os réptiles
Os réptiles son vertebrados co corpo cuberto de
escamas e/ou placas, con ou sen patas, reprodución
ovípara ou ovovivípara e fecundación interna.
Coñécense 8.238 especies.
En Galicia censáronse 29 especies de réptis.
RÉPTILES
ANÁPSIDOS

ARCOSAURIOS

LEPIDOSAURIOS

cranio sen aberturas
temporais

cloaca lonxitudinal
placas duras

cloaca transversal
mudan a pel

RINCOCÉFALOS

ESCAMOSOS

SAURIOS

OFIDIOS
ANÁPSIDOS
Son réptles co cranio sen aberturas temporais.
A maioría extinguíronse.
QUELONIOS ou TESTUDÍNEOS
teñen unha cuberta externa ríxida
que lle cobre o corpo, soldada á
columna vertebral, na que tamén
poden agochar as patas e a
cabeza. Non teñen dentes.
Sapoconcho riscado (Mauremys leprosa).
De orixe mediterránea, atópase no sur de
Pontevedra.
Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea).
Pode acadar 2 m de lonxitude e 500 kg de peso.
En Galicia aparecen esporádicamente cinco
especies de tartarugas mariñas: tartaruga boba,
bastarda, verde, carei e de coiro.
Tartaruga boba (Caretta caretta). A tartaruga mariña que visita máis
a miúdo a costa galega, xeralmente exemplares xuvenís.
Tartaruga de Florida (Trachemys scripta elegans).
Introducida como mascota, estase a converter
nunha praga nagúns lagos e ríos galegos.
Tartaruga xigante das Galápagos (Geochelone nigra)
Pode acadar 1,80 m de longitud e pesar máis de 225 kg.
Vive nas Illas Galápagos e hai varias subespecies .
Poden vivir ata 130 anos.
“Solitario George”, o último exemplar da
subespcie Geochelone nigra abingdoni.
Morreu en xuño de 2012.
ARCOSAURIOS
Cránio con aberturas temporais
(diápsidos).
CROCODILOMORFOS
•Cloaca lonxitudinal
•Dentes comprimidos lateramente
•Corazón con catro cámaras
•Placas duras
Caimán, iacaré (Caiman yacare).
Atópase polas rexións tropicais e
subtropicais de América
RINCOCÉFALOS
Diápsidos, cloaca transversal, mudan a pel, sen pene.

Tuatara. Vive en Nova Celandia. Algúns exemplares superan os 112 anos.
SAURIOS

-pel cuberta de escamas,
-órganos copuladores
(hemipenes)
-parte superior da mandíbula
unida rixidamente ao cránio.
-órganos de Jacobson
(olfativos)
-catro patas con cinco dedos
-poden desprenderse da cola
Lagarto arnao ou arnal (Lacerta lepida). Pode medir ata 60 cm dos
que máis da metade corresponden ao rabo. É bastante común. Vive
en buratos e tobos e aliméntase de pequenos animais. As crías, ao
saíren dos ovos, son iguais que os pais, e so se diferencian en
pequenos detalles como as cores e a forma da cabeza.
Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi). Os machos teñen
unha brilante cor azul na gorxa. É unha especie endémica do
noroeste ibérico, abundante en Galicia en zonas arbustivas e
de matogueira, lindeiros de bosques…

xuvenil
Lagartixa galega (Podarcis bocagei). Especie
endémica galega moi común. Atópase desde os
areais costeiros ata as matogueiras de alta
montaña. Os machos son máis grandes e robustos
que as femias e co lombo verde.
Lagartixa da serra (Lacerta monticola).
En Galicia é común no norte e nordeste.
Lagartixa leonesa (Iberolacerta galani).
En Galicia so se atopa nas alturas de Trevinca.
Lagartixa dos penedos (Podarcis
hispanica). Común na metade sur de
Galicia.
Lagartixa rabuda (Psamodrus algirus).
Escasa en Galicia, atópase na metade sur.
Lagartixa das brañas (Zootoca vivipara).
En Galicia atópase no Xistral e Os Ancares.
Osga (Tarentola mauritanica).
É de costumes nocturnos e ten os dedos provistos dunhas
láminas que lle permiten apegarse ás superficies moi lisas. Moi
rara en Galicia, só se atopa nas comarcas de Valdeorras e Verín.
Esgonzo (Chalcides striatus). Os esgonzos son lagartos coas
patas pouco desenvolvidas rematadas en tres dedos.
Atópase en zonas cálidas e abrigadas con vexetación baixa.
Esgonzo de cinco dedos
(Chalcides bedriagai).
En Galicia só se atopa
nalgúns puntos das Rías
Baixas e Illas Cíes.
Escáncer (Anguis frágilis). Está presente en toda
Galicia. É un lagarto sen patas que pode acadar os
20 cm de lonxitude. Vive en zonas de vexetación
mesta (herbais, matogueiras ou bosques).
Lagartos en Madeira
Lagartixas das Illas Galápagos.
Lagartixas da Illas Galápagos.
Iguana terrestre
(Iguana iguana)

macho marcando o territorio
Iguana terrestre das Galápagos
(Cronolophus subcristatus)
Iguana mariña (Amblyrhynchus cristatus).
Vive unicamente nas illas Galápagos.
Iguana mariña

Iguana mariña
Iguana mariña
Varano
Camaleón
OFIDIOS
Non teñen extremidades, nen tímpano nen pálpebras nos
ollos.
Cobregón (Malpolon monspessulanus).
É a máis grande das cóbregas galegas.
Pode acadar os dous metros de
lonxitude. Aliméntase de lagartos,
outras cobras e animais pequenos. Ten
dentes velenosos, pero situados moi
atrás na mandíbula, polo que a súa
mordedura non é perigosa.
“camisa” de cobregón.
Cobra sapeira, cobra de auga (Natrix
maura). Vive ligada aos medios acuáticos.
Atópase por toda Galicia.
Víbora de Seoane (Vipera seoanei).
Endemismo ibérico que se atopa
por toda Galicia.
Mamba verde
Víbora do deserto,
víbora cornuda
(Vipera ammodytes)
Cobra de Anteollos
(Naja naja).
Vive na India.
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Mon
Daporta, Internet.
DEBUXOS: Mon Daporta

Reptiles