A maioría das rochas que podemos encontrar na parte máis superficial da codia terrestre formáronse en zonas profundas, onde as condicións reinantes son totalmente diferentes.
Así como na biosfera a unidade básica son as biomoléculas, na xeosfera son os minerais, polo que é necesario estudar toda a súa evolución, desde o proceso da súa formación ata a utilidade que representan para os seres humanos, e unha característica esencial, que é a súa estrutura interna.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
1. Guía para estudar os minerais e as rochas
AS ROCHAS
As rochas son masas sólidas constituídas por agregados minerais.
Fórmanse por enfriamento de magmas, por depósitos de restos compactados ou por
alteracións das anteriores ao seren sometidas a altas presións e temperaturas.
As rochas están sometidas a un ciclo contínuo de formación e destrucción
Desde o momento da súa formación, a partir da solidificación do magma, actúan sobre as rochas
axentes físicos (vento, chuvia, cambios de temperatura) e químicos (osíxeno, ácidos...) que as
alteran, cambian a súa estructura e composición química.
Os materiais disgregados acumúlanse nas zonas baixas onde forman depósitos de sedimentos que
máis tarde, por contacto ou por presión, transfórmanse en rochas sedimentarias. Cando as rochas
son sometidas a fortes presións e/ou altas temperaturas convértense en metamórficas. Se os
materias entran en contacto cun foco quente funden de novo e incorpóranse ao magma.
CARACTERÍSTICAS DAS ROCHAS
Para estudar e recoñecer as rochas hai que ter en conta as súas propiedades xerais, a súa
composición e o seu proceso de formación. Todas as propiedades están interrelacionas.
2. PROPIEDADES DAS ROCHAS
ESTRUTURA
É o aspecto xeral derivado dos procesos xeolóxicos: tipo de estratificación, alternancia,
orientación, pregues, fracturas... O proceso de formación dalles ás rochas unhas
características que as fan claramente diferenciables.
Se o magma enfría rapidamente
as rochas resultantes poden ser
compactas ou porosas e
xeralmente non presentan
cristais diferenciados.
lava
Se o magma enfría lentamente
os distintos minerais forman
cristais doados de distinguir.
granito
As rochas sedimentarias, que
proceden da acumulación e
compactación de fragmentos,
están xeralmente dispostas en
capas e son brandas.
arenita calcária
As rochas metamórficas teñen
os seus materiais orientados o
que lles confire unha estructura
en bandas e uns planos de
exfoliación.
estrutura xistosa
estrutura xistosa pregada estrutura ocelar
TEXTURA
Depende da relación entre os tamaños dos compoñentes, a súa morfoloxía, o xeito en que
entran en contacto entre sí...
lavas porosas
Pegmatita, rocha formada por grandes
cristais. Lousa verde. Rocha formada por
cristais moi pequenos.
3. DENSIDADE
Depende da relación entre masa e volume. Está relacionada coa estrutura, a composición e o
proceso de formación.
Pumita (pedra pómez), rocha moi lixeira. Aboia na auga.
Ecloxita, rocha moi densa.
CLASES DE ROCHAS: SEGUNDO OS MINERAIS QUE AS FORMAN.
Rochas formadas case exclusivamente por un
mineral.
Cuarcita, formada por un so mineral (seixo).
Rochas formadas pola mestura de varios
minerais: esenciais (os que caracterizan a súa
composición) e accesorios
granito rosa: seixo, feldespato, mica...
CLASES DE ROCHAS: TENDO EN CONTA A COMPOSICIÓN QUÍMICA
Rochas básicas: ricas en ferro,
magnesio e calcio e pobres e
alúmina e álcalis.
As máis comúns son os basaltos e
os gabros que conteñen olivino,
piroxenos, anfíboles e feldespatos
cálcicos.
basalto
Rochas ultrabásicas: non
conteñen alúmina nin álcalis.
serpentina
Rochas ácidas:
ricas en sílice, alúmina e álcalis.
As máis comúns son as de tipo
granítico que teñen na súa
composición como minerais máis
comúns os seixos e os feldespatos
sódico-potásicos.
granito
4. CLASES DE ROCHAS: TENDO EN CONTA A COMPOSICIÓN QUÍMICA
ROCHAS MAGMÁTICAS (ÍGNEAS)
Fórmanse por enfriamento do magma no interior ou no exterior da codia terrestre
CLASES DE ROCHAS MAGMÁTICAS SEGUNDO A SÚA ESTRUTURA E TEXTURA
(disposición característica dos minerais que a forman)
5. ROCHAS SEDIMENTARIAS
Fórmanse a partir do depósito e compactación de detritus doutras rochas, ou dos restos de
seres vivos, unidos entre sí ou por medio de outros materiais.
Caracterízanse pola disposición dos materiais en capas (estratos) e a relativa falta de dureza.
TIPOS DE ROCHAS SEDIMENTARIAS (segundo a súa orixe)
Detríticas
fórmanse por restos doutras
rochas cementados ou non:
conglomerado
arenita
arxilas
arcosa
Bioquímicas ou orgánicas
formadas por acumulación de
substancias producidas por algúns
seres vivos: corais, cunchas,
estromatolitos, carbón, petróleo...
Pola súa orixe non son realmente
rochas, pero considéranse así por
formar parte dos materiais da
codia terrestre.
Antracita, carbón formado a partir de
restos vexetais.
calcária formada por acumulación de
caparazón de animais mariños
dolomía
diatomita
Físico-químicas
formadas por reaccións químicas,
evaporación ou precipitación de
disolucións: sal xema, as
calcárias.
Calcarias formada por precipitación de
carbonato cálcico disolto na auga
travertino
nódulo de manganeso: fórmase nos
fondos mariño a gran profundidade
arxilita silícea
6. ROCHAS METAMÓRFICAS
Proceden doutras rochas transformadas pola presión ou pola presenza dun foco quente nas
súas proximidades. O grao de metamorfización depende da temperatura e da presión á que
estéa sometida a rocha durante o proceso de formación. Canto máis alta sexa a temperatura
e máis grande a presión, a rocha adquire maior cohesión entre as partes e un maior grao de
cristalización.
As rochas metamórficas son as máis abundantes na superficie da codia terrestre da que
ocupan o 85% dos 20 primeiros quilómetros.
Laminadas
Disposición estratificada,
Xistosidade: rotura en planos de forma irregular que
non permiten a formación de bloques
Esfollado: rotura en láminas finas.
lousa
xisto
micaxisto
gneis “ollo de sapo”
granulita
Non laminadas
Estrutura cristalina.
mármore
serpentina
cuarcita
Adela Leiro, Mon Daporta