SlideShare a Scribd company logo
1 of 52
O solo
O solo é
un medio poroso,
bioloxicamente activo e
estruturado, desenvolvido na
superficie emerxida da Terra.
É un sistema complexo que se
forma pola alteración física e
química das rochas e pola
influencia dos seres vivos,
desenvolvendo unha estrutura
en niveis superpostos (perfil) e
unha composición química e
biolóxica definidas.
O chan
É a superficie sobre a que
andamos, a capa superior da
codia do solo.
Os solos constitúen o fundamento do desenvolvemento
agrícola e da produción de alimentos e son a base que
sustenta a vida dos ecosistemas en xeral.
O solo constitúe un conxunto complexo de elementos físicos, químicos e
biolóxicos que compón o substrato natural no que se desenvolve a vida
na superficie dos continentes.
No medio natural os solos máis complexos e potentes manteñen aos
ecosistemas de maior biomasa e diversidade.
HORIZONTE A
Zona superior onde se acumulan os restos
de materia orgánica e viven os animais.
HORIZONTE B
Formado por unha mestura de rocha
disgregada e parte dos materiais
que transporta a auga cara abaixo.
HORIZONTE C
Parte fonda próxima á rocha nai.
ROCHA
Base sobre a que se sustentan os
outros materiais.
Os materiais dos solos están dispostos en capas
horizontais superpostas (horizontes). O corte e a
representación destas capas é o PEFIL DO SOLO.
FORMACIÓN E EVOLUCIÓN DO SOLO
rocha
-Disgregación mecánica das rochas.
-Meteorización química dos materiais regolíticos, liberados.
-Instalación dos seres vivos (vexetais, microorganismos…) sobre ese substrato inorgánico.
Cos seus procesos vitais e metabólicos, continúan a meteorización dos minerais e os seus
restos (a través da fermentación e a putrefacción) enriquéceno.
-Mestura de todos estes elementos entre si, e con auga e aire intersticiais.
PROCESOS FÍSICOS
As partículas vólvense máis
pequenas sen que se modifique a
súa composición. Predominan nos
desertos e nas zonas áridas e frías.
PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DO SOLO
FRACTURAS Rotura das rochas en pezas.
DISGREGACIÓN Desintegración das rochas
en partículas de pequeno
tamaño.
DISOLUCIÓNS Desintegración molecular
das rochas por acción da
auga.
ARRASTRES Transporte dos materiais a
outro lugar diferente do da
súa orixe.
DEPÓSITO Acumumación de materiais
PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DO SOLO
PROCESOS QUÍMICOS
As substancias transfórmanse en
outras diferentes. Dependen da
temperatura e da humidade. Son
especialmente activos nos climas
cálidos e húmidos e moi lentos nos
fríos e secos.
HIDRÓLISE Transformación pola auga e
produción de novos
compostos que conteñen
hidróxeno e osíxeno
CARBONATACIÓN Formación de minerais
carbonatados por reacción
co dióxido de carbono
presente no aire
OXIDACIÓN Combinación co osíxeno.
REDUCCION Perda de osíxeno.
Descomposición química do granito
OS MATERIAIS DO SOLO
-Anacos de pedras
-Gravas: partículas maiores de 2
milímetros.
-Area: partículas de tamaño
comprendido entre os 2 e os 0,05
milímetros.
-Limos: partículas comprendidas
entre os 0,05 e os 0,002 milímetros
-Arxilas: partículas menores de
0,002 milímetros.
-Materia orgánica, sobre todo
restos vexetais
-Auga
-Aire
Non todos os solos teñen o
mesmo número e tipo de
partículas nin na mesma
proporción.
Os materiais do solo son os
responsables das súas
características e da súa utilidade.
PROCESOS FÍSICOS
As partículas vólvense máis
pequenas sen que se modifique a
súa composición. Predominan nos
desertos e nas zonas áridas e frías.
PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DO SOLO
FRACTURAS Rotura das rochas en pezas.
DISGREGACIÓN Desintegración das rochas en
partículas de pequeno tamaño.
DISOLUCIÓNS Desintegración molecular das
rochas por acción da auga.
ARRASTRES Transporte dos materiais a
outro lugar diferente do da súa
orixe.
DEPÓSITO Acumumación de materiais
A AUGA
A auga é un importante compoñente do
solo. É a parte líquida do mesmo, que se
presenta como unha disolución acuosa
de distintos elementos.
A auga chega ao solo
procedente da chuvia e ás
veces despois de escorrer
pola superficie ou polo
interior do terreo e polas
plantas, e sae del por
absorción das plantas, por
evaporación e por escoado
cara ás capas profundas e
ás fontes e mananciais.
A auga móvese por dentro do solo en tódalas direccións: para abaixo e para os lados
impulsada pola gravidade e o relevo e cara arriba por evaporación.
evapotranspiración
evaporación
absorción
higroscópica
escorrentías
infiltración
capilaridade
absorción radicular
CAPA FREÁTICA
A falta de auga impide o desenvolvemento da vida no solo
O AIRE
Ocupa os ocos que existen entre as partículas do solo,
cando non están ocupados pola auga.
É necesario para a respiración dos seres que viven nel
e para as raíces das plantas.
A perda do aire do solo pon en perigo a vida dos animais
e das plantas que viven nel.
Pode producirse por asolagamento ou por compactación.
Os labores de aireado do solo son
importantes para o desenvolvemento da vida
no seu interior.
PROPIEDADES FÍSICAS:
Dependen do tamaño das partículas e a capacidade para agruparse.
PROPIEDADES DO SOLO
Textura: está
determinada pola distinta
proporción de partículas
grosas e finas.
Tipos de
solos
segundo a
súa
textura
-Arxiloso: máis dun 55% de arxila
-Limoso: máis do 85% de limo
-Areoso: máis do 85% de area
-Franco: menos dun 25% de arxila
e proporcións semellantes de area e
limo. É o que presenta as mellores
condicións para o desenvolvemento
das plantas.
Estrutura:
determinada polas
características e a
disposición dos
elementos.
Porosidade: cantidade de
espazos libres que hai nun
solo. Depende directamente
da estrutura e da textura.
Da porosidade depende a
capacidade dun solo para
reter, gañar ou perder
auga.
Existen solos ben
drenados, polos que a
auga discorre facilmente,
e solos que permanecen
enchoupados
(hidromorfos).
PROPIEDADES QUÍMICAS:
Dependen da composición e da actividade química dos materiais que forman o
solo. O principal factor a ter en conta nas propiedades químicas do solo é o pH,
o nivel de elementos ácidos ou básicos que ten un terreo.
Medidor de pH
As características
químicas do solo son
importantísimas porque
determinan o tipo e a
cantidade de
substancias útiles que
van a atopar nel as
plantas o que pode
favorecer ou limitar o
seu desenvolvemento.
As propiedades químicas dos terreos seleccionan de
forma natural as plantas que viven no lugar.
A presenza de rochas
calcarias favorece a
presenza das aciñeiras.
Solo ultrabásico de serpentinas, con
especies de plantas pouco comúns.
Nos terreos de cultivo as características químicas modifícanse co
engadido de fertilizantes.
Tendo en conta o contido de sílice os solos clasifícanse en ácidos,
básicos e neutros. Os solos de Galiza son xeralmente ácidos.
PROPIEDADES BIOLÓXICAS:
Dependen da actividade dos organismos que viven no solo.
Indican a capacidade para transformar os materiais en substancias
aproveitables polas plantas. Os principais encargados desta
función son as bacterias. Da súa variedade e cantidade depende a
capacidade de produción do solo.
Ciclo do nitróxeno
O nitróxeno da atmosfera pode ser aproveitado polas
plantas grazas á actividade das bacterias nitrificantes que
o incorporan ao solo en forma e nitratos. Raíz de leguminosa con nódulos de
bacterias fixadoras de nitróxeno.
TIPOS DE SOLOS
A combinación das diferentes propiedades e características da lugar á
existencia de moi diferentes tipos de solos. Tendo en conta estas
variables, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura),
clasifica os solos do mundo en 106 categorías diferentes.
Os máis comúns en Galicia son o leptosol, o cambisol e o regosol.
LEPTOSOL
É o solo máis simple, no seu
primeiro estadio de formación.
Está formado por dous horizontes: a
rocha nai (da que proceden os
elementos disgregados) e unha fina
capa de material mineral con algo de
materia orgánica.
É un solo pobre, sen utilidade
agrícola nin forestal, típico de
cumes e encostas fortes.
REGOSOL
Ten un grao máis avanzado de
formación.
Os materiais disgregados das
rochas xa están mesturados cos
restos das primeiras especies
vexetais establecidas.
A capa de solo xa ten unha certa
gordura que permite o
desenvolvemento de especies
arbustivas e forestais resistentes.
É a terra de montes e toxeiras.
Non ten utilidade agrícola.
CAMBISOL
É un un solo máis evolucionado,
de tres horizontes. O primeiro ou
superior está formado por unha
mestura de abundante materia
vexetal e mineral, o segundo
horizonte está formado por restos
da rocha que lle deu orixe e
algunha materia orgánica
procedente do lavado do primeiro
horizonte. E debaixo a rocha nai.
É o solo máis abundante de
Galicia, onde conforma a meirande
parte da superficie agrícola.
OS SERES VIVOS DO SOLO
AS PLANTAS
Son os seres vivos máis visibles do solo. A maioría introducen as súas raíces
nel para suxeitarse e para buscar a auga e os sales minerais que necesitan para
alimentarse. No solo agóchanse e xerminan as sementes.
As plantas son axentes formadores de solo pola actividade disgregadora das súas
raíces e pola achega de materia orgánica cando remata o seu ciclo vital.
Os restos dos vexetais incorpóranse ao solo como fontes de materia orgánica,
imprescindible para a formación do humus.
OS FUNGOS
Son organismos descompoñedores formadores de solo que
aproveitan a materia orgánica para alimentarense e liberan
minerais. Introducen o seu micelio no interior do solo para
extraer alimentos dos restos de materia orgánica.
Unha forma simbiótica típica entre
os fungos e as plantas superiores
é a formación de micorrizas.
O micelio dos fungos únese ás
raíces das plantas, que aumentan
deste xeito a súa superficie de
absorción. O fungo recibe a
cambio materia orgánica.
LIQUES
Son os primeiros seres vivos en establecerse de forma permanente
sobre as rochas das que extraen materiais para alimentarense. Son
tamén os primeiros formadores de solo. Desgastan as rochas e
almacenan entre os seus pregues material sobre o que poden
asentarse outros seres.
ANIMAIS
Hai moitos tipos de animais que viven no solo. Todos eles axudan a
formalo e enriquecelo reducindo o tamaño das partículas que o compoñen
e liberando os minerais. Os máis pequenos viven nos ocos ou poros que
quedan entre os grans dos materiais e os demais perforan tuneis,
aproveitan os furados construídos por outros ou viven entre os restos,
sobre todo de vexetais, da superficie.
Os ácaros viven entre os materiais do solo e nos
poros. Aliméntanse de bacterias, fungos, restos
vexetais e pequenos animais.
Nematodo
As cochinillas viven entre as follas, nas
fendas e debaixo das pedras. Aliméntanse
de restos vexetais e animais.
Toupa
Formigas
A miñoca, un tubo dixestivo en movemento.
As miñocas son uns bos aliados do solo. Co seu contínuo furar, subir e baixar polas galerías contribúen
a mesturar os materiais da superficie cos máis profundos e airean o solo.
As miñocas tragan, para alimentarse, a terra e os resíduos orgánicos que contén e expulsan logo a terra
e a materia orgánica “dixerida” rica en fósforo, potasio e magnesio facilmente utilizable polas plantas.
Por término medio as miñocas constitúen o 12 % do peso dos animais do solo dun prado. Sacan á
superficie entre 1,2 e 15 toneladas de terra por hectarea ao ano, ademais da que depositan nas súas
galerías. A súa actividade mellora a textura do solo, facilita a infiltración e o desaugue. A diminución do
número de miñocas reduce a fertilidade do solo.
Capa mineral.
Formada pola rocha
erosionada. Contén as
reservas de auga e os
minerais propios do solo.
Rocha nai.
Sen erosionar.
O SOLO IDEAL
Nun m2
de solo ideal viven:
4 millóns de bacterias e
fungos,
0,5 millóns de flaxelados,
1 millón de nematodos,
200.000 ácaros,
l00.000 colémbolos,
80.000 Enchytracide,
80 miñocas...
Capa de descomposición. As miñocas,
os fungos, as bacterias e outros
microorganismos descompoñen e mineralizan
os restos.
Zona intermedia. Formada pola mestura
de minerais e restos orgánicos (humus). Nela
viven as bacterias fixadoras do nitróxeno,
microalgas, micorrizas... É o espazo onde se
desenvolven a maior parte das raíces
Capa superior cuberta con restos
vexetais. Impide a perda de humidade e
o desenvolvemento doutras especies.
O SOLO COMO FONTE DE RECURSOS
A capa sólida da Terra (Litosfera) é a base sobre a que se asentan e
desenvolven as súas actividades un gran número de seres vivos.
Proporciónalles refuxios aos animais e nutrintes ás plantas e foi
explotada desde a antigüidade para obter materiais cos que os
seres humanos construíron vivendas e ferramentas ou obtiveron
enerxía, e sobre todo para cultivar plantas para alimentación das
persoas e do gando.
USOS DO SOLO
O principal usos do solo é o cultivo de plantas para alimentación das
persoas e do gando e para obter unha gran variedade de materiais.
A parte superficial do solo é
ocupada por edificacíóns e
infraestruturas.
O sólo reméxese e desprázase
para extraer rochas e minerais.
O solo conserva no seu interior as
pegadas da historia, da época da súa
formación, da evolución dos tempos e
dos feitos que tiveron lugar neles.
OS PROBLEMAS DO SOLO
Pola inconsistencia das súas partículas e pola cantidade de actividades que se
desenvolven nel o solo é un recurso fráxil e facilmente alterable.
Os seres humanos somos os principais causantes dos problemas do solo.
Eliminamos a cuberta vexetal co que favorecemos a erosión e aceleramos a súa
destrución e contaminámolo cos resíduos das nosas actividades.
A deforestación afecta ás
características do solo, ás
condicións climáticas e á vida do
Planeta, porque os bosques e
selvas absorben dióxido de
carbono e producen osíxeno.
Erosión producida por un
derrube nun talude sen
protección.
Despois do incendio a chuvia
e o vento arrastran os
materiais do solo.
Un terreo incendiado pode perder entre
50 e 100 tn de solo por ha e ano.
ACTIVIDADES PROBLEMAS ALTERNATIVAS
EXTRACCIÓN DE
ROCHAS E
MINERAIS
•Grandes depósitos de resíduos.
•Alteración da xeoloxía e a
paisaxe
•Busca de alternativas que reduzan o uso dos
recursos: enerxías renovables, reutilización e
reciclaxe de materiais.
MOVEMENTOS DE
TERRAS,
CONSTRUCIÓNS,
ENCOROS...
•Modificación da paisaxe e das
condicións xeolóxicas e
ambientais
•Estudo previo das diversas alternativas,
valoración do seu impacto ambiental, instalación
de medidas redutoras e correctoras do impacto
ambiental.
AGRICULTURA •Esgotamento do solo
•Intoxicación do subsolo, das
augas e da atmósfera
•Utilización de prácticas agrícolas menos
agresivas, ecolóxicas.
•Diversificación dos cultivos.
•Protección do solo nos terreos con desnivel.
GANDARÍA •Sobreexplotación de pastos
•Eliminación da cuberta vexetal.
•Destrución do solo
•Contaminación con puríns
•Utilización de especies gandeiras propias da
zona, menos agresivas para a vexetación.
•Control do números de cabezas acorde coa
capacidade do terreo.
DEFORESTACIÓN Perda de solo •Talas selectivas e repoboacións.
INCENDIOS
FORESTAIS
Perda de solo •Repoboacións diversificadas con especies
adaptadas ao medio.
•Limpeza das zonas forestais.
ACTIVIDADES
MINEIRAS E
INDUSTRIAIS
•Contaminación con metais
pesados, hidrocarburos ...
•Establecemento de medidas de seguridade.
balsas de retención de residuos, filtros,
depuradoras...
•Limpeza dos solos contaminados.
DEPÓSITO DE
RESÍDUOS SÓLIDOS
URBANOS.
•Contaminación do solo e do
subsolo.
•Alteración da paisaxe
(contaminación visual)
•Redución reutilizacion e reciclaxe de todo tipo de
materiais.
A cuberta vexetal protexe o solo. Cando non
existe, a auga corre pola superficie e non se
filtra no terreo, arrastra o solo e pode
producir anegacións nas zonas baixas.
A perda do solo en Galiza é un dos problemas ambientais mais importantes, agravado
ademais pola forma e as características do terreo.
As fortes pendentes e a pouca adherencia entre as partículas favorecen o arrastre do solo
pola auga e o vento.
A DESERTIFICACIÓN
É unha das ameazas máis fortes coas que se enfronta a natureza.
É o resultado da rotura do equilibrio solo-auga-vexetación.
reflexión
inmediata
O solo despexado quéntase máis e
perde máis auga, reflicte máis
calor e quece o aire enriba del
dificultando a formación de nubes
o que impide a chuvia e fai que a
aridez sega aumentando.
calor solar
A vexetación protexe o
solo e mantén a humidade
Os desertos avanzan a un
ritmo de 50.000 km2
por ano.
Á natureza pódelle custar
1.000 anos crear 1 cm de
solo. Ao ser humano uns
instantes destruílo
XOGA LIMPO CO SOLO
O solo é un dos bens máis preciosos da
humanidade. É un recurso limitado que se
destrúe facilmente e por eso debe ser
protexido contra a erosión e a contaminación.
•Non elimines a vexetación do solo para non
expoñelo a ser arrastrado polo vento e a auga da
chuvia.
•Se utilizas produtos químicos controla con extrema
precaución as doses e deposita os seus resíduos en
lugares seguros.
•Non deixes desperdicios. Ademáis de emporcallar
o sitio poden resultar perigosos para solo e
producir incendios.
•Procura consumir alimentos da túa zona e
cultivados ecoloxicamente.
•Cando saias á natureza usa sempre os camiños,
tanto para ir a pé como para circular con vehículos.
•Se tes unha casa con xardín fai compost cos restos
de materia orgánica. Reciclas os resíduos, aforras
en fertilizantes e mantés a boa saúde do solo.
•Non acendas lume. O que arde nun instante tarda
moitos anos en recuperarse.
O compost é o fertilizante orgánico elaborado
de maneira natural polos microorganismos ao
descompoñer aerobicamente (en presenza de
aire) a materia orgánica.
A elaboración do compost constitúe unha forma de
reciclaxe pois os resíduos orgánicos transfórmanse de
novo en materia viva ao incorporarse ao ciclo de vida
dos vexetais.
PREPARACIÓN DO COMPOST
composteiro
caseiro
A mellor maneira de protexer o solo
é conservando ou recuperando a
cuberta vexetal.
MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta
FOTOS: Adela Leiro, Internet
DEBUXOS: Mon Daporta
Novembro 2015

More Related Content

What's hot (17)

O Solo - Anxo M
O Solo - Anxo MO Solo - Anxo M
O Solo - Anxo M
 
O Solo alicia-a
O Solo alicia-aO Solo alicia-a
O Solo alicia-a
 
A terapia xénica
A terapia xénicaA terapia xénica
A terapia xénica
 
O solo como recurso
O solo como recursoO solo como recurso
O solo como recurso
 
O solo como recurso - Ana T e Estela V
O solo como recurso - Ana T e Estela VO solo como recurso - Ana T e Estela V
O solo como recurso - Ana T e Estela V
 
Liques
LiquesLiques
Liques
 
Tema 10 A historia do noso planeta
Tema 10  A historia do noso planetaTema 10  A historia do noso planeta
Tema 10 A historia do noso planeta
 
Rochas guía
Rochas guíaRochas guía
Rochas guía
 
O horto escolar
O horto escolarO horto escolar
O horto escolar
 
O horto escolar
O horto escolarO horto escolar
O horto escolar
 
Presentación mofos liques
Presentación  mofos liquesPresentación  mofos liques
Presentación mofos liques
 
Tema 7. as transformacións nos ecosistemas
Tema 7. as transformacións nos ecosistemasTema 7. as transformacións nos ecosistemas
Tema 7. as transformacións nos ecosistemas
 
A meteorización
A meteorizaciónA meteorización
A meteorización
 
5 ecosistemas 1
5 ecosistemas 15 ecosistemas 1
5 ecosistemas 1
 
5 ecosistemas 2
5 ecosistemas 25 ecosistemas 2
5 ecosistemas 2
 
As rocas metamórficas
As rocas metamórficasAs rocas metamórficas
As rocas metamórficas
 
6 Cambios nos ecosistemas
6 Cambios nos  ecosistemas6 Cambios nos  ecosistemas
6 Cambios nos ecosistemas
 

Viewers also liked

Apostila mecânica dos solos i usp
Apostila mecânica dos solos i   uspApostila mecânica dos solos i   usp
Apostila mecânica dos solos i uspFellipe Lousada
 
Aula patologias em alvenarias
Aula patologias em alvenariasAula patologias em alvenarias
Aula patologias em alvenariasUNAERP
 
Hidrologiqa permeabiliade e infiltração
Hidrologiqa   permeabiliade e infiltraçãoHidrologiqa   permeabiliade e infiltração
Hidrologiqa permeabiliade e infiltraçãomarciotecsoma
 
Aula Arquitetura: patologias e revestimentos
Aula Arquitetura: patologias e revestimentos Aula Arquitetura: patologias e revestimentos
Aula Arquitetura: patologias e revestimentos UNAERP
 
12 agua no-solo
12  agua no-solo12  agua no-solo
12 agua no-solofatimaeng
 
Movimento de agua no solo
Movimento de agua no soloMovimento de agua no solo
Movimento de agua no soloElvio Giasson
 
Agua nos solos
Agua nos solosAgua nos solos
Agua nos soloskarolpoa
 
01 prospecção e amostragem dos solos
01 prospecção e amostragem dos solos01 prospecção e amostragem dos solos
01 prospecção e amostragem dos solosthiagolf7
 
Compactação do solo.
Compactação do solo. Compactação do solo.
Compactação do solo. matheusaline
 
Solos
SolosSolos
Solosceama
 

Viewers also liked (13)

Apostila mecânica dos solos i usp
Apostila mecânica dos solos i   uspApostila mecânica dos solos i   usp
Apostila mecânica dos solos i usp
 
Aula patologias em alvenarias
Aula patologias em alvenariasAula patologias em alvenarias
Aula patologias em alvenarias
 
Hidrologiqa permeabiliade e infiltração
Hidrologiqa   permeabiliade e infiltraçãoHidrologiqa   permeabiliade e infiltração
Hidrologiqa permeabiliade e infiltração
 
Aula Arquitetura: patologias e revestimentos
Aula Arquitetura: patologias e revestimentos Aula Arquitetura: patologias e revestimentos
Aula Arquitetura: patologias e revestimentos
 
12 agua no-solo
12  agua no-solo12  agua no-solo
12 agua no-solo
 
Capilaridade nos solos
Capilaridade nos solosCapilaridade nos solos
Capilaridade nos solos
 
Definição..
Definição..Definição..
Definição..
 
Movimento de agua no solo
Movimento de agua no soloMovimento de agua no solo
Movimento de agua no solo
 
Agua nos solos
Agua nos solosAgua nos solos
Agua nos solos
 
01 prospecção e amostragem dos solos
01 prospecção e amostragem dos solos01 prospecção e amostragem dos solos
01 prospecção e amostragem dos solos
 
Compactação do solo.
Compactação do solo. Compactação do solo.
Compactação do solo.
 
Solos
SolosSolos
Solos
 
Powerpoint Solo
Powerpoint   SoloPowerpoint   Solo
Powerpoint Solo
 

Similar to O solo (19)

O Solo - Alicia A
O Solo - Alicia AO Solo - Alicia A
O Solo - Alicia A
 
O Solo
O SoloO Solo
O Solo
 
Os liques completo
Os liques completoOs liques completo
Os liques completo
 
Tema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosferaTema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosfera
 
Tema4 Os ecosistemas
Tema4 Os ecosistemasTema4 Os ecosistemas
Tema4 Os ecosistemas
 
AS PLANTAS
AS PLANTASAS PLANTAS
AS PLANTAS
 
O noso ecosistema
O noso ecosistema O noso ecosistema
O noso ecosistema
 
Alberto e rubén combustibles
Alberto e rubén combustiblesAlberto e rubén combustibles
Alberto e rubén combustibles
 
AS PLANTAS
AS PLANTASAS PLANTAS
AS PLANTAS
 
A auga
A augaA auga
A auga
 
Ecosistemas ii
Ecosistemas iiEcosistemas ii
Ecosistemas ii
 
Os ecosistemas (Educación Primaria)
Os ecosistemas (Educación Primaria)Os ecosistemas (Educación Primaria)
Os ecosistemas (Educación Primaria)
 
Unidade 6 ecosistemas
Unidade 6  ecosistemasUnidade 6  ecosistemas
Unidade 6 ecosistemas
 
A hidrosfera
A hidrosferaA hidrosfera
A hidrosfera
 
Os seres vivos e as súas relacións
Os seres vivos e as súas relaciónsOs seres vivos e as súas relacións
Os seres vivos e as súas relacións
 
A ría de ribadeo 2013 2014
A ría de ribadeo 2013 2014A ría de ribadeo 2013 2014
A ría de ribadeo 2013 2014
 
Accións da modelaxe(aitor garcia couto)
Accións da modelaxe(aitor garcia couto)Accións da modelaxe(aitor garcia couto)
Accións da modelaxe(aitor garcia couto)
 
Accións da modelaxe
Accións da modelaxeAccións da modelaxe
Accións da modelaxe
 
Os ecosistemas e a biodiversidade
Os ecosistemas e a biodiversidadeOs ecosistemas e a biodiversidade
Os ecosistemas e a biodiversidade
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

O solo

  • 2. O solo é un medio poroso, bioloxicamente activo e estruturado, desenvolvido na superficie emerxida da Terra. É un sistema complexo que se forma pola alteración física e química das rochas e pola influencia dos seres vivos, desenvolvendo unha estrutura en niveis superpostos (perfil) e unha composición química e biolóxica definidas. O chan É a superficie sobre a que andamos, a capa superior da codia do solo.
  • 3. Os solos constitúen o fundamento do desenvolvemento agrícola e da produción de alimentos e son a base que sustenta a vida dos ecosistemas en xeral.
  • 4. O solo constitúe un conxunto complexo de elementos físicos, químicos e biolóxicos que compón o substrato natural no que se desenvolve a vida na superficie dos continentes. No medio natural os solos máis complexos e potentes manteñen aos ecosistemas de maior biomasa e diversidade.
  • 5. HORIZONTE A Zona superior onde se acumulan os restos de materia orgánica e viven os animais. HORIZONTE B Formado por unha mestura de rocha disgregada e parte dos materiais que transporta a auga cara abaixo. HORIZONTE C Parte fonda próxima á rocha nai. ROCHA Base sobre a que se sustentan os outros materiais. Os materiais dos solos están dispostos en capas horizontais superpostas (horizontes). O corte e a representación destas capas é o PEFIL DO SOLO.
  • 6. FORMACIÓN E EVOLUCIÓN DO SOLO rocha -Disgregación mecánica das rochas. -Meteorización química dos materiais regolíticos, liberados. -Instalación dos seres vivos (vexetais, microorganismos…) sobre ese substrato inorgánico. Cos seus procesos vitais e metabólicos, continúan a meteorización dos minerais e os seus restos (a través da fermentación e a putrefacción) enriquéceno. -Mestura de todos estes elementos entre si, e con auga e aire intersticiais.
  • 7.
  • 8.
  • 9. PROCESOS FÍSICOS As partículas vólvense máis pequenas sen que se modifique a súa composición. Predominan nos desertos e nas zonas áridas e frías. PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DO SOLO FRACTURAS Rotura das rochas en pezas. DISGREGACIÓN Desintegración das rochas en partículas de pequeno tamaño. DISOLUCIÓNS Desintegración molecular das rochas por acción da auga. ARRASTRES Transporte dos materiais a outro lugar diferente do da súa orixe. DEPÓSITO Acumumación de materiais
  • 10. PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DO SOLO PROCESOS QUÍMICOS As substancias transfórmanse en outras diferentes. Dependen da temperatura e da humidade. Son especialmente activos nos climas cálidos e húmidos e moi lentos nos fríos e secos. HIDRÓLISE Transformación pola auga e produción de novos compostos que conteñen hidróxeno e osíxeno CARBONATACIÓN Formación de minerais carbonatados por reacción co dióxido de carbono presente no aire OXIDACIÓN Combinación co osíxeno. REDUCCION Perda de osíxeno.
  • 12. OS MATERIAIS DO SOLO -Anacos de pedras -Gravas: partículas maiores de 2 milímetros. -Area: partículas de tamaño comprendido entre os 2 e os 0,05 milímetros. -Limos: partículas comprendidas entre os 0,05 e os 0,002 milímetros -Arxilas: partículas menores de 0,002 milímetros. -Materia orgánica, sobre todo restos vexetais -Auga -Aire Non todos os solos teñen o mesmo número e tipo de partículas nin na mesma proporción. Os materiais do solo son os responsables das súas características e da súa utilidade.
  • 13. PROCESOS FÍSICOS As partículas vólvense máis pequenas sen que se modifique a súa composición. Predominan nos desertos e nas zonas áridas e frías. PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DO SOLO FRACTURAS Rotura das rochas en pezas. DISGREGACIÓN Desintegración das rochas en partículas de pequeno tamaño. DISOLUCIÓNS Desintegración molecular das rochas por acción da auga. ARRASTRES Transporte dos materiais a outro lugar diferente do da súa orixe. DEPÓSITO Acumumación de materiais
  • 14. A AUGA A auga é un importante compoñente do solo. É a parte líquida do mesmo, que se presenta como unha disolución acuosa de distintos elementos.
  • 15. A auga chega ao solo procedente da chuvia e ás veces despois de escorrer pola superficie ou polo interior do terreo e polas plantas, e sae del por absorción das plantas, por evaporación e por escoado cara ás capas profundas e ás fontes e mananciais. A auga móvese por dentro do solo en tódalas direccións: para abaixo e para os lados impulsada pola gravidade e o relevo e cara arriba por evaporación. evapotranspiración evaporación absorción higroscópica escorrentías infiltración capilaridade absorción radicular CAPA FREÁTICA
  • 16. A falta de auga impide o desenvolvemento da vida no solo
  • 17. O AIRE Ocupa os ocos que existen entre as partículas do solo, cando non están ocupados pola auga. É necesario para a respiración dos seres que viven nel e para as raíces das plantas. A perda do aire do solo pon en perigo a vida dos animais e das plantas que viven nel. Pode producirse por asolagamento ou por compactación.
  • 18. Os labores de aireado do solo son importantes para o desenvolvemento da vida no seu interior.
  • 19. PROPIEDADES FÍSICAS: Dependen do tamaño das partículas e a capacidade para agruparse. PROPIEDADES DO SOLO Textura: está determinada pola distinta proporción de partículas grosas e finas. Tipos de solos segundo a súa textura -Arxiloso: máis dun 55% de arxila -Limoso: máis do 85% de limo -Areoso: máis do 85% de area -Franco: menos dun 25% de arxila e proporcións semellantes de area e limo. É o que presenta as mellores condicións para o desenvolvemento das plantas. Estrutura: determinada polas características e a disposición dos elementos. Porosidade: cantidade de espazos libres que hai nun solo. Depende directamente da estrutura e da textura. Da porosidade depende a capacidade dun solo para reter, gañar ou perder auga. Existen solos ben drenados, polos que a auga discorre facilmente, e solos que permanecen enchoupados (hidromorfos).
  • 20. PROPIEDADES QUÍMICAS: Dependen da composición e da actividade química dos materiais que forman o solo. O principal factor a ter en conta nas propiedades químicas do solo é o pH, o nivel de elementos ácidos ou básicos que ten un terreo. Medidor de pH As características químicas do solo son importantísimas porque determinan o tipo e a cantidade de substancias útiles que van a atopar nel as plantas o que pode favorecer ou limitar o seu desenvolvemento. As propiedades químicas dos terreos seleccionan de forma natural as plantas que viven no lugar. A presenza de rochas calcarias favorece a presenza das aciñeiras. Solo ultrabásico de serpentinas, con especies de plantas pouco comúns.
  • 21. Nos terreos de cultivo as características químicas modifícanse co engadido de fertilizantes. Tendo en conta o contido de sílice os solos clasifícanse en ácidos, básicos e neutros. Os solos de Galiza son xeralmente ácidos.
  • 22. PROPIEDADES BIOLÓXICAS: Dependen da actividade dos organismos que viven no solo. Indican a capacidade para transformar os materiais en substancias aproveitables polas plantas. Os principais encargados desta función son as bacterias. Da súa variedade e cantidade depende a capacidade de produción do solo. Ciclo do nitróxeno O nitróxeno da atmosfera pode ser aproveitado polas plantas grazas á actividade das bacterias nitrificantes que o incorporan ao solo en forma e nitratos. Raíz de leguminosa con nódulos de bacterias fixadoras de nitróxeno.
  • 23. TIPOS DE SOLOS A combinación das diferentes propiedades e características da lugar á existencia de moi diferentes tipos de solos. Tendo en conta estas variables, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura), clasifica os solos do mundo en 106 categorías diferentes. Os máis comúns en Galicia son o leptosol, o cambisol e o regosol.
  • 24. LEPTOSOL É o solo máis simple, no seu primeiro estadio de formación. Está formado por dous horizontes: a rocha nai (da que proceden os elementos disgregados) e unha fina capa de material mineral con algo de materia orgánica. É un solo pobre, sen utilidade agrícola nin forestal, típico de cumes e encostas fortes.
  • 25. REGOSOL Ten un grao máis avanzado de formación. Os materiais disgregados das rochas xa están mesturados cos restos das primeiras especies vexetais establecidas. A capa de solo xa ten unha certa gordura que permite o desenvolvemento de especies arbustivas e forestais resistentes. É a terra de montes e toxeiras. Non ten utilidade agrícola.
  • 26. CAMBISOL É un un solo máis evolucionado, de tres horizontes. O primeiro ou superior está formado por unha mestura de abundante materia vexetal e mineral, o segundo horizonte está formado por restos da rocha que lle deu orixe e algunha materia orgánica procedente do lavado do primeiro horizonte. E debaixo a rocha nai. É o solo máis abundante de Galicia, onde conforma a meirande parte da superficie agrícola.
  • 27. OS SERES VIVOS DO SOLO
  • 28. AS PLANTAS Son os seres vivos máis visibles do solo. A maioría introducen as súas raíces nel para suxeitarse e para buscar a auga e os sales minerais que necesitan para alimentarse. No solo agóchanse e xerminan as sementes.
  • 29. As plantas son axentes formadores de solo pola actividade disgregadora das súas raíces e pola achega de materia orgánica cando remata o seu ciclo vital. Os restos dos vexetais incorpóranse ao solo como fontes de materia orgánica, imprescindible para a formación do humus.
  • 30. OS FUNGOS Son organismos descompoñedores formadores de solo que aproveitan a materia orgánica para alimentarense e liberan minerais. Introducen o seu micelio no interior do solo para extraer alimentos dos restos de materia orgánica.
  • 31. Unha forma simbiótica típica entre os fungos e as plantas superiores é a formación de micorrizas. O micelio dos fungos únese ás raíces das plantas, que aumentan deste xeito a súa superficie de absorción. O fungo recibe a cambio materia orgánica.
  • 32. LIQUES Son os primeiros seres vivos en establecerse de forma permanente sobre as rochas das que extraen materiais para alimentarense. Son tamén os primeiros formadores de solo. Desgastan as rochas e almacenan entre os seus pregues material sobre o que poden asentarse outros seres.
  • 33. ANIMAIS Hai moitos tipos de animais que viven no solo. Todos eles axudan a formalo e enriquecelo reducindo o tamaño das partículas que o compoñen e liberando os minerais. Os máis pequenos viven nos ocos ou poros que quedan entre os grans dos materiais e os demais perforan tuneis, aproveitan os furados construídos por outros ou viven entre os restos, sobre todo de vexetais, da superficie. Os ácaros viven entre os materiais do solo e nos poros. Aliméntanse de bacterias, fungos, restos vexetais e pequenos animais. Nematodo
  • 34. As cochinillas viven entre as follas, nas fendas e debaixo das pedras. Aliméntanse de restos vexetais e animais. Toupa
  • 36. A miñoca, un tubo dixestivo en movemento. As miñocas son uns bos aliados do solo. Co seu contínuo furar, subir e baixar polas galerías contribúen a mesturar os materiais da superficie cos máis profundos e airean o solo. As miñocas tragan, para alimentarse, a terra e os resíduos orgánicos que contén e expulsan logo a terra e a materia orgánica “dixerida” rica en fósforo, potasio e magnesio facilmente utilizable polas plantas. Por término medio as miñocas constitúen o 12 % do peso dos animais do solo dun prado. Sacan á superficie entre 1,2 e 15 toneladas de terra por hectarea ao ano, ademais da que depositan nas súas galerías. A súa actividade mellora a textura do solo, facilita a infiltración e o desaugue. A diminución do número de miñocas reduce a fertilidade do solo.
  • 37. Capa mineral. Formada pola rocha erosionada. Contén as reservas de auga e os minerais propios do solo. Rocha nai. Sen erosionar. O SOLO IDEAL Nun m2 de solo ideal viven: 4 millóns de bacterias e fungos, 0,5 millóns de flaxelados, 1 millón de nematodos, 200.000 ácaros, l00.000 colémbolos, 80.000 Enchytracide, 80 miñocas... Capa de descomposición. As miñocas, os fungos, as bacterias e outros microorganismos descompoñen e mineralizan os restos. Zona intermedia. Formada pola mestura de minerais e restos orgánicos (humus). Nela viven as bacterias fixadoras do nitróxeno, microalgas, micorrizas... É o espazo onde se desenvolven a maior parte das raíces Capa superior cuberta con restos vexetais. Impide a perda de humidade e o desenvolvemento doutras especies.
  • 38.
  • 39. O SOLO COMO FONTE DE RECURSOS A capa sólida da Terra (Litosfera) é a base sobre a que se asentan e desenvolven as súas actividades un gran número de seres vivos. Proporciónalles refuxios aos animais e nutrintes ás plantas e foi explotada desde a antigüidade para obter materiais cos que os seres humanos construíron vivendas e ferramentas ou obtiveron enerxía, e sobre todo para cultivar plantas para alimentación das persoas e do gando. USOS DO SOLO
  • 40. O principal usos do solo é o cultivo de plantas para alimentación das persoas e do gando e para obter unha gran variedade de materiais.
  • 41. A parte superficial do solo é ocupada por edificacíóns e infraestruturas.
  • 42. O sólo reméxese e desprázase para extraer rochas e minerais.
  • 43. O solo conserva no seu interior as pegadas da historia, da época da súa formación, da evolución dos tempos e dos feitos que tiveron lugar neles.
  • 44. OS PROBLEMAS DO SOLO Pola inconsistencia das súas partículas e pola cantidade de actividades que se desenvolven nel o solo é un recurso fráxil e facilmente alterable. Os seres humanos somos os principais causantes dos problemas do solo. Eliminamos a cuberta vexetal co que favorecemos a erosión e aceleramos a súa destrución e contaminámolo cos resíduos das nosas actividades. A deforestación afecta ás características do solo, ás condicións climáticas e á vida do Planeta, porque os bosques e selvas absorben dióxido de carbono e producen osíxeno. Erosión producida por un derrube nun talude sen protección. Despois do incendio a chuvia e o vento arrastran os materiais do solo. Un terreo incendiado pode perder entre 50 e 100 tn de solo por ha e ano.
  • 45. ACTIVIDADES PROBLEMAS ALTERNATIVAS EXTRACCIÓN DE ROCHAS E MINERAIS •Grandes depósitos de resíduos. •Alteración da xeoloxía e a paisaxe •Busca de alternativas que reduzan o uso dos recursos: enerxías renovables, reutilización e reciclaxe de materiais. MOVEMENTOS DE TERRAS, CONSTRUCIÓNS, ENCOROS... •Modificación da paisaxe e das condicións xeolóxicas e ambientais •Estudo previo das diversas alternativas, valoración do seu impacto ambiental, instalación de medidas redutoras e correctoras do impacto ambiental. AGRICULTURA •Esgotamento do solo •Intoxicación do subsolo, das augas e da atmósfera •Utilización de prácticas agrícolas menos agresivas, ecolóxicas. •Diversificación dos cultivos. •Protección do solo nos terreos con desnivel. GANDARÍA •Sobreexplotación de pastos •Eliminación da cuberta vexetal. •Destrución do solo •Contaminación con puríns •Utilización de especies gandeiras propias da zona, menos agresivas para a vexetación. •Control do números de cabezas acorde coa capacidade do terreo. DEFORESTACIÓN Perda de solo •Talas selectivas e repoboacións. INCENDIOS FORESTAIS Perda de solo •Repoboacións diversificadas con especies adaptadas ao medio. •Limpeza das zonas forestais. ACTIVIDADES MINEIRAS E INDUSTRIAIS •Contaminación con metais pesados, hidrocarburos ... •Establecemento de medidas de seguridade. balsas de retención de residuos, filtros, depuradoras... •Limpeza dos solos contaminados. DEPÓSITO DE RESÍDUOS SÓLIDOS URBANOS. •Contaminación do solo e do subsolo. •Alteración da paisaxe (contaminación visual) •Redución reutilizacion e reciclaxe de todo tipo de materiais.
  • 46. A cuberta vexetal protexe o solo. Cando non existe, a auga corre pola superficie e non se filtra no terreo, arrastra o solo e pode producir anegacións nas zonas baixas.
  • 47. A perda do solo en Galiza é un dos problemas ambientais mais importantes, agravado ademais pola forma e as características do terreo. As fortes pendentes e a pouca adherencia entre as partículas favorecen o arrastre do solo pola auga e o vento.
  • 48. A DESERTIFICACIÓN É unha das ameazas máis fortes coas que se enfronta a natureza. É o resultado da rotura do equilibrio solo-auga-vexetación. reflexión inmediata O solo despexado quéntase máis e perde máis auga, reflicte máis calor e quece o aire enriba del dificultando a formación de nubes o que impide a chuvia e fai que a aridez sega aumentando. calor solar A vexetación protexe o solo e mantén a humidade Os desertos avanzan a un ritmo de 50.000 km2 por ano. Á natureza pódelle custar 1.000 anos crear 1 cm de solo. Ao ser humano uns instantes destruílo
  • 49. XOGA LIMPO CO SOLO O solo é un dos bens máis preciosos da humanidade. É un recurso limitado que se destrúe facilmente e por eso debe ser protexido contra a erosión e a contaminación. •Non elimines a vexetación do solo para non expoñelo a ser arrastrado polo vento e a auga da chuvia. •Se utilizas produtos químicos controla con extrema precaución as doses e deposita os seus resíduos en lugares seguros. •Non deixes desperdicios. Ademáis de emporcallar o sitio poden resultar perigosos para solo e producir incendios. •Procura consumir alimentos da túa zona e cultivados ecoloxicamente. •Cando saias á natureza usa sempre os camiños, tanto para ir a pé como para circular con vehículos. •Se tes unha casa con xardín fai compost cos restos de materia orgánica. Reciclas os resíduos, aforras en fertilizantes e mantés a boa saúde do solo. •Non acendas lume. O que arde nun instante tarda moitos anos en recuperarse.
  • 50. O compost é o fertilizante orgánico elaborado de maneira natural polos microorganismos ao descompoñer aerobicamente (en presenza de aire) a materia orgánica. A elaboración do compost constitúe unha forma de reciclaxe pois os resíduos orgánicos transfórmanse de novo en materia viva ao incorporarse ao ciclo de vida dos vexetais. PREPARACIÓN DO COMPOST composteiro caseiro
  • 51. A mellor maneira de protexer o solo é conservando ou recuperando a cuberta vexetal.
  • 52. MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta FOTOS: Adela Leiro, Internet DEBUXOS: Mon Daporta Novembro 2015