1. “ Velaquí a escrava do Señor. Cúmprase en min o que dixeches” ( Lc 1, 38) 25 de marzo Fiesta de la Anunciación del Ángel a María Marzo 2011
2. Parece dicirnos: “Queres que faga de ti e da túa vida unha obra de arte? Sigue o camiño que che indico e serás quen sempre fuches no meu corazón,
3. Tamén a nós, como a María, Deus quere desvelarnos o que pensou sobre cada un de nós, quere darnos a coñecer a nosa verdadeira identidade.
4. Pois pensei en ti e ameite desde toda a eternidade, pronunciei o teu nome. Ao dicirche a miña vontade, revelo o teu verdadeiro eu".
5. Por conseguinte, a súa vontade non é unha imposición que nos coarta, senón o modo de desvelar o seu amor por nós, o seu proxecto sobre nós; e é sublime como Deus mesmo, fascinante e cativador como o seu rostro: é El mesmo quen se dá.
6. A vontade de Deus é un fío de ouro, unha trama divina que tece toda a nosa vida terrea e a do máis alá; vai da eternidade á eternidade: primeiro na mente de Deus, logo nesta terra e, por último, no Paraíso.
7. Pero para que o designio de Deus se cumpra plenamente, Deus pide o meu consentimento e o teu, como llo pediu a María. Só así se realiza a Palabra que pronunciou sobre min, e sobre ti. De modo que tamén nosoutros, como María, estamos chamados a dicir:
8. “ Velaquí a escrava do Señor. Cúmprase en min o que dixeches“ ( Lc 1, 38)
9. Sen dúbida, a súa vontade non sempre nos resulta clara. Como María, nós tamén teremos que pedir a luz para comprender o que Deus quere.
10. É necesario escoitar ben a súa voz dentro de nós, con absoluta sinceridade, e se é necesario, pedirlle consello a quen nos poida axudar. Pero unha vez que teñamos comprendido a súa vontade, digámoslle si de inmediato.
11. Pois se temos comprendido que a súa vontade é o máis grande e fermoso que poida existir na nosa vida, non nos resignaremos a “ter que" facer a vontade de Deus,
12. senón que nos alegraremos de "poder“ facer a vontade de Deus, de poder levar a cabo o seu proxecto, de modo que aconteza o que El pensou para nós. É o mellor que podemos facer, o máis intelixente.
13. Con todo, ás veces o que El nos pide pode parecernos absurdo. Pareceríanos mellor facer as cousas doutro xeito; quixermos levar nós as rendas da nosa vida.
14. Incluso podemos ter ganas de aconsellar a Deus, de dicirlle qué facer e qué non.
15. Pero se creo que Deus é amor e me fío del, sei que todo o que predispón para a miña vida e a dos que me rodean é polo meu ben, polo seu ben.
16. Entón entrégome a El, abandónome con plena confianza á súa vontade e quéroa con todo o meu ser, ata identificarme con ela, pois sei que acoller a súa vontade é acollelo a El, abrazalo a El, nutrirse del.
17. Debemos crer que nada sucede por casualidade. Ningún acontecemento alegre, indiferente ou doloroso, ningún encontro, ningunha situación familiar, laboral, ou escolar, ningún estado de saúde física ou moral carece de sentido,
18. senón que todo – feitos, situacións e persoas – nos trae unha mensaxe de parte de Deus, todo contribúe a que se cumpra o designio de Deus, o cal iremos descubrindo pouco a pouco, día a día, se facemos, como María, a vontade de Deus.
19. As palabras de María – “Velaquí a escrava do Señor" – son, pois, a nosa resposta de amor ao amor de Deus. Esas palabras mantéñennos sempre orientados cara a El, á escoita, en actitude de obediencia, co único desexo de facer a súa vontade para ser como el quere que sexamos.
20. “ Velaquí, a escrava do Señor. Cúmprase en min o que dixeches“ ( Lc 1, 38)
21. Como vivir pois, esta Palabra? O noso si á Palabra de Deus significa concretamente facer ben, por completo, en cada momento, esa acción que a vontade de Deus nos pide.
22. Estar plenamente concentrados nese labor, eliminando todo o demais, descartando pensamentos, desexos, recordos e accións que se refiran a outra cousa.
23. Digámolo antes de cada acción: “Así sexa", “fágase". e completaremos momento a momento, tesela a tesela, o marabilloso, único e irrepetible mosaico da nosa vida, que o Señor concibiu desde sempre para cada un de nós.
24. Ante calquera vontade de Deus - dolorosa, alegre ou indiferente - podemos repetir: “Fai comigo como dis", ou ben, como nos ensinou Xesús no Noso Pai: “fágase a túa vontade".
25. “ Velaquí a escrava do Señor. Cúmprase en min o que dixeches“. ( Lc 1, 38) “ Palabra de Vida” Texto de: Chiara Lubich, Publicada en Vida Nueva, decembro 2002 . Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, tamén ao galego, alcanzando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, TV e vía internet. Fin