Lois Pereiro con 20 anos Lois Pereiro enfermo polo aceite de colza
Biografía
Luis Ángel Sánchez Pereiro foi un escritor e poeta galego,  coñecido como Lois Pereiro. Naceu o 16 de febreiro de 1958, en...
Comezou a escribir aos 15 anos, mentres que estudaba no Colexio dos Escolapios (Colexio da Nosa Señora da Antiga). Cando r...
A carreira non lle  gustou, polo que a deixou e volveu a Monforte , a traballar na empresa familiar, que se dedicaba ao vi...
En Madrid funda, xunto co seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas e Antón Patiño, a revista  Loia . Xosé Manuel Pereir...
No final da súa estadía en Madrid resulta envelenado con aceite de colza, un feito que marcou a súa vida. Este  envelename...
Volve á Coruña en 1981, onde colabora na revista  La Naval.  Entrou en contacto con autores como Xavier Seoane, Francisco ...
Nesta época tamén participou en varias antoloxías, coma  De amor e desamor e De amor e desamor II.  Tamén colaborou en rev...
Viaxou por Europa en 1983 e 1987 con Fernando Saco. Traballou na dobraxe de cinema e televisión. Entre as series de televi...
Estivo enfermo de SIDA. A causa da súa morte foi un cúmulo de doenzas e enfermidades, que remataron nunha insuficiencia he...
Obra
En vida publicou dous poemarios,  Poemas 1981/1991  (1992) e  Poesía última de amor e enfermidade  (1995). Despois da súa ...
Letras Galegas 2011 Nos últimos anos intentábase que se lle dedicaran as Letras  a este autor e, por fin, o 26 de xuño de ...
Algunhas poesías
Tristemente convivo coa túa ausencia Tristemente convivo coa túa ausencia sobrevivo á distancia que nos nega mentres borde...
Narcisismo Sigo os pasos do sangue no meu corpo e coa unlla do meu dedo máis firme abro un sulco vermello en media lúa na ...
Acróstico Somentes intentaba conseguir deixar na terra algo de min que me sobrevivise   sabendo que deberia ter sabido   i...
Curiosidade Saber que está un á morte e o corpo é unha paisaxe de batalla: unha carnicería no cerebro. ¿Permitirías ti, am...
E por primeira vez desde que souben que aínda respiraba e seguía vivo sei o que é sentir medo a non estalo Interrompido na...
Webgrafía

Wikipedia en galego

http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro

Lingu...
AUTOR DO TRABALLO Alberto Rivadulla Sánchez  3º ESO A Lingua e literatura Galega Curso 2010 -11 IES de Curtis
Upcoming SlideShare
Loading in …5

Lois Pereiro

1,266 views

Published on

Traballo do alumno Alberto Rivadulla Sánchez (3º ESO A). Lingua e literatura Galega. Curso 2010-11. IES de Curtis

Published in: Education, Sports
• Be the first to comment

• Be the first to like this

Lois Pereiro

1. 1. Lois Pereiro con 20 anos Lois Pereiro enfermo polo aceite de colza
2. 2. Biografía
3. 3. Luis Ángel Sánchez Pereiro foi un escritor e poeta galego, coñecido como Lois Pereiro. Naceu o 16 de febreiro de 1958, en Monforte de Lemos. Escudo de Monforte Lugar representativo da vila F AGA CLIC NA IMAXE
4. 4. Comezou a escribir aos 15 anos, mentres que estudaba no Colexio dos Escolapios (Colexio da Nosa Señora da Antiga). Cando rematou COU foi a Madrid, a estudar Ciencias Políticas e Socioloxía. Colexio dos Escolapios, en Monforte de Lemos FAGA CLIC NA IMAXE
5. 5. A carreira non lle gustou, polo que a deixou e volveu a Monforte , a traballar na empresa familiar, que se dedicaba ao vidro. Ó ano seguinte regresou a Madrid e estudou inglés, francés e alemán na Escola de Idiomas. Escola de Idiomas de Madrid
6. 6. En Madrid funda, xunto co seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas e Antón Patiño, a revista Loia . Xosé Manuel Pereiro Revista Loia nunha exposición Antón Patiño Manuel Rivas FAGA CLIC NAS IMAXES
7. 7. No final da súa estadía en Madrid resulta envelenado con aceite de colza, un feito que marcou a súa vida. Este envelenamento produciu unha enfermidade que tivo ata a morte, e que lle provocou distintos problemas, como a perda de masa muscular ou problemas das articulacións . Garrafas de aceite de colza adulterado FAIGA CLIC NA IMAXE
8. 8. Volve á Coruña en 1981, onde colabora na revista La Naval. Entrou en contacto con autores como Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel. Xavier Seoane Francisco Salinas Portugal Xulio Valcárcel FAGA CLIC NAS IMAXES
9. 9. Nesta época tamén participou en varias antoloxías, coma De amor e desamor e De amor e desamor II. Tamén colaborou en revistas coma La Naval , Trilateral , Anima+l e Luzes de Galiza , na que publicou oito capítulos da novela Náufragos do Paradiso .
10. 10. Viaxou por Europa en 1983 e 1987 con Fernando Saco. Traballou na dobraxe de cinema e televisión. Entre as series de televisión nas que traballou están Dallas e Kung Fu. Imaxe da serie Dallas Imaxe da serie Kung Fu FAGA CLIC NAS IMAXES
11. 11. Estivo enfermo de SIDA. A causa da súa morte foi un cúmulo de doenzas e enfermidades, que remataron nunha insuficiencia hepática. Tamén foi causa da súa morte o envelenamento por aceite de colza. Foi enterrado en Santa Cristina de o Viso (O Incio). Na súa tumba está gravado o seguinte epitafio: “ Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria”
12. 12. Obra
13. 13. En vida publicou dous poemarios, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). Despois da súa morte publicouse Poemas para unha Loia (1996).
14. 14. Letras Galegas 2011 Nos últimos anos intentábase que se lle dedicaran as Letras a este autor e, por fin, o 26 de xuño de 2010 a RAG anunciou que en 2011 se lle ían dedicar as Letras Galegas a Lois Pereiro.
15. 15. Algunhas poesías
16. 16. Tristemente convivo coa túa ausencia Tristemente convivo coa túa ausencia sobrevivo á distancia que nos nega mentres bordeo a fronteira entre dous mundos sen decidir cal deles pode darme a calma que me esixo para amarte sen sufrir pola túa indiferencia a miña retirada preventiva dunha batalla que xa sei perdida resolto a non entrar xamais en ti pero non á tortura de evitarte.
17. 17. Narcisismo Sigo os pasos do sangue no meu corpo e coa unlla do meu dedo máis firme abro un sulco vermello en media lúa na vea que me acolle tan azul. FAGA CLIC NA IMAXE
18. 18. Acróstico Somentes intentaba conseguir deixar na terra algo de min que me sobrevivise   sabendo que deberia ter sabido   impedirme a min mesmo   descubrir que só fun un interludio   atroz entre dous muros de silencio   só puiden evitar vivindo á sombra   inocularlle para sempre a quen amaba doses letais do amor que envelenaba   a súa alma cunha dor eterna sustituíndo o desexo polo exilio   iniciei a viaxe sen retorno   deixándome levar sen resistencia  ó fondo dunha interna   aniquilación chea de nostalxia.
19. 19. Curiosidade Saber que está un á morte e o corpo é unha paisaxe de batalla: unha carnicería no cerebro. ¿Permitirías ti, amor deserto, que nesta fevre penitente abrise a derradeira porta e a pechase detrás miña, sonámbulo e impasible, ou porías o pé entre ela e o destino? novembro, 92
20. 20. E por primeira vez desde que souben que aínda respiraba e seguía vivo sei o que é sentir medo a non estalo Interrompido na mellor escea cando estaba soñando un soño dérmico de paixón e beleza cunha serea distancia literaria e sabia Só ela podía ser tan inoportuna groseira inculta e pouco delicada chamándome despois de ter sobrevivido á confortable atracción do fracaso e saber dunha vez o que era a vida amar e ser amado setembro, 95 (Cunha bala calibre sete sesenta e cinco no peto máis pequeno do vaqueiro, sei que a miña vontade é decisiva para escoller o momento e o lugar. E apálpoa cos dedos a todas horas.) Mala sorte
21. 21. Webgrafía

Wikipedia en galego

http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro

Lingua de amor

http://www.linguadeamor.eu/noticia.php?idnoticia=2263

Poesías.es

http://poesias.es/tags/poesias-de-lois-pereiro

Biblioteca Sarmiento

http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/

22. 22. AUTOR DO TRABALLO Alberto Rivadulla Sánchez 3º ESO A Lingua e literatura Galega Curso 2010 -11 IES de Curtis