Este documento contiene dos listas de autoevaluación para dos tareas de investigación sobre monumentos de París y horarios de vuelos entre Santiago y París. Cada lista contiene entre 5 y 7 preguntas sobre si el estudiante fue capaz de encontrar la información requerida de manera independiente, incluir detalles específicos como compañías aéreas y precios de vuelos, y presentar la información de manera clara y comprensible. Al final hay un espacio para proponer mejoras.
Presentacion feita polo alumnado de 5º nivel do CEP Pilar Maestú Sierra de A Pobra do Caramiñal, como traballo previo á visita dunha exposición dobre dinosauros en Pontevedra.
Este documento resume los principales temas gramaticales de la lengua castellana como las palabras tomadas de otras lenguas llamadas préstamos, la estructura de la oración formada por sujeto y predicado, los diferentes tipos de predicado, la escritura con x o s de ciertas palabras y los mecanismos de cohesión en un texto. Propone también ejercicios para identificar sujetos, predicados y mecanismos de cohesión.
Este documento presenta 10 actividades sobre gramática y ortografía de la lengua española. Incluye ejercicios de clasificación de palabras en arcaísmos y neologismos, búsqueda de significados en el diccionario, escritura de oraciones afirmativas y negativas, clasificación y escritura de oraciones de diferentes tipos como interrogativas y exclamativas, explicación del uso de la h en ciertas palabras, escritura de diálogos y textos con diálogos directos, y escritura final de oraciones de diferentes tip
Arcaísmos son palabras antiguas que ya no se usan, mientras que neologismos son palabras nuevas para nombrar cosas recientes. Los textos dialogados presentan conversaciones entre dos o más personas usando estilo directo e indirecto.
1. A EVOLUCIÓN Antía Pimentel Iglesias Laura Triñanes Muñiz 1º de Bacharelato B
2. A evolución A evolución é o proceso de transformación das especies ao longo do tempo. Orixinou a enorme diversidade de especies que hai no noso planeta. Existen dous tipos de teorías: - Fixismo : as especies permaneceron inmutables desde a súa creación. Non está cientificamente aceptada esta teoría. - Evolucionismo: as especies poden cambiar e xerar outras especies. Existen distintas teorías evolucionistas: lamarckismo, darwinismo, teoría sintética e teoría do equilibrio puntuado.
3. A evolución - Teorías evolutivas - FIXISMO: Aceptábase o creacionismo, que explicaba a orixe das especies como creacións de Deus que se mantiñan inmutables no tempo. O descubrimento de fósiles foi un contratempo para os defensores do fixismo, xa que se trataba de restos de seres vivos de épocas pasadas que xa non existían. O naturalista George Cuvier , considerado o pai da antropoloxia, propuxo a teoría do catastrofismo para explicar a existencia e desaparición de especies. Segundo a súa teoría, no pasado existían seres vivos distintos aos actuais, que se mantiveran sen cambios durante moito tempo e que se extinguiron de maneira súbita.
5. A evolución - O LAMARCKISMO: Propúxoa o naturalista Jean Baptiste de Lamarck. Este pensaba que unhas especies se transforman noutras de maneira continua ao longo do tempo. Baseábase nestes puntos: -Os organismos mostran unha tendencia cara á complexidade. -O uso repetido dun órgano produce o seu desenvolvemento. A función crea ao órgano e o seu desuso produce dexeneración. -Os caracteres adquiridos son herdables. Debido aos coñementos da xenética actual, esta teoría é incorrecta, xa que os caracteres adquiridos non son herdables. Só se herdan os caracteres nos que a información reside nos xenes. - Teorías evolutivas
7. A evolución - A teoría da evolución. Darwin Charles Darwin ofrécenos una nova visión da evolución. A súa teoría denomínase darwinismo e está actualmente aceptada. Segundo a súa teoría, non hai unha tendencia intrínseca nas especies que as obrigue a evolucionar nunha dirección determinada. Esta teoría propón que a selección natural é o mecanismo polo cal as especies cambian ao longo do tempo. Resúmese nos seguintes puntos: -Existe entre os organismos unha loita pola supervivencia. Os recursos do medio como o alimento e o espazo son limitados. Se nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, prodúcese unha loita pola supervivencia. -Existe entre os individuos dunha poboación variabilidade, é dicir, dentro dunha poboación non todos son iguais. -O medio selecciona aos organismos mellor adaptados.
9. A evolución - Teorías evolutivas. O neodarwinismo. Rexeita o lamarckismo. Non acepta a teoría dos caracteres adquiridos. -A variabilidade xenética débese a dous puntos: a mutuación e a recombinación. -A selección natural actúa sobre a variabilidade xenética. Cada individuo nunha poboación é portador de distintos alelos responsables do seu fenotipo. -A selección natural conduce a cambios no conxunto de alelos dunha poboación. Os alelos que lles confiran aos individuos que os portan un fenotipo ventaxoso incrementarán a frecuencia na poboación. -Evoluciona a poboación, non os individuos. -A evolución prodúcese de maneira gradual, con moita lentitude.
11. A evolución -Teorías evolutivas. O equilibrio puntuado Ata 1970 o neodarwinismo era a teoría imperante. En cambio os últimos datos obtidos en panteoloxía levaron á elaboración dunha nova teoría. Segundo esta teoría non todos os cambios evolutivos son graduais. Na historia da terra existiron longos períodos de estabilidade, onde aparentemente as especies non sufriron modificacións, chamados periodos de estase. Estes alternan con outros de curta duración, denominados de especiación , onde se producen cambios rápidos e aparecen moitas especies novas a partir das xa existentes.
12. - Probas A evolución Existen probas que demostran que todos os seres vivos teñen unha orixe común e que a evolución é un feito incuestionable. -POBRAS ANATÓMICAS: Baséanse no estudo comparado das estruturas corporais dos organismos: -Órganos homólogos: son os que teñen a mesma estrutura interna aínda que a súa forma externa e a súa función sexan diferentes. Ex.: brazo dunha persoa e a á dun morcego. -Órganos análogos: desempeñan a mesma función en organismos diferentes, pero teñen una orixe distinta. -Órganos vestixiais: son os que tiveron unha función que se foi perdendo ao longo da evolución.
13. A evolución - Probas - PROBAS PALEONTOLÓXICAS: Moitos fósiles gardan similitude con especies actuais. O rexistro fósil resulta imcompleto, pero na maioria dos casos permitiu reconstruír a evolución de certos organismos. -PROBAS EMBRIOLÓXICAS : Baséanse no estudo comparado do desenvolvemento embrionario de distintos animais. Ao comparar os primeiros estados do desenvolvemento embrionario de moitos animais, obsérvase que existen certas semellanzas que van desaparecendo segundo avanza o proceso. -PROBAS BIOXEOGRÁFICAS: Baséase no estudo da distribución xeográfica das especies. A teoría da evolución sinala que os organismos que habitan xuntos nunha determinada área evolucionan de maneira similar, pero cando certas poboacións quedan illadas, tenden a evolucionar cara a formas diferentes.
15. A evolución humana -A ERA DOS MAMÍFEROS -Fai 180 millóns de anos apareceron os primeiros mamíferos. -Na actualidade coñécense cerca de 5 mil especies de mamíferos. -Agrupánse en: cetáceos, carnívoros, marsupiais, roedores, desdentados...
16. A evolución humana -OS PRIMATES -Marcan o punto de incio da historia da humanidade. -Teñen rasgos como: unha boa visión, mans que permiten suxeitar obxectos e cerebro grande. -Os monos e simios gardan gran similitude cos humanos.
17. A evolución humana - OS HOMÍNIDOS -Apareceron hai 4,5 m.a e estinguíronse fai uns dous. -Tiñan rasgos comúns como: cerebro máis grande que o dos monos, polgar desenrolado e opoñible, poden manterse erguidos e camiñar a dous pés.
19. A evolución humana ORRORÍN TUGENENSIS -Homínido fósil atopado en Tugen (Kenia). -É o máis antigo. -A talla dos exemplares achados é de 1.4 metros .
20. A evolución humana ARDIPITHECUS RAMIDUS -”Ardi” significa chan e “pithecus” mono. -Foi atopado en África. -Ten unha antigüedade de 4.4 m.a.
21. A evolución AUSTRALOPITHECUS -Australopithecus significa simio sudafricano. -Ten unha antigüidade de 4 m.a. -Descubriuse o cranio dun australupithecus en Taung (África) AUSTRALOPITHECUS AFARENSIS -Foi descuberto en Hadar (Etiopía). A este australopithecus púxoselle o nome de Luci. -O nome procede dunha canción dos Beatles: Luci on the sky with diamonds. -Acháronse 52 ósos dun esqueleto semiincompleto, de 3,2 m.a.
22. A evolución -O xénero homo -Existen dous grandes grupos de homínidos. Un deles é o xénero homo , que apareciu fai 2,5 m.a. Existen distintas clases: -HOMO HABILIS - Significa home destro. -Ten unha capacidade craneal de 680 centímetros cúbicos. -A súa altura é de 1,5 m. -Sabía empregar o lume, pero non producilo. -Viviu en África.
23. A evolución HOMO ERGASTER -Significa home traballador. -A súa antigüidade é de 1,8 a 1,2 m.a. -Fabricaba ferramentas de pedra talladas polas dúas caras. HOMO ERECTUS -Significa home ergueito. -A súa antigüidade é de 1,5 m.a. -Alto, delgado e movíase con rapidez sobre dous pés. -Aprendeu a conservalo lume e fabricar ferramentas. -Saiu de África e ocupou Asia e Europa Oriental.
24. A evolución HOMO ANTECESSOR -Significa home pioneiro. -Foi o primeiro que se atopou en Europa. HOMO NEANDERTHALENSIS -Apareceu en Europa. -Ten unha capacidade craneal de 1.500 centímetros cúbicos. -Tiña unha gran fortaleza física e era un excelente cazador .
25. A evolución HOMO SAPIENS SAPIENS É a especie á cal pertencemos os humanos modernos. As características do ser humano son: -Comezou a andar sobre dúas pernas. -Aumentou o tamaño cerebral. -Presenta o dedo polgar opoñible (pinza de precisión). -Adquire unha linguaxe articulada.