Con mar rizado veñen motoras mariñeiras
deixando atrás os tombos das horas máis amargas,
as de Malpica buscan o sinal das Sisargas,
as de Fisterra queren abrazar as Lobeiras,
outras, de Camariñas, escrutan as cimeiras
por veren, entre nubes escuras ou descargas,
cabo Vilán e as luces, protectoras adargas,
todas a procuraren o abeiro das ribeiras.
Non é tempo de loita senón de moratoria,
de mollarse en cervexa triscando algunha historia,
simplemente agardando que vire para o norte,
que o vendaval amaine. Do vendaval herdamos
a afouteza, do norte nace a fala que amamos,
fillos deste mar somos, Costa da Morte.
Miro Villar, do libro Equinoccio de primavera
Aquel mar
fíxose irremediabelmente océano
e andamos xa
sen o vaivén das ondas
a debuxarnos o sorriso.
Ás estremecidas augas
das tardes de outrora
entregámoslles
en xesto de despedida
os bicos dos primeiros beizos.
Esa escuma
é a que aínda hoxe
se anda a insuar
na cintura das marés.
Rafa Villar, do libro O tributo da tarde
así doen as moas apretadas contra ti, coma un barco,
unha traxedia para un pobo
ou o recordo dun menbro fantasma. doe
porque non te das ido aínda que marcharas,
e non hai bálsamos para o baleiro dun amputado.
nin sequera doses xustificadas de codeína
contestan as miñas mensaxes.
nunca preguntas.
por min. nunca preguntas por min.
así doe a praia na que nos coñecemos.
toda ela cábeme espesa nos petos do abrigo
e entérranse as mans entre as cunchiñas, facéndome cortes.
sabes que sangro polas mañáns?
pequenos cortes invisibles que deixou todo o que vén despois da marea.
así doe novembro,
e máis.
inmenso.
onde o mar rompe contra as rochas
novembro doe inmenso.
alí é onde máis manca
que non che sexa
nin sequera un recordo
María Lado, do libro Nove
A misión (días de Cipralex)
Non sei hai canto tempo aconteceu…
Dez anos? cincuenta? cinco mil
millóns….?
lembro como saímos das
profundidades do mar…
a nosa especie… ti e mais eu
para habitar o baleiro que tiñamos no
peito
para atoparnos e fusionarnos.
Lembro aqueles tempos…
vivimos no verán daquela praia
sen movernos do sitio
e como polas noites
todas as estrelas do universo
eran remprazadas por fogos de
artificio.
Había festas no planeta
e máis alá do pinar, aquela noria era
o noso faro,
e todas as voces distantes
o límite da fronteira do noso amor.
toda unha vida coa area de diario
para nós
Despois
a túa pel mudou,
xa non querías ver o mar
nin as constelacións
o que para ti era unha evolución
para min foi a devastación…
e non houbo máis
por todos os días
que un exército
aniquilando
a expansión.
Non houbo un motivo
para saberme especie de ti
era iso
tan só
un recordo teu
en min…
millóns de anos esquecidos….
e nin a túa sombra nas miñas mañás
nin o teu olor nas tatuaxes dos meus
brazos
ningún mapa
ningún camiño
sabía de ti
máis que a espiral
que todas as noites
me levaba de volta
ata o núcleo mesmo
da soidade.
E a derrota
esta derrota de diario
foi peor
que todas as batallas
de todos os séculos
que non vivimos nos tempos.
Suso Bahamonde, do libro Expansión
A praia é enorme
coma un deserto de area
e no centro a chatarra. Eu camiño de vagar
seguindo as marcas
das plumas das gueivotas. Levo un cormorán
prendido da camisa
e a arquitectura dun arao
silencioso. Pero non hai tenrura das miñas mans
saco nubes perfumadas
e adéntrome no mar dou
de beber
ós aeroplanos.
Estevo Creus
Tóma o teu tempo
viste a modo o teu traxe de buzo
achégate a beira da praia
toca a auga
comeza a nadar
lonxe
mar adentro
ata que haxa uns 6 ou 7 metros de calado
sumérxete
cando toques o fondo
cando toques a area
senta e mira cara arriba
vé filtrar a través da auga os raios de sol
esa superficie en movemento
cristalina
entón
comprenderás
David Creus

Poemas

  • 1.
    Con mar rizadoveñen motoras mariñeiras deixando atrás os tombos das horas máis amargas, as de Malpica buscan o sinal das Sisargas, as de Fisterra queren abrazar as Lobeiras, outras, de Camariñas, escrutan as cimeiras por veren, entre nubes escuras ou descargas, cabo Vilán e as luces, protectoras adargas, todas a procuraren o abeiro das ribeiras. Non é tempo de loita senón de moratoria, de mollarse en cervexa triscando algunha historia, simplemente agardando que vire para o norte, que o vendaval amaine. Do vendaval herdamos a afouteza, do norte nace a fala que amamos, fillos deste mar somos, Costa da Morte. Miro Villar, do libro Equinoccio de primavera
  • 2.
    Aquel mar fíxose irremediabelmenteocéano e andamos xa sen o vaivén das ondas a debuxarnos o sorriso. Ás estremecidas augas das tardes de outrora entregámoslles en xesto de despedida os bicos dos primeiros beizos. Esa escuma é a que aínda hoxe se anda a insuar na cintura das marés. Rafa Villar, do libro O tributo da tarde
  • 3.
    así doen asmoas apretadas contra ti, coma un barco, unha traxedia para un pobo ou o recordo dun menbro fantasma. doe porque non te das ido aínda que marcharas, e non hai bálsamos para o baleiro dun amputado. nin sequera doses xustificadas de codeína contestan as miñas mensaxes. nunca preguntas. por min. nunca preguntas por min. así doe a praia na que nos coñecemos. toda ela cábeme espesa nos petos do abrigo e entérranse as mans entre as cunchiñas, facéndome cortes. sabes que sangro polas mañáns? pequenos cortes invisibles que deixou todo o que vén despois da marea. así doe novembro, e máis. inmenso. onde o mar rompe contra as rochas novembro doe inmenso. alí é onde máis manca que non che sexa nin sequera un recordo María Lado, do libro Nove
  • 4.
    A misión (díasde Cipralex) Non sei hai canto tempo aconteceu… Dez anos? cincuenta? cinco mil millóns….? lembro como saímos das profundidades do mar… a nosa especie… ti e mais eu para habitar o baleiro que tiñamos no peito para atoparnos e fusionarnos. Lembro aqueles tempos… vivimos no verán daquela praia sen movernos do sitio e como polas noites todas as estrelas do universo eran remprazadas por fogos de artificio. Había festas no planeta e máis alá do pinar, aquela noria era o noso faro, e todas as voces distantes o límite da fronteira do noso amor. toda unha vida coa area de diario para nós Despois a túa pel mudou, xa non querías ver o mar nin as constelacións o que para ti era unha evolución para min foi a devastación… e non houbo máis por todos os días que un exército aniquilando a expansión. Non houbo un motivo para saberme especie de ti era iso tan só un recordo teu en min… millóns de anos esquecidos…. e nin a túa sombra nas miñas mañás nin o teu olor nas tatuaxes dos meus brazos ningún mapa ningún camiño sabía de ti máis que a espiral que todas as noites me levaba de volta ata o núcleo mesmo da soidade. E a derrota esta derrota de diario foi peor que todas as batallas de todos os séculos que non vivimos nos tempos. Suso Bahamonde, do libro Expansión
  • 5.
    A praia éenorme coma un deserto de area e no centro a chatarra. Eu camiño de vagar seguindo as marcas das plumas das gueivotas. Levo un cormorán prendido da camisa e a arquitectura dun arao silencioso. Pero non hai tenrura das miñas mans saco nubes perfumadas e adéntrome no mar dou de beber ós aeroplanos. Estevo Creus
  • 6.
    Tóma o teutempo viste a modo o teu traxe de buzo achégate a beira da praia toca a auga comeza a nadar lonxe mar adentro ata que haxa uns 6 ou 7 metros de calado sumérxete cando toques o fondo cando toques a area senta e mira cara arriba vé filtrar a través da auga os raios de sol esa superficie en movemento cristalina entón comprenderás David Creus