PROYECTO COMÚN
1. Título:“TUI, HISTORIA E NATUREZA”
Este proxecto está dirixido ás etapas de Educación Infantil e Primaria,
participarán todos os cursos so centro e veránse implicadas áreas como
Lengua, Lingua, Coñecemento do medio, Matemáticas, Plástica e Música.
Para levar a cabo este proxecto, dividimos as temáticas a traballar nos
diferentes ciclos:
Infantil: O Río Miño
1º Ciclo: Os deportes e a pesca no Río Miño.
2º ciclo: O Monte Aloia.
3º ciclo: Tui, cidade histórica e a música en Tui a través da historia.
2- Producto final desexado:
Libros-dossier elaborados polo alumno sobre as diferentes temáticas a
traballar e que será un material de consulta para a biblioteca do centro.
Creación dun Power Point con toda a información escrita, fotos,
debuxos, vídeos e incluso audios e partituras.
Exposición oral dos traballos realizados á Comunidade Educativa.
Participar en Monumenta presentando o proxecto
(http://galiciamonumenta.wordpress.com/)
Audioconto sobre o Río Miño.
2.
3- Calendario derealización:
Este é o primerio Proxecto Documental Integrado que se propón dende
Biblioteca, xa que temos moitas dúbidas de cómo levalo a cabo decidimos
comenzar no 2º trimestre para ter rematado a finais do terceiro trimestre. Cada
titor/a decidirá en qué momento traballará sobre o Proxecto.
4- Contexto e xustificación do proxecto en relación coas
competencias básicas, currículo e necesidades e intereses do
alumnado.
O CEIP Plurilingüe de Guillarei é un centro situado nunha zona rural que
pertence á localidade de Tui, pobo fronteirizo con Portugal, separado
únicamente polo Río Miño.
A pesar de ser un lugar moi coñecido en Galicia, dámonos conta de que o noso
alumnado descoñece moitas das riquezas tanto históricas, culturais e naturais
que Tui posúa, motivo polo cal nos animamos a desenvolver este Proxecto.
4.1-Relación entre a secuencia de traballo e as competencias básicas:
Os obxectivos específicos que se pretenden conseguir a través das
competencias básicas son:
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
Identificar o patrimonio natural, cultural, histórico e artístico galego
diferenciándoo doutras comunidades, identidades e Estados e
participando na súa defensa e conservación.
Identificar, analizar e valorar críticamente a intervención humana no
medio e o seu impacto a corto e longo prazo.
Saber describir un espazo natural e comprender a importancia de
protexer os ecosistemas e comprender que todos os seres vivos,
incluídos os seres humanos, somos parte dun ecosistema.
Recoñecer os diferentes tipos de peixes que hai no Río Miño, así como
o percorrido que fai dende o seu nacemento ata a súa desembocadura.
Situar os edificios máis significativos de Tui nun plano.
Competencia cultural e artística
Valorar e compartir manifestacións artísticas do patrimonio cultural
galego apreciando a súa riqueza e diversidade.
3.
Seleccionar astécnicas e materiais de debuxo que levaremos a cabo,
acuarela, témpera, ceras…
Buscar diferentes músicas que falen dos ríos ou estean relacionados
cos mesmos.
Coñecer a través da música cómo era a forma de vida de cada época.
Aprender as diferencias entre a música culta e a música tradicional e,
moi importante, aprender a respetar tanto unha como a outra.
Aprender tamén as diferencias entre ser compositor e ser intérprete.
Debuxar o Camiño de Santiago co nome das rúas marcando os edificios
más representativos que nel se atopan.
Competencia na comunicación lingüística.
Utilizar a lingua eficazmente na actividade escolar tanto para buscar,
recoller, seleccionar, contrastar, transformar e procesar a información,
como para escribir textos propios de ámbito académico.
Escribir, resumir e comprender a información dada de maneira oral.
Elaborar o conto, utilizando para elo a expresión escrita e oral. Tamén é
importante a comprensión lectora que faremos da información que os
alumnos vaian recopilando.
Presentar de maneira oral un traballo realizado por eles.
Competencia matemática
Emplear o coñecemento matemático para comprender, valorar e
producir informacións e mensaxes sobre feitos e situacións da vida
cotidiana e recoñecer o seu carácter instrumental para outros campos.
Traballar as distancias, así como tamén cantidades, gráficos....
Realizar e interpretar un rueiro.
Pasar a Km os cm que mide o Camiño de Santiago que cruza Tui,
utilizando a escala que teña o rueiro.
Competencia de aprender a aprender
Aprender a facer un traballo en grupo basado na colaboración.
Aprender a buscar e organizar a información conseguida.
Aprender a preparar e facer unha entrevista.
Tratamiento da información e competencia dixital.
Utilizar de maneira correcta as tecnoloxías da información e de
comunicación, a biblioteca e calquera outro recurso pertinente do que se
dispoña, tanto no cálculo como na búsqueda, tratamiento e
representación de información varias.
4.
5-Secuencia detallada detraballo:
Tal e como explicamos ao inicio, repartiránse as temáticas a traballar por
ciclos, polo que establecemos as actividades que se van a realizar da seguinte
maneira:
O RÍO MIÑO
Será traballado polo alumnado de Infantil e 1º ciclo.
Infaltil farase cargo de tratar a fauna máis destacada do Río, para elo
realizarase un traballo de investigación a través de Internet e de libros.
1º ciclo tratará un pouco o percorrido do río e os tipos de pesca e de deportes
que no Río se practican.
O primeiro que se levará a cabo será a recollida de infomación. Posteriormente
e en grupos de catro, aplicarán a estructura do folio xiratorio para inventar un
conto sobre o río e os peixes que podemos atopar nas súas augas. Unha vez
rematado o conto, toca gravar as voces dos nenos. Aquí, os nenos de maneira
colectiva decidirán quén será o que faga de cada personaxe.
Na saída que se realizará, os alumnos irán ata a Comandancia da
Marina en Tui e unha vez alí collerán o barco que fará un percorrido polo río.
Ademáis, nos xardíns da comandancia hai diferentes tipos de redes que se
utilizan na pesca no río, un marine explicaranos como se utilizan.
MONTE ALOIA
Será traballado polos alumnos de 2º ciclo.
Ideas previas e recollida de información:
Presentando dúas imáxenes, onde aparece unha foto antiga e
actual do Monte, saber qué coñecen del e recoller datos.
Será a primera actividade e farase en gran grupo para obter a información do
que xa sabemos e do que queremos saber.
5.
Relato persoal:
Preguntará xente maior cercana a nós qué información nos poden aportar
sobre o Monte, cambios uq tivo, se houbo algún incendio importante, animais
que nel habitan…. A información recollida exporase na clase de maneira
individual.
A partir de ahí desenvolveránse o resto de actividades.
Actividades de Motivación
Saída ao Monte con visita guiada, aproveitarase esta saída para recoller a
información que precisamos do guía e tomar fotos.
Visitaremos o Centro e Interpretación do Parque onde recolleremos moita
información sobre o Parque.
A visita realizarase en gran grupo, coas preguntas que precisamos responder
preparadas.
Actividades de Desenrolo.
Estas actividades faranse en grupos de 4, haberá un coordinador, que velará
para que todo o equipo funcione correctamente, todas as actividades
realizaránse entre todos cambiando os roles segundo sexa a actividade.
A actividade a realizar será a creación do noso dossier: fauna, flora e sendas.
TUI E A SÚA HISTORIA
Para os alumnos de 3º ciclo.
Recoller información
A nivel de todo o grupo, buscamos información sobre Tui, con folletos, libros
sobre a súa historia, en internet…, buscamos un rueiro e traballaremos sobre
el.
Por grupos (de 4 o 5 alumnos/as) centraránse nun edificio representativo de
Tui. Explicando o seu nome, onde se localiza no rueiro (terán un por grupo),
nome da rúa, todos os datos que poidan aportar. Cada membro do grupo terá
unha función que elexirán entre eles (portavoz, secretario, moderador,
coordinador)
Gran grupo: No rueiro (google maps) que veremos na PDI, marcaremos o
camiño de Santiago que pasa por Tui. Segundo vaiamos marcando, os grupos
estarán atentos para localizar no seu paso, si é que está, o edificio estudiado.
Si é así, explicarán a información que teñen preparada.
6.
Traballo individual
Matemáticas: Pasarána Km os cm que mide o Camiño de Santiago que cruza
Tui, utilizando a escala que teñan do rueiro.
Plástica: Debuxarán o Camiño de Santiago co nome das rúas marcando
os edificios máis representativos que nel se atopan.
Durante a salida
Realizarán fotografías, comprobarán se o seu plano corresponde á realidade.
Levarán unha libreta de notas onde apuntarán aspectos que lle chamen a
atención.
Después da visita
Realización dun Power Point. En grupos clasificarán as fotografías ás que
acompañarán cun pequeno texto. Elixirán a música que se porá de fondo.
A MÚSICA EN TUI A TRAVÉS DA SÚA HISTORIA
Os estudantes repartiránse en tres grupos:
- os que investigarán sobre o gaiteiro de Guillarei (música tradicional)
- os que lo farán sobre os músicos de banda (música popular)
- os que traballarán sobre o archivo da Catedral (música culta)
O reto inicial é descrubrir a importancia dos músicos históricos da nosa
parroquia, Guillarei, e coñecer o arquivo musical da Catedral de Tui.
RECURSOS
Emplearemos TIC: ordenadores, búsqueda en google, actividades no blogue
de aula (Abalar), procesador de textos e utilizaremos o mapa mental
(freemind).
Uso da biblioteca do centro para a búsqueda en material bibliográfico.
Utilizaremos o Slideshare para unificar todos os traballos e poder
compartilos con toda a Comunidad Educativa, así o poderemos colgar
no blogue e que poida chegar ás familias.
A PDI.
Cámara de fotos dixital.
7.
5-Indicadores de éxitodo proxecto:
O alumno adquiriu novas habilidades cognitivas en torno ao tema do
proxecto como fonte de aprendizaxe a través da súa propia interacción.
Os alumnos melloraron na búsqueda de información que precisaban e
na su competencia dixital.
O grado de dificultade para levar a cabo o proxecto foi o adecuado para
os alumnos de cada ciclo.
Empregáronse técnicas e recursos válidos para poder guiar aos nosos
alumnos a levar a cabo a tarefa de enseñanza-aprendizaxe.
Os alumnos a través da súa propia práctica e participación nas
actividades propostas neste proxecto educativo coñecen máis sobre Tui
e a súa historia.
6- Estratexia de evaluación e mecanismos de recollida de
datos:
Criterios a evaluar Instrumentos de avaluación Cándo?
FASE
INICIAL
Cómo recollen información
directa: familiares, veciños,
amigos
Cuestionarios Ao principio
Elaboración cuestionario
para a entrevista
Rúbrica Ao principio
Uso de material de
consulta da biblioteca
Diario de aprendizaxe Ao principio
Búsqueda de propuestas e
actividades para integrar
no proxecto
Diario de aprendizaxe Ao principio
FASE
DE
DESARO-
LLO
Comportamiento e actitude
nas salidas externas ao
centro
Observación directa Durante a salida
Traballo en equipo. Diario de aprendizaxe e
observación directa
Durante a elaboración do
proxecto
Uso de material TIC para o
proxecto.
Rúbrica Durante a elaboración do
proxecto
Cómo realizan as
entrevistas ás persoas
externas que visitan o
centro.
Rúbrica Ao principio
Contacto coas
organizacións
colaboradoras para os
movimientos de entrada e
salida.
Diario de aprendizaxe Ao principio
8.
Participación das
organizacións
colaboradoras
Cuestionarios Durantetodo o proceso
PRODUCTO
FINAL
Exposición de murais e
dossiers
Rúbrica Ao final
Creación de materiais. Rúbrica Ao final
Creación de traballos a
través de TIC(Power Point)
Rúbrica Durante o proceso e ao
final
7- Función e participación da biblioteca escolar en todo o
proceso:
A biblioteca propuxo este proxecto ao principio de curso, é a primeira
vez que realizamos un proxecto documental integrado polo que nos
xurdiron moitas dúbidas, pero eran moitas as ganas que tiñamos de
levalo a cabo e contabamos con todo o apoio do Claustro.
Recopilamos toda a documentación existente no centro, así como
os materiais e recursos didácticos relevantes, independentemente do
soporte.
Organizamos os recursos de tal xeito que foran fácilmente
accesibles e utilizables e facer posible o seu uso cando se
precisaban. Para iso a biblioteca estaba aberta todo o horario
escolar.
Axudamos na búsqueda, análise e tratamento da información e a
documentación, utilizamos os nosos portátiles e en todos os recreos
había unha integrante do equipo de biblioteca para asesorar.