nº 23. Xuño2.016 C.E.P. “PILAR MAESTÚ SIERRA”
Cadreche – Posmarcos. (Pobra do Caramiñal)
CARAMIÑAS
Vera Fernández Martís
2.
CARAMIÑAS nº 23- Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
Publicación anual
C.E.P. “Pilar Maestú
Sierra”
Cadreche – Posmarcos
A POBRA DO
CARAMIÑAL
nº 23
Xuño 2.016
Redacción:
Alumnado do Centro
Maquetación e deseño:
EQUIPO DE
DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA
Impresión:
Copinova Dixital
COLABORA
Concello
A Pobra do
Caramiñal
Un ano máis tócanos ao alumnado de sexto
escribir unhas palabras a modo de despedida.
Agardando o noso derradeiro toque de timbre en
Cadreche, queremos agradecer a toda a comunidade
educativa o seu esforzo para que sacásemos proveito da
nosa estancia aquí.
Parece que foi onte cando entrabamos no centro
chorando, porque non queriamos vir… e xa nos temos
que ir. E tamén chorando!!!
Pero notamos o paso do tempo cando vemos na
páxina de internet do noso cole fotos do noso primeiro
curso aquí. Que cariñas de bos tiñamos!!!
Dirémosvos que aínda que tivemos que traballar
duro ao longo dos seis anos que pasamos aquí, tamén o
pasamos moi ben. Sempre recordaremos con ledicia as
festas celebradas:
_Os divertidos recreos cos compañeiros/as.
_Os samaíns, co acendido de cabazas, as historias
de medo e terroríficas sobremesas.
_Os divertidos magostos, cheos de xogos, concursos
e degustación das castañas asadas. E o tisnado de caras!
_Festivais con cancións, bailes…
_Os divertidos entroidos cheos de filloas, orellas e
demais sobremesas que tan ben sabían.
Ben, agora si que vos dicimos adeus. Pero sabemos
que será un ata logo, xa que volveremos para saudar
en vindeiros cursos. E lembrar os bos momentos vividos.
Alumnado de 6º
3.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
4.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
5.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Érase unha vez unha nena chamada Sabela. Un día foi ao bosque e encontrouse cunha bruxa.
_Non teñas medo. Son unha bruxa boa_díxolle a bruxa_ Como sei que es unha nena boa
vouche a conceder tres desexos.
Entón Sabela pediulle o primeiro desexo: que lle ensinara a facer trucos de maxia. A bruxa
concedeullo e Sabela regresou contenta para a súa casa. Ó día seguinte pediulle o segundo
desexo, que era poder voar. A bruxa entregoulle unha capa coa que podía voar. Sabela puxo a
capa e voou por todo o seu pobo. Agora só lle quedaba un último desexo. Despois de moito
pensar, Sabela díxolle á bruxa:
_Quero aprender a facer pocións máxicas.
E a bruxa concedeullo. Sabela pensou
que cunha desas pocións podería curar a
enfermidade da súa mamá, que tiña unha
febre moi alta e levaba moito tempo sen
poder levantarse da cama. Sabela
preparoulle unha poción e deulla a beber.
Ó día seguinte Sabela foi correndo a
xunto da bruxa, abrazouse a ela e deulle as
grazas, porque coas pocións máxicas que
lle ensinara a facer conseguira curar á súa
mamá.
Sabela e a bruxa do bosque foron
amigas para sempre.
1º premio categoría A
6.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Había unha vez un neno moi bo que se chamaba Marcos e un neno moi
malo que se chamaba Carlos. Marcos era o mellor na clase e sempre se
portaba ben e Carlos era o peor na clase e facía travesuras todo o tempo.
Eran moi amigos a pesar de ser tan diferentes.
Os rapaces foron de excursión con toda a clase ao campo. Ao principio
todo estaba ben, pero despois de xantar, a Carlos ocorréuselle subir a unha
árbore. Alí atopou un niño que aínda tiña os ovos dos pitiños. Carlos
colleunos e empezounos a lanzar coma se foran cereixas.
Cando Marcos o veu, acercouse a el e díxolle:
_Carlos, que fas? Iso non está ben!
E Carlos contestoulle:
_Nada. Estou xogando.
Marcos enfadouse e díxolle que iso era matar a seres vivos. Carlos
sentiuse mal, porque nunca pensara que nos oviños había un ser vivo, e
que coas súas travesuras podía facer moito dano. Desde ese día, Carlos
cambiou de comportamento grazas á axuda de Marcos, porque...
...as persoas cambian ás persoas.
1º premio categoría C
7.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
8.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
9.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
10.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
11.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
12.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
13.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
15.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
16.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
17.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Este curso, o alumnado de 6º nivel elaborou uns encrucillados sobre a vida e obra de Manuel María
para participar nun concurso que organizou o CEP Salustiano Rey Eiras. Algúns dos encrucillados
elaborados son os seguintes.
18.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
19.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
20.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
21.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
A CONSTELACIÓN DE CAPRICORNIO
Esta é a historia dunha nena chamada Coral, que era vítima dun cancro de pulmón.
Coral sempre foi unha nena moi alegre. Ela, a pesar das dificultades, sempre tiña un sorriso na cara. Tivo
que andar toda súa vida cun aparello de osíxeno, para evitar que a auga lle fose para os pulmóns. Feito este que foi
moi duro para ela, xa que non podía xogar coma os nenos da súa escola. Ao ter que estar continuamente conectada a
esa máquina, e ao respirar con dificultade, cansábase enseguida. Pasáballe isto cando pasaba moito tempo de pé, ou
subía escaleiras, xa non digamos se intentaba correr, cousa practicamente imposible para a malpocada da rapaza.
Aos sete anos pasou cinco meses ingresada no hospital, debido a que os pulmóns se lle enchían
continuamente de líquido. Cando se deu recuperado un pouco, tivo que pasar un mes máis na escola do hospital. Era
este un lugar onde os nenos con enfermidades graves, que permanecían longas tempadas ingresados no hospital, no
que pasaban moitas tardes. Especialmente os enfermos de cancro, leucemia ou similares.
Alí coñecera a uns dos seus mellores amigos, Neiva e Roberto. Ambos tiñan leucemia, e estaban en
tratamento da quimioterapia. Despois de descansar, deixábanlles ir xogar un pouco á escola. Neiva e Coral eran
íntimas amigas. Compartían todo tipo de segredos, incluso o de que a Coral lle gustaba un rapaz da escola do
hospital. Apenas se saudaban, pero a Coral gustáballe moito. Fora Neiva, por indicación da súa amiga, quen lle
preguntara como se chamaba. Resultou ter o nome de Xairo.
Roberto xogaba moito con Xairo. De aí sacaban todos os “chismes” sobre el. Ao parecer sufría un terrible
cancro que tiña estendido por todo o corpo. Coral xa coñecía moito sobre esa enfermidade. Sabía que se o tiña por
todo o corpo, non se debía facer moitas ilusións co pobre do rapaz. Pero aínda así, o seu corazón impedíallo. Iso
tampouco supoñía mantelo tirado coma un can. Pola contra, tentaría facerlle a súa vida máis fácil e divertida. Que os
últimos días que pasase xunto a eles foran os mellores.
Cando Coral por fin se fixo amiga do rapaz, aconteceu algo terrible. Ao día seguinte, Xairo non apareceu
pola escola. Nin ao outro... Así foi como se deron conta do fatal desenlace. Roberto soltou unha bágoa, Neiva
quizais dúas ou tres, e Coral… Eu coido que se afundiu nun mar de bágoas. Tanto Neiva como as enfermeiras,
ademais dos país, intentaban tranquilizar a Coral. Non resultou sinxelo. Tiveron que pasar varios días ata que o
conseguiron.
Cando xa parecía estar todo medio esquecido, baixaron ata a escola. Debuxaron, pintaron… ata que Coral se
empezou a poñer mal. Roberto foi a correr a avisar ás enfermeiras. Mentres Neiva quedou con Coral. Pouco máis dun
minuto despois chegaron correndo os enfermeiros cunha padiola para levala.
Levárona inmediatamente para o quirófano, onde xa esperaba o doutor e as enfermeiras. Ao parecer, Coral
tiña os pulmóns cheos de auga. Era necesario quitarlle o líquido que lle enchoupaba os pulmóns. Tras unha
intervención de preto de tres horas, Coral foi subida á súa habitación. A nena durmía placidamente.
Cando Neiva se acercou a preguntar como estaba, a súa nai e máis ela xa estaban a durmir. E non tivo
ninguén a quen preguntarlle. Pola mañá seguinte Coral sentíase moi doída. A media mañá chegou Neiva e Roberto.
Preguntáronlle cando ía ir a xogar. A enfermeira, que estaba realizándolle unha curas, díxolles que Coral non ía
poder ir xogar durante algún tempo. O cancro fora estendéndose por todo o corpo. Os seus pulmóns enchíanse de
líquido máis a miúdo do habitual, e iso complicaba moito as cousas.
A Neiva, cando llo dixeron, pareceu que se lle caera o mundo enriba. Pensar nun mundo sen a súa mellor
amiga non lle gustaba. Por iso dixo que pasaría todos os días que lle puidera xunto a Coral. E así o fixo. Cada mañá
ía a visitala, tan pronto como se levantaba. Pero a maioría das mañás atopábaa a durmir. Polas tardes, cando se
atopaba esperta, xogaban ás cartas. Polas noites ela e máis Roberto, representábanlle sinxelas obras de teatro, pero
sempre moi simpáticas.
Os días ían correndo e Coral cada vez ía a peor… Pasaba durmindo días enteiros, sen abrir os ollos, mentres
que os de Neiva estaban cheos de bágoas. Sabía que o día se acercaba, o día de voar cara arriba, como a ela lle
gustaba dicir. E ese día chegou. Tres de abril. Martes. O día de Coral.
Neiva non puido asistir ao funeral. Ademais, aínda que puidese, non se sentía capaz ver á súa amiga así. A
tarde pasaba moi lentamente. Agardou ata que anoiteceu. Entón fixo o que Coral lle dixera días antes da morte.
Colleu unha carta que escribira Coral. Ía dirixida a Neiva. Por fóra poñía: O día que eu voe cara arriba.
A nota, escrita á man cun trazo seguro, dicía:
“Querida Neiva, esta nota é para cando eu voe cara arriba. Non quero que a abras antes de tempo. Eu sei
que a poderás ler, porque non vou tardar en morrer. Presíntoo. Ben, Neiva, sabes que a min sempre me fascinou a
astronomía, os horóscopos e todo o tema relacionado coas estrelas. Pois hoxe eu formo parte delas. Concretamente,
unha das da constelación de Capricornio. Se queres verme, cousa da que estou segura, debes seguir as miñas
instrucións. Vai á miña habitación. Dá igual quen estea, debaixo da cama, na esquina da pata dereita, está o meu
telescopio. Quero que o collas e mires no folleto a décima constelación. Busca a estrela máis grande que haxa. Esa
son eu. Debes buscarme no ceo. Estarei a iluminarte. Adeus e bicos para ti e máis para Roberto. Dille a miña nai
que a quero moito. E non sufrades por min, que eu estarei ben, aquí, coas miñas estreliñas. Adeus!.”
Neiva rompeu a chorar. Fixo todo tal e como a súa amiga lle mandara.
Esa noite ela e Roberto puideron ver de novo a Coral, no ceo, na constelación de Capricornio, tal e como esta
lle dixera.
1º PREMIO CATEGORÍA D
22.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
23.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
24.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
25.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
26.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
27.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
28.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
29.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
30.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Mil catrocentos setenta e nove días. Colléronme contra a miña vontade, recordo que acababa de
saír do conservatorio xa de noite, tocaba o piano, estábamos en pleno inverno, no mes de xaneiro, facía
un frío de eses que fan que sintas a punta da nariz conxelada e sentes como os dedos van conxelándose
pouco a pouco ata que deixas de sentir as mans. Recordo que facía unha noite particularmente escura,
desas nas que non podes nin ver a unha persoa nin a dez metros túa.
Ese día ía eu soa. Normalmente adoitaba ir acompañada da miña veciña e boa amiga Clara. Ela toca
o violín e vai ao conservatorio coma min. Ela mudárase a Menrei facía uns dez anos. Recordo a primeira
vez que a vira chegar coa súa familia á casa que está enfronte da miña. Eu estaba xogando como de
costume no xardín da miña casa cando vin un camión enorme aparcar ao lado. Acto seguido apareceron
en coche os meus novos veciños. Recordo que estaba emocionada por velos, e moi intrigada por saber
quen ía vivir enfronte miña durante os próximos anos. De súpeto saíron do coche a nai de Clara, o pai, e
seu irmán maior, Xacobe. Ten catros anos máis que Clara. Ao final apareceu Clara. Tamén recordo que
me chamara a atención como ningunha outra nena ma chamara endexamais na miña curta vida: era alta,
tiña os cabelos louros, uns grandes ollos verdes, e levaba unha camiseta violeta do Xabarín Club, que era
o mellor que había naquela época na televisión de por aquí.
Creo que foi nese mesmo instante no que souben, que esa rapariga ía ser a miña mellor amiga, e
como unha irmá para min dende aquel día. Non sei si sería a camiseta ou a súa pinta tan exótica, dado
que practicamente o 90% de rapazas por aquí son morenas e non especialmente altas.
Como non podía ser doutra maneira fun a presentarme, e dende aquel día non nos volvemos a
separar. Ata fai 1470 días, aproximadamente.
Como ben xa contei eu ese día ía soa, normalmente vou con Clara andando para a casa, pero ese día
Clara estaba na casa con febre e eu non podía perder esa clase no conservatorio, así que fun. Non cría
que fose nada perigoso; non era a primeira vez que ía soa, mais gustaríame que aquela non fose a última
vez que fixera ese percorrido. A miña casa queda a escasos cincocentos metros do conservatorio; este
pobo é bastante pequeno, así que todo queda moi preto.
Eu ía andando pola rúa. Intentaba ir o máis rápida posible dado que facía un frío que pelaba a pel.
Logo recordo que escoitei unhas rodas dun coche, ou iso creo que é o ruído que escoitei. Recordo que
fora un ruído moi forte o cal fixera que me dera a volta. O seguinte que recordo é un dor subíndome
polas costas ata deixarme inmóbil, logo nada.
Espertei de alí a non sei cantos días. Pregunteino varias veces máis nunca me quixeron responder.
Espertei xa encerrada entre catro paredes, así que non tiña nin a mínima idea de onde podía estar. Podía
estar tanto no mesmo pobo como en Alemaña. A verdade que non o sei. Sei que os meus secuestradores
intentaban disimular o máximo posible un acento galego do norte que tiraba para atrás, pero a min non
me enganaban en iso. Tampouco non é que conversasen moito pero, o pouco que lles logrei sacar nótase
que son de preto miña.
Nunca vin as súas caras. Si, levo aquí encerrada algo máis de catro anos e medio e non vin a cara
doutra persoa, nin a miña. A verdade que non sei que pintas terei. O pelo polo que podo ver é un
desastre, dado que a única forma que teño que cortalo é cun anaco dun cristal vello dunha ventá que
rompeu o anterior inverno. E mellor non falar da pouca hixiene que hai por aquí. Pareceravos unha
parvada preocuparse por iso despois de todo, pero non vos podedes chegar a imaxinar o que boto de
menos unha ducha con auga quente, xabón e xampú. Algo tan sinxelo como iso paréceme que é un dos
maiores luxos da Terra. Encantaríame saber de verdade se algunha vez poderei volver a meterme nunha
ducha de verdade, ou se vou poder volver a ulir unha vez máis o cheirume da herba acabada de cortar,
quen me dera. A verdade que a xente non sabe o que ten ata que o perde, e esta é unha das maiores
verdades que existen, as persoas que hai hoxe en día están tan acostumadas a todos os novos luxos que
nin sequera saben apreciar o valor dun bo café matutino ou un cepillo para peitear o pelo sempre que
queiran. Son luxos aos cales están tan acostumados que nin sequera lles fan caso.
Deixemos ese tema que me adoito enervar cando falamos diso, e a verdade é que enfadarse aquí
non é nada bo.
Levo catro anos e un pouco aquí encerrada. Catro anos nos que a comida escaseaba, a esperanza de
volver a beber un trago de auga fresca era o único que me facía permanecer viva outra hora máis.
31.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Catro anos de torturas case a diario. Unha persoa non sabe a dor que podemos chegar a soportar.
Eu aínda sigo sorprendéndome do que o meu corpo é capaz de aguantar. Xuro que hai días nos que non
me podo mover, nos que a dor por estárenme a reabrir feridas cando curan é horrible. Digamos que
simplemente me acoitelaran ou me pasaran o coitelo para facerme unha ferida, vale; pero imaxinade
que iso é o de menor importancia, que notas os dedos sucios da outra persoa dentro de ti, tocando o teu
sangue e contaminándoo; que cada vez que unha ferida se che comeza a pechar ou se che pecha, que
cha volvan a reabrir. Esa é unha das peores torturas, facédeme caso. Sigo viva, e non sei explicar como.
Supoño que a esperanza é o último que se perde, e que no meu caso me dá a vida. Isto vén sendo un
círculo vicioso no que eu acabo viva.
Vós estaredes pensando a estas alturas, por que ela? A verdade é que non o sei. Eu era unha boa
rapaza, sacaba boas notas, tocaba no conservatorio, non tiña grandes inimigos nin nada, non pelexara
con ninguén. Creo que non me secuestraron por ningún tema económico, dado que quero crer que se así
fose meus pais abonarían calquera cantidade de diñeiro que lle pediran só para salvarme. Así que de
verdade que non o sei. Moitas veces chégome a formular que me teñen aquí por puro goce deles, que
gozan torturando a outra persoa, e que me tocou a min porque estaba no momento equivocado no sitio
equivocado. A verdade é que non sei con exactitude, preguntei miles de veces aos de negro por que me
tiñan, pero nada. Cheguei a suplicar para que me matasen. Imaxinade ata que punto de sufrimento teño
chegado, no cal non soportas máis a túa vida e non ves outra vía de escape. Faría eu mesma, pero o
único cortante que hai por aquí é ese vello e desgastado anaco de cristal, e ca forza que tería que ter
para atravesarme a pel, penso que carezo esas forzas... As últimas forzas das que dispoño estou a collelas
agora mesmo para escribir isto, dado que sucedeu unha cousa que pensaba que non ía pasar nunca.
Espertei coma calquera outro día. Escoitaba chover sen parar, e tronar, como se non houbese un
mañá, e pasou outro día. Cando xa entrara a noite, púxenme encima dese colchón mal ulinte que me
levaba acompañando dende o primeiro día, ata que de repente, comezou a tremer a terra.
Ao principio pensaba que xa me volvera completamente tola, pensaba que xa era o meu fin. Pero
non.
Todo empezou a moverse, e eu asusteime dun xeito que poucas cousas me facían temer
ultimamente. Anos atrás, no colexio, dixérannos que si pasábamos por un terremoto que buscásemos o
marco dunha porta, debaixo dunha mesa, ou dalgún moble... pero eu alí non tiña nada, e dado que a
porta estaba sempre pechada, decidín facer o primeiro que se me pasou pola cabeza, que foi coller ese
colchón mal ulinte e poñelo por riba miña, a modo de protección, por se o teito se derrubaba. Sabía que
non me ía protexer moito, pero era o único que podía facer. Collín o colchón e marchei para unha
esquina ata que pasase. O tremor rematou, e con el contei ata 5 replicas. Cando pensei que xa acabara
todo, levanteime. Os meus ollos viron algo que non pensaban que ían volver a ver endexamais.
A miña habitación estaba derruída. O teito desa pequena chabola non aguantara, e co terremoto
derruírase por completo. Na esquina onde me resgardara apenas caeran uns cascotes. Cando todo parou
saín do lugar onde estaba agochada. Os meus ollos non podían creei o que estaba vendo: todo arredor
estaba destruído. Eu estaba ferida. En realidade xa o estaba de antes, polos cortes que tiña; pero unha
pedra dérame nun brazo que tiña algo descuberto e doíame moito. A miña primeira impresión era que o
rompera, pero nese momento non me importou nin o máis mínimo, dado que grazas a todo, podía saír
de alí. Como puiden fixen un pequeno camiño entre os escombros e escapei.
Non sabía moi ben onde estaba, era como se estivera no medio dun bosque, pero o tempo
premiaba, xa que non sabía cando ían volver os meus secuestradores, e tiña que escapar como puidese,
así que seguín un pequeno río que había ao lado. Pensei que con sorte chegaría a unha estrada ou a
algún pequeno camiño. E así sucedeu, estiven andando horas, ata chegar á estrada principal. e alí
sucedeu o máis raro de todo.
Esa estrada soábame. Facíanseme coñecidos os camiños. Recordábaos, eran uns camiños que
estaban a escasos dous quilómetros da miña casa. O primeiro que fixen foi empezar a correr tanto como
puiden, o máis rápido posible. Tiña medo a que eles volvesen. Vós pensaredes por que non se me
ocorreu ir pedir axuda a unha casa ou algo? Se vos digo a verdade, nese momento non pensei nada. Só
pensaba en que quería ver a meus pais, a miña irmá e a meu irmán unha vez máis, así que seguín
correndo. Debían ser altas horas da madrugada, porque en todo o camiño non vin nin un só coche pasar,
feito este que me daba moito medo.
32.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Por fin estaba a escasos cincuenta metros da miña casa. Parte dos meus cortes abríranse pola
carreira. Tiña un corte bastante grande e feo no xeonllo dereito, que me freaba moito. Sangrábame o
suficiente como para deixar un pequeno rastro do meu sangue polo camiño.
E chegou o momento. Estaba arriba da costa da miña casa. Eu nese momento estaba rezando para
que a miña familia seguise vivindo alí. Baixei a costa o máis rápido que puiden ata que cheguei á miña
casa.
Abrín o portal da miña casa e crucei toda a beirarrúa ata chegar á porta principal. Intentei abrila,
pero estaba pechada. Toquei ao timbre unhas 300 veces, ata que por fin, vin a luz do corredor
acenderse.
Estaba máis nerviosa, cansada, emocionada e dorida que en toda a miña vida, pero estivera tanto e
tanto tempo agardando ese momento que non me podía crer que estivese sucedendo de verdade.
E de repente, abriu a porta meu o irmán Firuco. Ao principio custoume recoñecelo, xa que a última
vez que o vira tiña tan só 14 anos. Agora xa estaba feito todo un home. Firuco quedou na porta,
mirándome fixamente durante máis dun minuto, por detrás escoitaba as voces de meus queridos pais
falándolle ao meu irmán, preguntándolle que sucedía e si estaba ben. De repente o meu irmán logrou
vocalizar unha palabra despois dun par de minutos:
- An… An… Antía?
Facía anos que non escoitaba o meu nome, e moito menos da boca do meu irmán.
Acto seguido caín inconsciente ao chan da porta da casa. Recordo que pensara para min que xa
podía morrer tranquila. Inconsciente e todo, podía escoitar e ver o que pasaba ao meu redor, pero non
podía fala ou moverme. Escoitei como o meu irmán estaba gritando. O meu pai estaba de xeonllos xunto
a min agarrándome a cabeza, e miña nai estaba de pé como en estado de “shock”. Despois diso non
recordo nada máis.
Espertei tres días despois no hospital, escoitando o son dos monitores. Cando abrín os ollos vin a
unha muller ao meu carón. Non estaba moi segura pero parecíame a miña irmá Uxía. Uxía levábame 4
anos, así que agora tiña 24 anos, os ollos enchéronseme de bágoas ao darme conta de que non fora un
soño, que era unha realidade, que estaba libre por fin, despois de tantos anos e tanto sufrimento.
Lográrao, era LIBRE.
SEIS MESES DESPOIS
Todo seguía sendo moi raro. Cada día que me levantaba na miña cama, tiñan que pasar uns
segundos ata que me dese conta de que era verdade, que estaba na miña casa.
Cando ía pola rúa a maioría das persoas que cadraban comigo e non escoitaran que volvera á casa
dábanse a volta, parábanme pola rúa, inclusive ex compañeiros de clase téñense posto a chorar. Por ese
e outros moitos motivos é polos cales evito saír á rúa.
Pareceravos raro como despois de todo o sucedido, non queres estar todo o día na rúa? A resposta
é bastante simple. Xa non me sinto cómoda coma antes. Era unha descoñecida na miña casa, todos os
meus amigos seguiron coas súas vidas, que era o que debían facer. Algúns estudaban, outros traballaban.
Incluso algún xa tivera fillos. Todo era moi diferente.
Pero o peor de todo foi o de Clara. Trala miña desaparición culpouse, aínda que ninguén lle botou a
culpa. Pero ela soa responsabilizouse de todo. Din que estivo moito tempo nas drogas. Teño escoitado
ata que era alcohólica. Os meus pais, a verdade é que non queren falar moito de ela, dado que pensan
que eu me culparía da súa morte. Pero non me culpo. Foi a súa decisión e eu non podo facer nada para
cambiar iso.
Ai! Esquecíaseme. Antes de despedirme, téñovos que contar que non encontraron ás persoas que
me retiveron todo ese tempo. Quería xustiza máis esta vez non puido ser. De todos xeitos, eu e a miña
familia non nos imos dar por vencidos.
1º PREMIO CATEGORÍA E
33.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Desde o EDL do centro propuxemos, elaboramos e levamos a cabo gran cantidade de
actividades ao longo do curso. Imos poñer aquí só algunhas delas. Ampliamos a unidade
didáctica sobre o Samaín (Obradoiro do medo). Fíxose un gran mural na entrada onde o
alumnado sacou fotos o día da celebración, unha prezi, marcadores, decorado de cabazas,
comidas e bebidas tenebrosas…
Tamén preparamos unha exposición-explicación-degustación de froitos do outono. O
alumnado de 5º explicoulle ao resto do centro cousas sobre os diferentes froitos, tanto
secos como carnosos: orixe, propiedades, variedades… Rematamos coa degustación.
Para o magosto elaboramos recipientes para as castañas con versos de Manuel María. Tamén
se fixo un mural do mesmo autor, O castiñeiro. Decorado de peóns e exposición sobre o mesmo.
Alumnado de 6º preparou unha sesión de contacontos ao alumnado de 1º e outra ao de 2º.
O alumnado de 6º preparou experimentos para celebrar a
Semana da Ciencia en Galego.
34.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Para o Día da Candeloria traballamos poemas de Manuel María sobre paxaros.
Fixemos diverso material TIC: presentación sobre Castelao, LIM sobre dous contos para
os pequenos do colexio (A ratiña fachendosa e Podesvir), eXe Learning sobre os autores que
dan nome ás aulas do centro e unha web en colaboración co CEIP de Cespón, onde fomos
colocando todas as producións realizadas en torno á obra de Manuel María. Nela pódese ver
desde karaokes elaborados sobre poemas do autor, actividades en pdf, murais, recitados e
mesmo enlaces.
Fixemos un videorrecitado de poemas sobre a paz, no que participaron 4 aulas do
centro.
Convocamos un ano máis o Certame
Literario “Esther Dourado”. Nel
participou multitude de alumnado de
Infantil e Primaria do concello, así como
ex-alumnado do centro que cursa ESO.
Para as Letras Galegas, ademais do
tradicional mural pintado no exterior do
centro, feito como sempre por José,
fixemos tres murais interactivos, un por
ciclo.
O alumnado traballou os poemas de Manuel María, cantou os karaokes dos mesmos e
recitou poemas durante a inauguración do mesmo.
Ao longo de todo o curso fixemos múltiples
actividades máis, que paso a mencionar de xeito
breve: videopresentación mediante un
ThingLink e aprendizaxe de xogos de corda con
cancións en galego por parte do alumnado de
sexto; actividade do Portal das Palabras;
Tripando poemas, escritura de poemas e
colocado nas escaleiras do centro e no chan;
participación nun concurso de encrucillados e
acrósticos do CEP Salustiano Rey, onde
acadamos tres premios.
Animámosche a visitar o noso blog:
http://cadrechegalego.blogspot.com.es/
35.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
36.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
37.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
38.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
39.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
O alumnado de sexto curso traballou de moi diversos xeitos a obra de Manuel María, autor
homenaxeado este ano 2016 no Día das Letras Galegas. Unha delas foi realizando caligramas. Algún
deles incluía pictogramas.
40.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
41.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
42.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
43.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
44.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
ENTREVISTA A XOSÉ LOIS PIÑEIRO (ALCALDE DA POBRA DO CARAMIÑAL)
Ola a tod@s:
Somos Noa e Inés e fixemoslle unha pequeña entrevista ao alcalde da Pobra do Caramiñal.
Esta entrevista foi moi especial para nós, porque ata agora nunca entraramos no edificio do
concello e o alcalde ensinounos todas as dependencias.
Ao principio estábamos un pouco nerviosas porque a figura dun alcalde impón un pouco, pero
atopámonos cun home moi amable e gracioso que nos fixo pasar unha tarde moi divertida
coas súas bromas. Tamén aprendimos unha morea de cousas de moito interese que
queremos compartir convosco.
Canto tempo levas adicándote á política?
Dende hai moitos anos, dende o ano 1991, fai xa 25 anos.
Algún día pensaches que ías ser alcalde?
Si, sempre, dende pequeno; porque cando empecei na política, sendo un mozo, os que
estaban no partido xa me prepararon un pouco para iso.
Que é o que fas no teu traballo?
Buf…Moitísimas cousas: atender xente, tentar solucionar problemas, preparar
papeis…
Cantas horas adicas ao teu traballo?
Entro sobre as 8:00/ 8:30 e saio ás 14:00 para xantar; logo volto as 18:00 e para
saír non temos hora.
Como pensaches o nome para o teu partido político?
Non o pensei eu, pensouno un compañeiro que dixo que “Nós Pobra” definía un pouco
a idea de que non so pensamos en nós, que tamén pensamos na Pobra e pareceunos
unha boa idea.
Gustaríache chegar a ser presidente?
Evidentemente, é o que máis me gustaría ser, pero teño un motivo para selo, porque
iso significaría que o PP perdera as eleccións.
Tes pensado invertir nos colexios da Pobra?
Os colexios preocúpannos bastante; de feito, formamos unha brigada para atender
as súas necesidades e si, temos pensado invertir nos colexios.
E, para o verán…Que tendes previsto para os nenos da nosa idade que non
sexan os inchables nin a festa da espuma?
A verdade é que non temos pensado nada.
Na Pobra hai parques infantís, pero non hai ningún parque cuberto. Tendes
algún proxecto deste tipo, adecuado a nosa idade?
Pensaremos niso, a ver que se pode facer.
Pensachedes nunha protectora que non fose unha canceira?
Si, de feito estivemos falando coa canceira de Boiro para que alonguen o prazo de
sacrificio.
Ti es profesor de bioloxía, algo que non ten nada que ver coa política.
Que foi o que te levou a ela?
Eu entrei na política por unha cuestión, porque son ecoloxista e
45.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Ti es profesor de bioloxía, cousa que non ten nada que ver coa política. Que
nos podes contar da razón que te levou a ela?
Eu entrei en política por unha simple cuestión, porque son ecoloxista e preocúpame
moito o medio ambiente
Poderías decir algo que creas que nos falta por preguntarche?
Fáltanvos moitísimas cousas?
Como cal?
De que estás máis orgulloso, por exemplo
Xosé Lois, de que estás máis orgulloso?
Jajaja. De moitas cousas, dos avances
GRAZAS, ALCALDE
ENTREVISTA A PEPE MOURE
Ola, lectores:
Chámome Ainhoa e fíxenlle esta entrevista a Pepe Moure, un home moi querido por todos os
pobrenses. A Pobra débelle moito a Pepe Moure e, sobre todo o deporte, aínda que de forma
especial o atletismo.
Que foi o que te levou a fundar este clube?
A miña afición tan grande polo o deporte.
Cantos anos levas traballando aquí?
Moitos, tantos que case nin me lembro.
Tes algún deportista favorito dentro do clube?
Non teño ningún. A min gústanme todos e a todos aprecio por igual.
Fuches algunha vez a competir nun campionato?
Si, fun a algúns, pero non a moitos.
Cando eras pequeno, soñabas con isto?
Si, este era o meu sono
Cal foi o teu mellor posto nunha competición?
Quedei en primeiro posto en 500 metros lisos.
Onde foi?
En Santiago, cando tiña doce anos.
GRAZAS, PEPE!
46.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
ENTREVISTA A ADOLFO (DO GRUPO XIADA)
Son Agus e voulle facer esta entrevista a Adolfo, o gaiteiro do grupo Xiada.
Que querías ser de pequeno?
Quería ser inventor
Por que eres gaiteiro?
Porque empecei con oito anos e gustoume e 20 anos despois segue a gustarme o que estou
facendo.
Cantos anos levas sendo gaiteiro?
Empecei no ano 1996, polo tanto levo 20 anos de gaiteiro.
Por que queres ser profesor de gaita?
Por dúas cousas, porque quero transmitir o que me ensinaron e porque así véxome coma se
tivera 8 anos.
De onde sacáchedes o nome de “Xiada”?
Da escarcha nos campos as mañás de inverno que gústanos moito e por iso eleximos ese
nome.
Cales son as cousas que non che gustan?
Que hai demasiada competencia e pouca amizade con outros grupos. Debería haber máis
compañerismo
ENTREVISTA A EMILIO GONZALEZ RÍO
Somos Pablo e Joel e imos facerlle unhas preguntas a Emilio sobre a súa vida no mundo do
trial, porque Emilio foi piloto.
En que ano comezaches a competir?
No 2010 , cun Land Rover Defender.
Cantos anos competiches?
Cinco anos
Cantos trofeos ganaches?
23
Cando deixaches a competición?
No 2015
Por que?
Por moito traballo e consecuentemente por falta de tempo.
Tes pensado volver a competir?
Non o teño moi claro, depende das circunstancias.
Gustaríache seguir competindo co mesmo coche?
Si, aínda que non me importaría usar un mellor.
47.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
ENTREVISTA A XOSÉ CARLOS VIDAL
Ola a tod@s:
Somos Manuel e Dani e como somos moi amantes dos animais decidimos entrevistar a un
acérrimo defensor destes. O noso entrevistado é José Carlos Vidal, un coñecido animalista
do Barbanza.
Cando comezaches a interesarte polos animais?
Dende sempre, dende que era un cativo. Cando tinña dez ou once anos xa rescataba animais
Cal foi a túa primeira mascota?
Non mme gusta moito o nome de mascota. O meu primeiro animal de compañía foi un gato
que tiñamos na casa. Daquela non se lle poñían nomes aos animais. Chamábamoslle “gatiño”.
Cal foi o teu mellor momento cun animal?
É difícil elexir. Fai pouco rescatamos a unas vacas moi maltratadas e esta acción encheume
de satisfacción.
Cando te fixeches vexetariano e vegano?
Vexetariano hai dez anos e vegano un ano despois
Que cargo ocupas no movemento animalista e cal é a túa labor?
Son o presidente da asociación Vox Anima e a miña é a de calqueira que defenda os
dereitos dos animais, é rescatalos se están en perigo
Grazas, Xosé Carlos. Desexamosche moito éxito nas túas tarefas.
ENTREVISTA A CARLOS MOSTEIRO
Ola, amigos:
Somos Alberto, Ainara e Lidia e decidimos entrevistar ao noso profe Carlos, que é un
gran escritor de libros para nenos.
Cando eras pequeño que querías ser de maior?
De maior quería ser futbolista.
Para escribir os teus libros serviuche de inspiración algún alumno dos moitos que
coñeciches?
Pois si, algún serviume de inspiración.
Cal dos libros que escribiches é o teu favorito e por que?
“Unha bruxa moi rara” é o meu favorito, porque foi un libro que tivo un premio moi
importante, o premio: “Barco de vapor”
Estás escribindo algo actualmente?
Si, estou escribindo un libro que se chamara “As flores de maio”.
GRAZAS, CARLOS.
48.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
ENTREVISTA A JUAN CARLOS (O MEU PAI)
Ola:
Son Älvaro e fixenlle esta entrevista ao meu pai, porque estou moi orgulloso del e o quero
moito.
Sempre fuches canpirteiro de aluminio?
Si
Gústache o teu traballo? Por que?
O 80% das veces si, porque é un traballo que pasou de ser moi sinxelo e laborioso a ser máis
sofisticado. Co paso do tempo foise modernizando.
Cando empecei a traballar so había unha serie para facer fiestras practicables e dúas para
facer fiestras corredeiras. Era todo más sinxelo: unha simple goma para que non entrara o
aire, unhas bisagras. Agora hai un monton de sistemas de peche e sistemas avanzadísimos.
Que incluen a domótica. Agora podes abrir e pechar portas e fiestras sen estar na casa.
Traballas nunha fábrica?
Si, agás cando estou montando exposicións ou visitando clientes.
Gústache viaxar?
Gústame viaxar por placer, por cuestións de traballo non tanto.
A que lugares viaxaches por traballo?
Percorrín case toda España e no extranxeiro estiven en Alemania, Francia, Italis, Marrocos
Arabia Saudí e Portugal.
Ao viaxar tanto en avión, algunha anécdota terás de aeropotos ou das viaxes.
Si, moitas. En setembro do 2014 collín tres veces o avión no Peinador de Vigo e a volta tiña
que regresar ao mesmo aeroporto, pero de ningunha das tres veces aterricei nese
aeroporto debido ás malas condicións climatolóxicas. De feito, dunha vez pasamos moito
medo porque o piloto tentou aterrar e o avión mov´´iase moitísimo e caeron algunas cousas.
Cando estiven no aeroporto de Nuremberg(Alemania) sucederon os atentados de Bruselas e
notouse moito, porque apareceron de súpeto, moitos soldados e policías armados.
E en París estiven un día antes dos atentados.
Viches a algún famoso?
Si, en Barajas (Madrid) estiven falando con Emilio Buirtragueño e ata me saquei unha foto
con el.
En Milán viaxei co ministro de economía grego Varufaquis. Viaxei tamén co equipo de hockey
da Coruña “El Liceo” e outro día tamén coincidín coa selección venezolana de fútbol cando
forn a Riazor.
Viches algo nalgún país que te chamara moito a atención?
En Marrocos coincidiu que pasaba o rei e alucinamos co despliegue policial que non podía
pasar ninguén. E todo iso porque ía en coche a algún sitio. Os policías dalí parecéronme moi
simpáticos, porque todos tiñan gorra e un bigote moi grande.
Alí en Marrocos é moi típico que pasten as vacas no medio da estrada e nas marxes e
medianas das autopistas.
GRAZAS, PAPÁ!
49.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
50.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
51.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
52.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
53.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
54.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
55.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Nesta nosa Caramiñas aparecen moitas das cousas que fixemos. Pero o que mellor reflicte
como o pasamos son as imaxes. Aquí podedes ver algunhas das fotos das actividades.
56.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
57.
CARAMIÑAS nº 23– Xuño 2.016
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
58.
Letras Galegas 2.016
Afala
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
“As rúas do vento ceibe “