A orixe do Estado
Unidade 5
A orixe do Estado
• Segundo a teoría
evolucionista política, as
grandes xefaturas
evolucionaron en Estados.
O Estado é unha forma de
sociedade politicamente
centralizada onde unhas
élites gobernantes teñen
o poder de obrigar aos
seus subordinados a
pagar impostos, prestar
servizos e obedecer as
leis.
A orixe do Estado
• Son tres as condicións infraestruturais que conducen á
transformación das xefaturas en Estados:
1. Incremento de poboación. As aldeas creceron ata
conter varios miles de persoas e/ou as densidades de
poboación rexional eleváronse ata sobrepasar os 30
ou 45 individuos por quilómetro cadrado.
2. Agricultura intensiva. A produción baseouse en
cereais tales como o arroz, o trigo, a cebada ou o
millo, que proporcionaron un excedente superior ás
necesidades inmediatas e que podían ser conservados
durante longos períodos a baixo custe.
A orixe do Estado
3. Circunscrición. Bloqueouse a emigración de faccións
descontentas xa sexa pola existencia de xefaturas de
desenvolvemento similar nos territorios adxacentes
ou porque as características do medio requirían que
os emigrantes adoptaran un novo e menos eficiente
modo de produción e tiveran que sufrir así unha
recaída no seu nivel de vida. Pero a circunscrición
puido tamén ser causada pola transformación de
hábitats de baixa rendibilidade en alta rendibilidade,
como resultado dunha inversión a longo prazo en
facer terrapléns, abrir gabias, desecar e irrigar o
territorio dunha xefatura.
A orixe do Estado
• Características do Estado:
• Institucionalización do liderazgo político, como
resultado da acción dos grupos dominantes, así como a
territorialización dun espazo xeográfico.
• Desenvolvemento do aparello coercitivo, amparado
nunha forza (policial e militar) que garante a orde
prevista nas normas establecidas segundo a
interpretación dos órganos especializados (xuíces e
tribunais).
• A territorialización constitúe o mecanismo
indispensable que permite tanto o control do espazo e
da produción, como o dos cidadáns.
A orixe do Estado
• Características do Estado:
• Estratificación social (política e económica).
• Recaudación de impostos.
• Existencia de burocracia.
• Especialización relixiosa que moitas veces
reforza a estratificación social e ás élites
políticas.
• Construción de obras de inxeniería.
A invención do Estado
• Os primeiros Estados nados
en Mesopotamia, no val do
Nilo, no val do Indo, no val
do Río Amarelo, en
Mesoamérica e na área
andina Perú son coñecidos
como Estados prístinos ou
primarios: nacen por
evolución independente e
non por imitación. A maior
parte dos Estados que
existiron conformáronse a
imaxe e semellanza doutros
existentes.
A invención do Estado
• Teorías que explican a aparición do Estado:
1. Teorías do conflito interno :
• Teoría pola cal ol Estado evoluciona por medio da loita de clases
(Marx e Engels). Na forma máis primitiva a organización era
comunista. A aparición de excedentes e a creación dunha clase non
produtora e distribuidora dá lugar á propiedade privada e, por
tanto, a unha élite, a súa centralización...
• As causas del haberá que buscalas nos cambios tecnolóxicos e
económicos e non no eido das ideas.
• O dogmatismo da utilización de termos tales como capitalismo e
comunismo queda desfasado ao falar de sociedades primarias.
• A existencia dun sistema de clases ten implícita a existencia do
Estado. Pola súa natureza xera o conflito de clases, que será
asumido ou repelido, dependendo do nivel e a forza que posúa a
élite.
A invención do Estado
• Teorías que explican a aparición do Estado:
2. Teorías do conflito externo :
• Herbert Spencer defende que o Estado xurdiu pola lei do
máis forte, nunha sorte de darwinismo social. As
sociedades máis belicosas tenden a facer desaparecer ás
máis febles. O feito de ter inimigos podería conducir a un
pobo a determinar o liderazgo.
• Esta teoría é criticada por simplista. As dúas principais
causas polas que se ataca a esta postura son:
• 1) A guerra é un medio para manter unha sociedade pero
dificilmente a orixe da mesma.
• 2) Polo que respecta a tribus e xefaturas, a guerra pode
ser contraproducente na formación dun Estado.
A invención do Estado
• Teorías que explican a aparición do Estado:
3. Teoría da presión demográfica:
• O crecemento demográfico vai a ser un factor determinante no incremento da producción:
• O feito de que se observe un aumento demográfico en xeral xunto coa aparición das
sociedades estatais obriga a relacionalos. Malthus xa sinalara que "Cando a poboación tende
a crecer e os alimentos non son suficientes é contrarrestado pola guerra, a fame e as
enfermidades."
• O crecemento demográfico non só sería responsable da intensificación da producción senón
que é responsable do reparto desigual dos recursos .
• A estas teorías Harris engade o seu determinismo materialista.
• Nas sociedades cazadoras e recolectoras os principios malthusianos son aplicables, en canto
que a poboación se mantén por debaixo dos recursos. Só as sociedades máis avanzadas non
teñen prácticas de control demográfico (infanticidios , tabúes , etc.). As poboacións se
establecen durante o pleistoceno en función da caza maior obtida. Ao final deste periodo a
caza maior desaparece e é necesario recurrir aos produtos silvestres. A domesticación destas
especies aumenta a producción e permite o aumento demográfico. A perda de nutrientes por
parte da terra orixina a presión demográfica ao non haber suficiente alimento para todos.
• As sociedades agricultoras podían, en lugar de disminuir a poboación mediante as prácticas
citadas, aumentar a producción con técnicas agrícolas.
A invención do Estado
• Teorías que explican a aparición do Estado:
4. Teoría hidráulica:
• Considerando que as formas de Estado só poden nacer tras unha
explotación agrícola, vencéllase o desenvlvemento dos Estados cos seus
sistemas de regadío.
• A "teoría hidráulica" foi elaborada por Wittfogel. En certas zonas
dependíase das inundacións anuais dos terrenos para o seu conveniente
explotación agrícola. Estas inundacións empezaron a ser controladas, co
obxectivo de mellorar as colleitas e intensificalas chegando ao sistema de
irrigación e canles. O aumento de producción acelera o proceso de
centralización.
• Pero non se debe xeralizar, sobre todo porque existe máis dun caso en que
este proceso causa-efecto no se dá. Só se pode aplicar, ademáis, aos
estados prístinos, e non aos secundarios.
A invención do Estado
• Teorías que explican a aparición do Estado:
5. Teoría de sistemas:
• Fronte ás teorías monocausais, propón unha teoría multicausal. Existen unha serie
de principios físicos, biolóxicos e humanos que dan lugar á concentración de poder
ao influír uns sobre os outros: poboación, hábitat, tecnoloxía, irrigación...
Principios:
• Retroalimentación negativa ou autoconservación -. É o proceso polo cal un
sistema minimiza toda alteración do equilibrio. Os cambios detéñense cando se
alcanzan certos niveis, tendendo á restauración das condicións iniciais. Así, nunha
sociedade cazadora-recolectora, o aumento da taxa de natalidade é contrarrestado
ou reequilibrado por taxas de mortalidade infantil máis altas que evitan o perigo
de que se esgoten os recursos alimentarios disponibles.
A invención do Estado
• Teorías que explican a aparición do Estado:
5. Teoría de sistemas:
• Retroalimentación positiva ou autodesenvolvemento -. Neste proceso o máis
mínimo elemento desencadena a longo prazo un cambio radical. Os cambios non
se deteñen, cada cambio sucesivo incrementa ou amplifica a tendencia a cambio.
Así, se ao aumento demográfico se responde coa agricultura intensiva, o resultado
será un maior aumento demográfico, que xerará nova intensificación ata alcanzar
un determinado límite.
• O impulso causante dun paso dun sistema de retroalimentación negativa a
positiva pode ser insignificante. Así, en México a civilización iniciouse cando nun
val as bandas nómadas recolectoras empezaron a “domesticar” algunhas prantas;
produxéronse, co paso das xeracións, uns cambios xenéticos que fixeron
dependiente á sociedade deses alimentos. Motivou unha vida máis sedentaria e
un aumento demográfico, o que de novo aumentou a dependencia cara esa
pranta. Iso, obrigou á sociedade a asentarse definitivamente en aldeas agrícolas
permanentes.
Estado e control
• A lei e a orde nas sociedades estratificadas
dependen dunha mixtura infinitamente
variable de coacción física mediante a forza
policial-militar e control do pensamento. En
xeral, canto máis acusadas son as
desigualdades sociais e máis intensa a
explotación no traballo, maior debe ser a
contribución de ambas formas de control.
Estado e control
• Como todas as sociedades estatais baséanse
en desigualdades acusadas entre ricos e
pobres, gobernantes e gobernados, o
mantemento da lei e a orde presenta un
desafío crítico.
• En último caso son a a policía e os militares co
seu control de a coacción física os que
manteñen baixo control aos pobres e
explotados.
Estado e control
• Sen embargo, todos os Estados encontran
máis conveniente manter a lei e a orde
controlando o pensamento da xente. Isto faise
de diferentes maneiras:
• Con relixións estatais.
• Ritos e espectáculos públicos
• A educación obrigatoria.
Estado e control
• Ritos e espectáculos públicos:
• Espectáculos públicos tales como procesións relixiosas, coroacións
e desfiles da victoria operna en contra dos efectos alienantes da
pobreza e a explotación.
• Na época romana as masas eran sometidas a control permitíndolles
contemplar combates de gladiadores e outros espectáculos
circenses.
• Os sistemas estatais modernos teñen nas películas, a televisión, a
radio, os deportes organizados, a posta en órbita de satélites e as
aterraxes lunares técnicas máis poderosas para distraer e entreter
aos seus cidadáns. A televisión e a radio non só reducen o
descontento aos diverir ao espectador, senón que tamén mantén á
xente fóra das rúas.
Estado e control
• A educación obrigatoria:
• Mestres e escolas satisfan as necesidades
instrumentais das complexas civilizacións industriais
adestrando a cada xeración nos servizos técnicos e de
organización necesarios para a supervivencia e o
benestar. As materias de educación non instrumental
(formación cívica, historia, educación política e estudos
sociais) están cheas de supostos implícitos e explícitos
sobre a cultura, o ser humano e a natureza que indican
a superioridade do sistema político-económico no que
son ensinadas.
Guerra e poder
• A formación do Estado está vencellado á
guerra, é dicir, ao enfrontamento contra o
inimigo exterior.
• A guerra non é exclusiva das sociedades
estatais, pois tamén nas sociedades pre-
estatais existe a guerra. Pero nos Estado
adquire dimensións enormes e violentas.
Guerra e poder
• Marvin Harris sostén que
a guerra é resultado da
escaseza de recursos polo
incremento da
poboación.
• Nas sociedades de
cazadores-recolectores
tamén se dá a guerra,
caso dos Asmat de Nova
Guinea e dos Yanomami
de Venezuela-Brasil.
Guerra e poder
• O sedentarismo e a
agricultura fixeron
medrar os conflitos pola
dificultade de trasladar
toda a poboación.
• Ademais creouse unha
tecnoloxía máis avanzada
especializada na guerra e
unha parte da sociedade
adicouse á esta
actividade, ás veces por
longos periodos de
tempo.

A orixe do estado

  • 1.
    A orixe doEstado Unidade 5
  • 2.
    A orixe doEstado • Segundo a teoría evolucionista política, as grandes xefaturas evolucionaron en Estados. O Estado é unha forma de sociedade politicamente centralizada onde unhas élites gobernantes teñen o poder de obrigar aos seus subordinados a pagar impostos, prestar servizos e obedecer as leis.
  • 3.
    A orixe doEstado • Son tres as condicións infraestruturais que conducen á transformación das xefaturas en Estados: 1. Incremento de poboación. As aldeas creceron ata conter varios miles de persoas e/ou as densidades de poboación rexional eleváronse ata sobrepasar os 30 ou 45 individuos por quilómetro cadrado. 2. Agricultura intensiva. A produción baseouse en cereais tales como o arroz, o trigo, a cebada ou o millo, que proporcionaron un excedente superior ás necesidades inmediatas e que podían ser conservados durante longos períodos a baixo custe.
  • 4.
    A orixe doEstado 3. Circunscrición. Bloqueouse a emigración de faccións descontentas xa sexa pola existencia de xefaturas de desenvolvemento similar nos territorios adxacentes ou porque as características do medio requirían que os emigrantes adoptaran un novo e menos eficiente modo de produción e tiveran que sufrir así unha recaída no seu nivel de vida. Pero a circunscrición puido tamén ser causada pola transformación de hábitats de baixa rendibilidade en alta rendibilidade, como resultado dunha inversión a longo prazo en facer terrapléns, abrir gabias, desecar e irrigar o territorio dunha xefatura.
  • 5.
    A orixe doEstado • Características do Estado: • Institucionalización do liderazgo político, como resultado da acción dos grupos dominantes, así como a territorialización dun espazo xeográfico. • Desenvolvemento do aparello coercitivo, amparado nunha forza (policial e militar) que garante a orde prevista nas normas establecidas segundo a interpretación dos órganos especializados (xuíces e tribunais). • A territorialización constitúe o mecanismo indispensable que permite tanto o control do espazo e da produción, como o dos cidadáns.
  • 6.
    A orixe doEstado • Características do Estado: • Estratificación social (política e económica). • Recaudación de impostos. • Existencia de burocracia. • Especialización relixiosa que moitas veces reforza a estratificación social e ás élites políticas. • Construción de obras de inxeniería.
  • 7.
    A invención doEstado • Os primeiros Estados nados en Mesopotamia, no val do Nilo, no val do Indo, no val do Río Amarelo, en Mesoamérica e na área andina Perú son coñecidos como Estados prístinos ou primarios: nacen por evolución independente e non por imitación. A maior parte dos Estados que existiron conformáronse a imaxe e semellanza doutros existentes.
  • 8.
    A invención doEstado • Teorías que explican a aparición do Estado: 1. Teorías do conflito interno : • Teoría pola cal ol Estado evoluciona por medio da loita de clases (Marx e Engels). Na forma máis primitiva a organización era comunista. A aparición de excedentes e a creación dunha clase non produtora e distribuidora dá lugar á propiedade privada e, por tanto, a unha élite, a súa centralización... • As causas del haberá que buscalas nos cambios tecnolóxicos e económicos e non no eido das ideas. • O dogmatismo da utilización de termos tales como capitalismo e comunismo queda desfasado ao falar de sociedades primarias. • A existencia dun sistema de clases ten implícita a existencia do Estado. Pola súa natureza xera o conflito de clases, que será asumido ou repelido, dependendo do nivel e a forza que posúa a élite.
  • 9.
    A invención doEstado • Teorías que explican a aparición do Estado: 2. Teorías do conflito externo : • Herbert Spencer defende que o Estado xurdiu pola lei do máis forte, nunha sorte de darwinismo social. As sociedades máis belicosas tenden a facer desaparecer ás máis febles. O feito de ter inimigos podería conducir a un pobo a determinar o liderazgo. • Esta teoría é criticada por simplista. As dúas principais causas polas que se ataca a esta postura son: • 1) A guerra é un medio para manter unha sociedade pero dificilmente a orixe da mesma. • 2) Polo que respecta a tribus e xefaturas, a guerra pode ser contraproducente na formación dun Estado.
  • 10.
    A invención doEstado • Teorías que explican a aparición do Estado: 3. Teoría da presión demográfica: • O crecemento demográfico vai a ser un factor determinante no incremento da producción: • O feito de que se observe un aumento demográfico en xeral xunto coa aparición das sociedades estatais obriga a relacionalos. Malthus xa sinalara que "Cando a poboación tende a crecer e os alimentos non son suficientes é contrarrestado pola guerra, a fame e as enfermidades." • O crecemento demográfico non só sería responsable da intensificación da producción senón que é responsable do reparto desigual dos recursos . • A estas teorías Harris engade o seu determinismo materialista. • Nas sociedades cazadoras e recolectoras os principios malthusianos son aplicables, en canto que a poboación se mantén por debaixo dos recursos. Só as sociedades máis avanzadas non teñen prácticas de control demográfico (infanticidios , tabúes , etc.). As poboacións se establecen durante o pleistoceno en función da caza maior obtida. Ao final deste periodo a caza maior desaparece e é necesario recurrir aos produtos silvestres. A domesticación destas especies aumenta a producción e permite o aumento demográfico. A perda de nutrientes por parte da terra orixina a presión demográfica ao non haber suficiente alimento para todos. • As sociedades agricultoras podían, en lugar de disminuir a poboación mediante as prácticas citadas, aumentar a producción con técnicas agrícolas.
  • 11.
    A invención doEstado • Teorías que explican a aparición do Estado: 4. Teoría hidráulica: • Considerando que as formas de Estado só poden nacer tras unha explotación agrícola, vencéllase o desenvlvemento dos Estados cos seus sistemas de regadío. • A "teoría hidráulica" foi elaborada por Wittfogel. En certas zonas dependíase das inundacións anuais dos terrenos para o seu conveniente explotación agrícola. Estas inundacións empezaron a ser controladas, co obxectivo de mellorar as colleitas e intensificalas chegando ao sistema de irrigación e canles. O aumento de producción acelera o proceso de centralización. • Pero non se debe xeralizar, sobre todo porque existe máis dun caso en que este proceso causa-efecto no se dá. Só se pode aplicar, ademáis, aos estados prístinos, e non aos secundarios.
  • 12.
    A invención doEstado • Teorías que explican a aparición do Estado: 5. Teoría de sistemas: • Fronte ás teorías monocausais, propón unha teoría multicausal. Existen unha serie de principios físicos, biolóxicos e humanos que dan lugar á concentración de poder ao influír uns sobre os outros: poboación, hábitat, tecnoloxía, irrigación... Principios: • Retroalimentación negativa ou autoconservación -. É o proceso polo cal un sistema minimiza toda alteración do equilibrio. Os cambios detéñense cando se alcanzan certos niveis, tendendo á restauración das condicións iniciais. Así, nunha sociedade cazadora-recolectora, o aumento da taxa de natalidade é contrarrestado ou reequilibrado por taxas de mortalidade infantil máis altas que evitan o perigo de que se esgoten os recursos alimentarios disponibles.
  • 13.
    A invención doEstado • Teorías que explican a aparición do Estado: 5. Teoría de sistemas: • Retroalimentación positiva ou autodesenvolvemento -. Neste proceso o máis mínimo elemento desencadena a longo prazo un cambio radical. Os cambios non se deteñen, cada cambio sucesivo incrementa ou amplifica a tendencia a cambio. Así, se ao aumento demográfico se responde coa agricultura intensiva, o resultado será un maior aumento demográfico, que xerará nova intensificación ata alcanzar un determinado límite. • O impulso causante dun paso dun sistema de retroalimentación negativa a positiva pode ser insignificante. Así, en México a civilización iniciouse cando nun val as bandas nómadas recolectoras empezaron a “domesticar” algunhas prantas; produxéronse, co paso das xeracións, uns cambios xenéticos que fixeron dependiente á sociedade deses alimentos. Motivou unha vida máis sedentaria e un aumento demográfico, o que de novo aumentou a dependencia cara esa pranta. Iso, obrigou á sociedade a asentarse definitivamente en aldeas agrícolas permanentes.
  • 14.
    Estado e control •A lei e a orde nas sociedades estratificadas dependen dunha mixtura infinitamente variable de coacción física mediante a forza policial-militar e control do pensamento. En xeral, canto máis acusadas son as desigualdades sociais e máis intensa a explotación no traballo, maior debe ser a contribución de ambas formas de control.
  • 15.
    Estado e control •Como todas as sociedades estatais baséanse en desigualdades acusadas entre ricos e pobres, gobernantes e gobernados, o mantemento da lei e a orde presenta un desafío crítico. • En último caso son a a policía e os militares co seu control de a coacción física os que manteñen baixo control aos pobres e explotados.
  • 16.
    Estado e control •Sen embargo, todos os Estados encontran máis conveniente manter a lei e a orde controlando o pensamento da xente. Isto faise de diferentes maneiras: • Con relixións estatais. • Ritos e espectáculos públicos • A educación obrigatoria.
  • 17.
    Estado e control •Ritos e espectáculos públicos: • Espectáculos públicos tales como procesións relixiosas, coroacións e desfiles da victoria operna en contra dos efectos alienantes da pobreza e a explotación. • Na época romana as masas eran sometidas a control permitíndolles contemplar combates de gladiadores e outros espectáculos circenses. • Os sistemas estatais modernos teñen nas películas, a televisión, a radio, os deportes organizados, a posta en órbita de satélites e as aterraxes lunares técnicas máis poderosas para distraer e entreter aos seus cidadáns. A televisión e a radio non só reducen o descontento aos diverir ao espectador, senón que tamén mantén á xente fóra das rúas.
  • 18.
    Estado e control •A educación obrigatoria: • Mestres e escolas satisfan as necesidades instrumentais das complexas civilizacións industriais adestrando a cada xeración nos servizos técnicos e de organización necesarios para a supervivencia e o benestar. As materias de educación non instrumental (formación cívica, historia, educación política e estudos sociais) están cheas de supostos implícitos e explícitos sobre a cultura, o ser humano e a natureza que indican a superioridade do sistema político-económico no que son ensinadas.
  • 19.
    Guerra e poder •A formación do Estado está vencellado á guerra, é dicir, ao enfrontamento contra o inimigo exterior. • A guerra non é exclusiva das sociedades estatais, pois tamén nas sociedades pre- estatais existe a guerra. Pero nos Estado adquire dimensións enormes e violentas.
  • 20.
    Guerra e poder •Marvin Harris sostén que a guerra é resultado da escaseza de recursos polo incremento da poboación. • Nas sociedades de cazadores-recolectores tamén se dá a guerra, caso dos Asmat de Nova Guinea e dos Yanomami de Venezuela-Brasil.
  • 21.
    Guerra e poder •O sedentarismo e a agricultura fixeron medrar os conflitos pola dificultade de trasladar toda a poboación. • Ademais creouse unha tecnoloxía máis avanzada especializada na guerra e unha parte da sociedade adicouse á esta actividade, ás veces por longos periodos de tempo.