Sapoconchos II
acuáticos
MonDaporta AS LIDEIRAS DE ROQUE
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
…e se os de terra eran moitos… irse preparando
porque da auga e dos lameiros aínda quedan uns cantos
tartaruga caimán (Macrochelys temminckii). Vive na cunca
do río Missisippi no surleste dos EE.UU.. Recoñécese pola
súa gran cabeza e por ter o rabo longo. É unha das
trartarugas de auga doce máis grandes. Pode medir máis
de 75 cm de longo e acadar os 80 kg. É carnívora, cando
nova, e omnívora de grande. Ten na punta da lingua un
apéndice vermiforme que move para atraer aos peixes.
tartaruga mordedora do Suwannee
(Macrochelys suwanniensis). Só se atopa na
cunca do río Suwannee , entre Florida e
Xeorxia, Estados Unidos. Pode medir ata 1,5 m
de longo e pesar máis de 150 kg. é carnívora e
cazadora. Pon entre 10 e 50 ovos que taradan
entre 80 e 130 días en eclosionar. Faise adulta
entre os 11 e 13 anos e pode vivir máis de 100.
(Macrochelys apalachicolae) Tartaruga mordedora apalachícola. Só se atopa na cunca do
río Apalachicola, e outros próximos, nos eatados de Xeorxia e Alabama, Estados Unidos.
Pode medir ata 1,5 m de longo e pesar máis de 150 kg. é carnívora e cazadora. Pon entre 10
e 50 ovos que taradan entre 80 e 130 días en eclosionar. Faise adulta entre os 11 e 13 anos
e pode vivir máis de 100.
(Chelidra acutirostris). Atópase, en augas pouco fondas con fondo lamacento e vexetación
abundante, desde o sur de México ata Colombia. Mide de 20 a 45cm, cun rabo tan longo
como a cuncha, e pesa de 5 a 16 kg. aliméntase de animais mortos, invertebrados, peixes,
aves, mamíferos pequenos e vexetación acuática.pon uns 20 ovos que tardan en
eclosionar entre tres e cuatro meses. Pode vivir máis de 40 anos.
(Chelidra rossignonii) tortuga mordedora mexicana. É nativa dos pantanos, lagos e
correntes lentas, con fondos fondos lamacentos e vexetación abundante, das terras
baixas do Atlántico do sur de México, Belice, Guatemala e Honduras. caparazón longitud
de 38,9 cm. Aliméntase de pequenos animais e plantas acuáticas. Pon de 20 a 30 ovos
entre abril e xuño que tardan entre dous e catro meses en eclosionar.
(Chelydra serpentina) tortuga mordedora , tortuga lagarto común, talaman ou bache.
Vive en áreas con augas abundantes de fondos lamacentos e con moita vexetación, entre o
sur do Canadá e Ecuador. Ten unha cuncha de ata 60 cm de lonxitude. É carnívora, caza, de
noite, toda clase de animais, tamén aproveita restos e come algúns vexetais. Pon de 20 a
30 ovos. que eclosionanentre 2 e 5 meses despois da posta. Fanse adultas entre os 5 e os 7
anos.
tartaruga branca ou tortuga de Tabasco (Dermatemys mawii). Nocturna e acuática. Habita en
grandes ríos e lagos desde o sur de México ata o norte de Honduras. Pode medir ata 60 cm e
pesar ata 25 kg. Aliméntase de vexetais. Pon de 6 a 20 ovos en ata tres postas.
sapoconcho de peito partido de Tabasco (Kinosternon acutum). Atópase no sur de
México, Belice e Guatemala. Pode medir de 10 a 12 cm. É omnívoro. Pon varias veces ao
ano, un só ovo de cada vez que eclosiona entre os 4 e os 6 meses despois da posta.
Sapoconcho de pantano de los Álamos (Kinosternon alamosae). Atopase en Sonora e
Sinaloa, México. Mide uns 13 cm. No peto ten bisagras.
Sapoconcho de pantano de América Central (Kinosternon angustipons). É endémico de
América Central onde vive en pequenos ríos e lagoas. Pode medir ata 12 cm. É omnívoro .
Aliméntase de plantas e insectos.
sapoconcho do fango estriado (Kinosternon baurii). Habita en Estados Unidos, nas
correntes lentas, pouco fondas, e nos pantanos das zonas costeiras desde Virxinia ata
Florida. Pode medir ata 13 cm de longo. Aliméntase de vexetais e pequenos animais. Fai ata
3 postas de entre 1 e 6 ovos. fanse adultos aos 5 ou 6 anos.
Sapoconcho do barro de Arizona (Kinosternon arizonense). Atópase en pasteiros e lameiros
de zonas semidesérticas de Arizona ( Estados Unidos ) e Sonora ( México ). Pode medir ata
13 cm. Pon de 1 a 7 ovos.
sapoconcho de pantano de Jalisco (Kinosternon chimalhuaca). Endémico de México. As
femias som máis pequenas ca os machos. Miden entre 13 e 16 cm. e fundamentalmente
carnívoro. As femias fan varias postas ao ano nas que depositan entre 2 e 5 ovos cada vez.
sapoconcho de pantano de Creaser (Kinosternon creaseri). É endémico de lameiros de
sitios secos do Iucatán e zonas próximas, de México. Pode medir de 11 a 13 cm. Aliméntase
de pequenos animais e algún froito. Pon un ovo cada vez pero realiza varias postas.
Sapoconcho de pantano colombiano, morrocoy de Dunn ou cabeza de trozo
(Cryptochelys dunni). É endémico das zonas pantanosas e regatos dos bosques tropicais
húmidos do departamento colombiano de Chocó. Miden entre 15 e 18 cm. Os machos
son os máis grandes. Aliméntase de animais acuáticos. Pon 1 ou 2 ovos.
Sapoconcho de pantano de Durango (Kinosternon durangoense). É endémico dos regatos
e pantanos das zonas secas entre os estados de Chihuahua, Coahuila e Durango, México.
Sapoconcho da lama marelo (Kinosternon flavescens). Atópase en pantanos do centro sur
dos EE. UU. e no norte de México. Pode medir uns 16 cm. É carnívoro, aínda que completa a
súa dieta con vexetais. Pon varias veces ao ano entre 1 e 6 ovos que eclosionan no outono
ou na primavera seguinte.
sapoconcho de Herrera (Kinosternon herrerai). Atópase polo leste de Mexico. en regatos
e pantanos. Pode medir entre 11 e 17 cm de longo (os machos son os máis grandes).
Sapoconcho de patas rugosas (Kinosternon hirtipes). Atópase en México e en Texas, en
masas de auga a certa altitude. Pode medir e3ntre 15 e 18 cm. aliméntase de pequenos
animais e de vexetais. Pon de 1 a 6 ovos. fanse adultos arredor dos 6 anos. Recoñécense 6
subespecies: K. h. hirtipes, do Val de México, K. h. chapalaense, da área do lago Chapala e da
lagoa Zapotlán, K. h. magdalense, do Val de Magdalena (Michoacán), K. h. murrayi, que se
atopa desde Chihuahua ata o sur de Texas (USA), K. h. tarascense, do lago Pátzcuaro de
Michoacán.
Individuo da subespecie murrayi
sapoconcho do fango mexicano (Kinosternon integrum). Habita en rios lentos, lagoas e
pantanos de distintas zonas de México. Pode medir ata 21 cm (os machos son os máis
grandes). Aliméntase de pequenos animais.
Sapoconcho do fango de boca branca (Kinosternon leucostomum ). Atópase en correntes
lentes e outras masas de auga desde o sur de México ata Ecuador. Mide, habitualmente uns
15 cm de longo. É carnívoro. Pon entre 2 e 6 ovos que eclosionan arredor dos 4 meses despois
da posta. Recoñécense as subespecies: K.l. leucostomum,do sur de México, Guatemala, Belice,
Honduras e Nicaragua; e K.l. postinguinale, de Costa Rica, Panamá, Colombia e Ecuador.
sapoconcho do fango de Oaxaca (Kinosternon oaxacae). É endémico do estado de Oaxaca,
México. Pode medir uns 17 cm de longo.
Sapoconcho estoxo, tartaruga estoxo, tapa cu e casquito escorpión (Kinosternon
scorpioides). Vive en lagoas e ríos de América tropical desde México ata o norte da Arxentina.
pode medir entre 15 e 18 cm de lonxitude(os machos son os máis grandes). Aliméntase de
pequenos animais. Pon entre 2 e 9 ovos. tamén é coñecida como tartaruga escorpión porque
ten o rabo rematado nunha uña. Recoñécense varias subespecies: K.s. abaxillare ,de Chiapas
(México); K.s. albogulare desde, Honduras a Panamá; K.s. carajensis, do sur de Pará (Brasil);
K.s. pachyurum, de Bolivia; K.s. panamense, de Panamá; K.s. scorpioides, de Panamá,
Colombia, Ecuador, norte de Perú zonas de Brasil e Bolivia; K.s. seriei, do sur de Bolivia, leste
de Paraguai e norte de Arxentina; e K.s. cruentatum, do surleste de México a O Salvador.
Sapoconcho de pantano de Sonora (Kinosternon sonoriense). Atópase en Chihuahua e
Sonora, Mexico, e Arizona e Novo México, Estados Unidos. Pode medir de 8 a 16 cm de
longo. Aliméntase pequenos animais. Fai ata catro postas ao ano de ata 10 ovos que tardan
case un ano en eclosionar. Recoñécense 2 subespecies: K. s. sonoriense e K. s. longifemorale
Exemplar da subespecie hipocrepis
sapoconcho de pantano do leste ou tartaruga de pantano común (Kinosternon subrubrum)
atópase en pozas, lagoas e outros hábitats de agua doce de case toda a metade leste dos
Estados Unidos. Pode medir entre 7 e 10 cm de lonxitude. Aliméntase de pequenos animais.
Recoñécense as subespecies: K. s. subrubrum, a especie tipo ou tartaruga de pantano do
leste, K. s. hippocrepis, tartaruga de pantano do Mississippi, e K. s. steindachneri , tartaruga
de pantano de Florida.
Sapoconcho cheirento carenado (Sternotherus carinatus). Orixinario de zonas de corrente
lenta e augas quedas do sur dos Estados Unidos. Pode medir entre 13 y 16 cm (os machos
son os máis grandes). Aliméntase de pequenos animais. Pon 4 ou 5 ovos que eclosionan aos
3 meses. Fanse adultos entre os 4 e os 5 anos.
Sapoconcho amiscleiro aplanado (Sternotherus depressus). É endémico do norte de Alabama
(Estados Unidos). Mide entre 7,5 e 10 cm de longo. Aliméntase de pequenos animais. Viven
máis de 20 anos en cautividade.
Sapoconcho cheirento cabezón (Sternotherus minor). É nativa do surleste dos Estados
Unidos. Pode medir entre 10 e 12 cm (os machos son os máis grandes). Poñen 2 veces ao
ano, uns 5 ovos cada vez que eclosionan entre 2 e 3 meses despois.fanse adultos entre os 4
e os 7 anos de vida (os machos primeiro). Recoñécense 2 subespecies: S.m. minor, de
Xeorxia, Alabama e Florida; e S.m. peltifer, de Tennessee, Virxinia, Kentucky, Alabama e
Mississippi
Individuo da subespecie peltifer
Sapoconcho cheirento común ( Sternotherus odoratus). Atópase por todo o leste dos
Estados Unidos e no surleste de Canadá. Mide entre 12 e 13 cm de lonxitude. É omnívoro.
Pon, ata 3 veces ao ano, entre 3 e 9 ovos. pode vivir máis de 40 anos.
sapoconcho chopontil ou tartaruga amiscleira de peto estreito (Claudius angustatus).
Atópase en zonas pantanosas e correntes lentas, de augas pouco profundas, con fondos
lamacentos e vexetación abundante, do sur de México, en Guatemala e en Belice. Mide entre
12 e 17 cm (as femias acadan menos tamaño ca os machos). Aliméntase de pequenos animais
e algunhas plantas. Pon de 2 a 8 ovos, varias veces ao ano, que tardan en eclosionar entre 3 e
5 meses.
Sapoconcho amiscleiro do Pacífico (Staurotypus salvinii). Atópase en masas de auga pouco
fondas de algunhas zonas da costa do Pacífico do sur de México (en Oaxaca e Chiapas),
Guatemala e O Salvador. Mide entre 18 e 25 cm (os machos son os máis pequenos).
Aliméntase de pequenos animais e de vexetais. Fai ata tres postas ao ano, de 6 a 10 ovos,
que eclosionan nuns 3 meses.
Sapoconcho amiscleiro mexicano xigante(Staurotypus triporcatus ). Atópase no sur de
México e en Guatemala, Belice e Honduras. Pode medir ata 38 cm (os maxchos son os máis
pequenos). Aliméntase de pequenos animais e de vexetais. Fai ata tres postas ao ano, de 4 a 6
ovos que eclosionan nuns 3 meses.
Sapoconcho europeo (Emys orbicularis). Vive en cursos de auga de corrente lenta do centro
e do sur de Europa, de Asia Occidental e da zona mediterránea de África. Forma parte da
fauna de Galiza. O tamaño varía según as zonas desde os 12 aos 38 cm de lonxitude.
Aliméntase de pequenos animais e restos. Pon entre 3 e 12 ovos. Fanse adultos entre os 12 e
os 20 anos (as femias son as que maduran máis tarde). Recoñécense numerosas subespecies,
ata 17 segundo algúns autores: E.o. aralensis, do Lago Aral; E.o. capolongoi, da Sardeña; E.o. colchica e E.o.
eiselti, de Turquía; E.o. fritzjuergenobsti, do leste de España; E.o. galloitalica, de Francia e do sur de Italia; E.o. hellenica,
de Grecia; E.o. hispanica, de Doñana (España) e de Portugal; E.o. iberica, de Xeorxia e Azerbaixan; E.o. kurae, do
Cáucaso; E.o. lanzai, de Córcega; E.o. luteofusca, de Anatolia; E.o. occidentalis, do norte de África; E.o. orbicularis, do
oeste de Francia, Alemania e Rusia; E.o. orientalis e E.o. persica, de Irán; e E.o. taurica, de Crimea, Ucraína.
sapoconcho siciliano (Emys trinacris). É endémico de Sicilia. Pode medir máis de 30 cm de
longo. Aliméntase de animais, restos e vexetais. Pon de 3 a 9 ovos que eclosionan aos 3
meses. Coñecense exemplares moi lonxevos.
Sapoconcho de Blanding (Emydoidea blandingii ou Emys blandingii). Atópase nos Estados
Unidos e no Canadá. Mide de 18 a 23 cm de lonxitude. Aliméntase de pequenos animais e de
vexetais. Poñen un promedio de 8 ovos, o número depende da zona e do tamaño da femia.
Fanse adultos despois dos 14 anos.
sapoconcho occidental ou tartaruga do Pacífico (Actinemys marmorata ou Emys marmorata).
Atópase pola costa oeste de Estados Unidos e de México. Mide ata 20 cm de lonxitude. É
omnívoro aínda que a maior parte da dieta componse de pequenos animais. Pon entre 5 e 12
ovos. fanse adultos despois dos 10 anos e poden vivir en libertade máis de 30 anos.
Sapoconcho moteado ou tartaruga moteada (Clemmys guttata). Vive en zonas de auga doce
pouco profundas nos bosques do sur de Canadá (Ontario) e o leste dos Estados Unidos. Mide
entre 8 e 12 cm. É omnívoro.Pon dúas veces ao ano de 4 a 8 ovos que tardan uns 3 meses en
eclosionar. Fanse adultos entre os 7 e os 10 anos e poden vivir máis de 40 anos.
Sapoconcho de bosque (Glyptemys insculpta). Atópase, en correntes lentas e lagoas, polo
norleste dos Estados Unidos e o surleste do Canadá. Pode medir entre 14 e 20 cm de
lonxitude. É omnívoro. Pon 6 ou 7 ovos que eclosionan uns tres meses despois da posta.
Faise adulto a partir dos 14 anos e pode vivir máis de 40.
sapoconcho de pantano (Glyptemys muhlenbergii). Atópase, polo leste dos Estados
Unidos, en zonas de augas calcarias. Pode medir ata 10 cm de lonxitude. Aliméntase de
animais e vexetais. Poñen de 1 a 6 ovos que eclosionan entre 2 e 3 meses despois da
posta. Fanse adultos a partir dos 8 anos e poden vivir máis de 30 anos.
Sapoconcho de Coahuila ou tartaruga caixa acuática (Terrapene coahuila). É endémico
dunha pequena área de Cuatro Ciénegas, en Coahuila (México). É o máis acuático dos
representantes do seu xénero. Pasa case todo o tempo en pozas e pantanos. Pode medir
uns 16 cm de longo. Aliméntase de animais e de vexetais. Pon 2 ou 3 ovos cada vez.
sapoconcho de monte ou tartaruga de caixa manchada, (Terrapene nelsoni). Só se
atopa, en pradeiras e bosques secos, nalgunhas localidades da serra Madre Occidental
de México. Pode medir uns 15 cm. É omnívoro. Pon entre 1 e 4 ovos que tardan uns 3
meses en eclosionar. Recoñécense 2 subespecies: T. n. nelsoni, no sur da área de
distribución, e T. n. klauberi, no norte da área de distribución.
Tortuga caja decorada tortuga de caja occidental Terrapene ornata). É endémico do centro
e suroeste dos Estados Unidos e do norleste de México onde vive en estepas e praderías
preto de ríos e pozas. Pode medir uns 14 ou 15 cm. Aliméntase de animais e vexetais. Pon
dúas veces ao ano, entre 3 e 8 ovos dos que as crías saen 2 meses despois da posta.
Recoñécense 2 subespecies: T. ornata ornata, do centro dos EE. UU., e T. ornata luteola, das
zonas máis secas do suroeste dos EE. UU. e do norte de México.
Sqapoconcho de caixa común ou ta rtaruga de caixa común (Terrapene carolina). Está
distribuída polo surleste dos Estados Unidos e o leste de México onde habitan bosques
abertos, prados pantanosos, matos e pasteiros con arbustos. Recoñécense 6 subespecies: T.
c. mexicana, da costa do Golfo, e T. c. yucatana, do Iucatán, en México; e T. c. carolina, no
leste, T. c. major, da costa do Golfo, T. c. bauri, de Florida, e T. c. triunguis (tartaruga de caixa
de tres dedos), do centro, nos Estados Unidos.
Deirochelys reticularia . Só se atopa, tanto en terra como en augas tranquilas, no surleste
dos Estados Unidos. Pode medir ata 25 cm de lonxitude. Aliméntase de animais e de
vexetais. Pon de 2 a 15 ovos, que eclosionan pasados uns 5 meses. Poden vivir máis de 20
anos. Recoñécense 3 subespecies: D. r. reticularia, do leste da área, D. r. chrysea, de
Florida, e D. r. Miaría, do oeste da área de distribución.
Sapoconcho pintado (Chrysemys picta). Atópase por todo o norte e leste dos EE. UU. e
nalgunhas zonas do sur do Canadá. Aliméntase de pequenos animais e algúns vexetais. Pon
entre 2 e 8 ovos que eclosionan entre os 2 e os 3 meses despois da posta. Recoñécense 4
subespecies: C.p. bellii, da metade norte dos Estados Unidos, algunhas zonas do sur de
Canadá e do estado de Chihuahua, en México que pode acadar os 30 cm (é a subespecie máis
grande); C.p. dorsalis, de Alabama, Illinois e o río Mississipi que pode medir ata 15 cm; C.p.
marginata, do norleste dos Estados Unidos e o surleste de Canadá; e C.p. picta, do leste dos
Estados Unidos e algunhas zonas do surleste do Canadá que pode medir entre 15 e 30 cm.
Exemplar da subespecie bellii
sapoconcho mapa de Barbour (Graptemys barbouri). Vive en ríos de Florida, Xeorxia e
Alabama, Estados Unidos. Mide de promedio de 9 a 14 cm, pero as femias poden pasar dos 30
cm. Aliméntase de pequenos animais.
sapoconcho mapa de Cagle (Graptemys caglei). É endémico dos ríos Guadalupe, San
Antonio e San Marcos de Texas, Estados Unidos. Os machos miden uns 4 cm de lonxitude
mentras que as femias poden medir máis de 7 cm.
sapoconcho mapa de Escambia (Graptemys ernsti). Só se atopa nos sistemas fluviais da badía
de Pensacola entre Alabama e Florida. Os machos apenas pasan dos 10 cm de lonxitude
mentras que as femias poden pasar dos 25 cm.
sapoconcho mapa amarelo (Graptemys flavimaculata). Só se atopa no sistema fluvial do río
Pascagoula, Texas ( Estados Unidos). Os machos miden ata 10 cm e as femias uns 15 cm.
Aliméntase de pequenos animais.
sapoconcho mapa do norte ou tartaruga mapa común, (Graptemys geographica). Atóase en
grandes masas de auga polo centro norte dos Estados Unidos e o surleste do Canadá. Os
machos poden medir entre 10 e 16 cm e pesar ata 400 g, mentras que as femias poden pasar
dos 25 cm e pesar máis de 2 kg. Aliméntanse de animais.
Sapoconcho do rio Pascagoula (Graptemys gibbonsi)
Sapoconcho mapuche negro ou sapoconcho mapa negro (Graptemys nigrinoda). Vive nos
ríos entre Alabama e Mississippi. Aliméntase de pequenos animais e vexetais. Pon varias
veces ao ano de 3 a 5 ovos . Os machos fanse adultos a partir dos 3 anos e as femias arredor
dos 7 anos.
sapoconcho mapa anelado (Graptemys oculifera). Só se atopa na cunca do río das Pérolas,
no sur dos Estados Unidos. Os machos poden medir uns 10 cm mentras que as femias poden
medir máis de 20 cm.
sapoconcho mapa de Ouachita (Graptemys ouachitensis). Atópase por todo o centro-leste e
o sur dos Estados Unidos. Os machos poden medir ata 14 cm e as femias ata 25 cm.
Recoñécense 2 subespecies: G.o. ouachitensis , da maior parte do espazo, e G.o. sabinensis,
do sistema do río Sabine, entre Texas e Louisiana.
Exemplar da subespecie sabinensis
sapoconcho mapa do río Pearl (Graptemys pearlensis). Só se atopa no sistema do río
Pearl (das Pérolas) en Luisiana e Mississippi.
sapoconcho mapa falso (Graptemys pseudogeographica). Vive no sistema fluvial dos ríos
Mississipi e Misouri, nos Estados Unidos. Os machos poden medir ata 15 cm e as femias
pasar dos 25 cm. Recoñécense 2 subespecies: G.p. kohnii, do curso baixo do río Mississipi, e
G.p. pseudogeographica, da parte alta do río Mississipi e do río Missouri.
tortuga mapa de Alabama (Graptemys pulchra). É endémico do sur dos Estados Unidos, dos
ríos que desembocan na bahía de Mobile desde o Río das Pérolas, en Missisipi, ata o río
Amarelo, en Florida. Os machos adultos miden de 9 a 12 cm e as femias de 18 a 29 cm.
sapoconcho mapa de Texas (Graptemys versa). Vive no río Colorado, Texas. Os machos
chegan a medir uns 9 cme as femias máis de 12 cm. Aliméntase de animais e vexetais.
Sapoconcho de espalda de diamante
(Malaclemys terrapin). É nativa dos
pantanos salobres do leste e do sur
dos Estados Unidos, desde Nova
Inglaterra a Texas a o longo da costa
do Atlántico e do Golfo de México.
Os machos miden ata uns 12 cm,
pero as femias chegan aos 19 cm.
aliméntase de pequenos animais.
Recoñécense Subespecies: tartaruga
espalda de diamante de Carolina (M.
t. centrata), tartaruga espalda de
diamante de Texas (M. t. littoralis),
tartaruga espalda de diamante
ornametada (M. t. macrospilota),
tartaruga espalda de diamante de
Mississippi (M. t. pileata), tartaruga
espalda de diamante dos mangleiros
(M. t. rhizophorarum), tartaruga
espalda de diamante da costa oeste
de Florida (M. t. tequesta) e
tartaruga espalda de diamante do
Norte (M. t. terrapin)
Sapoconcho xeroglífico (Pseudemys concinna). Vive no surleste dos Estados Unidos. Pode
medir ata 30 ou 40 cm, e medra bastante rápido. Aliméntase de animais e vexetais.
Recoñécense 5 subespecies: P.c. concinna, que se atopa en case toda a área de distribución,
de Texas a Carolina, e pode medir ata 32 cm; P.c. hieroglyphica, do oeste da área de
distribución, de Texas a Illinois, que pode medir ata 38 cm; P.c. metteri , da metade oeste da
área de de distribución; P.c. mobilensis, do sur da área, de Florida a Texas; P.c. suwanniensis,
só dunha pequena zona do oeste de Florida, que pode medir máis de 40 cm.
sapoconcho da chaira costeira (Pseudemys floridana). Atópase en lagos, pantanos, lagoas, e
correntes lentas, da chaira costeira do surleste dos Estados Unidos, desde o surleste de
Virxinia, por Florida, ata Alabama. Pode medir máis de 20 cm e pesar de 2,5 a 3,5 kg (as
femias máis grandes poden chegar aos 40 cm). Aliméntase principalmente de vexetais.
Sapoconcho do río Grande (Pseudemys gorzugi). Atópase na cunca do río Grande con
poboacións nos Estados Unidos e en México.
Sapoconcho de ventre vermello de Florida (Pseudemys nelsoni). Atópase, en case cualquera
tipo de hábitat acuático, en Florida e no sur de Xeorxia. Pode medir dos 20 aos 35 cm de
lonxitude e pesar desde 1,8 aos 4 kg (as femias son as máis grandes). Aliméntase
principalmente de vexetais.
Sapoconcho de ventre vermello do norte (Pseudemys rubriventris). Atópase nas zonas
costeiras do norleste dos Estados Unidos. Mide, de promedio, case 30 cm de longo e pesa
arredor de 3 kg (as femias grandes poden medir ata 40 cm).
Sapoconcho de Texas (Pseudemys texana). É nativo de regatos, ríos e lagos de Texas . Pode
acadar os 30 cm de lonxitude.
Sapoconcho da Española ou tartaruga haitiana (Trachemys decorata). Só se atopa mas
illas do Caribe: República Dominicana, Haití, Cuba e Porto Rico.
Sapoconcho cubano ou jicotea (Trachemys decussata). Orixinario de Cuba e da illa da
Xuventude, e introducido nas Illas Caimán, e na Marie Galante (Guadalupe). Recoñécense
2 subespecies: T. d. decussata, endémica de Cuba, e T. d. angusta, do oeste de Cuba e das
Illas Caimán.
Sapoconcho grande (Trachemys gaigeae). Atópase no suroeste dos Estados Unidos e no norte
de México, nos sistemas fluviais do Río Grande e do Río Conchos. Pode medir de 13 a 28 cm.
Consume alimento animal e vexetal. Recoñécense 2 subespecies: T. g. gaigeae e T. g.
Sapoconcho do noroeste de México (Trachemys nebulosa). Atópase en ríos lentos,
lagos, pantanos, e estanques ao norte de México. Mide entre 25 e 37 cm.
Recoñécense 2 subespecies: T.n. hiltoni, da cunca de Río Fuerte, e T.n. nebulosa, do
sur da Baixa California.
Sapoconcho pintado, tartaruga de Florida. (Trachemys scripta) Vive en augas doces do
centro e do leste dos Estados Unidos e do nordeste de México e foi introducida, por soltas
sen control, no leste de Asia, en Australia e en Europa. Pode medir ata 30 cm de lonxitude.
Aliméntase animais e de vexetais. Recoñécense 3 subespecies: T. scripta elegans, o
sapoconcho de orellas vermellas do centro e do sur dos Estados Unidos e do nordeste de
México, a tartaruga máis coñecida do mundo pola súa difusión como animal de compaña; T.
scripta scripta,do surleste dos Estados Unidos con orellas de cor amarela; T. scripta troostii,
de Tennessee e Kentucky con caracteres intermedios.
Sapoconcho das Antillas centrais (Trachemys stejnegeri). Atópase en Puerto Rico, Gran
Inagua (Bahamas), República Dominicana e Haití. Recoñécense varias subespecies: T.
stejnegeri stejnegeri, de Puerto Rico, T. stejnegeri malonei, de Inagua, e T. stejnegeri vicina,
da República Dominicana.
Sapoconcho de Cuatro Ciénegas (Trachemys taylori). É endémico de Cuatro Ciénegas en
Coahuila,no nordeste de Mexico.
Sapoconcho de Jamaica (Trachemys terrapen). Atópase nas Bahamas e en Jamaica. Mide de
20 a 27 cm (as femias son as máis grandes). É omnívoro. Pon, tres ou catro veces ao ano,
de 3 a 8 ovos.
Sapoconcho do Yaqui (Trachemys yaquia). É orixinario de Chihuahua e Sonora no noroeste
de México.
sapoconcho pintado, morrocoi ou tartaruga tigre de río (Trachemys dorbigni). É natural
dos cursos de agua doce do Uruguai, o norte de Arxentina e o sur de Brasil. Pode medir de
25 a 32 cm (as femias son as máis grandes). Son omnívoros. Poñen, en dúas ou tres veces
cada ano, entre 20 e 40 ovos que eclosionan aos 2 ou 3 meses. Fanse adultos a partir dos 4
ou 5 anos. Recoñécense 2 subespecies: T. dorbigni dorbigni e T. dorbigni adiutrix.
sapoconcho ou jicotea de Tehuantepec (Trachemys grayi). Nativa do suroeste
de México, Guatemala e El Salvador. Recoñécense varias subespecies:T. grayi
grayi, T. grayi emolli e T. grayi panamensis.
Sapoconcho adornado ou jicotea adornada (Trachemys ornata). Atópase na costa
occidental de México, de Sinaloa a Guerrero. Pode medir máis de 35 cm. Recoñécense varias
subespecies: T. ornata ornata, T. ornata callirostris, T. ornata chichirivich, T. ornata venusta,
e T. ornata cataspila.
Sapoconcho acuático de río do sur (Batagur affinis). Atópase en Malasia, Indonesia e
Camboia. Recoñécense 2 subespecies: Batagur affinis affinis e Batagur affinis edwardmolli.
Sapoconcho acuático de río do norte (Batagur baska). É nativa do sur de Asia. Pode medir
ata 60 cm de longo. Atópase en perigo de extinción.
Sapoconcho pintado, Batagur pintado ou tartaruga de mandíbula de serra (Batagur
borneoensis). Atópase nas selvas tropicais de Brunei, Indonesia (Sumatra e Kalimantan),
Malasia e Tailandia. Está en perigo crítico de extinción.
sapoconcho de tres raias (Batagur dhongoka). Atópase en Bangladesh , no norte da India e,
posiblemente, no Nepal.
Sapoconcho de coroa vermella (Batagur kachuga). Atópase na India. Pode medir máis de
50 cm de longo e pesar ata 25 kilogramos (os machos so acadan a metade da lonxitude
que as femias. Aliméntase de vexetais. Poñen entre 10 e 30 ovos. É, probablemente, a
máis ameazada das tartarugas de auga doce da India.
Sapoconcho birmano (Batagur trivittata). É endémico de Myanmar, moi raro na
natureza, críanse con éxito no zoolóxico de Mandalai e nun centro de conservación.
Tartaruga caixa de Malasia (Cuora amboinensis). Vive en estanques, pantanos, arrozais e
cursos de auga de corrente lenta con abundante vexetación de todo o surleste asiático: da
India a Vietnam incluídas as illas. Mide ata 25 cm de lonxitude. Aliméntase de animais e
vexetais. Pon, varias veces ao ano, de 1 a 5 ovos. Recoñécense 4 subespecies: C.a.
amboinensis, C.a. couro, C.a. kamaroma, e C.a. lineata.
Exemplar da subespecie kamaroma
Sapoconcho caixa de cabeza amarela ou tartaruga caixa de cabeza dourada (Cuora
aurocapitata).É endémico da provincia de Anhui da China Central.
tartaruga verde do surleste asiático (Cuora cyclornata). Vive desde o sur da China ata o
centro do Vietnam e de Laos. Pode medir de 25 a 30 cm de lonxitude. Recoñécense 2
subespecies: C. c. cyclornata, do centro de Vietnam, e de Laos, de ata 25 cm; e C. c. meieri,
do sur da Chyina e do norte do Vietnam, de ata 30 cm.
tartaruga de caixa china ou sapoconcho oriental de beira amarela (Cuora flavomarginata).
Vive en zonas húmidas e pantanos pouco fondos, aínda que ten hábitos bastante terrestres,
de China, Taiwán e o Xapón. Pode acadar os 20 cm. É omnívora. Pon, ata tres veces ao ano,
de 1 a 3 ovos que eclosionan aos dous meses. Existen 3 subespecies recoñecidas: C.f.
evelynae, das illas RyuKyu (Xapón), C.f. flavomarginata, de algunhas zonas do sur da China e
de Taiwan, e C.f. sinensis, do sur de China.
Sapoconcho de caixa da Indochina ou sapoconcho vietnamita (Cuora galbinifrons). Atópase
no surleste da China, no norte e no centro de Vietnam, en Laos e, posiblemente, no noreste
de Camboia. Recoñécense 2 subespecies: C. g. galbinifrons, do surleste da China, e C. g.
bourreti , do centro de Vietnam e de Laos.
Cuora mccordi. É endémica da provincia de Guangxi, China. Pode medir de 14 a 18 cm.
Sapoconcho de caixa aquillado (Cuora mouhotii ou Pyxidea mouhotii). Vive no sur da China,
na India, Laos, Birmania, Vietnam, Tailandia, e Bhután e ten hábitos terrestres. Pode medir
de 15 a 17 cm. Aliméntase de vexetais. Pon uns 4 ovos. Atópase en perigo de extinción.
Recoñécense 2 subespecies, C. m. mouhotii e C. m. obsti.
Cuora pani. É endémica de China. Só se atopa na parte central das provincias Shanxi,
Sichuan e Hubei.
Sapoconcho de caixa do sur de Vietnam (Cuora picturata). É endémico do sur montañoso de
Vietnam, pero é posible que tamén se atope no leste de Camboia e no sur de Laos.
Sapoconcho raiado chino ou tartaruga de caixa de tres raias (Cuora trifasciata). Só se
atopa no sur da China. Ten hábitos semiacuáticos. Está considerada en perigo crítico de
extinción.
Sapoconcho de caixa de Yunnan (Cuora yunnanensis). É endémica de Yunnan (China).
Pensábase que xa se extinguira ata que, no ano 2004, se atopou unha nun mercado en
Kunming (China) e outras dúas en anos sucesivos polo que só se coñecen tres exemplares.
Cuora zhoui. Atópase só en Guangxi (China). Polo de agora só se coñece por mostras
atopadas nos mercados e por tres parellas en posesión de criadores privados en Alemania e
nos Estados Unidos.
tartaruga folla occidental (Cyclemys atripons). Vive en Camboia, surleste de Tailandia e
Vietnam. Pode medir ata 20 cm de lonxitude.
Tartaruga dentada ou tartaruga folla (Cyclemys dentata). Habita en pantanos e humidais do
surleste asiático: Sumatra, Java, Malasia, Birmania, Tailandia, Vietnam e Filipinas. Pode medir
ata 25 cm de longo. É omnívora. Pon de 1 a 5 ovos que eclosionan aos 2 meses.
Tartaruga folla oriental (Cyclemys pulchristriata). Atópase en Camboia e Vietnam. Ten
hábitos semiacuáticos.
tartaruga folla enigmática (Cyclemys enigmatica). Atópase en Malasia e Indonesia (Java,
Kalimantan, Sumatra). Pode medir ata 23 cm.
tartaruga folla marrón (Cyclemys fusca). Só se atopa en Myanmar (Kachin) e,
posiblemente, en áreas próximas da India e de Bangladesh. Pode medir ata 24 cm. Ten
costumes semiacuáticas.
tartaruga folla de Assam (Cyclemys gemelli). Só se atopa no norleste da India e en
Bangladesh. Pode medir ata 20 cm.
Tartaruga folla de Asia suroriental (Cyclemys oldhami). É nativa de Indochina. Pode medir
ata 25 cm de lonxitude.
sapoconcho moteado asiático (Geoclemys hamiltonii). Atópase en grandes ríos e en zonas
con auga estancada e abundante vexetación acuática, do norte da India, Pakistán,
Bangladesh e zonas do Nepal e de Bhután. Pode medir ata 35 ou 40 cm e pesar máis de 5
Kg. É básicamente carnívoro. Pon varias veces ao ano ata 25 ovos que eclosionan aos 2
meses. Fanse adultos entre os 6 e os 8 anos.
Tartaruga de peito negro de Okinawa (Geoemyda japonica). Atópase, en zonas boscosas
húmidas preto de masas de auga, no arquipélago de Ryukyu. Pode medir entre 15 e 17 cm.
É omnívora.
Tartaruga de peito negro china (Geoemyda spengleri ). Habita no sur da China, no norte de
Vietnam e na illa de Hainan, en bosques e selvas húmidos preto de cursos de auga. Pode
medir ata 13 cm. É omnívora. Pon, duas veces ao ano, 1 ou 2 ovos.
tartaruga brahminy ou sapoconcho de río coroado (Hardella thurjii). Vive no norte da India,
Pakistán, Nepal e Bangladesh, nas cuncas dos ríos Ganxes , Brahmaputra e Indo. As femias
poden medir ata 50 cm pero os machos non chegan aos 20 cm. Ten un curioso hábito
reproductivo. Pon os ovos na auga preto da beira, logo, cando baixa o nivel dos ríos, quedan
en seco para volver a quedar mergullados despois, coas enchentas, antes de que saian as
crías, que son as únicas que nacen na auga.
tartaruga de bosque Arakan (Heosemys depressa). Só se atopa nas colinas Arakan, no oeste
de Myanmar, e noutras fronteiras de Bangladesh onde se move tanto en hábitats terrestres
como acuáticos. Pode medir uns22 cm e pesar 1,3 kg. Coñécense moi poucas en libertade e
hai menos de 20 en zoolóxicos.
Tartaruga palustre asiática xigante (Heosemys grandis). Atópase en cursos de auga lenta,
lagos, pantanos marismas e zonas colindantes, aínda que pasa case todo o tempo en terreo
seco, de gran parte do surleste asiático: Myanmar, Camboia, Laos, Vietnam, Tailandia e
Malasia peninsular. Pode medir máis de 40 cm e pesar ata 12 Kg. É omnívora. Pon de 4 a 6
ovos que eclosionan aos 3 meses.
sapoconcho espiñento (Heosemys spinosa). Habita en zonas húmidas, preto dos ríos de
montaña, de Malasia, Tailandia, Borneo, Sumatra e outras illas de Indonesia. Pode medir ata
23 cm. É omnívoro. Pon, ata tres veces ao ano, 1 ou 2 ovos.
tartaruga de templo de cabeza amarela (Heosemys annandalii). É nativa do surleste de
Asia (Tailandia, Laos, Camboya, Vietnam e Malasia, e posiblemente Myanmar). É poboadora
habitual dos estanques dos templos budistas. Pode medir máis de 50 cm de longo.
Aliméntase de vexetais.
tartaruga de bosque de Sulawesi (Leucocephalon yuwonoi). É endémica de Sulawesi,
Indonesia. Pode medir de 25 a 27 cm de longo. Só pon 1 ou 2 ovos cada vez .
tartaruga come caracois malaia (Malayemys macrocephala). Vive nos cursos de auga de
pouca corrente e outras masas de auga do surleste de Asia: oeste de Malasia, Myanmar e
Tailandia. Pode medir ata 20 cm. aliméntase de caracois e outros animais acuáticos. Pon de 4
a 6 ovos que eclosionan aos 5 meses.
Tartaruga come caracois do Mekong (Malayemys subtrijuga). Atópase na cunca do río
Mekong en Camboia, Laos, o sur de Vietnam, e o norleste de Tailandia. Pode chegar aos 20
cm de lonxitude. Aliméntase de caracois e outros animais acuáticos.
Tartaruga come caracois do Khorat (Malayemys khoratensis). Vive na cunca do río Khorat, no
norleste de Tailandia. Pode medir uns 20 cm. É carnívora.
Sapoconcho do Caspio (Mauremys caspica) Vive en ríos e lagoas do surleste de Europa e
áreas próximas de Asia, desde o sur de Rusia, entre o Cáucaso e o mar Caspio, ao leste de
Turquía e gran parte de Irán. Mide de 20 a 25 cm. Aliméntase maiormente de outros animais e
de restos. Pon de 5 a 9 ovos que eclosionan nun mes. Fanse adultos a partir dos 7 anos.
Recoñécense 3 subespecies: M. c. caspica, do leste do Caspio, M. c. siebenrocki, do sur de Irán,
e M. c. ventrimaculata, do leste de Turquía e do norte de Irán.
Exemplar da subespecie caspica
Sapoconcho dos Balcáns (Mauremys rivulata). Atópase en Grecia, Turquía, Israel e Siria
preto da costa do Mediterráneo. Vive en lagos, estanques e ríos. Aliméntase, maiormente,
de outros animais e de restos.
Sapoconcho leproso (Mauremys leprosa). Atópase en masas de agua doce, ríos e pantanos,
do sur de Francia, en España, Portugal,Marrocos, Arxelia e Túnez. Aliméntase
principalmente de outros animais e restos. Pon de 2 a 20 ovos, e pode facer varias postas na
tempada, que eclosionan aos 3 meses. Fanse adultos a partir dos 5 anos. Recoñécense 2
subespecies:M. l. leprosa, en Europa, e M. l. saharica, en África)
Sapoconcho do Xapón (Mauremys japonica). Habita en pequenos cursos de auga con fondo
fangoso e en estanques con vexetación acuática das illas de Honshu, Shikoku, Kyushu e
outras pequenas próximas. Pode medir de 18 a 20 cm. É omnívoro. Pon, 2 ou 3 veces ao
ano, de 5 a 9 ovos que eclosionan aos 3 meses. Fanse adultos a partir dos 5 anos.
galápago amarillo (Mauremys mutica). Vive en corpos de auga pouco fondas e correntes
lentas do leste de Asia, desde o centro de Vietnam, ao sur e o centro de China e nas illas de
Taiwán, Hainan, e Ryukyu. Mide ata 20 cm de longo. É omnívoro. A poboación das illas Ryukyu
está recoñecida como subespecie Mauremys mutica kami.
sapoconcho vietnamita (Mauremys annamensis). É endémico dunha pequena área do
centro de Vietnam. Atópase en grave perigo de extinción.
sapoconcho indio ou tartaruga negra india (Melanochelys trijuga). Atópase en estanques,
pantanos, ríos arrozais, pozos do sur de Asia, Bangladesh, Myanmar, Sri Lanka, Maldivas e
Nepal. É omnívoro. Pon de 2 a 6 ovos que eclosionan aos 2 meses. Recoñécense varias
subespecies con distribucións superpostas: M. t. trijuga, e M. t. coronata, da India; M. t.
indopeninsularis, de Bangladesh, a India e Nepal; M. t. parkeri, de Sri Lanka; e M. t.
thermalis,da India, Sri Lanka e as Maldivas.
Exemplar da subespecie parkeri
tartaruga de tres quillas (Melanochelys tricarinata). Vive no nordeste da India, en
Bangladesh e no Nepal. Pode medir ata 17 cm. aliméntase de animais e vexetais. Pon de 3 a 6
ovos que eclosionan aos 2 meses.
Sapoconcho ocelado birmano, tartaruga acuática de ollos de Bengala,ou tartaruga
birmana pavo real (Morenia ocellata). Vive en masas de auga, temporais ou permanentes,
do sur de Birmania. Pode medir ata 24 cm de longo. Aliméntase de vexetais. Pon de 5 a 8
ovos que eclosionan dos 2 aos 3 meses.
Sapoconcho ocelado da India ou tartaruga de ollos india (Morenia petersi). Vive no norleste
da India e en Bangladesh. Os machos poden medir uns 12 cm e as femias ata 20 cm. pon
habitualmente 2 ovos
Sapoconcho plano malaio (Notochelys platynota). Vive en augas craras, pouco fondas e sen
correntes e en lugattres húmidos da selva de Tailandia, Malasia, Indonesia , Brunei e
Singapur. Pode medir ata 32 cm de lonxitude. Aliméntase principalmente de vexetais.
tortuga gigante de Malasia o tortuga de río de Borneo (Orlitia borneensis). Atópase en ríos
e lagos de Indonesia e Malasia. Pode medir ata 80 cm de lonxitude. É omnívora.
tortuga marrón techo (Pangshura smithii). Atópase nas cuncas dos ríos Indo e Ganxes. Pode
acadar 24 cm de lonxitude. É omnívoro. Recoñécense varias subespecies: P. s. smithii, dos ríos
Indo, Ganxes e Brahmaputra en Bangladesh, a India e Pakistán; P. s. pallidipes, dos afluentes
septentrionais do Ganxes na India e no Nepal.
tortuga Assam techo Sylhet tortuga techo (Pangshura sylhetensis), Atópase en hábitats
terrestres e de auga doce nos bosques húmidos tropicais das tierras altas,en regatos e
pequenos ríos do leste de Bangladesh, zona s lindantes da India e en Bhután. Pode acadar
os 20 cm de longo. É unha especie rara pouco coñecida.
tortuga india techo (Pangshura tecta). Atópase en áreas de auga tranquila, fondo blando e
abundante vexetación acuática dos principais ríos de Asia del Sur. Se puede distinguir por el
"techo" distinto en la parte más alta de la cáscara. Se encuentra en. El caparazón arqueado,
elíptico (a 23 cm). É omnívora. Pode poñer de 3 a 14 ovos que eclosionan entre 2 e 4 meses
despois da posta. É unha mascota común no subcontinente indio.
tortuga de carpa india (Pangshura tentoria). Atópase nos ríos da India e de Bangladesh.
Pode acadar 27 cm de lonxitude. Aliméntase de animais e de vexetais. Realiza postas de 4 a 8
ovos. Recoñécense varias subespecies: P. t. tentoria, dos ríos Mahanadi, Godavari e Krishna;
P. t. circumdata, dos tramos superior e central da cunca do río Ganxes na India; e P. t.
flaviventer, da cunca inferior do Ganxes na India e en Bangladesh.
Exemplar da subespecie circundata
tartaruga de catro ollos de Beale (Sacalia bealei). Vive en lagoas, estanques, ríos e regatos
de montaña, de ambientes cálidos e húmidos da China. Pode medir ata 15 cm. É omnívora.
tartaruga de catro ollos (Sacalia quadriocellata). Atópase en pozas e regueiros dos bosques
do sur da China, o noreste de Laos e nas montañas do norte e do centro de Vietnam. Pode
chegar aos 15 cm de longo. Aliméntase fundamentalmente de vexetais. Pon de 2 a 6 ovos.
Tartaruga negra de pantano (Siebenrockiella crassicollis). Atópase en cursos de auga de
corrente lenta e estancadas con fondos lamacentos e vexetación acuática do surleste de Asia:
o sur de Myanmar, Tailandia, Singapur, Camboia, Laos, no sur de Vietnam, en Malasia e en
varias illas de Indonesia (Sumatra, Java, Borneo, ...). poden chegar aos 20 cm de longo. É
omnívora. Pon 3 ou 4 veces ao ano, 1 ou 2 ovos que eclosionan pasados uns 2 meses.
Sapoconcho de Filipinas, tartaruga de Palawan ou tartaruga de bosque de Filipinas
(Siebenrockiella leytensis). Só se atopa nunha área de menos de 100 km 2
ao norte de
Palawan e algunhas illas circundantes. Pode medir ata 30 cm de lonxitude.
tartaruga de bosque Cochin, tartaruga de bosque Kavalai ou tartaruga de cana
(Vijayachelys silvatica). Atópase en bosques densos de folla perenne do oeste da India.
Pode medir uns 12 cm. Aliméntase de animais e de vexetais.
Tartaruga de terra parda, tartaruga de bosque café, Montañero (Rhinoclemmys
annulata). Vive en bosques tropicais e matos das proximidades de zonas pantanosas ou
augas de corrente lenta de distintas zonas de Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá,
Colombia e Ecuador. Pode medir ata 20 cm. É hervíbora. Po só 1 ou 2 ovos que eclosionan
pasados 3 ou 4 meses.
tortuga de bosque de Maracaibo (Rhinoclemmys diademata). Atópase arredor das costas do
lago Maracaibo, en Colombia e Venezuela. Pode medir ata 28 cm de longo. É omnivora.
tartaruga negra (Rhinoclemmys funerea). Habita no leste de Nicaragua, en Costa Rica e
Panamá .pode chegar aos 30 cm de longo. Aliméntase de vexetais. Pon, 3 ou 4 veces ao
ano, de 2 a 5 ovos que eclosionan aos 3 meses.
Tartaruga de bosque colombiana (Rhinoclemmys melanosterna). Habita en áreas
pantanosas, pozos da selva e esteiros das terras baixas do Pacífico, en Panamá, Colombia e
o noroeste do Ecuador. Pode medir ata 30 cm. Aliméntase, preferentemente, de vexetais.
tartaruga de bosque de nariz longa (Rhinoclemmys nasuta) que habita en ríos e humidais de
Colombia e Ecuador. Pode medir ata 22 cm (as femias son máis grandes que os machos).
Aliméntase, principalmente, de vexetais. Pon un só ovo por niñada e faise adulta entre os 12
e os 14 anos.
tartaruga dragón, tartaruga de bosque mexicana , tartaruga pintada de bosque
(Rhinoclemmys pulcherrima)atópase por América Central. Pode medir ata 20 cm de longo.
Pon, 2 ou 3 veces ao ano, de 1 a 5 ovos. Recoñécense 4 subespecies: R. p. incisa, do sur de
México, Guatemala, El Salvador, Honduras e Nicaragua; R. p. manni, do sur de Nicaragua e
do norte de Costa Rica; R.p.pulcherrima, dos estados mexicanos de Oaxaca e Guerrero; e R.
p. rogerbarbouri, de Sonora (México).
Exmplar da subespecie manni
tartaruga de patas moteadas (Rhinoclemmys punctularia). Vive en pozas, humidais, zonas
pantanosas e bosques húmidos preto cursos de agua, e incluso en lagos,do norte do Brasil,
Guaiana Francesa, Guiana, Surinam, Trinidad e Tobago e Venezuela. Pode medir ata 25 cm.
É omnívora. Pon, en calquera época do ano, de 1 a 3 ovos que eclosionan aos 3 meses.
Recoñécense 3 subespecies: R.p. flammigera, do suroeste de Venezuela; R.p. lunata,
bastante descoñecida; R.p. punctularia, do norleste de Venezuela, Trinidad e Tobago,
Guiana, Surinam, Guiana francesa e norleste do Brasil.
tartaruga moteada mexicana ou tartaruga pallaso de monte (Rhinoclemmys rubida).
Habita en bosques húmidos e outeiros con mato nos estados de Chiapas, Oaxaca,
Guerrero, Michoacán, Colima e Jalisco; en México. Mide entre 15 e 23 cm. É omnívora,
pero prefire a comida de origen vexetal. Só pon entre 1 e 3 ovos grandes. recoñécense 2
subespecies: R.r. perixantha, dos estados de Jalisco, Colima, Michoacán e Guerrero, que
pode medir ata 23 cm; e R.r. rubida, dos estados de Oaxaca e Chiapas, que non adoita
Tartaruga rugosa de bosque ou tartaruga chorona (Rhinoclemmys areolata). Atópase nas
sabanas húmidas e nas proximidades de zonas pantanosas ou de correntes lentas de algunhas
zonas de México (de Veracruz a Yucatán), en Belice, Guatemala e Honduras. Poden medir ata
uns 20 cm. É omnívora . Pon de 6 a 9 ovos que eclosionan arredor dos 2 meses despois da
posta
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso
que fixen delas.
Mon Daporta
E aquí polo de agora, imos facer un descanso
que para rematar aínda queda un anaco.

Os sapoconchos II

  • 1.
    Sapoconchos II acuáticos MonDaporta ASLIDEIRAS DE ROQUE COUSIÑAS FEITAS NA CASA
  • 2.
    …e se osde terra eran moitos… irse preparando porque da auga e dos lameiros aínda quedan uns cantos
  • 3.
    tartaruga caimán (Macrochelystemminckii). Vive na cunca do río Missisippi no surleste dos EE.UU.. Recoñécese pola súa gran cabeza e por ter o rabo longo. É unha das trartarugas de auga doce máis grandes. Pode medir máis de 75 cm de longo e acadar os 80 kg. É carnívora, cando nova, e omnívora de grande. Ten na punta da lingua un apéndice vermiforme que move para atraer aos peixes.
  • 4.
    tartaruga mordedora doSuwannee (Macrochelys suwanniensis). Só se atopa na cunca do río Suwannee , entre Florida e Xeorxia, Estados Unidos. Pode medir ata 1,5 m de longo e pesar máis de 150 kg. é carnívora e cazadora. Pon entre 10 e 50 ovos que taradan entre 80 e 130 días en eclosionar. Faise adulta entre os 11 e 13 anos e pode vivir máis de 100.
  • 5.
    (Macrochelys apalachicolae) Tartarugamordedora apalachícola. Só se atopa na cunca do río Apalachicola, e outros próximos, nos eatados de Xeorxia e Alabama, Estados Unidos. Pode medir ata 1,5 m de longo e pesar máis de 150 kg. é carnívora e cazadora. Pon entre 10 e 50 ovos que taradan entre 80 e 130 días en eclosionar. Faise adulta entre os 11 e 13 anos e pode vivir máis de 100.
  • 6.
    (Chelidra acutirostris). Atópase,en augas pouco fondas con fondo lamacento e vexetación abundante, desde o sur de México ata Colombia. Mide de 20 a 45cm, cun rabo tan longo como a cuncha, e pesa de 5 a 16 kg. aliméntase de animais mortos, invertebrados, peixes, aves, mamíferos pequenos e vexetación acuática.pon uns 20 ovos que tardan en eclosionar entre tres e cuatro meses. Pode vivir máis de 40 anos.
  • 7.
    (Chelidra rossignonii) tortugamordedora mexicana. É nativa dos pantanos, lagos e correntes lentas, con fondos fondos lamacentos e vexetación abundante, das terras baixas do Atlántico do sur de México, Belice, Guatemala e Honduras. caparazón longitud de 38,9 cm. Aliméntase de pequenos animais e plantas acuáticas. Pon de 20 a 30 ovos entre abril e xuño que tardan entre dous e catro meses en eclosionar.
  • 8.
    (Chelydra serpentina) tortugamordedora , tortuga lagarto común, talaman ou bache. Vive en áreas con augas abundantes de fondos lamacentos e con moita vexetación, entre o sur do Canadá e Ecuador. Ten unha cuncha de ata 60 cm de lonxitude. É carnívora, caza, de noite, toda clase de animais, tamén aproveita restos e come algúns vexetais. Pon de 20 a 30 ovos. que eclosionanentre 2 e 5 meses despois da posta. Fanse adultas entre os 5 e os 7 anos.
  • 9.
    tartaruga branca outortuga de Tabasco (Dermatemys mawii). Nocturna e acuática. Habita en grandes ríos e lagos desde o sur de México ata o norte de Honduras. Pode medir ata 60 cm e pesar ata 25 kg. Aliméntase de vexetais. Pon de 6 a 20 ovos en ata tres postas.
  • 10.
    sapoconcho de peitopartido de Tabasco (Kinosternon acutum). Atópase no sur de México, Belice e Guatemala. Pode medir de 10 a 12 cm. É omnívoro. Pon varias veces ao ano, un só ovo de cada vez que eclosiona entre os 4 e os 6 meses despois da posta.
  • 11.
    Sapoconcho de pantanode los Álamos (Kinosternon alamosae). Atopase en Sonora e Sinaloa, México. Mide uns 13 cm. No peto ten bisagras.
  • 12.
    Sapoconcho de pantanode América Central (Kinosternon angustipons). É endémico de América Central onde vive en pequenos ríos e lagoas. Pode medir ata 12 cm. É omnívoro . Aliméntase de plantas e insectos.
  • 13.
    sapoconcho do fangoestriado (Kinosternon baurii). Habita en Estados Unidos, nas correntes lentas, pouco fondas, e nos pantanos das zonas costeiras desde Virxinia ata Florida. Pode medir ata 13 cm de longo. Aliméntase de vexetais e pequenos animais. Fai ata 3 postas de entre 1 e 6 ovos. fanse adultos aos 5 ou 6 anos.
  • 14.
    Sapoconcho do barrode Arizona (Kinosternon arizonense). Atópase en pasteiros e lameiros de zonas semidesérticas de Arizona ( Estados Unidos ) e Sonora ( México ). Pode medir ata 13 cm. Pon de 1 a 7 ovos.
  • 15.
    sapoconcho de pantanode Jalisco (Kinosternon chimalhuaca). Endémico de México. As femias som máis pequenas ca os machos. Miden entre 13 e 16 cm. e fundamentalmente carnívoro. As femias fan varias postas ao ano nas que depositan entre 2 e 5 ovos cada vez.
  • 16.
    sapoconcho de pantanode Creaser (Kinosternon creaseri). É endémico de lameiros de sitios secos do Iucatán e zonas próximas, de México. Pode medir de 11 a 13 cm. Aliméntase de pequenos animais e algún froito. Pon un ovo cada vez pero realiza varias postas.
  • 17.
    Sapoconcho de pantanocolombiano, morrocoy de Dunn ou cabeza de trozo (Cryptochelys dunni). É endémico das zonas pantanosas e regatos dos bosques tropicais húmidos do departamento colombiano de Chocó. Miden entre 15 e 18 cm. Os machos son os máis grandes. Aliméntase de animais acuáticos. Pon 1 ou 2 ovos.
  • 18.
    Sapoconcho de pantanode Durango (Kinosternon durangoense). É endémico dos regatos e pantanos das zonas secas entre os estados de Chihuahua, Coahuila e Durango, México.
  • 19.
    Sapoconcho da lamamarelo (Kinosternon flavescens). Atópase en pantanos do centro sur dos EE. UU. e no norte de México. Pode medir uns 16 cm. É carnívoro, aínda que completa a súa dieta con vexetais. Pon varias veces ao ano entre 1 e 6 ovos que eclosionan no outono ou na primavera seguinte.
  • 20.
    sapoconcho de Herrera(Kinosternon herrerai). Atópase polo leste de Mexico. en regatos e pantanos. Pode medir entre 11 e 17 cm de longo (os machos son os máis grandes).
  • 21.
    Sapoconcho de patasrugosas (Kinosternon hirtipes). Atópase en México e en Texas, en masas de auga a certa altitude. Pode medir e3ntre 15 e 18 cm. aliméntase de pequenos animais e de vexetais. Pon de 1 a 6 ovos. fanse adultos arredor dos 6 anos. Recoñécense 6 subespecies: K. h. hirtipes, do Val de México, K. h. chapalaense, da área do lago Chapala e da lagoa Zapotlán, K. h. magdalense, do Val de Magdalena (Michoacán), K. h. murrayi, que se atopa desde Chihuahua ata o sur de Texas (USA), K. h. tarascense, do lago Pátzcuaro de Michoacán. Individuo da subespecie murrayi
  • 22.
    sapoconcho do fangomexicano (Kinosternon integrum). Habita en rios lentos, lagoas e pantanos de distintas zonas de México. Pode medir ata 21 cm (os machos son os máis grandes). Aliméntase de pequenos animais.
  • 23.
    Sapoconcho do fangode boca branca (Kinosternon leucostomum ). Atópase en correntes lentes e outras masas de auga desde o sur de México ata Ecuador. Mide, habitualmente uns 15 cm de longo. É carnívoro. Pon entre 2 e 6 ovos que eclosionan arredor dos 4 meses despois da posta. Recoñécense as subespecies: K.l. leucostomum,do sur de México, Guatemala, Belice, Honduras e Nicaragua; e K.l. postinguinale, de Costa Rica, Panamá, Colombia e Ecuador.
  • 24.
    sapoconcho do fangode Oaxaca (Kinosternon oaxacae). É endémico do estado de Oaxaca, México. Pode medir uns 17 cm de longo.
  • 25.
    Sapoconcho estoxo, tartarugaestoxo, tapa cu e casquito escorpión (Kinosternon scorpioides). Vive en lagoas e ríos de América tropical desde México ata o norte da Arxentina. pode medir entre 15 e 18 cm de lonxitude(os machos son os máis grandes). Aliméntase de pequenos animais. Pon entre 2 e 9 ovos. tamén é coñecida como tartaruga escorpión porque ten o rabo rematado nunha uña. Recoñécense varias subespecies: K.s. abaxillare ,de Chiapas (México); K.s. albogulare desde, Honduras a Panamá; K.s. carajensis, do sur de Pará (Brasil); K.s. pachyurum, de Bolivia; K.s. panamense, de Panamá; K.s. scorpioides, de Panamá, Colombia, Ecuador, norte de Perú zonas de Brasil e Bolivia; K.s. seriei, do sur de Bolivia, leste de Paraguai e norte de Arxentina; e K.s. cruentatum, do surleste de México a O Salvador.
  • 26.
    Sapoconcho de pantanode Sonora (Kinosternon sonoriense). Atópase en Chihuahua e Sonora, Mexico, e Arizona e Novo México, Estados Unidos. Pode medir de 8 a 16 cm de longo. Aliméntase pequenos animais. Fai ata catro postas ao ano de ata 10 ovos que tardan case un ano en eclosionar. Recoñécense 2 subespecies: K. s. sonoriense e K. s. longifemorale
  • 27.
    Exemplar da subespeciehipocrepis sapoconcho de pantano do leste ou tartaruga de pantano común (Kinosternon subrubrum) atópase en pozas, lagoas e outros hábitats de agua doce de case toda a metade leste dos Estados Unidos. Pode medir entre 7 e 10 cm de lonxitude. Aliméntase de pequenos animais. Recoñécense as subespecies: K. s. subrubrum, a especie tipo ou tartaruga de pantano do leste, K. s. hippocrepis, tartaruga de pantano do Mississippi, e K. s. steindachneri , tartaruga de pantano de Florida.
  • 28.
    Sapoconcho cheirento carenado(Sternotherus carinatus). Orixinario de zonas de corrente lenta e augas quedas do sur dos Estados Unidos. Pode medir entre 13 y 16 cm (os machos son os máis grandes). Aliméntase de pequenos animais. Pon 4 ou 5 ovos que eclosionan aos 3 meses. Fanse adultos entre os 4 e os 5 anos.
  • 29.
    Sapoconcho amiscleiro aplanado(Sternotherus depressus). É endémico do norte de Alabama (Estados Unidos). Mide entre 7,5 e 10 cm de longo. Aliméntase de pequenos animais. Viven máis de 20 anos en cautividade.
  • 30.
    Sapoconcho cheirento cabezón(Sternotherus minor). É nativa do surleste dos Estados Unidos. Pode medir entre 10 e 12 cm (os machos son os máis grandes). Poñen 2 veces ao ano, uns 5 ovos cada vez que eclosionan entre 2 e 3 meses despois.fanse adultos entre os 4 e os 7 anos de vida (os machos primeiro). Recoñécense 2 subespecies: S.m. minor, de Xeorxia, Alabama e Florida; e S.m. peltifer, de Tennessee, Virxinia, Kentucky, Alabama e Mississippi Individuo da subespecie peltifer
  • 31.
    Sapoconcho cheirento común( Sternotherus odoratus). Atópase por todo o leste dos Estados Unidos e no surleste de Canadá. Mide entre 12 e 13 cm de lonxitude. É omnívoro. Pon, ata 3 veces ao ano, entre 3 e 9 ovos. pode vivir máis de 40 anos.
  • 32.
    sapoconcho chopontil outartaruga amiscleira de peto estreito (Claudius angustatus). Atópase en zonas pantanosas e correntes lentas, de augas pouco profundas, con fondos lamacentos e vexetación abundante, do sur de México, en Guatemala e en Belice. Mide entre 12 e 17 cm (as femias acadan menos tamaño ca os machos). Aliméntase de pequenos animais e algunhas plantas. Pon de 2 a 8 ovos, varias veces ao ano, que tardan en eclosionar entre 3 e 5 meses.
  • 33.
    Sapoconcho amiscleiro doPacífico (Staurotypus salvinii). Atópase en masas de auga pouco fondas de algunhas zonas da costa do Pacífico do sur de México (en Oaxaca e Chiapas), Guatemala e O Salvador. Mide entre 18 e 25 cm (os machos son os máis pequenos). Aliméntase de pequenos animais e de vexetais. Fai ata tres postas ao ano, de 6 a 10 ovos, que eclosionan nuns 3 meses.
  • 34.
    Sapoconcho amiscleiro mexicanoxigante(Staurotypus triporcatus ). Atópase no sur de México e en Guatemala, Belice e Honduras. Pode medir ata 38 cm (os maxchos son os máis pequenos). Aliméntase de pequenos animais e de vexetais. Fai ata tres postas ao ano, de 4 a 6 ovos que eclosionan nuns 3 meses.
  • 35.
    Sapoconcho europeo (Emysorbicularis). Vive en cursos de auga de corrente lenta do centro e do sur de Europa, de Asia Occidental e da zona mediterránea de África. Forma parte da fauna de Galiza. O tamaño varía según as zonas desde os 12 aos 38 cm de lonxitude. Aliméntase de pequenos animais e restos. Pon entre 3 e 12 ovos. Fanse adultos entre os 12 e os 20 anos (as femias son as que maduran máis tarde). Recoñécense numerosas subespecies, ata 17 segundo algúns autores: E.o. aralensis, do Lago Aral; E.o. capolongoi, da Sardeña; E.o. colchica e E.o. eiselti, de Turquía; E.o. fritzjuergenobsti, do leste de España; E.o. galloitalica, de Francia e do sur de Italia; E.o. hellenica, de Grecia; E.o. hispanica, de Doñana (España) e de Portugal; E.o. iberica, de Xeorxia e Azerbaixan; E.o. kurae, do Cáucaso; E.o. lanzai, de Córcega; E.o. luteofusca, de Anatolia; E.o. occidentalis, do norte de África; E.o. orbicularis, do oeste de Francia, Alemania e Rusia; E.o. orientalis e E.o. persica, de Irán; e E.o. taurica, de Crimea, Ucraína.
  • 36.
    sapoconcho siciliano (Emystrinacris). É endémico de Sicilia. Pode medir máis de 30 cm de longo. Aliméntase de animais, restos e vexetais. Pon de 3 a 9 ovos que eclosionan aos 3 meses. Coñecense exemplares moi lonxevos.
  • 37.
    Sapoconcho de Blanding(Emydoidea blandingii ou Emys blandingii). Atópase nos Estados Unidos e no Canadá. Mide de 18 a 23 cm de lonxitude. Aliméntase de pequenos animais e de vexetais. Poñen un promedio de 8 ovos, o número depende da zona e do tamaño da femia. Fanse adultos despois dos 14 anos.
  • 38.
    sapoconcho occidental outartaruga do Pacífico (Actinemys marmorata ou Emys marmorata). Atópase pola costa oeste de Estados Unidos e de México. Mide ata 20 cm de lonxitude. É omnívoro aínda que a maior parte da dieta componse de pequenos animais. Pon entre 5 e 12 ovos. fanse adultos despois dos 10 anos e poden vivir en libertade máis de 30 anos.
  • 39.
    Sapoconcho moteado outartaruga moteada (Clemmys guttata). Vive en zonas de auga doce pouco profundas nos bosques do sur de Canadá (Ontario) e o leste dos Estados Unidos. Mide entre 8 e 12 cm. É omnívoro.Pon dúas veces ao ano de 4 a 8 ovos que tardan uns 3 meses en eclosionar. Fanse adultos entre os 7 e os 10 anos e poden vivir máis de 40 anos.
  • 40.
    Sapoconcho de bosque(Glyptemys insculpta). Atópase, en correntes lentas e lagoas, polo norleste dos Estados Unidos e o surleste do Canadá. Pode medir entre 14 e 20 cm de lonxitude. É omnívoro. Pon 6 ou 7 ovos que eclosionan uns tres meses despois da posta. Faise adulto a partir dos 14 anos e pode vivir máis de 40.
  • 41.
    sapoconcho de pantano(Glyptemys muhlenbergii). Atópase, polo leste dos Estados Unidos, en zonas de augas calcarias. Pode medir ata 10 cm de lonxitude. Aliméntase de animais e vexetais. Poñen de 1 a 6 ovos que eclosionan entre 2 e 3 meses despois da posta. Fanse adultos a partir dos 8 anos e poden vivir máis de 30 anos.
  • 42.
    Sapoconcho de Coahuilaou tartaruga caixa acuática (Terrapene coahuila). É endémico dunha pequena área de Cuatro Ciénegas, en Coahuila (México). É o máis acuático dos representantes do seu xénero. Pasa case todo o tempo en pozas e pantanos. Pode medir uns 16 cm de longo. Aliméntase de animais e de vexetais. Pon 2 ou 3 ovos cada vez.
  • 43.
    sapoconcho de monteou tartaruga de caixa manchada, (Terrapene nelsoni). Só se atopa, en pradeiras e bosques secos, nalgunhas localidades da serra Madre Occidental de México. Pode medir uns 15 cm. É omnívoro. Pon entre 1 e 4 ovos que tardan uns 3 meses en eclosionar. Recoñécense 2 subespecies: T. n. nelsoni, no sur da área de distribución, e T. n. klauberi, no norte da área de distribución.
  • 44.
    Tortuga caja decoradatortuga de caja occidental Terrapene ornata). É endémico do centro e suroeste dos Estados Unidos e do norleste de México onde vive en estepas e praderías preto de ríos e pozas. Pode medir uns 14 ou 15 cm. Aliméntase de animais e vexetais. Pon dúas veces ao ano, entre 3 e 8 ovos dos que as crías saen 2 meses despois da posta. Recoñécense 2 subespecies: T. ornata ornata, do centro dos EE. UU., e T. ornata luteola, das zonas máis secas do suroeste dos EE. UU. e do norte de México.
  • 45.
    Sqapoconcho de caixacomún ou ta rtaruga de caixa común (Terrapene carolina). Está distribuída polo surleste dos Estados Unidos e o leste de México onde habitan bosques abertos, prados pantanosos, matos e pasteiros con arbustos. Recoñécense 6 subespecies: T. c. mexicana, da costa do Golfo, e T. c. yucatana, do Iucatán, en México; e T. c. carolina, no leste, T. c. major, da costa do Golfo, T. c. bauri, de Florida, e T. c. triunguis (tartaruga de caixa de tres dedos), do centro, nos Estados Unidos.
  • 46.
    Deirochelys reticularia .Só se atopa, tanto en terra como en augas tranquilas, no surleste dos Estados Unidos. Pode medir ata 25 cm de lonxitude. Aliméntase de animais e de vexetais. Pon de 2 a 15 ovos, que eclosionan pasados uns 5 meses. Poden vivir máis de 20 anos. Recoñécense 3 subespecies: D. r. reticularia, do leste da área, D. r. chrysea, de Florida, e D. r. Miaría, do oeste da área de distribución.
  • 47.
    Sapoconcho pintado (Chrysemyspicta). Atópase por todo o norte e leste dos EE. UU. e nalgunhas zonas do sur do Canadá. Aliméntase de pequenos animais e algúns vexetais. Pon entre 2 e 8 ovos que eclosionan entre os 2 e os 3 meses despois da posta. Recoñécense 4 subespecies: C.p. bellii, da metade norte dos Estados Unidos, algunhas zonas do sur de Canadá e do estado de Chihuahua, en México que pode acadar os 30 cm (é a subespecie máis grande); C.p. dorsalis, de Alabama, Illinois e o río Mississipi que pode medir ata 15 cm; C.p. marginata, do norleste dos Estados Unidos e o surleste de Canadá; e C.p. picta, do leste dos Estados Unidos e algunhas zonas do surleste do Canadá que pode medir entre 15 e 30 cm. Exemplar da subespecie bellii
  • 48.
    sapoconcho mapa deBarbour (Graptemys barbouri). Vive en ríos de Florida, Xeorxia e Alabama, Estados Unidos. Mide de promedio de 9 a 14 cm, pero as femias poden pasar dos 30 cm. Aliméntase de pequenos animais.
  • 49.
    sapoconcho mapa deCagle (Graptemys caglei). É endémico dos ríos Guadalupe, San Antonio e San Marcos de Texas, Estados Unidos. Os machos miden uns 4 cm de lonxitude mentras que as femias poden medir máis de 7 cm.
  • 50.
    sapoconcho mapa deEscambia (Graptemys ernsti). Só se atopa nos sistemas fluviais da badía de Pensacola entre Alabama e Florida. Os machos apenas pasan dos 10 cm de lonxitude mentras que as femias poden pasar dos 25 cm.
  • 51.
    sapoconcho mapa amarelo(Graptemys flavimaculata). Só se atopa no sistema fluvial do río Pascagoula, Texas ( Estados Unidos). Os machos miden ata 10 cm e as femias uns 15 cm. Aliméntase de pequenos animais.
  • 52.
    sapoconcho mapa donorte ou tartaruga mapa común, (Graptemys geographica). Atóase en grandes masas de auga polo centro norte dos Estados Unidos e o surleste do Canadá. Os machos poden medir entre 10 e 16 cm e pesar ata 400 g, mentras que as femias poden pasar dos 25 cm e pesar máis de 2 kg. Aliméntanse de animais.
  • 53.
    Sapoconcho do rioPascagoula (Graptemys gibbonsi)
  • 54.
    Sapoconcho mapuche negroou sapoconcho mapa negro (Graptemys nigrinoda). Vive nos ríos entre Alabama e Mississippi. Aliméntase de pequenos animais e vexetais. Pon varias veces ao ano de 3 a 5 ovos . Os machos fanse adultos a partir dos 3 anos e as femias arredor dos 7 anos.
  • 55.
    sapoconcho mapa anelado(Graptemys oculifera). Só se atopa na cunca do río das Pérolas, no sur dos Estados Unidos. Os machos poden medir uns 10 cm mentras que as femias poden medir máis de 20 cm.
  • 56.
    sapoconcho mapa deOuachita (Graptemys ouachitensis). Atópase por todo o centro-leste e o sur dos Estados Unidos. Os machos poden medir ata 14 cm e as femias ata 25 cm. Recoñécense 2 subespecies: G.o. ouachitensis , da maior parte do espazo, e G.o. sabinensis, do sistema do río Sabine, entre Texas e Louisiana. Exemplar da subespecie sabinensis
  • 57.
    sapoconcho mapa dorío Pearl (Graptemys pearlensis). Só se atopa no sistema do río Pearl (das Pérolas) en Luisiana e Mississippi.
  • 58.
    sapoconcho mapa falso(Graptemys pseudogeographica). Vive no sistema fluvial dos ríos Mississipi e Misouri, nos Estados Unidos. Os machos poden medir ata 15 cm e as femias pasar dos 25 cm. Recoñécense 2 subespecies: G.p. kohnii, do curso baixo do río Mississipi, e G.p. pseudogeographica, da parte alta do río Mississipi e do río Missouri.
  • 59.
    tortuga mapa deAlabama (Graptemys pulchra). É endémico do sur dos Estados Unidos, dos ríos que desembocan na bahía de Mobile desde o Río das Pérolas, en Missisipi, ata o río Amarelo, en Florida. Os machos adultos miden de 9 a 12 cm e as femias de 18 a 29 cm.
  • 60.
    sapoconcho mapa deTexas (Graptemys versa). Vive no río Colorado, Texas. Os machos chegan a medir uns 9 cme as femias máis de 12 cm. Aliméntase de animais e vexetais.
  • 61.
    Sapoconcho de espaldade diamante (Malaclemys terrapin). É nativa dos pantanos salobres do leste e do sur dos Estados Unidos, desde Nova Inglaterra a Texas a o longo da costa do Atlántico e do Golfo de México. Os machos miden ata uns 12 cm, pero as femias chegan aos 19 cm. aliméntase de pequenos animais. Recoñécense Subespecies: tartaruga espalda de diamante de Carolina (M. t. centrata), tartaruga espalda de diamante de Texas (M. t. littoralis), tartaruga espalda de diamante ornametada (M. t. macrospilota), tartaruga espalda de diamante de Mississippi (M. t. pileata), tartaruga espalda de diamante dos mangleiros (M. t. rhizophorarum), tartaruga espalda de diamante da costa oeste de Florida (M. t. tequesta) e tartaruga espalda de diamante do Norte (M. t. terrapin)
  • 62.
    Sapoconcho xeroglífico (Pseudemysconcinna). Vive no surleste dos Estados Unidos. Pode medir ata 30 ou 40 cm, e medra bastante rápido. Aliméntase de animais e vexetais. Recoñécense 5 subespecies: P.c. concinna, que se atopa en case toda a área de distribución, de Texas a Carolina, e pode medir ata 32 cm; P.c. hieroglyphica, do oeste da área de distribución, de Texas a Illinois, que pode medir ata 38 cm; P.c. metteri , da metade oeste da área de de distribución; P.c. mobilensis, do sur da área, de Florida a Texas; P.c. suwanniensis, só dunha pequena zona do oeste de Florida, que pode medir máis de 40 cm.
  • 63.
    sapoconcho da chairacosteira (Pseudemys floridana). Atópase en lagos, pantanos, lagoas, e correntes lentas, da chaira costeira do surleste dos Estados Unidos, desde o surleste de Virxinia, por Florida, ata Alabama. Pode medir máis de 20 cm e pesar de 2,5 a 3,5 kg (as femias máis grandes poden chegar aos 40 cm). Aliméntase principalmente de vexetais.
  • 64.
    Sapoconcho do ríoGrande (Pseudemys gorzugi). Atópase na cunca do río Grande con poboacións nos Estados Unidos e en México.
  • 65.
    Sapoconcho de ventrevermello de Florida (Pseudemys nelsoni). Atópase, en case cualquera tipo de hábitat acuático, en Florida e no sur de Xeorxia. Pode medir dos 20 aos 35 cm de lonxitude e pesar desde 1,8 aos 4 kg (as femias son as máis grandes). Aliméntase principalmente de vexetais.
  • 66.
    Sapoconcho de ventrevermello do norte (Pseudemys rubriventris). Atópase nas zonas costeiras do norleste dos Estados Unidos. Mide, de promedio, case 30 cm de longo e pesa arredor de 3 kg (as femias grandes poden medir ata 40 cm).
  • 67.
    Sapoconcho de Texas(Pseudemys texana). É nativo de regatos, ríos e lagos de Texas . Pode acadar os 30 cm de lonxitude.
  • 68.
    Sapoconcho da Españolaou tartaruga haitiana (Trachemys decorata). Só se atopa mas illas do Caribe: República Dominicana, Haití, Cuba e Porto Rico.
  • 69.
    Sapoconcho cubano oujicotea (Trachemys decussata). Orixinario de Cuba e da illa da Xuventude, e introducido nas Illas Caimán, e na Marie Galante (Guadalupe). Recoñécense 2 subespecies: T. d. decussata, endémica de Cuba, e T. d. angusta, do oeste de Cuba e das Illas Caimán.
  • 70.
    Sapoconcho grande (Trachemysgaigeae). Atópase no suroeste dos Estados Unidos e no norte de México, nos sistemas fluviais do Río Grande e do Río Conchos. Pode medir de 13 a 28 cm. Consume alimento animal e vexetal. Recoñécense 2 subespecies: T. g. gaigeae e T. g.
  • 71.
    Sapoconcho do noroestede México (Trachemys nebulosa). Atópase en ríos lentos, lagos, pantanos, e estanques ao norte de México. Mide entre 25 e 37 cm. Recoñécense 2 subespecies: T.n. hiltoni, da cunca de Río Fuerte, e T.n. nebulosa, do sur da Baixa California.
  • 72.
    Sapoconcho pintado, tartarugade Florida. (Trachemys scripta) Vive en augas doces do centro e do leste dos Estados Unidos e do nordeste de México e foi introducida, por soltas sen control, no leste de Asia, en Australia e en Europa. Pode medir ata 30 cm de lonxitude. Aliméntase animais e de vexetais. Recoñécense 3 subespecies: T. scripta elegans, o sapoconcho de orellas vermellas do centro e do sur dos Estados Unidos e do nordeste de México, a tartaruga máis coñecida do mundo pola súa difusión como animal de compaña; T. scripta scripta,do surleste dos Estados Unidos con orellas de cor amarela; T. scripta troostii, de Tennessee e Kentucky con caracteres intermedios.
  • 73.
    Sapoconcho das Antillascentrais (Trachemys stejnegeri). Atópase en Puerto Rico, Gran Inagua (Bahamas), República Dominicana e Haití. Recoñécense varias subespecies: T. stejnegeri stejnegeri, de Puerto Rico, T. stejnegeri malonei, de Inagua, e T. stejnegeri vicina, da República Dominicana.
  • 74.
    Sapoconcho de CuatroCiénegas (Trachemys taylori). É endémico de Cuatro Ciénegas en Coahuila,no nordeste de Mexico.
  • 75.
    Sapoconcho de Jamaica(Trachemys terrapen). Atópase nas Bahamas e en Jamaica. Mide de 20 a 27 cm (as femias son as máis grandes). É omnívoro. Pon, tres ou catro veces ao ano, de 3 a 8 ovos.
  • 76.
    Sapoconcho do Yaqui(Trachemys yaquia). É orixinario de Chihuahua e Sonora no noroeste de México.
  • 77.
    sapoconcho pintado, morrocoiou tartaruga tigre de río (Trachemys dorbigni). É natural dos cursos de agua doce do Uruguai, o norte de Arxentina e o sur de Brasil. Pode medir de 25 a 32 cm (as femias son as máis grandes). Son omnívoros. Poñen, en dúas ou tres veces cada ano, entre 20 e 40 ovos que eclosionan aos 2 ou 3 meses. Fanse adultos a partir dos 4 ou 5 anos. Recoñécense 2 subespecies: T. dorbigni dorbigni e T. dorbigni adiutrix.
  • 78.
    sapoconcho ou jicoteade Tehuantepec (Trachemys grayi). Nativa do suroeste de México, Guatemala e El Salvador. Recoñécense varias subespecies:T. grayi grayi, T. grayi emolli e T. grayi panamensis.
  • 79.
    Sapoconcho adornado oujicotea adornada (Trachemys ornata). Atópase na costa occidental de México, de Sinaloa a Guerrero. Pode medir máis de 35 cm. Recoñécense varias subespecies: T. ornata ornata, T. ornata callirostris, T. ornata chichirivich, T. ornata venusta, e T. ornata cataspila.
  • 80.
    Sapoconcho acuático derío do sur (Batagur affinis). Atópase en Malasia, Indonesia e Camboia. Recoñécense 2 subespecies: Batagur affinis affinis e Batagur affinis edwardmolli.
  • 81.
    Sapoconcho acuático derío do norte (Batagur baska). É nativa do sur de Asia. Pode medir ata 60 cm de longo. Atópase en perigo de extinción.
  • 82.
    Sapoconcho pintado, Batagurpintado ou tartaruga de mandíbula de serra (Batagur borneoensis). Atópase nas selvas tropicais de Brunei, Indonesia (Sumatra e Kalimantan), Malasia e Tailandia. Está en perigo crítico de extinción.
  • 83.
    sapoconcho de tresraias (Batagur dhongoka). Atópase en Bangladesh , no norte da India e, posiblemente, no Nepal.
  • 84.
    Sapoconcho de coroavermella (Batagur kachuga). Atópase na India. Pode medir máis de 50 cm de longo e pesar ata 25 kilogramos (os machos so acadan a metade da lonxitude que as femias. Aliméntase de vexetais. Poñen entre 10 e 30 ovos. É, probablemente, a máis ameazada das tartarugas de auga doce da India.
  • 85.
    Sapoconcho birmano (Batagurtrivittata). É endémico de Myanmar, moi raro na natureza, críanse con éxito no zoolóxico de Mandalai e nun centro de conservación.
  • 86.
    Tartaruga caixa deMalasia (Cuora amboinensis). Vive en estanques, pantanos, arrozais e cursos de auga de corrente lenta con abundante vexetación de todo o surleste asiático: da India a Vietnam incluídas as illas. Mide ata 25 cm de lonxitude. Aliméntase de animais e vexetais. Pon, varias veces ao ano, de 1 a 5 ovos. Recoñécense 4 subespecies: C.a. amboinensis, C.a. couro, C.a. kamaroma, e C.a. lineata. Exemplar da subespecie kamaroma
  • 87.
    Sapoconcho caixa decabeza amarela ou tartaruga caixa de cabeza dourada (Cuora aurocapitata).É endémico da provincia de Anhui da China Central.
  • 88.
    tartaruga verde dosurleste asiático (Cuora cyclornata). Vive desde o sur da China ata o centro do Vietnam e de Laos. Pode medir de 25 a 30 cm de lonxitude. Recoñécense 2 subespecies: C. c. cyclornata, do centro de Vietnam, e de Laos, de ata 25 cm; e C. c. meieri, do sur da Chyina e do norte do Vietnam, de ata 30 cm.
  • 89.
    tartaruga de caixachina ou sapoconcho oriental de beira amarela (Cuora flavomarginata). Vive en zonas húmidas e pantanos pouco fondos, aínda que ten hábitos bastante terrestres, de China, Taiwán e o Xapón. Pode acadar os 20 cm. É omnívora. Pon, ata tres veces ao ano, de 1 a 3 ovos que eclosionan aos dous meses. Existen 3 subespecies recoñecidas: C.f. evelynae, das illas RyuKyu (Xapón), C.f. flavomarginata, de algunhas zonas do sur da China e de Taiwan, e C.f. sinensis, do sur de China.
  • 90.
    Sapoconcho de caixada Indochina ou sapoconcho vietnamita (Cuora galbinifrons). Atópase no surleste da China, no norte e no centro de Vietnam, en Laos e, posiblemente, no noreste de Camboia. Recoñécense 2 subespecies: C. g. galbinifrons, do surleste da China, e C. g. bourreti , do centro de Vietnam e de Laos.
  • 91.
    Cuora mccordi. Éendémica da provincia de Guangxi, China. Pode medir de 14 a 18 cm.
  • 92.
    Sapoconcho de caixaaquillado (Cuora mouhotii ou Pyxidea mouhotii). Vive no sur da China, na India, Laos, Birmania, Vietnam, Tailandia, e Bhután e ten hábitos terrestres. Pode medir de 15 a 17 cm. Aliméntase de vexetais. Pon uns 4 ovos. Atópase en perigo de extinción. Recoñécense 2 subespecies, C. m. mouhotii e C. m. obsti.
  • 93.
    Cuora pani. Éendémica de China. Só se atopa na parte central das provincias Shanxi, Sichuan e Hubei.
  • 94.
    Sapoconcho de caixado sur de Vietnam (Cuora picturata). É endémico do sur montañoso de Vietnam, pero é posible que tamén se atope no leste de Camboia e no sur de Laos.
  • 95.
    Sapoconcho raiado chinoou tartaruga de caixa de tres raias (Cuora trifasciata). Só se atopa no sur da China. Ten hábitos semiacuáticos. Está considerada en perigo crítico de extinción.
  • 96.
    Sapoconcho de caixade Yunnan (Cuora yunnanensis). É endémica de Yunnan (China). Pensábase que xa se extinguira ata que, no ano 2004, se atopou unha nun mercado en Kunming (China) e outras dúas en anos sucesivos polo que só se coñecen tres exemplares.
  • 97.
    Cuora zhoui. Atópasesó en Guangxi (China). Polo de agora só se coñece por mostras atopadas nos mercados e por tres parellas en posesión de criadores privados en Alemania e nos Estados Unidos.
  • 98.
    tartaruga folla occidental(Cyclemys atripons). Vive en Camboia, surleste de Tailandia e Vietnam. Pode medir ata 20 cm de lonxitude.
  • 99.
    Tartaruga dentada outartaruga folla (Cyclemys dentata). Habita en pantanos e humidais do surleste asiático: Sumatra, Java, Malasia, Birmania, Tailandia, Vietnam e Filipinas. Pode medir ata 25 cm de longo. É omnívora. Pon de 1 a 5 ovos que eclosionan aos 2 meses.
  • 100.
    Tartaruga folla oriental(Cyclemys pulchristriata). Atópase en Camboia e Vietnam. Ten hábitos semiacuáticos.
  • 101.
    tartaruga folla enigmática(Cyclemys enigmatica). Atópase en Malasia e Indonesia (Java, Kalimantan, Sumatra). Pode medir ata 23 cm.
  • 102.
    tartaruga folla marrón(Cyclemys fusca). Só se atopa en Myanmar (Kachin) e, posiblemente, en áreas próximas da India e de Bangladesh. Pode medir ata 24 cm. Ten costumes semiacuáticas.
  • 103.
    tartaruga folla deAssam (Cyclemys gemelli). Só se atopa no norleste da India e en Bangladesh. Pode medir ata 20 cm.
  • 104.
    Tartaruga folla deAsia suroriental (Cyclemys oldhami). É nativa de Indochina. Pode medir ata 25 cm de lonxitude.
  • 105.
    sapoconcho moteado asiático(Geoclemys hamiltonii). Atópase en grandes ríos e en zonas con auga estancada e abundante vexetación acuática, do norte da India, Pakistán, Bangladesh e zonas do Nepal e de Bhután. Pode medir ata 35 ou 40 cm e pesar máis de 5 Kg. É básicamente carnívoro. Pon varias veces ao ano ata 25 ovos que eclosionan aos 2 meses. Fanse adultos entre os 6 e os 8 anos.
  • 106.
    Tartaruga de peitonegro de Okinawa (Geoemyda japonica). Atópase, en zonas boscosas húmidas preto de masas de auga, no arquipélago de Ryukyu. Pode medir entre 15 e 17 cm. É omnívora.
  • 107.
    Tartaruga de peitonegro china (Geoemyda spengleri ). Habita no sur da China, no norte de Vietnam e na illa de Hainan, en bosques e selvas húmidos preto de cursos de auga. Pode medir ata 13 cm. É omnívora. Pon, duas veces ao ano, 1 ou 2 ovos.
  • 108.
    tartaruga brahminy ousapoconcho de río coroado (Hardella thurjii). Vive no norte da India, Pakistán, Nepal e Bangladesh, nas cuncas dos ríos Ganxes , Brahmaputra e Indo. As femias poden medir ata 50 cm pero os machos non chegan aos 20 cm. Ten un curioso hábito reproductivo. Pon os ovos na auga preto da beira, logo, cando baixa o nivel dos ríos, quedan en seco para volver a quedar mergullados despois, coas enchentas, antes de que saian as crías, que son as únicas que nacen na auga.
  • 109.
    tartaruga de bosqueArakan (Heosemys depressa). Só se atopa nas colinas Arakan, no oeste de Myanmar, e noutras fronteiras de Bangladesh onde se move tanto en hábitats terrestres como acuáticos. Pode medir uns22 cm e pesar 1,3 kg. Coñécense moi poucas en libertade e hai menos de 20 en zoolóxicos.
  • 110.
    Tartaruga palustre asiáticaxigante (Heosemys grandis). Atópase en cursos de auga lenta, lagos, pantanos marismas e zonas colindantes, aínda que pasa case todo o tempo en terreo seco, de gran parte do surleste asiático: Myanmar, Camboia, Laos, Vietnam, Tailandia e Malasia peninsular. Pode medir máis de 40 cm e pesar ata 12 Kg. É omnívora. Pon de 4 a 6 ovos que eclosionan aos 3 meses.
  • 111.
    sapoconcho espiñento (Heosemysspinosa). Habita en zonas húmidas, preto dos ríos de montaña, de Malasia, Tailandia, Borneo, Sumatra e outras illas de Indonesia. Pode medir ata 23 cm. É omnívoro. Pon, ata tres veces ao ano, 1 ou 2 ovos.
  • 112.
    tartaruga de templode cabeza amarela (Heosemys annandalii). É nativa do surleste de Asia (Tailandia, Laos, Camboya, Vietnam e Malasia, e posiblemente Myanmar). É poboadora habitual dos estanques dos templos budistas. Pode medir máis de 50 cm de longo. Aliméntase de vexetais.
  • 113.
    tartaruga de bosquede Sulawesi (Leucocephalon yuwonoi). É endémica de Sulawesi, Indonesia. Pode medir de 25 a 27 cm de longo. Só pon 1 ou 2 ovos cada vez .
  • 114.
    tartaruga come caracoismalaia (Malayemys macrocephala). Vive nos cursos de auga de pouca corrente e outras masas de auga do surleste de Asia: oeste de Malasia, Myanmar e Tailandia. Pode medir ata 20 cm. aliméntase de caracois e outros animais acuáticos. Pon de 4 a 6 ovos que eclosionan aos 5 meses.
  • 115.
    Tartaruga come caracoisdo Mekong (Malayemys subtrijuga). Atópase na cunca do río Mekong en Camboia, Laos, o sur de Vietnam, e o norleste de Tailandia. Pode chegar aos 20 cm de lonxitude. Aliméntase de caracois e outros animais acuáticos.
  • 116.
    Tartaruga come caracoisdo Khorat (Malayemys khoratensis). Vive na cunca do río Khorat, no norleste de Tailandia. Pode medir uns 20 cm. É carnívora.
  • 117.
    Sapoconcho do Caspio(Mauremys caspica) Vive en ríos e lagoas do surleste de Europa e áreas próximas de Asia, desde o sur de Rusia, entre o Cáucaso e o mar Caspio, ao leste de Turquía e gran parte de Irán. Mide de 20 a 25 cm. Aliméntase maiormente de outros animais e de restos. Pon de 5 a 9 ovos que eclosionan nun mes. Fanse adultos a partir dos 7 anos. Recoñécense 3 subespecies: M. c. caspica, do leste do Caspio, M. c. siebenrocki, do sur de Irán, e M. c. ventrimaculata, do leste de Turquía e do norte de Irán. Exemplar da subespecie caspica
  • 118.
    Sapoconcho dos Balcáns(Mauremys rivulata). Atópase en Grecia, Turquía, Israel e Siria preto da costa do Mediterráneo. Vive en lagos, estanques e ríos. Aliméntase, maiormente, de outros animais e de restos.
  • 119.
    Sapoconcho leproso (Mauremysleprosa). Atópase en masas de agua doce, ríos e pantanos, do sur de Francia, en España, Portugal,Marrocos, Arxelia e Túnez. Aliméntase principalmente de outros animais e restos. Pon de 2 a 20 ovos, e pode facer varias postas na tempada, que eclosionan aos 3 meses. Fanse adultos a partir dos 5 anos. Recoñécense 2 subespecies:M. l. leprosa, en Europa, e M. l. saharica, en África)
  • 120.
    Sapoconcho do Xapón(Mauremys japonica). Habita en pequenos cursos de auga con fondo fangoso e en estanques con vexetación acuática das illas de Honshu, Shikoku, Kyushu e outras pequenas próximas. Pode medir de 18 a 20 cm. É omnívoro. Pon, 2 ou 3 veces ao ano, de 5 a 9 ovos que eclosionan aos 3 meses. Fanse adultos a partir dos 5 anos.
  • 121.
    galápago amarillo (Mauremysmutica). Vive en corpos de auga pouco fondas e correntes lentas do leste de Asia, desde o centro de Vietnam, ao sur e o centro de China e nas illas de Taiwán, Hainan, e Ryukyu. Mide ata 20 cm de longo. É omnívoro. A poboación das illas Ryukyu está recoñecida como subespecie Mauremys mutica kami.
  • 122.
    sapoconcho vietnamita (Mauremysannamensis). É endémico dunha pequena área do centro de Vietnam. Atópase en grave perigo de extinción.
  • 123.
    sapoconcho indio outartaruga negra india (Melanochelys trijuga). Atópase en estanques, pantanos, ríos arrozais, pozos do sur de Asia, Bangladesh, Myanmar, Sri Lanka, Maldivas e Nepal. É omnívoro. Pon de 2 a 6 ovos que eclosionan aos 2 meses. Recoñécense varias subespecies con distribucións superpostas: M. t. trijuga, e M. t. coronata, da India; M. t. indopeninsularis, de Bangladesh, a India e Nepal; M. t. parkeri, de Sri Lanka; e M. t. thermalis,da India, Sri Lanka e as Maldivas. Exemplar da subespecie parkeri
  • 124.
    tartaruga de tresquillas (Melanochelys tricarinata). Vive no nordeste da India, en Bangladesh e no Nepal. Pode medir ata 17 cm. aliméntase de animais e vexetais. Pon de 3 a 6 ovos que eclosionan aos 2 meses.
  • 125.
    Sapoconcho ocelado birmano,tartaruga acuática de ollos de Bengala,ou tartaruga birmana pavo real (Morenia ocellata). Vive en masas de auga, temporais ou permanentes, do sur de Birmania. Pode medir ata 24 cm de longo. Aliméntase de vexetais. Pon de 5 a 8 ovos que eclosionan dos 2 aos 3 meses.
  • 126.
    Sapoconcho ocelado daIndia ou tartaruga de ollos india (Morenia petersi). Vive no norleste da India e en Bangladesh. Os machos poden medir uns 12 cm e as femias ata 20 cm. pon habitualmente 2 ovos
  • 127.
    Sapoconcho plano malaio(Notochelys platynota). Vive en augas craras, pouco fondas e sen correntes e en lugattres húmidos da selva de Tailandia, Malasia, Indonesia , Brunei e Singapur. Pode medir ata 32 cm de lonxitude. Aliméntase principalmente de vexetais.
  • 128.
    tortuga gigante deMalasia o tortuga de río de Borneo (Orlitia borneensis). Atópase en ríos e lagos de Indonesia e Malasia. Pode medir ata 80 cm de lonxitude. É omnívora.
  • 129.
    tortuga marrón techo(Pangshura smithii). Atópase nas cuncas dos ríos Indo e Ganxes. Pode acadar 24 cm de lonxitude. É omnívoro. Recoñécense varias subespecies: P. s. smithii, dos ríos Indo, Ganxes e Brahmaputra en Bangladesh, a India e Pakistán; P. s. pallidipes, dos afluentes septentrionais do Ganxes na India e no Nepal.
  • 130.
    tortuga Assam techoSylhet tortuga techo (Pangshura sylhetensis), Atópase en hábitats terrestres e de auga doce nos bosques húmidos tropicais das tierras altas,en regatos e pequenos ríos do leste de Bangladesh, zona s lindantes da India e en Bhután. Pode acadar os 20 cm de longo. É unha especie rara pouco coñecida.
  • 131.
    tortuga india techo(Pangshura tecta). Atópase en áreas de auga tranquila, fondo blando e abundante vexetación acuática dos principais ríos de Asia del Sur. Se puede distinguir por el "techo" distinto en la parte más alta de la cáscara. Se encuentra en. El caparazón arqueado, elíptico (a 23 cm). É omnívora. Pode poñer de 3 a 14 ovos que eclosionan entre 2 e 4 meses despois da posta. É unha mascota común no subcontinente indio.
  • 132.
    tortuga de carpaindia (Pangshura tentoria). Atópase nos ríos da India e de Bangladesh. Pode acadar 27 cm de lonxitude. Aliméntase de animais e de vexetais. Realiza postas de 4 a 8 ovos. Recoñécense varias subespecies: P. t. tentoria, dos ríos Mahanadi, Godavari e Krishna; P. t. circumdata, dos tramos superior e central da cunca do río Ganxes na India; e P. t. flaviventer, da cunca inferior do Ganxes na India e en Bangladesh. Exemplar da subespecie circundata
  • 133.
    tartaruga de catroollos de Beale (Sacalia bealei). Vive en lagoas, estanques, ríos e regatos de montaña, de ambientes cálidos e húmidos da China. Pode medir ata 15 cm. É omnívora.
  • 134.
    tartaruga de catroollos (Sacalia quadriocellata). Atópase en pozas e regueiros dos bosques do sur da China, o noreste de Laos e nas montañas do norte e do centro de Vietnam. Pode chegar aos 15 cm de longo. Aliméntase fundamentalmente de vexetais. Pon de 2 a 6 ovos.
  • 135.
    Tartaruga negra depantano (Siebenrockiella crassicollis). Atópase en cursos de auga de corrente lenta e estancadas con fondos lamacentos e vexetación acuática do surleste de Asia: o sur de Myanmar, Tailandia, Singapur, Camboia, Laos, no sur de Vietnam, en Malasia e en varias illas de Indonesia (Sumatra, Java, Borneo, ...). poden chegar aos 20 cm de longo. É omnívora. Pon 3 ou 4 veces ao ano, 1 ou 2 ovos que eclosionan pasados uns 2 meses.
  • 136.
    Sapoconcho de Filipinas,tartaruga de Palawan ou tartaruga de bosque de Filipinas (Siebenrockiella leytensis). Só se atopa nunha área de menos de 100 km 2 ao norte de Palawan e algunhas illas circundantes. Pode medir ata 30 cm de lonxitude.
  • 137.
    tartaruga de bosqueCochin, tartaruga de bosque Kavalai ou tartaruga de cana (Vijayachelys silvatica). Atópase en bosques densos de folla perenne do oeste da India. Pode medir uns 12 cm. Aliméntase de animais e de vexetais.
  • 138.
    Tartaruga de terraparda, tartaruga de bosque café, Montañero (Rhinoclemmys annulata). Vive en bosques tropicais e matos das proximidades de zonas pantanosas ou augas de corrente lenta de distintas zonas de Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Colombia e Ecuador. Pode medir ata 20 cm. É hervíbora. Po só 1 ou 2 ovos que eclosionan pasados 3 ou 4 meses.
  • 139.
    tortuga de bosquede Maracaibo (Rhinoclemmys diademata). Atópase arredor das costas do lago Maracaibo, en Colombia e Venezuela. Pode medir ata 28 cm de longo. É omnivora.
  • 140.
    tartaruga negra (Rhinoclemmysfunerea). Habita no leste de Nicaragua, en Costa Rica e Panamá .pode chegar aos 30 cm de longo. Aliméntase de vexetais. Pon, 3 ou 4 veces ao ano, de 2 a 5 ovos que eclosionan aos 3 meses.
  • 141.
    Tartaruga de bosquecolombiana (Rhinoclemmys melanosterna). Habita en áreas pantanosas, pozos da selva e esteiros das terras baixas do Pacífico, en Panamá, Colombia e o noroeste do Ecuador. Pode medir ata 30 cm. Aliméntase, preferentemente, de vexetais.
  • 142.
    tartaruga de bosquede nariz longa (Rhinoclemmys nasuta) que habita en ríos e humidais de Colombia e Ecuador. Pode medir ata 22 cm (as femias son máis grandes que os machos). Aliméntase, principalmente, de vexetais. Pon un só ovo por niñada e faise adulta entre os 12 e os 14 anos.
  • 143.
    tartaruga dragón, tartarugade bosque mexicana , tartaruga pintada de bosque (Rhinoclemmys pulcherrima)atópase por América Central. Pode medir ata 20 cm de longo. Pon, 2 ou 3 veces ao ano, de 1 a 5 ovos. Recoñécense 4 subespecies: R. p. incisa, do sur de México, Guatemala, El Salvador, Honduras e Nicaragua; R. p. manni, do sur de Nicaragua e do norte de Costa Rica; R.p.pulcherrima, dos estados mexicanos de Oaxaca e Guerrero; e R. p. rogerbarbouri, de Sonora (México). Exmplar da subespecie manni
  • 144.
    tartaruga de patasmoteadas (Rhinoclemmys punctularia). Vive en pozas, humidais, zonas pantanosas e bosques húmidos preto cursos de agua, e incluso en lagos,do norte do Brasil, Guaiana Francesa, Guiana, Surinam, Trinidad e Tobago e Venezuela. Pode medir ata 25 cm. É omnívora. Pon, en calquera época do ano, de 1 a 3 ovos que eclosionan aos 3 meses. Recoñécense 3 subespecies: R.p. flammigera, do suroeste de Venezuela; R.p. lunata, bastante descoñecida; R.p. punctularia, do norleste de Venezuela, Trinidad e Tobago, Guiana, Surinam, Guiana francesa e norleste do Brasil.
  • 145.
    tartaruga moteada mexicanaou tartaruga pallaso de monte (Rhinoclemmys rubida). Habita en bosques húmidos e outeiros con mato nos estados de Chiapas, Oaxaca, Guerrero, Michoacán, Colima e Jalisco; en México. Mide entre 15 e 23 cm. É omnívora, pero prefire a comida de origen vexetal. Só pon entre 1 e 3 ovos grandes. recoñécense 2 subespecies: R.r. perixantha, dos estados de Jalisco, Colima, Michoacán e Guerrero, que pode medir ata 23 cm; e R.r. rubida, dos estados de Oaxaca e Chiapas, que non adoita
  • 146.
    Tartaruga rugosa debosque ou tartaruga chorona (Rhinoclemmys areolata). Atópase nas sabanas húmidas e nas proximidades de zonas pantanosas ou de correntes lentas de algunhas zonas de México (de Veracruz a Yucatán), en Belice, Guatemala e Honduras. Poden medir ata uns 20 cm. É omnívora . Pon de 6 a 9 ovos que eclosionan arredor dos 2 meses despois da posta
  • 147.
    As imaxes fotográficasforon collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta E aquí polo de agora, imos facer un descanso que para rematar aínda queda un anaco.