1ºESO-CCNN: universo, composición do Universo, orixe do Universo, planetas do sistema solar, teorías sobre o universo, outros corpos do sistema solar (satélites, cometas, asteroides, meteoritos)
Quizais sexa pola acción da materia, ou por algunha razón que aínda descoñece, os mási de 1000000 millóns de galaxias que compoñen o Universo teñen tendencia a reunirse en enxames, chamados cúmulos.
1ºESO-CCNN: universo, composición do Universo, orixe do Universo, planetas do sistema solar, teorías sobre o universo, outros corpos do sistema solar (satélites, cometas, asteroides, meteoritos)
Quizais sexa pola acción da materia, ou por algunha razón que aínda descoñece, os mási de 1000000 millóns de galaxias que compoñen o Universo teñen tendencia a reunirse en enxames, chamados cúmulos.
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións anoiteenecesaria
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións presentada no VII CMON celebrado o 14 de decembro de 2019 en Santiago de Compostela. Documento preparado por Salva Bará, Martin Pawley e Dosi Veiga.
2. Só vemos unha moi pequena parte da
radiación electromagnética
Imaxe: adaptado ao galego desde a versión orixinal de Philip Ronan. Fonte: wikipedia.
O noso sistema visual detecta só a radiación electromagnética cuxas longuras
de onda están entre 0,4 e 0,7 milésimas de milímetro, o que chamamos
espectro visíbel, do violeta ao vermello. Non vemos outras longuras de onda:
nin o infravermello (como as serpes), nin o ultravioleta (como as abellas), nin as
microondas ou os raios X e .
γ
3. Tampouco vemos o que non é
radiación electromagnética
Capa da revista Science. Imaxe: Jamie
Yang e Savannah Guthrie/IceCube/NSF
Ademais dos fotóns asociados á radiación
EM, arredor de nós hai electróns e núcleos
atómicos produto das desintegracións,
raios cósmicos que chegan do espazo
exterior e un número colosal de neutrinos,
partículas que interactúan moi pouco coa
materia ordinaria e por iso a atravesan as
máis das veces sen que poidamos
detectalos.
Agora mesmo billóns de neutrinos están
atravesándonos e non notamos nin o máis
mínimo formigo.
4. Non podemos ver as cousas moi
pequenas
Somos capaces de ver formigas no chan (que son moi pequenas) e astros no ceo
(que son moi grandes). Para o noso sistema visual a clave é o tamaño angular dos
obxectos, o ángulo que forman os seus extremos visto polo noso ollo. O tamaño
angular depende das dimensións do obxecto en cuestión mais tamén da
distancia que nos separa del. Un ollo medio ve obxectos arredor de 1 minuto de
arco.
Á distancia máis próxima á cal podemos enfocar imaxes -como referencia, uns 25
centímetros- non conseguimos ver cousas que midan menos dunhas 70
milésimas de milímetro. Por iso non vemos os microorganismos, cuxa existencia
non foi probada até que Antonie Van Leeuwenhoek os observou en 1673 coa
axuda dun microscopio sinxelo. Tampouco conseguimos ver galaxias afastadas,
por xigantescas que sexan.
Imaxe: adaptada de
wikipedia. Dominio público.
5. Non podemos ver con claridade o que
pasa moi perto dos nosos ollos
Para obter imaxes claras de obxectos
situados a diferentes distancias, somos
capaces de modificar grazas a un
músculo do ollo a curvatura da lente (o
cristalino) e así enfocamos de lonxe ou
de perto: é a acomodación.
Mais esa acomodación ten límites. Hai
un certo punto a partir do cal non
conseguimos formar imaxe. Ese punto
próximo de acomodación afástase do
ollo a medida que nos facemos
maiores, pola perda de flexibilidade do
cristalino.
Imaxe: adaptada de Holly Fischer, Wikipedia. CC 3.0
6. Non podemos ver as cousas que
suceden demasiado rápido
O noso sistema visual ten limitacións
no tempo ademais de no espazo: non
conseguimos ver de forma separada
feitos que suceden a grande
velocidade. Por iso non vemos como
baten as ás os colibrís, que acadan
frecuencias arredor das 80 veces por
segundo.
Grazas a esta limitación podemos
tamén gozar do cinema: o noso
cerebro interpreta como movemento
continuo o que non é máis que unha
sucesión de imaxes fixas a razón de 24
por segundo.
7. Non podemos ver cousas con pouco
contraste
O noso sistema visual adáptase bastante ben a
cantidades de luz moi diferentes. Para ver un
obxecto o que precisamos é que estea ben
contrastado respecto do fondo que o rodea. É
pola falta de contraste que non podemos ver
estrelas durante o día, malia estaren aí emitindo
a mesma luz en dirección a nós que emitirían
pola noite.
8. Para saber máis...
E FIXEMOS A LUZ!
Salvador Bará
Tan conciso como ambicioso, este libro fala
da historia do estudo da luz e das súas
múltiples aplicacións, por exemplo na
medicina actual. Por suposto, a astronomía
ocupa un lugar preferente: case todo o que
sabemos do universo coñecémolo
analizando as súas pegadas en forma de
radiación. Tamén hai espazo para falar da
luz que mancha o ceo, a contaminación
luminosa que nos borra a necesaria
escuridade da noite.