SlideShare a Scribd company logo
Escarlatina, a cociñeira defunta Ed. Xerais L e d i c i a C o s t a s
Ser cociñeiro, cando tes dez anos e moita fame o 85 % do tempo, non é nada fácil. Eu trato de
seguir as instrucións do libro de cociña con todas as miñas forzas, pero as cousas nunca son tan sinxelas
cando te pos mans á obra. Volveume pasar coas madalenas. Despois de bater, engadir os ingredientes e
encher os sombreiriños brancos, acabei coa camisa e co pelo todo enlarafuzado de crema amarela. Un
auténtico noxo! Desta volta ninguén ía librarme de que mamá me metese directamente na lavadora.
Levaba semanas advertíndomo:
Desta volta ninguén ía librarme de que mamá me metese directamente na lavadora. Levaba semanas
advertíndomo:
- Román, calquera día vas para a lavadora con roupa e todo!
Mamá é guai pero ás veces enfádase. A min iso de estar dando voltas no tambor da lavadora setenta e
cinco minutos, que é o que dura o ciclo para manchas difíciles, non me fai moita graza. Un día metín a
Dodoto, o meu gato. Tratei de explicarlle que era polo ben dos dous e tal vez de toda a humanidade.
Botei deterxente e suavizante con recendo a amorodo. E deille ao botón de acendido. Xusto cando a
lavadora empezou a facer o ruído, apareceu mamá como por arte de maxia. Ás veces penso que leva un
radar incorporado na cabeza! Enfadouse moitísimo. Púxoselle a cara vermella como un tomate frito, sacou
a Dodoto inmediatamente da lavadora e chamoume cousas moi feas.
_Es un inconsciente, un imprudente, un descerebradooooo!!
Que me chamase esas cousas que rematan en –ente non me importou, porque estou afeito. Pero que
me dixese que son un descerebrado púxome triste. Porque un descerebrado é alguén que non ten
cerebro, e se non tés cerebro non podes pensar, nin lembrarte das cousas felices. Como lle pasa á veciña
Manola, que esqueceu ata o nome dos seus netos. Iso é unha traxedia realmente tráxica. Por iso prometín
non volver a usar a Dodoto nos meus experimentos, para non perder o meu cerebro e conservar a
memoria, as lembranzas felices e non esquecer o nome das persoas que quero.
O resultado da receita das madalenas foi regular. Paseime ao botar a masa nos moldes, e a metade
delas, cando empezaron a medrar no forno, saíron para fóra e convertéronse en monstros de varias
cabezas. Houbo outras con mellor pinta pero quedaron algo crúas por dentro, e as tres que se salvaron
papeinas antes de que arrefriasen, e nin mamá nin papá puideron probar o ricas que estaban. Xa vos
dixen que ser cociñeiro cando tes dez anos, non é cousa fácil.
A pesar destas dificultades, eu quero ser cociñeiro. Ou chef, que é máis profesional aínda. Por iso lles
pedín aos meus pais un curso de cociña como agasallo de aniversario, que é o 2 de novembro, o Día de
Defuntos, a festa dos mortos. [...]
Pero o momento de escoitar o timbre foi o máximo. Corrín a abrir a porta e... sorpresa! Atopei unha
caixa algo máis pequena ca min, envolta en papel de regalo violeta decorado con vermes, morcegos,
cascudas e outros bechos de moitas cores. Iso si: do mensaxeiro nin rastro. [...]
...fun directo ao agasallo. Arrinquei o papel de bechos e levei un susto de marca maior. A caixa non
era unha caixa normal. Era unha caixa de mortos. Un cadaleito, un ataúde, un féretro e todos os
sinónimos que se vos ocorran para referirvos a algo con palabras distintas pero que significan a mesma cousa.
_Unha caixa de mortos? –díxenlle a Dodoto, que miraba para min con cara de sorpresa-. Seguro que
o agasallo vén neste tipo de paquete porque hoxe é defuntos. Unha especie de detalle da tenda onde
mamá e papá encargaron o agasallo –razoei-. Si, ten que ser iso!
Nisto caín na conta de que no medio do papel de bechos que acababa de arrincar había un sobre
negro. Coa emoción do momento nin me decatara.
_Ten o meu nome escrito! É unha carta para min, Dodoto. Mira, aquí o pon ben clariño: “Á atención
do chef Román.”
Escarlatina, a cociñeira defunta Ed. Xerais L e d i c i a C o s t a s
1.- Busca tambor no dicionario da RAG. Cal dos moitos significados é o que lle acae neste texto? Copia a
definición.
2.- Na RAG a mesma palabra tamén ten o significado dunha parte do corpo. Cal?
3.- Por que cres que a nai lle tiña dito... “calquera día vas para a lavadora con roupa e todo”.
4.- Quen é Dodoto? Que fixo en certa ocasión con Dodoto?
5.- Cal das “cousas moi feas” que lle chamou a súa nai o puxo triste? Por que?
6.- Que lle aconteceu á metade das madalenas que fixo?
7.- Que día é o aniversario do protagonista? Que se celebra ese día?
8.- Que agasallo lles pedira aos pais?
9.- Como viña envolto o paquete que lle deixaron na porta?
10.- A caixa non era unha caixa normal. Que era?
11.- Que sinónimos desa caixa aparecen no texto?
12.- Entre os papeis que envolvía a caixa, que atopou? De que cor era?
13.- Que poñía no sobre?
14.- Escribe o que cres que pode poñer o sobre que lle chegou en tan singular paquete de agasallo.
15.- Procura información na web sobre a autora do libro e fai unha pequena biografía: cando e onde
naceu, que estudou, de que traballa, cando comezou a escribir, que obras ten publicadas, que premios
recibiu...
Mira o seguinte enderezo: http://www.xerais.es/autores.php Busca a autora na letra C (apelido Costas)

More Related Content

Similar to Escarlatina, a cociñeira defunta

Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
vilabarreiro
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
cramonterrei
 
conto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfconto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdf
Encarna Lago
 
Periodico 08
Periodico 08Periodico 08
Periodico 08
ceip domaio
 
Con sabor a monte
Con sabor a monteCon sabor a monte
Con sabor a monte
Ana Jato Rodriguez
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
Diana Sánchez
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Bibliotecadicoruna
 
Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015
Fiz
 
O BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDOO BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDO
corporacionincomprendidas
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principio
satelite1
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
satelite1
 
Propostas corentena al
Propostas corentena alPropostas corentena al
Propostas corentena al
María Fernandez García
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
pabloedlg
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onteelvira3
 
Corentena, contos da Rata Luisa
Corentena, contos da Rata LuisaCorentena, contos da Rata Luisa
Corentena, contos da Rata Luisa
MonContos
 
Contos da rata Luisa, as castañas
Contos da rata Luisa, as castañasContos da rata Luisa, as castañas
Contos da rata Luisa, as castañas
MonContos
 
Autorretratos
AutorretratosAutorretratos
Autorretratos
totitotitoti
 

Similar to Escarlatina, a cociñeira defunta (20)

Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
conto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfconto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdf
 
Periodico 08
Periodico 08Periodico 08
Periodico 08
 
Con sabor a monte
Con sabor a monteCon sabor a monte
Con sabor a monte
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
 
Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015
 
O BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDOO BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDO
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principio
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
Propostas corentena al
Propostas corentena alPropostas corentena al
Propostas corentena al
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onte
 
Corentena, contos da Rata Luisa
Corentena, contos da Rata LuisaCorentena, contos da Rata Luisa
Corentena, contos da Rata Luisa
 
O final do conto de fadas
O final do conto de fadasO final do conto de fadas
O final do conto de fadas
 
Contos da rata Luisa, as castañas
Contos da rata Luisa, as castañasContos da rata Luisa, as castañas
Contos da rata Luisa, as castañas
 
Autorretratos
AutorretratosAutorretratos
Autorretratos
 

More from Fiz

LISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdfLISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdf
Fiz
 
PARIS.pdf
PARIS.pdfPARIS.pdf
PARIS.pdf
Fiz
 
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdfTarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
Fiz
 
Situacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdfSituacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdf
Fiz
 
RUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdfRUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdf
Fiz
 
Artropodos
ArtropodosArtropodos
Artropodos
Fiz
 
Dinosauros
DinosaurosDinosauros
Dinosauros
Fiz
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS
Fiz
 
Papagaio
PapagaioPapagaio
Papagaio
Fiz
 
Castelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_diaCastelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_dia
Fiz
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
Fiz
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
Fiz
 
Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández PazAgustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz
Fiz
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"
Fiz
 
R10 lingua sexto
R10 lingua sextoR10 lingua sexto
R10 lingua sexto
Fiz
 
Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6
Fiz
 
Repaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sextoRepaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sexto
Fiz
 
Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6
Fiz
 
R8 sociais 6
R8 sociais 6R8 sociais 6
R8 sociais 6
Fiz
 
Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6
Fiz
 

More from Fiz (20)

LISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdfLISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdf
 
PARIS.pdf
PARIS.pdfPARIS.pdf
PARIS.pdf
 
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdfTarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
 
Situacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdfSituacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdf
 
RUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdfRUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdf
 
Artropodos
ArtropodosArtropodos
Artropodos
 
Dinosauros
DinosaurosDinosauros
Dinosauros
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS
 
Papagaio
PapagaioPapagaio
Papagaio
 
Castelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_diaCastelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_dia
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
 
Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández PazAgustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"
 
R10 lingua sexto
R10 lingua sextoR10 lingua sexto
R10 lingua sexto
 
Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6
 
Repaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sextoRepaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sexto
 
Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6
 
R8 sociais 6
R8 sociais 6R8 sociais 6
R8 sociais 6
 
Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6
 

Escarlatina, a cociñeira defunta

  • 1. Escarlatina, a cociñeira defunta Ed. Xerais L e d i c i a C o s t a s Ser cociñeiro, cando tes dez anos e moita fame o 85 % do tempo, non é nada fácil. Eu trato de seguir as instrucións do libro de cociña con todas as miñas forzas, pero as cousas nunca son tan sinxelas cando te pos mans á obra. Volveume pasar coas madalenas. Despois de bater, engadir os ingredientes e encher os sombreiriños brancos, acabei coa camisa e co pelo todo enlarafuzado de crema amarela. Un auténtico noxo! Desta volta ninguén ía librarme de que mamá me metese directamente na lavadora. Levaba semanas advertíndomo: Desta volta ninguén ía librarme de que mamá me metese directamente na lavadora. Levaba semanas advertíndomo: - Román, calquera día vas para a lavadora con roupa e todo! Mamá é guai pero ás veces enfádase. A min iso de estar dando voltas no tambor da lavadora setenta e cinco minutos, que é o que dura o ciclo para manchas difíciles, non me fai moita graza. Un día metín a Dodoto, o meu gato. Tratei de explicarlle que era polo ben dos dous e tal vez de toda a humanidade. Botei deterxente e suavizante con recendo a amorodo. E deille ao botón de acendido. Xusto cando a lavadora empezou a facer o ruído, apareceu mamá como por arte de maxia. Ás veces penso que leva un radar incorporado na cabeza! Enfadouse moitísimo. Púxoselle a cara vermella como un tomate frito, sacou a Dodoto inmediatamente da lavadora e chamoume cousas moi feas. _Es un inconsciente, un imprudente, un descerebradooooo!! Que me chamase esas cousas que rematan en –ente non me importou, porque estou afeito. Pero que me dixese que son un descerebrado púxome triste. Porque un descerebrado é alguén que non ten cerebro, e se non tés cerebro non podes pensar, nin lembrarte das cousas felices. Como lle pasa á veciña Manola, que esqueceu ata o nome dos seus netos. Iso é unha traxedia realmente tráxica. Por iso prometín non volver a usar a Dodoto nos meus experimentos, para non perder o meu cerebro e conservar a memoria, as lembranzas felices e non esquecer o nome das persoas que quero. O resultado da receita das madalenas foi regular. Paseime ao botar a masa nos moldes, e a metade delas, cando empezaron a medrar no forno, saíron para fóra e convertéronse en monstros de varias cabezas. Houbo outras con mellor pinta pero quedaron algo crúas por dentro, e as tres que se salvaron papeinas antes de que arrefriasen, e nin mamá nin papá puideron probar o ricas que estaban. Xa vos dixen que ser cociñeiro cando tes dez anos, non é cousa fácil. A pesar destas dificultades, eu quero ser cociñeiro. Ou chef, que é máis profesional aínda. Por iso lles pedín aos meus pais un curso de cociña como agasallo de aniversario, que é o 2 de novembro, o Día de Defuntos, a festa dos mortos. [...] Pero o momento de escoitar o timbre foi o máximo. Corrín a abrir a porta e... sorpresa! Atopei unha caixa algo máis pequena ca min, envolta en papel de regalo violeta decorado con vermes, morcegos, cascudas e outros bechos de moitas cores. Iso si: do mensaxeiro nin rastro. [...] ...fun directo ao agasallo. Arrinquei o papel de bechos e levei un susto de marca maior. A caixa non era unha caixa normal. Era unha caixa de mortos. Un cadaleito, un ataúde, un féretro e todos os sinónimos que se vos ocorran para referirvos a algo con palabras distintas pero que significan a mesma cousa. _Unha caixa de mortos? –díxenlle a Dodoto, que miraba para min con cara de sorpresa-. Seguro que o agasallo vén neste tipo de paquete porque hoxe é defuntos. Unha especie de detalle da tenda onde mamá e papá encargaron o agasallo –razoei-. Si, ten que ser iso! Nisto caín na conta de que no medio do papel de bechos que acababa de arrincar había un sobre negro. Coa emoción do momento nin me decatara. _Ten o meu nome escrito! É unha carta para min, Dodoto. Mira, aquí o pon ben clariño: “Á atención do chef Román.”
  • 2. Escarlatina, a cociñeira defunta Ed. Xerais L e d i c i a C o s t a s 1.- Busca tambor no dicionario da RAG. Cal dos moitos significados é o que lle acae neste texto? Copia a definición. 2.- Na RAG a mesma palabra tamén ten o significado dunha parte do corpo. Cal? 3.- Por que cres que a nai lle tiña dito... “calquera día vas para a lavadora con roupa e todo”. 4.- Quen é Dodoto? Que fixo en certa ocasión con Dodoto? 5.- Cal das “cousas moi feas” que lle chamou a súa nai o puxo triste? Por que? 6.- Que lle aconteceu á metade das madalenas que fixo? 7.- Que día é o aniversario do protagonista? Que se celebra ese día? 8.- Que agasallo lles pedira aos pais? 9.- Como viña envolto o paquete que lle deixaron na porta? 10.- A caixa non era unha caixa normal. Que era? 11.- Que sinónimos desa caixa aparecen no texto? 12.- Entre os papeis que envolvía a caixa, que atopou? De que cor era? 13.- Que poñía no sobre? 14.- Escribe o que cres que pode poñer o sobre que lle chegou en tan singular paquete de agasallo. 15.- Procura información na web sobre a autora do libro e fai unha pequena biografía: cando e onde naceu, que estudou, de que traballa, cando comezou a escribir, que obras ten publicadas, que premios recibiu... Mira o seguinte enderezo: http://www.xerais.es/autores.php Busca a autora na letra C (apelido Costas)