●
●
A combinación doselementos do clima (temperaturas, humidade, presión
atmosférica, ventos e precipitacións) e dos factores climáticos (latitude, altitude e
distancia ao mar) fan que na Terra existan diferentes tipos de climas.
Se escollemos como criterio a temperatura, estableceremos tres grandes zonas
climáticas no planeta:
–
Zona cálida: situada entre os dous trópicos; caracterízase polas súas elevadas
temperaturas durante todo o ano, a media anual é superior aos 20 ºC.
Distínguense nela tres tipos de clima: ecuatorial, tropical e desértico.
–
Zonas temperadas: localizamos unha en cada hemisferio, aproximadamente
entre os trópicos e os círculos polares; ambas as dúas teñen catro estacións; a
partir dos factores climáticos establecemos tres climas: oceánico,
mediterráneo e continental.
–
Zonas frías: corresponden ás dúas zonas polares e aos lugares situados a máis
de 2500 m de altitude (altas montañas), e dependendo diso localizamos un clima
polar ou un de alta montaña.
●
●
A paisaxe ecuatoriallocalízase nas zonas máis próximas ao Ecuador:
cunca do Amazonas, cunca do Congo e golfo de Guinea e sueste de Asia.
O clima ecuatorial caracterízase por:
–
–
●
●
As precipitacións son moi abundantes (2.000 mm).
–
●
As súas temperaturas sempre son moi elevadas (25 ºC).
Non se distinguen estacións.
Por mor da pluviosidade, os ríos son caudalosos e regulares, e de cor
terrosa.
A vexetación é exuberante, de xeito que a formación característica é a
selva ou xungla nas que viven multitude de especies, tanto vexetais coma
animais (paxaros, réptiles, insectos e mamíferos).
Os habitantes da zona ecuatorial de África e América dedícanse á
recolección, á caza e a unha agricultura rudimentaria; así e todo, en
Asia, moito máis poboada, medran as plantacións de arroz, té, cana de
azucre e heveas (obtención do caucho).
●
●
Atopamos as paisaxestropicais ao Norte e ao Sur da zona ecuatorial (América
central e do Sur, centro e sur de África, sur e sueste de Asia e norte e leste de
Australia.
O clima tropical caracterízase por:
–
–
●
●
As temperaturas que se rexistran son elevadas todo o ano (20 ºC), como na
zona ecuatorial.
As precipitacións marcan dúas estacións ben diferenciadas: a estación
húmida (verán), moi chuviosa, e a estación seca (inverno), cunha diminución
ou ausencia de chuvias.
O caudal dos ríos varía ao longo do ano en función das chuvias; pode pasar de non
levar auga a desbordarse durante as enchentes.
Hai diferentes tipos de formacións vexetais:
–
–
Sabana: fórmana herbas, arbustos e árbores espalladas; viven herbívoros
(elefantes, xirafas, cebras,...) e os seus depredadores (leóns, guepardos,...).
–
●
Bosque tropical: localízase nas zonas máis próximas ao Ecuador, é semellante
á selva pero menos frondoso e variado; habitan sobre todo aves e insectos.
Estepa: substitúe a sabana nas zonas máis secas, co que a vexetación é moi
pobre, de folla dura e matogueiras espiñentas.
Os pobos indíxenas dedícanse á gandaría extensiva e ao cultivo tradicional de
plantacións (té, cacao, café,...) que pertencen a empresas estranxeiras.
●
●
Os desertos cálidoslocalízanse preto dos trópicos (Sáhara, Arabia,
Kalahari), pero tamén xunto á costa cando as correntes mariñas son frías
(Atacama), ou moi afastados dela, no interior (Gobi).
As características do clima desértico son:
–
–
●
●
●
As temperaturas son moi altas todo o ano pero sofren grandes
oscilacións entre o día (moi caloroso) e a noite (fría).
As precipitacións son moi escasas (>250 mm) e irregulares.
Non hai cursos de auga permanentes senón uadis: cursos de auga que só
a levan cando chove.
As extremas condicións de temperatura e sequidade fan difícil a vida no
deserto, polo que escasean tanto as especies vexetais coma animais.
Os desertos son zonas pouco poboadas: son pastores nómades que
viven nos seus límites, nas estepas; a poboación sedentaria vive da
agricultura nos oasis, que poden ser cultivados.
●
●
A paisaxe oceánicaatópase entre os paralelos 40º e 60º de ambos hemisferios:
costa occidental de Europa e América do Norte, costa do sur de Chile e de Arxentina,
costa sueste de Australia, Tasmania e Nova Zelandia.
O clima oceánico caracterízase por:
–
As temperaturas non son moi rigorosas (nin altas nin baixas) pola acción do
mar e os ventos cargados de humidade
–
As precipitacións son persistentes aínda que suaves.
–
Distínguense catro estacións ben diferenciadas.
●
Os ríos teñen un caudal abundante e regular.
●
Atópanse diferentes formacións vexetais:
–
Bosques de folla caduca formados por carballos, castiñeiros, faias...Neles
viven diversas especies de mamíferos (osos, xabarís,...) e de aves.
–
Landa: tipo de bosque de matogueira (toxos, xestas,...) habitado por pequenos
mamíferos (ratos, toupas) e numerosas aves.
–
Prado: medra naturalmente tras a corta de árbores e proporciona alimento para
o gando.
●
●
Localízase a paisaxemediterránea no litoral do mar Mediterráneo e nas costas de
California, Chile, Sudáfrica, e Sur e Suroeste de Australia.
O clima mediterráneo caracterízase por:
–
–
●
●
As temperaturas son altas en verán e suaves en inverno.
As precipitacións son escasas, agás en outono onde pode ser torrenciais .
O caudal dos ríos é escaso e irregular, e poden sufrir estiaxes e enchentes que
provoquen riadas e inundacións.
Hai diferentes tipos de formacións vexetais:
–
–
●
Bosque mediterráneo: formado por árbores de folla perenne (piñeiros,
sobreiras, aciñeiras). Por debaixo del atopamos a matogueira espiñenta.
Maquia e garriga: é un tipo de matogueira que medra cando desaparece o
bosque.
Na paisaxe mediterránea danse:
–
cultivos de secaño: cereais, vide e oliveira.
–
cultivos de regadío, o que favoreceu o desenvolvemento da agricultura
intensiva: verduras, froitas, arroz e cítricos.
–
unha agricultura de alto rendemento pola construcción de invernadoiros
onde se cultivan hortalizas, froitas, flores e plantas ornamentais.
●
●
A paisaxe continentallocalízase nas zonas interiores dos continentes do hemisferio
Norte: Europa central e oriental, zona temperada de Asia e en América do Norte.
O clima continental caracterízase por:
–
–
●
●
As temperaturas son moi contrastadas: elevadas no verán e moi frías no
inverno (baixo cero). Isto é debido a súa situación afastada do mar.
As precipitacións son escasas, concéntranse no verán.
Os ríos teñen un caudal abundante porque recollen a auga das chairas por onde
circulan, normalmente increméntase na primavera co desxeo das augas.
Hai dous tipos de formacións vexetais naturais:
–
A taiga ou bosque de coníferas: localízase nas zonas máis frías; fórmana
piñeiros, abetos e bidueiros, que se cortan para fabricar celulosa e,
posteriormente, papel. Son zonas habitadas por mamíferos como alces, cervos,
esquíos,....
–
As estepas ou pradarías: son extensas zonas chás de herba que aparecen
cando as temperaturas son máis altas.
●
As árbores da taiga empréganse para a fabricación de celulosa.
●
Nas extensas chairas desenvólvese a gandaría e o cultivo extensivo de cereais.
●
Localízase nos extremosda Terra, próximos aos círculos polares.
●
O clima polar caracterízase por:
–
–
●
●
As súas temperaturas son moi baixas, normalmente inferiores aos
0°C, só no verán poden superar os 10 ºC.
As precipitacións son escasas e en forma de neve. Fálase de
desertos fríos (zonas sempre cubertas de xeo).
A vexetación só existe nas zonas máis afastadas do Polo Norte, onde
medra a tundra (pequenas frores, mofos e liques) da que se alimentan osos
e renos.
Os seus habitantes viven da caza, da pesca e do pastoreo, como os
esquimós e os lapóns, pero tamén se desenvolve a minaría.
●
●
Localízanse a máisde 2500 m de altitude, nas grandes cordilleiras montañosas
do mundo.
O clima de alta montaña caracterízase por:
–
–
●
●
As temperaturas son baixas todo o ano.
As precipitacións son abundantes, aínda que diminúen coa altitude e caen en
forma de neve nos cumes.
A vexetación disponse en pisos ou niveis de altitude, e tamén depende da latitude
e da orientación.
A poboación vive da gandaría, da explotación do bosque, da agricultura nos
vales e do turismo.