Índice:
• Que éa luz?
• Características das
ondas
electromagnéticas.
• Propiedades da luz.
• A luz reflíctese.
• A refracción da luz.
• A dispersión da luz.
• As cores das cousas.
• O ollo e a vista.
Resumen CN.
A luz e o son
Nerea Loureiro Rey
&
Rubén Villanustre Loureiro
2.
QUE É ALUZ?
Todas as radiacións propáganse en forma de ondas.
As ondas que se poden propagar no baleiro chámanse
electromagnéticas.
Chámaselle luz á radiación electromagnética que
pode ser percibida polo ollo humano.
A luz e calor do Sol viaxan a unha velocidade de
300.000Km/s.
O espectro electromagnético é a distribución
enerxética do conxunto das ondas electromagnéticas
e a enerxía transportada polas ondas e directamente
proporcional á sua frecuencia.
4.
CARACTERÍSTICAS DAS ONDAS
ELECTROMAGNÉTICAS
Avelocidade de 300.000 km/s é para o baileiro, pois
cando atravesa algún medio vai algo mais amodo.
Albert Einstein (autor da Teoría da Relatividade)
dicía que nada pode viaxar máis rápido que a luz.
A lonxitude de onda é outra característica das
ondas. Canto maior é a lonxitude, menor é a
frecuencia. Canto maior sexa a frecuencia, maior
enerxía terá.
Albert Einstein
5.
PROPIEDADES DA LUZ
Aluz propágase en liña recta
Pódese reflectir se choca contra unha superficie
reflictinte.
Pódese refractar.
Cando un obxecto se interpón entre a luz e unha
superficie, a luz non chega ata a superficie,
creándose unha silueta escura coa forma do obxecto.
O seu nome e sombra.
6.
A LUZ REFLÍCTESE
Areflexión da luz é o cambio de dirección que
experimenta un raio luminoso ao chocar contra a
superficie dos corpos.
Por que vemos os obxectos? Porque a luz reflicte
neles e chega aos nosos ollos.
Hai dous tipos de reflexión: a difusa e a especular.
Na especular os raios reflectidos van nunha mesma
dirección xa que a superficie é lisa. Na difusa os
raios refelctidos saen en todas as direccións xa que
a superficie é rugosa.
7.
Imaxes nun corpoplano: Cando miras un obxecto
nun espello plano, este obxecto parece estar detrás
do espello.
Imaxes en corpos curvos: Os espellos poden ser
cóncavos ou convexos. Todos os raios que chegan
paralelos a un espello cóncavo reflíctense
converxendo nun mesmo punto, chamado Foco (F).
Nun espello convexo, o Foco está situado detrás do
espello.
8.
A REFRACCIÓN DALUZ
Cando a luz pasa dun medio a outro desvíase, é dicir,
refráctase. A velocidade de propagación é distinta
nos distintos medios.
As leis fundamentais da refracción: 1) o raio
refractado, o incidente e a normal atópase nun
mesmo plano. 2) O raio refractado achégase á
normal cando pasa dun medio no que se propaga a
maior velocidade a outro no que se propaga a menor
velocidade.
A relación entre a velocidade da luz no baileiro en un
medio no que se poida propagar denomínase índice de
refracción (n) dese medio. N= V/C.
C (velocidade da luz no baleiro= 300.000Km/s.
V=velocidade da luz no medio (substancua).
Como C sempre é maior ca v, o índice de refracción
de calquera medio será sempre maior ou igual a 1
9.
A DISPERSIÓN DALUZ
A luz branca é unha mestura de cores e isto
podémolo apreciar cando pasamos un anaco de luz
branca por un prisma. O resultado é que a luz
descomponse nas “cores do arco da vella”
As lentes: poden ser converxentes ou diverxentes.
As converxentes son máis grosas polo centro que
polos extremos. Os raios refractados por estas
lentes converxen nun punto chamado Foco. As lupas
son converxentes. As diverxentes son máis grosas
polos extremos que polo centro. Os raios
refractados non converxen nun punto, senon que se
separan.
diverxente
converxente
10.
AS CORES DASCOUSAS
En función do comportamento fronte a luz, os corpos
clasifícanse en transparentes, opacos e translúcidos.
Son transparentes se a luz pode atravesalos e ver a
través deles; opacos se a luz non pode atravesalos e
non podemos ver a través deles; e translúcidos se a
luz pode atravesalos en parte e podemos ver
borrosamente a través deles.
Realmente so existen tres cores: vermella, verde e
azul, denominadas cores primarias xa que ao
mesturarse en diferentes proporcións dan lugar a
todas as demais.
A cor doscorpos transparentes: A cor por
transmisión dáse en corpos transparentes e
translúcidos, que absorben todas as cores menos
unha.
A cor dos corpos opacos: A cor por reflexión dáse
en corpos opacos que absorben todas as cores menos
unha, que é a reflectida.
Os pigmentos: Son substancias que absorben certas
cores e reflicten outras. Para obter calquera cor só
se precisan tres pigmentos puros: maxenta, amarelo
e cián. Se mesturamos as tres cores obtemos o
negro.
13.
O OLLO EA VISTA
O ollo humano é un instrumento óptico complexo co cal
podemos observar diferentes fenómenos asociados á
luz.
O ollo está formado polo globo ocular que é unha esfera
xelatinosa protexida por unha capa resistente chamada
asclerótica. A luz entra pola parte frontal e
transparente da esclerótica que recibe o nome de
córnea. O iris regula a cantidade de luz que pasa a
través da meniña.
No interior do globo ocular, a luz é focalizada por unha
lente converxente, o cristalino. A parte receptora é a
retina, que posúe células fotosensibles chamadas conos
e bastóns. Son os que nos permiten a visión nocturna.
O cristalino é unha lente converxente biconvexa que
nos permite enfocar na visión.