RESUMO TEMA 4NATURAIS 6º
A célula tipo do ser humano é a célula animal: 1- tipo eucariota con núcleo ben definido
rodeado por unha membrana. Dentro do núcleo atópase o material xenético, responsable de
controlar o funcionamento da célula. 2- rodeada por unha membrana plasmática. 3- ten
orgánulos no citoplasma que realizan funcións específicas.
Hai células moi distintas: muscular (son lisas, con forma de fuso, con filamentos que
poden contraerse, permitindo o movemento). Neurona (especializadas en recibir e
transmitir información). Eritrocito (glóbulos vermellos; non teñen núcleo; transportan
osíxeno ás células). Óvulos e espermatozoides (gametos feminino e masculino;
especializadas na reprodución).
As células agrúpanse en tecidos:
Epitelial- recobre superficies internas e externas.
Conxuntivo- dá soporte e cohesión a estruturas corporais.
Muscular- capacidade de contraerse. Permite o movemento.
Nervioso- procesado da información.
Os órganos son estruturas corporais formadas por máis dun tipo de tecido, especializadas
en realizar unha determinada función (fígado, corazón, ril...)
Os aparatos ou sistemas é a unión de diferentes órganos para a realización dunha
función complexa ( aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio,...)
TIPOS DE ENFERMIDADES Segundo a orixe podemos falar de enfermidades
Infecciosas (causadas por axentes patóxenos que entran no noso organismo –bacterias,
virus, parasitos, fungos, protozoos ou prións).
As bacterias son microorganismos unicelulares capaces de reproducirse. Son células
procariotas (sen núcleo definido, co material xenético libre no citoplasma). Moitas bacterias
están no noso corpo e son inofensivas e incluso beneficiosas. Pero outras causan
enfermidades como escarlatina, meninxite bacteriana ou algunhas gastroenterites.
Os virus son microorganismos con estruturas sinxelas, que non se poden reproducir por si
mesmos. Necesitan infectar algunha célula para facelo. Causan arrefriados, varicela ou ébola.
Os fungos prefiren lugares húmidos e quentes; os protozoos poden ser transmitidos a
través de picaduras de insectos (malaria); os parasitos son pluricelulares (lombrigas,
solitaria); os prións non son seres vivos, senón proteínas irregulares (mal das vacas tolas).
Estas enfermidades poden previrse mediante hábitos saudables e as vacinacións.
Non infecciosas Poden ser causadas por moi diversas causas. Entre elas están o cancro,
do corazón, traumáticas (causadas por golpes), mentais, endocrinas, carenciais...
É importante a prevención das enfermidades adoptando hábitos de vida saudables (dieta
saudable, deporte, durmir bastante, evitar alcol, tabaco, control postural, evitar
accidentes,...
O tratamento para todo tipo de enfermidades pode ser curativo (fan desaparecer a
enfermidade) ou sintomático (só alivia os síntomas).
HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES:
DIETA EQUILIBRADA é a que nos proporciona os nutrientes necesarios para estar sans.
DESCANSO AXEITADO, durmindo entre 8 e 11 horas ao día.
EXERCICIO FÍSICO ten moitos beneficios para a saúde: físicos (mellora ósos e corazón)
emocionais (aumenta a autoconfianza) ou sociais (deportes de equipo favorecen
compañeirismo e solidariedade).
ALCOL, TABACO, DROGAS son sumamente prexudiciais para a nosa saúde.
CONTROL POSTURAL axuda a previr problemas nas costas e na columna vertebral.