SlideShare a Scribd company logo
O ser humano procede do 
mono? 
As orixes do ser humano 
Unidade 1
A orixe da vida 
• O noso planeta non sempre existiu no universo 
nin a vida no noso planeta. Calcúlase que foi hai 
4500 millóns de anos cando se formou a Terra 
por condensación de po cósmico e gases 
interestelares. Os primeiros organismos vivos 
apareceron 1500 millóns de anos despois. 
• Ata o século XIX, a explicación aceptada pola 
maioría dos naturalistas sobre a orixe da vida foi a 
creacionista. Segundo esta teoría, baseada na 
Biblia, a vida foi creada por Deus hai 
aproximadamente 6000 anos.
A orixe da vida 
• TEXTO 
• Ao principio creou Deus os ceos e a terra (…) Dixo logo: “Faga abrollar a terra 
herba verde, herba con semente, e árbores froiteiras cada un co seu froito, 
segundo a súa especie, e coa súa semente, sobre a terra” E así foi. E 
produciu a terra herba verde, herba con semente, e árbores de froito con 
semente cada un. Viu Deus ser bo (…) Dixo logo Deus: “Abrolle a terra seres 
animados segundo a súa especie, gandos, réptiles e bestas da terra segundo 
a súa especie. E así foi. Fixo Deus tódalas bestas da terra segundo a súa 
especie, os gandos segundo a súa especie, e todolos réptiles da terra 
segundo a súa especie. E viu Deus ser bo. 
• Dixo entón Deus: “Fagamos ao home á nosa imaxe e á nosa semellanza, para 
que domine sobre os peixes do mar, sobre as aves do ceo, sobre os gandos e 
sobre tódalas bestas da terra e sobre cantos animais se moven sobre ela”. E 
creou Deus ao home a imaxe súa, a imaxe de Deus creouno, e creounos 
macho e femia; e bendiciunos Deus dicíndolles: “Procreade e multiplicádevos, 
e enchede a terra; sometédea e dominade sobre os peixes do mar, sobre as 
aves do ceo e sobre os gandos e sobre canto vive e se move sobre a terra” 
• Xénese, 1
A orixe da vida 
• A explicación que cobra máis forza no campo de bioloxía é a 
naturalista: a vida formouse unha soa vez, nun momento 
determinado da historia da Terra, a partir da materia inorgánica. 
• Este proceso natural de transformación da materia inorgánica en 
materia orgánica explicouno en 1938 o bioquímico A.I. OPARIN. 
• Segundo Oparin, hai 3000 millóns de anos, a atmósfera da Terra 
estaba composta de amoníaco, metano, hidróxeno e vapor de auga. 
Nesta atmósfera primitiva, e favorecidas pola enerxía do ambiente 
(radiacións solares, raios, calor de zonas volcánicas, etc.), teríanse 
desencadeado reaccións químicas que terían dado lugar a compostos 
orgánicos elementais (ácido cianhídrico, etc.). Estes teríanse diluído 
nas augas primitivas formando o caldo prebiótico. Serían aquí onde 
tería xurdido a primeira célula viva 
• A credibilidade desta hipótese viuse reforzada en 1953 ao acadar 
STANLEY L. MILLER, tras reproducir en laboratorio as condicións 
primitivas da Terra, a síntese de substancias orgánicas.
A orixe da vida 
• TEXTO 
• O enigma continúa e encobre tamén a resposta a unha pregunta de 
profundo interese. A vida ten aparecido na Terra: Cal era antes do 
acontecemento a probabilidade de que aparecese? A estrutura actual 
da biosfera non exclúe, senón ao contrario, a hipótese de que o 
acontecemento decisivo non se tiña producido máis que unha soa 
vez. O que significaría que a súa probabilidade a priori era case nula 
(…) O destino escríbese a medida que se cumpre, non antes. O noso 
non érao antes de que emerxera a especie humana, a única na 
biosfera que utiliza un sistema lóxico de comunicación simbólica. 
Outro acontecemento único que debería, por iso mesmo, prevernos 
contra todo antropocentrismo. Se foi único, como quizáis o foi a 
aparición da vida mesma, é porque as súas probabilidades, antes de 
aparecer, eran case nulas. O universo non estaba grávido da vida, nin 
a biosfera do home. O noso número saiu no xogo de Montecarlo. 
Como sorprenderse de que, como quen acaba de gañar alí mil 
millóns, sintamos a estrañeza da nosa condición? 
• JACQUES MONOD, O azar e a necesidade
A orixe da vida 
• A pesar do alto grao de elaboración teórica 
que posúe e da proba experimental coa que 
está avalada, a hipótese naturalista non 
suscita un acordo unánime entre tódolos 
científicos. O descubrimento en meteoritos 
de microorganismos fosilizados suxire, 
segundo a hipótese cosmozoica, que a 
vida non xurdiu na Terra, senón que 
chegou dalgún lugar do universo.
A relación entre as especies 
• Respeito da relación existente entre as 
distintas especies de seres vivos, as dúas 
explicacións que se teñen dado ao longo da 
historia son o fixismo e o evolucionismo.
A relación entre as especies 
• FIXISMO: 
• Segundo o fixismo, tódalas especies son 
invariables e independentes entre si. Esta 
postura foi defendida na antigüidade por 
ARISTÓTELES e o CRISTIANISMO 
combinouno co creacionismo. Segundo o 
relato bíblico, Deus tería creado en actos 
distintos ás diferentes especies de seres 
vivos e teríallles dado a forma que teñen 
actualmente. O ser humano sería 
radicalmente distinto ao resto dos seres 
vivos, e superior a eles por ter sido creado 
a imaxe e semellanza de Deus.
A relación entre as especies 
• FIXISMO: 
• Para explicar a existencia de restos fósiles 
correspondentes a especies extinguidas, o 
naturalista e creacionista GEORGES 
CUVIER (1769-1832) propuxo a teoría 
catastrofista, segundo a cal non houbo 
unha, senón varias creacións sucesivas. 
Todos os seres vivos creados por Deus en 
cada unha delas terían sido destruídos por 
grandes catástrofes naturais, tras cada 
unha das cales Deus tería procedido a 
unha nova creación.
A relación entre as especies 
• EVOLUCIONISMO: 
• Ao contrario que o fixismo, o 
evolucionismo sostén que as especies 
non tiveron sempre a forma actual, senón 
que unhas derivan doutras, establecendo 
entre elas unha relación de continuidade. 
• A idea da evolución biolóxica non é nova na 
historia do pensamento. Xa na antigüidade 
ANAXIMANDRO (s.VI a.C.) sostivo que a 
vida xurdeu na auga, e que tódolos animais 
terrestres, incluído o home, se 
desenvolveron a partir dos peixes.
A relación entre as especies 
• EVOLUCIONISMO: 
• Como teoría científica coherente, o evolucionismo 
comezou a elaborarse a finais do século XVIII, e 
actualmente está avalado por todo tipo de probas 
científicas: as probas anatómicas establecen 
coincidencias morfolóxicas entre grupos de seres vivos; as 
probas bioquímicas poñen de manifesto unha 
composición e procesos orgánicos similares en tódolos 
seres vivos; as probas embriolóxicas mostran as 
semellanzas entre embrións e fetos de distintas especies; 
as probas xenéticas desvelan as afinidades que existen 
na composición cromosómica dos seres vivos; as probas 
paleontolóxicas dinnos que a medida que se ascende 
nos estratos xeolóxicos os restos fósiles son máis 
complexos; e as probas xeográficas evidencian o 
acoplamento do ser vivo ao medio no que vive.
Teorías da evolución 
• A pesar de que tódolos evolucionistas 
aceptan a transformación das especies, 
discrepan entre si ao tratar de establecer os 
seus mecanismos e na súa interpretación. 
As principais teorías evolucionistas son: 
–O LAMARCKISMO 
–O DARWINISMO 
–A TEORÍA SINTÉTICA
Teorías da evolución 
• LAMARCKISMO: 
• A primeira teoría da 
evolución o 
transformación das 
especies de relevancia 
científica foi formulada 
polo naturalista JEAN-BAPTISTE 
DE MONET, 
cabaleiro de Lamarck 
(1744-1829). Lamarck 
atribuía os cambios nas 
especies a unha 
adaptación do 
organismo ao medio e á 
transmisión hereditaria 
das modificacións 
adquiridas.
Teorías da evolución 
• LAMARCKISMO: 
• Segundo a explicación de 
Lamarck, un cambio no 
medio provoca novas 
necesidades aos 
organismos. Estes 
esfórzanse por 
satisfacelas, 
desenvolvendo os 
órganos necesarios e 
atrofiando os 
innecesarios. Lamarck 
cría que estes novos 
órganos serían 
transmitidos aos seus 
descendentes.
Teorías da evolución 
• LAMARCKISMO: 
• Este é precisamente un 
dos puntos máis febles 
da explicación de 
Lamarck, xa que, como 
teñen posto de manifesto 
os modernos estudios 
xenéticos, os caracteres 
adquiridos non se 
herdan. Ademais, 
repróchaselle de carecer 
de probas científicas 
concluíntes, e de incluír 
no mundo orgánico unha 
intención ou vontade de 
evolucionar, algo que fai 
dificilmente crible.
Teorías da evolución 
• DARWINISMO: 
• CHARLES DARWIN (1809-1882) ofreceu unha explicación 
máis convincente da evolución, e aportou probas a favor da 
mesma, recollidas durante 5 anos de investigación por 
América do Sur e as illas do Pacífico a bordo do Beagle. As 
súas obras A orixe das especies (1859) e A orixe do home 
(1871) causaron unha gran conmoción na súa época. 
• Darwin expresou o seu recoñecemento ao economista 
THOMAS R. MALTHUS (1766-1834) por terlle feito 
comprende-lo mecanismo da selección. Na súa obra Ensaio 
sobre o principio da poboación (1798) escribira Malthus: “A 
potencia da poboación é indefinidamente superior á potencia 
da terra para producir sustento para a humanidade (…) A 
poboación sen controlar aumenta en progresión xeométrica, 
mentras que o alimento só crece en progresión aritmética”. De 
aquí conclúese unha loita entre individuos polo alimento, que 
conducirá á supervivencia do máis apto.
Teorías da evolución 
• DARWINISMO: 
• Darwin explicou a evolución como o resultado dun proceso de 
selección natural, semellante ao utilizado por agricultores e 
gandeiros para obter distintas variedades de animais e prantas, 
coa diferencia de que quen selecciona é o medio. 
• Segundo Darwin, de cada especie nacen máis individuos dos 
que poden sobrevivir. Estes individuos posúen variacións ou 
diferenzas entre si. Entre elas establécese a loita pola 
existencia, de modo que só sobrevivirán quenes posúan as 
variacións favorables para o medio no que viven. Estas 
variacións favorables serán transmitidas e herdadas polos seus 
descendentes. 
• Na explicación de Darwin destácase, fronte á de Lamarck, o 
carácter pasivo da evolución. Esta prodúcese polo mecanismo 
externo da selección, sen que haxa unha tendencia interna cara 
a unha vida superior. Con respecto a Lamarck, nega Darwin 
toda finalidade. Só hai azar (variacións) e necesidade 
(selección natural).
Teorías da evolución 
• DARWINISMO: 
• As ideas de Darwin estendéronse rapidamente, influíndo en 
tódolos ámbitos do pensamento. A primeira reacción contra o 
darwinismo foi protagonizada por un amplo sector da igrexa, 
quen a rexeitou por considerala incompatible co relato bíblico e 
por excluír toda intencionalidade divina na orixe do ser humano. 
Ademais parecíalles que, situando a súa orixe nos animais, a 
explicación de Darwin degradaba ao ser humano. 
• En ciencias sociais, a teoría da selección natural de Darwin 
influíu no denominado DARWINISMO SOCIAL ou intento de 
trasladar á sociedade a lei da loita pola existencia ou 
supervivencia do máis apto que opera na natureza. Para 
HERBERT SPENCER (1820-1903), o máis claro representante 
do darwinismo social, os que viven en mellores condicións de 
vida son os mellores. Con isto xustifica o predominio social 
duns seres humanos sobre outros, o predominio colonial duns 
países sobre outros, e a superioridade dunhas razas sobre 
outras.
Teorías da evolución 
• TEORÍA SINTÉTICA: 
• Formulada entre 1936 e 1947, constitúe unha síntese das 
investigacións levadas a cabo no ámbito da xenética, a 
biomatemática, a paleontoloxía, a antropoloxía e a zooloxía. O 
nacemento da xenética molecular fixo que se reformulara a 
teoría sintética sen que se alteraran as súas ideas básicas. 
• A teoría sintética engade ao mecanismo darwiniano da 
selección natural a explicación da orixe das variacións por 
mutacións xenéticas, e a explicación da transmisión das 
características vantaxosas dunha xeración a outra. Ademais, 
inclúe o illamento de poboacións como factor de 
transformación das especies.
Hominización 
• O PROCESO DE HOMINIZACIÓN: 
• O acordo entre toda a comunidade científica respecto a 
que o home procede do animal é unánime. Non obstante, 
todo o referente ao proceso de transformación do animal 
en home, que é o que se denomina hominización, así 
como a reconstrucción da árbore xenealóxica da especie 
humana é aínda obxecto de conxectura e debate. 
• O proceso de hominización divide os antropólogos en 
dous grupos. Por un lado, están os que sosteñen que esta 
foi unha transformación progresiva, mediante os mesmos 
mecanismos que rexeron a evolución do resto das 
especies animais; e, por outro, quen defenden un cambio 
brusco e rápido, un salto misterioso cara á humanidade.
Hominización 
• O PROCESO DE HOMINIZACIÓN: 
• As investigacións acerca da hominización lévanse a cabo 
actualmente en varios campos, como o paleoxeográfico, para 
determinar se o home apareceu nun único lugar do planeta ou 
en varios á vez; o paleontolóxico, para coñecer con precisión 
as características corporais, psíquicas e sociais dos ancestros 
do home; o bioquímico, para establecer a semellanza entre o 
home e os grandes simios, así como os principais cambios 
ocorridos a nivel molecular na hominización; e o da datación, 
para establecer a cronoloxía do proceso de hominización. 
• Parece ser que o proceso de hominización se iniciou cos 
cambios ecolóxicos ocorridos a finais do período terciario, hai 
aproximadamente 4,5 millóns de anos, en que a sequía fixo 
retrocede-lo bosque tropical e avanza-la sabana.
Hominización 
• A HOMINIZACIÓN CORPORAL: 
• Todo o peso da hominización corporal recaeu no eixe pé-mans- 
cerebro. A posición erguida permanente, a liberación 
das mans das uncións locomotoras para transformarse en 
órganos capaces de asir e manipular obxectos, e o 
desenvolvemento e perfeccionamento do cerebro son as 
tres principais características que diferencian o home do 
animal. 
• Estes cambios corporais estarían estreitamente relacionados 
cos cambios ecolóxicos anteriormente sinalados. O 
bipedismo facilitaría a supervivencia na sabana ao permitir 
otear por riba das altas herbas ao depredador. A liberación 
das mans, consecuencia do bipedismo, permitiría fuxir as 
dúas patas levando ás crías en brazos, ou utilizar pedras ou 
garrotes para cazar ou defenderse. O bipedismo provocaría 
ademais cambios no pescozo, a arquitectura da cara e o 
cráneo, favorecendo o desenvolvemento do cerebro.
Hominización 
• A HOMINIZACIÓN PSÍQUICA E SOCIAL: 
• Estreitamente relacionada coa hominización corporal estaría 
a hominización psíquica e social. O pensamento e a 
linguaxe iríanse desenvolvendo e perfeccionando ao mesmo 
tempo que os cambio corpporais. O ambiente hostil da 
sabana, onde para sobrevivir unha especie tan fisicamente 
desprotexida como a nosa é necesaria a axuda colectiva e a 
estratexia, a receptividade sexual das femias durante todo o 
ano e o nacemento inmaturo potenciarían o xurdimento de 
núcleos de poboación, que se irían organizando dunha 
maneira cada vez máis complexa.
Etapas da hominización 
• AUSTRALOPITHECUS: 
• O australopithecus é o primeiro 
homínido do que se ten 
constancia por restos fósiles. 
Viviu hai aproximadamente 4 
millóns de anos. Sábese que 
andaba erguido, que era de 
pequena estatura (1,40 m.) e 
escaso peso (20 Q.), e que tiña 
unha capacidade craneal 
semellante á dos grandes simios 
(entre 400 e 500 cm3). Parece 
ser que utilizou e fabricou 
instrumentos, unhas sinxelas 
lascas para cazar, cortar ou 
rascar…
Etapas da hominización 
• HOMO HABILIS: 
• Outro xénero de homínidos foi o 
homo habilis, nome que lle vén 
da gran variedade de 
instrumentos de pedra atopados 
nos xacementos xunto aos seus 
restos fósiles, e que viviu hai 
aproximadamente 2 millóns de 
anos. A súa capacidade craneal 
variaba entre os 500 e os 750 
cm3. Por comparación coa 
conduta dos simios, pódese 
deducir que tanto o 
australopithecus como o homo 
habilis posuían tradicións sociais 
ou culturais.
Etapas da hominización 
• HOMO ERECTUS: 
• Ao homo habilis sucedeulle o 
homo erectus, que viviu hai 
aproximadamente 800.000 anos. A 
súa capacidade craneal oscilaba 
entre os 700 e os 1.000 cm3. Non 
só mellorou a tecnoloxía lítica 
(máis instrumentos e máis 
precisos), senón que tamén usou e 
controlou o lume. A súa cultura e 
organización social era máis 
complexa que a dos anteriores. 
Cazaba grandes animais, e 
suponse que tiña divididas as súas 
actividades en función do sexo. 
Tamén foi capaz de adaptarse a 
climas fríos.
Etapas da hominización 
• HOMO NEANDERTALENSIS: 
• O homo neandertalensis, 
misteriosamente desaparecido, 
viviu hai aproximadamente 
100.000 anos. Era de complexión 
robusta, de baixa estatura e de 
cerebro máis grande que o home 
actual (máis de 1.500 cm3), aínda 
que co lóbulo frontal menos 
desenvolvido, e estaba adaptado 
ao frío. Era sociable e vivía en 
comunidade. Dedicábase á caza, 
soterraba os mortos, fabricaba 
excelentes armas e utilizaba o 
lume.
Etapas da hominización 
• HOMO SAPIENS: 
• O homo sapiens actual apareceu 
hai aproximadamente 35.000 anos, 
coincidindo coa desaparición do 
homo neandertalensis. A súa 
capacidade craneal varía entre 
1300 e 1500 cm3, e a súa 
morfoloxía apenas difire da nosa, 
aínda que era máis baixo. A súa 
cultura e forma de vida era 
semellante á dos pobos 
cazadores-recolectores actuais.

More Related Content

What's hot (13)

Orixe e evolución dos seres vivos
Orixe e evolución dos seres vivosOrixe e evolución dos seres vivos
Orixe e evolución dos seres vivos
 
Biologiiiiia
BiologiiiiiaBiologiiiiia
Biologiiiiia
 
EVOLUCIÓN
EVOLUCIÓNEVOLUCIÓN
EVOLUCIÓN
 
A EVOLUCIÓN
A EVOLUCIÓNA EVOLUCIÓN
A EVOLUCIÓN
 
Unid8 evolución2017
Unid8 evolución2017Unid8 evolución2017
Unid8 evolución2017
 
Tema 2 cmc
Tema 2 cmcTema 2 cmc
Tema 2 cmc
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Curso
CursoCurso
Curso
 
Evolución
EvoluciónEvolución
Evolución
 
Unidade 5 a evolución biolóxica
Unidade 5   a evolución biolóxicaUnidade 5   a evolución biolóxica
Unidade 5 a evolución biolóxica
 
Teorías da orixe da vida
Teorías da orixe da vidaTeorías da orixe da vida
Teorías da orixe da vida
 
Orixe e evolución dos seres vivos
Orixe e evolución dos seres vivosOrixe e evolución dos seres vivos
Orixe e evolución dos seres vivos
 
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxca
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxcaTema 5 4_eso_evoluc_biolxca
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxca
 

Viewers also liked (12)

Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxía
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismo
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenes
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listos
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estado
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitarias
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencia
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesco
 

Similar to Unidade 1 As orixes do ser humano

Similar to Unidade 1 As orixes do ser humano (20)

Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Unid4 evolución2016
Unid4 evolución2016Unid4 evolución2016
Unid4 evolución2016
 
Bio 4º eso tema 4
Bio 4º eso tema 4Bio 4º eso tema 4
Bio 4º eso tema 4
 
EVOLUCIÓN
EVOLUCIÓNEVOLUCIÓN
EVOLUCIÓN
 
EVOLUCIÓN
EVOLUCIÓNEVOLUCIÓN
EVOLUCIÓN
 
A Evolucion
A EvolucionA Evolucion
A Evolucion
 
Biologiiiiia
BiologiiiiiaBiologiiiiia
Biologiiiiia
 
Biologiiiiia
BiologiiiiiaBiologiiiiia
Biologiiiiia
 
Biologiiiiia
BiologiiiiiaBiologiiiiia
Biologiiiiia
 
Dimensión natural do ser humano
Dimensión natural do ser humanoDimensión natural do ser humano
Dimensión natural do ser humano
 
A Orixe Da Vida
A Orixe Da VidaA Orixe Da Vida
A Orixe Da Vida
 
" A Orixe Da Vida "
" A Orixe Da Vida "" A Orixe Da Vida "
" A Orixe Da Vida "
 
A Orixe Da Vida ( sin videos )
A Orixe Da Vida ( sin videos )A Orixe Da Vida ( sin videos )
A Orixe Da Vida ( sin videos )
 
A Orixe Da Vida
A Orixe Da VidaA Orixe Da Vida
A Orixe Da Vida
 
Presentacion Power Point Trabajo Acabado
Presentacion Power Point Trabajo AcabadoPresentacion Power Point Trabajo Acabado
Presentacion Power Point Trabajo Acabado
 
Presentacion Power Point Trabajo Acabado
Presentacion Power Point Trabajo AcabadoPresentacion Power Point Trabajo Acabado
Presentacion Power Point Trabajo Acabado
 
Presentacion Power Point Trabajo Acabado
Presentacion Power Point Trabajo AcabadoPresentacion Power Point Trabajo Acabado
Presentacion Power Point Trabajo Acabado
 
A Orixe E EvolucióN Da Vida
A Orixe E EvolucióN Da VidaA Orixe E EvolucióN Da Vida
A Orixe E EvolucióN Da Vida
 
A Orixe E EvolucióN Da Vida
A Orixe E EvolucióN Da VidaA Orixe E EvolucióN Da Vida
A Orixe E EvolucióN Da Vida
 

More from nieveslopez (15)

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación final
 
Unit Democracy
Unit DemocracyUnit Democracy
Unit Democracy
 
Antropoloxía
AntropoloxíaAntropoloxía
Antropoloxía
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, society
 
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosóficoPautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
 
Unidade 4
Unidade 4Unidade 4
Unidade 4
 
Comentarios de texto de Immanuel Kant
Comentarios de texto de Immanuel KantComentarios de texto de Immanuel Kant
Comentarios de texto de Immanuel Kant
 
Preguntas unidad 6 y 7
Preguntas unidad 6 y 7Preguntas unidad 6 y 7
Preguntas unidad 6 y 7
 
Nietzsche completo castellano
Nietzsche completo castellanoNietzsche completo castellano
Nietzsche completo castellano
 
Apuntes de Karl Marx
Apuntes de Karl MarxApuntes de Karl Marx
Apuntes de Karl Marx
 
Kant
Kant Kant
Kant
 
Textos Kant
Textos KantTextos Kant
Textos Kant
 
David Hume
David HumeDavid Hume
David Hume
 

Unidade 1 As orixes do ser humano

  • 1. O ser humano procede do mono? As orixes do ser humano Unidade 1
  • 2. A orixe da vida • O noso planeta non sempre existiu no universo nin a vida no noso planeta. Calcúlase que foi hai 4500 millóns de anos cando se formou a Terra por condensación de po cósmico e gases interestelares. Os primeiros organismos vivos apareceron 1500 millóns de anos despois. • Ata o século XIX, a explicación aceptada pola maioría dos naturalistas sobre a orixe da vida foi a creacionista. Segundo esta teoría, baseada na Biblia, a vida foi creada por Deus hai aproximadamente 6000 anos.
  • 3. A orixe da vida • TEXTO • Ao principio creou Deus os ceos e a terra (…) Dixo logo: “Faga abrollar a terra herba verde, herba con semente, e árbores froiteiras cada un co seu froito, segundo a súa especie, e coa súa semente, sobre a terra” E así foi. E produciu a terra herba verde, herba con semente, e árbores de froito con semente cada un. Viu Deus ser bo (…) Dixo logo Deus: “Abrolle a terra seres animados segundo a súa especie, gandos, réptiles e bestas da terra segundo a súa especie. E así foi. Fixo Deus tódalas bestas da terra segundo a súa especie, os gandos segundo a súa especie, e todolos réptiles da terra segundo a súa especie. E viu Deus ser bo. • Dixo entón Deus: “Fagamos ao home á nosa imaxe e á nosa semellanza, para que domine sobre os peixes do mar, sobre as aves do ceo, sobre os gandos e sobre tódalas bestas da terra e sobre cantos animais se moven sobre ela”. E creou Deus ao home a imaxe súa, a imaxe de Deus creouno, e creounos macho e femia; e bendiciunos Deus dicíndolles: “Procreade e multiplicádevos, e enchede a terra; sometédea e dominade sobre os peixes do mar, sobre as aves do ceo e sobre os gandos e sobre canto vive e se move sobre a terra” • Xénese, 1
  • 4. A orixe da vida • A explicación que cobra máis forza no campo de bioloxía é a naturalista: a vida formouse unha soa vez, nun momento determinado da historia da Terra, a partir da materia inorgánica. • Este proceso natural de transformación da materia inorgánica en materia orgánica explicouno en 1938 o bioquímico A.I. OPARIN. • Segundo Oparin, hai 3000 millóns de anos, a atmósfera da Terra estaba composta de amoníaco, metano, hidróxeno e vapor de auga. Nesta atmósfera primitiva, e favorecidas pola enerxía do ambiente (radiacións solares, raios, calor de zonas volcánicas, etc.), teríanse desencadeado reaccións químicas que terían dado lugar a compostos orgánicos elementais (ácido cianhídrico, etc.). Estes teríanse diluído nas augas primitivas formando o caldo prebiótico. Serían aquí onde tería xurdido a primeira célula viva • A credibilidade desta hipótese viuse reforzada en 1953 ao acadar STANLEY L. MILLER, tras reproducir en laboratorio as condicións primitivas da Terra, a síntese de substancias orgánicas.
  • 5. A orixe da vida • TEXTO • O enigma continúa e encobre tamén a resposta a unha pregunta de profundo interese. A vida ten aparecido na Terra: Cal era antes do acontecemento a probabilidade de que aparecese? A estrutura actual da biosfera non exclúe, senón ao contrario, a hipótese de que o acontecemento decisivo non se tiña producido máis que unha soa vez. O que significaría que a súa probabilidade a priori era case nula (…) O destino escríbese a medida que se cumpre, non antes. O noso non érao antes de que emerxera a especie humana, a única na biosfera que utiliza un sistema lóxico de comunicación simbólica. Outro acontecemento único que debería, por iso mesmo, prevernos contra todo antropocentrismo. Se foi único, como quizáis o foi a aparición da vida mesma, é porque as súas probabilidades, antes de aparecer, eran case nulas. O universo non estaba grávido da vida, nin a biosfera do home. O noso número saiu no xogo de Montecarlo. Como sorprenderse de que, como quen acaba de gañar alí mil millóns, sintamos a estrañeza da nosa condición? • JACQUES MONOD, O azar e a necesidade
  • 6. A orixe da vida • A pesar do alto grao de elaboración teórica que posúe e da proba experimental coa que está avalada, a hipótese naturalista non suscita un acordo unánime entre tódolos científicos. O descubrimento en meteoritos de microorganismos fosilizados suxire, segundo a hipótese cosmozoica, que a vida non xurdiu na Terra, senón que chegou dalgún lugar do universo.
  • 7. A relación entre as especies • Respeito da relación existente entre as distintas especies de seres vivos, as dúas explicacións que se teñen dado ao longo da historia son o fixismo e o evolucionismo.
  • 8. A relación entre as especies • FIXISMO: • Segundo o fixismo, tódalas especies son invariables e independentes entre si. Esta postura foi defendida na antigüidade por ARISTÓTELES e o CRISTIANISMO combinouno co creacionismo. Segundo o relato bíblico, Deus tería creado en actos distintos ás diferentes especies de seres vivos e teríallles dado a forma que teñen actualmente. O ser humano sería radicalmente distinto ao resto dos seres vivos, e superior a eles por ter sido creado a imaxe e semellanza de Deus.
  • 9. A relación entre as especies • FIXISMO: • Para explicar a existencia de restos fósiles correspondentes a especies extinguidas, o naturalista e creacionista GEORGES CUVIER (1769-1832) propuxo a teoría catastrofista, segundo a cal non houbo unha, senón varias creacións sucesivas. Todos os seres vivos creados por Deus en cada unha delas terían sido destruídos por grandes catástrofes naturais, tras cada unha das cales Deus tería procedido a unha nova creación.
  • 10. A relación entre as especies • EVOLUCIONISMO: • Ao contrario que o fixismo, o evolucionismo sostén que as especies non tiveron sempre a forma actual, senón que unhas derivan doutras, establecendo entre elas unha relación de continuidade. • A idea da evolución biolóxica non é nova na historia do pensamento. Xa na antigüidade ANAXIMANDRO (s.VI a.C.) sostivo que a vida xurdeu na auga, e que tódolos animais terrestres, incluído o home, se desenvolveron a partir dos peixes.
  • 11. A relación entre as especies • EVOLUCIONISMO: • Como teoría científica coherente, o evolucionismo comezou a elaborarse a finais do século XVIII, e actualmente está avalado por todo tipo de probas científicas: as probas anatómicas establecen coincidencias morfolóxicas entre grupos de seres vivos; as probas bioquímicas poñen de manifesto unha composición e procesos orgánicos similares en tódolos seres vivos; as probas embriolóxicas mostran as semellanzas entre embrións e fetos de distintas especies; as probas xenéticas desvelan as afinidades que existen na composición cromosómica dos seres vivos; as probas paleontolóxicas dinnos que a medida que se ascende nos estratos xeolóxicos os restos fósiles son máis complexos; e as probas xeográficas evidencian o acoplamento do ser vivo ao medio no que vive.
  • 12. Teorías da evolución • A pesar de que tódolos evolucionistas aceptan a transformación das especies, discrepan entre si ao tratar de establecer os seus mecanismos e na súa interpretación. As principais teorías evolucionistas son: –O LAMARCKISMO –O DARWINISMO –A TEORÍA SINTÉTICA
  • 13. Teorías da evolución • LAMARCKISMO: • A primeira teoría da evolución o transformación das especies de relevancia científica foi formulada polo naturalista JEAN-BAPTISTE DE MONET, cabaleiro de Lamarck (1744-1829). Lamarck atribuía os cambios nas especies a unha adaptación do organismo ao medio e á transmisión hereditaria das modificacións adquiridas.
  • 14. Teorías da evolución • LAMARCKISMO: • Segundo a explicación de Lamarck, un cambio no medio provoca novas necesidades aos organismos. Estes esfórzanse por satisfacelas, desenvolvendo os órganos necesarios e atrofiando os innecesarios. Lamarck cría que estes novos órganos serían transmitidos aos seus descendentes.
  • 15. Teorías da evolución • LAMARCKISMO: • Este é precisamente un dos puntos máis febles da explicación de Lamarck, xa que, como teñen posto de manifesto os modernos estudios xenéticos, os caracteres adquiridos non se herdan. Ademais, repróchaselle de carecer de probas científicas concluíntes, e de incluír no mundo orgánico unha intención ou vontade de evolucionar, algo que fai dificilmente crible.
  • 16. Teorías da evolución • DARWINISMO: • CHARLES DARWIN (1809-1882) ofreceu unha explicación máis convincente da evolución, e aportou probas a favor da mesma, recollidas durante 5 anos de investigación por América do Sur e as illas do Pacífico a bordo do Beagle. As súas obras A orixe das especies (1859) e A orixe do home (1871) causaron unha gran conmoción na súa época. • Darwin expresou o seu recoñecemento ao economista THOMAS R. MALTHUS (1766-1834) por terlle feito comprende-lo mecanismo da selección. Na súa obra Ensaio sobre o principio da poboación (1798) escribira Malthus: “A potencia da poboación é indefinidamente superior á potencia da terra para producir sustento para a humanidade (…) A poboación sen controlar aumenta en progresión xeométrica, mentras que o alimento só crece en progresión aritmética”. De aquí conclúese unha loita entre individuos polo alimento, que conducirá á supervivencia do máis apto.
  • 17. Teorías da evolución • DARWINISMO: • Darwin explicou a evolución como o resultado dun proceso de selección natural, semellante ao utilizado por agricultores e gandeiros para obter distintas variedades de animais e prantas, coa diferencia de que quen selecciona é o medio. • Segundo Darwin, de cada especie nacen máis individuos dos que poden sobrevivir. Estes individuos posúen variacións ou diferenzas entre si. Entre elas establécese a loita pola existencia, de modo que só sobrevivirán quenes posúan as variacións favorables para o medio no que viven. Estas variacións favorables serán transmitidas e herdadas polos seus descendentes. • Na explicación de Darwin destácase, fronte á de Lamarck, o carácter pasivo da evolución. Esta prodúcese polo mecanismo externo da selección, sen que haxa unha tendencia interna cara a unha vida superior. Con respecto a Lamarck, nega Darwin toda finalidade. Só hai azar (variacións) e necesidade (selección natural).
  • 18. Teorías da evolución • DARWINISMO: • As ideas de Darwin estendéronse rapidamente, influíndo en tódolos ámbitos do pensamento. A primeira reacción contra o darwinismo foi protagonizada por un amplo sector da igrexa, quen a rexeitou por considerala incompatible co relato bíblico e por excluír toda intencionalidade divina na orixe do ser humano. Ademais parecíalles que, situando a súa orixe nos animais, a explicación de Darwin degradaba ao ser humano. • En ciencias sociais, a teoría da selección natural de Darwin influíu no denominado DARWINISMO SOCIAL ou intento de trasladar á sociedade a lei da loita pola existencia ou supervivencia do máis apto que opera na natureza. Para HERBERT SPENCER (1820-1903), o máis claro representante do darwinismo social, os que viven en mellores condicións de vida son os mellores. Con isto xustifica o predominio social duns seres humanos sobre outros, o predominio colonial duns países sobre outros, e a superioridade dunhas razas sobre outras.
  • 19. Teorías da evolución • TEORÍA SINTÉTICA: • Formulada entre 1936 e 1947, constitúe unha síntese das investigacións levadas a cabo no ámbito da xenética, a biomatemática, a paleontoloxía, a antropoloxía e a zooloxía. O nacemento da xenética molecular fixo que se reformulara a teoría sintética sen que se alteraran as súas ideas básicas. • A teoría sintética engade ao mecanismo darwiniano da selección natural a explicación da orixe das variacións por mutacións xenéticas, e a explicación da transmisión das características vantaxosas dunha xeración a outra. Ademais, inclúe o illamento de poboacións como factor de transformación das especies.
  • 20. Hominización • O PROCESO DE HOMINIZACIÓN: • O acordo entre toda a comunidade científica respecto a que o home procede do animal é unánime. Non obstante, todo o referente ao proceso de transformación do animal en home, que é o que se denomina hominización, así como a reconstrucción da árbore xenealóxica da especie humana é aínda obxecto de conxectura e debate. • O proceso de hominización divide os antropólogos en dous grupos. Por un lado, están os que sosteñen que esta foi unha transformación progresiva, mediante os mesmos mecanismos que rexeron a evolución do resto das especies animais; e, por outro, quen defenden un cambio brusco e rápido, un salto misterioso cara á humanidade.
  • 21. Hominización • O PROCESO DE HOMINIZACIÓN: • As investigacións acerca da hominización lévanse a cabo actualmente en varios campos, como o paleoxeográfico, para determinar se o home apareceu nun único lugar do planeta ou en varios á vez; o paleontolóxico, para coñecer con precisión as características corporais, psíquicas e sociais dos ancestros do home; o bioquímico, para establecer a semellanza entre o home e os grandes simios, así como os principais cambios ocorridos a nivel molecular na hominización; e o da datación, para establecer a cronoloxía do proceso de hominización. • Parece ser que o proceso de hominización se iniciou cos cambios ecolóxicos ocorridos a finais do período terciario, hai aproximadamente 4,5 millóns de anos, en que a sequía fixo retrocede-lo bosque tropical e avanza-la sabana.
  • 22. Hominización • A HOMINIZACIÓN CORPORAL: • Todo o peso da hominización corporal recaeu no eixe pé-mans- cerebro. A posición erguida permanente, a liberación das mans das uncións locomotoras para transformarse en órganos capaces de asir e manipular obxectos, e o desenvolvemento e perfeccionamento do cerebro son as tres principais características que diferencian o home do animal. • Estes cambios corporais estarían estreitamente relacionados cos cambios ecolóxicos anteriormente sinalados. O bipedismo facilitaría a supervivencia na sabana ao permitir otear por riba das altas herbas ao depredador. A liberación das mans, consecuencia do bipedismo, permitiría fuxir as dúas patas levando ás crías en brazos, ou utilizar pedras ou garrotes para cazar ou defenderse. O bipedismo provocaría ademais cambios no pescozo, a arquitectura da cara e o cráneo, favorecendo o desenvolvemento do cerebro.
  • 23. Hominización • A HOMINIZACIÓN PSÍQUICA E SOCIAL: • Estreitamente relacionada coa hominización corporal estaría a hominización psíquica e social. O pensamento e a linguaxe iríanse desenvolvendo e perfeccionando ao mesmo tempo que os cambio corpporais. O ambiente hostil da sabana, onde para sobrevivir unha especie tan fisicamente desprotexida como a nosa é necesaria a axuda colectiva e a estratexia, a receptividade sexual das femias durante todo o ano e o nacemento inmaturo potenciarían o xurdimento de núcleos de poboación, que se irían organizando dunha maneira cada vez máis complexa.
  • 24. Etapas da hominización • AUSTRALOPITHECUS: • O australopithecus é o primeiro homínido do que se ten constancia por restos fósiles. Viviu hai aproximadamente 4 millóns de anos. Sábese que andaba erguido, que era de pequena estatura (1,40 m.) e escaso peso (20 Q.), e que tiña unha capacidade craneal semellante á dos grandes simios (entre 400 e 500 cm3). Parece ser que utilizou e fabricou instrumentos, unhas sinxelas lascas para cazar, cortar ou rascar…
  • 25. Etapas da hominización • HOMO HABILIS: • Outro xénero de homínidos foi o homo habilis, nome que lle vén da gran variedade de instrumentos de pedra atopados nos xacementos xunto aos seus restos fósiles, e que viviu hai aproximadamente 2 millóns de anos. A súa capacidade craneal variaba entre os 500 e os 750 cm3. Por comparación coa conduta dos simios, pódese deducir que tanto o australopithecus como o homo habilis posuían tradicións sociais ou culturais.
  • 26. Etapas da hominización • HOMO ERECTUS: • Ao homo habilis sucedeulle o homo erectus, que viviu hai aproximadamente 800.000 anos. A súa capacidade craneal oscilaba entre os 700 e os 1.000 cm3. Non só mellorou a tecnoloxía lítica (máis instrumentos e máis precisos), senón que tamén usou e controlou o lume. A súa cultura e organización social era máis complexa que a dos anteriores. Cazaba grandes animais, e suponse que tiña divididas as súas actividades en función do sexo. Tamén foi capaz de adaptarse a climas fríos.
  • 27. Etapas da hominización • HOMO NEANDERTALENSIS: • O homo neandertalensis, misteriosamente desaparecido, viviu hai aproximadamente 100.000 anos. Era de complexión robusta, de baixa estatura e de cerebro máis grande que o home actual (máis de 1.500 cm3), aínda que co lóbulo frontal menos desenvolvido, e estaba adaptado ao frío. Era sociable e vivía en comunidade. Dedicábase á caza, soterraba os mortos, fabricaba excelentes armas e utilizaba o lume.
  • 28. Etapas da hominización • HOMO SAPIENS: • O homo sapiens actual apareceu hai aproximadamente 35.000 anos, coincidindo coa desaparición do homo neandertalensis. A súa capacidade craneal varía entre 1300 e 1500 cm3, e a súa morfoloxía apenas difire da nosa, aínda que era máis baixo. A súa cultura e forma de vida era semellante á dos pobos cazadores-recolectores actuais.