Presentación en torno á figura do trobador "Señor de Rianxo", Paio Gomez Chariño; elaborada por un alumno do ENDL do IES Félix Muriel, para o Proxecto Rianxo 2112.
Presentación apañada das presentacións de Paco Díaz (CFR Pontevedra) , dunha usuario descoñecido do slideshare (guest4c97bcd) e do Wikibooks de Miguel Bugallo.
Presentación apañada das presentacións de Paco Díaz (CFR Pontevedra) , dunha usuario descoñecido do slideshare (guest4c97bcd) e do Wikibooks de Miguel Bugallo.
2. Paio Gómez
Chariño de Soutomaior.
Foi brillante mariñeiro,
Almirante de Castela,
adiantado maior de
Galicia, Señor de
Rianxo, valente
soldado. Membro da
casa de Soutomaior,
chegou a ter unha gran
influencia na corte de
Castela.
Participou activamente
na toma de Sevilla, foi
recompensado coa
señoría de Moguer.
3. Do seu poderío
económico deu fe o seu
magnífico sepulcro coa
estatua xacente que temos
na igrexa de San
Francisco, en Pontevedra
cuxa inscrición di así:
“aquí xace o moi nobre
cabaleiro Paio Gómez
Chariño, o primeiro
señor de Rianxo, que
gañou a Sevilla sendo de
moros e os privilexios
desta vila”
4. Viviu uns 80 anos,
unha barbaridade para
a época e máis tería
vivido de non ser
asasinado vilmente por
un tal Rui Pérez de
Tenorio. Participaba
Gómez Chariño nunha
mediación entre os reis
de Castela, don Juan e
don Enrique, cando o
tal Rui Pérez apuñalou
polas costas a Paio,
causándolle unha morte
instantánea.
5. Pero a faceta
menos coñecida de
Paio Gómez Chariño
é a que qeremos
resaltar hoxe aquí.
Paio era, ademais
de todo o dito, o
primeiro trobador
que se deu conta de
que “amores” rima
con “flores”, como
demostran estes
versos da súa
autoría:
6. As frores do meu amigo
Briosas van no navío.
E vánse as frores
daquí bem con meus amores.
Idas son as frores
daquí bem con meus amores.
As frores do meu amado
briosas vam e-no barco.
E van-se as frores
Daqui bem com meus amores.
Ai ffroles do meu amigo Idas som as frores
daqui bem com meus amores
…………
7. MÁIS INFORMACIÓN…
• AULA DE LITERATURA PORTUGUESA
• CANTIGAS MEDIEVAIS GALEGO-PORTUGUESAS
• BARBANTIA
• MONOGRAFÍAS
• GALIPEDIA
• AUTORES GALEGOS
• YOUTUBE:
– A LENDA DE PAI GOMES CHARINHO
– AI FFROLES DO MEU AMIGO