Marzo 2009 Palabra de Vida
«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar»  (Xn 16, 23)  .
O espectáculo máis absurdo que podes observar neste mundo é, por unha banda a presenza de homes desorientados, sempre en busca de algo, que, nas inevitables probas da vida, senten con angustia a necesidade de axuda e o sentimento de orfandade, e, doutra banda a realidade de Deus, Pai de todos, que mostra o seu maior anhelo en usar a súa omnipotencia para satisfacer os desexos e as necesidades dos seus fillos.
É como un baleiro que reclama ser enchido. É como un cheo que pide un baleiro. Pero non se atopan.
A liberdade da que o home está dotado pode causar tamén este dano.  Pero Deus non cesa de ser Amor para os que o recoñecen.  Escoita o que di Xesús:
«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
Aquí tes unha desas palabras ricas en promesas que, de cando en vez, Xesús repite no Evanxeo. A través delas ensínache, con matices e explicacións distintas, como obter o que necesitas.
Só Deus pode falar así. As súas posibilidades son ilimitadas. Ten no seu poder todas as grazas: as desta terra, as espirituais, as posibles e as imposibles.
Pero, escoita ben.  El suxíreche “como” tes que presentarte ao Pai para pedirllas. Di: “no meu nome”.  Se tes un pouco de fe estas tres breves palabras terían que darche ás.
Mira, Xesús, que viviu entre nós, coñece as infinitas necesidades que tes ti e que temos todos, e sente pena por nós. E por iso, na oración púxose El de intercesor e é coma se che dixese:
“ Vai ao pai da miña parte e pídelle isto e isto e despois aquilo”. El sabe que o Pai non pode dicirlle que non. É o seu fillo e é Deus.
Ti non vas ao Pai no teu nome, senón en nome de Cristo. O embaixador, como se adoita dicir, é só un mensaxeiro.  Cando vas ao Pai, en nome de Cristo, actúas como un simple mensaxeiro.  Os asuntos resólvense entre os dous interesados.
Así é como rezan moitos cristiáns que poderían dar testemuño das innumerables grazas que recibiron. Son unha demostración de que a paternidade de Deus, atenta e amorosa, coida deles cada día.
«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
Pero pode ser que agora ti me digas: “Pedín e pedín no nome de Cristo, e non acadei”.
Pode ser. Dicíache máis arriba que Xesús, noutras pasaxes do Evanxeo nas que invita a pedir, dá máis explicacións que quizais se che escaparon.
Di, por exemplo, que obtén quen “permanece” nel, que quere dicir na súa vontade.
Pode ser que ti pidas algo que non forma parte do designio que Deus ten para ti, e xa que logo El non o vexa útil para a túa existencia na terra ou na outra vida, ou mesmo o considere prexudicial.
Como te vai escoitar El, que é o teu pai, nestes casos? Enganaríate. E isto non o fará nunca.
Entón será útil que, antes de orar, acordes con El e lle digas: “Pai, eu pídoche isto en nome de Xesús, se cres que é bo”.
E se a graza que pides forma parte do plan que Deus -co seu amor- pensou para ti, cumprirase a palabra:   «O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
Tamén pode ser que ti pidas grazas, pero que non teñas a máis mínima intención de axeitar a túa vida ao que Deus che pide.  Pareceríache xusto que Deus te escoitase tamén neste caso?
El non quere darche só un don, senón a felicidade plena. E esta acádase tratando de vivir os mandamentos de Deus, as súas palabras. Non abonda con pensar nelas, nin sequera con meditalas, hai que vivilas.  Se fas así, obteralo todo.
En conclusión: queres acadar grazas?  Pide calquera cousa no nome de Cristo, atendendo primeiro de nada á súa vontade, coa decisión de obedecer a lei de Deus.
A Deus faino feliz conceder grazas; pero somos nós os que, desgraciadamente, pechámoslle as mans a maioría das veces.
«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
 

Palabra de Vida

  • 1.
  • 2.
    «O que llepidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar» (Xn 16, 23) .
  • 3.
    O espectáculo máisabsurdo que podes observar neste mundo é, por unha banda a presenza de homes desorientados, sempre en busca de algo, que, nas inevitables probas da vida, senten con angustia a necesidade de axuda e o sentimento de orfandade, e, doutra banda a realidade de Deus, Pai de todos, que mostra o seu maior anhelo en usar a súa omnipotencia para satisfacer os desexos e as necesidades dos seus fillos.
  • 4.
    É como unbaleiro que reclama ser enchido. É como un cheo que pide un baleiro. Pero non se atopan.
  • 5.
    A liberdade daque o home está dotado pode causar tamén este dano. Pero Deus non cesa de ser Amor para os que o recoñecen. Escoita o que di Xesús:
  • 6.
    «O que llepidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
  • 7.
    Aquí tes unhadesas palabras ricas en promesas que, de cando en vez, Xesús repite no Evanxeo. A través delas ensínache, con matices e explicacións distintas, como obter o que necesitas.
  • 8.
    Só Deus podefalar así. As súas posibilidades son ilimitadas. Ten no seu poder todas as grazas: as desta terra, as espirituais, as posibles e as imposibles.
  • 9.
    Pero, escoita ben. El suxíreche “como” tes que presentarte ao Pai para pedirllas. Di: “no meu nome”. Se tes un pouco de fe estas tres breves palabras terían que darche ás.
  • 10.
    Mira, Xesús, queviviu entre nós, coñece as infinitas necesidades que tes ti e que temos todos, e sente pena por nós. E por iso, na oración púxose El de intercesor e é coma se che dixese:
  • 11.
    “ Vai aopai da miña parte e pídelle isto e isto e despois aquilo”. El sabe que o Pai non pode dicirlle que non. É o seu fillo e é Deus.
  • 12.
    Ti non vasao Pai no teu nome, senón en nome de Cristo. O embaixador, como se adoita dicir, é só un mensaxeiro. Cando vas ao Pai, en nome de Cristo, actúas como un simple mensaxeiro. Os asuntos resólvense entre os dous interesados.
  • 13.
    Así é comorezan moitos cristiáns que poderían dar testemuño das innumerables grazas que recibiron. Son unha demostración de que a paternidade de Deus, atenta e amorosa, coida deles cada día.
  • 14.
    «O que llepidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
  • 15.
    Pero pode serque agora ti me digas: “Pedín e pedín no nome de Cristo, e non acadei”.
  • 16.
    Pode ser. Dicíachemáis arriba que Xesús, noutras pasaxes do Evanxeo nas que invita a pedir, dá máis explicacións que quizais se che escaparon.
  • 17.
    Di, por exemplo,que obtén quen “permanece” nel, que quere dicir na súa vontade.
  • 18.
    Pode ser queti pidas algo que non forma parte do designio que Deus ten para ti, e xa que logo El non o vexa útil para a túa existencia na terra ou na outra vida, ou mesmo o considere prexudicial.
  • 19.
    Como te vaiescoitar El, que é o teu pai, nestes casos? Enganaríate. E isto non o fará nunca.
  • 20.
    Entón será útilque, antes de orar, acordes con El e lle digas: “Pai, eu pídoche isto en nome de Xesús, se cres que é bo”.
  • 21.
    E se agraza que pides forma parte do plan que Deus -co seu amor- pensou para ti, cumprirase a palabra: «O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
  • 22.
    Tamén pode serque ti pidas grazas, pero que non teñas a máis mínima intención de axeitar a túa vida ao que Deus che pide. Pareceríache xusto que Deus te escoitase tamén neste caso?
  • 23.
    El non queredarche só un don, senón a felicidade plena. E esta acádase tratando de vivir os mandamentos de Deus, as súas palabras. Non abonda con pensar nelas, nin sequera con meditalas, hai que vivilas. Se fas así, obteralo todo.
  • 24.
    En conclusión: queresacadar grazas? Pide calquera cousa no nome de Cristo, atendendo primeiro de nada á súa vontade, coa decisión de obedecer a lei de Deus.
  • 25.
    A Deus fainofeliz conceder grazas; pero somos nós os que, desgraciadamente, pechámoslle as mans a maioría das veces.
  • 26.
    «O que llepidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
  • 27.