SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
Século XIX: a época da novela gótica e os
contos fantásticos.
Edgar Allan Poe (Estados Unidos. 1809-1849) é un dos narradores máis importante da literatura
universal do século XIX. Foi un dos precursores da literatura policial e de terror. Foi unha figura
excepcional e de enorme influencia en toda a literatura posterior.
Escribiu arredor de vinte relatos breves que foron publicando xornais e revistas da época. Nos seus
contos combina unha visión analítica e o horror cunha ambientación na mente humana, co
obxectivo de xerar angustia nos personaxes. Os máis coñecidos son O corazón delator, O gato
negro ou A caída da casa Usher.
Ademais de narrador, Poe foi poeta. O seu poema narrativo O corvo é coñecido mundialmente.
Le o relato O corazón delator e contesta as preguntas.
O corazón delator
É certo! Eu era e aínda son nervioso, moi nervioso, espantosamente nervioso.
Pero, por que se empeñan vostedes en dicir que estou tolo? A enfermidade agudizou os
meus sentidos, sen destruílos nin aparvalos. Sobre todo, agudizoume o sentido do oído.
Oía todo canto hai na terra ou no ceo. Oín moitas cousas no inferno. Daquela, como vou
estar tolo? Escoiten!, e observen con que sensatez, con que calma podo contarlles toda a
historia.
É imposible dicir cando me veu por primeira vez a idea á mente, pero logo de
concibila perseguiume día e noite. Non había motivo ningún. Non había paixón ningunha.
Edgar Allan Poe
Eu quería o vello. El nunca me tratara mal. Nunca me insultara. Eu non desexaba o seu
ouro. Penso que foi o seu ollo!, si, iso foi! Tiña un ollo como de voitre, un ollo azul pálido
cuberto por unha membrana. Cando o pousaba sobre min, xeábame o sangue. E así,
pouco a pouco, moi gradualmente, decidín quitarlle a vida ao vello e deste xeito librarme
para sempre do seu ollo.
Pois este é o asunto. Crerán que estou tolo. Os tolos non saben nada. Pero tiñan
que verme. Tiñan que ver con que sutileza procedín..., con que coidado..., con que
precaución..., con que disimulo me puxen ao traballo! Nunca fora tan amable co vello
como durante a semana previa a matalo. E todas as noites, arredor da medianoite, xiraba
o pasador da súa porta e abríaa...., con tanta suavidade! Logo, cando xa abrira dabondo
para meter a cabeza, introducía unha lanterna escura, completamente cerrada, cerrada
de xeito que non saíse luz ningunha e despois metía a cabeza. Oh, daríalles a risa se
visen a astucia coa que pasaba a cabeza! Movíaa lentamente, moi, moi lentamente para
non perturbar o sono do vello. Levábame unha hora meter a cabeza enteira pola abertura
e así poder velo tombado na cama. Que?, acaso un tolo sería tan astuto? Logo, cando xa
tiña a cabeza ben dentro do cuarto, abría a lanterna con coidado, con moito coidado! E
abría con coidado (xa que as bisagras rexían) xusto ata que un pequeno raio caía sobre o
seu ollo de voitre. E fixen así durante sete longas noites, xusto a medianoite, pero sempre
atopaba o ollo pechado; e dese xeito era imposible facer o traballo, xa que no era o vello o
que me irritaba, senón o seu Ollo Diabólico. E todas as mañás, ao saír o sol, entraba con
todo o descaro no seu cuarto e faláballe sen medo; chamábao polo seu nome cun ton
amable e preguntáballe que tal pasara a noite. Xa ven que tería que ser un vello
realmente moi perspicaz para dar sospeitado que todas as noites, xusto ás doce, eu
observábao mentres durmía.
A oitava noite fun máis coidadoso do normal ao abrir a porta. A miña man ía máis
lenta có punteiro grande dun reloxo. Nunca antes daquela noite sentía o alcance dos
meus poderes, da miña sagacidade. Apenas podía conter a miña sensación de triunfo.
Pensar que eu estaba alí, abrindo a porta, pouco a pouco, e el nin sequera soñaba as
miñas secretas intencións ou pensamentos. A idea fíxoma rir un pouco e se cadra oíu, xa
que se moveu de súpeto na cama, como asustado. Vostedes pensarán que me botei
atrás, pero non. O seu cuarto estaba tan negro como o carbón, cunha escuridade espesa
(pois as contraventás estaban ben cerradas por medo aos ladróns). E así souben que el
non podía verme abrir a porta e seguín empuxándoa suavemente, suavemente.
Xa tiña a cabeza dentro e estaba a piques de abrir a lanterna cando o meu polgar
esvarou no peche de metal, e o vello ergueuse na cama dun salto, berrando:
- Quen anda aí?
Quedei quieto e non dixen nada. Durante unha hora non movín un músculo e en
todo ese tmepo non o sentín deitarse de novo. Seguía sentado na cama escoitando, da
mesma forma que eu, noite tras noite, escoitaba os reloxos da morte na parede.
Entón oín un pequeno queixume e souben que era o queixume do terror á morte.
Non era un queixume de dor ou mágoa, oh, non!, era o son leve e apagado que provén do
fondo da alma cando está sobrecargada polo medo. Coñecía ben ese son. Moitas noites,
custo ás doce, cando todo o mundo durmía, tiña xurdido do meu peito, afondando, co seu
espantoso eco, o terror que me facía tolear. Xa digo que o coñecía ben. Sabía que o vello
sentía e deume mágoa, aínda que no fondo me daba risa. Sabía que estaba esperto
desde o primeiro ruidiño, cando se movera na cama. Os temores ían medrando no seu
interior. Intentaba convencerse de que non había razóns para ter medo, pero non podía.
Dicíase a si mesmo: “Non é máis que o vento na cheminea..., é só un rato correndo polo
chan” ou “é simplemente un grilo que chiou unha soa vez”. Si, estaba intentando
reconfortarse con estas suposicións, pero vía que todo era en van. Todo en van. Porque
a Morte achegándose a el, asexaba coa súa negra sombra e envolvera a vítima. E foi a
lúgubre influencia da sombra imperceptible a que o fixo notar -xa que el non vía nin oía-,
notar a presenza da miña cabeza dentro do cuarto.
Xa levaba esperando moito tempo, pacientemente, sen oír que se deitase, cando
decidín abrir unha pequena, unha pequenísima fenda na lanterna. Abrina -vostedes non
poden imaxinar o meu esmero, o meu enorme esmero- ata que un lixeiro raio de luz,
como unha tea de araña, xurdiu da fenda e deu de cheo no ollo de voitre.
Estaba aberto, moi, moi aberto, e funme poñendo furioso conforme o miraba. Podía
velo perfectamente; era dun azul morno e estaba cuberto por unha horrible membrana
que me facía estremecer ata a medula. Pero non daba visto máis nada nin da cara nin do
corpo do vello, xa que dirixira o raio, instintivamente, xusto cara a aquel punto maldito.
Non lles teño dito xa que o que vostedes tomar por loucura non é máis que
agudeza dos sentidos? Entón, como lles digo, chegou aos meus oídos un leve son,
apagado e breve, semellante ao que fai un reloxo envolto en algodón. Tamén coñecía ben
ese son. Era o latexo do corazón do vello. Fixo medrar a miña furia, igual que o compás
dos tambores fai medrar a coraxe dos soldados.
Pero, mesmo entón, contívenme e quedei quieto. Apenas respiraba. Sostiven a
lanterna sen facer o menos movemento. Probei a manter o raio sobre o ollo con toda a
firmeza posible. Mentres, o infernal latido do seu corazón ía medrando. Soaba máis rápido
e máis alto a cada instante. O terror do vello tivo que ser extremo! Era maior, como digo,
maior a cada momento!, enténdenme ben? Xa dixen que son nervioso; si, son. E entón,
na hora mortal da noite, no espantoso silencio da vella casa, un son tan estraño coma
este excitábame e levábame a un incontrolable terror. Mesmo así, contívenme uns
minutos máis e permanecín inmóbil. Pero o latexo era cada vez máis forte! Pensei que o
corazón ía estoupar! E entón apoderouse de min unha nova angustia..., algún veciño
podería oír aquel son! Chegáralle a súa hora ao vello! Cun forte berro, abrín de todo a
lanterna e lanceime cara ao interior do cuarto. Gritou unha vez..., só unha vez. Nun
instante tireino ao chan e boteille enriba o pesado colchón. Sorrín con ledicia ao ver que o
asunto rematara. Pero o corazón seguiu latexando durante moitos minutos cun son
apagado. Así e todo, non me molestou, xa que ninguén o podería oír a través da parede.
E, por fin, deixou de latir. O vello estaba morto. Saqueille o colchón de enriba e examinei o
cadáver. Si, estaba como unha pedra, máis morto ca unha pedra. Puxen a man sobre o
seu corazón e mantívena alí varios minutos. Non tiña pulso. Estaba máis morto ca unha
pedra. O seu ollo xa non me volvería dar problemas.
Se vostedes aínda me consideran tolo, deixarán de facelo cando lles describa as
astutas precaucións que tomei para agochar o corpo. A noite avanzaba, así que traballei
con rapidez, pero en silencio. Antes de nada, despecei o cadáver. Corteille a cabeza, os
brazos e as pernas.
Entón arrinquei tres táboas do chan do cuarto e depositeino todo no burato. E logo
volvín colocar as táboas con tanta habilidade, con tanto coidado, que ningún ollo humano,
nin sequera o seu!, podería notar nada raro. Non quedaba nada que lavar, ningún tipo de
mancha, nin de sangue nin de calquera outra cousa. Fun coidadoso dabondo. Todo
collera nunha artesa... ha! Ha!
Cando rematei estes labores, xa eran as catro e aínda estaba escuro como á
medianoite. Conforme tocou a hora a campá do reloxo, oín que alguén petaba na porta da
rúa. Baixei a abrir sen medo, pois, que podía temer agora? Entraron tres homes que se
presentaron, con perfectos modais, como axentes da policía. Un veciño oíra un berro pola
noite e sospeitou que algo malo ocorrera. A información chegou á oficina da policía e a
eles (aos axentes) encargáranlles rexistrar o lugar.
Sorrín, pois, que podía temer? Deilles a benvida aos cabaleiros. Eu fora, díxenlles,
quen berrara por mor dun soño. Conteilles que o vello non estaba, que marchara ao
campo. Levei os meus visitantes por toda a casa. E convideinos a que rexistrasen...., a
que rexistrasen ben. Conducinos, finalmente, ao seu cuarto. Mostreilles os seus tesouros
con tranquilidade, sen poñerme nervioso. Entusiasmado pola miña confianza, levei unhas
cadeiras ao cuarto e ofrecinlles descansar alí das súas fatigas mentres eu, coa salvaxe
audacia derivada so meu absoluto triunfo, coloquei a miña cadeira no mesmísimo punto
baixo o cal repousaba o cadáver da vítima.
Os axentes estaban satisfeitos. O meu comportamento convencéraos. Eu estaba
singularmente tranquilo. Sentaron e, mentres eu contentaba sen preocupación ningunha,
empezaron a falar doutras cousas. Pero, ao pouco, notei que me estaba poñendo pálido e
desexei que marchasen. Doíame a cabeza e sentín un zunido nos oídos, pero eles
seguían sentados e falando. O zunido fíxome máis claro. Continuou e fíxose máis claro.
Empecei a falar con máis soltura para librarme daquela sensación. Pero continuou e foi
gañando definición ata que, ao final, descubrín que o ruído non estaba nos meus oídos.
Sen dúbida, púxenme moi pálido. Eu falaba cada vez con máis fluidez e máis alto.
Pero o son seguía subindo e... que podía facer eu? Era un leve son, apagado e breve, un
son moi semellante ao que fai un reloxo envolto en algodón. Eu estaba quedando sen
folgos e, non obstante, os axentes non oían nada. Falei con máis rapidez, con máis
vehemencia, pero o ruído seguía subindo. Erguinme e púxenme a discutir sobre
trivialidades, en voz alta e xesticulando con violencia, pero o ruído seguía subindo. Por
que non marchaban? Andei dun lado a outro, como enfurecido polas observacións dos
homes..., pero o ruído seguía subindo. Oh, Deus! Que podía facer? Saíume escuma pola
boca..., delirei..., xurei! Abalei a cadeira na que sentara e fíxena chiar sobre as táboas,
pero o ruído medraba e seguía subindo. Fíxose máis...e máis... e máis alto! E os homes
seguían charlando tranquilamente e sorrían. Era posible que non o oísen? Deus
todopoderoso! Non... non! Estábano oíndo! Sospeitábano!... Sabíano! Estaban facendo
mofa do meu horror! Iso foi o que pensei e iso é o que penso. Pero, calquera cousa era
mellor que aquela agonía! Calquera cousa era máis tolerable que aquel escarnio! Xa non
daba aturado aqueles sorrisos hipócritas! Sentín que tiña que berrar ou morrer..., e
entón... de novo!... escoiten! Máis alto!... máis alto!... máis alto!... máis alto!
- Malditos! - berrei -, deixade de finxir! Admito o meu crime! Arrincade as táboas!
Aquí!... Aquí!... É o latexo do seu horrible corazón!
Edgar Allan Poe (conto de 1843)
Responde as seguintes cuestións:
1. Segundo a descrición que o protagonista fai de si mesmo, cal cres que é o seu
nivel de autoestima? Procura exemplos que o demostren.
2. Por que cres que o autor elixiu a técnica da primeira persoa? A que cres que se
dirixe con ese “vostedes”?
3. Cal é o argumento que emprega o protagonista para se defender de quen o acusa
de tolo?
4. Cal cres que era a relación entre o protagonista e o vello?

More Related Content

Similar to Club lectura 3 poe

O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROSO VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROStrasnoparoleiro
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014trasnoparoleiro
 
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011luzjares
 
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011luzjares
 
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.Marlou
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
A miña planta de laranxa lima
A miña planta de laranxa limaA miña planta de laranxa lima
A miña planta de laranxa limamapilargar
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemascenlf
 
19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacion19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacionanillampl
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Folenoagaliza
 

Similar to Club lectura 3 poe (16)

O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROSO VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014
 
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011
 
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011
 
O divino sainete
O divino sainete O divino sainete
O divino sainete
 
O divino sainete
O divino sainete O divino sainete
O divino sainete
 
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
A miña planta de laranxa lima
A miña planta de laranxa limaA miña planta de laranxa lima
A miña planta de laranxa lima
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
 
19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacion19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacion
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Trico e anosmia
Trico e anosmiaTrico e anosmia
Trico e anosmia
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
 
O CORAZÓN DELATOR
O CORAZÓN DELATORO CORAZÓN DELATOR
O CORAZÓN DELATOR
 

More from alingua demoas

More from alingua demoas (20)

Estatistica3
Estatistica3Estatistica3
Estatistica3
 
Estatistica2
Estatistica2Estatistica2
Estatistica2
 
Estatistica1
Estatistica1Estatistica1
Estatistica1
 
Formación para a igualdade
Formación para a igualdadeFormación para a igualdade
Formación para a igualdade
 
Lc 1 eso 9 16 junio
Lc 1 eso 9 16 junioLc 1 eso 9 16 junio
Lc 1 eso 9 16 junio
 
3 eso 8 15 x un
3 eso 8 15 x un3 eso 8 15 x un
3 eso 8 15 x un
 
Lc 2 eso 8 16 junio
Lc 2 eso 8 16 junioLc 2 eso 8 16 junio
Lc 2 eso 8 16 junio
 
Lc 1 eso 2 9 junio
Lc 1 eso 2 9 junioLc 1 eso 2 9 junio
Lc 1 eso 2 9 junio
 
Lc 1 eso tarefa 14 21 maio
Lc 1 eso tarefa 14 21 maioLc 1 eso tarefa 14 21 maio
Lc 1 eso tarefa 14 21 maio
 
Lg 2 eso 1 15 xunho
Lg 2 eso 1 15 xunhoLg 2 eso 1 15 xunho
Lg 2 eso 1 15 xunho
 
Lg 1 eso 1 15 xunho
Lg 1 eso 1 15 xunhoLg 1 eso 1 15 xunho
Lg 1 eso 1 15 xunho
 
Lc 2 eso 26 5 junio
Lc 2 eso 26 5 junioLc 2 eso 26 5 junio
Lc 2 eso 26 5 junio
 
3 eso 25 maio 5xuno
3 eso 25 maio 5xuno3 eso 25 maio 5xuno
3 eso 25 maio 5xuno
 
Lc 1 eso 25 mayo 1 junio
Lc 1 eso 25 mayo 1 junioLc 1 eso 25 mayo 1 junio
Lc 1 eso 25 mayo 1 junio
 
Lc 2 eso 18 25 mayo
Lc 2 eso 18 25 mayoLc 2 eso 18 25 mayo
Lc 2 eso 18 25 mayo
 
Lg 2 eso 18 29 maio
Lg 2 eso 18 29 maioLg 2 eso 18 29 maio
Lg 2 eso 18 29 maio
 
Lg 1 eso 18 29 maio
Lg 1 eso 18 29 maioLg 1 eso 18 29 maio
Lg 1 eso 18 29 maio
 
Lc 1 eso 14 21 maio
Lc 1 eso 14 21 maioLc 1 eso 14 21 maio
Lc 1 eso 14 21 maio
 
Traballo 3 trimestre oratoria
Traballo 3 trimestre oratoriaTraballo 3 trimestre oratoria
Traballo 3 trimestre oratoria
 
Reforzo de linguas 2020
Reforzo de linguas 2020Reforzo de linguas 2020
Reforzo de linguas 2020
 

Club lectura 3 poe

  • 1. Século XIX: a época da novela gótica e os contos fantásticos. Edgar Allan Poe (Estados Unidos. 1809-1849) é un dos narradores máis importante da literatura universal do século XIX. Foi un dos precursores da literatura policial e de terror. Foi unha figura excepcional e de enorme influencia en toda a literatura posterior. Escribiu arredor de vinte relatos breves que foron publicando xornais e revistas da época. Nos seus contos combina unha visión analítica e o horror cunha ambientación na mente humana, co obxectivo de xerar angustia nos personaxes. Os máis coñecidos son O corazón delator, O gato negro ou A caída da casa Usher. Ademais de narrador, Poe foi poeta. O seu poema narrativo O corvo é coñecido mundialmente. Le o relato O corazón delator e contesta as preguntas. O corazón delator É certo! Eu era e aínda son nervioso, moi nervioso, espantosamente nervioso. Pero, por que se empeñan vostedes en dicir que estou tolo? A enfermidade agudizou os meus sentidos, sen destruílos nin aparvalos. Sobre todo, agudizoume o sentido do oído. Oía todo canto hai na terra ou no ceo. Oín moitas cousas no inferno. Daquela, como vou estar tolo? Escoiten!, e observen con que sensatez, con que calma podo contarlles toda a historia. É imposible dicir cando me veu por primeira vez a idea á mente, pero logo de concibila perseguiume día e noite. Non había motivo ningún. Non había paixón ningunha. Edgar Allan Poe
  • 2. Eu quería o vello. El nunca me tratara mal. Nunca me insultara. Eu non desexaba o seu ouro. Penso que foi o seu ollo!, si, iso foi! Tiña un ollo como de voitre, un ollo azul pálido cuberto por unha membrana. Cando o pousaba sobre min, xeábame o sangue. E así, pouco a pouco, moi gradualmente, decidín quitarlle a vida ao vello e deste xeito librarme para sempre do seu ollo. Pois este é o asunto. Crerán que estou tolo. Os tolos non saben nada. Pero tiñan que verme. Tiñan que ver con que sutileza procedín..., con que coidado..., con que precaución..., con que disimulo me puxen ao traballo! Nunca fora tan amable co vello como durante a semana previa a matalo. E todas as noites, arredor da medianoite, xiraba o pasador da súa porta e abríaa...., con tanta suavidade! Logo, cando xa abrira dabondo para meter a cabeza, introducía unha lanterna escura, completamente cerrada, cerrada de xeito que non saíse luz ningunha e despois metía a cabeza. Oh, daríalles a risa se visen a astucia coa que pasaba a cabeza! Movíaa lentamente, moi, moi lentamente para non perturbar o sono do vello. Levábame unha hora meter a cabeza enteira pola abertura e así poder velo tombado na cama. Que?, acaso un tolo sería tan astuto? Logo, cando xa tiña a cabeza ben dentro do cuarto, abría a lanterna con coidado, con moito coidado! E abría con coidado (xa que as bisagras rexían) xusto ata que un pequeno raio caía sobre o seu ollo de voitre. E fixen así durante sete longas noites, xusto a medianoite, pero sempre atopaba o ollo pechado; e dese xeito era imposible facer o traballo, xa que no era o vello o que me irritaba, senón o seu Ollo Diabólico. E todas as mañás, ao saír o sol, entraba con todo o descaro no seu cuarto e faláballe sen medo; chamábao polo seu nome cun ton amable e preguntáballe que tal pasara a noite. Xa ven que tería que ser un vello realmente moi perspicaz para dar sospeitado que todas as noites, xusto ás doce, eu observábao mentres durmía. A oitava noite fun máis coidadoso do normal ao abrir a porta. A miña man ía máis lenta có punteiro grande dun reloxo. Nunca antes daquela noite sentía o alcance dos meus poderes, da miña sagacidade. Apenas podía conter a miña sensación de triunfo. Pensar que eu estaba alí, abrindo a porta, pouco a pouco, e el nin sequera soñaba as miñas secretas intencións ou pensamentos. A idea fíxoma rir un pouco e se cadra oíu, xa que se moveu de súpeto na cama, como asustado. Vostedes pensarán que me botei atrás, pero non. O seu cuarto estaba tan negro como o carbón, cunha escuridade espesa (pois as contraventás estaban ben cerradas por medo aos ladróns). E así souben que el non podía verme abrir a porta e seguín empuxándoa suavemente, suavemente.
  • 3. Xa tiña a cabeza dentro e estaba a piques de abrir a lanterna cando o meu polgar esvarou no peche de metal, e o vello ergueuse na cama dun salto, berrando: - Quen anda aí? Quedei quieto e non dixen nada. Durante unha hora non movín un músculo e en todo ese tmepo non o sentín deitarse de novo. Seguía sentado na cama escoitando, da mesma forma que eu, noite tras noite, escoitaba os reloxos da morte na parede. Entón oín un pequeno queixume e souben que era o queixume do terror á morte. Non era un queixume de dor ou mágoa, oh, non!, era o son leve e apagado que provén do fondo da alma cando está sobrecargada polo medo. Coñecía ben ese son. Moitas noites, custo ás doce, cando todo o mundo durmía, tiña xurdido do meu peito, afondando, co seu espantoso eco, o terror que me facía tolear. Xa digo que o coñecía ben. Sabía que o vello sentía e deume mágoa, aínda que no fondo me daba risa. Sabía que estaba esperto desde o primeiro ruidiño, cando se movera na cama. Os temores ían medrando no seu interior. Intentaba convencerse de que non había razóns para ter medo, pero non podía. Dicíase a si mesmo: “Non é máis que o vento na cheminea..., é só un rato correndo polo chan” ou “é simplemente un grilo que chiou unha soa vez”. Si, estaba intentando reconfortarse con estas suposicións, pero vía que todo era en van. Todo en van. Porque a Morte achegándose a el, asexaba coa súa negra sombra e envolvera a vítima. E foi a lúgubre influencia da sombra imperceptible a que o fixo notar -xa que el non vía nin oía-, notar a presenza da miña cabeza dentro do cuarto. Xa levaba esperando moito tempo, pacientemente, sen oír que se deitase, cando decidín abrir unha pequena, unha pequenísima fenda na lanterna. Abrina -vostedes non poden imaxinar o meu esmero, o meu enorme esmero- ata que un lixeiro raio de luz, como unha tea de araña, xurdiu da fenda e deu de cheo no ollo de voitre. Estaba aberto, moi, moi aberto, e funme poñendo furioso conforme o miraba. Podía velo perfectamente; era dun azul morno e estaba cuberto por unha horrible membrana que me facía estremecer ata a medula. Pero non daba visto máis nada nin da cara nin do corpo do vello, xa que dirixira o raio, instintivamente, xusto cara a aquel punto maldito. Non lles teño dito xa que o que vostedes tomar por loucura non é máis que agudeza dos sentidos? Entón, como lles digo, chegou aos meus oídos un leve son, apagado e breve, semellante ao que fai un reloxo envolto en algodón. Tamén coñecía ben ese son. Era o latexo do corazón do vello. Fixo medrar a miña furia, igual que o compás dos tambores fai medrar a coraxe dos soldados.
  • 4. Pero, mesmo entón, contívenme e quedei quieto. Apenas respiraba. Sostiven a lanterna sen facer o menos movemento. Probei a manter o raio sobre o ollo con toda a firmeza posible. Mentres, o infernal latido do seu corazón ía medrando. Soaba máis rápido e máis alto a cada instante. O terror do vello tivo que ser extremo! Era maior, como digo, maior a cada momento!, enténdenme ben? Xa dixen que son nervioso; si, son. E entón, na hora mortal da noite, no espantoso silencio da vella casa, un son tan estraño coma este excitábame e levábame a un incontrolable terror. Mesmo así, contívenme uns minutos máis e permanecín inmóbil. Pero o latexo era cada vez máis forte! Pensei que o corazón ía estoupar! E entón apoderouse de min unha nova angustia..., algún veciño podería oír aquel son! Chegáralle a súa hora ao vello! Cun forte berro, abrín de todo a lanterna e lanceime cara ao interior do cuarto. Gritou unha vez..., só unha vez. Nun instante tireino ao chan e boteille enriba o pesado colchón. Sorrín con ledicia ao ver que o asunto rematara. Pero o corazón seguiu latexando durante moitos minutos cun son apagado. Así e todo, non me molestou, xa que ninguén o podería oír a través da parede. E, por fin, deixou de latir. O vello estaba morto. Saqueille o colchón de enriba e examinei o cadáver. Si, estaba como unha pedra, máis morto ca unha pedra. Puxen a man sobre o seu corazón e mantívena alí varios minutos. Non tiña pulso. Estaba máis morto ca unha pedra. O seu ollo xa non me volvería dar problemas. Se vostedes aínda me consideran tolo, deixarán de facelo cando lles describa as astutas precaucións que tomei para agochar o corpo. A noite avanzaba, así que traballei con rapidez, pero en silencio. Antes de nada, despecei o cadáver. Corteille a cabeza, os brazos e as pernas. Entón arrinquei tres táboas do chan do cuarto e depositeino todo no burato. E logo volvín colocar as táboas con tanta habilidade, con tanto coidado, que ningún ollo humano, nin sequera o seu!, podería notar nada raro. Non quedaba nada que lavar, ningún tipo de mancha, nin de sangue nin de calquera outra cousa. Fun coidadoso dabondo. Todo collera nunha artesa... ha! Ha! Cando rematei estes labores, xa eran as catro e aínda estaba escuro como á medianoite. Conforme tocou a hora a campá do reloxo, oín que alguén petaba na porta da rúa. Baixei a abrir sen medo, pois, que podía temer agora? Entraron tres homes que se presentaron, con perfectos modais, como axentes da policía. Un veciño oíra un berro pola noite e sospeitou que algo malo ocorrera. A información chegou á oficina da policía e a eles (aos axentes) encargáranlles rexistrar o lugar.
  • 5. Sorrín, pois, que podía temer? Deilles a benvida aos cabaleiros. Eu fora, díxenlles, quen berrara por mor dun soño. Conteilles que o vello non estaba, que marchara ao campo. Levei os meus visitantes por toda a casa. E convideinos a que rexistrasen...., a que rexistrasen ben. Conducinos, finalmente, ao seu cuarto. Mostreilles os seus tesouros con tranquilidade, sen poñerme nervioso. Entusiasmado pola miña confianza, levei unhas cadeiras ao cuarto e ofrecinlles descansar alí das súas fatigas mentres eu, coa salvaxe audacia derivada so meu absoluto triunfo, coloquei a miña cadeira no mesmísimo punto baixo o cal repousaba o cadáver da vítima. Os axentes estaban satisfeitos. O meu comportamento convencéraos. Eu estaba singularmente tranquilo. Sentaron e, mentres eu contentaba sen preocupación ningunha, empezaron a falar doutras cousas. Pero, ao pouco, notei que me estaba poñendo pálido e desexei que marchasen. Doíame a cabeza e sentín un zunido nos oídos, pero eles seguían sentados e falando. O zunido fíxome máis claro. Continuou e fíxose máis claro. Empecei a falar con máis soltura para librarme daquela sensación. Pero continuou e foi gañando definición ata que, ao final, descubrín que o ruído non estaba nos meus oídos. Sen dúbida, púxenme moi pálido. Eu falaba cada vez con máis fluidez e máis alto. Pero o son seguía subindo e... que podía facer eu? Era un leve son, apagado e breve, un son moi semellante ao que fai un reloxo envolto en algodón. Eu estaba quedando sen folgos e, non obstante, os axentes non oían nada. Falei con máis rapidez, con máis vehemencia, pero o ruído seguía subindo. Erguinme e púxenme a discutir sobre trivialidades, en voz alta e xesticulando con violencia, pero o ruído seguía subindo. Por que non marchaban? Andei dun lado a outro, como enfurecido polas observacións dos homes..., pero o ruído seguía subindo. Oh, Deus! Que podía facer? Saíume escuma pola boca..., delirei..., xurei! Abalei a cadeira na que sentara e fíxena chiar sobre as táboas, pero o ruído medraba e seguía subindo. Fíxose máis...e máis... e máis alto! E os homes seguían charlando tranquilamente e sorrían. Era posible que non o oísen? Deus todopoderoso! Non... non! Estábano oíndo! Sospeitábano!... Sabíano! Estaban facendo mofa do meu horror! Iso foi o que pensei e iso é o que penso. Pero, calquera cousa era mellor que aquela agonía! Calquera cousa era máis tolerable que aquel escarnio! Xa non daba aturado aqueles sorrisos hipócritas! Sentín que tiña que berrar ou morrer..., e entón... de novo!... escoiten! Máis alto!... máis alto!... máis alto!... máis alto! - Malditos! - berrei -, deixade de finxir! Admito o meu crime! Arrincade as táboas! Aquí!... Aquí!... É o latexo do seu horrible corazón! Edgar Allan Poe (conto de 1843)
  • 6. Responde as seguintes cuestións: 1. Segundo a descrición que o protagonista fai de si mesmo, cal cres que é o seu nivel de autoestima? Procura exemplos que o demostren. 2. Por que cres que o autor elixiu a técnica da primeira persoa? A que cres que se dirixe con ese “vostedes”? 3. Cal é o argumento que emprega o protagonista para se defender de quen o acusa de tolo? 4. Cal cres que era a relación entre o protagonista e o vello?