3. AS GALAXIAS
Son agrupacións de estrelas (cúmulos estelares) e nubes
de gas e po (nebulosas).
Nebulosa do Cangrexo Pléiades (Cúmulo estelar)
4. GALAXIAS
As galaxias asócianse formando
os cúmulos de galaxias.
A Vía Láctea é a nosa galaxia, e
forma parte do cúmulo de Virgo.
No seu interior hai moitos
sistemas planetarios, formados por
planetas e satélites. O noso é o
Sistema Solar.
5. ESTRELAS
Son esferas de gases e po a altas temperaturas que irradian
luz e calor.
As estrelas non son eternas senón que nacen, evolucionan e
morren.
Clasifícanse segundo a temperatura na súa superficie.
6. ORIXE DO UNIVERSO
Hai millóns de galaxias no Universo e afástanse de nós a
velocidades enormes, polo que o Universo se esta
expandindo.
O Universo comezou a formarse fai uns 13.700 millóns de
anos de acordo á Teoría do big-bang, chamada tamén Gran
Explosión.
Despois do Big Bang formáronse grandes nubes de materia
e aos poucos as partículas foron atraídas pola gravidade e
formaron conxuntos máis grandes.
7.
8. MODELOS PLANETARIOS
Modelo xeocéntrico:
1.- A Terra é esférica e atópase inmóbil
no centro do universo.
2.- As estrelas están fixas nunha
inmensa esfera moi afastada que vira ao
redor da Terra.
3.- O Sol, a Lúa e os planetas viran ao
redor da Terra seguindo traxectorias
circulares.
9. MODELOS PLANETARIOS
Modelo heliocéntrico: Proposto por
Nicolás Copérnico.
1.- O Sol está inmóbil no centro do
sistema.
2.- A Lúa vira ao redor da Terra que
vira sobre si mesma e ao redor do Sol,
do mesmo xeito que os demais
planetas a diferentes distancias e
velocidades.
10. SISTEMA SOLAR
Formado hai 4.500 millóns de anos.
Sistema planetario formado polo Sol e os astros que xiran
o seu redor.
11. O SOL
Inmensa esfera de gases
incandescentes, principalmente
hidróxeno e helio.
A súa masa é 334.000 veces a da
Terra.
Está a 150.000.000 km da Terra.
Xira sobre si mesmo en 25 días.
A temperatura do núcleo é de 15 ou
20 millóns de graos e a máis fría
(fotosfera) 6.000ºC.
12. PLANETAS
Un Planeta é un astro sen luz propia.
Vira ao redor dunha estrela.
Limpou a súa órbita de refugos da nebulosa primixenia.
Os planetas do Sistema Solar diferéncianse en dous
grupos:
1.- PLANETAS INTERIORES. Máis pequenos e sólidos:
Mercurio, Venus, Terra, Marte.
2.- PLANETAS EXTERIORES. Máis grandes e gasosos:
Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno.
13. MERCURIO
É o planeta máis pequeno e o
máis próximo ao sol.
Non posúe satélites.
Non posúe atmosfera.
Con temperaturas extremas: -
180°C a 420° C.
15. TERRA
Posúe un satélite: a Lúa.
Atmosfera de nitróxeno e
osíxeno.
A presenza dunha
hidrosfera permite a vida.
Temperatura media 15°C.
16. MARTE
Dous satélites: Deimos e Fobos.
Atmosfera escasa de dióxido de
carbono.
Temperatura baixa: - 55°C.
Cor vermello pola presenza de
ferro oxidado.
18. SATURNO
Posúe un sistema de aneis
formado por po e rochas.
Ten 61 satélites: Titán.
Atmosfera de hidróxeno.
19. URANO
Posúe un sistema de aneis
de cor azul.
É o planeta co eixe de
rotación máis inclinado.
Ten 27 satélites.
Atmosfera de hidróxeno,
helio e metano.
20. NEPTUNO
Ten 14 satélites.
Presenta os ventos máis fortes
de todo o Sistema Solar.
Atmosfera con hidróxeno,
metano e helio que lle da a cor
azulada.
21. PLANETAS ANANOS
Orbitan ó redor do Sol.
Teñen forma esférica.
Non teñen capacidade para limpar as súas órbitas de
pequenos corpos.
23. CORPOS PEQUENOS
COMETAS
Fragmentos de rocha e xeo
mesturados situados máis alá da
órbita de Plutón, Nube de Oort.
Cando se aproximan o Sol os gases
expándense e adquiren cola.
25. TAMAÑOS E DISTANCIAS NO UNIVERSO
Para medir as distancias no universo empregamos:
Unidade astronómica (UA): distancia media da Terra ó Sol, 150
millóns de quilómetros.
Ano-luz: distancia que percorre a luz nun ano, 9,5 billons de
quilómetros.
26.
27. A TERRA
•Intenso campo magnético.
•Atmosfera de nitróxeno, osíxeno
e dióxido de carbono.
•Temperatura media de 15°C.
•Auga en forma sólida, líquida e
gasosa que forma o ciclo da auga.
•Un satélite grande, a Lúa.
•Intensa actividade volcánica.
•Existencia de seres vivos.
28. COMPOÑENTES DA TERRA
A Terra está formada por:
A xeosfera é a parte rochosa e metálica do planeta.
A atmosfera é unha capa gasosa que envolve a Terra.
A hidrosfera é unha capa formada pola auga salgada dos océanos
e a auga doce da superficie e do subsolo.
A biosfera, constituída polos seres vivos que habitan esta planeta.
29. OS MOVEMENTOS DA TERRA
Eixe de rotación: línea
imaxinaria que pasa polos polos
xeográficos.
Plano ecuatorial: plano
imaxinario perpendicular ao
eixe de rotación que corta á
Terra en dúas metades iguais.
Plano da eclíptica: plano que
corta ao Sol pola metade e que
contén o movemento da Terra
Eixe de
rotación
Sentido da
rotación
Plano da
eclíptica
30. MOVEMENTOS DA TERRA: ROTACIÓN
A Terra xira cara ao leste.
O xiro tarda 24 h.
O seu eixe está inclinado
23,5°.
A duración do día e da
noite varía debido á
inclinación do eixe de
rotación.
31. MOVEMENTOS DA TERRA:
TRANSLACIÓN
É o desprazamento da Terra ó
redor do Sol. O percorrido chámase
órbita.
Órbita practicamente circular
situada no plano da eclíptica.
Describe unha órbita cada 365
días e 6 horas.
32. AS ESTACIÓNS
O movemento de translación xunto coa inclinación do eixo de xiro da
Terra ten dúas consecuencias: a sucesión das estacións e a variación das
horas de luz diarias ao longo do ano.
33. AS ESTACIÓNS
EQUINOCCIOS
O día e a noite teñen a mesma
duración.
Outono: Paso de verán a
outono cara o 22 de setembro.
Primavera: Paso de inverno a
primavera cara o 21 de marzo.
34. AS ESTACIÓNS
SOLSTICIOS
A duración do día e da noite
acadan a máxima diferenza.
Inverno: paso de outono a
inverno cara o 22 de decembro.
Verán: paso de primavera a
verán cara o 21 de xuño.
35. DISTRIBUCIÓN DOS RAIOS SOLARES
No verán
Os raios do sol chegan máis
perpendiculares.
A zona asollada quéntase máis.
Hai máis horas de insolación.
36. DISTRIBUCIÓN DOS RAIOS SOLARES
No inverno
Os raios do sol inciden de
forma inclinada.
A zona asollada quéntase
menos.
Hai menos horas de insolación.
37. A LÚA
O seu movemento de rotación e de
translación duran o mesmo, 28 días.
Como a Lúa non ten atmosfera, os
raios solares inciden directamente
sobre ela, alcanzando temperaturas
extremas entre a noite (-173°C) e o
día (107°C).
O movemento de translación da
lugar a eclipses.
A súa atracción gravitacional
produce as mareas.
38. MOVEMENTOS DA LÚA
Os movementos de
rotación e translación
duran 28 días polo
que sempre vemos a
mesma cara.
O seu desprazamento
é contrario ás agullas
do reloxo.
39. FASES DA LÚA
A secuencia das distintas formas da Lúa coñécese como fases da
Lúa: lúa nova, lúa chea, cuarto crecente e cuarto minguante.
Cuarto minguante
Cuarto crecente
Lúa nova
Lúa chea
Terra
40. ECLIPSES
Ocultación, parcial ou total, dun astro por outro.
Deben estar os astros aliñados.
A Terra, o Sol e a Lúa poden dar dous tipos.
ECLIPSE DE SOL ECLIPSE DE LÚA
43. MAREAS
A Lúa exerce unha gran atracción sobre a Terra porque
está moi próxima a ela.
Esta atracción obsérvase sobre todo no mar, pois a Lúa
atrae a masa de auga e esta elévase creando as mareas.
Baixamar
Preamar
44. MAREAS
Cando os tres astros (a Terra, a Lúa e o Sol) están
aliñados, a forza de atracción do Sol súmase á da Lúa, e
prodúcese unha marea forte (marea viva).
45. MAREAS
Cando os tres astros forman un ángulo recto prodúcese
unha marea máis débil: é a marea morta.