Caroline
Herschel
(1750-1848)
O 16 de marzo de 1750 naceu en
Hanover (Alemaña) Caroline Lucretia
Herschel, a oitava dos dez fillos que
tiveron Isaac Herschel, xardineiro e
músico (tocaba o oboe), e Anna Ilse
Moritzen.
A infancia de Caroline estivo marcada
por enfermidades que lle produciron
secuelas físicas: aos tres anos a varíola,
da que quedaron cicatrices nas
meixelas e unha lixeira deformación
nun ollo, e logo aos dez o tifo, que lle
limitou o crecemento: non medrou
máis alá do 1,30 m.
Para a familia era evidente que nunca
chegaría a casar -nesa altura o destino
principal de calquera muller en
Europa- e a nai pensou que o mellor
para Caroline era preparala para
traballar coma criada nunha casa.
Caroline Herschel aos 78 anos. Retrato de Melchior Gommar
Tielemanm. Dominio público [Wikipedia].
A nena Caroline aprendeu costura e
labores que lle puideran servir para o
traballo doméstico. A morte do pai en
1767 parecía condenala a un destino
como a “Cincenta” da familia.
O irmán favorito de Caroline, William
Herschel (1738-1822), deixara Hanover
tempo atrás e establecérase coma
músico en Bath, Inglaterra, e foi el
quen acudiu ao rescate de Caroline.
Estaba solteiro e iso serviu de escusa:
precisaba alguén que puidera “levarlle
a casa” e quen mellor que a irmá, a
quen ademais podía aprenderlle
música e valerse dela coma cantante
en concertos. Foi así que convenceu a
familia, foi así que Caroline Herschel
deixou Hanover en agosto de 1772.
William Herschel retratado por Lemuel Francis Abbott. Dominio
público [Wikipedia].
Chegou a Bath disposta a atender os
labores do fogar e aprender a cantar, mais
decontado descubriu que a William lle
nacera unha nova obsesión: a astronomía.
Ás tarefas previstas engadíronse outras
inesperadas, como a de lerlle libros ao
irmán para entretelo durante as longas
horas que dedicaba a pulir espellos para os
telescopios que el mesmo fabricaba.
Coa casa convertida nun obradoiro de toda
sorte de trebellos astronómicos, o papel de
Caroline multiplicouse para ser unha
verdadeira “axudante para todo”. Aínda así,
aprendeu canto e foi unha solvente
intérprete nas actuacións de William, boa
abondo como para que despois dunha
interpretación até lle ofreceran un contrato
coma cantante. Declinou a oferta para
seguir canda o seu irmán.
Réplica do telescopio co que William Herschel descubriu
Urano. Imaxe: Mike Young [Wikipedia] Dominio público.
William construíu un telescopio cun espello de
seis polgadas de diámetro, naquel momento o
mellor do mundo, e con el descubriu en marzo
de 1781 o planeta Urano, un éxito tal que o Rei
Xurxo III lle outorgou o ano seguinte un salario
para dedicarse profesionalmente á astronomía,
co único compromiso de vivir perto do Castelo
de Windsor e atender os visitantes reais que
quixeran botar unha ollada ao ceo. Canda el
quedou Caroline, autorizada a facer as súas
propias observacións.
No verán de 1783 William constrúe un telescopio
maior que permite a detección visual de
obxectos máis febles. O procedemento é
ineficaz: cando el observa algo debe tomar nota
e para iso válese dunha vela, mais logo de facelo
ten que agardar varios minutos até que o ollo se
acostuma de novo á escuridade e a pupila se
dilata. Iso fai que perda moito tempo.
Ocorréselle que o mellor é traballar man con
man con Caroline: mentres el observa, coa vista
afeita á escuridade, ela pode tomar notas.
Urano fotografado pola Voyager 2 (1986).
NASA/JPL. Dominio público.
Caroline non é en todo caso unha mera
copista. Encárgase de reorganizar o catálogo
estelar feito décadas atrás por John
Flamsteed, que incluía tres mil estrelas, e
ordénao non por constelacións, que teñen
formas e fronteiras arbitrarias, senón en
función da súa distancia respecto da Polar, o
que melloraba a súa utilidade para os
observadores por telescopio. As táboas eras
máis útiles para William que con elas podía
facer un seguimento preciso das estrelas que
“debía ir vendo” e así recoñecer mellor a
presenza de novos obxectos.
Os progresos foron tan grandes que
conseguiron financiamento real para un
telescopio cun espello de 1,2 metros,
xigantesco para a época. Os Herschel
descubriron neste período de frenético
traballo máis de 2000 nebulosas.
William e Caroline Herschel. Litografía de A. Diethe,
circa 1896. Welcome Collection. Dominio público.
Arredor de 1787 Caroline empezou a
recibir un salario real como axudante de
William: así se converteu na primeira
astrónoma profesional da historia. O
matrimonio do seu irmán en 1788 cunha
viúva rica, Mary Pitt, outorgoulle máis
independencia a Caroline, que non
precisaba xa desempeñar as funcións
sociais e domésticas na casa.
Descubriu oito cometas en nove anos. O
descubrimento do segundo notificouno
por carta ao Observatorio de Greenwich,
mais a carta tardou dous días en chegar
alá, en percorrer os apenas 50 km de
distancia dende Windsor. Nese tempo o
ceo cubriuse e foi imposíbel confirmar a
súa observación até uns días despois.
Cando anos despois descubriu o seu
último cometa decidiu ir ela mesma dar a
nova montando a cabalo con destino a
Greenwich, non fora ser que se repetise a
desfeita doutrora. The Female Philosopher: Smelling out the Comet, 1790s.
(Draper Hill Collection, The Ohio State University Billy
Ireland Cartoon Library & Museum). Dominio público.
William Herschel morreu en 1822. Despois
da morte do irmán, Caroline tomou a
curiosa decisión de regresar á súa cidade
natal. Volveu de forma moi diferente de
como saíu, convertida nunha científica
recoñecida en toda Europa. En Hanover, e
con idade xa avanzada, emprendeu un
gran esforzo final: a ordenación de todas
as anotacións e observacións de William
para compoñer un catálogo definitivo que
servise, ademais, para o fillo deste, o seu
querido sobriño John Herschel (1792-1871),
que revisou e ampliou as observacións do
pai. Se o pai non se moveu de Windsor,
John viaxou polo mundo para escrutar o
ceo do hemisferio Sur e completar o
inmenso traballo da familia Herschel.
John Herschel fotografado por Julia Margaret Cameron
en 1867. Dominio público.
En 1828 a Royal Astronomical
Society de Londres concedeulle
a súa medalla de ouro. Só
outras catro mulleres obtiveron
a medalla: Vera Rubin en 1996,
Margaret Burbidge (co seu
marido Geoffrey) en 2005,
Sandra Faber en 2020 e Jocelyn
Bell en 2021.
John mandoulle a súa tía o
volume coas observacións feitas
no Cabo de Boa Esperanza no
verán de 1847, cando ela tiña 97
anos. Morreu pouco despois, o 9
de xaneiro de 1848.
Litografía de Caroline Herschel en 1847.
Dominio público.

Caroline Herschel

  • 1.
  • 2.
    O 16 demarzo de 1750 naceu en Hanover (Alemaña) Caroline Lucretia Herschel, a oitava dos dez fillos que tiveron Isaac Herschel, xardineiro e músico (tocaba o oboe), e Anna Ilse Moritzen. A infancia de Caroline estivo marcada por enfermidades que lle produciron secuelas físicas: aos tres anos a varíola, da que quedaron cicatrices nas meixelas e unha lixeira deformación nun ollo, e logo aos dez o tifo, que lle limitou o crecemento: non medrou máis alá do 1,30 m. Para a familia era evidente que nunca chegaría a casar -nesa altura o destino principal de calquera muller en Europa- e a nai pensou que o mellor para Caroline era preparala para traballar coma criada nunha casa. Caroline Herschel aos 78 anos. Retrato de Melchior Gommar Tielemanm. Dominio público [Wikipedia].
  • 3.
    A nena Carolineaprendeu costura e labores que lle puideran servir para o traballo doméstico. A morte do pai en 1767 parecía condenala a un destino como a “Cincenta” da familia. O irmán favorito de Caroline, William Herschel (1738-1822), deixara Hanover tempo atrás e establecérase coma músico en Bath, Inglaterra, e foi el quen acudiu ao rescate de Caroline. Estaba solteiro e iso serviu de escusa: precisaba alguén que puidera “levarlle a casa” e quen mellor que a irmá, a quen ademais podía aprenderlle música e valerse dela coma cantante en concertos. Foi así que convenceu a familia, foi así que Caroline Herschel deixou Hanover en agosto de 1772. William Herschel retratado por Lemuel Francis Abbott. Dominio público [Wikipedia].
  • 4.
    Chegou a Bathdisposta a atender os labores do fogar e aprender a cantar, mais decontado descubriu que a William lle nacera unha nova obsesión: a astronomía. Ás tarefas previstas engadíronse outras inesperadas, como a de lerlle libros ao irmán para entretelo durante as longas horas que dedicaba a pulir espellos para os telescopios que el mesmo fabricaba. Coa casa convertida nun obradoiro de toda sorte de trebellos astronómicos, o papel de Caroline multiplicouse para ser unha verdadeira “axudante para todo”. Aínda así, aprendeu canto e foi unha solvente intérprete nas actuacións de William, boa abondo como para que despois dunha interpretación até lle ofreceran un contrato coma cantante. Declinou a oferta para seguir canda o seu irmán. Réplica do telescopio co que William Herschel descubriu Urano. Imaxe: Mike Young [Wikipedia] Dominio público.
  • 5.
    William construíu untelescopio cun espello de seis polgadas de diámetro, naquel momento o mellor do mundo, e con el descubriu en marzo de 1781 o planeta Urano, un éxito tal que o Rei Xurxo III lle outorgou o ano seguinte un salario para dedicarse profesionalmente á astronomía, co único compromiso de vivir perto do Castelo de Windsor e atender os visitantes reais que quixeran botar unha ollada ao ceo. Canda el quedou Caroline, autorizada a facer as súas propias observacións. No verán de 1783 William constrúe un telescopio maior que permite a detección visual de obxectos máis febles. O procedemento é ineficaz: cando el observa algo debe tomar nota e para iso válese dunha vela, mais logo de facelo ten que agardar varios minutos até que o ollo se acostuma de novo á escuridade e a pupila se dilata. Iso fai que perda moito tempo. Ocorréselle que o mellor é traballar man con man con Caroline: mentres el observa, coa vista afeita á escuridade, ela pode tomar notas. Urano fotografado pola Voyager 2 (1986). NASA/JPL. Dominio público.
  • 6.
    Caroline non éen todo caso unha mera copista. Encárgase de reorganizar o catálogo estelar feito décadas atrás por John Flamsteed, que incluía tres mil estrelas, e ordénao non por constelacións, que teñen formas e fronteiras arbitrarias, senón en función da súa distancia respecto da Polar, o que melloraba a súa utilidade para os observadores por telescopio. As táboas eras máis útiles para William que con elas podía facer un seguimento preciso das estrelas que “debía ir vendo” e así recoñecer mellor a presenza de novos obxectos. Os progresos foron tan grandes que conseguiron financiamento real para un telescopio cun espello de 1,2 metros, xigantesco para a época. Os Herschel descubriron neste período de frenético traballo máis de 2000 nebulosas. William e Caroline Herschel. Litografía de A. Diethe, circa 1896. Welcome Collection. Dominio público.
  • 7.
    Arredor de 1787Caroline empezou a recibir un salario real como axudante de William: así se converteu na primeira astrónoma profesional da historia. O matrimonio do seu irmán en 1788 cunha viúva rica, Mary Pitt, outorgoulle máis independencia a Caroline, que non precisaba xa desempeñar as funcións sociais e domésticas na casa. Descubriu oito cometas en nove anos. O descubrimento do segundo notificouno por carta ao Observatorio de Greenwich, mais a carta tardou dous días en chegar alá, en percorrer os apenas 50 km de distancia dende Windsor. Nese tempo o ceo cubriuse e foi imposíbel confirmar a súa observación até uns días despois. Cando anos despois descubriu o seu último cometa decidiu ir ela mesma dar a nova montando a cabalo con destino a Greenwich, non fora ser que se repetise a desfeita doutrora. The Female Philosopher: Smelling out the Comet, 1790s. (Draper Hill Collection, The Ohio State University Billy Ireland Cartoon Library & Museum). Dominio público.
  • 8.
    William Herschel morreuen 1822. Despois da morte do irmán, Caroline tomou a curiosa decisión de regresar á súa cidade natal. Volveu de forma moi diferente de como saíu, convertida nunha científica recoñecida en toda Europa. En Hanover, e con idade xa avanzada, emprendeu un gran esforzo final: a ordenación de todas as anotacións e observacións de William para compoñer un catálogo definitivo que servise, ademais, para o fillo deste, o seu querido sobriño John Herschel (1792-1871), que revisou e ampliou as observacións do pai. Se o pai non se moveu de Windsor, John viaxou polo mundo para escrutar o ceo do hemisferio Sur e completar o inmenso traballo da familia Herschel. John Herschel fotografado por Julia Margaret Cameron en 1867. Dominio público.
  • 9.
    En 1828 aRoyal Astronomical Society de Londres concedeulle a súa medalla de ouro. Só outras catro mulleres obtiveron a medalla: Vera Rubin en 1996, Margaret Burbidge (co seu marido Geoffrey) en 2005, Sandra Faber en 2020 e Jocelyn Bell en 2021. John mandoulle a súa tía o volume coas observacións feitas no Cabo de Boa Esperanza no verán de 1847, cando ela tiña 97 anos. Morreu pouco despois, o 9 de xaneiro de 1848. Litografía de Caroline Herschel en 1847. Dominio público.