2. Teresa Villaverde
N: 18 de maio de 1966, Lisboa (Portugal)
Iniciouse no teatro nos anos como actriz, co
autora e codirectora no Grupo de Teatro da
Escola Superior de Belas Artes de Lisboa. En
1986 participa como actriz no filme de João
César Monteiro À Flor do Mar.
Desempeña diversos traballos no cinema e por
fin consegue debutar como realizadora en
1991 co filme A Idade Maior, un relato de
iniciación co pano de fondo das feridas
incurábeis da guerra colonial. Sólido comezo
cun elenco de luxo: Teresa Roby, Joaquim de
Almeida, Maria de Medeiros e Vincent Gallo,
máis o neno Ricardo Colares.
3. Co seu segundo filme, Três Irmãos (1994),
compite na Mostra de Venecia, onde a actriz
protagonista, Maria de Medeiros, gaña a
Copa Volpi á mellor interpretación feminina.
4. Os Mutantes (1998) lévaa ao Un
Certain Regard do Festival de
Cannes. Ana Moreira, Alexandre
Pinto e Nelson Varela son os
actores principais dun filme que
retrata con honestidade a vida
dura e mísera nos centros de
acollida de menores. É o único
dos seus filmes que tivo estrea
comercial en España.
5. Con Água e Sal (2001) volveu á
competencia da Mostra de
Venecia. En 2006 dirixe Transe,
retrato cru e devastador do
humillante tráfico de mulleres na
Europa contemporánea. Estreouse
na Quincena de Realizadores de
Cannes.
6. As súas seguintes ficcións teñen
unha vez máis estrea en festivais
internacionais de prestixio: Cisne
(2011) vai ao Orizzonti da Mostra
de Venecia e Colo (2017) á
competencia internacional da
Berlinale.
O seu filme máis recente é o
documental O termómetro de
Galileu (2018), sobre o cineasta
Tonino de Bernardi e a súa muller
Mariella Navale.