SlideShare a Scribd company logo
1 of 35
QVARE LINGVA LATINA? ¿POR QUE O LATÍN?
A vida do latín non remata co Imperio Romano. Na súa versión popular evoluciona cara as linguas romances, que son os restos vivos da fala de Roma. Mais a Europa da ciencia, as artes e a cultura non coñecerá, durante máis de 1.000 anos despois da caída do Imperio, outra lingua que o latín. Nas diapositivas seguintes verás abondosos exemplos disto, e tamén da pervivencia actual da lingua e a cultura de Roma, en eidos que sen dúbida non sospeitas. Que che aproveite a viaxe.
SCIENTIA ciencia
Velaquí as portadas de catro libros capitais na historia da cultura e a ciencia europeas: a  Astronomía  de Nicolás Copérnico, a  Utopía  de Tomás Moro, o tratado de Botánica de Carl Linneo, e os  Principios matemáticos  de Isaac Newton. Todos eles foron escritos en latín, a lingua de comunicación científica en Europa ata case o s. XIX.
UNIVERSITAS universidade
Gaudeamus igitur, iuvenes dum sumus. Gaudeamus igitur, iuvenes dum sumus. Post iucundam iuventutem, post molestam senectutem, nos habebit humus, nos habebit humus Vbi sunt qui ante nos in mundo fuere? Vbi sunt qui ante nos in mundo fuere? Vadeas ad inferos, transeas ad superos, hos si vis videre, hos si vis videre. Vivat Academia! Vivant professores! Vivat Academia! Vivant professores! Vivat membrum quodlibet! Vivant membra quaelibet! Semper sint in flore! Semper sint in flore! Gocemos, pois, mentres somos novos Gocemos, pois, mentres somos novos. Tras a fermosa xuventude, tras a molesta vellez, hanos cubrir a terra, hanos cubrir a terra. ¿Onde están os que antes de nós estiveron neste mundo? ¿Onde están os que antes de nós estiveron neste mundo? Baixa ós infernos, viaxa ó ceo, se os queres ver, se os queres ver. ¡Viva a Universidade! ¡Vivan os seus profesores! ¡Viva a Universidade! ¡Vivan os seus profesores! ¡Viva cada membro! ¡Viva cada un dos seus membros! ¡Que sempre florezan! ¡Que sempre florezan!
O que vés de escoitar é o himno universitario. Letra e música son de autor descoñecido, aínda que coa forma actual empezouse a cantar nalgunhas universidades alemanas no s. XVIII. Hoxe en día emprégase como himno en todas as universidades do mundo, aínda que o poema, máis longo, tén estrofas pouco académicas, como a seguinte. ¿Seras quen de comprender o que di? Vivant omnes virgines, faciles, formosae! Vivant omnes virgines, Faciles, formosae! Vivant et mulieres tenerae, amabiles bonae, laboriosae
 
As Universidades son producto da Europa baixomedieval e en todas elas ensinábase en latín, o que favorecía a circulación de ideas por todo o continente. Velaquí tés os emblemas de sete universidades con cadanseu lema en latín:   Santiago  (“Selo real da Universidade Compostelana”),  Lisboa  (“Cara a luz”), a  Universidade Nacional de Educación a Distancia [UNED]  (“A sabedoría é a máis móbil de todas as cousas móbiles”),  Oxford  (“O Señor é a miña iluminación”),  Sevilla  (“Selo da Universidade Literaria de Sevilla”),  Valencia  (“Fernando, rei dos aragoneses pola gracia de Deus / Papa Alexandre VI de Valencia”), e  Tel-Aviv  (“Luz e verdade”).
MVSICA música
A música culta cantada foi durante moito tempo en latín, sobre todo se era de carácter sacro. Aquí podes ver unha partitura cun fragmento de canto gregoriano, estilo propio da Idade Media. A ver se coñeces as músicas e os autores das seguintes diapositivas. E atrévete coas letras…
Lacrimosa dies illa qua resurget ex favilla iudicandus homo reus. Huic ergo parce, Deus. Per Iesu, Domine, dona eis requiem. Amen. Unha das pezas musicais máis famosas é a que W. A. Mozart compuxo para unha misa de  requiem  pouco antes de morrer, en 1791. A letra está baseada na empregada nos funerais da liturxia católica. Velaquí un fragmento coa súa letra  Magoento día aquel no que rexurdirá da cinza o home culpable para ser xulgado.  Por iso perdóao, Deus. Por Xesús, Señor, dálles descanso. Así sexa.
Mais en latín tamén temos música profana. A máis famosa é a dos  Carmina Burana : un conxunto de poemas latinos do s. XIII escritos por estudiantes da abadía de Benediktbeuern, preto de Munich. O seu contido é moitas veces festivo, e mesmo erótico, o que lles deu moita sona, sobre todo a partir do s. XIX. En 1936, Carl Orff púxolles música e converteu a seguinte peza en inmortal. É imposible que non a coñezas. Atención á letra.
O Fortuna,  velut Luna  statu variabilis,  semper crescis  aut decrescis;  vita detestabilis  nunc obdurat  et tunc curat  ludo mentis aciem;  egestatem,  potestatem,  dissolvit ut glaciem.  Sors immanis  et inanis,  rota tu volubilis,  status malus,  vana salus  semper dissolubilis;  obumbrata  et velata  mihi quoque niteris;  nunc per ludum  dorsum nudum  fero tui sceleris.  Sors salutis  et virtutis  mihi nunc contraria;  est affectus  et defectus  semper in angaria;  hac in hora  sine mora  cordae pulsum tangite!  Quod per sortem  sternit fortem,  mecum omnes plangite! Ah, Fortuna,  como a Lúa  de variable estado,  sempre creces  ou decreces;  a detestable vida  agora sosténnos  e logo agobia  a nosa mente co seu xogo;  a pobreza,  e a riqueza,  fúndeas como o xelo.  Sorte, [es] cruel  e vana,  ti, roda inestable,  de mala actitude,  irreal salvación  sempre esvaéndote;  ensombrecida  e oculta  vés contra min;  agora, por xogar,  levo o lombo nu  polo teu crime.  A sorte da salvación  e da virtude  están fóra do meu alcance;  váiame ben  ou váiame mal  sempre son o teu escravo;  nesta hora  sen demora  ¡tocade as cordas!  Xa que pola sorte  derrota ó forte,  ¡chorade todos comigo!
IMAGINES COMICAE comic
Astérix  constitúe outra mostra da pegada da cultura romana, e do seu poder de fascinación. Creado en 1959 por René Goscinny (guión) e Albert Uderzo (debuxos), converteuse nun dos cómics máis lidos de todos os tempos. As súas historias están traducidas a máis de 20 idiomas... E o latín non podía ser menos, ¡por Tutatis!
LITTERATVRA literatura
Arma virumque cano, Troiae qui primus ab oris Italiam fato profugus Laviniaque venit litora, multum ille et terris iactatus et alto vi superum, saevae memorem Iunonis ob iram, multa quoque et bello passus, dum conderet urbem inferretque deos Latio ; Cántolle ás armas e ó home aquel que, fuxindo o primeiro  das beiras de Troia, veu en mans do destino cara Italia e as praias do Lacio, empurrado por mar e terra pola forza dos deuses, e por causa da ira da cruel Xuno, que non esquece; moitas penas pasou, e mesmo unha guerra, ata fundar unha cidade, e traer os deuses ó Lacio ;
 
A veneración que a literatura europea sentiu por Publio Virxilio Marón (70-19 a.C.) foi máxima. A súa obra principal, a  Eneida , foi a influencia fundamental dunha inmensa lista de poetas europeos. Pensemos que Dante, na súa  Divina Comedia , escolle a Virxilio como guía na súa viaxe polo Inferno e o Purgatorio. Ademais, aínda hoxe as aventuras de Eneas na súa viaxe desde a arruinada Troia ata Italia son lidas por infinidade de persoas en multitude de linguas.
MANVSCRIPTI manuscritos
 
Nada da literatura latina tería chegado ata nós de non ser polo labor calado dos monxes de moitos mosteiros europeos que durante a Idade Media se dedicaron a copiar e conservar esas obras. Algúns dos manuscritos conservados, literarios e doutros tipos, son auténticas obras de arte.
PECVNIA diñeiro
 
Cuñar moeda sempre foi unha mostra de poder. Reis e emperadores europeos facían estampar as súas efixies en moedas, acompañadas dun lema en latín, como os emperadores romanos. Velaquí moedas do emperador romano Augusto (27 a.C.-14 d.C.), o emperador francoalemán Carlomagno (800-814), os Reis Católicos (1479-1516), e os monarcas do Reino Unido Xurxo VI (1936-1952) e Isabel II (1952-)
LVDI deportes
O mundo do deporte aínda hoxe segue a empregar o latín, como podes ver nesta diapositiva e na seguinte. Arriba temos unha medalla co lema olímpico: “Máis rápido, máis alto, máis forte”. Debaixo, nun disco de hoquei sobre xeo lese “Que leve a palma (da victoria) quen a mereza”. Por certo, o tema era o Himno Olímpico.
Estes dous escudos pertencen a dous clubes de fútbol ingleses. No da esquerda, pertencente ó Everton F.C. (fundado en Liverpool en 1878) lemos “Nada é abondo se non é o mellor”.  O da dereita (do Blackburn Rovers, fundado en 1875) contén tamén unha divisa en latín, que se pode traducir como “Con arte e esforzo”.
IVS ET LEX dereito e lei
mos, moris imperium, -i potestas, -atis constitutio, -onis IVS EST ARS BONI ET AEQVI IVSTITIA CAECA EST
Desde que os plebeios conseguiron dos patricios que se consignase a lei por escrito, o Dereito tén percorrido un longo camiño, e segue. Todo o noso sistema de convivencia baséase no imperio da lei, establecida por escrito, non dunha persoa ou un grupo social. Todo iso comezou co Dereito Romano, base do Dereito occidental actual. LEGES XII TABVLARVM
LATINE COTIDIE en latín todos os días
 
En fin: o latín segue vivo tamén en multitude de expresións que aínda lemos e empregamos a cotío, moitas veces sen decatarnos da súa procedencia. Ánimo para este curso, xa que Audaces Fortuna iuvat (“A Fortuna axuda ós audaces”)

More Related Content

What's hot

2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacAlbaBenRivas_1BAC-A
 
tema12_2010
tema12_2010tema12_2010
tema12_2010xenevra
 
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOSTEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOSxenevra
 
Curros Enríquez
Curros EnríquezCurros Enríquez
Curros EnríquezVinseiro
 
Lois pereiro (Letras Galegas 2011)
Lois pereiro (Letras Galegas 2011)Lois pereiro (Letras Galegas 2011)
Lois pereiro (Letras Galegas 2011)fontexeriabib
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegasfontexeriabib
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 
Vangardas
VangardasVangardas
VangardasMarlou
 

What's hot (20)

2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
 
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
 
tema12_2010
tema12_2010tema12_2010
tema12_2010
 
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOSTEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Curros Enríquez
Curros EnríquezCurros Enríquez
Curros Enríquez
 
A lírica medieval
A lírica medievalA lírica medieval
A lírica medieval
 
Plauto
PlautoPlauto
Plauto
 
7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 
Narrativa medieval
Narrativa medievalNarrativa medieval
Narrativa medieval
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 
O manifesto "Máis Alá"
O manifesto  "Máis Alá"O manifesto  "Máis Alá"
O manifesto "Máis Alá"
 
Lois pereiro (Letras Galegas 2011)
Lois pereiro (Letras Galegas 2011)Lois pereiro (Letras Galegas 2011)
Lois pereiro (Letras Galegas 2011)
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 

Similar to QVARE LINGVA LATINA

Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Luís Pimentel
Luís PimentelLuís Pimentel
Luís Pimentelsmesias
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
séculos escuros
séculos escurosséculos escuros
séculos escurosxenevra
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaSusana Ferreiro
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaVinseiro
 
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacOs Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacAlbaBenRivas_1BAC-A
 
Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]Loli Cid Cid
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5cigformacion
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 

Similar to QVARE LINGVA LATINA (20)

Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Luís Pimentel
Luís PimentelLuís Pimentel
Luís Pimentel
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
séculos escuros
séculos escurosséculos escuros
séculos escuros
 
Historia da Música - Idade Media
Historia da Música -  Idade MediaHistoria da Música -  Idade Media
Historia da Música - Idade Media
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesa
 
Tema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º esoTema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º eso
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacOs Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
 
Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 

More from Alfonso Blanco

A Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisA Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisAlfonso Blanco
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránAlfonso Blanco
 
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Alfonso Blanco
 
Lecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínLecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínAlfonso Blanco
 
Res Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiRes Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiAlfonso Blanco
 
Viri historiae romanae
Viri historiae romanaeViri historiae romanae
Viri historiae romanaeAlfonso Blanco
 
Historia De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O PrincipadoHistoria De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O PrincipadoAlfonso Blanco
 
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAlfonso Blanco
 
Linguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasLinguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasAlfonso Blanco
 

More from Alfonso Blanco (20)

A Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisA Revolución dos Caraveis
A Revolución dos Caraveis
 
O asasinato de JFK
O asasinato de JFKO asasinato de JFK
O asasinato de JFK
 
René Maltête
René MaltêteRené Maltête
René Maltête
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Valentín Paz-Andrade
Valentín Paz-AndradeValentín Paz-Andrade
Valentín Paz-Andrade
 
Poetizando as aulas
Poetizando as aulasPoetizando as aulas
Poetizando as aulas
 
Inventos e inventores
Inventos e inventoresInventos e inventores
Inventos e inventores
 
Os libros máis caros
Os libros máis carosOs libros máis caros
Os libros máis caros
 
Mitoloxía galega
Mitoloxía galegaMitoloxía galega
Mitoloxía galega
 
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
 
Lecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínLecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas Latín
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Res Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiRes Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani Imperii
 
Viri historiae romanae
Viri historiae romanaeViri historiae romanae
Viri historiae romanae
 
Historia De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O PrincipadoHistoria De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O Principado
 
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
 
Linguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasLinguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas Flexivas
 
Etimoloxías Latinas
Etimoloxías LatinasEtimoloxías Latinas
Etimoloxías Latinas
 

QVARE LINGVA LATINA

  • 1. QVARE LINGVA LATINA? ¿POR QUE O LATÍN?
  • 2. A vida do latín non remata co Imperio Romano. Na súa versión popular evoluciona cara as linguas romances, que son os restos vivos da fala de Roma. Mais a Europa da ciencia, as artes e a cultura non coñecerá, durante máis de 1.000 anos despois da caída do Imperio, outra lingua que o latín. Nas diapositivas seguintes verás abondosos exemplos disto, e tamén da pervivencia actual da lingua e a cultura de Roma, en eidos que sen dúbida non sospeitas. Que che aproveite a viaxe.
  • 4. Velaquí as portadas de catro libros capitais na historia da cultura e a ciencia europeas: a Astronomía de Nicolás Copérnico, a Utopía de Tomás Moro, o tratado de Botánica de Carl Linneo, e os Principios matemáticos de Isaac Newton. Todos eles foron escritos en latín, a lingua de comunicación científica en Europa ata case o s. XIX.
  • 6. Gaudeamus igitur, iuvenes dum sumus. Gaudeamus igitur, iuvenes dum sumus. Post iucundam iuventutem, post molestam senectutem, nos habebit humus, nos habebit humus Vbi sunt qui ante nos in mundo fuere? Vbi sunt qui ante nos in mundo fuere? Vadeas ad inferos, transeas ad superos, hos si vis videre, hos si vis videre. Vivat Academia! Vivant professores! Vivat Academia! Vivant professores! Vivat membrum quodlibet! Vivant membra quaelibet! Semper sint in flore! Semper sint in flore! Gocemos, pois, mentres somos novos Gocemos, pois, mentres somos novos. Tras a fermosa xuventude, tras a molesta vellez, hanos cubrir a terra, hanos cubrir a terra. ¿Onde están os que antes de nós estiveron neste mundo? ¿Onde están os que antes de nós estiveron neste mundo? Baixa ós infernos, viaxa ó ceo, se os queres ver, se os queres ver. ¡Viva a Universidade! ¡Vivan os seus profesores! ¡Viva a Universidade! ¡Vivan os seus profesores! ¡Viva cada membro! ¡Viva cada un dos seus membros! ¡Que sempre florezan! ¡Que sempre florezan!
  • 7. O que vés de escoitar é o himno universitario. Letra e música son de autor descoñecido, aínda que coa forma actual empezouse a cantar nalgunhas universidades alemanas no s. XVIII. Hoxe en día emprégase como himno en todas as universidades do mundo, aínda que o poema, máis longo, tén estrofas pouco académicas, como a seguinte. ¿Seras quen de comprender o que di? Vivant omnes virgines, faciles, formosae! Vivant omnes virgines, Faciles, formosae! Vivant et mulieres tenerae, amabiles bonae, laboriosae
  • 8.  
  • 9. As Universidades son producto da Europa baixomedieval e en todas elas ensinábase en latín, o que favorecía a circulación de ideas por todo o continente. Velaquí tés os emblemas de sete universidades con cadanseu lema en latín: Santiago (“Selo real da Universidade Compostelana”), Lisboa (“Cara a luz”), a Universidade Nacional de Educación a Distancia [UNED] (“A sabedoría é a máis móbil de todas as cousas móbiles”), Oxford (“O Señor é a miña iluminación”), Sevilla (“Selo da Universidade Literaria de Sevilla”), Valencia (“Fernando, rei dos aragoneses pola gracia de Deus / Papa Alexandre VI de Valencia”), e Tel-Aviv (“Luz e verdade”).
  • 11. A música culta cantada foi durante moito tempo en latín, sobre todo se era de carácter sacro. Aquí podes ver unha partitura cun fragmento de canto gregoriano, estilo propio da Idade Media. A ver se coñeces as músicas e os autores das seguintes diapositivas. E atrévete coas letras…
  • 12. Lacrimosa dies illa qua resurget ex favilla iudicandus homo reus. Huic ergo parce, Deus. Per Iesu, Domine, dona eis requiem. Amen. Unha das pezas musicais máis famosas é a que W. A. Mozart compuxo para unha misa de requiem pouco antes de morrer, en 1791. A letra está baseada na empregada nos funerais da liturxia católica. Velaquí un fragmento coa súa letra Magoento día aquel no que rexurdirá da cinza o home culpable para ser xulgado. Por iso perdóao, Deus. Por Xesús, Señor, dálles descanso. Así sexa.
  • 13. Mais en latín tamén temos música profana. A máis famosa é a dos Carmina Burana : un conxunto de poemas latinos do s. XIII escritos por estudiantes da abadía de Benediktbeuern, preto de Munich. O seu contido é moitas veces festivo, e mesmo erótico, o que lles deu moita sona, sobre todo a partir do s. XIX. En 1936, Carl Orff púxolles música e converteu a seguinte peza en inmortal. É imposible que non a coñezas. Atención á letra.
  • 14. O Fortuna, velut Luna statu variabilis, semper crescis aut decrescis; vita detestabilis nunc obdurat et tunc curat ludo mentis aciem; egestatem, potestatem, dissolvit ut glaciem. Sors immanis et inanis, rota tu volubilis, status malus, vana salus semper dissolubilis; obumbrata et velata mihi quoque niteris; nunc per ludum dorsum nudum fero tui sceleris. Sors salutis et virtutis mihi nunc contraria; est affectus et defectus semper in angaria; hac in hora sine mora cordae pulsum tangite! Quod per sortem sternit fortem, mecum omnes plangite! Ah, Fortuna, como a Lúa de variable estado, sempre creces ou decreces; a detestable vida agora sosténnos e logo agobia a nosa mente co seu xogo; a pobreza, e a riqueza, fúndeas como o xelo. Sorte, [es] cruel e vana, ti, roda inestable, de mala actitude, irreal salvación sempre esvaéndote; ensombrecida e oculta vés contra min; agora, por xogar, levo o lombo nu polo teu crime. A sorte da salvación e da virtude están fóra do meu alcance; váiame ben ou váiame mal sempre son o teu escravo; nesta hora sen demora ¡tocade as cordas! Xa que pola sorte derrota ó forte, ¡chorade todos comigo!
  • 16. Astérix constitúe outra mostra da pegada da cultura romana, e do seu poder de fascinación. Creado en 1959 por René Goscinny (guión) e Albert Uderzo (debuxos), converteuse nun dos cómics máis lidos de todos os tempos. As súas historias están traducidas a máis de 20 idiomas... E o latín non podía ser menos, ¡por Tutatis!
  • 18. Arma virumque cano, Troiae qui primus ab oris Italiam fato profugus Laviniaque venit litora, multum ille et terris iactatus et alto vi superum, saevae memorem Iunonis ob iram, multa quoque et bello passus, dum conderet urbem inferretque deos Latio ; Cántolle ás armas e ó home aquel que, fuxindo o primeiro das beiras de Troia, veu en mans do destino cara Italia e as praias do Lacio, empurrado por mar e terra pola forza dos deuses, e por causa da ira da cruel Xuno, que non esquece; moitas penas pasou, e mesmo unha guerra, ata fundar unha cidade, e traer os deuses ó Lacio ;
  • 19.  
  • 20. A veneración que a literatura europea sentiu por Publio Virxilio Marón (70-19 a.C.) foi máxima. A súa obra principal, a Eneida , foi a influencia fundamental dunha inmensa lista de poetas europeos. Pensemos que Dante, na súa Divina Comedia , escolle a Virxilio como guía na súa viaxe polo Inferno e o Purgatorio. Ademais, aínda hoxe as aventuras de Eneas na súa viaxe desde a arruinada Troia ata Italia son lidas por infinidade de persoas en multitude de linguas.
  • 22.  
  • 23. Nada da literatura latina tería chegado ata nós de non ser polo labor calado dos monxes de moitos mosteiros europeos que durante a Idade Media se dedicaron a copiar e conservar esas obras. Algúns dos manuscritos conservados, literarios e doutros tipos, son auténticas obras de arte.
  • 25.  
  • 26. Cuñar moeda sempre foi unha mostra de poder. Reis e emperadores europeos facían estampar as súas efixies en moedas, acompañadas dun lema en latín, como os emperadores romanos. Velaquí moedas do emperador romano Augusto (27 a.C.-14 d.C.), o emperador francoalemán Carlomagno (800-814), os Reis Católicos (1479-1516), e os monarcas do Reino Unido Xurxo VI (1936-1952) e Isabel II (1952-)
  • 28. O mundo do deporte aínda hoxe segue a empregar o latín, como podes ver nesta diapositiva e na seguinte. Arriba temos unha medalla co lema olímpico: “Máis rápido, máis alto, máis forte”. Debaixo, nun disco de hoquei sobre xeo lese “Que leve a palma (da victoria) quen a mereza”. Por certo, o tema era o Himno Olímpico.
  • 29. Estes dous escudos pertencen a dous clubes de fútbol ingleses. No da esquerda, pertencente ó Everton F.C. (fundado en Liverpool en 1878) lemos “Nada é abondo se non é o mellor”. O da dereita (do Blackburn Rovers, fundado en 1875) contén tamén unha divisa en latín, que se pode traducir como “Con arte e esforzo”.
  • 30. IVS ET LEX dereito e lei
  • 31. mos, moris imperium, -i potestas, -atis constitutio, -onis IVS EST ARS BONI ET AEQVI IVSTITIA CAECA EST
  • 32. Desde que os plebeios conseguiron dos patricios que se consignase a lei por escrito, o Dereito tén percorrido un longo camiño, e segue. Todo o noso sistema de convivencia baséase no imperio da lei, establecida por escrito, non dunha persoa ou un grupo social. Todo iso comezou co Dereito Romano, base do Dereito occidental actual. LEGES XII TABVLARVM
  • 33. LATINE COTIDIE en latín todos os días
  • 34.  
  • 35. En fin: o latín segue vivo tamén en multitude de expresións que aínda lemos e empregamos a cotío, moitas veces sen decatarnos da súa procedencia. Ánimo para este curso, xa que Audaces Fortuna iuvat (“A Fortuna axuda ós audaces”)