María de
Oza e A Coruña
O marco primeiro o colocaron na praia de San Roque de
Afora e na mesma desembocadura do regato. Seguiron o
regeiro arriba, deixando ó mesmo de fronteira, ata chegar
á pontiña da estrada que vai ós fortes de san Pedro.
Dende este novo marco a liña divisoria arrinca cara o
Monte de Santa Margarida, deixando Peruleiro en A
Coruña e A Gramela en Oza. Seguen facendo diferentes
currunchos pola Agra do Orzán arriba ata acadar a
estrada de A Coruña a Fisterra e cruzan a mesma
chantando un marco en cada un dos dous foxos da
mesma, deixando o Ventorrillo en Oza e Santa Margarida
en A Coruña. Seguen cos marcos cara ó Borrallón
deixando no concello de Oza os lugares de Enfesta,
Outeiro, Borrallón e Vioño. Adxudicaron ó concello de A
Coruña os lugares de Nelle maila Coiramia.
22. Cala de San Roque de Afora
onde se iniciou o deslinde en 1890
23. Os límites entre Santa María de
Oza e A Coruña
Despois a liña divisoria vai frente a ponte de
Monelos, cruzando a estrada de A Coruña ós
Baños de Arteixo no lugar do Espiño deixa parte
deste lugar en Oza e o resto no territorio, mailas
vivendas, no municipio coruñés. Acada o campo
da Victoria deixando ás vivendas deste rueiro no
territorio coruñés. Seguidamente os marcos
forman unha fileira cara as Laxes de Orro ata
acadar a muralla da Granxa Agrícola e percorren
esta deica chegar a cabeceira que da fronte a
Ponte da Pedra. Dende esta esquina xira
noventa graos deica chegar ao río Monelos.
24. Rúa Río Monelos
por debaixo vai este
canalizado. Servía de
linde entre Oza e A Coruña
na zona da Gaiteira
Areal de San Diego
onde desemboca o río Monelos
Fotografía de Alberto Martí (1950)
25. Os límites entre Santa María de
Oza e A Coruña
Dende este punto o río Monelos fai fronteira
entre os dous concellos ata chegar a súa
desembocadura na praia de San Diego. Polo
tanto a Granxa Agrícola queda dividida unha
parta da mesma en cada concello. Deixa no
concello de Oza os lugares de Muíños, Monelos,
Cubela e A Gaiteira e no da Coruña: Castaños,
Campos da Victoria, rúa de Cabaleiros e
curralóns de Catro Camiños.
Estes lindeiros municipais tiveron unha vixencia
de 22 anos, pois no ano 1912 quedaron
anulados pola anexión de Santa María de Oza
pola Coruña.
26. 1907. Corralón da Gaiteira.
Festexos da Coruña
Fotografía de Pedro Ferrer
27. Conflitos entre veciños
A desaparición de Santa María de Oza, débese
fundamentalmente á presión da clase dirixente
comercial e industrial coruñesa que precisaba de
espazo para extender a súa actividade
económica. Principalmente na parroquia de Oza
e polo lado de Catro Camiños e a Gaiteira onde
se desenvolvía a actividade industrial, portuaria e
ferroviaria da localidade.
Por outro lado, a expansión demográfica de A
Coruña necesitaba de novos ensanches urbanos
para extender este crecemento.
30. Conflitos entre veciños
Os últimos anos do século XIX e comezos do
XX, no concello de Oza foron un continuo
problema co cesamento de cargos e inspeccións
administrativas.
En 1884 despois dunha inspección fiscal, o
Goberno Civil suspende as actividades do
concello por irregularidades. Isto levou ao
abandono administrativo, á falta de recadación
de tributos entre os veciños e ás débedas con
facenda e outros organismos por valor de máis
de 54.000 pesetas, moito diñeiro nestas datas.
32. Conflitos entre veciños
Os últimos anos do século XIX e comezos do
XX, no concello de Oza foron un continuo
problema co cesamento de cargos e inspeccións
administrativas.
En 1884 despois dunha inspección fiscal, o
Goberno Civil suspende as actividades do
concello por irregularidades. Isto levou ao
abandono administrativo, á falta de recadación
de tributos entre os veciños e ás débedas con
facenda e outros organismos por valor de máis
de 54.000 pesetas, moito diñeiro nestas datas.
33. Conflitos entre veciños
En 1887 agrávase a situación. As elección municipais
son declaradas núlas polo gobernador civil. É
inhabilitado e destituído o goberno municipal e
nomeado un novo alcalde interino. Durante este
tempo a casa consitorial cambia de ubicación varias
veces, desaparece documentación de bens e
aproveitando isto o concello de A Coruña cambia os
marcos dos lindes na zona da Palloza, dando lugar a
unha posterior denuncia efectuada polo párroco Lino
Mª Ferreiro. Foi resolta a favor de A Coruña e a
Palloza e os terreos colindantes aparecerán a nome
do Sr. Marchesi Dalmau. Aquí instalarase a refinería
da que era un dos seus propietarios.
35. Conflitos entre veciños
En 1890, seis anos despois, Oza recupera
a corporación e salda débedas vendendo
bens municipais. É, por outro lado, o
momento en que se fixa o linde definitivo.
En 1907 trasládase o concello ao lugar da
Moura (hoxe Avda. Fisterra). Ante as
protestas veciñas alúgase un edificio no
Montiño hoxe rúa Montes, para fixar a sé
municipal. Este edificio existe aínda en
ruínas.
37. Conflitos entre veciños
En 1890, seis anos despois, Oza recupera
a corporación e salda débedas vendendo
bens municipais. É, por outro lado, o
momento en que se fixa o linde definitivo.
En 1907 trasládase o concello ao lugar da
Moura (hoxe Avda. Fisterra). Ante as
protestas veciñas alúgase un edificio no
Montiño hoxe rúa Montes, para fixar a sé
municipal. Este edificio existe aínda en
ruínas.
39. Conflitos entre veciños
Aproveitando o descontento existente polo
cambio de ubicación do concello, os
industriais promoven e con grande número
de firmas solicitan a anexión da parroquia
de Sta. María de Oza á Coruña.
Foi desautorizada dende Madrid, xa que
das catro parroquias que forman o
concello é a única que xeraba ingresos.
41. Conflitos entre veciños
En 1909 o movemento pro-anexión de Oza insta
á alcaldía a levalo a cabo.
A Coruña toma como exemplo a experiencia da
cidade de Vigo, xa que acababa de anexionar o
concello de Bouzas. A corporación solicitou a
documentación que tramitara o concello vigués
para proceder dun modo semllante. Tamén en
Madrid personaxes, como o deputado e editor
xornalístico Fernández Latorre, buscaba apoios e
influencias no senado e goberno para conseguir
o obxectivo de anexión.
42. Personaxes durante a anexiónPersonaxes durante a anexión
Xoán Rodríguez PazXoán Rodríguez Paz
Último alcalde de
Oza. Médico de
profesión.
representante do
partido liberal e
monárquico.
Contrario ao
proceso de
anexión.
43. Personaxes durante a anexiónPersonaxes durante a anexión
Xosé Folla YordiXosé Folla Yordi
Alcalde de A Coruña, Elixido
tras as eleccións de 1910 é
único representatne do
partido liberal na
corporación e nomeado
como consecuencia do
enfrontamento entre
conservadores e
republicanos nesta. dimite
en agosto de 1912 xusto
cando se produce a anexión
de Oza.
44. Personaxes durante a anexiónPersonaxes durante a anexión
Xosé Martínez FontenlaXosé Martínez Fontenla
Alcalde accidental de
A Coruña no
momento da anexión.
Republicano, primo
do alcalde de Oza,
preside xunto a este
os actos de anexión.
45. Personaxes durante a anexiónPersonaxes durante a anexión
Xoán Fernández LatorreXoán Fernández Latorre
Deputado en Cortes e
gran partidario e
promotor da anexión de
Oza. Fundador de La Voz
de Galicia, que
funcionaba como unha
gaceta a favor da
anexión.
Fallece ese mesmo ano
sen ser protagonista do
acontecemento.
46. Banquete de celebración da
fusión-anexión do concello de
Santa María de Oza. O acto
realizouse no desaparecido
teatro Circo Emilia Pardo
Bazán
Gravado da Torre de Hércules e
selo do Concello de Santa
María de Oza
47. Nas eleccións municipais de
1913, promóvese unha
candidatura a favor dos
intereses de Oza da que saíra
elixido o exalcalde Xoán
Rodríguez Paz como
concelleiro de A Coruña
48. As parroquias do antigo
concello de Oza: San Vicenzo
de Elviña, Santa María de Oza,
San Pedro de Visma e San
Cristovo das Viñas
MEMORIA FOTOGRÁFICA
49. Imaxe de A Coruña desde o
Montiño. Fotografía Hauser e
Manet
50. Imaxe de A Coruña desde o
Montiño. Fotografía de Pedro
Ferrer
52. Castelo de San Diego derruído
en 1960 para ampliación do
porto industrial
53. Corralón da Gaiteira. 24/08/1907. Partido do Deportivo da Sala Calvet,
denominación de entón do equipo coruñés, e o Pontevedra Sporting Club.
Un ano despois de constituírse o club. O encontro celebrouse neste corralón
(cando Riazor non existía) formou parte do Campeonato de Galiza e Asturias.
Gañou o Pontevedra por 1-2. Neste torneo tamén participou
o Fortuna de Vigo, xerme do actual Celta.. Fotografía de Pedro Ferrer