«Se alguén mequere seguir, que renuncie a si mesmo, que cargue coa cruz de cada día, e que me siga» (Lc 9, 23) .
3.
Non creas que,porque estás no mundo, podes mergullarte nel como peixe na auga.
4.
Non creas que,porque o mundo entre na túa casa a través da radio e a televisión, estás autorizado a escoitar ou a ver calquera programa.
5.
Non creas que,porque camiñas polas rúas do mundo, podes mirar impunemente todos os carteis e podes mercar no quiosco ou na libraría calquera publicación sen discriminación algunha.
6.
Non creas que,porque estás no mundo, podes asumir calquera modo de vivir do mundo: as experiencias fáciles, a inmoralidade, o aborto, o divorcio, o odio, a violencia, o roubo .
7.
Non, non. Tiestás no mundo. Que dúbida cabe? Pero ti non es do mundo . E isto supón unha gran diferencia.
8.
Isto clasifícate entreos que non se nutren das cousas que son do mundo, senón daquelas que che expresa a voz de Deus dentro de ti.
9.
Esta voz atópaseno corazón de cada home e faite entrar -se a escoitas- nun reino que non é deste mundo, onde se vive o amor verdadeiro, a xustiza, a pureza, a mansedume, a pobreza, onde rexe o dominio de si mesmo.
10.
Por que semarchan moita mocidade a Oriente, por exemplo á India, para atopar un pouco de silencio e captar o segredo dalgúns grandes mestres espirituais que pola longa mortificación do propio eu inferior, deixan translucir un amor (...) que impresiona a todos os que se lles achegan?
11.
É a reacciónnatural contra o barullo do mundo, contra o ruído que hai fóra e dentro de nós, que non deixa sitio ao silencio para escoitar a Deus. Ai de min! Pero fai falta realmente ir á India, cando desde hai dous mil anos Cristo díxoche: «renuncia a ti mesmo, renuncia a ti mesmo»?
12.
O mundo empúxatecomo un río desbordado e ti tes que nadar contra corrente. A vida cómoda e tranquila non é propia do cristián; e Cristo non pediu e non che pide menos, se o queres seguir .
13.
O mundo, parao cristián, é unha selva densa na que hai que ver onde se poñen os pés .
14.
E onde haique polos? Nesas pegadas que Cristo mesmo che marcou ao pasar sobre esta terra: son as súas palabras. Hoxe El vólveche dicir:
15.
«Se alguén mequere seguir, que renuncie a si mesmo...». …”.
16.
Isto quizais teexporá ao desprezo, á incomprensión, ás burlas, á calumnia; deixarate illado, terás que aceptar perder a túa sona e deixar un cristianismo que está de moda. Pero aínda máis:
17.
«Se alguén mequere seguir, que renuncie a si mesmo, que cargue coa cruz de cada día, e que me siga»
18.
Quéiralo ou non,a dor amárganos a existencia a todos. Tamén a ti. E todos os días contamos con pequenas ou grandes mágoas. Queres esquivalas? Rebélaste? Véñenche ganas de maldicir? Entón non es cristián.
19.
O cristián amaa cruz que chega, ama a dor que chega, aínda no medio das bágoas, porque sabe que teñen valor. Non por nada entre os innumerables medios que Deus tiña á súa disposición para salvar á humanidade, elixiu a dor feito amor, mellor, o amor levado ao extremo.
20.
Pero El -recórdao- logo de levar a cruz e ser cravado nela, resucitou.
21.
A resurrección étamén o teu destino, se no canto de desprezar a dor que che procura a túa coherencia cristiá e todo o que a vida che manda, sabes aceptalo con amor, sabes transformalo en amor . Mentres poidas facer algo por superalo, faino. Onde no chegues: acepta, ofrece, ama.
22.
E xa nonenvexarás a ninguén. Entón poderaste chamar seguidor de Cristo: Entón experimentarás que a cruz, expresión máxima do amor e do amor levado ata o extremo, é o camiño, xa desde esta terra, cara a unha alegría endexamais experimentada; a vida da túa alma comezará a crecer: o reino de Deus en ti adquirirá consistencia e fóra o mundo desaparecerá pouco a pouco dos teus ollos e parecerache de cartón.
23.
«Se alguén mequere seguir, que renuncie a si mesmo, que cargue coa cruz de cada día, e que me siga»
24.
E como Cristo,ao que seguiches, serás luz e amor para as innumerables chagas que desgarran á humanidade de hoxe
25.
D a M i s a . . . Á M i s i ó n "TESTIGOS do SEÑOR" Plan Pastoral Diocesano 2008-09 Diocese de Santiago de Compostela