INTRODUCIÓN
●
A auga ocupatres cuartas partes da superficie do planeta.
●
Pódese atopar en estado sólido (xeo), líquido (auga) e gasoso (vapor).
●
Preséntase na Terra en forma de auga doce e auga salgada.
●
Denomínase hidrosfera ao conxunto das augas do planeta, incluídos os
océanos, mares, lagos, ríos e as augas subterráneas.
●
A meirande parteda auga do noso planeta é salgada e atópase en mares e océanos.
–
–
O grandes océanos da Terra son: o Pacífico, O Atlántico, o Índico, o Glaciar Ártico e o
Glaciar Antártico.
–
●
Un océano é unha gran masa de auga que separa os distintos continentes.
Os mares son a prolongación dos océanos nas zonas máis próximas aos continentes:
Cantábrico, Mediterráneo, Caribe...
A auga doce da Terra repártese entre lagos, ríos, subsolo, icebergs, glaciares e a
atmosfera.
–
Os lagos son masas de auga permanente depositadas en depresións.
–
Os ríos son correntes continuas de auga.
●
O caudal é a cantidade de auga que leva un río.
●
A cunca fórmana o conxunto de terras cuxa auga vai parar ao devandito río.
●
Un afluente é un río que non desemboca no mar senón noutro río máis importante
●
O réxime dun río e o conxunto de variacións que experimenta o seu caudal ao longo
do ano. Pode ser:
Pluvial: As súas augas proceden principalmente da chuvia. Se recibe auga todo
o ano será caudaloso e regular, senón terá enchentes e estiaxes.
– Nival: A auga procede maioritariamente da fusión da neve. O seu caudal é baixo
no inverno.
O curso: cada un dos tres tramos (alto, medio e baixo) polos que pasa un río e nos
que realiza diferentes traballos: erosión, transporte e sedimentación.
–
●
●
Os océanos daTerra son cinco:
–
–
Atlántico: é estreito e alongado, e o menos fondo de todos; ten moitos
mares costeiros.
–
Índico: esténdese entre África e Asia, ten poucas illas e a súa
profundidade é media.
–
●
Pacífico: conta con numerosas illas volcánicas e coralinas, e coas fosas
mariñas máis fondas.
Glacial Ártico e Glacial Antártico: rodean os polos e a súa auga está
permanentemente xeada.
Por continentes, os ríos e lagos máis salientables son:
–
América: o Mississippi-Missouri, o Amazonas, o Paraná e os Grandes
Lagos.
–
África: o río Nilo é o máis longo do mundo, o Congo e o Níxer
–
Asia: o Obi, o Lena, o Huanghe (Río Amarelo), o Mekong e o Ganges.
–
Australia: o Darling e o Murray son curtos e bastante caudalosos.
●
A auga dosocéanos e dos mares está sempre en movemento pola
acción de:
–
–
As mareas: son ascensos e descensos do nivel da auga do mar
provocados, principalmente, pola atracción da Lúa sobre a auga de
mares e océanos: marea alta e marea baixa.
–
●
As ondas: son ondulacións que se forman cando o vento axita a
superficie e mares e océanos.
As correntes mariñas: son coma grandes ríos que circulan polos
océanos, hainas cálidas e frías. Modifican o clima das costas porque as
quentan e arrefrían.
As ondas e mais as mareas, como son auga en movemento, modelan as
costas:
–
Desgastando os cantís e provocando o seu retroceso.
–
Formando praias e albufeiras cos materiais que arrastran.
●
En Europa hainumerosos ríos cuxas características dependen do
clima do lugar por onde pasan:
–
Continentais: aumentan o seu caudal na primavera pola fusión
da neve e no verán pola chuvias. (Dvina Occidental, Dniéper,
Don...).
–
Oceánicos: caudalosos e regulares pola abundancia de chuvias
(Garona, Loira, Támesis, Sena, Elba...).
–
Mediterráneos: son curtos e sofren fortes estiaxes (todos os do
Sur menos o Ebro, Ródano e Po...).
●
Na Península Ibéricaos ríos agrúpanse en tres vertentes:
–
Vertente cantábrica: son curtos, regulares, caudalosos e levan moita
corrente (Eo, Navia, Nalón...).
–
Vertente atlántica: como son longos (excepto os galegos), reciben
moitos afluentes e son bastante caudalosos (Tambre, Ulla, Miño, Douro,
Texo, Guadiana, Gudalquivir ).
–
Vertente mediterránea: son curtos (menos o Ebro) pouco caudalosos e
irregulares; sofren estiaxes e enchentes (Llobregat, Mijares, Turia,
Xúcar, Segura, Almanzora, Andarax, Guadalhore) .