Así como na biosfera a unidade básica son as biomoléculas, na xeosfera son os minerais, polo que é necesario estudar toda a súa evolución, desde o proceso da súa formación ata a utilidade que representan para os seres humanos, e unha característica esencial, que é a súa estrutura interna.
Así como na biosfera a unidade básica son as biomoléculas, na xeosfera son os minerais, polo que é necesario estudar toda a súa evolución, desde o proceso da súa formación ata a utilidade que representan para os seres humanos, e unha característica esencial, que é a súa estrutura interna.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Un mineral é unha substancia sólida, inorgánica, de
orixe natural, homoxénea e cunha estrutura interna
definida e estable.
Os minerais son produto dunha serie de reaccións físico-químicas
polas que a partir de átomos desordeados conséguese a formación dun
material ben organizado.
4. Topacio: os cristais das
xemas fórmanse a partir dos
magmas residuais
aproveitando os espazos ocos.
Cristais de xofre formados pola
sublimación dos vapores nas fumarolas.
Os cristais de sal común
(cloruro de sodio) fórmanse
por evaporación da auga na
que está disolto.
Os granates son minerais típicos das
rochas metamórficas. Aparecen
asociados aos gneis, ás ecloxitas…
5. OS CRISTAIS
Son a expresión externa das disposición dos átomos que constitúen un
mineral.
Para que se formen os cristais é necesario que os átomos dispoñan de
espazo, tempo e repouso suficiente para organizárense.
O 85% do total das rochas e minerais terrestres teñen estrutura cristalina.
Disposición dos átomos e aspecto da
fluorita, fluoruro de calcio (F2Ca).
6. Algúns cristais poden acadar tamaños moi grandes, como os da selenita
de Naica (México) de ata 11 m de lonxitude e 5 toneladas.
7. A formación dos cristais segue unhas regras que se expresan nos
diferentes sistemas cristalinos, basados na relación que existe
entre a forma do cristal e os distintos elementos de simetría: centro,
eixo, planos e ángulos.
Cubo de pirita
Seixo afumado. Prismas
exagonais apuntados
Ópalo, mineral amorfo.
Os materiais que non teñen as
súas partículas organizadas en
cristais son materiais amorfos
(sen forma definida)
8. O diamante e o grafito están formados polo mesmo elemento químico, o carbono.
Só os fai diferentes a súa estrutura cristalina.
No grafito os átomos dispóñense en
capas feblemente unidas formadas por
cristais prismáticos exagonais de cor
negra.
É tan brando que se usa como lubricante e
para fabricar minas de lápis. Conduce a
electricidade e emprégase para facer
escobiñas de motores.
No diamante os átomos moi fortemente
entrelazados agrúpanse en formas regulares (cubos,
octaedros) brillantes e moi duras, o que o converte
nun material moi buscado como elemento abrasivo
ou de corte e na máis valiosa das xemas.
9. Rosa do deserto formada
por cristais de xeso.
Xeoda. Os cristais medran cubrindo a
superficie interior dunha cavidade.
Na natureza os cristais non adoitan medrar
illados senón que forman agregados de
distintos tipos: ramificados, radiais,
cubrindo superficies ou ocos...
10. PROPIEDADES FÍSICAS
Densidade: valor da súa masa por
unidade de volume.
Forma de fragmentar: fractura,
exfoliación...
Tenacidade: deformación baixo unha
acción mecánica (poden ser fráxiles,
dúctiles, maleables, elásticos...)
Dureza: resistencia á abrasión e ao
rallado. Mídese utilizando a escala de
Mohs.
Conductividade: eléctrica, térmica.
Magnetismo.
Propiedades radioactivas: emisión
de radiacións corpusculares.
Propiedades ópticas: cor, brillo,
refracción.
Magnetismo
Galena, mineral con
brillo metálico.
Cor do rallado. A ralla é unha característica
propia de cada mineral que se mantén
constante aínda que este cambie de aspecto.
11. ESCALA DE MOHS (Dureza dos minerais)
Con esta escala dáselles aos minerais unha valoración entre 1 (o máis
brando) e 10 (o máis duro), asociando a cada valor un mineral tipo.
Os materiais de dureza 1 e 2 pódense rallar coa unlla, ata o 4 cunha
navalla, e ata o 6 cun vidro.
12. PROPIEDADES QUÍMICAS
Determínanse pola resposta ao contacto ou acción doutras
substancias:
-Cor da chama na combustión (reacción co osíxeno).
-Reacción a determinados produtos (auga, ácidos...).
A reacción aos ácidos
é unha propiedade
característica do
carbonato cálcico.Mineral de potasio
13. Mica: cor branca brillante, transparente en láminas finas. Suave ao tacto,
blanda e flexible. Facilmente esfollable. Non conduce a corrente eléctrica
nin é atraída polo imán. Resiste a acción da auga e os ácidos.
14. CLASIFICACIÓN DOS MINERAIS
Coñécense uns 2.000 tipos de minerais que se poden clasificar tendo en
conta a composición química (óxidos, sulfuros, elementos...), a forma en que
aparecen (menas, pegmatitas, rochas...), o sistema cristalográfico (cúbico,
hexagonal, rómbico...) ou calquera outra propiedade.
O sistema máis utilizado a nivel internacional é o creado por H. STRUNZ en
1938 que establece 9 clases de minerais segundo a súa composición química.
Cando un elemento se atopa en
estado puro na natureza dise que é
nativo. O máis normal é que os
elementos se atopen formando parte
de combinacións das que se extraen
(menas).
ouro nativo
limonita, mena de ferro
21. FOSFATOS, ARSENIATOS e VANADATOS.
Oxisales do ácido fosfórico, arsénico, antimonio, vanadio,
tántalo e niobio (arredor de 350).
22. SILICATOS
É a clase máis importante e numerosa do reino mineral. A maior parte son sales
derivadas dos ácidos silícicos. Tamén comprende sales de titanio, circonio, torio e
estano. En xeral son de aspecto vítreo ou ou lapídeo e de baixa densidade.
(Arredor de 500)
27. IMPORTANCIA DOS MINERAIS
Os minerais máis importantes, desde o punto de vista industrial
son os que permiten extraer materiais de uso cotián.
28. As xemas son minerais valiosos
pola súa rareza e vistosidade (que
aumenta co puído e a talla).
Existen uns cen tipos de xemas.
turquesa
hematite
crisocola ollo de tigre
cuarzo turmalina cornalina
pirita suxilita
malaquita cuarzo rosa obsidiana
rubí ágata
xaspe amatista ágata azul lapislázuli
esmeraldas
29. OS MINERAIS EN GALICIA
En Galicia atópanse minerais pertencentes a todos os grupos, algúns moi
valiosos, como o ouro e outros que conteñen elementos moi útiles como o
ferro ou a caolinita, aínda que a maioría aparecen en concentracións tan
baixas que non fan rendible a súa extracción.
ELEMENTOS NATIVOS
Grafito (Melide).
Ouro (praia Barraña).
Fluorita: fluoruro de calcio (A Coruña).
HALUROS
30. SULFUROS
Pirita: sulfuro de
ferro (Lobios).
Galena: sulfuro de chumbo
(A Fonsagrada).
Mispiquel, arsenopirita.
Sulfuro de arsénico e ferro.
(Sabarís)
Marcasita: sulfuro de
ferro
(Gándaras de Budiño).
Estibina: sulfuro
de antimonio
Calcopirita:
sulfuro de cobre e
ferro.
Blenda,
esfalerita:
sulfuro de Cinc.
Molibdenita: sulfuro
de molibdeno
31. Casiterita: óxido de estaño.
A Penouta (Viana do Bolo)
Cuprita: óxido de cobre
ÓXIDOS E HIDRÓXIDOS
Zafiro (Óxido de aluminio). Goián.
Rutilo (Óxido de
titanio). Carballo.
Uraninita, soleíta (Óxido
de uranio). Caión Scheelita (Óxido de Uranio e calcio).
32. ÓXIDOS E HIDRÓXIDOS
Cromita (Óxido de cromo e ferro).
Goethita (Óxido de ferro).
Ilmenita (Óxido de titanio e
ferro). Balarés
Hematite, olixisto (Óxido de ferro).
Magnetita: óxido de ferro
(imán natural).
Tantalita (Óxido de tántalo,
ferro, manganeso…). Cartelle.
33. Magnesita: carbonato de
magnesio (Rubiá).
Siderita: carbonato de ferro.
Malaquita: carbonato de cobre
hidratado (Neipín-Lugo).
CARBONATOS, NITRATOS ...
Zaratita: carbonato de níquel
hidratado.
Calcita: carbonato de calcio.
O Barco de Valdeorras.
34. SULFATOS...
Wolframita: wolframato de ferro
ou de manganeso (Lousame).
FOSFATOS, ARSENIATOS...
Monacita: fosfato de cerio,
lantano, itrio e torio (terra rara)
Evansita: fosfato de aluminio
hidratado (Ames).
35. Granate: silicato de aluminio e
outro metal (ferro, calcio,
cromo...). Portomouro.
Berilo: silicato de aluminio
e berilio. A Estrada
Moscovita (mica branca):
silicato de alumnio e potasio
(Monte do Galiñeiro).
Espodumena: silicato de
aluminio e litio (Vilatuxe).
Microclina (feldespato): silicato de
aluminio e potasio (O Porriño).
Crisotilo (asbesto): silicato
hidratado de magnesio e ferro.
SILICATOS
36. SILICATOS
Andalucita (silicato de
aluminio). A Guarda.
Petalita (silicato de
litio e aluminio).
Turmalina (silicato de
sodio, ferro, boro,
litio,sodio, aluminio…).
Olivino (silicato de ferro
e magnesio). Teixedelo.
Sillimanita (silicato de
aluminio). Xuño
(
Cianita: silicato de
aluminio (O Pino).
38. SEIXO:
É o mineral máis abundante. Atópase
formando parte de rochas (granitos cuarcitas,
gneis) ou en filóns por todo o territorio.
Mina no Pico Sacro
39. MINERAIS DE FERRO
Os minerais de ferro (hematite,
goethita, magnetita, pirita e
siderita) son especialmente
abundantes na provincia de Lugo.
Na actualidade practicamente estan
esgotados ou non son rendibles.
Hematite
Antiga mina de ferro na Pobra do Brollón.
40. OURO
Moi abundante noutras épocas e practicamente
esgotado. Atopábase en placeres nos ríos Sil,
Miño, Lor, Camba e Bibei e asociado a filóns de
seixo e arsenopirita en diferentes puntos do
noroeste da Coruña, zona do Carballiño e O Rosal.
Antiga explotación de ouro en Viana do Bolo (Médulas de Caldesiños).
41. MAGNESITA
Carbonato magnésico (CO3Mg,). É a máis importante mena de
magnesio, elemento que se emprega como desoxidante na
elaboración de aliaxes metálicas (bronces, latóns), para a
elaboración de aliaxes lixeiras co aluminio, na fabricación de
fertilizantes, ladrillos refractarios que resisten moi altas
temperaturas...
O xacemento máis importante atópase en Rubiá (O Incio).
Planta de procesado de magnesita. Rubiá.
42. FELDESPATOS
Son silicatos de aluminio e outros minerais (sodio, potasio,
calcio...) que forman parte, xunto co seixo, de moitas das rochas
galegas. Tamén se atopan en filóns pegmatíticos en masas e
grandes cristais.
Os máis comúns son a ORTOSA e a MICROCLINA (Si3O8AlK) que
se atopa en Silán, (Muras), San Cosme (Barreiro), Ferreira do
Valedouro..., e a ALBITA (Si3O8Al2Ca) que se atopan en Silán,
(Muras), San Cosme (Barreiro), Ferreira do Valedouro,
Pontecesures, Valga, Amoedo, Salvaterra, Mondariz...
Os feldespatos utilízanse nas industrias cerámicas e de vidro.
Na industria cerámica os
feldespatos empréganse
como materia prima, como
fundentes e para a
elaboración de esmaltes.
43. CASITERITA
Bióxido de estano (SnO2). É a mena máis importante do estano.
En Galicia houbo abundantes xacementos de estano, case sempre
asociados aos de wolframio que foron intensamente explotados desde a
antigüidade e que actualmente están esgotados ou non son rendibles.
Xacementos: Monte Neme, Santa Comba, San Finx (Noia), Fontao (Vila de Cruces),
A Penouta (Viana do Bolo), Beariz, Novelle, Monterrei, Laza, Calvelos, Vilardevós...
Tamén se atopa en aluvións no río Seixido (Arteixo) e no Deza e en brañas en
Berdoias.
Mina da Penouta. Viana do Bolo.
Envases para conservas.
44. MINERAIS DE WOLFRAMIO
A explotación do wolframio en Galicia acadou importancia a partir de 1908 e
especialmente durante as guerras mundiais pola súa utilización na fabricación de
armamento e blindaxes. Durante a segunda guerra as principais minas foron
explotadas polos alemáns e houbo ademais unha gran produción non controlada
que se comercializaba de contrabando tanto no interior de Galicia como a traves da
fronteira portuguesa. Ao rematar a guerra fíxose pouco rendible e actualmente
atópase practicamente paralizada.
Mina de Fontao.
Vila de Cruces.
45. WOLFRAMITA (WO4FE, WO4MN)
Asociada case sempre á casiterita.
Xacementos: Monte Neme, Santa
Comba, San Finx (Noia), Arteixo,
Fontao (Vila de Cruces), Lobios,
Baltar...
SCHEELITA (WO4Ca)
Asociada xeralmente á
casiterita, wolframita e ouro.
Xacementos: Santa Comba,
Vilardevós, Casaio, Noia,
Zas, Corcoesto...
Mina de Monte Neme. Carballo.
Aparecen filóns de seixo que conteñen
cantidades variables de estaño e
wolframio con minerais accesorios como
arsenopirita, calcopirita e scheelita.
46. CHUMBO e CINC
Aparecen conxuntamente como galena (sulfuro de chumbo) e
blenda (sulfuro de cinc). A explotación máis importante foi a de
Rubiais (O Cebreiro), unha das máis grandes de Europa. Son
xacementos de orixe hidrotermal en zonas de contacto entre
calcárias e lousas.
Xacemento de Rubiais, O Cebreiro.
Posiblemente foi explotado polos Normandos
(968-969) para a obtención de prata.
Entre 1884 e 1930 foi mina de chumbo e cinc.
No 1970 reanúdase a explotación que rematou
no 1988 ao esgotarse.
Galena
47. CALCOPIRITA
É a mena máis importante de cobre. En Galicia explotouse na
zona de Moeche a comezos do século XX e entre 1950-1980; e
na zona de Touro desde 1977 ata 1992.
Cargadeiro de mineral de cobre procedente da
explotación de Touro. Porto de Vilagarcía.
CALCOPIRITA (S2CuFe). Contén arredor dun
34% de cobre. Atópase en Touro, Cerdido,
Moeche... Tamén aparece acompañando a
casiterita, a wolframita, a blenda e a galena.
Mina de Touro.
48. ESTIBINA (S3Sb2)
É un sulfuro de antimonio. Atópase en Santa Eufemia e
Vilarbacú (O Caurel), As Nogais, Biobra (O Barco), Mina
Pandeiro (Ordes)...
Xacemento de estibina de Vilarbacú (O Courel). Explotado desde 1910 a 1945.