A comarca do Morrazo está situada na costa leste de Pontevedra, entre as rías de Pontevedra e Vigo. O territorio presenta un releve moi irregular, aínda que non acada grandes alturas e unha costa moi recortada e diversa con zonas abrigadas en rías e enseadas, areaias e cantís de gran altura. Está moi fracturado e percorrido por numerosos ríos de curso curto e escaso caudal.
Acolle unha gran diversidade de ecosistemas e espazos naturais protexidos.
CONCELLOS: Bueu, Cangas, Marín e Moaña
A RÍA DE VIGO ábrese entre o Cabo Home, ao norte e o Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O río principal que a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Seo de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas. É unha ría intensamente poboada e cunha grande actividade pesqueira, marisqueira, comercial e industrial.
CONCELLOS: Cangas, Moaña, Viaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona.
Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso
A comarca de Bergantiños está situada no oeste da provincia de A Coruña e forma parte do amplo espazo coñecido como Costa da Morte. É un territorio de relevo moi accidentado cunha grande diversidade morfolóxica e litolóxica atravesado de SE a NO polo río Anllóns, a arteria principal que drena a comarca. Ten unha costa moi recortada na que alternan cantís, enseadas, rías e areais que son a base de actividades pesqueiras e turísticas.
O concello de Redondela está situado na banda sur da ría de Vigo. A costa, pola proximidade dos montes, é escarpada agás no esteiro do río Alvedosa e na praia de Cesantes. Alterna cantís de media altura, praias e seos que quedan amplamente ao descuberto co debalo da marea. É unha costa rica en bancos marisqueiros.
As principais actividades son a pesca e o marisqueo, os servizos e a industria.
A costa de Soutomaior é abrigada, baixa, recortada e rochosa; de augas pouco profundas na que quedan grandes áreas ao descuberto coa marea baixa que son lugares de cría para diferentes clases de moluscos e zonas de abrigo e descanso para moitas aves acuáticas e limícolas.
As principais actividades do concello son o sector dos servizos, a industria, a acuicultura, o marisqueo e o cultivo da viña.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
CONCELLOS: A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
A comarca de Pontevedra esténdese desde a costa, no fondo das rías de Pontevedra e Vigo, aos cumes da Dorsal Galega nas serra do Cando e o Suído. É unha comarca cun medio físico moi variado onde se poden atopar paisaxes costeiras, vales fluviais e unha grande parte de terreo montañoso que, partindo das serras orientais vai perdendo altura pouco a pouco ata a Depresión Meridiana, unha foxa tectónica que ocupa o centro dos concellos de Barro e Pontevedra con direción N-s e na que se concentra a maior parte da poboación e das infraestruturas. A rede fluvial estrutúrase na maior parte arredor do Lérez e, en menor medida, do Verdugo.
A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
CONCELLOS: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño
A comarca de Ferrol ten unha gran diversidade morfolóxica, litolóxica e paisaxística: unha grande área costeira con rías, praias e cantís; zonas de montaña, e amplos vales fluviais que se articular arredor do principal curso, o río Grande de Xuvia e os seus afluentes.
É unha comarca moi poboada, en especial na faixa costeira e na contorna da ría de Ferrol, onde se concentran ademais a maior parte dos servizos e das industrias.
Acolle importantes espazos naturais moi diversos.
Parque Nacional Illas Atlánticas de Galizamonadela
O espazo protexido inclúe un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas nas Rías Baixas: Cíes, Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras e un amplo espazo mariño na súa contorna.
Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e cultural. A maior riqueza ecolóxica do parque atópase no espazo marítimo e nas colonias de aves acuáticas.
Téñense identificado 200 especies de algas que serven de soporte a unha rica comunidade de invertebrados. Esta zona é ademais un importante punto de cría de peixes e mariscos e visitada habitualmente por por golfiños, baleas e tartarugas mariñas.
CONCELLOS: Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e Ribeira (A Coruña).
A ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
A comarca do Salnés está situada no noroeste da provincia de Pontevedra entre a banda sur da ría de Arousa e a banda norte da ría de Pontevedra. O territorio está formado polo amplo val do Salnés, no curso baixo do río Umia, rodeado de pequenas elevacións, cunha costa recortada e protexida que é unha importante fonte de recursos pesqueiros e marisqueiros.
É unha comarca densamente poboada con importantes núcleos urbáns, entre os que destaca Vilagarcia e que conserva importantes espazos de interese natural, en especial na costa.
Concellos: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagacía de Arousa e Vilanova de Arousa
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
CONCELLOS: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
A comarca do Barbanza ou Arousa Norte atópase no suroeste da provincia da Coruña, ocupando a parte sur na península do mesmo nome. O territorio está ocupado na súa maior parte pola serra do Barbanza e a costa da banda norte da ría de Arousa e un tramo de mar aberto ata pasado o cabo Corrubedo. O último tramo do esteiro do Ulla ocupa parte das costas de Rianxo, e numerosos cursos fluviais de pequeno percorrido baixan da serra directamente ao mar.
As principais actividades son os servizos (destaca o turismo), a pesca, a industria (sobre todo relacionada coa pesca) e a construción. Ten un rico patrimonio natural centrado especialmente na costa exterior e no esteiro do Ulla.

2. Sada é un concello de Galicia (A Coruña). Situado nas Rías Altas, dentro da ría de Betanzos, dista uns 20 km da capital da provincia.
3. E un pobo costeiro, coa pesca e o turismo como industrias principais. A cidade de Sada vese favorecida por un clima atlántico. Posúe polo tanto todas as características propias da costa noroeste galega: suavidade de temperaturas e pouca oscilación térmica, ao que se suma a agradable temperatura media das aguas da ría de Betanzos, permitindo a práctica de diversas actividades náuticas (vela, buceo, pesca...) durante todo o ano.
5. POBOACIÓN Ten unha superficie de 27,49 kilómetros cadrados ocupados por un total de13.606 habitantes, o que fai de Sada un municipio densamente poboado.
6. Lugares de interese Vistas xerales da Terraza Vistas interiores da Terraza La Terraza , Edificio protexido de estilo modernista, de principios do siglo XX. Museo Carlos Maside , a fábrica de cerámica de O Castro e o Laboratorio de Formas , creadas por Isaac Díaz Pardo. Castro de Agra das Arcas (Parroquia de Samoedo) Pazo de Meirás (Meirás). As Brañas
7. As súas playas son moi aptas para o baño, a pesca e o submarinismo, sendo moi coñecidas po la zona, como Arnela, Cirro e San Pedro e a sua proximidade a Coruña (18 Km) e Betanzos (10 Km) fan dela un lugar privilexiado.