SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
O manifesto
“MÁIS ALÁ”
(1922)
MANUEL ANTONIO
ÁLVARO CEBREIRO
O 28 de xuño de 1922 Manuel Antonio
redacta o manifesto coa leve colaboración do
debuxante Álvaro Cebreiro e comezan a
espallalo por toda a xeografía cultural da
época enviándoo a revistas francesas,
italianas e checoslovacas, unha
norteamericana e unha holandesa.
O texto galego ía coa tradución ao inglés e ao
francés.
Foi un manifesto xuvenil debedor da tradición
de manifestos franceses e ingleses.
A súa orixinalidade radica en que non se
adscribe a ningún movemento concreto e no
seu compromiso político: defesna da lingua,
proxecto republicano, loita política.
O xesto
● Un manifesto, pero non como todos os minifestos vangardistas:
“Non nos erguemos do xeito que o fan a maioría dos que noutras terras
publican manifestos máis ou menos literarios.
Case todos eles tentan arrecadar adeptos para algún novo “ismo” que aparece
querendo ser a derradeira verba da moderna Estética cando, en verdade, non
son máis que unha nova proba de que un snobismo operetesco invade a
Literatura.”
● Obxectivo do manifesto, criticar o pasado:
“Nós tentamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacábel
contra os vellos.”
Os vellos
● Definición e ataque aos galeguistas:
“Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos -aqueles son os
devanceiros. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos
séculos.
E a lei de sucesividade que nos fai respectar os devanceiros, é a mesma que nos
ergue e move para enterrar os vellos en vida, baixo a lousa inamovíbel da súa
vulgaridade, pola acefalia que supón o desexo de definir co pasado a hora de
hoxe.”
● Desprezo total para os seguidores dos devanceiros, que non achegan
nada novo.
"Pollitos bien"
● Dura crítica aos seguidores de Valle-Inclán, do que salva a súa modernidade.
“Comezaremos invocando a Valle-Inclán.
Mestre: Chamámoslle mestre por ser vostede o maestro da Xuventude Imbécil
de Galicia. Noso non; que, endebén, sabemos comparar a súa modernidade coa
covardía do débil que tan só pode vivir facendo claudicantes concesións ao
forte. Non tería o seu nome acollida nestas liñas se quixéramos tan só
chamarlle aquilo. Pero ten que ser ao falar dese fato de cabezas focas, nenos
foulard e de rubí, engaiolados polo innegábel prestixio da prosa e da ridícula
mentira dunha epopea aventureira que vostede, unha e outra, falsifican.”
A fala
● Defensa da lingua:
“Tamén nós temos, aínda que noutra orde, os nosos imperativos, e comezamos
pola máis agresiva intransixencia na Fala. (O autor é totalmente intransixente
na defensa do galego, sen ningunha concesión.)
Unha fala que non estea pervertida por académicos nin por puristas; que non
sufrise os estancamentos de verdugos armados de gramática que a
emparedasen nun feixe de regras como quen garda un mito en sete huchas
concéntricas, terá que ser unha fala de inmellorables posibilidades porque o seu
estado ceibe permitiralle axeitarse a todas as novidades, a todos os
variamentos porviristas que tome o noso gusto. E consentiralle o seu
indeliñamento ser cicelado de xeito que ela sexa un instrumento do artista e
non el escravo dela. (Ten que ser un galego persoal, libre de ataduras e
normativas, unha lingua nova.)
Pero hai aínda unha razón de orde suprema: a nosa Fala é nosa. Pospola a outra
calquera, é unha forma do suicidio.”

More Related Content

What's hot

Soc qüestionari mal de llengües jESÚS tUSON
Soc qüestionari mal de llengües jESÚS tUSONSoc qüestionari mal de llengües jESÚS tUSON
Soc qüestionari mal de llengües jESÚS tUSONjoanpol
 
Trabajo lengua mio cid con sus diferencias
Trabajo lengua mio cid con sus diferenciasTrabajo lengua mio cid con sus diferencias
Trabajo lengua mio cid con sus diferenciasAlejandroGmezGmez1
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismonoagaliza
 
O galego entre 1936 e 1975
O galego entre 1936 e 1975O galego entre 1936 e 1975
O galego entre 1936 e 1975laurafernanlopez
 
Etapas del realismo y el prerrealismo
Etapas del realismo y el prerrealismoEtapas del realismo y el prerrealismo
Etapas del realismo y el prerrealismoTania García
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Història de la llengua catalana 2 eso
Història de la llengua catalana 2 esoHistòria de la llengua catalana 2 eso
Història de la llengua catalana 2 esomontse.ciberta
 
Cantares de gesta. El Cantar de Mio Cid
Cantares de gesta. El Cantar de Mio CidCantares de gesta. El Cantar de Mio Cid
Cantares de gesta. El Cantar de Mio CidTeresaLosada
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
Contextualizacion el ingenioso hidalgo don quijote de la mancha
Contextualizacion el ingenioso hidalgo don quijote de la manchaContextualizacion el ingenioso hidalgo don quijote de la mancha
Contextualizacion el ingenioso hidalgo don quijote de la manchaMatías Dinamarca Avalos
 

What's hot (20)

Soc qüestionari mal de llengües jESÚS tUSON
Soc qüestionari mal de llengües jESÚS tUSONSoc qüestionari mal de llengües jESÚS tUSON
Soc qüestionari mal de llengües jESÚS tUSON
 
Trabajo lengua mio cid con sus diferencias
Trabajo lengua mio cid con sus diferenciasTrabajo lengua mio cid con sus diferencias
Trabajo lengua mio cid con sus diferencias
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 19768. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
 
As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 
O galego entre 1936 e 1975
O galego entre 1936 e 1975O galego entre 1936 e 1975
O galego entre 1936 e 1975
 
Etapas del realismo y el prerrealismo
Etapas del realismo y el prerrealismoEtapas del realismo y el prerrealismo
Etapas del realismo y el prerrealismo
 
Realismo y Naturalismo
Realismo y NaturalismoRealismo y Naturalismo
Realismo y Naturalismo
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Història de la llengua catalana 2 eso
Història de la llengua catalana 2 esoHistòria de la llengua catalana 2 eso
Història de la llengua catalana 2 eso
 
Cantares de gesta. El Cantar de Mio Cid
Cantares de gesta. El Cantar de Mio CidCantares de gesta. El Cantar de Mio Cid
Cantares de gesta. El Cantar de Mio Cid
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
Contextualizacion el ingenioso hidalgo don quijote de la mancha
Contextualizacion el ingenioso hidalgo don quijote de la manchaContextualizacion el ingenioso hidalgo don quijote de la mancha
Contextualizacion el ingenioso hidalgo don quijote de la mancha
 
O prerrexurdimento
O prerrexurdimentoO prerrexurdimento
O prerrexurdimento
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 

Similar to O manifesto "Máis Alá"

A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)Marlou
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroXoán Díaz
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerramelixanro
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 

Similar to O manifesto "Máis Alá" (20)

Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
Vangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalíaVangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalía
 
Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerra
 
Poesía das vangardas
Poesía das vangardasPoesía das vangardas
Poesía das vangardas
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Vivente risco
Vivente riscoVivente risco
Vivente risco
 

O manifesto "Máis Alá"

  • 2. O 28 de xuño de 1922 Manuel Antonio redacta o manifesto coa leve colaboración do debuxante Álvaro Cebreiro e comezan a espallalo por toda a xeografía cultural da época enviándoo a revistas francesas, italianas e checoslovacas, unha norteamericana e unha holandesa. O texto galego ía coa tradución ao inglés e ao francés. Foi un manifesto xuvenil debedor da tradición de manifestos franceses e ingleses. A súa orixinalidade radica en que non se adscribe a ningún movemento concreto e no seu compromiso político: defesna da lingua, proxecto republicano, loita política.
  • 3. O xesto ● Un manifesto, pero non como todos os minifestos vangardistas: “Non nos erguemos do xeito que o fan a maioría dos que noutras terras publican manifestos máis ou menos literarios. Case todos eles tentan arrecadar adeptos para algún novo “ismo” que aparece querendo ser a derradeira verba da moderna Estética cando, en verdade, non son máis que unha nova proba de que un snobismo operetesco invade a Literatura.” ● Obxectivo do manifesto, criticar o pasado: “Nós tentamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacábel contra os vellos.”
  • 4. Os vellos ● Definición e ataque aos galeguistas: “Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos -aqueles son os devanceiros. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos séculos. E a lei de sucesividade que nos fai respectar os devanceiros, é a mesma que nos ergue e move para enterrar os vellos en vida, baixo a lousa inamovíbel da súa vulgaridade, pola acefalia que supón o desexo de definir co pasado a hora de hoxe.” ● Desprezo total para os seguidores dos devanceiros, que non achegan nada novo.
  • 5. "Pollitos bien" ● Dura crítica aos seguidores de Valle-Inclán, do que salva a súa modernidade. “Comezaremos invocando a Valle-Inclán. Mestre: Chamámoslle mestre por ser vostede o maestro da Xuventude Imbécil de Galicia. Noso non; que, endebén, sabemos comparar a súa modernidade coa covardía do débil que tan só pode vivir facendo claudicantes concesións ao forte. Non tería o seu nome acollida nestas liñas se quixéramos tan só chamarlle aquilo. Pero ten que ser ao falar dese fato de cabezas focas, nenos foulard e de rubí, engaiolados polo innegábel prestixio da prosa e da ridícula mentira dunha epopea aventureira que vostede, unha e outra, falsifican.”
  • 6. A fala ● Defensa da lingua: “Tamén nós temos, aínda que noutra orde, os nosos imperativos, e comezamos pola máis agresiva intransixencia na Fala. (O autor é totalmente intransixente na defensa do galego, sen ningunha concesión.) Unha fala que non estea pervertida por académicos nin por puristas; que non sufrise os estancamentos de verdugos armados de gramática que a emparedasen nun feixe de regras como quen garda un mito en sete huchas concéntricas, terá que ser unha fala de inmellorables posibilidades porque o seu estado ceibe permitiralle axeitarse a todas as novidades, a todos os variamentos porviristas que tome o noso gusto. E consentiralle o seu indeliñamento ser cicelado de xeito que ela sexa un instrumento do artista e non el escravo dela. (Ten que ser un galego persoal, libre de ataduras e normativas, unha lingua nova.) Pero hai aínda unha razón de orde suprema: a nosa Fala é nosa. Pospola a outra calquera, é unha forma do suicidio.”